Preme para voltar á portada
Filed under

Educación

 

Educación: Xuventudes Socialistas Galegas din que coa suba de taxas "queda unha universidade só para ricos"

  • As Xuventudes Socialistas denuncian que o PP "rachou co concepto de Educación pública" e lembran que "despois de aniquilar a educación primaria e a secundaria agora rematan coa educación universitaria co aumento indiscriminado de taxas"
  • “O aumento das taxas logo de rebaixar de forma brutal as bolsas universitarias supón que moitos estudantes terán que abandonar os seus estudos o ano que vén”
  • “Estamos ante as portas do que nos temíamos e levamos denunciando durante os últimos anos en Galicia: a privatización absoluta do ensino”, aseguran

Mariatorres
(download)

Barbanza e Noia, 20 de abril de 2012. As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) manifestaron onte, en rolda de prensa,  que o incremento de taxas universitarias anunciado polo Goberno de ata un 70% é "un mazazo insuperable para o estudantado". Para a organización xuvenil “non poden ser os estudantes e as súas familias o que paguen a crise, algo que sucederá co recorte masivo do orzamento educativo e o incremento das taxas, xa que o único que se consigue con iso é que só accedan á educación as persoas con rendas máis altas”.

Segundo María Torres, secretaria xeral das XSG, “o aumento das taxas logo de rebaixar de forma brutal as bolsas universitarias supón que moitos estudantes terán que abandonar os seus estudos o ano que ven”, ademáis “as xeracións futuras estarán obrigadas a renunciar a cursar ensinanzas universitarias se non poden pagalas”, engadíu.

Así, as XSG manifestáronse en contra da subida das taxas universitarias e advertiron ao Goberno de que “non imos permitir que a Universidade se convirta nunha institución elitista onde só teñen cabida os que se poden permitila economicamente”.

A xuízo de Torres, “nunha situación de crise como a actual o goberno tería que incrementar os orzamentos en materia educativa e apostar pola calidade do ensino en lugar de aniquilar a educación pública”

Juan Jesús Sánchez, secretario de Educación e Universidades das XSG, denunciou que “a baixada do 21,9% nos orzamentos xerais do estado, a supresión masiva das bolsas universitarias e agora o aumento das taxas sitúannos ante as portas do que nos temíamos e levamos denunciando durante os últimos anos en Galicia, a privatización absoluta do ensino”. A subida de taxas universitarias, engadíu, “supón que os alumnos que ata hoxe pagaban 1.000 euros ao ano, deberán elevar a súa contribución un 50% sobre o custo total”, “os mesmos alumnos que, en moitos casos, xa non poderán contar co sistema de bolsas do ano pasado”. Ademáis, o “novo sistema penalizará aos alumnos que suspendan e teñan que volver a matricularse, que poden chegar a pagar o 100% da praza, uns 6.000 euros aproximadamente”.
 

Feijóo, precursor dos recortes de Wert

A organización xuvenil do PSdeG-PSOE denuncia, ademais,  que "estamos ante a morte directa da Educación Pública" e lembran que a destrucción educativa comezou primeiro na educación galega: aumentando o cociente de alumnos por aula, suprimindo a escolarización de 0 a 3 anos, aumentando as horas lectivas por profesor, retirando as axudas de alumnado con necesidades educativas especiais e as asfixiando os orzamentos das universidades galegas da man de Feijóo, entroutas. “Galicia é o laboratorio dos recortes do PP”, comentou Sánchez, quen tamén acusou ó Goberno de Feijoó de “aprobar e aplaudir os recortes educativos propostos polo Goberno de Rajoy”

Por último, as Xuventudes Socialistas, consideran que “estas decisións do PP van provocar xeracións perdidas por falta de formación e escaseza de oportunidades” e aseguran que “é un novo mazazo ao Estado do Benestar”

Máis info en www.xuventudessocialistas.org



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   Xuventudes Socialistas   recortes  

Educación: Iniciativa Estudantil Galega tacha de "ataque brutal" a suba das taxas do goberno do PP

  • Juan Jesús Sánchez, coordinador de IESGA: “a suba de taxas universitarias proposta por Wert é inceptable e supón a privatización da universidade pública, ademais de eliminar a posibilidade de acceder á Universidade a miles de estudantes”
  • “Chegou o momento de que os estudantes planten cara ao maior ataque en educación da historia” , din dende esta asociación estudantil

Juan-jesus-sanchez-iesga-1024x
JJ Sánchez


Barbanza-Noia, 20 de abril de 2012. A suba de taxas de matrícula universitaria exposta hoxe polo Ministro de Educación, é, para a organización estudantil IESGA,  “brutal e inxustificable” e “obriga ao estudantado en moitos casos a ter que abandonar a carreira”. Para a organización, “estas medidas son un retroceso na educación pública e nos dereitos estudantís”. A organización de  estudantes progresistas considera que “esta suba das taxas universitarias, sumada á brutal diminución das bolsas e aos graves recortes aplicados en Educación, eliminará a posibilidade de acceder á Universidade a miles de estudantes o vindeiro curso”

Dende Iniciativa Estudiantil Galega manifestan o seu desacordo con esta suba que consideran “non só abusiva, senón tamén manifestamente inxusta para o estudantado”.

Para Juan Jesús Sánchez, coordinador de IESGA, “todas estas medidas na universidade atacan á igualdade de oportunidades dos estudantes”. “É inxustificable subir as taxas universitarias mentres se reducen as bolsas indiscriminadamente”, comentou,

Sánchez, lembra ademáis que “desde IESGA defendemos a educación pública como dereito e non como o privilexio daqueles que se poden permitir pagalo”. Por outra banda, denuncia que “ este incremento das taxas de matrícula universitaria non vai parello o incremento de bolsas, senón a un recorte brutal nas axudas ó estudo”. “As taxas de matrícula non se establecen en función da renda anual, senón que son iguais para todos, polo que terá que pagar o mesmo unha persoa de baixos ingresos que alguén con moitos recursos económicos”, explicou.

(download)

A Organización denuncia que as medidas de Wert son o comezo dun camiño a unha universidade de élite, á que só poderán acceder ou permanecer nela aqueles que dispoñen de maiores posibilidades económicas. Sánchez advertíu que “chegou o momento de que os estudantes planten cara ao maior ataque en educación da historia” e aseguran que haberá mobilizacións en vindeiras datas.

Máis info: www.iesga.es






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   recortes  

Educación: un 80% de participación na folga estudantil deste xoves 19 de abril, segundo os convocantes

  • As organizacións convocantes cifran en máis do 80% o seguimento da folga estudantil convocada hoxe no ensino medio para exixir a Feijóo que “pare nos seus ataques contra o galego” 
  • Destacan o paro como un “xesto de responsabilidade” do alumnado co futuro da nosa lingua propia e pídenlle ao presidente da Xunta que “escoite a contudente mensaxe” que hoxe lle enviaron “ducias de aulas baleiras” 
  • Sara Seco, responsábel nacional das Mocidades da Mesa: “A pesar de que a TVG nos censure e a Xunta queira facer como que non existimos, a de hoxe foi unha nova 'xornada histórica' en defensa do dereito a aprender e a estudar en galego”

Barbanza e Noia, 19 de abril de 2012.- As organizacións convocantes da folga estudantil de hoxe so o lema “Paremos os ataques contra o galego” consideran o paro “un éxito”, falan de “folga masiva” na práctica totalidade da xeografía do país e dan os “parabéns” a todo o alumnado que hoxe secundou a xornada reivindicativa demostrando “comprimiso e responsabilidade” co futuro da lingua propia de Galiza.

Segundo os datos que ao longo da mañá foron recollendo A Mesa pola Normalización Lingüística e a súa sección xuvenil, a Mocidade pola Normalización Lingüística; os Comités; a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes, é posíbel falar dun seguimento mesmo superior ao 80% entre o colectivo do alumnado chamado á folga: 2º ciclo da ESO, bacharelatos e ciclos formativos, tanto de grao medio como superior.

Cun apoio á convocatoria que mesmo en moitos centros chegou ao 100%, as organizacións convocantes salientan que esta estea a ser unha folga “secundada por igual” na práctica totalidade de Galiza, sen grandes diferenzas xeográficas. De feito, a repercusión foi desde primeira hora da mañá “moi significativa” en moitos institutos das sete cidades, especialmente en Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense ou Ferrol, porén tamén en moitas vilas pequenas e medianas.

As entidades convocantes da folga estudantil sinalan que esta tamén foi unha xornada reivindicativa secundada “sen grandes diferenzas” en función da etapa educativa, pois os datos falan dun seguimento “moi elevado” tanto no 2º ciclo da ESO como nos cursos de Bacharelato ou nos ciclos formativos. Cómpre sinalar que, na maioría dos casos, os datos achegados polos equipos directivos dos centros adoitan incluír no cómputo o alumnado do 1º ciclo da ESO, que non estaba chamado a secundar a folga.

A convocatoria de paro de hoxe, que tamén contou co apoio das organizacións xuvenís Galiza Nova, área de Mocidade de Esquerda Unida e Mocidade Nacionalista Galega (MNG), non incluíu no inicio concentracións ou outras accións reivindicativas na rúa. Porén, nalgúns casos organizáronse pequenos actos simbólicos “en defensa do dereito a aprender e a estudar en galego” nas entradas dalgúns institutos. Tal foi o caso en localidades tan dispares como Vigo ou A Fonsagrada.

Aínda que moitas das aulas dos centros de ensino medio de Galiza permaneceron desertas durante toda a mañá, as organizacións convocantes sinalan que redes sociais como twitter foron un auténtico ”fervedoiro” de mencións de apoio á convocatoria a través do uso do hashtag #19Aestudantespologalego, a inmensa maioría provenientes de estudantes en folga, mais tamén de persoas doutras idades que non quixeron perder a ocasión de solidarizarse co estudantado que hoxe se mobilizou masivamente.

Conxugar "escoitar"

A Mesa e as súas Mocidades, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes pídenlle a Alberto Núñez Feijóo e ao seu goberno que “conxuguen o verbo escoitar” e que “tomen nota da clara mensaxe” que hoxe lles foi trasladada “en forma de ducias de aulas baleiras”.

Onte publicamos:

  • A multitude de apoios recibidos e a boa acollida das asembleas e repartos informativos nos centros de ensino así o auguran
  • As organizacións convocantes da xornada reivindicativa no ensino medio medio chaman ao estudantado a “parar” mañá as aulas como mostra de “compromiso” e “responsabilidade” co futuro da lingua
  • Máis de 20.000 estudantes seguen os eventos relacionados coa folga creados en redes sociais como tuenti e seguen a aumentar as mencións ao #19Aestudantespologalego en twitter

 

(download)

Barbanza e Noia, 18 de abril de 2012.- A folga estudantil en defensa do galego que está chamado a secundar todo o alumnado de 2º ciclo de secundaria, bacharelatos e ciclos formativos de grao medio e superior de Galiza continúa a sumar apoios e adhesións a menos de 24 horas do seu inicio.

 

Se a pasada semana confirmaban o seu apoio á convocatoria a organización xuvenil Galiza Nova, a área de Mocidade de Esquerda Unida e a Mocidade Nacionalista Galega (MNG), cando faltan xa horas para a folga multiplícanse os apoios individuais e colectivos, de xuntas de delegadas/os do alumnado de centros de ensino medio de todas as comarcas galegas ou mesmo de asembleas organizadas polo propio estudantado en apoio ao paro.

 

As organizacións convocantes da xornada de folga que terá lugar esta quinta feira (xoves) 19 de abril: A Mesa pola Normalización Lingüística e a súa sección xuvenil, a Mocidade pola Normalización Lingüística; os Comités; a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes continuaron na mañá de hoxe a informar nos propios centros de ensino medio das razóns do paro reivindicativo por medio de repartos e asembleas informativas que, segundo explican, “están a ter, polo xeral, unha extraordinaria acollida” por parte do estudantado.

 

Hoxe mesmo realizáronse de novo repartos simultáneos nas portas de varios institutos nas sete principais cidades galegas, como xa acontera tamén a pasada terza feira (martes). Paralelamente, en moitos centros de secundaria e FP as xuntas de delegadas/os xa fixeron chegar a súa adhesión á convocatoria. “É, sen dúbida, un bo indicativo de que o paro vai ter un respaldo masivo na maioría dos centros e en todas as etapas chamadas a o secundar”,  explica Sara Seco, responsábel nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística.

 

Outro “bo térmometro” do impacto da convocatoria é, segundo indican as organizacións convocantes, o apoio “tremendo” que está a chegar á folga do día 19 a través das redes sociais; a primeira folga estudantil en defensa da lingua na que, de feito, se empregan estas “novas” ferramentas de difusión social.

Os apoios son especialmente numerosos en tuenti, rede social empregada moi maioritariamente pola xente nova, onde os distintos eventos sobre a folga suman xa máis de 20.000 apoios. Tamén se contan por centos os apoios recibidos a través de facebook e as mencións diarias á convocatoria a través de twitter, mediante o hashtag #19Aestudantespologalego, cuxo uso vai en aumento a medida que se achega o inicio da xornada reivindicativa de mañá.

As organizacións convocantes, así como as apoiantes, chaman a todo o estudantado de ensino medio a secundar a folga de mañá como un “xesto de compromiso e responsabilidade co futuro do galego”; compromiso e responsabilidade que, aseguran, “é o que lle falta ao goberno galego, ao conselleiro de Educación e Cultura e ao propio presidente Núñez Feijóo cando atacan a nosa lingua”.

“Chamamos á folga con independencia de cal sexa a lingua que se use no día a día”, indicou Sara Seco. “Do que se trata”, en opinión da dirixente das Mocidades da Mesa, “é reivindicar que siga a avanzar e non esmoreza unha lingua que é de todas e de todos nós”.



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   Lingua galega   Normalización   folga  

Ribeira: a consellería de Educación asegura que o ceip de Olveira funcionará xa con normalidade esta semana

  • As alumnas e alumnos do centro ribeirense volverán ás aulas mañá tras as vacacións de Semana Santa, logo de que se estean a rematar os traballos de acondicionamento do centro tras a fuga de auga producida

  • A estrutura do colexio non foi afectada polo escape, polo que só será necesario substituír o mobiliario auxiliar ao que chegou a auga

Ribeira_colexio_olveira
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, na visita ao colexio

Ribeira, 9 de abril de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria garante o normal desenvolvemento das clases no CEIP de Olveira, a cuxas aulas regresarán mañá os estudantes tras as vacacións de Semana Santa. Así o explicaron o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; e o xefe territorial da Consellería na provincia da Coruña, Indalecio Cabana; que se achegaron hoxe -acompañados polo alcalde, Manuel Ruiz- a este centro para coordinar os traballos de acondicionamento que se están a realizar no centro tras a fuga de auga producida.

Neste sentido, os representantes da Consellería explicaron que a estrutura do centro non foi afectada polo escape, polo que só é preciso substituír nos vindeiros días o mobiliario auxiliar que foi alcanzado pola auga; uns traballos que se realizarán polas tardes, para non interferir na actividade lectiva. Neste momento, e desde que se tivo coñecemento da avaría, empresas contratadas polo departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad están a finalizar os traballos de limpeza do colexio, así como os de comprobación do illamento do sistema eléctrico e de acondicionamento dos servizos de auga, co fin de que estean preparados para o seu uso na xornada lectiva de mañá, tal e como se informou ás familias das alumnas e alumnos.

Cómpre sinalar, tal e como explicaron o director xeral e o xefe territorial aos representantes da comunidade educativa do CEIP de Olveira, que a Consellería traballou desde o primeiro momento no que se coñeceu a fuga para que esta avaría non producise interferencias no funcionamento do centro, en especial no desenvolvemento das clases. Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia amosa o seu compromiso co benestar do conxunto da comunidade educativa, en particular do seu alumnado, que non verá afectado a súa actividade lectiva por mor dos traballos de acondicionamento do mobiliario que se desenvolvan nos próximos días.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   Olveira   Ribeira   ceip  

Ribeira: o instituto Leliadoura, escollido para elaborar o Informe PISA 2012 que avalía aos estudantes españois

  • Alumnas e alumnos terán as probas entre o 10 de abril e o 21 de maio (alá van as vacacións de Semana Santa)
Media_httpfarm3static_bbfdy

Alumnado do Leliadoura nunha saída ás Illas Cíes o curso pasado

Ribeira, 22 de marzo de 2012. Segundo informa no seu blog o mesmo instituto, este ano o IES Leliadoura foi seleccionado para formar parte da mostra do estudo PISA 2012. As datas de celebración das probas será entre o 10 de abril e o 21 de maio.

O Programa Internacional de Avaliación de Alumnos (PISA) é un estudo internacional de avaliación educativa coordinado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Na edición deste ano 2012 participan case 70 países.

Este programa avalía de xeito regular os resultados educativos dos alumnos e alumnas de 15 anos en lectura, matemáticas e ciencias. O obxectivo é obter de maneira sistemática e continua datos sobre o rendemento académico do alumnado que proporcionarán un perfil de coñecementos, destrezas e competencias dos estudantes de cada país, xunto con outras informacións de contexto demográfico e socioeconómico.

Máis información:





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   IES Leliadoura   Ribeira  

Ribeira: publicado no Boletín Oficial da Provincia o regulamento do Consello Escolar Municipal


Páxina do BOP completa, aquí

Aprobación definitiva Regulamento do Consello Escolar Municipal de Ribeira

O Pleno desta Corporación en sesión celebrada o 28 de novembro de 2011 acordou aprobar inicialmente o REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR DE RIBEIRA, de conformidade co procedemento establecido no artigo 49 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e someter o expediente a información pública e audiencia ós interesados polo prazo de trinta días (hábiles) para a presentación de suxerencias e reclamacións.

De conformidade co establecido no artigo 65.2 en relación co 70.2, ámbolos dous da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o expediente de referencia quedou sometido a información pública e audiencia ós interesados polo prazo de trinta días (hábiles) contados a partir do seguinte da súa publicación (BOP nº 244 de 26.12.11) para a presentación de alegacións. Transcorrido o antedito prazo e presentadas alegacións que foron resoltas polo Pleno desta Corporación en sesión extraordinaria celebrada na data 7 de febreiro de 2012, na que foi definitivamente aprobado o texto definitivo, se procede a publicación íntegra do REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR DE RIBEIRA, para a súa entrada en vigor:

“CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE RIVEIRA

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A educación é un dereito universal, tal e como recolle a Constitución Española de 1978 no seu Art. 27. 1 “Todos teñen el dereito á educación. Recoñécese a liberdade de ensinanza.” E a seguir indica no Art. 27. 5 a responsabilidade que sobre os poderes públicos recae ao respecto, “Os poderes públicos garanten o dereito de todos á educación, mediante unha programación xeral do ensino, con participación efectiva de todos os sectores afectados e a creación de centros docentes.”

O Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril) recolle no seu Art. 31 que “É da competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.”

A Lei 7/1985 de bases de réxime local define a función e competencias do concello no Art. 25. 2. “O Municipio exercerá, en todo caso, competencias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias:” Así mesmo defíneas no eido educativo no Art. 25. 2. n “Participar na programación do ensino e cooperar coa Administración educativa na creación, construción e sostemento dos centros docentes públicos, intervir nos seus órganos de xestión e participar na vixilancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria.”

En cumprimento do desenvolvemento das competencias outorgadas polo Estatuto de autonomía de Galicia, o Parlamento de Galicia aprobou o 18 de decembro de 1986 a Lei 3/1986 de consellos escolares de Galicia (DOG, 26/12/86). Nos seus parágrafos primeiro e segundo recolle que “A presente Lei ten por obxecto desenvolver no ámbito da Comunidade Autónoma o dereito constitucional á participación na programación xeral do ensino. Para tal efecto créase o Consello Escolar de Galicia como un foro de reflexión, expresión e achega de ideas dos representantes de todos os sectores sociais que, a través do exercicio das funcións que a presente Lei lle atribúe ao Consello Escolar de Galicia, permitirá que as competencias que o Estatuto de Autonomía lle recoñece ao poder galego se vexan enriquecidas pola contribución institucionalizada no noso pobo.”

“Pretende a Lei facer operativo o principio de participación, no convencemento de que o sistema educativo galego, alicerce fundamental da nosa identidade, verá incrementar a súa eficacia e calidade unha vez acadada a súa total democratización. Este obxectivo só se pode acadar incorporando a presenza creativa de todos os sectores sociais na definición e posterior aplicación dos grandes aliñamentos da política educativa de Galicia.”

No Título III, Art. 15.1. da Lei 3/1986 de consellos escolares de Galicia defínense os “Consellos escolares municipais son os organismos de consulta e participación dos sectores afectados na programación do ensino non universitario no ámbito municipal.”

En desenvolvemento da antedita Lei de consellos escolares de Galicia apróbase o Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia, os consellos escolares territoriais e municipais. (DOG, 11/03/88). “Os consellos escolares municipais están concibidos como pezas básicas e fundamentais para unha eficaz instrumentalización da participación da comunidade escolar. Así, cos consellos escolares municipais procúrase a máis ampla participación social, e subliñase a representatividade dos protagonistas directos da acción educativa para asegurar a fluidez de comunicación cos consellos escolares de centros e acadar, por outra banda, un alto nivel de interlocución co poder municipal.”

O antedito Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, no Art. 31 determina “1. Nos concellos de máis de 25.000 habitantes o Consello Escolar municipal terá a seguinte composición: 1.1. O alcalde ou membro da Corporación en que delegue, que será o presidente. 1.2. Dez profesores dos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia propostos por sindicatos ou asociacións profesionais proporcionalmente á representación obtida nas eleccións sindicais do sector docente, no municipio, distribuídos da seguinte forma: 1.2.1. Seis do ensino público. 1.2.2. Catro do ensino privado. 1.3. Seis pais de alumnos propostos pola federación de asociacións de pais de alumnos. 1.4. Catro alumnos elixidos polos representantes dos alumnos en Consellos Escolares dos centros existentes no municipio. 1.5. Dez membros elixidos segundo o que dispoña a Corporación municipal, de acordo co establecido no artigo 16.1.b) da Lei do Parlamento de Galicia 3/1986, do 18 de decembro. 2. Se no municipio non houbese centros privados, o número de profesores pasará a incrementar o número de representantes do ensino público.”

No Concello de Riveira ante a perspectiva da creación do Consello Escolar Municipal de Riveira (CEMR), e tendo en conta o carácter participativo “foro de reflexión, expresión e achega de ideas dos representantes de todos os sectores sociais” tal e como recolle a Lei 3/1986 de consellos escolares de Galicia iniciáronse os contactos cos representantes da comunidade escolar (representantes de ANPAs e representantes da dirección dos centros de ensino de Riveira) co obxectivo de informar dos pasos que se seguirían para a posta en marcha do CEMR e para que lle desen a coñecer, dentro dos propios consellos escolares de cada centro, os obxectivos, funcións e composición do citado consello.

Artigo 1.- Constitución.

O Consello Escolar Municipal de Riveira (CEMR) constitúese como órgano de consulta e participación dos sectores afectados na programación do ensino non universitario e na planificación dos centros escolares no seu ámbito municipal.

En todo o referido ao seu funcionamento aterase ao disposto nas presentes normas, á lexislación vixente en cada momento que lle sexa de aplicación e ao que acorde a Corporación Municipal nas súas competencias.

Artigo 2.- Finalidades.

As finalidades do CEMR serán as de estudo, asesoramento e emisión de propostas á Corporación Municipal e á Administración Educativa sobre todos os aspectos do ensino non universitario que incidan na nosa poboación, buscando a máxima participación de todos os cidadáns, entidades e organismos interesados no feito educativo.

Artigo 3.- Funcións.

O CEMR é un órgano de participación para a planificación e intervención educativa non universitaria que desenvolve as funcións que lle son propias de asesoramento, consulta, propostas e información nas seguintes cuestións:

a) Convenios e acordos de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou calquera outra administración pública, que afecten ao ensino dentro do ámbito municipal.

b) Actuacións e normas municipais que afecten aos servizos educativos complementarios e extraescolares con incidencia no funcionamento dos centros docentes, tales como transporte escolar, comedores, servizos de limpeza e conservación, e persoal non docente dependente do Concello de Riveira.

c) Actuacións e normas municipais que afecten ou que favorezan a ocupación real das prazas escolares coa finalidade de mellorar o rendemento educativo e, no seu caso, facer efectiva a obrigatoriedade do ensino.

d) Localización dos centros docentes dentro da demarcación municipal.

e) Prioridade nos programas e actuacións municipais que afecten á conservación, vixilancia e mantemento axeitado dos centros docentes, de acordo coas competencias que a lexislación outorgue aos concellos en cada momento.

f) Fomento de actividades que tendan a mellorar a calidade educativa, especialmente no que respecta á adaptación da programación ao medio.

g) Competencias educativas que afecten ao ensino non universitario e que a lexislación lle outorgue aos municipios.

h) Uso de centros de ensino público en horario non lectivo para a realización de actividades educativas para a comunidade.

i) Calquera outro asunto que pola súa importancia para a vida escolar do concello, lle sexa consultado.

l) Na programación de investimentos en materia educativa.

Artigo 4.- Competencias.

A Administración educativa e a Corporación Municipal deberán consultar co CEMR as cuestións que estean establecidas legalmente, e este poderá elevar informes ou propostas para o mellor funcionamento do sistema educativo.

O Consello elaborará, ao finalizar o curso escolar, un informe sobre o estado do ensino no municipio de Riveira, que lle enviará á Corporación Municipal e á Administración educativa.

A Corporación municipal deberá someter á consideración do Consello cantas cuestións estime pertinentes.

Artigo 5.- Composición.

O Consello Escolar Municipal de Riveira está constituído por :

- O alcalde ou a alcaldesa do concello, ou calquera membro da corporación en quen delegue, que será o presidente ou presidenta.

- 10 persoas do corpo docente do ensino non universitario, dos que 6 serán do ensino público e 4 do ensino privado; todos eles propostos polos sindicatos ou asociacións profesionais, segundo a representatividade obtida nas eleccións sindicais do municipio.

- 6 pais ou nais de alumnos ou alumnas propostos polas federacións ou polas asociacións de pais e nais de alumnos (ANPAs) .

- 4 alumnos ou alumnas elixidos polos representantes do alumnado dos consellos escolares do municipio.

- 10 membros elixidos segundo o que dispoña a Corporación municipal, de acordo co establecido no artigo 16.1.b) da Lei do Parlamento de Galicia 3/1986, do 18 de decembro.

- 1 representante da administración educativa designado polo Delegado ou Delegada Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 6. Renovación dos membros do Consello Escolar Municipal de Riveira.

A renovación dos membros do consello farase en función da forma en que foran promovidos a el.

Os conselleiros que o sexan en virtude da representación que teñan, perderán a condición de tales no momento de cesaren como representantes dos seus colectivos ou no momento en que as súas organizacións perdan a representatividade que lles permitiu nomealos.

Os alumnos cesarán como conselleiros no momento en que se convoquen eleccións aos seus postos por se ter constituídos novos Consellos escolares nos centros.

Cando se constitúa unha nova Corporación municipal cesarán os dez conselleiros elixidos por disposicións emanadas da anterior Corporación.

Artigo 7. Organización.

Os órganos do Consello Escolar Municipal de Riveira son o Pleno, a Comisión permanente e as Comisións de traballo.

Artigo 8. O/a Presidente/a.

1.- A presidencia do Consello Escolar municipal recae no alcalde ou na alcaldesa da Corporación ou no concelleiro ou concelleira en quen delegue.

2.- Correspóndelle ao presidente:

a) Representar o Consello Escolar municipal

b) Convocar e presidir as sesións e moderar os debates do Pleno e das Comisións

c) Establecer a orde do día das sesións

d) Velar polo cumprimento dos acordos tomados nas reunións do Consello

e) Dirimir, con voto de calidade as votacións nos casos de empate.

Artigo 9.- O/a secretario/a e técnico/a asesor/a en educación

1.- O Pleno e a Comisión permanente do Consello Escolar municipal contarán cun secretario/a e asesor/a en educación.

2.- O secretario e o asesor en educación do Consello Escolar municipal serán técnicos ao servizo da Corporación Municipal

3.- Son funcións do secretario/a:

a) Asistir con voz pero sen voto ás reunións do Pleno e da Comisión Permanente

b) Levantar acta das sesións

c) Expedir certificacións dos actos e acordos do Consello, coa conformidade do presidente

d) Custodiar as actas das sesións

e) A tramitación administrativa dos expedientes derivados dos acordos plenarios

f) Tramitar as convocatorias coa correspondente orde do día, por orde do seu presidente

g) Preparar a documentación necesaria para os membros do Consello

h) Calquera outra función relativa a funcións xenéricas de Secretaría, que lle encomende o Consello Escolar municipal.

4.- Son funcións do asesor/a en educación:

a) Asistir con voz pero sen voto ás reunións do Pleno e da Comisión Permanente e aquelas comisións de traballo nas que se requira a súa presenza.

b) Asesoramento, documentación e achega de propostas.

Artigo 10.- O Pleno.

O Pleno é o órgano de decisión e formación da vontade do Consello Escolar Municipal de Riveira. Estará integrado por todos os membros do mesmo, baixo a dirección do seu presidente e asistido polo secretario/a e un técnico/a en educación ao servizo da Corporación Municipal.

Para a constitución inicial do Pleno será necesario que asistan polo menos os 2/3 dos membros que o compoñen. De non acadarse o quórum establecido, procederase a unha nova convocatoria no prazo de sete días, requiríndose neste suposto a asistencia da maioría absoluta dos seus membros.

Son competencias do Pleno:

a) Debater e aprobar os informes e ditames referidos nos artigos 3 e 4 deste regulamento.

b) Elixir os membros da Comisión Permanente.

c) Ratificar os Presidentes da cada unha das Comisións de Traballo.

d) Aprobar a creación das Comisións de Traballo.

e) Aprobar a memoria anual de actuación.

f) Aprobar o informe anual sobre a situación do ensino non universitario no municipio

Artigo 11.- A Comisión Permanente

1.- A Comisión permanente estará composta por:

a) O presidente do Consello.

b) O representante da administración educativa

c) Tres profesores dos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario propostos por sindicatos ou asociacións profesionais elixidos de entre os dez profesores membros do Consello Escolar, por eles mesmos

d) Dous pais/nais de alumnos/as elixidos de entre os seis membros do Consello Escolar, por eles mesmos

e) Un conselleiro pertencente ao grupo de alumnos elixido por eles mesmos e de entre os seus integrantes

f) Tres conselleiros elixidos de entre os membros elixidos segundo o que dispoña a corporación municipal

2.- O secretario do Consello Escolar Municipal o será tamén da Comisión permanente.

3.- Á Comisión permanente correspóndenlle as seguintes funcións:

- A elaboración da proposta do informe anual sobre o estado do ensino no municipio, que se someterá á aprobación do Pleno

- Propoñer a convocatoria das reunións do Pleno con carácter extraordinario

- Coordinar, no seu caso, os estudos das comisións de traballo constituídas

- Elaborar as propostas para a súa elevación ao Pleno

- Propoñer a asistencia ao pleno de técnicos, expertos ou asesores externos.

- Elaborar ou, no seu caso, efectuar o seguimento dos ditames, estudos ou informes que deba remitir o Consello que se someterán á aprobación plenaria

Artigo 12.- As comisións de traballo.

1.- Poderán constituírse comisións de traballo, fixándose na súa creación o seu cometido, a súa duración e os seus compoñentes, asegurando a representación nas mesmas de todos os sectores.

2.-En cada comisión de traballo haberá un/unha presidente/a, secretario/a e cando menos tres (3) vogais.

-O presidente da Comisión será elixido no seu seo, e ratificado polo Pleno do CEMR. Será membro da Comisión Permanente e portavoz da Comisión diante do Pleno.

-O secretario da Comisión, que será designado polo Presidente desa comisión, levantará acta de cada unha das reunións e a orde do día de cada unha delas.

Artigo 13.- Funcionamento do Pleno

1.- As sesións do Pleno do Consello poderán ser ordinarias ou extraordinarias

2.- O Pleno reunirase en sesión ordinaria unha vez cada 3 meses, sendo a primeira ao comezo do curso escolar e a última ao remate do mesmo.

3.- Reunirase con carácter extraordinario a iniciativa do presidente ou cando o solicite unha cuarta parte dos seus compoñentes ou a proposta da Comisión permanente.

Artigo 14.- Funcionamento da Comisión permanente

1.- A Comisión permanente reunirase cantas veces sexan necesarias para entender dos asuntos da súa competencia e, en todo caso, con carácter previo á celebración do Pleno do Consello Escolar Municipal.

2.- A Comisión permanente tamén se reunirá cando o solicite un terzo dos seus membros.

Artigo 15.- Convocatoria das reunións.

As convocatorias do Pleno e da Comisión permanente efectuaranse polo presidente e se remitirá aos compoñentes dos ditos órganos con, polo menos, sete días hábiles de antelación.

A convocatoria conterá a Orde do Día e a data, hora e lugar da súa celebración. A documentación específica sobre os asuntos a tratar estará a disposición dos compoñentes do órgano na Secretaría do Consello.

Así mesmo, a convocatoria que conterá a Orde do Día e a data, hora e lugar da súa celebración poderá serlle notificada aos membros que formen parte do Pleno e da Comisión permanente mediante comunicación por correo electrónico se é que manifestaran previamente tal medio como o cauce elexido para tal notificación e co cumprimento dos requisitos legalmente esixidos para quedar debidamente acreditada a súa práctica. Dita convocatoría poderá facerse pública a través da correspondente páxina web habilitada ao efecto.

Artigo 16.- Celebración.

As sesións do Pleno e da Comisión permanente celebraranse en primeira convocatoria, sempre que concorra a maioría absoluta dos seus membros e, en segunda, media hora despois da anunciada, se asisten polo menos o presidente, o secretario e un terzo dos seus membros.

Se unha vez comezada a reunión, a abandonase algún dos seus membros, poderá continuarse sempre que se manteña o quórum previsto para a segunda convocatoria.

Artigo 17.- Deliberación.

1.- O presidente abrirá, suspenderá e levantará as reunións.

2.- O presidente dirixirá os debates, velará polo mantemento da orde da sesión, concederá ou retirará o uso da palabra na orde en que se pida e porá a votación os asuntos obxecto de debate e proclamará os resultados.

Artigo 18.- Acordos.

1.- Os acordos adoptaranse por maioría dos votos dos membros presentes, dirimindo o presidente os empates mediante o seu voto de calidade.

2.- O voto é persoal e indelegable.

Artigo 19.- Votacións

As votacións faranse a man alzada, levantado primeiro a man quen estean a favor, despois quen estean en contra e finalmente os que se absteñan.

Artigo 20.- Actas.

1.- De cada reunión levantarase unha acta na que deberá figurar as seguintes mencións:

- Lugar da reunión

- Data e hora de comezo

- Asistentes á sesión, membros que escusan a súa asistencia e dos membros que falten sen causa

- Carácter ordinario ou extraordinario da sesión e se esta se celebra en primeira ou segunda convocatoria

- Asistencia do secretario

- Asuntos que se examinan, opinións sintetizadas dos membros que interviñeron

-Votacións que se verifiquen, facendo constar os votos afirmativos ou negativos e as abstencións

- Acordos adoptados

- Hora en que se levante a sesión

2.- Cando non se celebre a reunión por calquera motivo, o/a secretario/a suplirá a acta cunha dilixencia autorizada coa súa sinatura e co visto e prace do presidente, na que se farán constar as causas da súa non celebración e, no seu caso, o nome dos concorrentes e dos que escusaran a súa non asistencia.

3.- As actas someteranse a aprobación na seguinte sesión.

4.- As actas quedarán baixo a custodia do secretario/a.

5.- Unha copia da acta remitiranse aos membros que forman parte do Pleno e da Comisión permanente por correo electrónico se é que manifestaran previamente tal medio como o cauce elexido para tal notificación, e farase pública a través da páxina web habilitada ao efecto.

Disposición adicional primeira.- Para o non regulado na presente norma serán de aplicación as disposicións da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no RD 2568/1986, do 28 de novembro, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Disposición final.- O presente Regulamento entrará en vigor nos termos regulados no artigo 70 da vixente Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.”

Dentro do prazo do mes seguinte ao da entrada en vigor deste Regulamento, as organizacións, institucións e entidades competentes, proporán ao alcalde o nomeamento dos seus representantes no Consello. Para estes efectos a Alcaldía notificará aos colectivos mencionados co obxecto de que no prazo indicado propoñan mediante escrito o titular e suplente que lles corresponda

Contra o mesmo poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ribeira, 9 de febreiro de 2012

O Alcalde

Manuel Ruiz Rivas

 

Antes, en Certo, sobre o mesmo:


foto

Ribeira: bo ambiente na reunión entre Concello e directores de centros para formar o Consello Escolar

Posted via email from certo.posterous.com/ribeira-bo-ambiente-na-reunion-entre-...


foto

Ribeira: Anpas e Concello reuníronse para crear o Consello Escolar local

Posted via email from certo.posterous.com/ribeira-anpas-e-concello-reunironse-p...

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   Ribeira  

Ribeira: o CEIP de Frións acorda ter xornada única dende o vindeiro curso

  • Clara maioría a favor desta xornada única (66 votos contra 9)

Media_httpfarm6static_tlgwd

Ribeira, 17 de febreiro de 2012. No CEIP Plurilingüe de Frións, sendo as 19:17 horas do 17 de febreiro de 2012, levántase acta do resultado das votacións no sector de nais/pais/titores/as legais para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá no CEIP Plurilingüe de Frións, cos seguintes resultados:

Número de electores/as  103
Número de votantes      75
Votos afirmativos para implantar a xornada única        66
Votos negativos para a implantación da xornada única    9
Votos nulos     0
Votos en blanco 0

O punto 4 da Orde do 29 de maio de 2008 establece como requisito para a implantación da xornada única o acordo favorable do 58% do total do censo das nais/pais/titores/as legais do alumnado.
Dacordo con este punto, a maioría do censo das nais/pais ou titores legais do alumnado do CEIP Plurilingüe de Frións sería 59 votos afirmativos. "Así pois, e segundo os resultados da votación, 66 votos a favor, obtense  maioría suficiente para a implantación da xornada única", conclúe o director deste colexio, Luís Teira Parada, que proporcionou esta información.

Pode que tamén lle interese:


Entroido 2012: programación prevista


Viaxe á neve: do 24 ao 26 de febreiro. 135 euros. Anótate!


Gala do Deporte: é o 24 de febreiro. Xa se saben os candidatos



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   Frións   Ribeira   ceip  

Boiro: presentados os últimos números da Revista Galega de Educación

A REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN CUMPRE 25 ANOS

P1020400

§               A publicación foi presentada en Boiro este xoves 16 de febreiro, nun acto organizado por Nova Escola Galega e celebrado no Centro Social.

§               A RGE, editada por NOVA ESCOLA GALEGA, celebra a efeméride co seu número 50, recompilatorio do seu cuarto de século de vida.

§               Con dúas épocas diferenciadas, a Revista Galega de Educación segue cumprindo o seu papel como publicación independente que pula pola consecución dun sistema educativo galego, público, laico e democrático.

§               Trátase, cando os medios de comunicación galegos viven un momento crítico, dunha publicación especializada caracterizada pola súa independencia e pluralidade.

§               De xeito practicamente paralelo ao seu número 50, conmemorativo do seu aniversario, acaba de ver a luz o número 51, que ten como tema central os xoguetes tradicionais.

§               O patrimonio lúdico galego é abordado no número 51 da publicación desde diferentes ópticas, e conta coa colaboración de especialistas bretóns, aragoneses, cataláns, valencianos e portugueses, ademais dos galegos.

 

P1020402

 

Boiro, 17 de febreiro de 2012.  A REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN, publicación editada polo Movemento de Renovación Pedagóxica NOVA ESCOLA GALEGA, acaba de cumprir os seus primeiros 25 anos de vida. Para conmemoralo, a RGE vén de editar o seu número 50, un número recompilatorio do seu primeiro cuarto de século de existencia. Nel pode atoparse un baleirado dos artigos incluídos nos corenta e nove números precedentes, actualizando deste xeito os recursos que a propia publicación ofrece aos profesionais da educación. Paralelamente, o número conmemorativo inclúe unha pequena antoloxía de traballos publicados no seu día e que conservan toda a súa actualidade.

De maneira practicamente simultánea, a RGE acaba de sacar á rúa o seu número 51, centrado na súa parte monográfica nos xoguetes tradicionais e a na súa utilidade educativa nos tempos de hoxe. No número inclúense colaboracións de especialistas galegos do talle de Xosé López e Xosé Manuel García (coordinadores do monográfico e investigadores recoñecidos sobre a materia) ou de Antón Cortizas, pero tamén de especialistas bretóns, portugueses, valencianos, cataláns e aragoneses. O número sae á luz xustamente nun momento no que as iniciativas de recuperación do patrimonio lúdico galego son numerosas, por unha parte, e razoablemente vigorosas, por outra, consonte co que está sucedendo na contorna europea próxima.

P1020406

Boiro foi escollido como lugar dentro dunha rolda de actos de presentacións que se van desenvolver por todo Galicia e que se van anunciando na páxina web da asociación: www.nova-escola-galega.org, onde tamén aparece toda a información sobre a publicación.

No acto interviñeron Susana Couso, membra do secretariado nacional de Nova Escola Galega, Paco Veiga, tamén membro do secretariado e do Consello de Redacción da revista e Manuel González, membro do Consello de Redacción.

Web de referencia: www.nova-escola-galega.org

Pode que tamén lle interese:


 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Educación   revista  

Boiro: este xoves 16 preséntanse os últimos números da Revista Galega de Educación

Image001

Boiro, 14 de febreiro de 2012. A presentación dos números 50 e 51 da Revista Galega de Educación terá lugar o vindeiro xoves, 16 de febreiro, no salón de actos do Centro Social de Boiro, ás sete da tarde.

O 50 é un número especial, no que se celebran os 25 anos de vida desta revista e no que se tratan os diferentes cambios que houbo no eido da Educación baixo o título “25 anos de RGE”. O nº 51 leva o título de “Os xoguetes tradicionais” e, como o seu propio nome indica, achéganos un pouco máis ao noso patrimonio lúdico.

Máis info: www.nova-escola-galega.org

E o venres 17, tamén en Boiro:

Cartel-recital-guitarra-724x1024








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Educación   presentación libro  

Noia: a casa da cultura acolle o luns 13 de febreiro unha conferencia sobre educación

Noia_conferencia_educacin

 

Noia, 10 de febreiro de 2012. O próximo luns, 13 de febreiro, ás 19:00 horas,  terá lugar na Casa da Cultura de Noia a conferencia Límites en la educación a cargo de Beatriz Janin (psicoanalista, investigadora e autora).

A conferencia está organizada por AGAPSI (Asociación Galega de Psicoanálise) e a coordinadora é Janeth Pombo Ruiz.

A charla forma parte dos actos de presentación de Beatriz Janin en Galicia, a cal tamén está a presentar o seu libro "El sufrimiento psíquico en los niños", nun acto á parte que terá lugar en Santiago de Compostela.


Máis información en http://asociaciongallegadepsicoanalisis.com







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   Noia   conferencia  

Ribeira: a comunidade educativa do IES Leliadoura maniféstase este martes 20 en defensa do Ensino Público

Ribeira, 19 de Nadal de 2011. Mañá martes, día 20 de decembro de 2011, de 11:15 a 11:45 horas, terá lugar unha manifestación arredor do IES Leliadoura pola defensa do Ensino Público.

Trátase dunha medida acordada por unanimidade polo Consello Escolar do centro, que no seu momento xa informou ao Subdelegado do Goberno da provincia de A Coruña para solicitar o devandito permiso.

Media_httpwwweduxunta_lqfgq

Non cubren prazas

O obxecto da concentración é a defensa da Educación Pública e demandar da Consellería de Educación que se cubra a praza do profesor/a de Pedagoxía Terapéutica, e o profesorado necesario (2 como mínimo) para cubrir a atencións ao alumnado con dificultades (apoio), gardas de rede (mantemento de ordenadores), gardas custodias de transporte, biblioteca, desdobres para atención do alumnado nos laboratorios de Física e Química e Bioloxía, ...

Como medida de seguridade establecerase un servizo de orde, convenientemente identificado, integrado por persoas do Instituto.

Web do instituto: iesleliadoura.com


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   IES Leliadoura   Ribeira   manifestación  

Educación: CIG Ensino denuncia a supresión ás agochadas de departamentos de orientación máis de medio cento de colexios

  • Nestas bisbarras, eliminan tres en Boiro, outros tantos en Porto do Son, un en Rianxo, dous en Muros e outro en Outes

Colexio_brea_segade_de_rianxo
Un dos afectados é o colexio Brea Segade de Taragoña, segundo CIG-Ensino

Barbanza-Noia, 30 de novembro de 2011. Segundo informa hoxe o sindicato nacionalista CIG-Ensino, a consellería de Educación non recolle 53 vacantes de departamentos de orientación propostas polas Xefaturas territoriais e informadas favorabelmente pola inspección, na convocatoria de concurso de traslados. Así se constata na convocatoria publicada no DOG do 29 de novembro, do “concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación”.

Na Mesa Sectorial de 24 de outubro, na que se tratou esta orde de convocatoria, a CIG-Ensino xa reclamara que se fixese pública a rede de orientación e que se desen a coñecer todas as vacantes, esixindo que se convocasen todas as prazas existentes e as resultas que se puidesen producir. A Consellaría, con carácter previo á publicación do concurso, non informou nin negociou as vacantes que se convocarían.

Ao día de hoxe, están sen negociar as vacantes nas Xuntas de Persoal, o que é preceptivo na convocatoria do concurso de traslados. Porén, “temos as propostas das Xefaturas territoriais de Educación, propostas elaboradas de acordo cos informes das inspeccións. Nestas propostas figuran 90 vacantes do Departamento de Orientación, mais a Consellaría soamente recolle no anexo das vacantes que se convocan para o concurso, 47 das 90, eliminando 53 prazas necesarias, que están en funcionamento, e onde hoxe realizan as súas funcións os docentes sen destino definitivo. Todas elas son prazas que atenden 12 ou máis unidades educativas”, afirma a CIG-Ensino.

Este feito, entenden, é unha “conculcación do dereito á negociación das vacantes que nos corresponde como organización sindical e é a supresión encuberta de 53 postos de traballo que están en funcionamento desde hai tempo”.

Por este motivo,  a CIG-Ensino esixiu por escrito que a Consellaría de Educación realice unha corrección de erros que inclúa todas as vacantes presentadas nas Xefaturas territoriais, vacantes que son reais e que foron informadas favorabelmente pola inspección.

Relación de vacantes de Orientación propostas polas Delegacións que non figuran no Anexo II (prazas que se cubrirán no concurso de orientación) nin no anexo III (resultas que se poidan producir):

1.      Baiona 36000247 CPI de Cova Terreña

2.      Bueu 36000375 CEIP da Torre--Cela

3.      Estrada (A) 36002773 CEIP do Foxo

4.      Forcarei 36003111 CEIP Nosa Señora das Dores

5.      Ponteareas 36016942 CEIP de Santiago de Oliveira

6.      Ribadumia 36007813 CPI Julia Becerra Malvar

7.      Rosal (O) 36024173 CRA María Zambrano

8.      Salceda de Caselas 36024318 CRA Raiña Aragonta

9.      Salvaterra de Miño 36014738 CEIP de Leirado

10.  Silleda 36009032 CEIP de Bandeira

11.  Vigo 36010733 CEE Saladino Cortizo

12.  Vigo 36010241 CEIP Illas Cíes

13.  Vigo 36010472 CEIP Ría de Vigo

14.  Vigo 36010009 CEIP Virxe do Rocío

15.  Vila de Cruces 36012183 CEIP Nosa Señora da

16.  CEE Infanta Elena Monforte de Lemos 1 D. Orientación

17.  CEIP Pobra de Brollón Pobra de Broll6n l D. Orientación

18.  CEIP de Quiroga Quiroga l D. Orientaci6n

19.  Ames 15026637 CEIP de Barouta

20.  Boiro 15027149 CEIP de Cespón

21.  Boiro 15001367 CEIP Plurilingüe de Abanqueiro

22.  Boiro 15023341 CEIP Santa María do Castro

23.  Camariñas 15002086 CEIP de Ponte do Porto

24.  Camariñas 15002050 CEIP O Areal

25.  Carballo 15024896 CEIP de Nétoma-Razo

26.  Carballo 15027393 CEIP Xesús San Luís Romero

27.  Carballo 15032251 CRA Ponte da Pedra

28.  Carnota 15002761 CEIP de Carnota

29.  Coruña (A) 15005038 CEIP de Prácticas

30.  Coruña (A) 15020568 CEIP Labaca

31.  Coruña (A) 15004745 CEIP Plurilingüe Anxo da Garda

32.  Coruña (A) 15005361 CEIP Rosalía de Castro

33.  Coruña (A) 15021548 CEIP Sal Lence

34.  Coruña (A) 15021792 CEIP Salgado Torres

35.  Coruña (A) 15005701 CEIP San Pedro de Visma

36.  Ferrol 15026960 CEIP de Ponzos

37.  Fisterra 15007242 CEIP Mar de Fóra

38.  Malpica de Bergantiños CEIP Joaquín Rodríguez Otero

39.  Malpica de Bergantiños CEIP Milladoiro

40.  Melide 15023910 CEIP Martagona

41.  Muros 15024951 CEIP de Louro

42.  Muros 15009810 CEIP Ricardo Tobío

43.  Muxía 15024239 CEIP dos Muíños

44.  Narón 15019499 CEIP de Piñeiros

45.  Outes 15012225 CEIP Emilio Navasqüés

46.  Pontes de Garcí Rodríguez CEIP Santa María

47.  Porto do Son 15025062 CEIP de Portosín

48.  Porto do Son 15013977 CEIP Santa Irene

49.  Porto do Son 15025542 CEIP Xuño

50.  Rianxo 15023430 CEP Xosé María Brea Segade

51.  Rois 15014799 CEIP de Pumar-Urdilde

52.  Teo 15026169 CRA de Teo

53.  Vimianzo 15026789 CEIP Baíñas



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   recortes