Preme para voltar á portada
Filed under

ensino

 

Educación: o profesorado do IES Leliadoura mobilízase este martes 11 de outubro

Media_httpfarm7static_rdptk

O controvertido conselleiro de Educación, de visita na Pobra, en foto de arquivo

Ribeira, 10 de outubro de 2011. A dirección do IES Leliadoura quere trasladar á comunidade educativa, medios de comunicación e á sociedade en xeral, as actuacións que mañá 11 de outubro se levarán a cabo por iniciativa de profesorado do centro e que se recollen na seguinte nota informativa:

"Profesores e Profesoras propoñemos mobilizarnos endefensa do Ensino Público. Para esto propoñemos as seguintes actuacións para o martes 11 de outubro:

  • Debatir nas aulas a importancia do ensino público e a incidencia dos actuais recortes orzamentarios que está acometendo a Administración.
  • Saída ao patio dez minutos antes das 11,30 do profesorado e alumnado que o desexe.
  • Lectura dun manifesto en defensa do ensino público (5 min). Proposta de seguir coas medidas de protesta (en coordinación cos demáis centros e anpas)
  • Esixencia do nomeamento de Profesor/a de PT necesario neste centro.
  • Colocación dunha pancarta alusiva.
  • Convidar ás ANPAS, pais, nais e medios de comunicación.
  • Seguir co recreo e co horario normal"
Antes, en Certo:


  IES Leliadoura: comezan os recortes


Educación: o IES "Leliadoura", obrigado a acatar

Pode que tamén lle interese:

 




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Leliadoura   Ribeira   ensino   mobilizacións  

Lingua Galega: SonCine montou un vídeo da manifestación "Queremos Galego" do 21 de xaneiro

Se o son fose perfecto xa sería demasiado: que hai moitos xornalistas no paro!
Aparecen persoeiros das Letras Galegas (nin máis nin menos que o próximo presidente da Real Academia Galega, Méndez Ferrín) e promesas como o noiés Ramón Blanco, ademais doutros que non damos recoñecido pero que seguro que moitos de vostedes si.

A canle de SonCine en Vimeo: http://vimeo.com/channels/66149

Non paran de subir vídeos da manifestación á Rede. Por exemplo, o poeta noiés Manuel Lópes Rodrígues, no seu blog: http://manuellrodrigues.blogspot.com/2010/01/manifestacion-non-ao-decretazo-c...

E se a iso engadimos perfís de Facebook, fotos en Twitter e Flickr, Picasa e demais... busquen vostedes mesmos!

O vídeo oficial de Queremos Galego publicouse uns días despois, e está aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lingua galega   Porto do Son   Queremos galego   SonCine   ensino   manifestación  

Lingua galega: horarios dos buses de Barbanza e Noia-Muros xunto coas razóns para ir á manifestación de "Queremos galego"

CAMBIO NO PERCORRIDO DA MANIFESTACIÓN:

11.30 h. Saída da Alameda cara a Senra, Praza de Galiza, Doutor Teixeiro, Hórreo, Porta da Mámoa, Praza do Toural, Rúa do Vilar, Praza das Praterías e Praza do Obradoiro.

 A MANIFESTACIÓN CONVOCADA POR QUEREMOS CONTRA O RASCUÑO DE DECRETAZO CONTRA O GALEGO REMATARÁ NA PRAZA DO OBRADOIRO.

 

Santiago 20 de xaneiro de 2010. A plataforma cidadá Queremos Galego, decidíu modificar o percorrido da manifestación,  inicialmente previsto con saída da Alameda cara San Caetano.

O motivo deste cambio está no forteincremento da participación que se agardaba desde a organización, así como na imposibilidade de situar unha megafonía e palco en San Caetano. A mobilización masiva que se producirá mañá aconsella ademais mudar o percorrido cara un lugar que ofreza mellores condicións para o desenvolvemento e a seguranza da manifestación, polo que finalmente o remate será na Praza do Obradoiro, mantendo o inicio na Alameda compostelana.

Xa que logo, o percorrido será o seguinte: 11.30 h. Saída da Alameda cara a Senra, Praza de Galiza, Doutor Teixeiro, Hórreo, Porta da Mámoa, Praza do Toural, Rúa do Vilar, Praza das Pratarías e Praza do Obradoiro.

 

Plataforma cidadá Queremos Galego

Antes publicamos:

 

Horarios de buses:

Buses de Muros-Noia:

Media_httpfarm3static_asabg

Noia: Saída: APARCADOIRO IES "VIRXE DO MAR" Hora: 10:15

Porto do Son: Saída: LONXA VELLA (Pto. do Son) / Hora: 10:00 Saída: IES "FRAGA DE NOVÍO" (Noal) / Hora: 10:05 Saída: PARADA A. LIÑA (Portosín) / Hora: 10:15

Muros: Por confirmar

  O autobús da Comarca da Barbanza que promove "Queremos Galego" será gratuito e terá o seguinte horario:

Saída:

Ribeira          9:30     Estación de Autobuses

Pobra            9:40     Praza Maior

Boiro             9:50     Praza do Concello

Rianxo          10:05    na Ribeira

Para gardar praza en:

vazquezcobas@yahoo.es ou no móbil 638 070 867

 

21 DE XANEIRO:
PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO

A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego.

A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén histórica na contestación social.


Por que rexeitamos este decretazo?

1) Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.
Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.

2) Porque é unha proposta feita de costas á sociedade galega.
O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.

3) Porque a aplicación deste decreto suporá enfrontamentos nos centros.
A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.

4) Porque a Xunta se burla da cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.
O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar  propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos.

5) Porque este decreto vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.
O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.

6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.
Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.

Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, as comunidades educativas e o conxunto da sociedade galega reclamamos que se escoite a nosa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O  seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.


O 21 DE XANEIRO PARAMOS O ENSINO
EN DEFENSA DA CONVIVENCIA E DO GALEGO

MANIFESTACIÓN NACIONAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
11.30 DA MAÑÁ NA ALAMEDA

HABERÁ AUTOBUSES DESDE DIFERENTES PUNTOS DO PAÍS
Infórmate en
queremosgalego.org

 

Se quixeres colaborar achegámosche deste número de conta onde poderás facer a túa aportación:
2100 5753 01 0200053054

 

 

 

 




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lingua galega   Queremos galego   ensino   folga  

Rianxo: estes son algúns dos "suertudos" que se van a Navarra

Media_http3bpblogspotcomkplqohnvz0ista2k6rt2giaaaaaaaabjcpkkbik5js0s400blog6jpg_tgxdhekkgzumfay

E ameazan con contarnos o ben que o pasan na súa inmersión de inglés!
Estamos entre soltar un WTF! ou ser bos e dicir... LOL!
De todos xeitos, a viaxe ten que ser toda unha experiencia.

Se non saben de que lles falamos lean esta noticia.

A imaxe é unha das colgadas no blog de inglés deste colexio de Taragoña:
http://www.enormouscrocodile.blogspot.com



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Brea Segade   Navarra   Rianxo   Taragoña   ensino   inglés