Preme para voltar á portada
Filed under

festivais

 

Noia: o pobo volcouse no acto solidario con Paula e recadáronse 5.560 euros para o seu tratamento

Noia, 15 de xaneiro de 2012. Onte facía frío en Noia. Moito frío. Mais non en toda a vila: o pavillón de deportes "Rosalía de Castro" encheuse de quentura humana para axudar á nena Paula de Boiro, nun acto solidario na que colaboraron, xunto aos organizadores -A.F. Os Salgueiriños e Concello de Noia- multitude de asociacións e artistas a título particular. Poden ver o listado no cartel do acto, aquí

A recadación total do festival foi de 5560 euros máis unha doazón que fixo pola súa conta a asociación de Mulleres Rurais de Noia. Para chegar a esta cantidade houbo antes moito traballo, todo el desinteresado: dende as fermosas coreografías das distintas escolas de danza ou patinaxe ata os cadros que doaron os artistas Alfonso Costa e Veiras Manteiga, pasando polas rosquiñas que venderon durante toda a celebración de festival os nenos do obradoiro infantil de repostería ou os diferentes equipamentos deportivos que diversas estrelas doaron para esta nobre causa.

Segundo se explicou na gala benéfica noiesa, son necesarios 250.000 euros para o tratamento de Paula en Alemania, onde se está a rexenerar o óso sacro sen o que naceu. Eva Rivero, promotora boirense de moitos destes actos solidarios, informou onte que xa foron recadados a metade destes cartos, polo cal se felicitan e agradecen, en nome da familia da nena, toda a solidaridade amosada pola xente destas bisbarras e polos personaxes públicos que fixeron aportacións, ben en efectivo, ben a xeito de pezas para subastar a favor de Paula.


Unha dedicatoria non agardada

O festival benéfico era todo el para Paula, pero, por desgraza, tamén foi dedicado a José Luis Fuentes, párroco de San Martiño de Noia, que faleceu onte mesmo. En Certo informamos o pasado verán sobre unha homenaxe que se lle ía facer polas súas vodas de ouro -levaba medio século como sacerdote- pero foi suspendido sine die porque enfermou e tivo que ser ingresado no hospital.

D.E.P.

Poden ler a nota necrolóxica na web da Pastoral de Santiago, onde tamén indican a hora do funeral de corpo presente (este domingo ás 16:30) e outro o luns ás 18:00.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Pro Paula   festivais   solidaridade  

Noia: este sábado 14, festival solidario con Paula, a nena boirense que se está tratando en Alemania

Paula-benefico

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Pro Paula   festivais  

Ribeira: o 23 de decembro, festival de danza e música de A Gandaina e do 26 ao 28, Torneo Unicef

  • No festival, que será no auditorio, haberá un sorteo benéfico a prol de Paula, a nena de Boiro con agnesia sacra que está a ser tratada en Alemania
  • Empresas de Palmeira doaron máis de vinte obsequios para poder facer esta rifa solidaria
  • Para inscribirse no Torneo de Unicef hai de prazo ata o xoves 22

(download)

Ribeira, 15 de decembro de 2011.- O Concello aliouse coa Asociación A Gandaina de Palmeira para coorganizar un ano máis o Festival de Danza e Música Tradicional que este colectivo celebra nas datas de Nadal. Sen embargo, esta edición presenta unha salientable novidade, que consiste en que o desenvolvemento do festival acollerá unha rifa solidaria a beneficio da pequena nena boirense Paula.

O presidente de A Gandaina, Juan José Fernández, e a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, ofreceron algúns detalles da celebración do acto. O espectáculo terá lugar o venres 23 de decembro, ás 20.30 horas e, como ven sendo habitual, a entrada é totalmente gratuíta. Participarán en torno a uns 25 nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. 

Idea dos rapaces da asociación

Juancho Fernández manifestou que foron os propios rapaces da asociación os que tiveron a idea de que este evento servise para contribuír a apoiar a Paula. A raíz desta iniciativa, a directiva de A Gandaina púxose en contacto con distintas empresas de Palmeira a fin de recabar a súa colaboración, de tal xeito que cos obsequios que estas altruistamente puideran doar, o colectivo tivese ocasión de organizar unha cifra solidaria no transcurso do festival. 

Ata agora xa recibiron unha vintena de obsequios: entre eles,  distintos vales de compra en establecementos comerciais, un mes de clases gratuítas de informática, dúas ceas en restaurantes, rvizos de perruquería, unha cesta de Nadal, agasallos de floristería e ferretería, etc...

Elvira Pisos lembrou que o Concello xa colaborou noutras iniciativas en beneficio da pequena Paula, como a rifa solidaria da sexta Xuntanza do Maior ou a función teatral promovida pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño para recadar fondos a prol de Paula, que contou co apoio do ente local. “O Concello seguirá traballando en colaboración con entidades ou outras institucións para pór en marcha novas actividades que poidan contribuír a recadar fondos para axuda a Paula”, concluíu.

Torneo Unicef

Ribeira, 15 de decembro de 2011.- O Polideportivo Municipal de A Fieiteira vai ser escenario durante os días 26, 27 e 28 de decembro da quinta edición do Trofeo Unicef de Fútbol Sala Base, destinado ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

Esta acción está  organizada pola ong Unicef coa colaboración do Concello de Ribeira. A inscrición é gratuíta e pódese realizar ata o día 22 de decembro no Auditorio Municipal (teléfono 981 835 650 e e-mail deportes@riveira.com).

O sorteo dos cruces terá  lugar o propio 22 de decembro, ás 13 horas no Auditorio Municipal.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal cultural   Pro Paula   Ribeira   festivais  

Noia: este sábado 17, IV Festival Benéfico de Panxoliñas de Manos Unidas

Media_httpfarm8static_gdchy

Noia, 14 de Nadal de 2011. O vindeiro sábado 17 de decembro a partir das 17:30 horas da tarde terá lugar o IV FESTIVAL DE PANXOLIÑAS organizado pola ONGD MANOS UNIDAS, no que participarán varios grupos da comarca co obxectivo de recadar fondos para levar adiante o proxecto de desenvolvemento deste ano.

Será na igrexa de San Martiño.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal cultural   Noia   festivais  

A Pobra do Caramiñal: festival de patinaxe artístico benéfico para axudar a Paula este sábado 10

  • O mesmo sábado, en Boiro, inchables benéficos no pavillón de Praia Xardín 
  • O domingo, en Padrón, repostería á venta tamén para axudala 
  • Participan patinadoras e patinadores de Ribeira, Noia, Porto do Son, A Coruña e A Pobra
  • Actuará, como estrela, Sabela, campiona nacional de patinaxe artístico

Festival_patinaxe_pobra

 

A Pobra, 7 de decembro de 2011. Este sábado 10 de decembro ás 19:00 horas no Polideportivo Municipal de Venecia, terá lugar un Festival de Patinaxe Artístico Benéfico para Axudar a Paula, a nena de Boiro con agnesia sacra que se está a tratar en Alemania.

Participarán as nenas e nenos dos clubs de Patinaxe e Escolas deportivas de Noia, Porto do Son; Ribeira e A Pobra. Ademais, virá un club de patinaxe de A Coruña e, como estrela do espectáculo, actuará Sabela, campiona Nacional de Patinaxe Artístico.

Organizan os clubs de patinaxe A Pobra e Ribeira e colabora o Concello.

Inchables en Boiro

Paula_boiro

Un dulce por Paula, este domingo en Padrón

Padron_paula



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Pro Paula   festivais   patinaxe  

Noia: festival de Cáritas este xoves 8 de decembro para que todos os pequenos disfruten do Nadal

Festival_noia

Noia, 6 de decembro de 2011. O vindeiro xoves, 8 de Nadal, celébrase no pavillón polideportivo de Noia a partires das 18:30 horas un Festival Infantil da Solidaridade, organizado por Brétema e Cáritas. A intención é reunir cartos para que ningún neno nin ningunha nena se queden sen Nadal. 

O prezo das entradas é de 2 euros para os pequenos e de 5 para os adultos. Haberá sorteo de agasallos doados polos patrocinadores. 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Cáritas   Nadal   festivais   solidaridade  

Boiro: no festival "Acción" deuse a coñecer o vídeo gañador do certame "Barbanza 2061"

Boiro, 7 de novembro de 2011. O premio do concurso escolar convocado polo Club Exxpo Press deuse a coñecer o pasado sábado na última sesión do festival "Acción". A curta gañadora foi a das tres alumnas de 3ºA do instituto A Cachada de Boiro, Loreto Abalo, Sara Hermo e Ángela Pouso que se titula "A escultura no 2061". O agasallo para as tres é unha viaxe á Cidade das Ciencias de Valencia.

Este traballo levou unha mención especial (tamén do IES A Cachada de Boiro):

Antes, en Certo:

  • AMBAR invita a debater sobre emprego para persoas con diversidade funcional
  • Tamén se van proxectar os filmes presentados ao certame  escolar "Barbanza 2061"

 

Media_httpfarm5static_bpgyi

O ano pasado Ámbar incidira na autonomía persoal

Boiro, 3 de novembro de 2011. A ASOCIACIÓN AMBAR súmase á petición dunha nova Lei de Inclusión Laboral das Persoas con Discapacidade, que sente unhas bases renovadas para conseguir a máxima empregabilidade e activación deste sector da poboación. 

Cunha taxa de emprego do 25 por cento fronte á taxa xeral que alcanza o 60 por cento, as persoas con diversidade funcional necesitan dispor dunha normativa forte que regule e fomente o emprego, máis aínda nunha época de crise económica na que sempre son os colectivos máis vulnerables os que máis se ven afectados.

“O emprego para unha persoa con diversidade funcional significa moito máis que unha fonte de ingresos, é unha vía de acceso a un nivel de vida digno, visibiliza e serve ó recoñecemento social e é un factor de inclusión real mediante as relacións sociais e persoais”, destaca a presidenta de AMBAR, Milagres Rey.

 

Cartel_accion2011

VIDEOFORUM EN BOIRO

Desde AMBAR considérase imprescindible o desenvolvemento de programas de formación profesional ocupacional e continua, e cualificar para o traballo; potenciar o emprego desde as administracións públicas como acción pedagóxica e factor de visibilización e normalización.

Por iso, no marco do festival audiovisual de Boiro, celébrase o videofórum NADA SOBRE NÓS SEN NÓS, no que se proxectará a obra de realización propia “7 historias para 4 alcaldes”, na que se recollen as experiencias de sete persoas con diversidade que desempeñaron traballos en centros públicos da comarca, así como as impresións dos seus compañeiros de traballo e familiares. Tras a proxección abrirase un coloquio sobre o binomio persoa con diversidade - emprego.

Segundo Milagres Rey, “Se se respecta a cota de reserva de emprego do 2% nas empresas de 50 ou máis traballadores, que a pesar de que foi aprobada fai 28 anos aínda incumpren dúas de cada tres empresas, a inclusión laboral sería moito máis notable”. 

Por último, “desde AMBAR crese que o traballo en rede con outras entidades e empresas tamén son liñas de acción que poderán producir bos resultados”, conclúe Milagres.

A asociación AMBAR convida a toda a cidadanía a participar neste evento que terá lugar mañá venres  4 de novembro ás 20:00h.  no Centro Social de Boiro.

Que é "Acción"?

É un festival que se desenvolve no Centro Social de Boiro e acubilla sesións de cinema social e xuvenil

Cando? 4 e 5 de novembro
Hora? os dous días comeza ás 20 horas
Lugar? Centro Social de Boiro

Este ano colaboran no festival: Asociación Ambar, A Creba, Borobó, Certame Olloboi, Expopress e Anestesia films.

Concurso escolar

O Centro Social de Boiro acolle tamén este sábado día 5 a partir das 20.00 horas a proxección dos traballos audiovisuais presentados por escolares de Educación Secundaria e Bacharelato da comarca do Barbanza ó concurso Barbanza-2061, que organizou o Club Exxpopress. A proxección de ditos traballos enmárcase no festival  de cinema social e xuvenil Acción! que organiza o Concello de Boiro e co que este ano colabora o Club Exxpopress xunto con Ambar, A Creba, Borobó, Certame Olloboi e Anestesia films.

Entre o público asistente atoparanse os membros do xurado da categoría Secundaria-Bacharelato do concurso Barbanza-2061, que farán público o veredicto ó remate das sesións.

No certame escolar participaron tamén alumnos de Educación Infantil e Primaria de toda a comarca; os primeiros realizaron murais e os segundos, portadas de xornais. Nas tres categorías, a temática era a mesma: Como imaxinas o mundo en 2061?

O fallo do xurado das categorías de Infantil e Primaria farase público o vindeiro luns día 7. Os premios consisten nunha MACRO FESTA INFANTIL no Cámping Rural Ría de Arosa-2 de Ribeira para os gañadores ca categoría de Infantil; UNHA VIAXE A MADRID PARA VISITAR O PARQUE WARNER (para os gañadores da categoría de Primaria) e UNHA VIAXE A VALENCIA DUNHA FIN DE SEMANA PARA VISITAR A CIDADE DAS ARTES E AS CIENCIAS (para os gañadores da categoría de Secundaria-Bacharelato).

Cápsula do tempo

Os tres traballos gañadores serán introducidos na CÁPSULA DO TEMPO que o Club Exxpopress vai soterrar o vindeiro venres día 11 ás 13.00 horas no Paseo Marítimo de Ribeira, nun acto no que participarán centos de escolares e que estará presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela Fariña. No acto participarán tamén o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; o presidente do Club Exxpopress, Jesús Souto Rodríguez, e o empresario Ramiro Carregal Rey, presidente de Frinsa, empresa patrocinadora do concurso Barbanza-2061. Dende o mediodía, os escolares disfrutarán dunha pequena festa con actividades dirixidas por monitores e sorteo de agasallos no polideportivo de Coroso.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Acción   Boiro   cinema   festivais  

Noia: o venres 2 de setembro e o sábado 3, segunda edición do Cantón's Jazz&Blues Festival

Noia, 29 de agosto de 2011. Esta fin de semana, dende o venres 2 de setembro ata o sábado 3, terá lugar a segunda edición do Cantón Jazz & Blues Festival, organizado polos locales Tasca típica, Resto pub, Trócolo e Cafetería Babilonia coa colaboración do Concello de Noia.

Nesta ocasión haberá unha innovación en forma de Obradoiros para todos aqueles músicos noveles ou non que estean interesados.

Bandas que participan:

DROPS QUARTET (venres 2 as 22:00h na Praza do Cantón)

Juan Manuel Varela Louro naceu en Noia. Inicia seus estudios de Piano da man de Martín Millán, obtendo o Título Superior coas máximas calificacións. Dende o 1.996 cursa estudios de I...mprovisación con Suso Atanes na “ Escola de música Estudio” continuándoos con Abe Rábade. Na escola “Drops” toma clases con Andrés Rivas.
Participa no WORKSOP de Big-Band encadrado no VII Festival de Jazz de Oporto, impartido por CECIL BRIDGEWATER, quen, a súa vez encargase das clases de improvisación.
Realiza master-class de improvisación con BARRY HARRIS, ULF RADELIUS, SKIP HADEN a JARMO SAVOLAINEN.
Forma parte do grupo de Jazz KIN GARCÍA TRÍO con que leva a cabo a presentación de diferentes traballos discográficos.Actualmente e Profesor de Piano é Harmonía no Conservatorio de Música de Noia (A Coruña) “Felipe Paz Carvajal”.

JAZZ FREQUENCY GROUP (venres 2 as 23:30h na Praza do Cantón)
Paco Charlin nace en Vilanova de Arousa e a súa formación musIcal comeza aos 8 anos de idade con profesores privados de solfexo e baixo eléctrico, pasando mais tarde a formarse en diversas escolas de música. En 1996 obtén duas Becas da mais prestixiosa Universidade de jazz e música moderna do mundo “Berklee College of Music”. Ten actuado en diferentes festivais nacionais e internacionais (Grecia, Cuba, Uruguay, Dinamarca, Israel, Estados Unidos, Argentina, Tánger, Helsinki, Isla de Madeira, etc.) e participou en numerosas grabacións xunto con músicos como Mark Turner, Lage Lund, Sheila Jordan, Chris Cheek, Steve Kuhn, Miguel Zenon, Jaleel Shaw, Logan Richardson, Jonathan Kreisberg, Marcus Gilmore, Tommy Crane, Johnathan Blake, Aaron Goldberg, John Riley, E..J. Strickland, Ambrose
Akinmusire, Donald Edwards, Marcus Strikland, etc…
Logan Richardson: Sax
Iago Vázquez: Piano
Paco Charlín: Contrabaixo
Máx Gómez: Bateria

BLUESMAKERS (sábado 3 as 22:30h na Praza do Cantón)

Banda lexendaria dentro do panorama musical galego, que dende o ano 92 ganouse a pulso a admiración do público. Despois de dezanove anos de andadura, o grupo ten as sus costas preto de 500 actuacións (entre elas o 1ero Festival de Blues das Ilas Açores e o 8º Matosinhos em Jazz onde compartiron cartaz con Toots Thielemans, Larry Coryell, John Abercrombie, Rufus Reid, Shemekia Copeland...), varias aparicións ao vivo na radio e televisión, a participación en diversas actividades audiovisuais, e catro CDs gravados , o último deles editado pola discográfica "Pai música".
No estilo inicial do grupo enmarcouse dentro do Blues eléctrico, pero ao largo deste anos evolucionaron cara o son acústico da música negra de principios del século pasado. Este viaxe, procurando as orixes do Blues, permitiu recuperar a tradición das "street bands" ou bandas de rúa, utilizando instrumentos pouco usuais e sorprendentes como a táboa de lavar, a guitarra de aceiro, as culleres a mandolina ou o kazoo.

SPOONFUL OF BLUES (sábado 3 as 23:59h na Praza do Cantón)

Banda que vive dende finais do 2009 é liderada por Edy “O zurdo” Evans que toca a armonica, a guitarrra e canta.
O inglés Evans, gran cantante e compositor con máis de corenta anos de experiencia leva 20 anos vivindo en Tomiño (pontevedra) coa súa familia.
Formou parte da prestixiosa banda de blues “DR.HELLO” durante 10 anos(1991-2001) e tamén tocou con estrelas do blues como Jonhy Copeland, Magic Slim, Pau Orta, Grant Stewart e un longo etc.

Atención, músicos e afeccionados interesados:

Para apuntarse ao Obradoiro de música, só tendes que enviar un mail a esta dirección: cantonjazzbluesfestival@gmail.com, e recibiredes información sobre os horarios, inscricións,etc

Páxina en Facebook

Para seguir todas as novidades deste festival hai unha páxina creada en Facebook, aquí

Antes, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   festivais   música  

A Pobra: este venres 26, novo festival de música autoxestionado, o Aduana Fest

The Fé Kaos será un dos grupos que participen. No vídeo "Puta promesa"
A Pobra, 24 de agosto de 2011. Este venres 26 de agosto terá lugar a primeira edición do Aduana Fest, organizado por "Xente ás Leiras", unha asociación que se reúne nun local co peculiar nome de "A Aduana Fantasma".
A hora de inicio son as seis da tarde (18:00 horas) e o lugar do concerto será o patio traseiro do local de "Xente ás Leiras", tras da Fonte do Castelo.
No cartel deste primeiro festival estarán, en principio:

LA VIEJA YEGUA GRIS (Punk Chabola)
KLAUSURA (Punk rock Pobra)
GOLPE RADIKAL (HxC Pobra)
CHESTER CHETO (Un grupo serio)
THE FE KAOS (Punk Chabola)
GENERAZION PERDIDA (Punk Chabola)

Algúns grupos están aínda sen confirmar e non teñen claro se haberá alguen máis de última hora. Quen queira máis información debe acudir á asamblea extraordinaria que se fará este mércores 24 ás nove da noite no local de Xente ás Leiras.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   concerto   festivais  

Ribeira: o sábado 27 de agosto, II Festival Solidario "Bailando entre os toxos"

Cartel_2011

Ribeira, 21 de agosto de 2011. A Asociación Xuvenil e Cultural Flor de Toxo ten o pracer de presentar o II Festival Solidario "Bailando Entre os Toxos", que terá lugar no Parque Periurbano de San Roque, durante o día 27 de agosto. "A pesares da situación económica este ano fíxosenos moi moi difícil poder sacar adiante esta actividade, pero non por iso vai ser menos divertida, coa ilusión e o traballo da mocidade conseguiremos una boa festa", explicaron dende a directiva.

O Festival dará comezo ás 21 horas cunha Sardiñada gratuíta a cargo da entidade organizadora. Xa ás 22 darán comezo as actuacións musicais con:

-Kallaikoi
-Belfastt
-Os Sosios
-Dj Masc (kruce´s house mafia)
-Brais Aka Sepulkro(kruce´s house mafia)
-Marcos Debug
-Fernando Beatrate
-Electric Storm
-Yago FM e Dj Bluebeach

O 100% do donativo destinarase á Cruz Vermella, para colaborar en paliar a crise de fame no Corno de África (http://www.cruzroja.es/portal/page?_pageid=619,12283552&_dad=portal30&_schema=PORTAL30&P_Codigo=10582

Pode que tamén lle interese:

Maxia na Fiestra da Cultura: o venres 26, "Meigallo"


Rutas cicloturísticas novas: a primeira, o domingo 28 de agosto

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Flor de Toxo   Ribeira   concerto   festivais  

Dodro: celebrouse o I Festival de Salsa e Ritmos Latinos e a XII Festa dos Maiores

Img_0688

Dodro, 3 de agosto de 2011. O pasado sábado 30 de xullo tivo lugar no Polideportivo o I Festival de Salsa e Ritmos Latinos coa colaboración da escola de baile “El Tomasón”.

Img_0719

Segundo o Concello, "o Festival foi todo un éxito e o público puido ver bailar ós rapaces de Dodro en varias actuacións e a rapaces da escola de baile de Ribeira, así como ós profesores que deleitaron ós presentes cun espectacular baile".
Ó remate a tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Boga, e a concelleira de Xuventude e Familia Maria Fernández entregaron ós rapaces un diploma de participación. Os rapaces terminaron a festa cunha merenda.

XII Festa dos Maiores, o domingo 31 de xullo

A esta festa acudiron cincocentos maiores do Concello que disfrutaron dun variado programa:
11,30h Recepción
12 a 13h Actuación do Grupo de baile Vai de Roda, de Rianxo
13h Misa solemne
14h Benvida a cargo do alcalde Valentín Alfonsín, a concelleira de Servizos Sociais e tenente de alcalde Marisol Boga e a concelleira de Familia Maria Fernandez
14,30h Xantar
16h a 17,30h Baile a cargo do grupo Glamour
17,30 a 18,30h Actuación do humorista "Paco mi vida"
18,30 a 19,30h Continuación do baile co grupo Glamour

Na Benvida a tenente de alcalde e concelleira de Servizos sociais e Igualdade fixo referencia á Festa como "un recoñecemento aos maiores do concello e á experiencia dunha vida" e tivo un agarimo para todos aqueles maiores que por diversos motivos non puideron acudir á festa e unha lembranza moi especial para aquelas persoas que deixaron este mundo de vivos no último ano.
Pola súa parte o alcalde recordou que "os nosos maiores son os que apoian á familia nestes momentos dificiles" e tivo unha lembranza tamén para os emigrantes. A continuación fíxose unha homenaxe á muller e home máis lonxevos que acudiron á festa. A muller, Josefa Sóñora Abuín, é da aldea de Teaio e ten 96 anos.

Festa_maiores_dodro
O alcalde fíxo entrega dunha bandexa de prata gravada co texto: "XII Festa dos maiores. Pola experiencia dunha vida. Concello de Dodro 31-7-2011"
O home máis maior foi Gerardo Fernández Casal, da aldea de Lestrobe, con tan só 89 anos (un mozo se o comparamos con Josefa). Fixolle entrega doutra bandexa a concelleira de Familia María Fernández, que cadra que é súa neta.

Cada asistente recibiu un agasallo que lle foi entregado á hora do café: un chaveiro gravado por un lado o escudo do concello de Dodro a láser e polo outro lado coa lenda "Concello de Dodro".

Festa_dos_maiores_de_dodro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   Festas   festivais  

A Pobra: o I Festival "Amigos da Música" será o vindeiro venres 15 de xullo

Festival_001
Click here to download:
festival.pdf (1.03 MB)
(download)

Relacionada:

Forraje: rock duro dende Pobra do Caramiñal

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   festivais