Preme para voltar á portada
Filed under

ecoloxía

 

Muros-Noia: asociacións ecoloxistas e armadores denuncian as gaiolas de salmón ante o fiscal de Medio Ambiente

Media_httpwwwquepasan_ghhcm

  • A Xunta dixo hai uns días que non había salmóns mortos, chamando así mintireiros aos mariñeiros de Muros e Noia. A noticia en Que pasa na Costa, o dixital da Costa da Morte, aquí

Nota íntegra de Adega:

Muros-Noia, 21 de novembro de 2011. Asociacións ecoloxistas galegas e estatais, armadores e outras entidades do sector pesqueiro vimos de trasladarlle á Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG a nosa inquedanza polos riscos que para o medio mariño e os recursos pesqueiros das rías ten a instalación de gaiolas para o cultivo do salmón. No decurso da xuntanza co Fiscal fixémoslle entrega, xunto coa denuncia colectiva, dun DOSSIER (944 Kb) c coas irregularidades do proceso e a documentación gráfica que certifica, fronte á desinformación da consellaría do Mar, a alta mortalidade dos peixes, a nefasta xestión dos refugallos e o uso de recursos públicos para unha actividade privada. Pedímoslle ao Ministerio Fiscal que solicite á Xunta os informes que "avalan" esta experiencia contrastándoos con análises e informes científicos independentes e que, fronte aos intentos da Xunta "pontear" as leis, garanta o cumprimento estrito da lexislación ambiental.

As organizacións ADEGA, VERDEGAIA, OCÉANA, WWF, SALVA A SELVA, ASOAR-ARMEGA, Fundación Lonxanet e armadores de Muros e Noia expresamos a nosa confianza en que o Ministerio Fiscal sexa quen de obrigar á consellaría do Mar a actuar con imparcialidade, esixindo a posta a disposición da cidadanía dos datos "segredos" sobre o resultado da experiencia de Arousa e a presentación dos informes científicos independentes que permitan avaliar todos os riscos desta actividade sobre o ecosistema e a produtividade das rías.

remolcador

A administración galega debería respostar tamén pola escandalosa connivencia coa empresa e a submisión de recursos públicos -un remolcador de salvamento chegou a inxectar en catro ocasións auga fría na gaiola- aos intereses de North West Food. A Consellaría do Mar mesmo chegou a negar públicamente a evidencia da aparición de numerosos salmóns mortos próximos á gaiola nas artes de pesca. Os colectivos asinantes da denuncia puxemos a disposición da Fiscalía as probas gráficas (fotografías e vídeos) así como os cadáveres recollidos para que consten como proba e por se son susceptíbeis de análises toxicolóxicas.

Finalmente, instamos tamén á Fiscalía a pescudar sobre a nefasta xestión do gran volume de refugallos (cadáveres en avanzado estado de descomposición) que está a provocar a "experiencia" na ría de Muros. Estes restos, polo seu potencial contaminante, deberían ser xestionados conforme a rigorosos protocolos como residuos perigosos e non amorealos de calquera xeito en contentores ao alcance de calqueira ou utilizalos como alimento de animais de granxa.

Asinan a denuncia,

ADEGA, VERDEGAIA, OCÉANA, WWF, SALVA LA SELVA, ASOAR-ARMEGA, Fundación Lonxanet e armadores de Muros e Noia.

Antes, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Adega   Ría de Muros e Noia   denuncia   ecoloxía   gaiolas de salmón   medio ambiente  

Ribeira: o obradoiro de emprego Airoas está a impartir un módulo de Sensibilización Ambiental

Ribeira, 11 de maio de 2011. O Obradoiro de Emprego Airoas comezou a impartir o Módulo de Sensibilización Ambiental o pasado venres 29 de abril, cunha ponencia no salón de actos do Parque Periurbano de San Roque, coa colaboración externa do biólogo Juan José Sampedro Reiriz.

A esta presentación, que se fixo amena e moi participativa, asistiron tódolos alumnos-traballadores de Airoas. O seu obxectivo xeral é introducir ao alumnado no coñecemento dos principais problemas medioambientais, tanto a nivel xeral como no ámbito laboral, e a súa aplicación na especialidade profesional.

Na  primeira xornada distinguíronse tres partes fundamentais:

.- Exposición e explicación de conceptos básicos  como son medioambiente, ecoloxía, cadena trófica, ecosistema, recursos naturais, hábitat, biodiversidade, pegada ecolóxica, cambio climático, contaminación e desenvolvemento sostible.

.- Os efectos da actividade humana sobre o medio. Déronse a coñecer as consecuencias irreversibles da nosa acción sobre o medioambiente, e como o ser humano muda o estado natural coas consecuencias que disto se derivan, e que non só van afectar ao medioambiente natural, senón tamén ao medio urbano e ao noso traballo, á saúde e á economía.

.- Posibles solución e actitudes a seguir tanto a nivel social-individual e a nivel das administracións ( competencias da UE, do Estado, Xunta, Concellos)

 Os  obxectivos didácticos que se pretenderon  acadar son  entre outros, os seguintes:

   1. Comprender a definición de medioambiente e achegarse ao coñecemento dos principais problemas medioambientais. 
   2. Obter un nivel de sensibilización e de respecto polo medioambiente desde un punto de vista científico.
   3. Comprender a diferencia entre recursos naturais renovables e non renovables, así como do tempo preciso para recuperalos, por medio dun exemplo práctico: cando estamos facendo uso dunha enerxía (o petróleo) que precisa millóns de anos para producirse e unhas poucas horas para consumirse.
  4. Coñecer o concepto de sucesión natural, e comprender como muda logo dunha alteración do medioambiente.
   5. Aplicar á especialidade profesional os conceptos adquiridos co desenvolvemento de boas prácticas medioambientais no traballo.
   6. Achegarse aos aspectos legais  da figura da responsabilidade medioambiental e a necesidade da sostibilidade ambiental, principalmente: a Lei de responsabilidade medioambiental,a lei de residuos e  os estudos de impacto ambiental.

Utilizando tódolos conceptos básicos explicados,e mediante exemplos da nosa realidade máis próxima chegouse a comprender e a sensibilizar sobre o noso compartamento  cara aos efectos sobre o cambio climático e maila contaminación nas súas diferentes formas.

Antes, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Airoas   Ribeira   ecoloxía   obradoiro de emprego  

Ribeira: a cuarta fase de "A túa pegada en San Roque" encherá de piñeiros mansos unha parcela, que será repoboada por 350 escolares

Media_httpfarm3static_zjghi

Imaxe dunha das fases anteriores

Ribeira, 28 de abril de 2011.- O Concello anunciou hoxe o desenvolvemento durante os meses de maio e xuño da cuarta fase do proxecto “A túa pegada en San Roque”, que, proseguindo o labor iniciado na convocatoria do ano pasado, vai seguir repoboando con piñeiros mansos unha parcela forestal do propio parque queimada durante a vaga de incendios do verán do 2006. 

O concelleiro de Turismo, Vicente García, foi quen presentou o proxecto na compaña dos técnicos municipais de Turismo e Xuventude, Sandra Fernández e Mario Vidal, respectivamente. 

Cabe lembrar “A túa pegada en San Roque” é un proxecto educativo e medioambiental que xurde co afán de recuperar e promocionar o patrimonio artístico, histórico, cultural e natural. Nas súas anteriores fases este proxecto contou con máis de 1.000 rapaces implicados, pertencentes a 5º e 6º de Primaria. 

Nesta ocasión, proséguese nestes obxectivos deseñando un conxunto de actividades interactivas de carácter formativo, educativo, cultural e lúdico. O proxecto, que é gratuíto, está dirixido aos once centros públicos e concertados existentes no concello riveirense, estimándose en máis de 350 o número de nenos que visitarán o parque a través de 13 xornadas (unha por colexio agás o Galaxia e o Grupo, que traerán dous grupos diferentes). 

Cada grupo de alumnos que acuda ao parque comezará o día cunha breve introdución na que se explicará en que vai consistir a xornada para efectuar a continuación unha visita guiada á exposición arqueolóxica Megalitismo, Idade de Bronce e Idade de Ferro. Acto seguido, os rapaces farán unha plantación na parcela indicada anteriormente. Tras un descanso merenda, coñecerán as árbores e follas de San Roque co apoio de guías e cadernos de campo. Tras un período de lecer con xogos e cancións, farán unha breve avaliación da xornada desenvolvida. 

En principio, as actividades darán comezo ás 9.30 horas e rematarán ás 13.30 horas, aínda que este horario se adaptará ás necesidades específicas de cada centro educativo. 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   ecoloxía  

Sociedade: a protectora ribeirense "Moura" participou nun acto antitaurino en Padrón

(download)

Barbanza-Noia, 25 de abril de 2011. Polo seu interese, reproducimos as fotos e carta enviada pola protectora "Moura", que estivo protagonizando onte un acto antitaurino na Pascua de Padrón.

"El domingo 24 se celebraron en Padrón y con motivo de las fiestas de la Pascua una corrida de toros en la que se “lidiaron” 4 reses.  Representantes de la Asociación Protectora “Moura” se desplazaron hasta allí para participar en una concentración de protesta contra esta “Fiesta” a la que parece no afectarle la crisis, ya que según los ediles de Cultura, Fiesta y Deportes de esa localidad se destinó un presupuesto de 150.000 euros.

En la concentración nos juntamos algo más de 20 personas y al finalizar, algunos nos desplazamos hasta la plaza portátil que se había habilitado. Lo que allí vimos es difícil de describir. Por supuesto que no entendemos cómo alguien puede disfrutar asistiendo a la tortura y la muerte de un animal cuya fiereza no está más que en la mente calenturienta de quién quiere creerlo así, pero no estábamos preparados para ver el horror que allí vivimos. Durante unos veinte minutos estuvimos oyendo los gritos de una gente enfervorizada, algo que esperábamos, pero lo que no esperábamos era asistir a la muerte agónica de un animal en directo, fuera ya de la plaza.

Se abrieron las puertas y apareció  un tractor arrastrando al toro presumiblemente muerto. Y nos encontramos con un animal que conservaba cuatro banderillas clavadas y una herida ensangrentada provocada por el estoque de matar. En la nuca tenía una herida más, del estoque de descabellar, un instrumento tan mortífero como cruel. Con él se trata de seccionar la médula espinal para paralizar completamente al animal, que agoniza durante varios minutos para morir finalmente asfixiado. La gente piensa que muere instantáneamente porque deja de moverse, pero la realidad es bien distinta. Fue precisamente a esos minutos a los que asistimos impotentes un pequeño grupo de animalistas. A la desesperada agonía de un animal que no podía expresar su dolor. Agonía que se prolongó durante un tiempo que pareció interminable, y ante la indiferencia general de un grupo de personas, en muchos casos niños acompañados de sus padres, que asistían curiosos a este “acontecimiento”. Según el testimonio de la gente, aquello se repetía todos los años y en cada uno de los toros que salían de la plaza. Al parecer, y ante la poca pericia que muestran “matadores” de tercera o cuarta categoría, el estoque de matar nunca alcanza el corazón por lo que todos son “descabellados”. Esta es la razón por la que la inmensa mayoría salen vivos y casi todos mueren asfixiados. No tuvimos agallas para quedarnos a ver los otros tres.

Acto despiadado y sanguinario


Es difícil expresar nuestra indignación, pero no ya ante la actitud de un pequeño grupo que sabemos no representa al pueblo de Padrón, sino ante la organización y apoyo económico que se presta a un acto tan despiadado y sanguinario, por parte de aquellos que debieran velar por los intereses de un pueblo que no merece los políticos que lo gobiernan. Consideramos que cualquier persona que pueda apoyar estes actos crueles y bárbaros no sólo debería estar inhabilitado para gobernar un pueblo, sino incluso para desarrollar una vida en sociedad. Que lo haga una persona a nivel particular es algo triste y lamentable, que lo haga el regidor de un pueblo es mucho más grave. 

Me encanta citar a Schopenhauer porque fue un gran conocedor del alma humana. Fue el quién dijo que “la bondad con los animales está íntimamente unida con la bondad de carácter de tal manera que puede afirmarse con toda seguridad que quien es cruel con los animales no puede ser buena persona”. Creo que lo mínimo que se le debiera exigir a un alcalde es que sea buena persona. Lamentablemente es tan poco lo que le exigimos a los políticos que la inmensa mayoría de ellos carece de los más elementales principios. Esperamos que ahora que se acercan fechas electorales la gente piense y medite un poco más todo esto y que se dé cuenta que aquellos que no son buenas personas, aquellos que carecen de principios morales, difícilmente podrán ser buenos dirigentes".

Antes, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Moura   ecoloxía   sociedade   touros  

Noia: o Bng oponse á instalación das gaiolas de salmón que están intentando poñer no polígono Muros C

Bieito Lobeira asegura que as confrarías de pescadores e asociacións de bateeiros desta ría teñen manifestado a súa “rotunda oposición” a esta  instalación 

Media_httpfarm1static_mrbfn

Salmón en liberdade. Flickr de Spappy.joneS

Santiago de Compostela, 16  de marzo de 2011. O portavoz de Pesca do  BNG, Bieito Lobeira rexistrou unha iniciativa parlamentaria, ao fin de reclamar medidas do Goberno galego  para impedir a instalación  de gaiolas de produción de salón na ría de Muros e Noia.

Lobeira explica que, mentres o Goberno do Partido popular xustifica esta decisión por ser a zona a máis axeitada, a Consellaría do Mar  desaconsella a instalación de gaiolas na ría de Arousa, sen embargo, “a Consellaría do Mar autorizou a instalación na ría de Muros e Noia (polígono mexilloeiro Muros C) de dúas gaiolas de produción de salmón , pertencentes á empresa North West  Food, S.L.”

Bieito Lobeira engade que a ría de Muros-Noia é “un espazo singular” cunha elevada produción pesqueira , marisqueira e mexilloeira e milleiros de homes e mulleres vivindo  directamente destas actividades produtivas.

O deputado do BNG defenderá  no Parlamento galego a paralización da instalación do sistema de gaiolas  na ría de Muros e Noia  pois en función do resultado da primeira fase experimental (un ano), poderíanse instalar outras vinte gaiolas neses emprazamento que colidirán cos intereses de centos de persoas que pretende seguir vivindo do seu traballo con dignidade e tranquilidade.

Click here to download:
Gaiolas_de_salmón.pdf (83 KB)
(download)

Antes publicamos:

O BNG apoia a posición das xentes do mar que rexeitan a colocación de gaiolas con salmón na ría

Media_httpuploadwikim_qjhak

Salmón atlántico en liberdade. Wikipedia

Noia, 7 de marzo de 2011. A Consellería do Mar pretende autorizar a instalación de dúas gaiolas de cultivo industrial de salmón, pertenecentes á empresa North Food, S.L., no polígono mexilloeiro Muros C, na ría de Muros e Noia. Para o Bng de Noia, "chámanos poderosamente a atención a inexistencia de informes da propia Consellería sobre o impacto que a instalación das gaiolas e o proceso de medre do salmón (e a súa alimentación, medicación, etc.) podería provocar sobre os recursos mariños e o medio. Así se fixo no seu día no caso da ría de Arousa, concluíndo no risco de infección severa e recomendando que esas gaiolas non se deberían instalar na ría. Hai que lembrar que a ría de Muros e Noia é un espazo singular, cunha alta produtividade pesqueira, marisqueira e mexilloeira, e milleiros de homes e mulleres vivindo directamente destas actividades produtivas. Cómpre, daquela, extremar as cautelas e precaucións cando de preservar a ría se trata".

Principio de cautela e rexeitamento consecuente


Os nacionalistas noieses explican en nota de prensa que "seiscentas once embarcacións pesqueiras e de marisqueo a flote teñen porto base na ría de Muros e Noia, ás que compre acrecentar outras 26 embarcacións auxiliares vinculadas aos polígonos mexilloeiros existentes. Sumémoslle os centos de persoas inseridas nos planos de explotación de marisqueo a pé, e teremos unha primeira mostra da necesidade de extraer o principio de cautela. En consecuencia o BNG de Noia, apoiará no Pleno extraordinario do Concello que se celebrará presumiblemente nos próximos días, o rexeitamento á instalación de gaiolas experimentais para o cultivo industrial do salmón na ría de Muros e Noia".

Antes publicamos sobre o mesmo asunto estas novas.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   bng   ecoloxía   gaiolas de salmón  

Rianxo: a asociación AntrosPinos convoca a súa terceira plantación para o sábado 5 de febreiro

Antrospinos_cartel

Rianxo, 4 de febreiro de 2011. A asociación Festival AntrosPinos de Taragoña convoca ás voluntarias e voluntarios que se queiran achegar a Taragoña este sábado 5 de febreiro para colaborar na terceira edición da súa plantación de árbores.

É unha actividade que se vén desenvolvendo desde hai xa 3 anos co fin de coidar o medio ambiente, colaborando na rexeneración do monte. Traballarase nunha zona aínda afectada pola vaga de lumes de 2006, onde ademais se realiza cada ano o Festival Antrospinos. A plantación terá lugar concretamente na zona de acampada do festival, na área recreativa de Campo Maneiro. "Queremos involucrar á poboación no proceso de plantado para concienciar no respecto polos espazos verdes", explican responsables de FAP. 

As tarefas comezarán ás 10:00 da mañá e rematarán en torno ás 13:00 h., momento no que se inaugurará unha placa conmemorativa. Logo haberá un refrixerio para repoñer a enerxía esgotada na plantación. Calculan un total de 40 árbores autóctonas a plantar, con exemplares duns 2 metros de altura. Os asistentes deberán levar os seus propios apeiros para facer as fochancas. Quen queira pode plantar a súa propia árbore como doazón, mais só se admitirán árbores autóctonas.
 
Poden atopalos en http://www.facebook.com/asociacionFAP


Tamén che pode interesar:

petróglifo Bouza-Abadín en Imo Dodro
Limpeza de petróglifo en Dodro: o sábado 5 de febreiro en Imo



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Antrospinos   Rianxo   Taragoña   ecoloxía  

Porto do Son: "Móllate polos humedais" visita as lagoas de Muro e Xuño o mércores 2 de febreiro para eliminar especies invasoras

Cartel-mollate-polos-humidais

Porto do Son, 27 de xaneiro de 2011. Como acto de celebración do Día Mundial dos Humidais, e no Ano Europeo do Voluntariado, Proxecto Ríos-ADEGA organiza o vindeiro mércores 2 de febreiro unha xornada de eliminación de flora exótica invasora na contorna das lagoas de Xuño e Muro.

Programa do día:

09.00 Saída dende Santiago de Compostela

10.00 Parada en Porto do Son

10.30 Chegada: presentación da actividade

10.30 Roteiro polas lagoas

Media_httpfarm5static_jbpza

Lagoa de Xuño en Porto do Son

12.00 Comezo dos traballos de eliminación

14.00 Xantar

15.30 Continuación dos traballos

17.00 Remate dos traballos e foto de grupo

17.30 Regreso

As persoas participantes contarán con transporte (bus), xantar gratuito e seguro de responsabilidade civil.

Limpo para a inauguración do centro de interpretación este sábado 5

A limpeza de invasoras e de restos deixados pola man do home que se fai este mércores 2 vaille vir de marabilla á inauguración do centro de interpretación das Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro que está prevista para este sábado 5 de febreiro. Nun acto que comeza ás cinco da tarde, os asistentes (alcalde e autoridades varias) farán unha andaina dende a Ponte Vella ata o novo centro.

Estas lagoas ubícanse entre o cabo Teira e o remate do río Sieira. Pertencen á Rede Natura 2000, que as acubilla a elas e ás de Vixán e dunas de Corrubedo, nun inmenso espazo protexido que cada pouco sofre os embates de políticos e industriais, máis preocupados polo lucro de actividades altamente contaminantes (piscifactorías por exemplo) que por conservar estes hábitats protexidos, que para iso se incluíron en Rede Natura.

Que se vai facer na xornada de limpeza?

A proposta de ADEGA e o Proxecto Ríos consiste en realizar diversas actuaciónsencamiñadas á eliminación de exemplares de flora exótica e invasora para mellorar o estado ecolóxico de dous humidais protexidos: as lagoas de San Pedro de Muro e Xuño, no concello de Porto do Son (A Coruña). Ambos humidais están integrados na ZEPVN “Complexo Húmido de Corrubedo”, código LIC ES1110006, pertencente á Rede Natura 2000.
As intervencións desenvolveranse no Día dos Humidais (2 de febreiro) na contorna
das dúas lagoas anteditas e dentro do Dominio Público Marítimo Terrestre e a súa Zona de Servidume, e atinxindo aos hábitats naturais “Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises): dunas grises termoatlánticas (Crucianellion maritimae)”, código Natura 2000 *2130 (prioritario) e “Lagoas costeiras”, código Natura 2000 *1150 (prioritario).

Os traballos desenvolveranse en 3 zonas:


Zona 1.- Contorna da Lagoa de Xuño: identificación, eliminación e retirada de especies exóticas e invasoras das dunas fixas, perímetro e eventualmente, da superficie da lagoa. As especies obxectivo son:

-Coniza (Coniza canadensis): herbácea frecuente en zonas remexidas e ruderais que penetra a favor de pistas e camiños, nomeadamente a instalacións de pasarelas de madeira sobre as dunas.
-Gramón (Stenotaphrum secundatum): gramínea tapizante moi vivaz presente ao longo da pasarela de madeira e na contorna da laoa de Xuño.
-Margarida africana (Arctoteca calendula): composta presente en moitas zonas
dunares cuxa presenza vese favorecida pola apertura de pistas.
-Spartina (Spartina patens): gramínea con importante sistema de rizomas presente en comunidades halonitrófilas (dunas e cantís).
-Cotula (Cotula coronopifolia): herbácea surafricana de zonas antropizadas e xunqueiras.

-Oenothera (Oenothera glazioviana): herbácea de dunas e zonas antropizadas.
-Senecio (Senecio elegans): en dunas e zonas nitrófilas.
-Bacopa (Bacopa monnieri): Escrofulariácea presente en xunqueiras e cursos baixos de ríos e regatos.
-Tritonia (Tritonia x crocosmiiflora): híbrido de xardinería frecuente nas pistas.
-Xacinto de auga (Eicchornia crassipes): planta flotante orixinaria da Amazonia
considerada de alto risco para a biodiversidade acuática.
-Azolla (Azolla filiculoides): fento acuático flotante.
-Egeria e elodea (Egeria densa e Elodea canadensis): plantas acuática presentes en cursos de auga e zonas encharcadas.

Zona 2.- Arredores da lagoa de San Pedro de Muro (lado N): identificación, eliminación e retirada de especies exóticas e invasoras das dunas fixas, rasa litoral e marxe N do vaso da lagoa. As especies obxectivo son, alén das anteriores:

Media_httpfarm6static_lkbjc

Herba da Pampa -Cortaderia selloana-: tamén son invasoras exóticas
-Herba da Pampa (Cortaderia selloana): gramínea sudamericana presente sobre as dunas grises (hábitat prioritario) e no bosque de ribeira da lagoa.
-Cana (Arundo donax): herbácea de grande porte moi frecuente en zonas dunares e terreos remexidos.
-Helichisum (Helichisum foetidum e H. Petiolare): compostas surafricanas moi
frecuentes en toda a costa.
-Ipomoea (Ipomoea indica): gabeadora presente en xonas remexidas.
-Pitas e chumbeiras (Agave americana e Opuntia maxima): comúns en zonas costeiras con forte infiltración e/ou drenaxe.

Zona 3.- Bosque de ribeira da lagoa de San Pedro de Muro (lado SE), ao longo do regato de Rial: identificación, eliminación e retirada de especies exóticas e invasoras do bosque de ribeira e canle fluvial. As especies obxectivo son, ademáis dalgunhas xa citadas:
-Bidens (Bidens frondosa e B. aurea): nas lamas das ribeiras. Importante retiralas
denantes da floración.
-Tintureira (Phytolacca americana): en zonas inundábeis e ribeiras.
-Tradescantia (Tradescantia fluminensis): en bosques umbríos ou de ribeira.
-Reynoutria (Reynoutria japonica): en chans húmidos e ribeiras.
-Calas ou cartuchos (Zantedeschia aethiopica): en humidais e matogueiras

Protocolos de actuación:

Os traballos realizaranse con voluntariado baixo a supervisión de persoal técnico cualificado de ADEGA e Proxecto Ríos. En todo momento seguiranse as condicións establecidas na autorización concedida pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Medio Rural) da Xunta de Galicia e seguindo os protocolos para a erradicación de especies alóctonas e invasoras.


-As intervencións realizaranse sempre con medios e ferramentas manuais.
-Non se utilizará maquinaria para os labores de extracción. Eventualmente, pode
precisarse transporte motorizado para a recollida e traslado dos especímenes extraídos. Circularase sempre por calzadas e pistas da rede local sempre por fóra do DPMT.
-Non se utilizarán herbicidas ou biocidas.
-As actuacións efectuaranse de xeito localizado e intensivo en pequenas áreas dentro das zonas sinaladas onde se localicen os exemplares a retirar e salvagardando a vexetación autóctona.
-Na medida do posíbel, os desplazamentos efectuaranse sempre por pistas, sendeiros ou pasarelas xa abertas evitando o pisoteo sobre hábitats sensíbeis (dunas cincentas, chairas de inundación...) e minimizando as interferenzas (ruidos, espantamentos) sobre a fauna.
-Recollerase todo o material biolóxico extraído e garantizarase un tratamento axeitado (inertización, compostaxe) por parte dun xestor autorizado de refugallos nas instalacións propias para tal fin. Asemade, retirarase todo o lixo antrópico presente nas zonas de actuación e trasladarase aos contentores axeitados.

Click here to download:
Memoria_actuacions_HUMIDAIS.pdf (257 KB)
(download)
Información e inscricións:

Proxecto Ríos – ADEGA

Vía



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   ecoloxía   parque natural  

Boiro: Verdegaia presenta o documental "Gran Superficie" este venres 17 no centro social

Boiro_gran_superficie

Boiro, 15 de decembro de 2010. O venres 17 de decembro Verdegaia vai presentar ás sete e media da tarde no Centro Social do Concello de Boiro o documental "Gran Superficie", de Ecologistas en Acción. A dita proxección invítase á cidadanía en xeral do Concello. Durante a proxección vaise debater e reflexionar sobre ás nosas actitudes e comportamentos fronte ao consumo, "especialmente nun Nadal en tempos de crise", explican dende esta organización ecoloxista.

Media_httpfarm2static_bbubz

"Interésanos particularmente a participación da xuventude e de aquelas persoas que teñan responsabilidade na educación como o profesorado ou as familias. Por este motivo, estamos a invitar expresamente ás ANPAs do Concello e aos centros de ensino. Queremos que o documental sirva para reflexionar sobre o impacto que a publicidade ten nas nosas vidas, a influencia das marcas no noso comportamento persoal ante as demais persoas, a importancia da educación no consumo e a súa influencia de cara a frear o consumismo, a posta en valor do consumo de proximidade, e mesmo da influencia do consumo na nosa (in)felicidade", aclaran. A entrada é de balde.

O documental consta de oito capítulos:

I. Publicidade

II. Estratexias

III. Alimentación e estética

IV. Educación

V. Consumo

VI. Grandes superficies

VII. Contorna

VIII Infelicidade



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Verdegaia   documental   ecoloxía  

Medio Ambiente: Barbanza e Noia non existen para os que miden a contaminación do aire en Galicia

Media_httpfarm4static_evcli

Parafraseando aquel anuncio de salvaslips: a que cheiran as nubes de Barbanza e Noia?

Barbanza-Noia, 10 de novembro de 2010. Ecologistas en Acción, co apoio de VerdeGaia en Galicia, vén de presentar o informe da calidade do aire en España. No que se refire aos datos de Galicia, varias zonas, entre elas Barbanza e Noia, non existen no informe, ben porque non teñan estacións, ben porque, aínda con estacións, a Xunta de Galicia non subministrou os datos.

¿Pedirá algún grupo político destas bisbarras que se arranxe esta eiva? ¿Ou non nos preocupa aos barbanceses e noieses saber o que respiramos? ¿Acaso non hai polígonos industriais nestas comarcas? ¿Temos todo en estado de revista? Xa nos gustaría que así fose, pero o único que temos, no que atinxe á calidade do aire, é falta de información. Se o 79% da poboación española respira aire contaminado, segundo os alarmantes datos deste estudo, non cremos que os veciños destas bisbarras sexamos uns privilexiados. Ou si? Reiteramos: non o sabemos.

Agardamos que a administración galega non opte pola mesma táctica que a madrileña.

Webs de referencia

http://www.ecologistasenaccion.org

http://verdegaia.org/

(download)

Click here to download:
pdf_Aire2009.pdf (884 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Verdegaia   ecoloxía   medio ambiente  

Boiro: os obradoiros sobre hortos urbanos serán en decembro e aínda hai prazas libres

Media_httpfarm5static_cbjhh

Que son os hortos urbanos?

Segundo o Concello de Boiro, queren ser unha "actividade destinada a persoas de todas as idades co fin de fomentar a participación da poboación na recuperación e mantemento dos hortos urbanos ecolóxicos creando unha alternativa de ocio que fomente o desenvolvemento sostible".

Faranse os días 2 3 4 5 e12 de decembro cun horario de 17:00-20:00 e o 13 e 20 10:00-14:00

Todos os interesados en apuntarse o curso poden facelo a través de:
Concello de boiro
tlf: 981844800
tlf fax:981844008
Centro social
tlf:981842635
Ou ben no facebook, aquí

Click here to download:
Hortos urbanos.pdf (1.75 MB)
(download)

O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro lembra que aínda quedan prazas libres para anotarse no “Obradoiro de Hortos Urbanos” que se desenvolverá os días 2, 3, 4, 5 e 12 de decembro. Os interesados poden anotarse a través dos medios que figuran no folleto superior.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   actividade Concello   ecoloxía  

Medio Ambiente: Dez preguntas básicas sobre a enerxía en Galicia, por Verdegaia

Media_httpfarm3static_uwrcl

A produción, a transformación e o consumo de enerxía son a principal causa de deterioración ambiental, tanto en Galicia como a nivel mundial. Convidámoste a ler as respostas actualizadas a algunhas cuestións básicas para entendermos mellor a realidade enerxética da nosa terra: cais son as fontes enerxéticas empregadas en Galicia?, somos un país excedentario en enerxía?, a electricidade xerada nos parques eólicos substitúe á electricidade sucia?, que custos dentro e alén das nosas fronteiras implica o modelo enerxético galego?, que propón Verdegaia para avanzarmos cara a un modelo enerxético sustentable?,...

1. Cales son as fontes enerxéticas empregadas en Galicia?

A enerxía primaria son os recursos enerxéticos empregados para un uso final  ou para a súa transformación noutra forma de enerxía (por exemplo, carbón ou vento para xerar electricidade). Segundo o Balanzo enerxético para o ano 2008 do Instituto Enerxético de Galicia -o último dispoñible- só o 13,2 % da enerxía primaria total é de orixe renovable (hidráulica, eólica, solar, biomasa e outros residuos de biomasa). Xa que logo, a maior parte da enerxía primaria procede de combustibles fósiles. O petróleo constitúe a principal fonte de enerxía,  fornecendo o 57,6% da enerxía primaria total. A achega do gas natural medrou moito nos últimos anos até chegar en 2008 a supor o 14,3% e superar así lixeiramente en importancia ao carbón, que agora é a terceira fonte, proporcionando o 14,1% da enerxía primaria.

O artigo enteiro en http://www.verdegaia.org/content/view/176/122/
Convén lelo para desmontar tópicos que temos arraigados na cachola (como que somos excedentarios en determinadas enerxías).



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   ecoloxía   enerxía solar   medio ambiente  

Medio Ambiente: Adega critica con dureza ao conselleiro Juárez pola súa intención de adaptar o Plan de Ordenación de Recursos Naturais (PORN) para "máis cemento e ladrillo" en Corrubedo

Media_httpfarm4static_ejdsh

Construcións abandonadas no parque natural

Ribeira, 31 de agosto de 2010. A asociación ecoloxista Adega emitiu onte un comunicado no que critica duramente ao actual conselleiro de Medio Ambiente, Samuel Juárez, polas súas declaracións e intencións sobre o parque natural de Corrubedo. Como é habitual en Certo, transcribimos de xeito íntegro o dito por Adega:

"As recentes declaracións do conseleiro de Medio Rural na súa visita ao Parque Natural de Corrubedo son algo máis que preocupantes: primeiro pola súa intención (aínda intención?!) de redactar un novo PORN (Plan de Ordenación de Recursos Naturais) consonte á Lei 42/2007 de Protección do Patrimonio Natural e a Biodiversidade; pero sobre todo pola súa pretensión de “adaptar” a normativa do parque á recente Lei do Solo 2/2010 coa intención de “satisfacer a importante demanda veciñal relacionada con cuestións construtivas na contorna do Parque”, para o que propón a redacción dun “plan especial urbanístico que defina en detalle o réxime de usos e que evite así o actual, lento e complicado trámite administrativo individualizado que debe seguir cada proposta urbanística”. Pois nada: no Ano Internacional da Biodiversidade, Juárez e García-Borregón receitan máis cemento e ladrillo para Corrubedo.

Non cabe dúbida de que o PORN de Corrubedo necesita dunha posta ao día para adaptalo á evolución que a normativa ambiental e de conservación ten experimentado dende 1992 (Directiva 92/43/CEE, Lei 9/2001 de Conservación da Natureza de Galiza, ou Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade), pero sobre todo para incorporar os novos coñecementos, máis detallados e rigorosos, sobre a súa biodiversidade, establecendo por exemplo, un corredor coa parte norte do LIC o que sen dúbida levaría ampliación do parque.

O que resulta sorprendente, eticamente escandaloso e legalmente inaceptábel é que todo un conselleiro de Conservación (as competencias están agora en Medio Rural) poida chegar a propoñer que o PORN dun espazo protexido teña que adaptarse ás disposicións do planexamento urbanístico. Para que entón unha declaración de parque natural se as súas directrices e obxectivos de conservación van quedar supeditadas aos intereses do cemento e do ladrillo? E isto é tanto máis sorprendente porque falamos dun parque natural cun medio físico extremadamente sensíbel e unha biodiversidade de hábitats e especies realmente únicos, en tan só 996 ha, das que boa parte son domino Público Marítimo Terrestre e 982 ha Humidal Protexido.

Unha proposta tan delirante é evidente que só pode vir de quen considera que a conservación da biodiversidade só obedece a razóns de estética política, para lucir no DOG e sen nada a ver coa supervivencia da vida e de nós mesmos sobre o planeta; ou de quen ademais, dende a súa prepotencia, non ten escrúpulos en descoñecer e “amañar” a legalidade vixente até onde faga falla para beneficio de amigos e especuladores do cemento e o ladrillo.

A respeito da necesidade de conservar a biodiversidade, cómpre recordarlle aos Sres. Juárez e García-Borregón, precisamente neste Ano Internacional da Biodiversidade, o que di o mesmo preámbulo do Convenio Internacional sobre biodiversidade (Rio de Janeiro, Xuño 1992): “a conservación e a utilización sustentábel da diversidade biolóxica tén unha importancia crítica para satisfacer as necesidades alimentarias, de saúde e doutra natureza da poboación mundial en crecemento”. De ningunha maneira, pois, pode ser tratada a biodiversidade coma un capricho estético para consumo de ecoloxistas.

E a respeito da prevalencia da conservación sobre o planexamento urbanístico, un Conselleiro con competencias en Conservación da Natureza debera saber que non son os Planos de Ordenación de Recursos Naturais (PORN) dos espazos protexidos os que teñen que someterse ao planeamento urbanístico, senón todo o contrario. Así o dispón a Directiva Hábitats da Unión Europea e así o teñen incorporado á legalidade estatal e autonómica, tanto a Lei 9/2001, de Conservación da Natureza de Galiza, como a Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade:  “Os Planos de Ordenación dos Recursos Naturais a que se refire esta Lei prevalecerán sobre calquer outro instrumento de ordenación territorial ou física, constituíndo as súas disposicións un límite para este e as súas determinacións non poderán alterar ou modificar aquelas e aplicaranse, en todo caso, prevalecendo sobre os instrumentos de ordenación preexistentes”. (Lei 9/2001. Artigo 6.3)

Media_httpfarm4static_ljfnn

2. Cando os instrumentos de ordenación territorial, urbanística, de recursos naturais e, en xeral, física existentes resulten contraditorios cos plans de ordenación dos recursos naturais deberán adaptarse a estes. Mentres esa adaptación non teña lugar, as determinacións dos plans de ordenación dos recursos naturais aplicaranse, en todo caso, prevalecendo sobre eses instrumentos.

3. Así mesmo, os plans de ordenación dos recursos naturais serán determinantes respecto de calquera outra actuación, plan ou programa sectorial, sen prexuízo do que dispoña ao respecto a lexislación autonómica. As actuacións, plans ou programas sectoriais só poderán contradicir ou non acoller o contido dos plans de ordenación dos recursos naturais por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, caso en que a decisión deberá motivarse e facerse pública.” (Lei 42/2007. Artigo 18)

Así pois, Sr. Conselleiro, non é o PORN do Parque Natural de Corrubedo o que ten que adaptarse ao planexamento de Ribeira, senón ao contrario, é este o que terá que adaptarse ás orientacións e disposicións daquel. Se estas non son as premisas e directrices da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, mellor é que renuncie ás competencias en materia de conservación: nada bo poden agardar os nosos espazos protexidos, a nosa Rede Natura, os nosos parques naturais, a nosa biodiversidade dun conselleiro que, con tais declaracións, non só amosa a súa pouca sensibilidade ambiental, senón descoñecer e carecer de vontade para aplicar a legalidade vixente.

De ningunha maneira, Sr. Conselleiro, podemos aceptar máis retrocesos na protección dos nosos espazos naturais; de ningunha maneira podemos aceptar que estes volvan a ser espazos para a especulación. Cando quedan apenas uns meses para presentar os Plans Especiais de Conservación da Rede Natura que esixe a Directiva Hábitats, é tempo xa de termos os Planos de Ordenación que os espazos protexidos necesitan para garantir a conservación da súa biodiversidade.

Os espazos naturais protexidos poden ser oportunidades de mellora na calidade de vida da poboación residente, se se acompañan dos seus específicos planos de compensacións, de indemnizacións e de desenvolvemento sustentábel, mais nunca poden supeditarse a outros intereses que non sexan os da preservación da súa biodiversidade e do noso patrimonio natural".

Información da Xunta da visita de Samuel Juárez o 26 de agosto:


Medio Rural traballa nun novo Plan de Ordenación dos Recursos de Corrubedo para actualizar este documento ás novas esixencias normativas derivadas das leis do Solo e de Patrimonio Natural

(download)
Ribeira, 26 de agosto de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, visitou en Ribeira o Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, acompañado polo director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo; o xefe provincial da Consellería nesta provincia, Enrique Luis de Salvador; e o alcalde da localidade, José Luis Torres.

No decurso da súa visita, Juárez anunciou a intención do seu departamento de redactar un novo Plan de Ordenación de Recursos Naturais, posto que o vixente, que data do ano 1992, ten unha difícil adaptación ao novo marco normativo derivado da Lei do Patrominio Natural (42/2007) e, sobre todo, da recente Lei do Solo (2/2010). Igualmente, o novo documento en redacción achegaría unha adaptación ás esixencias derivadas do novo marco normativo que regula a Rede Natura.

Asemade, e coa intención de satisfacer a importante demanda veciñal relacionada con cuestións construtivas na contorna do Parque, Juárez propuxo ao alcalde a redacción dun plan especial urbanístico que defina en detalle o réxime de usos, e que evite así o actual, lento e complicado trámite administrativo individualizado que debe seguir cada proposta urbanística da veciñanza. Arestora, cada proxecto orixina cadanseu informe vinculante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, o que retarda moito o trámite administrativo.

Convenio para o Vilar, única praia galega dentro dun parque natural


Aproveitando a visita ao Parque Natural, o conselleiro do Medio Rural e o alcalde de Ribeira asinaron un convenio de colaboración en materia de tarefas de vixilancia para a praia do Vilar. O importe aportado por Medio Rural é de 30.470 euros.

A praia do Vilar, única praia de toda Galicia situada dentro dun Parque Natural, caracterízase pola presenza de fortes correntes e por un elevado número de usuarios, estas dúas características demandan a necesidade de por en marcha un plan de protección especial, polo que se establece este marco de colaboración entre a Consellería e o Concello.

O Concello de Ribeira, a través da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira, realizará tarefas de vixilancia, controlando a afluencia de visitantes, percorrendo as zonas da praia e dunas nos horarios de máxima afluencia, informando de actividades alternativas e recollendo as suxerencias dos visitantes; entre outros labores. Medio Rural colaborará no mantemento dos valores ambientais en todo o Parque e manterá informado ao Concello das mellores prácticas de limpeza, así como de calquer outra actividade acontecida dentro do espazo protexido.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Corrubedo   Ribeira   ecoloxía   medio ambiente