Preme para voltar á portada
Filed under

emprego

 

Ribeira: o xoves 31 de maio, xornada informativa sobre empresas de inserción laboral

  •  O 2 de xuño haberá a mesma charla en Rianxo

Media_httparousanorte_bxezb

Ribeira, 15 de maio de 2012.- A Aula Multimedia (paseo do Malecón de Santa Uxía) vai ser escenario o xoves día 31 de maio dunha xornada de promoción das empresas de inserción laboral.

Organizada pola Mancomunidade Arousa Norte, esta acción pretende informar aos asistentes sobre este modelo de empresa e vai dirixida en especial aos seguintes colectivos:

        Técnicos e membros da directiva de Asociacións, Ongs.

        Técnicos de servizos sociais, de xuventude, de emprego e   orientadores laborais dos concellos.

        Orientadores laborais de centros integrados de formación profesional, de formación ocupacional e do Servizo Galego de Colocación.

        Persoas en situación ou en risco de exclusión social.

        Emprendedores.

        Calquera persoa con interese.

A xornada terá lugar de 16 a 20 horas. Ten carácter gratuíto. Os interesados poden inscribirse na oficina de desenvolvemento local do Concello (Casa do Concello, 1ª planta. Tel.: 981835417) ou na Mancomunidade de municipios Arousa Norte (Concello de Boiro)

Na seguinte ligazón pódese atopar máis información ao respecto: http://arousanortemprego.wordpress.com/xornadas-sobre-a-e-i-l/




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   Ribeira   charla informativa   emprego   empresas  

Ribeira: están a escoller tres técnicos para atender as oficinas de turismo no verán

Ribeira, 2 de maio de 2012.- O Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe, 2 de maio, recolle un anuncio polo que se informa a convocatoria de proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres técnicos para a atención das oficinas municipais de turismo situadas en Ribeira.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia que se presentará no Rexistro Xeral da Corporación durante un prazo de dez días naturais, que se iniciará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.

O obxecto da convocatoria é a contratación dos tres técnicos indicados por un proceso de selección de oposición libre para a atención das oficinas turísticas por un período de tres meses coincidentes co período estival: dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro.

Entre os requisitos necesarios para poder aspirar a unha das tres prazas, figura a de ter cumpridos os 16 anos de idade e estar en posesión do Título académico de Formación Profesional de Ciclo Superior de “Información e Comercialización Turísticas”, “Animación Turística” ou “Axencias de Viaxes”. Tamén serán admitidos os diplomados ou licenciados en Turismo e licenciados universitarios na rama de Humanidades.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   emprego   turismo  

Política: Converxencia XXI, tamén decepcionada ante a recente reforma laboral

Media_httpfarm3static_fqiae

Barbanza, 18 de febreiro de 2012. Converxencia XXI posicionouse en nota de prensa sobre a recente reforma laboral aprobada polo goberno do PP con axuda dos conservadores cataláns de CIU. Velaquí a nota íntegra:

"A situación do mercado laboral español é crítica. O alarmante aumento do desemprego e a elevada precariedade laboral -que se ceba especialmente entre os mais desfavorecidos e que está a levar xa a moitos á dolorosa decisión da emigración- son os seus penosos síntomas. Desde Converxencia XXI sempre temos solicitado unha actuación decidida por parte do goberno que permita poñer couto a esta sangría.

O goberno do Partido Popular obtivo recentemente nas urnas o respaldo dos electores para levar adiante unha acción de goberno que sente as bases da recuperación económica e que permita que todos os segmentos sociais se beneficien dunha prosperidade recobrada. Lamentabelmente, as decisións que ata o momento está a tomar o goberno dos Sr. Rajoy están defraudando a confianza que o electorado puxo no Partido Popular nas pasadas eleccións xerais. Primeiro foi unha traizoeira suba de impostos que castiga sobre todo as clases medias e agora chega unha insatisfactoria reforma laboral.

Desde Converxencia XXI consideramos a reforma laboral decepcionante por varios motivos:

1.      A reforma laboral non serve para reducir significativamente a dualidade do noso mercado de traballo, no que un terzo dos empregados está sometido á presión de pésimos contratos temporais e que, o que aínda é peor, carece de expectativas de estabilidade no emprego. Neste sentido a reforma non fai nada para reducir a panoplia contractual que padece o mercado laboral español. A reforma non só non reduce o actual abano de contratos, mais aínda introduce algún mais. Desde Converxencia XXI avogamos pola simplificación do menú de contratos e, en particular, pola introdución dun contrato indefinido único con custos de despido crecentes coa antigüidade como xeito de fomentar a contratación indefinida.

2.      Na actual reforma laboral obviase completamente a introdución do chamado sistema austríaco consistente na creación dun fondo de capitalización individual que acompaña ao traballador ao longo da súa vida. A introdución deste fondo estaba xa prevista na reforma laboral do 2010. Desde Converxencia XXI avogamos pola paulatina introdución deste fondo de capitalización como xeito de favorecer a mobilidade dos traballadores -e consecuentemente a afectación eficiente do factor traballo- e de evitar problemas de liquidez ás empresas que confronten necesidades de despedimento.

3.      A reforma laboral insiste na política, manifestamente fracasada, de subvencións á contratación introducindo unha serie de bonificacións fiscais para a contratación de certos grupos de traballadores. Ademais, segue a permitir o uso do FOGASA para subsidiar despedimentos. A política das subvencións conduce a ineficiencias, corrupción e agravios comparativos, ademais de supor un lastre para unhas finanzas públicas xa de por si deterioradas.

4.      A reforma laboral non inclúe un elemento chave que é un críbel plan de choque para fomentar a formación e reincorporación dos desempregados ao mercado laboral, mais aínda, a errada política de subvencións retrae recursos desta tarefa.  Debemos ter en conta que mais da metade dos desempregados españois apenas teñen estudos básicos e que só nunha mínima parte das colocacións intermedian os servizos públicos de emprego. Debemos ligar a protección por desemprego á reinserción laboral e á procura efectiva de traballo. Temos que mellorar a eficacia das políticas activas de emprego reorientándoas aos desempregados de longa duración e á xente nova con baixo nivel de estudos. Debemos fomentar a participación das axencias privadas na intermediación e formación laboral avaliando rigorosamente os seus resultados e  facendo depender a súa remuneración do seu suceso.

5.      A reforma presumibelmente non vai reducir os custos de transacción asociados ás mudanzas no emprego, que non benefician nin a empresarios nin a traballadores e que implican moi a miúdo pesados procedementos xudiciais e administrativos. Desde Converxencia XXI avogamos por unha simplificación da lexislación e dos procesos administrativos en materia laboral co fin de reducir custos laborais innecesarios e de reducir a incerteza nas relacións laborais, aspectos ambos que lastran a contratación indefinida.

En definitiva, esta non é a reforma laboral que os precarios e os desempregados agardaban e tanto necesitaban. Certamente, non todo é negativo na reforma. Realízase unha certa homologación dos custos de despedimento nos novos contratos cos países do noso entorno, o cal a medio prazo ha ter unha certa incidencia positiva na contratación e reducirá, aínda que insuficientemente, a temporalidade. Tamén se avanza na flexibilidade interna, na descentralización da negociación colectiva e na redución da ultraactividade, aspectos tan necesarios para que as empresas podan adaptarse a condicións cambiantes e así podan manter os empregos, evitando que o mercado de traballo español reaccione agudamente vía cantidades xerando un enorme stock de desempregados tan pronto como o ritmo de crecemento económico se desacelera. Porén, precarios e desempregados teñen aínda que manter a esperanza. Mais tal vez xa se lles estea esgotando".






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Converxencia XXI   emprego   política  

Política: o Psoe propón á Xunta un plan de emprego para reactivar a economía da Barbanza

  • Os socialistas desta bisbarra valoran como "moi grave" a situación de desemprego nesta zona ao superarse os dez mil desempregados
  • Piden dinamizar os polígonos industriais da comarca (Rianxo, Pobra, Ribeira, Noia e Muros) con naves modulares en aluguer para emprendedores e bonificacións e estímulos económicos aos pequenos e medianos empresarios
  • Denuncian que o macropolígono comarcal do Barbanza está paralizado dende a chegada de Feijóo

Media_httpfarm4static_edyhf

Boiro, 9 de xaneiro de 2012.-O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, reuniuse o pasado sábado cos portavoces municipais e secretarios locais do PSdeG-PSOE da comarca barbanzana para abordar a “grave situación de desemprego que están sufrindo os concellos do Barbanza, ao superar a cifra de 10.000 desempregados”.

Os socialistas do Barbanza ven a cifra de 10.000 desempregados no conxunto do Barbanza "como unha proba da magnitude da crise económica”.

Lage Tuñas apunta “son datos moi negativos. Precísanse respostas e o goberno galego terá tamén que explicar que fixo nestos tres anos de lexislatura, dado que teñen competencias en materia de emprego, con dúas consellerías,na que unha ten fondos para adicar ás políticas activas de emprego e outra, a de industria, conta con instrumentos poderosos como o IGAPE que é preciso saber que fixeron neste tempo”.

Lage_tuas-ano_2011-tribuna_do_
Lage Tuñas no Parlamento

”Os socialistas do Barbanza propoñemos que a Xunta de Galicia aprobe un plan de emprego para a reactivación económica da comarca do Barbanza para os anos 2012 e 2013”, explicou Lage Tuñas.

Os dirixentes socialistas advirten que “ata o de agora Feijóo fuxía das súas responsabilidades pero debe respostar das súas competencias para dinamizar a economía”.  Os socialistas do Barbanza ven que ”o IGAPE está paralizado e non atende as demandas dos emprendedores da comarca do Barbanza. Imos pedirlle contas ao goberno galego, teñen competencias en materia de emprego e non sabemos que fixeron nestos tres anos que levan gobernando”.

Lage Tuñas entende que “a Xunta debe explicar a política de incentivos e estímulos económicos” dirixida a fomentar o dinamismo económico e interesarase novamente “polas axudas concedidas a emprendedores e pequenas e medianas empresas do Barbanza para a xeración de riqueza e emprego na bisbarra”.

”Non podemos quedar de brazos cruzados, nin resignarnos a ver como a actividade económica se sigue ralentizando e cada vez hai máis desempregados. A Xunta ten competencias en materia de emprego e cabe pedir un esforzo, máis imaxinación e menos resignación”, argumentou.

Macropolígono paralizado

O deputado socialista destacou que “os socialistas barbanzanos estamos fondamente preocupados porque o Macropolígono Empresarial do Barbanza está paralizado, dende o ano 2009 a Xunta non fixo ningunha xestión, na práctica o proxecto está conxelado”.

“O Partido Popular ten que explicar a razón pola cal o goberno galego non fixo nada nestes 3 anos. Existe demanda de solo industrial en Ribeira e Pobra e a Xunta non dá respostas, non acelera a tramitación e execución do macropolígono empresarial do Barbanza”.

Naves modulares en aluguer nos polígonos

Os socialistas do Barbanza “piden dinamizar os polígonos industriais de Rianxo, Pobra, Ribeira, Noia e Muros, con naves modulares en aluguer para emprendedores e bonificacións e estímulos económicos aos pequenos e medianos empresarios”.

“Non só se trata de ter solo industrial senón tamén que precisamos unha liña clara de axudas aos emprendedores para que poidan instalarse nos polígonos e iso é o que propoñemos e esperamos que se acolla ben a nosa proposta”, explicou Lage Tuñas.

Posición constructiva no Parlamento

"Non é unha crítica demagóxica, é un exercicio de responsabilidade dende a oposición parlamentaria, de querer saber, de preguntarlle a quen ten competencias que foi o que fixo ata o de agora, e de saber como se gastaron os recursos públicos en materia de industria, emprego, incentivos económicos, etc. A situación do desemprego do Barbanza é grave e precisamos respostas”, sinala Lage, quen vai interesarse novamente no Parlamento polas políticas que leva aplicado o goberno Feijóo para dinamizar a economía na comarca do Barbanza.

Os socialistas barbanzanos demandan do goberno galego “unha clara politica de incentivos e estímulos económicos” dirixida a fomentar o dinamismo económico e emprego na bisbarra”.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   Lage Tuñas   emprego   política  

Ribeira: convocadas tres prazas de policía local

Media_httpfarm7static_bphvr

Ribeira incorporou este verán pasado unha unidade ciclista na súa policía local

Ribeira, 1 de decembro de 2011. O Concello informa de que no BOE de hoxe sae publicado un anuncio correspondente á convocatoria promovida polo Executivo para prover tres prazas na Policía Local.

Convócanse dúas prazas de oposición polo procedemento ordinario e unha de concurso-oposición polo procedemento extraordinario, ao abeiro do disposto nos artigos 20 a 24 e disposición transitoria terceira do Decreto 243/2008, de 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia e anexos I e VI da Orde de 28 de xaneiro de 2009.

As bases que rexen esta convocatoria están publicadas integramente no BOP de A Coruña con data 14 de novembro de 2011. 

20 días de prazo

As solicitudes para tomar parte nos procesos selectivos faranse mediante instancia que se presentará  durante o prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio no BOE, é dicir, a partir de mañá venres. 

O modelo oficial das instancias estarán a disposición de todos os interesados, ademais das oficinas do rexistro municipal, no sitio web oficial do Concello (www.riveira.com).



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   emprego   policía local  

Rianxo: cursos en outubro para emprendedores e interesados en formar cooperativas

  • O vindeiro martes 11 comeza o curso de formación para a posta en marcha dunha cooperativa.

Media_httpfarm5static_bciov

Datas: 11, 13, 14, 18, 19, 20 e 21 de Outubro.
Horario: 16:00 a 21:00 horas.
Lugar: Centro Sociocultural-Auditorio
Contidos:
Sesión 1.- Análise da idea cooperativa
                    - Orixe da idea de empresa: análise interna, análise externa
                    - Maduración da idea de empresa
                    - Avaliación da idea de empresa
Sesión 2 e 3.- Marketing e Comercialización
                    - Instrumentos de marketing
                    - Segmentación de mercado
                    - Marketing mix
                    - Comercialización
Sesión 4 e 5.- Aspectos económicos e financieiros
                   - Investimento de empresa
                   - Financiamento da empresa: propio e alleo
                   - Conta de resultados
                   - Tesourería
                   - Instrumentos de financiamento e técnicas de negociación bancaria.
Sesión 6 e 7.- Aspectos Xurídicos e Legais
                   - Análise da fórmula cooperativa
                   - Trámites de constitución e posta en marcha
                   - Directorio e liñas de axuda ao emprendemento


Unha vez rematado o curso haberá 5 titorías-mesas de traballo para aquelas persoas que queiran unha orientación e asesoramento máis especifíco.


Máis información e inscrición:
Servizos Sociais (crta. de Tanxil, 12)
Teléfono: 981860061
Correo-e: servizos.sociais@concelloderianxo.es

Click here to download:
Rianxo Emprende.pdf (237 KB)
(download)

Rianxo, 23 de setembro de 2011. Segundo informa o Concello de Rianxo, o vindeiro mes de outubro realizaranse cursos de formación gratuítos no ámbito da creación de empresas.

Os cursos serán os seguintes:
- Motivación emprendedora: 5, 6 e 7 de outubro
- Formación para a posta en marcha dunha cooperativa: 10, 11, 13, 14, 17, 18 e 19 de Outubro

Máis información:
Servizos Sociais
Tlfn: 981860061
correo-e: servizos.sociais@concelloderianxo.es



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   cursos   emprego   empresas  

Rianxo: preselecionan a un orientador laboral

Media_httpfarm3static_jhwma

Rianxo, 27 de setembro de 2011. O Concello de Rianxo convoca unha praza de Orientador/a Laboral (contratación laboral temporal) para o programa: Información, orientación e búsqueda de emprego.

Bases e solicitudes no Rexistro Xeral e na páxina web do Concello.
Prazo: tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación.

Web do Concello de Rianxo: http://portelo.rianxo.com

Pode que tamén lle interese:


Cursos: para emprendedores e cooperativistas, en outubro


Festas da Guadalupe: todas as fotos, por Óscar Reboiras



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   emprego  

Ribeira: seleccionan desempregados para curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio

A data da escolla será este venres 10 de xuño

Media_httpfarm6static_fjapj

Ribeira, 6 de xuño de 2011. O Concello informa da celebración dun Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio que, con 618 horas de duración, está dirixido a persoas en situación de desemprego. 

O venres 10 de xuño terá lugar a selección de alumnos nas Aulas de Formación da Rúa Cristobal Colón, s/n (fronte ao tanatorio). Como requisitos para asistir, cómpre ser persoa desempregada, estar apuntado na Oficina de Emprego e ter uns estudos mínimos de ESO ou equivalente e certificado de CELGA 2 ou iniciación de galego. 

As persoas interesadas en participar como alumnos neste curso deben presentarse no lugar antes indicado ás 09.00 horas (deben traer a súa titulación académica e o certificado do nivel de galego).  

Para máis información, poñerse en contacto coa Oficina de Desenvolvemento Local (Casa do Concello, 1ª planta. Tel.: 981 83 54 17).



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   cursos   emprego  

Boiro: inaugurado o viveiro de empresas e centro de formación da Espiñeira

(download)
Boiro, 11 de marzo de 2011. O delegado do Goberno, Antón Louro, acudiu esta mañá a Boiro para a inauguración oficial do viveiro de empresas e centro de formación ubicados no polígono da Espiñeira.

Antón Louro salientou que esta actuación conlevou o único galardón para un municipio galego para Boiro como "Ciudad de la Ciencia y la Innovación", e valorou a aposta do equipo de goberno (Bng e Psoe) polo "fomento do emprego, a formación e a competitividade". No seu discurso o delegado lembrou que para construír o viveiro de empresas empregáronse Fondos Locais do Goberno de España (1.371.882 euros), que xestionou o Ministerio de Política Territorial. Construír o edificio supuxo case un millón de euros do primeiro Fondo Estatal de Inversión Local (Feil) do 2009, aos que houbo que engadir 378.000 euros da segunda fase, que se financiou dende o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade (FEESL) do 2010. Ambos fondos permitiron levar adiante nove proxectos en Boiro e contratar a 139 persoas cun orzamento que superou os 5,4 millóns de euros. Entre outras obras e servizos, fixéronse:
                       
- Nave industrial para obradoiros e almacéns de oficio dos servizos municipais.
- Nave destinada a centro de formación e viveiro.
- Proxecto para dotacións deportivas, aparcadoiros e outros usos.
- Segunda fase centro formación e viveiro.
- Segunda fase dotacións deportivas e aparcadoiro.
- Pistas polideportivas descubertas en Barraña.
- Alumeado da zona deportiva.
- Adecuación e mellora do edificio municipal para Emerxencias.

Nota de prensa da Deputación:

Boiro estrea o seu novo Viveiro de empresas e Centro de Formación

O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, participou esta mañá no acto inaugural do Centro de Formación, Escola de Hostelería e Viveiro de Empresas do concello boirense, un acto que contou tamén coa asistencia do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro Goyanes; o sudirector de gestión económica do Ministerio de Ciencia y Tecnología, José María Álvarez Pérez, o alcalde de Boiro, Xosé Deira, o teniente alcalde, Juan Jesús Ares, e a concelleira de emprego da localidade, Dores Torrado, ademáis de veciños e membros da corporación local boirense.

Fernández Moreda destacou no seu discurso “a importancia do capital humano” para o desenvolvemento económico do país e fixo un chamamento á “colaboración” entre institucións para enfrontar o problema do paro, “o principal problema que temos, e do que todos somos responsables”, advertiu.

“Xa non vale dicir que a culpa é do outro. Temos que aportar o que poidamos, cada un dentro das súas competencias, e canto máis tardemos en darnos conta, máis tardaremos en poñer solucións” a este problema, afirmou Fernández Moreda, que considerou que o edificio inaugurado hoxe, que supón un investimento global de máis de 2 millóns de euros achegados polo Goberno de España, a Deputación da Coruña e o Concello de Boiro, supón un bó exemplo da necesaria cooperación entre administracións para facer fronte ao desemprego.

Fernández Moreda destacou a importancia de construir un centro destas características no momento actual, xa que contribuirá á formación das persoas, facilitando a súa inserción laboral, e ofrecerá, ao mesmo tempo, a posibilidade de comezar un proxecto empresarial no viveiro de empresas.

Neste sentido, o presidente provincial recordou que a Deputación xa financia viveiros empresariais en colaboración coas Cámaras de Comercio de Santiago, Ferrol e A Coruña e destacou o “importante nivel de supervivencia” das empresas creadas ao abeiro dos viveiros, con planificación e asesoramento profesional, que no caso de Santiago supera o 90% ao cabo de cinco anos. “Podemos estar orgullosos destes resultados, que desexamos que tamén se consoliden aquí en Boiro”, afirmou.

O presidente da Deputación lembrou tamén que a institución provincial colabora coa dinamización da economía local a través do Plan de Comercio do Barbanza, que conta un orzamento de 3.118.000 euros para mellorar os mercados municipais e formar aos traballadores do comercio.

Pola súa banda, o delegado do Goberno, Antón Louro, coincidiu con Fernández Moreda na importacia clave da formación do capital humano, e na necesidade de unir esforzos para sair da cris, e considerou que o modelo político da restauración de “crear camiños e escolas” segue plenamente vixente, porque combatir a crise “pasa por crear comunicacións e mellorar o coñecemento”.

En este sentido, Boiro percibiu máis de 5,4 millóns de euros do Ministerio de Política Territorial entre os fondos de 2009 e 2010, que permitiron executar nove proxectos e contratar a 139 persoas, “un investimento como nunca na historia fixo ningún goberno en Boiro”, afirmou o tenente alcalde da localidade, Juan Jesús Ares, que considerou que o centro “permitiranos ter un sector hosteleiro mellor formado” e considerou que, ademáis do sector primario, Boiro debe apostar por un sector turístico forte.

O alcalde boirense, Xosé Deira, manifestou o seu desexo que o novo centro sexa un punto de encontro para as empresas e asociacións do municipio e que “a xente de Boiro dea sentido a este centro”.

“Confiamos nas nosas posibilidades de xerar emprego”, afirmou Deira Triñanes, que alidiu ao “orgullo de ser boirenses” tras a distinción do Ministerio de Ciencia e Teconoloxía á localidade como “Ciudad de la Ciencia y la Innovación”, un premio que comparte con só 30 municipios de toda España cun denominador común: o esforzo e compromiso dos seus consistorio coa I+D+i.

Antes anunciamos:


Inauguración: o venres 11, do viveiro de empresas

Podería interesarlle:


Doazón: dun cadro da Virxe en Santiago de Lampón


Esteiro: inaugúrase o centro social este sábado 12



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   PSOE   bipartito   bng   emprego   inauguracións   precampaña  

Ribeira: este sábado 12, charla sobre "Os dereitos dos traballadores autónomos"

Cartel-mini


Ribeira, 11 de marzo de 2011. Este sábado 12 de marzo, de 19:30 a 22:30, na rúa do Mendiño, 2 B - Edificio Promiventa, portal 5 B Entpta. (Sede do Partido Socialista de Ribeira) hai unha charla informativa co título "Os dereitos dos traballadores autónomos".

Media_httpfarm6static_svjem

Relación de temas da charla:
  1. - Presentación de UPTA-GALICIA.
  2. - O Estatuto do Traballo Autónomo.
  3. - A prestación por cese de actividade.
  4. - Traballo autónomo economicamente dependente.
  5. - Turno de preguntas

Relacionada:


Precampaña: presentada a lista do Psoe



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PSOE   Ribeira   charla informativa   emprego  

Boiro: o Centro de Formación e Viveiro de Empresas será inaugurado oficialmente este venres 11 de marzo

Media_httpwwwdicoruna_guiip

O presidente de Deputación voltará a Boiro para esta inauguración

Boiro, 9 de marzo de 2011. O Concello de Boiro, presidido polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes, inaugurará este venres, día 11 de marzo, ás 12.00 horas, o Centro de Formación – Escola de Hostelería – Viveiro de Empresas, situado no Polígono Industrial de Espiñeira, nun acto que contará coa asistencia do Delegado do Goberno en Galicia, D. Antón Louro Goyanes; o Presidente da Deputación da Coruña, D. Salvador Fernández Moreda; o Subdirector de Xestión Económica do Ministerio de Ciencia e Innovación, D. José María Álvarez Pérez; o consejero técnico do Ministerio D. Manuel Constenla Bergueiro; e a Deputada Provincial  Rosana Pérez Fernández, entre outras autoridades.

A construción deste centro é unha aposta do goberno de Boiro para o estímulo do emprego, "pois ten como obxectivo prioritario potenciar, mediante medios técnicos, asesoramento e infraestruturas, as iniciativas de emprego e proxectos empresariais que se poñan en marcha na localidade, sobre todo nos primeiros anos da súa andaina, que son os máis difíciles. Basicamente, é unha estrutura de acollida temporal pensada para ubicar a empresas nos seus primeiros pasos no mercado laboral; prestarlles determinados servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial, co fin de que, mediante unha xestión sen ánimo de lucro, se facilite o desenvolvemento xerminal de iniciativas de interese local", explica o equipo de goberno bipartito.

Cómpre lembrar que este centro valeulle ao Concello de Boiro a concesión do distintivo “Ciudad de la Ciencia y de la Innovación” por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación, un premio que ven a reafirmar a aposta do goberno de Boiro polas políticas activas de fomento do emprego, ademais de por de manifesto a oportunidade e acerto do goberno local á hora de decidir investir parte do orzamento do Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local.

O centro conta, ademais, cunha escola de cociña, totalmente equipada, para impartir formación a través de programas pensados para a capacitación profesional dos desempregados que pretenden acceder ao mercado laboral, sobre todo en sectores que se consideran máis dinámicos nas comarcas de Barbanza e Noia: hostalería e turismo.

Os espazos básicos cos que contarán as empresas son os seguintes:

  • Locais privados ou despachos, equipados con armario de oficina, mesa despacho, caixóns, cadeiras, papeleira e percheiro, así como dotación de infraestruturas de iluminación, electricidade, climatización, teléfono e comunicacións.
  • Áreas comúns: recepción, administración, secretaría, aulas, sala de xuntas, fotocopiadora, fax e aparcamento.
  • Pequenos almacéns independentes para arquivo.

O Centro de Formación – Escola de Hostelería – Viveiro de Empresas é froito da colaboración entre varias administracións. O desglose de investimento é o seguinte: 

FASES FINANCIACIÓN

ENTIDADES

IMPORTE (€) PROYECTO DESCRIPCIÓN
Fase I (2009) Fondo Estatal para el Empleo y la sustentabilidad Local 993.012,77 Vivero

de empresas

Construccion de edificio
Xunta de Galicia 274.201,20 Taller de empleo “Viveiro de empresas” Construcción edificio y equipamiento
Concello de Boiro 101.290,00
Fase II (2010) Fondo Estatal para el Empleo y la sustentabilidad Local 378.870,00 Vivero

de empresas

Construccion de edificio
Deputación da Coruña 340.000,00 Centro de Formación Equipamiento escuela de cocina
Xunta de Galicia 274.201,20 Taller de empleo “Viveiro de Empresas” Construcción edificio y equipamiento
Concello de Boiro 101.290,00

 

Antes publicamos:

A Deputación aposta polo viveiro empresarial


Premio: o alcalde recolleu o "Cidade da Ciencia e Innovación"



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   PSOE   bng   emprego   empresas   inauguracións   precampaña  

Boiro: Economía e Industria avala Paquito S.L. con 8 millóns de euros para manter máis de 200 empregos en Barbanza

Media_httpfarm5static_qegzc

Boiro, 13 de xaneiro de 2011. O Consello da Xunta de Galicia autorizou á Consellería de Economía e Industria a apoiar, mediante a concesión dun aval por importe de 8.123.000 euros, o plan de negocio que prevé impulsar Paquito, S.L., coa finalidade de apoiar o mantemento do emprego na comarca da Barbanza, segundo explica a propia Xunta.

Co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica, a empresa poderá acceder a préstamos bancarios que suman 16.660.095 euros para desenvolver o citado plan de negocio, centrado no mantemento do emprego. A empresa, asentada na comarca da Barbanza, dispón dun cadro de persoal integrado por mais de 200 traballadores. A Xunta de Galicia valorou a importancia deste proxecto no tecido económico da comarca, que se atopa nun sector industrial de grande importancia para a zona, como é o de manipulación, transformación, preparación e distribución de produtos do mar.


Esta compañía procesa en Galicia miles de toneladas anuais de mexillón (10.407 t no 2008), que chegan á factoría en camións procedentes das rías galegas. Con máis de 50 anos de experiencia no sector de procesado e distribución de produtos do mar, a empresa desenvolve a actividade de cocción, transformación e elaboración de diferentes produtos, incluíndo a preparación de precociñados, así como a súa conxelación e comercialización.

A factoría posúe viveiros de cultivo de mexillón fondeados na Ría de Arousa e, desde 1997 participa maioritariamente en dúas sociedades que operan en Chile: Sociedad Huimar Limitada e Galaico Chilena de Pescados y Mariscos. Ademais, a compañía ten unha forte orientación internacional e está presente en practicamente todos os mercados europeos, sendo os principais España, Francia, Italia, Portugal, Grecia, Turquía, Alemaña, Bélxica, Suíza, Reino Unido, Holanda, Dinamarca e Rusia, e ten establecidos vínculos comerciais con moitas cadeas maioristas e de distribución, onde compite en prezo. O 60% do seu produto
comercializado vai destinado á exportación.

Podería estar relacionada:
Polémica: a Xunta subvenciona unha empresa dun armador ao que acusan de pirata pesqueiro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Xunta de Galicia   emprego   empresas