Preme para voltar á portada
Filed under

Festas

 

Boiro: xa se poden ver na rede vídeos da procesión marítima do Carme de Abanqueiro


Vídeo de Dani Gestoso (webmaster de Webboiro.com)


Vídeo de Dani Rodríguez, feito especialmente para http://webboiro.com co apoio de Alén Pérez Maneiro e o citado Dani Gestoso, así como coa axuda de Carlos Vilas e Sara Hermo.

Non se descartan novos traballos de Dani Rodríguez para webboiro.com, pois colabora tamén con DesdePobra.com, onde fixo o vídeo do Carme dos Pincheiros:

   

Os integrantes de Webboiro agradecen este traballo, que louvan e califican como "excelente". Dani Rodríguez é o webmaster de www.oquepasadiaadia.com



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Abanqueiro   Boiro   Festas   webs   youtube  

Outes: polémica pola celebración das festas parroquiais de Entíns, que son este sábado 17 e domingo 18

  • A asociación de veciños de Entíns e Tarás denuncia que persoas "totalmente alleas á comisión de Festas, aproveitándose da boa vontade e xenerosidade dos veciños de Outes, recadaron cartos enganando aos veciños, co fin de facer unha festa para o seu propio beneficio"

Media_httpfarm7static_tdotq

O sábado haberá inchables para os máis pequenos

Outes, 13 de setembro de 2011. A directiva da Asociación de Veciños de Entíns e Tarás A.V.E.T., con domicilio en  Outes, "lamenta profundamente a situación xerada arredor das festas na parroquia de Santa María de Entíns e rexeita publicamente o modo de proceder de persoas totalmente alleas á nosa asociación e á Comisión de Festas de Entíns que, aproveitándose da boa vontade e da xenerosidade dos veciños do concello de Outes, recadaron cartos enganando ós veciños, co fin de facer unha festa para o seu propio beneficio, que nada ten que ver coas festas da parroquia".

Segundo explican en nota de prensa, "ao parecer, estas persoas, non estaban de acordo co lugar elixido pola comisión de festas para a celebración da verbena do sábado día 17 de setembro, pois o lugar elixido era na zona do Conchido. Unha destas persoas quería levar o palco da orquestra para diante do seu local de copas situado na rúa Agro das Mozas, a escasos 50 metros do lugar previsto pola comisión, decisión que desatou o seu malestar e razón pola cal comezou a recadar diñeiro entre veciños e locais comerciais de Outes, Noia e Esteiro para organizar a súa propia festa no mesmo día".

A polémica xurdiu cando a comisión de festas de Entíns se decata, por medio de numerosos afectados que colaboraron con estes individuos, que o argumentado para recadar estes cartos é que serán empregados para celebrar as festas de Entíns, cousa totalmente falsa, pois as festas de Entíns son organizadas pola comisión de festas vinculada á asociación veciñal da parroquia.

"Estes feitos foron negados polo responsable desta idea quen, finalmente, non conseguiu os permisos pertinentes para cortar a rúa e instalar o palco, motivo polo cal se viu obrigado a cambiar o lugar de celebración da súa festa, a cal foi traslada ó Karting Ayrton Senna. Dende a nosa asociación consideramos que os donos do Karting non eran sabedores de toda esta maraña de mentiras cando lle aceptaron ó señor D.L.V. a cesión do lugar para celebrar esta festa polo que consideramos que non son responsables destes feitos e foron utilizados igual que as persoas que deron os cartos", explican dende a asociación veciñal.

Moitos locais comerciais e profesionais que aportaron sumas de diñeiro a esta xente "estase a atopar coa sorpresa de que a súa publicidade non sae no cartel das festas, e ó preguntar a membros da nosa asociación polos motivos, estanse a dar conta do engano. A directiva da Asociación de Veciños de Entíns e Tarás A.V.E.T. pide desculpas a todos os afectados pola manipulación indebida que se fixo ó utilizar o nome da nosa parroquia para beneficio dun particular. Entendemos que é especialmente lamentable que alguén se aprobeite así dos veciños en tempos de crise, nos que todos valoramos máis o pouco que se poida contribuír para organizar un acto festivo destas características. Asemade, queremos agradecer a todos os veciños que colaboraron con nós para organizar estas festas a súa xenerosidade e ós membros da comisión de festas de Entíns a súa labor", láianse.

"Aproveitamos para convidar a todos os veciños de Outes e dos concellos de arredor, que se acheguen a celebrar, con nós as festas en honor á Virxe das Dolores e a San Roque. A festa organizarase diante do Campo Municipal do Conchido co seguinte programa:

SÁBADO 17:

Teremos un parque infantil e inchables para os máis cativos.

Tamén haberá, durante a tarde, xogos populares e degustación de tortillas....

Non faltedes ó  partido de fútbol 7 de solteiras contra casadas.

Pola noite agárdanos unha gran verbena amenizada por: 
TRIO ECLIPSE

GRUPO DE ROCK CAMPIN HUSH

Teremos rosca e queimada para todos, así aguantaremos mellor a noite. 

DOMINGO 18:

A partir das 10.00 h. dianas a cargo do grupo de gaitas Rumbia e 
á 13.00 h. misa solemne cantada polo Coro de Entíns na honra da Virxe das Dolores.

Arrechégate a Entís!"

Antes, en Outes:


Arqueoloxía: "Terra de Outes" pronúnciase a prol da conservación completa do atopado en Taramancos Vello


Memoria histórica: quen era Luis Barrena?


Xardín da memoria: onde asasinaron a Barrena



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Outes   polémica  

A Pobra: cartel e programa do Nazareno 2011, do venres 16 ao luns 19 de setembro

Porto do Son: cartel e programa de Festas da Balbanera, en Nebra

P9111228

 

  • Tódolos días ás 9 do serán, novena á Virxe das Dores e da Balbanera

Sábado 17 Setembro

Verbena aprazada o día do Carme amenizada pola Orquestra

TROPICANA

Domingo 18 Setembro

Na honra da Virxe das Dores

Pola maña: Dianas e Alboradas a cargo dun Grupo de Gaitas do País
Ás 08:30 h. Haberá Misa
Ás 13:30 h. Misa Solemne e despois sairá a Procesión
A continuación actuación do Grupo de Pandereiteiras FALCOEIRA de Nebra

Sesión Vermú a cargo da orquestra ALCAZAR
De 17:00 a 20:00 Teremos toro mecánico, «futbolín humano: Subvenciona o Concello de Porto do Son»
Pola noite: Gran Verbena amenizada pola gran ORQUESTRA

ALCAZAR

Luns 19 setembro

Na honra de San Antón

Pola maña: Dianas e Alboradas a cargo dun Grupo de Gaitas do País
Ás 09:00 h. Haberá Misa
Ás 13:30 h. Misa Solemne e despois sairá a Procesión
Sesión Vermú a cargo da orquestra Bohemia
Pola noite: verbena a cargo da fabulosa ORQUESTRA

BOHEMIA

Martes 20 setembro

Romaría na honra da Balbanera

Pola maña: Dianas e Alboradas a cargo dun Grupo de Gaitas do País
Haberá misas as 9:00, 10:00 e 11:00 h
De 12:00 a 13:00 h. Concerto da Banda de Música de Caamaño

Ás 13:00 h. Misa Solemne e Procesión, a continuación tradicional Poxa da Cera
Sesión vermú a cargo da Orquestra POCEIRO
Pola noite: verbena amenizadas polas ORQUESTRAS

POCEIRO E IMPACTO

Ás 12:30 da noite: sorteo de unha TV-LG, doada por Limpezas Galinor

A Comisión de Festas deséxalles unhas boas Festas aos Veciños e Visitantes.
Gracias a todos pola súa colaboración

Colabora: Concello de Porto do Son

Vía

.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Paco do Martelo   Porto do Son  

Ribeira: programación e carteis das Festas Patronais de Santa Uxía, o 11 e 12 de setembro

Cartel_santa_uxia_riveira_2011
Ribeira, 9 de setembro de 2011. A solemnidade dos actos relixiosos propios das Festas Patronais de Santa Uxía irán da man dun nutrido cartel de actividades lúdicas, musicais e culturais nunha edición que terá lugar o domingo 11 e o luns 12 de setembro. A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e o cura párroco de Santa Uxía, Cesáreo Canabal, foron os encargados de explicar polo miúdo o programa de eventos.

O programa da festividade está organizado dende a Concellería de Cultura e Festexos coa colaboración da Parroquia de Santa Uxía, das Concellerías de Deportes e Xuventude e outras entidades como a Asociación Amas de Casa, a Asociación Bitoque, a Deputación da Coruña ou o Ateneo Valle-Inclán. 

Cesáreo Canabal explicou a parte relixiosa. Ás 20 horas do domingo terá lugar unha misa solemne na igrexa parroquial de Santa Uxía cantada pola Coral Montemar, agrupación que seguidamente dará aos asistentes cun concerto.

Polo que respecta ao propio día de Santa Uxía, 12 de setembro, ás 12 do mediodía terá lugar a misa solemne na honra da patroa (estará cantada pola Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial) e a continuación celebrarase a tradicional procesión acompañada da banda de música de Negreira, o grupo de gaitas Chorimas de Queiruga e o grupo de baile Asociación Aires da Dorna de Ribeira.


Cartel_presentacion_da_novela_

Elvira Pisos destacou a diversidade de actos que se sucederán ao longo dos dous días de festa: dende unha actividade literaria no ateneo Valle Inclán, que será o luns 12 ás 20.30 horas coa presentación da novela “Anacaona. El fin de una raza” de Ramón Carredano Cobas, pasando por actividades infantís como unha Xornada Multixogo e de Xogos Populares o domingo 11 ás 17 horas na Praza de España para nenos e nenas de 6 a 12 anos a unha actuación de maxia ambulante o luns 12 ás 18 horas na Praza do Concello a cargo do mago Dani García (esta actividade terá lugar no Auditorio en caso de chuvia). 
Cartel_deportes_festa_santa_ux

Tamén haberá eventos para a xente maior como son o Festival de Danza Mariñeira o domingo ás 20.30 horas no Auditorio Municipal (xa que se traslada para aquí debido á chuvia, inicialmente ía ser na Praza do Concello) coa participación dos grupos de música e danza Perla de Arosa de Vilagarcía, Caramiñas da Pobra do Caramiñal e Aires da Dorna de Ribeira ademais das Cantareiras de Amas de Casa ou a actuación de Mariú o domingo no Malecón ás 23 horas. A xente nova tamén terá o seu espazo coa Sesión de música a cargo de Dani DJ o domingo pola noite no Malecón (diante do palco de pedra) a partir das 00.30 horas Completamos os festexos coas ruadas da Banda de Música de Negreira e o Grupo de Gaitas Chorimas de Queiruga.

Santa_uxa_1

Un dos pratos fortes da programación será o concerto de Luar na Lubre que terá lugar o luns 12, Día de Santa Uxía, ás 22 horas na Praza de España. Esta actuación é moi agardada pola cidadanía e ven a cubrir a suspensión que tivo lugar nas Festas do Verán por mor da chuvia. Esta actividade está incluída no programa da Fiestra da Cultura e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Pode que tamén lle interese:


Carreira de Santa Uxía: 250 atletas adultos este sábado 10


Centro de Alzheimer: aniversario


Sálvora C.F.: continúa a escola de fútbol este curso 2011-2012

Irmandamento: visitas e agasallos entre Adeje e Ribeira


  Viaxe a Santo André de Teixido: abren prazo para anotarse


Arte: o ribeirense Gonzalo Sarasquete expón en Santiago

 


Certame de caza: 21 participantes. Ganou un de Valdoviño

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Ribeira   Santa Uxía  

Lousame: as Festas de San Roquiño, do domingo 25 ao venres 30 de setembro

Lousame_san_roquio

Para seguir á comisión de festas que as organiza en Facebook, aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Lousame  

Porto do Son: do mércores 7 ao domingo 11 de setembro, Festas Patronais do Son

(download)
Vía Porto do Son y su gente

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   curro  

Outes: as Festas do Carme no Freixo, este venres 2 e sábado 3 de setembro

Carme_do_freixo


Día 2 de setembro, venres
Actuación dun GRUPO MUSICAL( aínda sen determinar)

Día 3 de setembro, sábado:
9:00 Dianas e alboradas a cargo do grupo Salgueiriñós.
14:00 Sesión Vermú acargo da orquesta RÍA DE AROSA.
17:30 Misa solemne cantada pola Coral Polifónica do Freixo.
18:15 Procesión da Santísima Virxe do Carme e tirada da traca.
20:00 Concerto da Banda Municipal de Outes no adro da Iglesia.
22:30 Gran Verbena a cargo de Ría de Arosa.
DÍA DA MOCIDADE: DISCOTECA MÓBIL A PARTIRES DAS 2:30 E FIN DE FESTAS (7:00)
00:00 TIRADA DE FOGUETES DE LUCES.

A COMISIÓN DE FESTAS AGRADECE A SÚA XENEROSIDADE A TODOS OS VECIÑOS, BARCOS E CASAS PUBLICITARIAS QUE COLABORARON CON ESTA FESTA.

Pode que tamén lle interese:


Encontro de Habaneras en Noia: este domingo 4 de setembro en San Martiño



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Outes  

Ribeira: o luns 12 de setembro, I Open Show Dance "Cidade de Riveira"

Media_httpfarm4static_kxfba

Ribeira, 31 de agosto de 2011. O departamento de Xuventude do Concello de Ribeira, que dirixe Aroa Fernández Cadórniga, informa que para o vindeiro luns día 12 de setembro de 2011 e coincidindo coas festas da Padroa de Ribeira, Santa Uxía, vaise desenvolver o Concurso de Baile "I OPEN SHOW DANCE CIDADE DE RIVEIRA" 


Bases

Click here to download:
Bases Concurso Baile Riveira.pdf (932 KB)
(download)

Pode que tamén lle interese:


Andaina popular: o sábado 3 de setembro

 


Caricaturas de Pepe Núñez: ata o 15 de outubro no auditorio



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Ribeira   baile   certame  

Boiro: as Festas do Carme de Abanqueiro celébranse esta fin de semana, 3 e 4 de setembro

Carme_2011

 

Boiro, 31 de agosto de 2011. A comisión de Festas de Abanqueiro voltou dar exemplo e gabeou un banzo máis para acadar unhas festas do Carme moi completas.

Este sábado, 3 de setembro, haberá mexilloada e pinchos todo o día. Pola tarde, inchables para os nenos mentres un grupo de mulleres e homes farán unha capela floral no peirao, na cal se oficiará a misa do Carme do Domingo.
Xa pola noite, as orquestras que animarán a verbena a partires das 22:00 horas son o Trío Cibeles de Vigo e un conxunto de rapaces dun grupo local que está comezando.


Media_httpfarm6static_vecue

O domingo, 4 de setembro, é o Día do Carme en Abanqueiro. Ás 10:45 baixarán santos en procesión ata o peirao co grupo de gaitas "A Buxaina". De seguido haberá misa cantada no peirao do Bodión e dará o remate unha procesión marítima coa súa correspondente ofrenda floral polos defuntiños do mar. Á volta vaise recibir á Virxe cunha gran tirada de foguetes mentres anima A Buxaina coas súas gaitas.

Dende as 12:30 haberá mexilloada, churrascada e unha paella farturenta no peirao do Bodión. Ademais, este ano contan cunhas empanadas de categoría, feitas para o Día do Carme por un restaurante local.

A verbena do domingo vai ser amenizada polo trío V3 e sobre as 11:45 haberá unha boa tirada de fogos de artificio acuáticos dende unha plataforma fondeada no mar á que contribuíron Otero e Losada así como o asteleiro de bateas de Manuel Sánchez.

A comisión agradece a veciñas, veciños, negocios e empresas que contribuíron economicamente a que estas festas puideran saír adiante.

E non esqueza que ata esta fin de semana:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Abanqueiro   Boiro   Festas  

Boiro: a romaría do San Ramón de Bealo, do martes 30 de agosto ao domingo 4 de setembro


Detalle da igrexa do San Ramón

Boiro, 24 de agosto de 2011. A tradicional romaría do San Ramón de Bealo da comezo o vindeiro martes, 30 de agosto, e leva os seus festexos ata o domingo seguinte, o 4 de setembro. Nestes seis días o que manda é a festa tradicional, con sesión vermú ao mediodía, verbena con boa orquestra pola noite e sardiñadas, churrascadas ou o que lle apeteza aos festeiros ao longo do día.

Expo_dani_gestoso_o_demo
Tres exposicións van ser inauguradas o primeiro día en tres bares distintos

Media_httpfarm6static_wwebn

O día grande é o mércores 31, o día do santo, en que acampará moita xente a noite anterior para poder atender a tanta esmorga e culto relixioso. O San Ramón de Bealo é o típico centro de culto, agora cristianizado, que sempre aloxou rituais místicos. Suponse que, se agora o santo protexe ás preñadas e parturentas, antes era un lugar de culto á fertilidade como tantos que inzaban esta vella terra á que os romanos bautizaron Gallaecia.

San_ramn_de_bealo
Detalle do cartel oficial, por Dani Gestoso

Ademais dos números musicais, hai tres exposicións de fotos nos bares da entrada de Bealo e tamén se fará un roteiro de sendeirismo para visitar o rico patrimonio pétreo, con petróglifos aínda por descubrir, desta zona de Boiro.

Programa máis detallado:

Martes 30 de Agosto:

Misa ás 11:30 horas. Procesión da igrexa de San Pedro á capela do San Ramón

Misa solemne ás 12:00 (a San Gregorio)

21:00 horas: novena e misa na honra do San Ramón.

Fotografía e gastronomía en Ponte Beluso (ata o 15 de setembro en locais de Ponte Beluso)

Inauguración ás 21:00 horas

Bar Demo.- Dani Gestoso, webmaster de Webboiro.com

Bar Pinar.- Studio A4, estudio fotográfico de Boiro

Bar Bahía.- Asociación fotográfica Olláparo.


Verbena amenizada por Nebraska e Atenas.

23:00. Folk con Coanhadeira


Mércores 31. Día do San Ramón

Misas dende as 8.

Misa solemne ás 13:00 horas no Campo da Carballeira. Procesión.

Ruta de sendeirismo: Río Grande- Río Beluso. Ás 10.30 horas

Punto de inicio: Capela de San Ramón de Bealo. Dificultade: Media. Duración estimada: 2 horas e media. Recorrido: 6.000 metros aprox.

18.00 horas: Bailes Rexionais

21:00 Misa de despedida.

Verbena con Charleston Big Band e Magos de España.

Xoves 1 de setembro

12:30 horas Misa cantada por San Roque e procesión.

Verbena con Costa Oeste e Philadelphia.

Venres 2

12:30 horas, misa cantada e procesión da Virxe das Dores.

Verbena con Gran Parada e Tambo.

Sábado 3

12:30 horas, misa solemne da Virxe da Milagrosa. Procesión

Pola tarde, xogos populares (tradicionais, non do PP).

Verbena fin de festa con América Top e Midas.

Domingo 4. San Ramonciño Pequeño.

11.30 Misa.

Polbo e viño a prezos razonables.

Concerto da Banda de Música de Lousame.

E tamén, na fin de semana, a pouca distancia:


Festas de Abanqueiro: o Carme, este sábado 3 e domingo 4



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Bealo   Boiro   Festas  

Porto do Son: o Curro da Enxa, esta fin de semana, o 3 e 4 de setembro

Curro_da_enxa

Vía Paco do Martelo, aquí

FESTAS DE NEBRA:

O MÉRCORES 31 DE AGOSTO E XOVES 1 DE SETEMBRO

E non se esqueza de que as Festas de Nebra son este 31 de agosto e 1 de setembro. Ten toda a información no internauta que máis e mellor informa de Nebra, aquí

Pode que tamén lle interese:

Antes, en Certo:


Arqueoneixón: opinión sobre os milladoiros de Baroña


Xornadas: remate cun protagonista especial: o castro de Baroña


Xornadas: aparece un novo petróglifo dun cervo macho. Paco do Martelo


Xornadas: evidente desleixo do noso patrimonio megalítico. Paco do Martelo



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Porto do Son   curro