Boiro: ata o 31 de maio, exposición do alumnado do Bacharelato de Arte no Centro Social
- Inaugurouse a mostra o mércores 16 de maio
Tamén, en Boiro:

E no concello veciño:

- A Pobra: unha exposición de Borbóns
![]() |
Tamén, en Boiro:

E no concello veciño:

A Pobra, 15 de maio de 2012. O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro; o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo; e o alcalde do Concello de A Pobra, Isaac Maceiras, inauguraron nesta localidade a exposición Crónica da Monarquía Española no Século XX, organizada polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia coincidindo co 50 aniversario da voda das Súas Maxestades os Reis Don Juan Carlos e Dona Sofía.
Como é sabido, non houbo ningunha celebración por parte da Zarzuela, debido aos permanentes líos en que se mete a Coroa, entre xenros presuntos desfalcadores, netos menores que empregan armas en presenza de seu pai e Juan Carlos I, que se vai cazar elefantes a África en momentos moi oportunos e parte dos xornalistas antes afíns (Zarzalejos, ex xornalista de ABC, o diario monárquico por antonomasia) desvelan que ten unha amante.
El Pleno del municipio catalán de Berga declara persona non grata a Juan Carlos de Borbón jornada.unam.mx/2012/05/05/mun…
— Pascual Serrano (@pascual_serrano) May 5, 2012
¡Nos encanta el olor a Borbón cabreado por la mañana!
— El Jueves (@eljueves) May 11, 2012
Bos días! Biblioteca Dixital da Galeguidade. 12 obras de balde. En galego só tres. Dirixida á diáspora? Consúltena en emigracion.xunta.es/e-biblioteca
— Certo (@Certo) May 15, 2012
La prensa orgánica vende miedo en sus portadas, ninguneando al 15-M: son tigres de papel. A trabajar, a construir esperanza. #Feliz15M
— Bufet Almeida (@bufetalmeida) May 14, 2012
Comentarios [0]
Dende o xoves 2 e ata o venres 18 de maio a comunidade educativa do Leliadoura poderá disfrutar dunha ampla variedade de actividades coordinadas pola vicedirección do centro segundo as propostas dos diversos departamentos didácticos.
Poden consultar a programación das actividades a levar a cabo, das cales se irá informando puntualmente, a medida que vaian tendo lugar, no blog do centro: http://iesleliadoura.blogspot.com.es
O xoves día 3 inaugurouse na sala de Usos Múltiples unha exposición sobre o traxe galego organizada polo departamento de historia en colaboración con Concha “A Requena”, que foi a persoa que durante moitos anos creou os traxes que imos poder ver agora no IES Leliadoura. Asemade hai fotos e representacións con bonecos que permiten coñecer tradicións e costumes do pobo galego.
Esta exposición vaise poder visitar en horario lectivo dende o xoves 3 ata o luns 14. Como remate o martes 15 terá lugar no ximnasio do centro un desfile cos traxes expostos.EL GOBIERNO TIENE QUE MEJORAR LA COMUNICACIÓN PARA QUE EL PUEBLO ENTIENDA QUE TODAS LAS MENTIRAS LLEVADAS A CABO ERAN NECESARIAS.
— masaenfurecida (@masaenfurecida) April 28, 2012
Este é @el_pais que nos deixa Cebrian: 3 páxinas da Pantoja, 1 de Ricky Martin e outra de Gloria Trevi elpais.com/elpais/2012/04…
— marcos calveiro (@calveiro) April 28, 2012
Ribeira: o venres 18 de maio presentan no Ateneo Valle-Inclán o libro de Emilio Alonso "Vigo a 80" post.ly/72YKp
— Certo (@Certo) April 28, 2012
Aquí falamos galego instagr.am/p/J8M9FzJ7zJ/
— Certo (@Certo) April 27, 2012
Comentarios [0]
A Pobra do Caramiñal, 2 de maio de 2012. Este vindeiro venres, 4 de maio, ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da mostra "A mirada da luz", do escultor e pintor pobrense Manuel Teira, no Pazo Torre dos Xunqueiras.
"Nunha iniciativa insólita na comarca do Barbanza, os empresarios Pablo Pouso e Javier Pouso ( propietarios do restaurante Lagar), chegaron a un acordo co escultor pobrense Manuel Teira, e ceden un espazo expositivo permanente no Pazo Torre dos Xunqueiras, onde, a partir do día 4 de maio se vai poder contemplar de xeito permanente a obra deste prolífico autor da Pobra do Caramiñal", explican os organizadores, que cren que "iniciativas coma ésta, sen dúbida, incentivan e dotan de imaxinación este local hosteleiro, enmarcado nun dos edificios históricos máis sobresaíntes da comarca do Barbanza, a Torre fortaleza de Xunqueiras. Pazo dos Xunqueiras, este local de restauración, a partir de agora compaxinará gastronomía e cultura. A creación deste espazo alternativo gastronómico-cultural vai marcar unha referencia no Barbanza e ofrecéralle aos seus clientes a posibilidade de recrearse entre os sabores e a arte".
Rianxo: "Retrospectiva", do Fotoclub Sálvora, do 4 ao 23 de maio no auditorio post.ly/76wl0
— Certo (@Certo) May 2, 2012
A Pobra do Caramiñal: o Psoe non vai á comida dos vellos deste venres por considerala prescindible "e máis nestes te... post.ly/76vZQ
— Certo (@Certo) May 2, 2012
Comentarios [0]
Noia: O Retruke engaiola a grandes e pequenos co ambiente lúdico do circo post.ly/72kRL
— Certo (@Certo) April 28, 2012
Noia: o XI Concurso de relatos de aventuras “Antón Avilés de Taramancos” gañouno o vigués Xosé Alfredo Naz post.ly/72iC1
— Certo (@Certo) April 28, 2012
O Venres Caníbal de Tamara Peña: "A alegría dese día". certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) April 28, 2012
Melloras no mercado municipal wp.me/p1KBCH-9C vía @novasdenoia
— Certo (@Certo) April 28, 2012
Cultura: bases do certame internacional de novela curta "Concello de Ribeira" post.ly/73hfk
— Certo (@Certo) April 29, 2012
Nin un paso atrás co das touradas no Concello de Noia wp.me/pFmJq-fv vía @quepasaennoia
— Certo (@Certo) April 28, 2012
Entrega do XI premio de historia medieval de Galiza e Portugal a Antonio Piñeiro Rey en Santa Maria a Nova twitter.com/rafaelguerrero…
— rafaelguerrero (@rafaelguerrero) April 28, 2012
SI VOTASTEIS PP Y AHORA OS DA VERGÜENZA, DECID QUE TODOS LOS POLÍTICOS SON IGUALES Y ASÍ DISIMULÁIS.
— masaenfurecida (@masaenfurecida) April 28, 2012
Comentarios [0]
Boiro, 14 de febreiro de 2012. Dende hoxe e ata o 28 de febreiro, martes (lembremos que 2012 é bisesto e leva febreiro un día máis, 29) pódese ver na casa da cultura boirense a exposición do V Premio de banda deseñada "Castelao". Titúlase "Sen mirar atrás" e é da autoría de Dani Montero.
A mostra acaba de estar na casa da cultura noiesa
"Sen mirar atrás" é a primeira obra completa publicada de Dani Montero, natural de Catoira, e con ela conseguiu o premio "Castelao" de Banda Deseñada da Deputación de A Coruña en 2009.
Boiro: este xoves 16 preséntanse os últimos números da Revista Galega de Educación post.ly/5Msqa
— Certo (@Certo) February 14, 2012
Comentarios [0]
Xa está na Rede o cartel do Entroido de Noia: farm8.staticflickr.com/7165/684231146…
— Certo (@Certo) February 8, 2012
Noia: bases do XI Certame de Relato de Aventuras "Antón Avilés de Taramancos" post.ly/5F300
— Certo (@Certo) February 8, 2012
Comentarios [0]
Boiro, 1 de febreiro de 2012. Na asociación O Faiado 2 non paran de difundir a cultura galega, sexa do tipo que sexa. Desta volta tócalle á cultura marítima. O vindeiro mércores, 8 de febreiro, terá lugar unha mesa redonda sobre os oficios do mar ao longo do tempo e a continuación procederase a inaugurar unha exposición con este interesante asunto.
Boiro: o sábado 4 de febreiro, "De paliqueiro por Galiza", un espectáculo de Alberte Montes post.ly/52Hc6
— Certo (@Certo) January 30, 2012
youtu.be/uALcEAcOalw O Consello da Cultura Galega acaba de subir esta gravación de homenaxe a Rafael Dieste (Rianxo, 29 de xaneiro de 1899)
— Certo (@Certo) February 1, 2012
Feijóo vai arrasando na enquisa de Galicia Profunda. Congratulations! galiciaprofunda.com
— Certo (@Certo) January 31, 2012
Literatura: convocan un certame de contos para mozos ata 19 anos para darlle pulo a lendas da Barbanza post.ly/5319s
— Certo (@Certo) January 31, 2012
Sabes como foi a historia da Revolta Irmandiña? Carlos Barros explícaa nesta entrevista do Consello da Cultura Galega: youtu.be/CNW1Ag2pbTI
— Certo (@Certo) January 31, 2012
Comentarios [0]
Ribeira, 25 de xaneiro de 2012- O auditorio acolleu na noite de onte o acto de apertura da exposición “Paraísos non tan lonxanos”: unha colección composta por 22 fotografías de vivas cores nas que se amosan asombrosas imaxes dalgunhas das especies que esconde a ría de Arousa.
A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, foi a encargada de inaugurar oficialmente a exposición en compañía de Jacinto Pérez, presidente do Grupo de Estudos do Medio Mariño (GEMM), a entidade organizadora da mostra.
Jacinto Pérez explicou que as imaxes foron tomadas en diferentes puntos do medio mariño do municipio, como a illa de Rúa, a praia de Coroso, a praia da Catía ou a illa de Sálvora. Nas abraiantes instantáneas, impresas sobre lenzo, que se poden admirar, aparecen especies como medusas, cabaliños de mar, babosas, polbos, escachos, sanmartiños, esponxas ou anémonas xoias. “E isto só é unha pequenísima parte do que temos na ría”, afirmou o presidente do GEMM.
Elvira Pisos agradeceu a colaboración desinteresada do CEMM e convidou á veciñanza a que non deixe de visitar no Auditorio esta mostra, coa que se pretende difundir a beleza das nosas costas e sensibilizar acerca da preservación da súa flora e fauna. A exposición estará aberta ata o próximo 25 de febreiro, de luns a venres entre as 10 e as 14 horas.
Antes da conclusión do acto, Jacinto Pérez explicou aos asistentes as características de cada unha das 22 fotografías.
Ribeira: a lonxa situouse en 2011 como a quinta galega por volume de peixe descargado post.ly/4xfc6
— Certo (@Certo) January 24, 2012
Ribeira: a ANPA do IES Leliadorua presiona á empresa de transporte Ferrín para que mellore o seu servizo post.ly/4xaPH
— Certo (@Certo) January 24, 2012
Xosé Antón Díaz, decepcionado cos 200 días de gobernanza local no Barbanza certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) January 24, 2012
Ribeira: o martes 7 de febreiro, obradoiro sobre envellecemento activo no Liceo Marítimo post.ly/4xZ9P
— Certo (@Certo) January 24, 2012
Comentarios [0]

Ribeira, 20 de xaneiro de 2012- A Concellaría de Cultura e Festexos anuncia que o martes vindeiro, 24 de xaneiro, será inaugurada no Auditorio Municipal a exposición Paraísos non tan lonxanos. Un percorrido submarino a través da fotografía, organizada polo Grupo de Estudios do Medio Mariño (GEMM).
A exposición componse de 22 fotografías realizadas por diversos membros deste grupo, nas súas incursións por augas das rías galegas. Nelas recóllense asombrosas imaxes das especies que habitan nas nosas costas: medusas, cabaliños de mar, moluscos, esponxas, anémonas xoias... coas que se pretende, por unha parte difundir a beleza dos fondos mariños e, pola outra, concienciar á cidadanía da necesidade de conservación das especies, algunhas delas en perigo de extinción.
A exposición estará aberta ata o próximo 25 de febreiro.
O acto inaugural, que terá lugar ás 20 horas, estará presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contará coa intervención de Jacinto Pérez, presidente do Grupo de Estudos do Medio Mariño.
Ribeira: Aguiño acolle unha discontinua "Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño" post.ly/4uoYT Cultura: "Amigos e sodomitas", do ribeirense Carlos Callón, gaña o premio Fervenzas Literarias post.ly/4uoys Música: volven arrexuntarse Heredeiros da Crus, a banda nada en Castiñeiras, Ribeira, hai 20 anos post.ly/4u4zm Ribeira: presentado avance do plan xeral de ordenación municipal aos grupos políticos do pleno post.ly/4tydv
Comentarios [0]
Boiro: ata o 22 de febreiro, "Encontros", do fotógrafo Candiño, do colectivo Olláparo, no centro social post.ly/4rgr0
— Certo (@Certo) January 16, 2012
Boiro: o xoves 19 de xaneiro, primeira actividade da Red Innpulso, sobre medio ambiente e reciclaxe post.ly/4rgxL
— Certo (@Certo) January 16, 2012
No te pierdas "Tod@s con Paula - Boiro - ROCK POR PAULA" a las Sábado, 21 de enero desde las 21:00 hasta las 0:00... fb.me/Z6R9MaOu
— BOIKOT (@BOIKOTBAND) January 11, 2012

Rock por Paula: o 21 de xaneiro na discoteca Tonos
Comentarios [0]
Aínda se pode ver na sala Francisco Creo. É unha exposición que comezou en decembro do ano pasado. Quen é Baldo Ramos?Escritor e artista plástico. Consulte a súa traxectoria na Galipedia
Noia: Baldo Ramos amosa os seus "Libros para habitar" no Liceo post.ly/4rgGG
— Certo (@Certo) January 16, 2012
Comentarios [0]
Comentarios [0]