Preme para voltar á portada
Filed under

documental

 

Documental: "As silenciadas", sobre a represión ás mulleres na Guerra Civil, de Aurora Marco e Pablo Ces, Premio Mestre Mateo 2011

  • Na categoría de "Mellor documental"
  • Os autores, trala entrega dos Premios Mestre Mateo 2011, "e aínda coa emoción a flor de pel polo premio que recibimos ao mellor documental 2011", queren facernos partícipes da súa alegría por este galardón (un recoñecemento ás resistentes antifranquistas) e transmitirnos o agradecemento pola acollida que se lles dispensou con motivo da presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega e/ou a proxección do documentario.

Relación de todos os premiados nos Mestre Mateo (a gala foi en abril de 2012):

Click here to download:
mestre_mateo_2011.pdf (66 KB)
(download)

Antes, publicamos:

Aurora Marco é a responsable da investigación que deu lugar ao documental "As silenciadas", sobre as mulleres que resistiron contra Franco

Aurora Marco é unha vella coñecida activista cultural nas bisbarras de Noia e Barbanza. É unha namorada confesa de Miñortos -onde o mundo parece deterse e o tempo cobra outra dimensión, explica na súa web-, en Porto do Son, onde vai descansar cada vez que pode.

Media_httpfarm6static_dgbiq

Un dos seus últimos traballos é a investigación do documental que levou a cabo Pablo Ces, titulado "As silenciadas". Nel recóllense testemuñas de mulleres represaliadas na Guerra Civil e posterior franquismo, polo feito de pensar de xeito diferente ao réxime.

Media_httpfarm3static_xhgii

Aurora Marco é a primeira, a que fita á súa cámara. Foto de Iria Lago en Cuba

Toda a información en

http://www.silenciadas.com
http://www.auroramarco.com



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Aurora Marco   Guerra Civil Española   documental  

Porto do Son: presentan este sábado 4 de febreiro "Mulleres na guerrilla antifranquista galega", de Aurora Marco

Aurora_marco_libro
Porto do Son, 31 de xaneiro de 2012. Segundo informou hoxe o novo coordinador de Barbantia e ex alcalde de Porto do Son, Pastor Rodríguez. este vindeiro sábado, 4 de febreiro, terá lugar na casa de cultura de Xuño a presentación do libro da profesora Aurora Marco titulado "Mulleres na guerrilla antifranquista galega". Nesta actividade tamén se acubilla a proxección do documental relacionado con esta investigación, "As Silenciadas", do director Pablo Ces.

O acto terá lugar este sábado, 4 de febreiro, ás 20:00 h. na Casa de Cultura de Xuño.

Click here to download:
Invitación_Aurora_Marco.pdf (325 KB)
(download)

Memoria histórica recuperada

Diploma-gram
"Mulleres na guerrilla antifranquista galega" foi presentado en Santiago o pasado 14 de decembro de 2011 e en xaneiro continuarán as presentacións por diferentes lugares. As silenciadas, documental do que nos fixemos eco en Certo o pasado 30 de marzo, foi galardoado co premio ao mellor documental na categoría “Memoria i Justícia Universal”, no Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet.

Click here to download:
CAPA Mulleres na guerrilla.pdf (1.2 MB)
(download)
Máis información sobre a autora e as súas diferentes obras en www.auroramarco.com

Antes, en Certo:

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Aurora Marco   Barbantia   Porto do Son   documental   presentación libro  

Boiro: teatro con Talía e activismo documental de Peter Joseph para esta fin de semana

Media_httpwwwtaliatea_bdhbf

Carta urxente para Máximo Toxo

Boiro, 29 de novembro de 2011. Entre as actividades culturais programadas para esta fin de semana en Boiro destacan:

Venres 2 decembro

En dúas sesións (ás 18 e 20 horas)
Talia Teatro con "Carta urxente para Máximo Toxo"
Casa da Cultura Ramón Martínez López
Teatro a partir de 5 anos

Esta obra infantil trascorre arredor de dous protagonistas, Belinda e Máximo. Belinda é unha carteira que debe asegurarse que a carta importantísima que ten para Máximo chega ao seu destinatario en persoa. A tarefa non é doada porque Máximo é un escritor fuxidío  que sempre está metido na casa e non quere relacionarse con ninguén. Máis info en http://www.taliateatro.es

Sábado 3 decembro

18 horas
Documental Zeitgeist
Centro Social de Boiro

Este documental está escrito, dirixido e producido por Peter Joseph no ano 2007. Foi premiado con varios recoñecementos de carácter internacional; entre eles o Artivist Film Festival 2007. O documental céntrase nas actuais institucións sociais dominantes, ao tempo que explora as estructuras de poder actuais. Toda a información sobre el na Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Zeitgeist:_The_Movie

Pode que tamén lle interese:


Solidaridade: o venres 9, Xoguetes por Música


VIII Exposición da Camelia: é o 10 e 11 de decembro. Anótate atao 4


V Memorial Pepe Buceta: domingo 18 de decembro, VII Carreira Popular



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   documental   programación cultural   teatro  

Porto do Son: presentado "El legado celta", documental de José Manuel Novoa sobre a cultura castrexa en varios países

  • Este sábado 15 de outubro ten lugar a "premiere", ás 22:00 na casa de cultura da Atalaia
  • Cun custe de arredor de medio millón de euros, o documental xa foi vendido a varios países e vai ter unha enorme repercusión internacional
  • Aínda que se dubida cada vez máis do calificativo "celta", o documental leva este título para ter unha mellor venda en Europa
  • Ao equipo de produción impedíronlle gravar o torques de Burela no Museo de Lugo e tomar uns planos xerais no parque natural das Fragas do Eume

  • A maior parte dos actores do documental e figurantes son de Porto do Son e arredores, ata un total de máis de 350. Ata o actual alcalde, Luis Oujo, fai de canteiro, e o director do documental, entusiasmado ata as cachas, é a primeira vez que aparece nun dos seus documentais como figurante, para o cal tivo que afeitarse o bigote
  • A concelleira de Cultura, Asunción Torres, agradeceu ao director do documental a proxección que está a facer de Porto do Son con este documental e comprometeuse a conservar e difundir o importante patrimonio que acubilla este concello. Curiosa mensaxe dunha concelleira do PP, o mesmo partido que está a desmontar un castro enteiro para facer un viaduto e sen informar á poboación sobre o alí achado, que pode ser tan importante ou máis que o de Baroña.

Media_httpfarm7static_gxxah

Na presentación estiveron o alcalde de Porto do Son e a concelleira de Cultura, así como o director do filme, o documentalista Manuel Fernández e o artellador do castro en Punta Couso, o peculiar Daniel Gerbaud Mazier, que fixo de druida

Media_httpfarm7static_liggg

Luis Oujo, antes de chegar a alcalde, participou como actor no documental "El legado celta". José Manuel Novoa louvou tamén a axuda de Ramón Quintáns no que se refire sobre todo a localizacións para este ambicioso traballo

Media_httpfarm7static_adanp

José Manuel Novoa agradeceu tamén o traballo exhaustivo e rigoroso do asesor científico principal do documental, o arqueólogo do CSIC Xurxo Ayán, que foi tamén director durante un lustro das escavacións de Neixón e levou ao equipo de "El legado celta" á Lanzada, ao xacemento que alí se está a descubrir

Media_httpfarm7static_kmjyy

Novoa asegura que "El legado celta" é un documental "atemporal", que se pode manter no mercado televisivo e circuito comercial entre 10 e 15 anos e que supón unha proxección enorme porque é similar a unha hora de spot publicitario. Ten moita maior penetración que a publicidade institucional, como xa comprobou co seu documental "El señor de Sipán", que levou a moitos a visitar Perú


Antes, en Certo:

 

Xurxo Ayán participou como asesor neste documental, sobre o que escribiu  Un castro de película



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   "El legado celta"    Castro de Baroña   José Manuel Novoa   Porto do Son   documental  

Porto do Son: presentan "El legado celta" o venres 14 e o sábado 15 de outubro

Legado_celta

 

  • O venres 14, pase para a prensa
  • O sábado 15, no cinema local, proxeción ás dez da noite


Serie de fotos de cando se rodou o documental. Non o busquen, o castro xa non está

Porto do Son, 5 de outubro de 2011. O documental sobre a cultura castrexa que se rodou nas bisbarras de Barbanza e Noia o ano pasado, por Explora Films, e titulado "El legado celta" estréase a vindeira fin de semana. O venres 14 será presentado á prensa, ás once da mañá, e a continuación será proxectado no cinema de Porto do Son. Para todos os interesados haberá un pase ao día seguinte, ás dez da noite, tamén no cinema de Porto do Son. No documental achégase a historia do Noroeste da Península Ibérica dende a época megalítica ata a romanización da cultura castrexa. Entre outras cuestións, preténdese respostar ao que sucedía na Gallaecia mentres se estaba a construír Stonehenge, que significado tiñan as antas, de quen se defendían os construtores dos castros amurallados, se existiu realmente unha cultura celta nestas terras, cal era o fluxo de intercambios no Atlántico norte ou que se agochaba detrás do símbolo da C invertida.

En Certo falamos no seu día da rodaxe, e mesmo o noso colaborador Xurxo Ayán participou como asesor neste documental, sobre o que escribiu:

  Un castro de película



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   El legado celta   Porto do Son   cultura castrexa   documental  

Boiro: o centro social acolle a proxección dun documental sobre o impacto da cría do salmón en gaiolas este venres 27 de maio

Organiza Verdegaia e Salva la selva. Será no Centro Social ás oito da tarde este venres 27 de maio

Media_http2bpblogspot_sabcf

Boiro, 24 de maio de 2011. Logo da polémica xerada pola instalación de gaiolas de salmón, disque en fase de experimentación, no polígono bateeiro Muros C, fronte á praia de San Francisco, a asociación ecoloxista VerdeGaia está a levar por toda Galicia un documental no que se expoñen os problemas medioambientais deste tipo de instalacións.

Trátase do documental Salmonopoly: A fiebre do salmón, de producción alemana, dirixido por Wilfried Huismann e Arno Schumann no 2010. Nel investíganse as actividades da empresa salmoneira máis grande do mundo, Marine Harvest, e do seu propietario, John Friedriksen. Malia pretender presentarse como unha empresa "verde, esta empresa é responsábel do  desastre ecolóxico que a explotación do salmón ten xerado en Chile: toneladas de antibióticos, pesticidas, insecticidas e tranquilizantes contaminaron o océano e destruído a flora e a fauna. Os pescadores artesanais xa non teñen que pescar. E, peor aínda, o 90% da pesca das costas chilenas terminan sendo utilizada para fabricar fariña de peixe onde se lle transforma en alimentos para os peixes.

Segundo Verdegaia, "hai centos de estudos científicos que proban que a salmonicultura afecta gravemente ao medio mariño e á economía e as condicións sociais e laborais das persoas que viven nas áreas de influencia desta industria. Entre outros podemos destacar os seguintes problemas:

  • O salmón é un peixe carnívoro polo que a súa alimentación baséase en fariñas e aceites de peixe polo menos nun 60%. Estes pensos elabóranse con peixes de pouco valor comercial, que non biolóxico e adoitan pescarse nos caladoiros dos países máis empobrecidos, como os do litoral africano, afectando directamente aos recursos pesqueiros dispoñibeis para a poboación e a súa soberanía alimentar. Este tipo de pesca inclúe tamén grandes cantidades de inmaturos doutras especies, agravando a sobreexplotación do mar no lugar de reducila, como afirman os adaís da acuicultura. Aínda que North West Food s.l. (NWF), empresa promotora das gaiolas, afirma que a taxa de conversión (kg de peixe en penso precisos para producir un kg de salmón) é de 1,2, estudos realizados en Chile (unha das maiores potencias en salmonicultura) sinalan que se sitúa entre 2,9 e 4,2 kg por quilo de salmón1

  • As granxas de salmón son concentracións de grandes poboacións de peixe que facilitan a propagación de parasitos, como o piollo de mar, que infectan aos salmónidos salvaxes e que están a poñer en perigo a súa supervivencia. O escape de salmóns convértese tamén nunha ameaza sobre estes salmónidos salvaxes, poñendo en perigo a súa selección natural e contribuíndo á transmisión de enfermidades e parasitos2.

  • O uso de químicos e antibióticos supón un serio risco para a saúde e o ambiente, en primeiro lugar porque o uso sistemático crea cepas bacterianas resistentes, e en segundo pola acumulación nas vísceras dos propios peixes. Podendo chegar a facelos non aptos para o consumo

  • A inmensa cantidade de refugallos que xera o alimento non inxerido, os residuos fecais dos peixes e a súa sangue e vísceras, e o precario manexo sanitario que favorece o aumento de enfermidades e a súa propagación, afectando aos ecosistemas mariños. Así, tal como recoñece North West Food S.L en torno ao 10% do penso administrado aos peixes non é inxerido, pasando ao medio. Mais este dato hai que contemplalo dende a óptica dos elementos que chegan ao medio mariño a través da comida, excrecións dos peixes e respiración que son en torno ao 85 % do fósforo, 80 % do carbono e 52 % do nitróxeno introducido nas gaiolas

  • As consecuencias da explosiva expansión da salmonicultura en termos socio-laborais son motivo de crecentes conflitos polo uso do territorio con outros actores locais (como o uso recreativo do mar, a pesca artesanal e o marisqueo). Neste aspecto o balanzo é negativo, e moito máis se abrimos a ollada globalmente e vemos a incidencia que a pesca intensiva para producir fariñas de peixe ten sobre poboacións desfavorecidas do continente africano.

Esta reiteración no apoio á acuicultura industrial por parte da Xunta de Galicia non ten en conta ningún dos factores que aconsellan freala e reorientar o sector cara especies, dimensións e métodos de produción máis sustentábeis fai parte dunha estratexia de maior calado. A administración teima en facer do noso litoral un couto privado para as grandes empresas do ramo, sen respectar tan sequera a legalidade vixente, de por si bastante cativa, no canto ás figuras de protección ambiental hoxe en día establecidas no noso territorio. Velaí, xa que logo, o novo Plano de acuicultura que ven de comenzar a súa andaina administrativa camiño da súa aprobación e os reiterados anuncios por parte da Consellaría do Mar sobre a recuperacións do proxecto de macropiscifactoría en Cabo Touriñán, espazo LIC protexido dentro da Rede Natura.

Mais esta teimuda reiteración a prol da acuicultura ven acompañada de medidas e desleixos que condenan ao abandono as poucas iniciativas novidosas e sustentábeis xurdidas dende o propio mundo da pesca de baixura como son as reservas Mariñas de Lira e Cedeira. Non se entende que uns proxectos que teñen amosado no tempo a súa eficacia, que supoñen manter unha fonte de ingresos estábeis e con futuro para moitas familias, se vexan camiño da desaparición polo desleixo da administración galega, namentres envorca millóns de euros en subvencionar a instalación de empresas acuícolas no territorio, cuns réditos de emprego realmente pequenos e cun impacto ambiental moi importante.

Aplicar todos estes orzamentos en promover e apoiar unha explotación e xestión sustentábel dos recursos mariños mediante o apoio a prácticas e proxectos que realmente creen emprego no litoral, que permitan un uso racional deste imprescindíbel recurso, sen sobreexplotación, respectando ciclos e cotas e cunha aposta forte pola conservación e recuperación terían maiores réditos e unha maior incidencia positiva na poboación do litoral e no conxunto da cidadanía".

Web de referencia:

http://www.verdegaia.org

O mesmo día, en Porto do Son:

O mesmo día, en Rianxo:

O mesmo día, en Ribeira:

Antes, en Certo:


Salmón: a culpa das gaiolas tamén é do Bipartito, di a Xunta



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Verdegaia   documental   gaiolas de salmón  

Rianxo: este venres 6, película e coloquio sobre o Alzheimer no auditorio ás sete da tarde

Bicicleta_cuchara_manzana

Rianxo, 3 de maio de 2011. O vindeiro venres 6 de maio ás 19:00 horas no Centro Sociocultural-Auditorio terá lugar a proxección da película de, Carles Bosch, "Bicicleta Cuchara Manzana" gañadora dun Goya 2011 ó mellor filme documental.

Despois da proxección da película haberá un coloquio sobre a temática de dita película, a enfermidade de Alzheimer.

Sinopse:

No outono de 2007 a Pasqual Maragall (ex-presidente de Catalunya) diagnostícanlle Alzheimer. Superado o golpe inical, el e a súa familia comezan unha cruzada contra a enfermidade e, desde o primeiro paso, esta película convirtese en testimonio de excepción. Con intelixencia e bo humor, Maragall deixase retratar xunto á súa familia e ós médicos, para deixar constancia do día a día da súa loita persoal. Dous anos de seguimento a un paciente excepcional disposto a que os científicos encontren curación antes de que a cifra de 26 millóns de enfermos no mundo se multiplique por dez. Unha película dura pero optimista a pesar de todo.

 
Páxina oficial da película



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   alzheimer   charla informativa   documental  

Porto do Son: os alumnos de SonCine suben a Internet un vídeo da matanza do porco no rural

<p>a mata from SonCine on Vimeo.</p>

Porto do Son, 15 de febreiro de 2011. Xa se pode ver na Rede, aí o teñen, encima destas verbas. Un documento etnográfico de primeiro nivel, con estándares de alta calidade no audiovisual. Un novo reto do proxecto "O meu Son", de SonCine, no cal os alumnos de audiovisuais de 3º de ESO do instituto levan unha cámara fotográfica Lumix compacta para casa e filman o seu lugar preferido. Desta volta presentan un vídeo sobre a matanza nunha casa do rural, costume que está a retroceder en Galicia ante a paseniña industrialización da morte animal con destino á alimentación humana.

"Discutimos sobre se subir ou non este material á rede. Decidimos que si, non hai crueldade nos feitos, hai conciencia, mesmo respeto", explican na información do vídeo do instituto. "O sacrificio prodúcese conforme ás normas cunha aparello de ar comprimido. Despois de morto o animal sángrase ao xeito tradicional. Calquera pode comparar isto con vídeos da web onde se reflicten as condicións nas que son criados, transportados, e sacrificados, de maneira industrial, os animais dos que nos alimentamos diariamente e dará un duro paso cara a conciencia do horror. En calquera caso pensamos que facernos concientes deste suceso é tamén educación. Por outra parte a filmación capta os sucesos de maneira natural e realista", conclúen.

Como cantaba Steel Flow no rap rural que deu banda sonora ao anterior vídeo de "O meu Son", "porcos, ghaliñas, feiras, piñas, isto é rap rural, é a pura Ghalisia; non veño da sity, non, non veño tal, sonche máis de ghaliñeiro que de sentro comersial". Por estas bisbarras somos máis de matanza na casa que de matadoiro industrial...

Hai tres anos, no YouTube de Certo, fixemos unha lista de reprodución con matas en varios países:

Relacionadas:

SonCine: Noal a golpe de rap rural


Curiosidades: Vinte10 e Prince




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine   documental   matanza do porco  

Cultura: presentado o proxecto dun novo documental sobre Valle, titulado "Romance de Lobos en Terras de Arousa"

Media_httpfarm4static_jdcau

Vilanova de Arousa, 8 de febreiro de 2011.- O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos participou esta mañá na Casa Museo de Valle-Inclán en Vilanova de Arousa na presentación do proxecto de documental ‘Romance de lobos en terras de Arousa’. O documental, que conmemora o 75 aniversario do pasamento do escritor arousán, conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través do convenio asinado coa Fundación Valle-Inclán.

O acto de presentación contou coa participación do Vicepresidente da Deputación e da Fundación Valle-Inclán José Juan Durán, o produtor do documental ‘Romance de lobos en terras de Arousa’, Xoán Xosé Mariño e o escritor e familiar de Valle-Inclán, Javier del Valle-Inclán Alsina. O director xeral do Libro asegurou na súa intervención que “contar con autores da envergadura de Valle, constitúe unha vía de acceso potentísima para ocupar o noso espazo como sociedade”.

Media_httpfarm6static_dciqw

Pardo de Vera ataviado como Valle nun documental recente

Respecto á temática do proxecto fílmico lembrou que “os nosos pazos, o noso mar, a terra que pisamos como pobo e á que acoden as peregrinacións de Europa está presente en Romance de lobos, nas Comedias bárbaras, en todo o ciclo carlista e en canto texto saíu da man dos grandes escritores e escritoras paisanos nosos”. Francisco López enxalzou a obra de Valle-Inclán destacando “a expresión, a comunicación e a enerxía da palabra, onde se decanta o noso ollar e a nosa esencia colectiva”.

Segundo o director xeral do Libro, “os tempos traen incerteza en todas as ordes (recursos económicos en transformación, sistemas de comunicación, novos soportes, canles de comercialización que abandonaron o terreo,...) pero tamén a confianza en que a expresión de Galicia segue adiante coa inercia de milenios”. “Temos un soporte perfecto para atravesar as turbulencias e saír reforzados, e nesa confianza, temos que seguir traballando”, engadiu.

Relacionadas:


Documental: "Este que veis aquí", sobre Valle. Rodouse na Pobra


Valle Inclán: primeiro acto de homenaxe polo 75 cabodano



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Valle-Inclán   cinema   cultura   documental  

A Pobra do Caramiñal: Torre Xunqueiras convertiuse por intres en plató para un documental sobre Valle Inclán, encarnado por Pardo de Vera

Media_httpfarm6static_ifeoa

 
A semellanza física de Pardo de Vera con Valle é innegable

A Pobra do Caramiñal, 18 de decembro de 2010. A rodaxe do documental Este que veis aquí sobre Valle-Inclán producido por Gona Film e dirixido por José Luis García Sánchez, que estes días se estaba a desenvolver en terras santiaguesas e que tiña previsto gravar tamén en escenarios babanzanos, atópase xa nas terras da Pobra do Caramiñal.
Media_httpfarm6static_qhhqf
Media_httpfarm6static_idtwt

Xerardo Pardo de Vera facendo de Valle no balcón de Torre Xunqueiras
Media_httpfarm6static_hfxbe

Juan Luis Galiardo en Torre Xunqueiras. Fai do hidalgo Juan Manuel de Montenegro

Atópanse os actores Juan Diego e José Luis Galiardo, xunto co galego Xerardo Pardo de Vera dando vida ao propio Valle-Inclán e ós seus personaxes o Marqués de Bradomín e don Juan Manuel de Montenegro.

Media_httpfarm6static_wvgzo

Media_httpfarm6static_cejxd

Ao longo desta mañá gravaron dentro dos dominios de Torre Xunqueiras, que no seu día fora escenario de "Sonata de Otoño" para continuar logo coa rodaxe de exteriores no monte da Curota.

Pola tarde, Valle-Inclán voltou desfrutar da vista sobre a ría de Arousa no Mirador da Curota, para logo dirixirse hacia a que dalgunha maneira é a súa casa: o Museo Valle-Inclán, onde se gravaron interiores e exteriores e, ademais púidose asistir a unha visita teatralizada dun grupo invitado pola Mancomunidade de Arousa Norte.
Media_httpfarm6static_zfauc
José Luis García Sánchez na visita ao Museo
Os actores que dan vida ao Cego de Gondar e a Mari Gaila contaron coa colaboración dun director de excepción, posto que o mesmísimo José Luis García dirixiunos e marcoulles aquilo de "Acción".
Todos os que estaban por alí polo centro da vila da Pobra, ao pé do museo, aproveitaron para tirarlle fotos ao redivivo Valle Inclán, encarnado de xeito engaiolante por Xerardo Pardo de Vera.
Media_httpfarm6static_dsdht
O director deste docudrama, García Sánchez, xa ten experiencia co escritor arousán, pois en 1994 foi premiado co Goya ao mellor guion adaptado por Tirano Banderas. Xa rodara Divinas Palabras en 1987 e, non satisfeito, en 2008 dirixiu Esperpentos.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán   Valle-Inclán   documental  

Boiro: Verdegaia presenta o documental "Gran Superficie" este venres 17 no centro social

Boiro_gran_superficie

Boiro, 15 de decembro de 2010. O venres 17 de decembro Verdegaia vai presentar ás sete e media da tarde no Centro Social do Concello de Boiro o documental "Gran Superficie", de Ecologistas en Acción. A dita proxección invítase á cidadanía en xeral do Concello. Durante a proxección vaise debater e reflexionar sobre ás nosas actitudes e comportamentos fronte ao consumo, "especialmente nun Nadal en tempos de crise", explican dende esta organización ecoloxista.

Media_httpfarm2static_bbubz

"Interésanos particularmente a participación da xuventude e de aquelas persoas que teñan responsabilidade na educación como o profesorado ou as familias. Por este motivo, estamos a invitar expresamente ás ANPAs do Concello e aos centros de ensino. Queremos que o documental sirva para reflexionar sobre o impacto que a publicidade ten nas nosas vidas, a influencia das marcas no noso comportamento persoal ante as demais persoas, a importancia da educación no consumo e a súa influencia de cara a frear o consumismo, a posta en valor do consumo de proximidade, e mesmo da influencia do consumo na nosa (in)felicidade", aclaran. A entrada é de balde.

O documental consta de oito capítulos:

I. Publicidade

II. Estratexias

III. Alimentación e estética

IV. Educación

V. Consumo

VI. Grandes superficies

VII. Contorna

VIII Infelicidade



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Verdegaia   documental   ecoloxía  

Cinema: xa e pode ver en Vimeo o documental de Pablo Portero no que sae o cemiterio de Noia

A causa deste documental entrevistamos ao seu autor, hai uns meses:

Pablo Portero: este cineasta de Ferrol presentou "Camposanto", un documental experimental que abre co cemiterio de Noia. Entrevista aquí


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Pablo Portero   cinema   documental