Dodro: o Concello celebrou o Día das Letras Galegas inaugurando a Xira de Karting
Padrón, 17 de maio de 2012. O Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro Tato, e os tres alcaldes anfitrións -os de Dodro, Padrón e Rois-, asistiron hoxe á apertura do circuíto da Xira Galega de Karting.
O Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro Tato, e os alcaldes dos tres municipios colaboradores, Antonio Fernández Angueira, do Concello de Padrón, Valentín Alfonsín Somoza, do Concello de Dodro e Ramón Tojo Lens do Concello de Rois -os tres do Partido Popular- presidiron a apertura e carreira inaugural de presentación da chegada da sexta edición Xira Galega de Karting, que terá lugar no aparcadoiro gardería municipal de Padrón ata o domingo 20 de maio. Ao acto, que se celebrou no propio circuíto, asistiron ademáis a directora da Xira Karting, Raquel González así como varios concelleiros e concelleiras dos tres concellos organizadores. Esta proba "é posible grazas á colaboración de institucións públicas como, ademáis dos propios concellos, a Deputación Provincial da Coruña e tres empresas privadas", explicou a tenente de alcalde de Dodro, Marisol Boga, en nota de prensa. Ademáis, cerca dun cento de rapaces dos concellos de Rois e Dodro, acudiron invitados gratuitamente e disfrutaron dunha sesión completa de pilotaxe. Os nenos tiveron así o seu bautismo no mundo do motor e da educación vial. O/As rapaces/zas poideron disfrutar dunha verdadeira experiencia automovilística a bordo de karts coa seguridade máis completa, sen necesidade de mercar ou alugar calquera equipamento, nunha sesión de pilotaxe, con tódolos materiais (casco, protector...) incluídos; tamén dunha xornada en familia con xogos, inchables para nenos e agasallos. O horario oficial desta actividade é o seguinte: a mañá do venres de 10.00 a 14.00 horas é reservado a escolares; o sábado 19 e o domingo 20 a apertura será de 12.00 a 14.00 horas. Tódalas tardes a apertura será de 17 a 22.00 horas.youtu.be/tQY2OAZcOtY Soan as gaitas no Pazo de Goiáns en Boiro, na II Romaría das Letras de Barbanza. Vídeo de Alén Pérez. #17vitaminas
— Certo (@Certo) May 17, 2012
Terbutalina agasallará "Hostias para todos" dende o 24 de maio post.ly/7KIdF #17vitaminas @terbutalina @quepasanacosta Bailen ostia!
— Certo (@Certo) May 17, 2012
Os Concellos da Pobra do Caramiñal e Santa Uxía de Ribeira financian unha nova revista ("Vosotros") de Galicia Bilingüe ir.gl/a8cb9
— romanlandin (@romanlandin) May 17, 2012


Barbanza-Noia, 15 de maio de 2012. O caso é non disolver as deputacións e buscarlle algo que facer e as xustifique: o presidente da coruñesa, Diego Calvo, presentou esta mañá o borrador do convenio marco que, aprobado no último Pleno cos votos favorables do PSOE e publicado hoxe no BOP, guiará e regulará a creación e o funcionamento das novas Comunidades Intermunicipais de Servizos Consorciados. Logo do fracaso da comarcalización feita polo PP, que creou unha administración paralela despilfarradora e inútil, parece ser agora éste o novo remendo argallado para que non se alporicen os concellos coas tan temidas fusións. Unha receita que non parece ser orixinal, pois aseméllase tremendamente ás tamén fallidas -salvo honrosas excepcións, como a de Serra do Barbanza para tratar o lixo- mancomunidades. 

















Comentarios [0]