Preme para voltar á portada
Filed under

escultura

 

Colaboración: "Leopoldo Nóvoa. Un patrimonio descoñecido en Ribeira", por Gonzalo Sarasquete

Corrían os anos finais do século pasado, cando nunha visita a ARCO tiven a sorte de coñecer a D. Leopoldo, quen expopía en varias galerías á vez. Paramos a falar con el,  pois a persoa á que eu acompañaba xa lle escribira en varios dos seus libros. Nestes casos os interlocutores preséntanche e ti mesmo, nun silencio de respecto, colles un catálogo e arrecúnchaste por aquilo de non amolar e saber máis da persoa que tes diante. A miña sorpresa foi cando naquel voluminoso libro cheo de fotos de cadros matéricos, feitos con terras que parecían arrincados das lavas dun volcán, apareceu de súpeto unha imaxe para min coñecida.

Era Bretal, con vistas das Dunas de Corrubedo, pero só como fondo dunha escultura, que eu coñecía, pero da que non tiña constancia de quen era, nin me parara a vela de preto. Entón erguín a vista e comecei a interesarme pola conversa que mantiñan Don Leopoldo e Don Miguel,  e cando xa puiden meter as miñas palabras no miolo de tan contundentes opinións e sólidas observacións, case coma un pelo entre dous valados, pregunteille:

 .- Pero…,pero vostede fixo esta escultura?- mentres sinalaba co dedo no libro.

 .- Si  pero non é a única que fixen en Ribeira. Tamén fixen outra para o centro de F.P en Coroso (a cal aparecía máis adiante no devandito libro).

Don Leopoldo naceu en Salcedo, Pontevedra, en 1919. Estudou e decidiu dedicarse á arte, tanto á pintura como á escultura. Viviu en Montevideo e en París e hai pouco souben que xa é moi maior e o concello de Vilagarcía vaino facer fillo adoptivo e acompañalo dunha merecida  homenaxe, pero agora terán que conformarse sen el. E aquí na Centenaria non sabemos nin que existen e témolas aquí pero se un só de nós o sabe tenllo que contar aos demais e facelos partícipes, aínda que non queiran. Ese é o labor dun home coma min: dar a coñecer cousas que os demais non saben ou esquivan na súa cotidianidade, ser ollos, e se se pode recadar o máximo de información para compartila é como un cociñeiro que lle bota engadidos ou adobíos á comida para que baixe mellor.

Pero as cousas que ten a vida, o día 25 de febreiro, sábado, leo no Faro da  súa morte o pasado xoves 23 en París, e xa comezara a escribir sobre as súas obras presentes entre nós. Podedes velas aquí nas fotos que lle fixen o martes 21 de febreiro en Ribeira uns poucos dias antes da súa morte. Queda pouco que dicir: só ter en conta a importancia da súa obra en formigón, da que deixou exemplos no noso concello.

Leopoldo Nóvoa na Wikipedia

Outros artigos de Gonzalo Sarasquete en Certo



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Gonzalo Sarasquete   Ribeira   arte   colaboracións   escultura   opinión  

Ribeira: a luguesa Paulova colga "Tremenda Fauna" dende o sábado 3 de decembro en O Faiado

  • A inauguración é o sábado 3 de decembro ás sete da tarde en O Faiado, na rúa de Galicia 82

Flyer

 

Ribeira, 29 de novembro de 2011. A artista luguesa Paulova (1983) presenta a súa exposición "Tremenda Fauna" en O Faiado (tenda-galería) a partires deste vindeiro sábado, 3 de decembro.


Na mostra, Paulova presenta pezas moi particulares coa intención de conectar o popular e recoñecible polo espectador mediante o emprego de estratexias kitsch. A artista di que é preciso "tender unha ponte de entendemento entre o público desligado da chamada elite e a arte contemporánea".

A serie "Lacón cañí" é de fotografías, a escultura emprégase en "Christmas Vellocino" e a pintura é a arte escollida para a serie "Labores marcianas".

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   escultura   exposición   fotografía   pintura  

Noia: Fran Lareo amosa as súas esculturas do 3 ao 30 de novembro no Liceo


Algunhas das esculturas que se puideron ver na sala Francisco Creo do Liceo noiés ata o 30 de novembro.

Media_httpfarm7static_qtteq

Máis información na web do autor, aquí

Pode que tamén lle interese:


Concerto en Noia: este domingo 30, a Banda de Lousame na igrexa de San Martiño homenaxea a Prudencio Romo, de Los Tamara


Exposición en Noia: Ata o 31 de outubro, "Rosalía sempre viva"



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Liceo   Noia   escultura   exposición  

Boiro: do 27 de outubro ao 16 de decembro, "14 Labirintos", mostra dos alumnos do escultor Argibay no Faiado 2

Alumnas e alumnos de Jontxu Argibay no obradoiro de escultura para adultos que se está a impartir nos locais de O Faiado 2:

Media_httpfarm7static_fjmjj

Media_httpfarm7static_qrbpa

Pode que tamén lle interese:


Moción do Psoe: para que Portos cumpra en Cabo de Cruz


Exposición: sobre o Camiño de Santiago no Concello


Programación cultural outubro: algunhas das actividades previstas


Homenaxe: a Ónega, Frinsa e Los Chiky´s o 26 de novembro


Roteiro: O Faiado 2 andivo por asentamentos de cabanas en Barbanza



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Jontxu Argibay   escultura   exposición   obradoiros  

Boiro: Tucho Abalo comeza a impartir un curso de escultura alternativa este sábado 4 de xuño

Escultura

 

Boiro, 1 de xuño de 2011.  Este sábado 4 de Xuño ás 11hh dará comezo o curso de escultura alternativa impartido polo escultor Boirense Tucho Abalo, no local da asociación Aturuxo. Todas as persoas interesadas en participar que se presenten ás 11 da mañá en Aturuxo (r/principal nº118 Boiro). Para máis informacion chamar ao: 666  278 753

       Datos do curso: 
       Día de comezo: 4 de xuño
       Horario: de 11hh a 13hh os sabados
       Horas minimas do curso: 10h
       Prezo: 30€

O obxectivo deste curso é o de favorecer o densenvolvemento creativo e a capacidade de elaboración dunha linguaxe escultórica alternativa, así como o de coñecer unha nova metodoloxía de traballo enmarcada na “escultura ecolóxica”. A metodoloxía terá un carácter aberto, participativo e práctico, onde se poderá experimentar e desenvolver a creatividade individual e grupal. A actividade principal será a de elaboración dunha obra escultórica propia partindo de materiais recollidos directamente do lixo que á nosa natureza sofre .

Partes do curso:
- Modelado en barro dun deseño individual realizado por cada alumno ou alumna.
- Execución do molde en escaiola.
- Recollida de lixo en rios e praias da nosa zona.
- Limpeza e transformación do material recollido.
- Positivado final e pulido.

Como actividade final realizarase unha exposición colectiva chea de música en directo onde cada participante contribuirá cunha obra de propia elaboración.

Ollo: a data de inicio esta mal no cartaz.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Aturuxo   Boiro   escultura   obradoiros  

Boiro: organizan un obradoiro de escultura "alternativa" o 30 de abril con Tucho Abalo

Escultura

Data límite para anotarse neste obradoiro de Tucho Abalo organizado por Aturuxo, o 23 de abril. Toda a información aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   arte   escultura   obradoiros  

Porto do Son: outro xeito de profundar no idioma de Shakespeare, a través da escultura

(download)
Porto do Son, 1 de abril de 2011. A escola de idiomas de Santiago de Compostela http://www.eoisantiago.org/, e en concreto a súa delegación ribeirense encabezada pola xefa de estudos Diana Pastoriza Espasandín, organizaron onte, xoves 31 de marzo, ás 7 da tarde, unha charla sobre arte en Inglés no Centro de Interpretación do Castro de Baroña.

Dentro do acto, integramente en inglés, a organizadora da actividade, Diana Pastoriza, comezou cunha pequena presentación das razóns e obxectivos do mesmo e seguidamente o escultor Jontxu Argibay presentou e explicou na lingüa de Shakespeare cal foi a orixe de cada peza exposta e o método para a súa realización.

Logo, e como complemento, a mestra preparou como tema a tratar "Art and you" (Ti e o Arte) con preguntas como "Do you think art galleries should be free or should people pay to get in?" (¿Cres que as galerías de arte deben ser de balde ou debería a xente pagar por elas?), ¿Cal é o teu artista favorito?....etc...

No longo dunha hora e media discuteuse non só da preferencia de obras de arte e se algún mercara algunha, senón que se chegou discutir sobre a esencia mesma da arte.
Todo dentro de un acto pioneiro na nosa comarca, que hai que agradecer á E.O.I. (Escola de idiomas de Santiago de Compostela) e á xefa de estudos da delegación ribeirense.

Relacionada:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Jontxu Argibay   Porto do Son   arte   escultura   inglés  

Ribeira: o curso de escultura de Carreira xa ten 14 alumnos e este venres inaugúrase mostra escultórica en Porto do Son

(download)
Alumnos do obradoiro de escultura en pleno proceso creativo

Ribeira, 1 de marzo de 2011. O curso de escultura para adultos que imparte o artista Jontxu Argibay en Carreira está sendo "un gran éxito", en verbas do mesmo, xa que "vai vento en popa dende o pasado mes de xaneiro e contamos xa con 14 alumnos ata a data". Todos os que aínda se queiran apuntar están a tempo pois é un curso aberto. Impártese de luns a mércores de 20:30 a 22:00 na casa da cultura de Carreira.

Exposición en Porto do Son

O vindeiro venres dia 4 de marzo, ás 19:30 horas, inaugúrase no centro de Interpretación do Castro de Baroña unha exposición retrospectiva da obra de Argibay, titulada "Jontxu Argibay: Arteleira", na que se poderán ver as obras escultóricas máis aprezadas polo público dende hai case 11 anos e que saíron deste obradoiro "que segue tendo que dicir no mundo do arte, e que intenta demostrar que é posible seguir loitando e intentando educar no mundo da escultura coa ampliación como centro de clases de escultura", explicou o artista ribeirense.

Antes publicamos:

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   Ribeira   escultura   exposición   obradoiros  

Ribeira: comeza este mes un obradoiro de escultura para adultos en Carreira, impartido por Jontxu Argibay

Click here to download:
CARTEL ESCULTURA AAVV.pdf (401 KB)
(download)

Ribeira, 10 de xaneiro de 2011. Este mes comeza na parroquia ribeirense de Carreira un obradoiro de escultura que durará todo o ano e que será impartido polo escultor Jontxu Argibay. A frecuencia das clases será de dous días á semana, cunha hora e media cada día.

Poden participar todos os interesados maiores de 18 anos. Os materiais necesarios para levalo a cabo van ser indicados na primeira clase formativa. Participar neste interesante obradoiro é ben barato: 25 euros para os veciños asociados e 28 para os non asociados. Organiza a asociación de veciños de Carreira.

Relacionado:


Obradoiro: Jontxu Argibay iniciou a pequenos na escultura



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Jontxu Argibay   Ribeira   escultura   obradoiros