Preme para voltar á portada
Filed under

escola de música

 

Rianxo: este sábado 21, concerto do grupo de clarinetes da Escola de Música

Grupo_clarinetes_2012

Rianxo, 17 de abril de 2012. A Escola de Música de Rianxo comprácese en convidar a todo o mundo ao Concerto do grupo de clarinetes da Escola de Música de Rianxo, enmarcado nos actos do X Aniversario da Escola de Música de Rianxo.

  • CONCERTO: GRUPO DE CLARINETES DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO

  •  
    • DÍA: sábado 21 de abril
    • HORA: 12:30
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   concerto   escola de música  

Rianxo: o concerto polo décimo aniversario da Escola de Música é o sábado 24 de marzo

(download)
Rianxo, 19 de marzo de 2012. A Escola de Música de Rianxo comprácese en convidar a todo o mundo ao concerto no que se vai celebrar o X Aniversario da Escola de Música de Rianxo. Será ofrecido pola Banda Infantil e a Banda da Escola de Música de Rianxo.

  • CONCERTO: X ANIVERSARIO DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
    • DÍA: sábado 24 de marzo
    • HORA: 20h00
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo
Programa: 

Banda Infantil da Escola de Música de Rianxo:

*Alborada de Ribadeo (Francisco Landín)

*Dusty West Suite (Antón Alcalde)


1. Welcome, Amigo!

2. Stuck In Guacamole -(The Saloon)

3. Ride, cowboy really!

4. At the Campfire-(The Great Spirit form West)

5. Adios, Amigo!

Banda da Escola de Música de Rianxo:

*Sedona (Steven Reineke)

*Pequeña Czarda (P. Iturralde)


Solista: José Fungueiriño

*Peza para timbais e banda (Anónimo)


Solista: Ramón Pérez

*Marcha Ceremonial (Antón Alcalde) (Estrea)


Pode que tamén lle interese:


Viaxe desde Rianxo: a Xerusalén e Terra Santa, en abril


Semana Santa rianxeira: actividades relixiosas ata o 9 de abril


Obradoiro da Escola de Música de Rianxo: de iniciación musical. Prazo para anotarse ata o 30M

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   aniversario   concerto   escola de música  

Rianxo: ata o 30 de marzo para inscribirse no Obradoiro de Iniciación Musical 2012

Obradoiro_2012

Rianxo, 7 de marzo de 2012. A Escola de Música de Rianxo informa de que, durante os meses de marzo a xuño, vai realizar o seu V Obradoiro Iniciación Musical, para nenos/as de 4 a 8 anos.


Máis información nas oficinas do auditorio de 11h30 a 13h00 ou no teléfono 671 058 555.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   escola de música   obradoiros  

Rianxo: "Música de Cámara" este sábado 11 de febreiro no auditorio

Concerto-musica_de_camara_-_11


"Lembranzas do mar" interpretada pola Escola de Música rianxeira

Rianxo, 7 de febreiro de 2012. A Escola de Música de Rianxo convida a todo o que desexe asistir, á nova actividade do X Aniversario da Escola de Música de Rianxo. Nesta ocasión trátase do Concerto “Música de Cámara”, no cal haberá estrea de obras do compositor rianxeiro Antón Alcalde.

o       DÍA: sábado 11 de febreiro
o       HORA: 20:30
o       LUGAR: Auditorio de Rianxo

Pode que tamén lle interese:


Entroido: bases do Certame de Carrozas


Viaxe: a Xerusalén e Terra Santa, en abril






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   concerto   escola de música  

Boiro: o venres 27 de xaneiro, I Encontro de Música Tradicional na Estación Leñaverde

  • O sábado, xogos tradicionais coa Cruz Vermella

Cartel_foliada-1

 

Boiro, 25 de xaneiro de 2012. Este venres, 27 de xaneiro, ás 21:00h terá lugar o I Encontro de Música Tradicional organizado pola Escola de Música de Boiro. Será no Centro Social de Boiro, na Estación Leñaverde.

Estarán presentes algunhas das formacións locais máis destacadas como o Grupo de Gaitas da Escola de Música, Grupo de Pandereteiras da Escola de Música, Os da Boina, Xilbarbeira e Nunca é tarde, entre outros.

O encontro é aberto a todas aquelas persoas que queiran vir a pasar un bo rato simplemente ou participar e traer o seu instrumento para unirse á jam galega posterior ás actuacións. Esta actividade forma parte da programación mensual deseñada e organizada pola Escola de Música de Boiro.

O pasado mes de decembro a Escola inaugurou o seu novo blog onde podedes consultar toda a información sobre actividades levadas a cabo e as imaxes de todos os eventos. Este novo espazo web e a presenza da escola nas redes sociais está tendo moi boa acollida, segundo indican.

Máis información: http://escolamusicaboiro.blogspot.com/


Este sábado 28 de xaneiro a Cruz Vermella de Boiro organiza unha xornada de xogos tradicionais para nenos e nenas de 6 a 14 anos.

Lugar: Pavillón de Praia Xardín
Hora: de 17 a 20h

Entrada libre 




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   encontro   escola de música   música tradicional galega  

Rianxo: o Festival de Nadal da Escola de Música é este domingo 18

  • Tamén este domingo se celebra o VI FESTIVAL DE CORAIS DE AROUSA E ULLA

Cartaz_nadal_2011

Rianxo, 15 de decembro de 2011. Dende a Escola de Música de Rianxo comprácense en convidar a todo o mundo ao Festival de Nadal, onde os/as nenos/as da escola amosarán as destrezas adquiridas nas clases de práctica instrumental e música e movemento.
  • FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
    • DÍA: domingo 18 de decembro
    • HORA: 12 do mediodía
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

E pola tarde: VI FESTIVAL DE CORAIS DE AROUSA E ULLA

ORGANIZA: Centro Cultural "Simón Varela" de Asados

DÍA e HORA: domingo 18 de decembro - 18.00 horas

LUGAR: Patio do CEIP "Ana Mª Diéguez" de Asados

PARTICIPAN:

- Coral Polifónica Padronesa

- Coral Baldomar de Boiro

- Coral Polifónica do Liceo Marítimo Rianxeiro

- Coral Abraira do CC Simón Varela de Asados

O mesmo día, en Rianxo:

E no veciño Concello de Dodro:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal cultural   Rianxo   concerto   escola de música  

Rianxo: a Escola de Música organiza un concerto este martes 6 de decembro

  • Con motivo da clausura do II Curso de Trompa
(download)

Rianxo, 5 de decembro de 2011. Dentro das actividades do seu X Aniversario, a Escola de Música de Rianxo está a organizar durante os días 3, 4 e 6 de decembro o seu II Curso de Trompa, impartido nesta ocasión polo mestre Benjamín Iglesias Martínez (máis información no cartaz).


Asemade dende a Escola de Música de Rianxo convidan a todo o que se queira achegar ao Concerto Clausura do II Curso de Trompa:
  • CONCERTO CLAUSURA DO II CURSO DE TROMPA
    • MESTRE: Benjamín Iglesias Martínez
    • DÍA: martes 6 de decembro
    • HORA: 20.30 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   concerto   escola de música  

Rianxo: o mestre do jazz Steve Brown estivo impartindo unha lección maxistral

(download)
Rianxo, 11 de outubro de 2011. O pasado sábado día 8 de outubro, a Escola de Música de Rianxo organizou, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha Master Class co mestre Steve Brown, recoñecido músico americano. Con esta Master Class a Escola de Música de Rianxo da por iniciado o curso no recente Departamento de Jazz que ten como mestre a Alfredo Susavila. Asemade, os 18 alumnos que asistiron tiveron a ocasión de iniciarse no mundo da música moderna e da improvisación. A Master Class tivo como colofón un concerto no que participaron Steve Brown (guitarra), Risto Vuolanne (contrabaixo) e Roberto Somoza (Saxofón) e no que presentaron o seu novo cd: STANDARDS&BALLADS.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   escola de música  

Rianxo: a Escola de Música presentou a súa programación co gallo do seu décimo aniversario

Foto_rolda_de_prensa

 

De esquerda a dereita persoas que aparecen na foto: Tobias Betanzos (Presidente da Escola), Rafael Collazo (Director da Escola), Alfredo Susavila (Mestre do Departemento de Jazz) e Adolfo Muíños (Alcalde de Rianxo)

Rianxo, 3 de outubro de 2011. A Escola de Música de Rianxo presentou en rolda de prensa a súa programación co gallo do seu décimo aniversario. Este ano hai un total de 153 alumnos e entre a oferta educativa destaca:

-Música e Movemento (4 a 6 anos)
-Linguaxe Musical (7 anos en adiante)
-Práctica Instrumental: Frauta, Óboe, Fagot, Clarinete, Saxofón, Trompa, Trompeta, Trombón,  Bombardino, Tuba, Percusión, Piano, Piano Complementario, Violoncello, Contrabaixo e Voz.
-Actividades Instrumentais Conxuntas: Banda de Música, Música de Cámara e Big Band.
-Seminario de Composición para Banda
(mestre: Andrés Valero Castells)
-Departamento de Jazz (Novidade)
(mestre: Alfredo Susavila)

Tamén se presentou o Departamento de Jazz e se salientaron actividades como Harmonía Moderna, e Teoría Práctica da Improvisación.

Unha actividade por mes, mínimo

Xa dentro das actividades do X Aniversario, sinalaron que a Xunta Directiva da Escola de Música de Rianxo quere realizar "como mínimo" unha actividade por mes. A primeira delas foron os concertos didácticos, adicados ás músicas do cinema infantil, dos días 19 e 20 de setembro, onde acudiron tódolos centros educativos de infantil e primaria do concello, sendo o resultado moi satisfactorio.

Este vindeiro sábado, 8 de outubro, haberá unha Master Class de Steve Brown.  O 15 e 16 de outubro farán un intercambio cultural coa Banda de Música de Ourém (Portugal)

-Do 28 ao 30 de outubro: 1º Encontro do Seminario de Composición para Banda co mestre Andrés Valero Castells.

Ciclo de Outono: coa participación de tres bandas
30 de outubro: Concerto da Banda de Música de Teo
18 de novembro: Concerto de Sta. Icía a cargo da Banda de Música de Lousame e da Banda da Escola de Música de Rianxo.
-Novembro: Presentación da Serie Rianxeira, que son un conxunto de catro obras encargadas e estreadas pola Banda da Escola de Música de Rianxo.
As obras serían:
Fantasía Rianxeira de X. Carlos Seráns
Retrincos de David Fiuza
Sinfonía nº2 “A lenda de Paio Gómez Chariño” de Antón Alcalde
O Jazz na Banda de Roberto Somoza
Esta edición é posible gracias a unha subvención da Deputación da Coruña.

Xa no mes de decembro, do 9 ao 11, será o segundo Encontro do Seminario de Composición para Banda co mestre Andrés Valero Castells. O 18 de decembro terá lugar o tradicional Festival de Nadal dos/as alumnos/as da Escola e o 23 de decembro, o Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo.

Dende Certo desexámoslle Feliz Aniversario, e que cumpran alomenos outros tantos con este entusiasmo.

Relacionada:


Roberto Somoza Trío: jazz no auditorio o sábado 8

Pode que tamén lle interese:


"Airiños": "Ata que a morte nos separe", o 7 e o 9 no auditorio


Rosalía sempre viva: do 1 ao 15 de outubro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   escola de música   programación cultural  

Rianxo: a Escola de Música está a organizar concertos didácticos que teñen como base as bandas sonoras cinematográficas

  • A entidade está a celebrar o seu décimo aniversario

(download)

Rianxo, 19 de setembro de 2011. A Escola de Música de Rianxo organiza concertos didácticos para os colexios do concello. Estes concertos están baseados na música de bandas sonoras de filmes infantiles como Aladdin, Tarzán, Shrek, O Príncipe de Exipto... A audición do concerto vai acompañada da reprodución dalgunhas das imaxes das películas. Con estes concertos a Escola intenta achegar a súa actividade a tódolos colexios do concello.

Está previsto que asistan O C.R.A. de Rianxo, C.E.I.P. Ana María Diéguez, C.E.P. Brea Segade, C.E.I.P. Castelao e o I.E.S. Félix Muriel. Os concertos estanse a desenvolver os días 19 e 20 de setembro en horario de mañá no Auditorio da localidade. Con esta actividade a Escola de Música de Rianxo da inicio ao curso 2011-2012, no que conmemora xa o seu X Aniversario.

 

Click here to download:
CARTAZ concerto didactico.pdf (4.27 MB)
(download)

Click here to download:
CARTAZ ANO 2011-2012A4.pdf (1.28 MB)
(download)

Click here to download:
DIPTICO 2011-2012.pdf (383 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   concerto   escola de música  

Lousame: a Banda de Música abre os prazos de matrícula para estudar ou aprender a tocar instrumentos

Media_httpfarm6static_kwrgi

Lousame, 9 de setembro de 2011. A Banda de Música de Lousame -constituída en asociación cultural "Prudencio Romo" tamén- abre os prazos de matrícula para a Escola de música de Lousame neste curso 2011/2012. 

      As materias impartidas son as seguintes:

  • Música e movemento (para nenos de 4 a 7 anos)
  • Linguaxe musical (para nenos a partir de 8 anos)
  • Aprendizaxe dun instrumento:
    • Frauta
    • Oboe
    • Clarinete
    • Saxofón (alto, tenor ou barítono)
    • Fagot
    • Trompeta
    • Trompa
    • Trombón
    • Tuba
    • Percusión

      As clases impartiranse nos locais da banda na Casa da Cultura de Portobravo ou na escola do Sanguiñal (San Roquiño-Tállara), así como no local social de Cruído en función da materia de que se trate e comenzarán no mes de outubro (día 3). 

      Os impresos de matrícula podense recoller na conserxería do Colexio da Silva ou na Casa da Cultura e o prazo de matrícula está aberto ata o día 7 de outubro de 2011. A matrícula realizarase entregando o impreso na Casa da Cultura en horario de 09:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00, enviando os datos por correo electrónico á dirección banda@concellodelousame.com ou por teléfono nos números 676982604 (César) ou 652808122 (Fernando). 

      Máis información no teléfono 676982604 (Banda de Lousame) ou na direccion de correo banda@concellodelousame.com.

Antes, en Certo:


Homenaxe a López Calo: pola Banda, vídeos e fotos



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lousame   escola de música  

Lousame: homenaxean ao fundador de Los Tamara, o noiés Prudencio Romo, este domingo 28

Media_httpfarm6static_sphfa

En Noia adicáronlle o local de ensaio para os músicos a Romo

Lousame, 24 de agosto de 2011. A banda de música de Lousame ofrecerá este domingo, 28 de agosto, un concerto-homenaxe a Prudencio Romo (1927-2007), músico noiés que fundou Los Tamara e que tamén dá nome á escola de música de Lousame, partillada co musicólogo de Nebra (Porto do Son) José López Calo. O concerto será no campo do San Roquiño, sobre as seis da tarde, logo da misa cantada na súa lembranza que terá lugar na capela de San Roquiño.


Loli Gómez, pregoeira do San Bartolomé o ano pasado, presentará a homenaxe

Actúan, ademais da banda anfitriona, a Coral Polifónica de Noia e as bandas de Teo e Merza. Interpretarán pezas de Los Tamara e outras propias. O acto vaino presentar a xornalista televisiva de Noia Loli Gómez, que deu o ano pasado o pregón do San Bartolomeu en Noia.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Los Tamara   Lousame   escola de música   homenaxe