Preme para voltar á portada
Filed under

Festa da Dorna

 

Ribeira: decídense este sábado 19 os premios "Salvador Daquí" e "A Jata Ruín de la Praia"

Media_httpfarm6static_jddgt

O cartel gañador do ano pasado que se levou o "Salvador Daquí"

Ribeira, 16 de maio de 2012. A Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna convoca a tódalas peñas dorneiras a participar na Segunda Asamblea de Peñas Dorneiras de cara á celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna, terá lugar o vindeiro Sabado 19 de Maio de 2012 ás 20:32 no local da Cofradía (soto do Palco de Pedra, Avda do Malecón, Ribeira).

Temas do día

Farase a presentación de deseños de cara aos concursos Salvador Daquí (Cartel da Festa da Dorna 2012) e A Jata Ruín de la Praia (Debuxo das Sudadeiras Dorneiras 2012) e a correspondente votación a man alzada para cada un dos concursos. Recórdase aos participantes que o máximo de cores permitido no deseño da Sudadeira son 5 máis a cor da sudadeira (malva).

Tamén se comentarán as principais actividades das que constarán cada un dos días da LXIV Singladura da Festa da Dorna, solicitarase a os socios pendentes de actualización que actualicen os seus datos e a tódolos peñeiros que inda non sexan socios que se animen a formar parte de esta asociación.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2012   Festa da Dorna   Festas   Ribeira   cofradía da Dorna  

Ribeira: a Festa da Dorna deste ano xa comeza a definirse

  • En 2012 conmemóranse as vodas de prata das peñas fundadoras, que levan 25 anos dando o callo e tocando o c...
  • A festa cadra este ano (fagan axenda, logho non dighan) do 20 ao 24 de xullo, co baile de gala final o 28 de xullo
  • Queda aberto o prazo para presentarse aos premios A Jata Ruín de la Praia (deseño de camisolas e suadeiras) e Salvador Daquí (cartel da festa)
  • A seguinte asemblea é o 19 de maio, sábado

Media_httpfarm7static_eesyb

Obxecto voante non idiotizado na Festa da Dorna

Ribeira, 30 de abril de 2012. O pasado sábado, 28 de abril, a A. C. Real e Ilustre Cofradia da Dorna convocou a primeira asamblea de peñas de cara á organización da LXIV Sinjladura da "Festa da Dorna" na cal se celebrará o 25 aniversario das peñas fundadoras.

Nesta asemblea, á que acudiron 23 representantes de 14 peñas, escolleuse por votación a man alzada a cor da sudadeira, que este ano será malva, cun resultado de 16 votos a favor. Outro dos puntos do día foi a presentacion dos días da festa que este ano dará comezo o venres 20 de Xullo e rematará coma tódolos anos o 24 de Xullo, sendo o Baile de Gala o sábado 28 de Xullo.

Media_httpfarm7static_blhef

Obxecto flotante con dorneiros estresados a babor

Por último, abriuse prazo para presentar tanto os deseños para a sudadeira (Premio A Jata Ruín de la Praia) como o cartel da festa (Premio Salvador Daquí), que se escollerán por votación a man ergheita na vindeira asemblea de peñas que está prevista para o sábado 19 de maio.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Confraría da Dorna   Festa da Dorna   Ribeira  

Ribeira: a Cofradía da Dorna celebra este sábado 28 a súa primeira asemblea de peñas de 2012

Primeira_asamblea_de_peas_2012

 

Ribeira, 25 de abril de 2012. A Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna convoca a tódalas peñas dorneiras a participar na Primeira Asamblea de Peñas Dorneiras da LXIV Singladura da Festa da Dorna. Celebrarase o vindeiro sábado 28 de abril de 2012 ás 20:32 no local da Cofradía (soto do Palco de Pedra, Avda do Malecón, Ribeira).

Como temas principais, informa Arturo González Mariño, vicepresidente da Cofradía, "están a presentación dos días dos que constará a Festa da Dorna 2012, a celebración da votación para a elección da cor das sudadeiras dorneiras para esta singladura entre outros temas de interese".




Antes, en Certo:


Cofradía da Dorna: Jacob Moraña, novo presidente



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Confraría da Dorna   Festa da Dorna   Ribeira   asemblea  

Ribeira: ata este venres 23 para mandar artigos trangalleiros a La Vos de Jalisia

Click here to download:
Vos Jalisia 2010.pdf (1.89 MB)
(download)

Lea o do ano pasado para irse entonando. Non coma mentres lle bota un ollo: a Cofradía da Dorna non se fai cargo de esghanamentos!

Ribeira, 20 de Nadal de 2011. Todos os dorneiros e dorneiras con folghos para escribir un bo artigo ou alomenos divertido están convidados a participar na publicación La Vos de Jalisia, que cada ano invade Ribeira o 28 de Nadal, día dos Inocentes -agora os do 15M tamén lle chaman Día dos Votantes-. Esta edición faise en tono surrealista e está chea de bo humor, dende a retranca máis fina ata o esbardalle máis forte, pasando polos que alanghrean coa aghulla de marear.


Todos os artigos deberán enviarse ao correo de contacto da cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com ata este venres 23 de decembro e todos os que entren na liña habitual da publicasión formarán parte, coma sempre, anonimamente, da edición deste ano 2011, segundo informou, atentamente -faltaría máis!- Arturo González Mariño, presidente en funcións da R.e I. Cofradía da Dorna


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Confraría da Dorna   Festa da Dorna   Ribeira  

Festa da Dorna: este sábado 30, en Ribeira, último foguete, co Baile de Gala

  • Ou vides "elejantes" ou escusades vir, amij@s

Media_httpfarm5static_fkjbz

BAILE DA DORNA

O vindeiro Sábado 30 de Xullo terá lugar o Baile de Gala da Festa da Dorna no Circulo Mercantil de Ribeira dende as 23:00, alí nos reuniremos coas nosas mellores galas todos os dorneiros e dorneiras para rendir homenaxe á tradición máis arraigada da Festa da Dorna, a cal se conserva dende a I Singladura alá polo 1948 cando coñecido como Baile da Dorna, foi o nacemento desta festa que hoxe en dia se volveu un referente no panorama galego e do resto do estado.

Alí entregaranse a Poutada de Ouro, máximo distintivo da R. e I. Cofradía da Dorna, a algunha dorneira ou dorneiro ilustre co fin de premiar os seus esforzos pola Festa da Dorna. Ademáis teremos algún recoñecimento máis e todo isto amenizado polo dúo Yesterdey. Como é tadrición realizarase a entrega da Flor Natural a todos os asistentes, feitas este ano pola peña As LLapras do Stop.

Dorneiros e Dorneiras collede as vosas mellores galas, e vinde bailar o Mercantil!!!

Por todo esto ben debes vir ao Baile, e vir de gala pois esto vai totalmente en serio e se non ves de gala xa non veñas, cumplide cos requisitos do baile e evitade discusións sen sentido.

VIVA A FESTA DA DORNA!!!!

Rifa Dorneira 2011

O pasado Sábado 23 de Xullo rematou a rifa dorneira saindo premiado o boleto correspondente ao 085 así que si es portador deste boleto ponte en contacto coa Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna, email: real-e-ilustre@cofradíadadorna.com ou no telefono 617535761, para que podamos entregarche o vale por unha cea para dúas persoas no Restaurante Aljan, situado na Rúa Miguel Rodriguez Bautista frente ao colexio O Grupo, nunha das Casas Baratas. Non deixes pasar esta oportunidade.

A todos os participantes moitisimas gracias por colaborar, coa vosa aportación faise o camiño para seguir sendo a mellor festa de Galicia, FESTA DA DORNA. Ademáis a R. e I. Cofradía da Dorna seguirá todo o ano con múltiples actividades para que todos disfrutemos mentres non chega a LXIV Singladura.

Vista: http://www.noticiasdorneiras.blogspot.com/
Reenvía esto a quen poida interesar.Evita spam.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festa da Dorna   Ribeira  

Ribeira: "pojrama" da Festa da Dorna deste ano 2011

Media_httpfarm6static_pbsdb
Click here to download:
Dorna_pojrama2011.pdf (451 KB)
(download)
Antes, en Certo:

Conclusións da derradeira asemblea

Ribeira, 12 de xullo de 2011.O pasado sábado 9 de xullo, na Casa do Mar de Ribeira, tivo lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas dorneiras de cara á celebración da LXIII Singladura da Festa da Dorna. Os temas princiapais a tratar foron pechar todas as cuestións relativas á organización de Xogos e Actividades da Festa da Dorna. Así, xogos que quedaran sin confirmar xa foron ratíficados polas mesmas peñas ou asumidos por novas peñas desexosas de colaborar.

Media_httpfarm5static_isztu

A Rejata Cutre Shark de embarcacións Feitas a Machada e Propulsadas a Pan de Millo vai seguir sendo organizada polos Persebes coma Puños e contarán coa colaboración da peña nova Me Aplaude la Almejita, dentro dos Xogos de Terra os Xogos para nenos serán organizados polo Mexillóns + Cabróns e si o precisan contaran coa colaboración dos Cao Boys, tamén inscribiuse os novo xogo O Neimar Dorneiro (Lenjuados Envriajados), o Tiratacos voltará a ser organizado polos Persebes coma Punhos e Cajaboy Island continúa con Mecajo na dieta e Malote's Party, volta o Xogo tradiciona a Billa (Arría o Jallo e Berberechos Asasinos).

Media_httpfarm5static_fnfee

Dentro dos Xogos de Mar os Rape´s confirmaron a súa continuidade con Isa-la Candorca e Lansamento de Risón ambos xogos teñen versión masculina e feminina, Os Cao Boys continúan con Saltos dende o paredón e Cajaboy Island co Achikeitor.

Media_httpfarm5static_dgoxt

En canto ao voo sen motor repartironse unhas follas coas bases do concurso para quen quede lugar a dúbidas, en canto ao Maratasón (Carallos de Rei) confimouse que será ás 21:00 do Mercores 20 de Xullo e a final ás 17:00 do 24 de Xullo durante a Romería Dorneira. As Lampreas máis Preas continúan coa organización da Macroqueimada. O Exame de Patróns será organizado por Cajaboi Island.

Rock'And'Orna

No que atinxe á música, actuarán no Rockandorna do país: 8 Ferrados, Talón de Aquiles, Generación Perdida, De Fe Caos, Entrelineas e Basura de la Buena. No rockadorna The Covers e no Rockaandorna fin de Festa Miguel Costas e Ruxe Ruxe. Teremos as charangas O Santiaguiño, Os Jalochos e Os Kilomberos de Montealto.

Media_httpfarm5static_myyci

O Baile de Gala celebrarase no Círculo Mercantil de Ribeira o Sabado 30 de Xullo amenizando o Dúo Yesterdey, é preciso vestir de Gala. Cancelouse a actividade prevista Rock in Muxo, polo cal retrasaranse as Carrilanas.

Concursos

En canto ao tema de anotarse a concursos, xa están abertos os listados:
-Maratasón (ata as 19:00 do 20 de Xullo no Castelao) deixar unha nota na caixa correspondente donde estarán as bases para participar. (Carallos de Rei)
-Enjalanamento de Fanequeiras (en Pepe´s ou no Capri ata o 19 de Xullo) apuntarse na lista. (Ratos da Illa e Muxo Beti)
-Canción de Tasca (en Pepe´s ata o 20 de Xullo) apuntarse na lista. (Tabeiróns Caralludos)
-Facho Dorneiro (ata o 18 de Xullo) no email real-e-ilustre@cofradiadadorna.com (Os Serráns máis Marráns)
As peñas Feitos Polvo, Carallos de Rei, Sija la Raia, as Robalisas e CAo Boys unironse os Pateiros Palangreiros, Pintos Joden Quintos e A NAsa para colaborar no Juateke dorneiro feito que a Cofradía da Doran agradece moito.

Recórdaselle a tódalas peñas novas que o Xoves 21de Xullo ás 22:00 deben presentarse no Palco para tratar de superar o Necesario Exame de Patróns, condición indispensable para ser peña dorneira e poder participar en todolos Xogos e Actiuvidades Dorneiras.

Por outra bande recordóuselle aos asistentes que xa se pasaran as cuotas dos socios e que todos aqueles socios que non recibiran a súa cuota e estean interesados en continuar sendo socios da Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna deben poñerse en contacto: real-e-ilustre@Cofradiadadorna.com para actualizar os seus datos. Os Novos socios que non recollestedes os vosos carnets de Dorneiro Acreditado debedes poñervos en conctaco coa Cofradía no mesmo email ou pasadevos o mércores 20 de Xullo pola mostrador do churrasco que haberá durante o Rockandorna do país.

Media_httpfarm5static_jpnay

Respeto á autoridade

A Cofradía a Dorna solicita respeto por todos os corpos de seguridade do estado (protección civil, policía local e policía nacional), polas peñas organidadoras de cada unha das actividades e por todos eses dorneiros que botan unha man, os cales colaboran para que a Festa da Dorna se leve adiante da mellor maneira posible. Así que recordase a todolos asistentes que nas carrilanas non se pode sair das beirarúas e si hai xente na calzada paranse ata que se retiren.

Cabe sinalar que dita asamblea contou con 80 asistentes en representación de 35 peñas dorneiras, apuntou Arturo González Mariño, presidente da Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

-Comando Dorneiro
-Carallos de Rei
-Muxo Beti
-Me aplaude la almejita
-Os Pintos Joden Quintos
-Os Serráns máis Marráns
-Cajaboi Island
-Ratos da Illa
-Cabuxos do Mar
-Vikinjos da Tomasa
-De rape mental
-Pintos de Verán
-As fanecas van ás Suecas
-As volandeiras en salsa de chumeira
-Que polbaso tes
-Sija la raia
-Isco de Jalisco
-Pescadillas con ladillas
-Las cigalas del Koala
-The lirios tremens
-Estou que eskacho
-Os mexillóns + cabróns
-As riquesas da ría
-Estudias, traballas ou colles navallas
-O Rapante do Mercante
-Parrochas Papudas
-Feitos Polbo
-Lenjuados envriajados
-Tallantes con tirántes
-As Navallas de Palmeira van de putas a Ribeira
-Cao Boys
-Arría o Jallo
-As Javotas van Jopas
-Caracolas en Xirolas


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2011   Festa da Dorna   Ribeira  

Festa da Dorna: sorpresas na decoración de Fanequeiras deste ano

  • O xurado comeza a puntuar dende este mércores 20 de xullo
Media_httpfarm4static_yrknw

 Ribeira, 18 de xullo de 2011. Muxo Beti e Ratos da Illa, peñas organizadoras da “Decorasión de Fanequeiras”, informan que, a partires desta fin de semana, as peñas interesadas en participar na decorasión de fanqueiras xa poden inscribirse en Pepe´s  ou no Bar Capri.

 Muxo Beti e Ratos da Illa animan a todas as peñas a participar nesta edición da “Decorasión de Fanequeiras” que, ao igual que en edicións anteriores, trae novas sorpresas para as peñas participantes.

 Nos últimos anos a “Decorasión de Fanequeiras” foi protagonista en varios programas e medios de comunicación ( Bricomanía, TVG, etc.) e repartiu divertidos premios entre as peñas vencedoras. Para esta edición, as peñas organizadoras están a preparar novas sorpresas das que se dará conta nos próximos días.

 Asimismo, informan de que o xurado encargado de visitar as fanequeiras comezará o seu percorrido polas mesmas o mércores 20 de xullo ás 17.00h.

Antes, en Certo:


Dorna: novos xogos e novidades para este ano



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festa da Dorna   Ribeira  

Ribeira: convocatoria para decorar fanequeiras na Festa da Dorna

Media_httpfarm4static_hdiur

Este sospeitoso parece de Ratos da Illa

   

Ribeira, San Fermín de 2011. Muxo Beti e Ratos da Illa, peñas organizadoras da “Decorasión de Fanequeiras”, informan que, a partires desta fin de semana, as peñas interesadas en participar na decorasión de fanqueiras xa poden inscribirse en Pepe´s  ou no Bar Capri.

 Muxo Beti e Ratos da Illa animan a todas as peñas a participar nesta edición da “Decorasión de Fanequeiras” que, ao igual que en edicións anteriores, trae novas sorpresas para as peñas participantes.

 Nos últimos anos a “Decorasión de Fanequeiras” foi protagonista en varios programas e medios de comunicación ( Bricomanía, TVG, etc.) e repartiu divertidos premios entre as peñas vencedoras. Para esta edición, as peñas organizadoras están a preparar novas sorpresas das que se dará conta nos próximos días.

 Asimismo, informan de que o xurado encargado de visitar as fanequeiras comezará o seu percorrido polas mesmas o mércores 20 de xullo ás 17.00h.

Para os que non saiban que son as fanequeiras:

Pode que tamén lle interese:


 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festa da Dorna   Ribeira  

Ribeira: este sábado 9, nova e derradeira asemblea da Cofradía da Dorna

Media_httpfarm6static_gqsdg

Ribeira, 6 de xullo de 2011. O vindeiro sábado 9 de xullo terá lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas de cara LXIII Singladura da Festa da Dorna, que desta volta celebrarase no salón de actos da Casa do Mar ás 20:03.

Ésta será a derradeira oportunidade para participar na organización da festa e botar unha man á xente que traballa por ela. Os temas a tratar serán principalmente pechar todo o relativo aos xogos e actividades Dorneiras, distribución da  colaboración das peñas entre as actividades e xogos. Ademáis poderase propoñer calquera actividade nova, preguntar dúbidas aos organizadores das actividades que estean presentes e apuntarse ao Facho Dorneiro, que é a actividade inaugural da Festa da Dorna 2011.

Por outra banda, os novos socios poderán recoller os seus carnés de Dorneiros.


No que atinxe ás sudadeiras dorneiras que, como xa se sabe son brancas e levan o deseño de Mª José Fernández García da peña Comando Dorneiro, gañadora do premio A Jata Ruín de la Praia, estarán á venta dende este venres 8 de xullo ata esgotar existencias, ao módico prezo de 14€, en Podium Sport (Rúa 9 de Agosto, ver mapa coa ruta dende a Praza do Concello). Recoméndase levar os cartos xustos para colaborar a evitar problemas co cambio.


Antes, en Certo:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festa da Dorna   Ribeira  

Ribeira: a Festa da Dorna recibe a colaboración do Club Baloncesto Riveira, que a promocionará en Asturias

(download)

Ribeira, 22 de xuño de 2011. A Asociación Cultural  Real e Ilustre Cofradía da Dorna  recibe a colaboración do Club Baloncesto Riveira. Este club promocionará a Festa da Dorna en Asturias no III Torneo Internacional de Baloncesto Base "Fuentes del Narcea", que se vai celebrar entre os días 23 e 27 de xuño. Os equipos das categorías Infantil  Masculino e Femenino máis Cadete Masculino lucirán unhas camisetas cos logos das dúas entidades e unha publicidade da Festa da Dorna nas costas,  que poderán ver os 40 clubs que participan e que van a Asturias dende lugares tan dispares como Málaga, San Sebastián ou Madrid.

A R. e I. Cofradía da Dorna agradece esta colaboración e o espiritu dorneiro que demostran ao club Baloncesto Riveira e tamén a Jesús Parada Miniño, experto micólogo e autor do deseño da Camiseta. Con este tipo de accións consíguese que se coñeza máis se cabe os nomes da Festa da Dorna e de Ribeira por toda España.

Relacionada:


Dorna: novos xogos e novidades para este ano



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festa da Dorna   Ribeira   asociacionismo  

Ribeira: a Cofradía da Dorna realiza un chamamento para captar socios. Resultado da asemblea de peñas dorneiras do sábado 18

  • Ollo: novos xogos ideados polas peñas!
  • Volven as canicas e A Raia, da man de Pintos joden Quintos
  • Tema para Voo sen Motor: Naves Espaciais. Deseña o teu OVNI!
  • E non te esquezas de colaborar coa Festa: merca rifas e sudadeiras.

Media_httpfarm5static_kddrl

Ribeira, 20 de xuño de 2011. Este sábado 18 de xuño de 2011 tivo lugar a terceira asemblea de peñas dorneiras de cara á LXIII Singladura da Cofradía da Dorna. Achegáronse 75 peñeiros en representación de 28 peñas e o tema principal foi o reparto dos diferentes xogos e actividades da Festa da Dorna entre as peñas.
Unha gran parte dos xogos principais seguen a ser organizados polas mesmas peñas que xa os levaron adiante con éxito na edición anterior da Festa. Unha parte dos xogos quedaron pendentes para a próxima e derradeira asamblea na cal, se non se comprometen as peñas que xa os levaron a cabo na anterior singladura pasarán a ser organizados polas peñas que a tal efecto se apuntaron nesta asemblea.
Cabe destacar que a creatividade dorneira segue adiante así este ano haberá os seguintes xogos novos:
-Jústache a fariña: organizan Serráns mais Marráns e Persebes fan os Deberes.
-Twister: organiza Derrape Mental
-Jami Jabulani: organiza A Tuna Nejra

E xogos tradicionais que volven como son:


- Canicas: organizan Pintos Joden Quintos.
-A Raia: organizan Pintos Joden Quintos.
Voo sen Motor temático: este ano, Naves Espaciais!!!
Media_httpfarm5static_kbszo
Por último, os organizadores do Jran Premio Icaro de Voo sen Motor (Vikinjos da Tomasa e O Bonito mais Presioso) someteron a votación peñeira (un voto por peña)  a posibilidade de puntuar neste xogo por temática saíndo esta proposta aprobado e propoñendo o tema: Naves Espaciais. Así, terá un valor especial para o xurado os deseños de este tipo, sen deixar de lado a orixinalidade, variedade e calidade habituais. Esta proposta sae co fin de orientar a quen non saiba que facer e darlle un valor engadido ao tema, non sendo condición necesaria nin suficiente para gañar.

Ademáis pediuse colaboracion para outras actividades menos agradecidas como O Juateke dorneiro que organiza a directiva, ao que se apuntaron as peñas:


-Pateiros Palangreiros.
-Pintos Joden Quintos
-A Nasa

Por outro lado a A. C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna agradece a toda a xente que se fixo dorneiro e dorneira acreditados entregando as súas solicitudes de socios da Real e Ilustre Cofradía da Dorna  e colaborando así a levar adiante as múltiples actividades que se levan acabo cada ano entre as que destaca a Festa da Dorna. Todos podedes asistir á seguinte asamblea de peñas que terá lugar o 9 de Xullo de 2011 ás 20:03 no Conservatorio Municipal (Casa da Cultura).

Colabora coa Festa da Dorna: merca Rifas Dorneiras e sudadeiras!!!
Ademáis destes temas recordouse a tódolos peñeiros que segue á venta a Rifa Dorneira (unha cea para dous no Restaurante Aljan) , 1€ por boleto no cal reultarase gañador se coincide o número cos 3 derradeiros díxitos da Loteria Nacional de 23 de Xullo e que o 4 de Xullo saen á venta as sudadeiras dorneiras por 14€ en Podium Sport.

Con esto pechouse a asemblea e emprazouse á xente para a seguinte e animando a todalas peñas a colaborar para facer a súa festa.

Antes, en Certo:
Ribeira, 16 de xuño de 2011. O vindeiro sábado, 18 de xuño, ás 20:03 horas, terá lugar a terceira asemblea de peñas dorneiras de cara á celebración da LXIII Singladura da Festa da Dorna.
Será no Conservatorio Municipal (Casa da Cultura). Espérase a participación de todas as peñas, pois preténdese decidir quen organiza cada unha das múltiples actividades e xogos dorneiros, así como recibir as propostas dos peñeiros participantes de novas actividades co fin de encaixalas na Festa da Dorna 2011 para a cal queda pouco máis dun mes.
Pódense entregar os datos para facerse socio ou actualización de datos de socios ata este día para ser dorneiro acreditado este ano. Dende a Cofradía agárdase a colaboración de todo os dorneiros para levar adiante a Festa e lémbrase que inda están a tempo as peñas novas de apuntarse para ser peña legal nesta Singladura.

Antes, en Certo
Media_httpfarm5static_zzgxc

A toda fanequeira, que os santos axudan nas costas embaixo!

Ribeira, 8 de xuño de 2011. Como cada ano, a Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna está a piques de pasar as súas cuotas de socios, feito que ocurrirá entre o 20 e 24 de Xuño. "Dende a cofradía queremos que ningún socio se quede sen colaborar así que fixemos este documento para que poidades actualizar os vosos datos, xa que as cuotas pásanse tódolos anos e precisamos actualizar os arquivos. Ademáis pensamos que esta asociación debe ter a maior cantidade de socios posibles polo cal levamos dende que o euro é euro sen subir as cuotas (10€ ao ano) porque preferimos ser máis e máis dorneiros que facelo algo exclusivo", explica a asociación na súa bitácora.
"Así que se desfrutas da FESTA DA DORNA (festa de interese turístico galego), se fostes á mágnifica ANDAINA a ONS do sábado e domingo pasados, se che gusta a CARREIRA DO CORGO teñas ou non peito para correla, se les tódolos anos LA VOS DE JALISIA e o CADERNO DE BITÁCORA (POJRAMA DORNEIRO) esperando saír ou non, se fostes aos CICLOS DE ANDAINAS DE OUTONO e INVERNO ainda que chova, se fostes á ESCOLA DE VELA, ou á ESCOLA DE MÚSICA ou á ESCOLA DE REMO ou se che gustaría participar nalgo así, se eres Peñeiro e queres SER DORNEIRO non o dubides máis: ENROLATE NA COFRADÍA DA DORNA!!!", sentencian.

Envía a seguinte información a:  apartado de correos  16 de Ribeira, A Coruña.CP: 15960. ou por email a Real-e-Ilustre@cofradiadadorna.com tamén podes copiar o seguinte texto e entregalo impreso na seguinte asamblea de peñas dorneiras (sabado 18 de Xuño de 2011 ás 20:03 no Conservatorio Municipal) ou deixalo antes de sabado 18 de xuño na A Taberna do Riaso.
========================================================

Datos  Peroais/Datos Personales:
·         Nome/Nombre:………………………………………………………………….
·         Apelidos/Apellidos:…………………………………………………………….
·         DNI:………………………………………….………………………………………….
·         Peña:……………………………………….………………………………………….
·         Son socio: (SI/NON)…………………………………………………………….
·          Nº Socio:……….……………………………………………………………………
·         Enderezo/Dirección:……………….………………………………………….
·         CP:……………………………………………………………………………………….
·         Telefonos de contacto:…………….………………………………………….
·         Correo-e:…………………………………………………………………………….
Autorización Bancaria:
Sr. Director ou Directora da Caixa ou Banco:……………………..…………………………………………….
Enderezo da oficina:…………………………………………………………..…………………………………………….
Prégolle que acepten os recibos correspondentes á cuota como socio/a da Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ ao ano con cargo á miña conta,
Nº de conta (20 dígitos):     ____-____-__-__________
Sr. Director o Directora de la Caja o Banco:……………………..…….………………………………………….
Dirección de la oficina:……………………………………………………………………………………………………….
Ruego  que acepten los recibos correspondientes a la cuota como socio/a de la Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ al año con cargo á mi cuenta,
Nº de cuenta (20 dígitos):     ____-____-__-__________
Para que así conste asino/firmo:

=============================================================

Bitácora de referencia: http://noticiasdorneiras.blogspot.com



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festa da Dorna   Ribeira   cofradía da Dorna   publicidade  

Ribeira: Xandomar doou ao Museo Municipal trebellos vencellados ao mundo da dorna

  • Os útiles aportados reciben os nomes de segadoira, cotelo, raña, estronca e vertedoiro.

(download)

Ribeira, 10 de xuño de 2011. A Casa Museo Municipal de Ribeira recibiu esta mañá unha nova doazón, esta vez do veciño de Castiñeiras Juan Pérez Martínez, Xandomar, mariñeiro xubilado e un dos máximos expertos en materia de dornas existentes hoxe en día, como se pon de manifesto no seu libro “Dorna polbeira de Castiñeiras”. 

O edil Luciano Fernández, acompañado da directora do museo Pilar Casas, foi o encargado de recibir a doazón de distintos útiles ligados coa dorna: unha segadoira, un cotelo, a raña, a estronca e un vertedoiro. 

Ademais, Xandomar cedeu en depósito a réplica dunha dorna polbeira elaborada por Manuel Torres. 

Luciano Fernández destacou a importancia desta doazón porque se está a contribuír así a que o museo municipal se siga orientando cara o mundo do mar, como é intención da Corporación Municipal.

Antonte, no mesmo lugar:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festa da Dorna   Museo Municipal   Ribeira   doazón