Preme para voltar á portada
Filed under

Flor de Toxo

 

Ribeira: "Flor de Toxo" organiza un monólogo de Cándido Pazó o sábado 5 de maio

Candido_paz_cartel_2

Ribeira, 19 de abril de 2012. O sábado 5 de maio, a partires das 22:30 horas, o Bar Brétema de Ribeira convertirase -disque- nun templo do humor. O polifacético Cándido Pazó deleitará co seu humor e garante que fará rir a esgall, a todas aquelas persoas que se pasen por alí.

O monólogo está organizado pola Asociación Xuvenil e Cultural Flor de Toxo que pretende montar de xeito anual un Ciclo de Monólogos en Galego. "Con esta actuación dáselle o disparo de saída e serve de proba para comprobar o apoio e éxito deste tipo de iniciativas", explican os organizadores.

O prezo da entrada é de 4€ e os socios da entidade poderán acceder gratuitamente. Os beneficios da actividade destínanse a sufragar as actividades e gastos de funcionamento da Asociación Flor de Toxo.








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Flor de Toxo   Ribeira   humor  

Ribeira: "Flor de Toxo" participou no Entroido e organizou unha viaxe á neve

Neve
Ribeira, 28 de febreiro de 2012. "De éxito rotundo" cualifican na asociación cultural "Flor de Toxo" a viaxe organizada á estación invernal de San Isidro, en  León,  durante a pasada fin de semana (25 e 26 de febreiro). Nela participaron unha trintena de mozos e mozas da comarca. Os participantes puideron desfrutar da mellor fin de semana da tempada na estación leonesa. De regreso, a expedición retomou forzas cun descanso no mítico restaurante "O Rei das Tartas" de Mondoñedo. 
Murgas
Na semana pasada, o martes de Entroido, compoñentes de flor de Toxo participaron no Festival de Murgas e Comparsas, organizado polo concello de Ribeira, aínda que non obtiveron ningún premio neste certame, os participantes compartiron unha tarde de risas, sátira e entroido.

Ultimamente a actividade da entidade está sendo frenética: no que vai de ano xa participaron ademais de nestas actividades, na Cabalgata de Reis e organizouse o III Nadal Musical.

Xa se está traballando na organización da II Acampada da Mocidade que o ano pasado tivo lugar no Campo de fútbol de Neixón (Cespón-Boiro) e este ano xa se pensa en Porto do Son ou Rianxo como probables lugares para a ubicación da acampada. 

Todas aquelas persoas que o desexen poden poñerse en contacto con esta asociación deben facelo no correo electrónico asociacionflordetoxo@gmail.com






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Flor de Toxo   Ribeira   asociacionismo  

Ribeira: Flor de Toxo inaugurará oficialmente a pista de herba artificial da Casa da Xuventude o 6 e 7 de xaneiro

  • O prazo para anotarse vai ata o día que sae "La Vos de Jalisia" dorneira, ou sexa, o 28 de decembro
  • Hai que destacar o novidoso do torneo, por ser o único 3x3 de fútbol da comarca, realizarse en herba artificial e alongarse ata altas horas da madrugada.

Cartel_3x3

 

Ribeira, 8 de decembro de 2011. A Asociación Xuvenil e Cultural Flor de Toxo, de Ribeira, organiza unha nova actividade que bautiza baixo o nome de 3x3 de Fútbol "A Ras de Chan". Terá lugar durante os días 6 e 7 de xaneiro, na pista de herba artificial da Casa da Xuventude (actualmente en construción) polo que con esta actividade inaugurarase oficialmente. Está dirixida ás categorías xuvenil, senior e veterán. O prezo de inscrición é de 15€ por equipo, o que fai que cada xogador estará debidamente asegurado contra lesións e accidentes que poida sofrir.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 28 de decembro, e poden facelo no correo electronico asociacionflordetoxo@gmail.com  ou no telf 669 999 302, existe un número de prazas limitadas.

O torneo realizarase en modo de fase previa (grupos) e logo por eliminatorias. Dan comezo os partidos de xuvenís na mañá do venres 6, os senior e veteráns darán comezo contra a noitiña dese mesmo día para non interromper as súas obrigas laborais e xóganse durante todo o día do sábado 7 as fases eliminatorias e finais.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Flor de Toxo   Ribeira   casa da xuventude   torneo  

Ribeira: "Flor de Toxo" pon en marcha unha escola de música tradicional para a que xa abriu o prazo de matrícula

Cartel_curso_gaita_flor_de_tox

Ribeira, 26 de setembro de 2011.A Asociación Xuvenil e Cultural Flor de Toxo pon en marcha unha escola de música tradicional, e organiza para este curso os seguintes cursos:

 
Gaita Perfeccionamento
Gaita Iniciación
Percusión
Clases Individuais

Para máis información ou inscrición no número 669 999 302 ou no correo asociacionflordetoxo@gmail.com



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Flor de Toxo   Ribeira   asociacionismo  

Ribeira: o sábado 27 de agosto, II Festival Solidario "Bailando entre os toxos"

Cartel_2011

Ribeira, 21 de agosto de 2011. A Asociación Xuvenil e Cultural Flor de Toxo ten o pracer de presentar o II Festival Solidario "Bailando Entre os Toxos", que terá lugar no Parque Periurbano de San Roque, durante o día 27 de agosto. "A pesares da situación económica este ano fíxosenos moi moi difícil poder sacar adiante esta actividade, pero non por iso vai ser menos divertida, coa ilusión e o traballo da mocidade conseguiremos una boa festa", explicaron dende a directiva.

O Festival dará comezo ás 21 horas cunha Sardiñada gratuíta a cargo da entidade organizadora. Xa ás 22 darán comezo as actuacións musicais con:

-Kallaikoi
-Belfastt
-Os Sosios
-Dj Masc (kruce´s house mafia)
-Brais Aka Sepulkro(kruce´s house mafia)
-Marcos Debug
-Fernando Beatrate
-Electric Storm
-Yago FM e Dj Bluebeach

O 100% do donativo destinarase á Cruz Vermella, para colaborar en paliar a crise de fame no Corno de África (http://www.cruzroja.es/portal/page?_pageid=619,12283552&_dad=portal30&_schema=PORTAL30&P_Codigo=10582

Pode que tamén lle interese:

Maxia na Fiestra da Cultura: o venres 26, "Meigallo"


Rutas cicloturísticas novas: a primeira, o domingo 28 de agosto

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Flor de Toxo   Ribeira   concerto   festivais  

Ribeira: Flor de Toxo e asociacións de pais e nais foron recibidas polo alcalde para abordar diversas cuestións

Media_httpfarm6static_ijjoq

O edificio da Casa da Xuventude foi unha enorme chapuza dende os cimentos. Rivas agarda tela en funcionamento -pero efectivo- en setembro ou outubro

Ribeira, 28 de xuño de 2011. No encontro mantido no día de onte entre colectivos xuvenís (representados pola asociación Flor de Toxo) e diversas ANPA (representadas pola do colexio de Aguiño) co alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, abordáronse os seguintes asuntos:

  1. A posta en funcionamento da Casa da Xuventude, coa que Ruíz se comprometeu a poñer en marcha en setembro ou outubro e sinalou que xa se está traballando nas filtracións de auga.
  2. A creación dunhas pistas deportivas no centro da cidade, ante o que sinalou a complicación desta infraestrutura "por non dispoñer o concello de parcelas axeitadas na capital do municipio".
  3. O control, por persoal do concello, nos pasos de peóns ás saídas e entradas do colexio para evitar atropelos. Indicando que se intentará, polo menos nos de máis importancia, xa que non se dispón dos suficientes traballadores.
  4. A apertura das pistas dos colexios públicos, durante as fins de semana. Explicou Ruiz Rivas que xestionará esta petición coas direccións dos distintos centros.
Pronunciamento sobre o conflito do Coroso

 Os colectivos xuvenís e de pais e nais de alumnos, "agardamos que se traballe e se dea solución a estas peticións o antes posible e aproveitamos para expresar o noso malestar co peche do I.E.S. Coroso, pois cremos necesario e apoiamos a construción un Centro Integrado de Formación Profesional neste concello, pero non a conta de prazas de Bacharelato e ESO, xa que non se garante que tódolos alumnos teñan praza, e sería unha situación caótica porque se atoparían alumnos sen transporte escolar, nin gratuíto nin subvencionado pola Xunta, ata o seu centro de estudos. É por iso polo que solicitamos que se replantee o proxecto, porque Ribeira ten que gañar infraestruturas e non perder unhas a conta de outras", manifestaron.

Relacionadas:





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Flor de Toxo   Ribeira   asociacionismo   casa da xuventude  

Ribeira: a asociación "Flor de Toxo" denuncia o "pasotismo e acomodamento" do equipo de goberno

Media_httpfarm4static_kodtx

Entre as propostas das asociacións hainas referidas a seguridade viaria

Ribeira, 7 de marzo de 2011. A asociación "Flor de Toxo" de Ribeira explica hoxe en nota de prensa que durante as pasadas semanas, unha serie de asociacións do municipio viñeron mantendo encontros nos que trataron diversas propostas en materia educativa e xuvenil a reclamarlle ao concello. Para o día de hoxe aseguran que tiñan solicitado, mediante escrito e debidamente rexistrado no rexistro de entrada do concello, un encontro co Alcalde, co concelleiro de Xuventude e coa concelleira de Educación.

"Ás 10:30 horas do día, unha delegación composta por representantes das A.N.P.A.S dos colexios C.E.I.P. de Aguiño, C.E.I.P. Pedra do Corniño de Carreira, I.E.S. Leliadoura, I.E.S. Nº1 e C.E.I.P. O grupo, asemade como membros da Asociación Xuvenil Flor de Toxo, Galiza Nova, Xuventudes Socialistas e AA.VV. de Abesadas e Cubeliños entraron polas portas da Casa Consistorial e dirixíronse á Alcaldía, onde a secretaria particular do alcalde, Purificación Cores, persoa vinculada ao Partido Popular, nos atendeu cuns aires chulescos e de prepotencia informándonos de que non se realizaría ningunha reunión cos membros de equipo de goberno que se solicitara. Foi logo Juana Ermitas Crujeiras, Concelleira de Educación a que nos reiterou que ese encontro non ía ter lugar. Unha vez máis demóstrase o pasotismo e o acomodamento do equipo de goberno ribeirense. Cabe resaltar que as reunións previas convocouse ás Novas Xeracións do PP ribeirenses e non apareceron nin mostraron interese", explicaron.

Propostas recollidas polas asociacións

  1. -Control nos pasos de peatóns da cidade por parte dos membros de Protección Civil nas horas de entrada e saída dos colexios. Hai que ter en conta o número de atropelos que hai na actualidade.  
  2. -Apertura inmediata e posta en funcionamento da Casa da Xuventude, e que se conte coas asociacións xuvenís, culturais e anpa´s do municipio para a súa xestión.  
  3. -Creación dun Consello Local da Xuventude e un Consello Escolar Municipal.  
  4. -Creación dun novo centro de Formación Profesional, levamos 20 anos coa mesma oferta educativa.   
  5. -Apertura en fins de semana das pistas deportivas dos colexios: os mozos non teñen por que saltar murallas, non son delincuentes.  
  6. -Construción dunha gran área deportiva e céntrica con pistas de baloncesto, fútbol, tenis, etcétera.
  7. -Oferta de actividades para os xóvenes e nenos do concello, que sexa continua e ao longo de todo o ano.  
  8. -Achegar actividades de ocio infantil ás parroquias.  
  9. -Creación dun plan de emprego, que sexa real e non un monte de papel, para xóvenes do municipio cualificados. Estamos perdendo poboación moza porque saen da universidade ou de F.P e aquí non atopan traballo.  
  10. -Creación de locais públicos para o uso das asociacións.  
  11. -Achegar a cultura galega aos colexios, clases de gaita, charlas sobre o mar. Modernidade e tradición non teñen por que ser palabras opostas.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   Flor de Toxo   Ribeira  

Ribeira: "Flor de Toxo" reclama bonobuses máis aló de xuño e súmase con outras asociacións a un roteiro turístico

Media_httpfarm4static_kvels

Ribeira, 21 de febreiro de 2011. A xunta directiva da asociación xuvenil e cultural "Flor de Toxo" acordou o pasado venres 18 de febreiro en asemblea presentar unha solicitude para que os bonos de autobuses subvencionados polo concello abarquen os exames extraordinarios e non caduquen en xuño, como sucede agora. Segundo explicaron, "actualmente existen uns bonos de autobús subvencionados polo concello para estudantes universitarios, éstes só son válidos ata o 30 de xuño, actualmente os exames extraordinarios son a primeira quincena de xuño para os estudantes adaptados aos famosos Plans de Bolonia; e a primeira quincena de setembro para os que seguen cursando os estudos polo plan antigo. Deste xeito, os bonos non cubren os viaxes nestes exames, polo que consideramos necesario para a xuventude que abarquen toda a época de exames, por iso nos vindeiros dís presentaremos unha solicitude para que os citados bonos abarquen os exames extraordinarios".

Entroido: sesión Dj o venres 4 de marzo

Por outra banda, o venres, día 4 de marzo, coincidindo coa festividade de Entroido, acordaron organizar unha sesion de DJ nunha carpa instalada fronte ao Auditorio Municipal, para darlle a benvida á citada festividade. Será co DJ Facundo e comezará ás 11 da noite.

Media_httpfarm4static_rayha

Roteiros turísticos en Semana Santa

Durante a Semana Santa, "Flor de Toxo" vai organizar unha actividade xuvenil que consistirá en percorrer un roteiro de sendeirismo da Mancomunidade Arousa Norte. Durante tres días, mozos de asociacións de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira (Arousa Norte ou Barbanza) percorrerán xuntos estes roteiros. "Con esta actividade pretendemos amosar que a xuventude tamén apoia o turimo da zona e cre importante potencialo, xa que temos unha riqueza paisaxística e cultural inigualable en Arousa Norte. Ademais, queremos que sexan unhas xornadas de convivencia entre distintos mozos da comarca. A representación de Ribeira correrá por conta da nosa entidade", aclararon.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Flor de Toxo   Ribeira   asociacionismo  

Cursos: Flor de Toxo organiza un curso de monitor de ocio e tempo libre que comeza en marzo

Cartel_monitor

Ribeira, 12 de xaneiro de 2011. A asociación cultural xuvenil Flor de Toxo organiza un curso de monitor de ocio e tempo libre que dará comezo o 12 de marzo deste ano. A súa data de remate está prevista para finais de maio ou comezos de xuño. Ten un custe de 250 euros e para obter máis información é necesario poñerse en contacto cos medios que figuran no cartel adxunto.

Podería interesar:


Obradoiro de escultura: comeza este mes en Carreira. Anótate!


Premio de novela: admisión de orixinais ata marzo de 2011


Casa da Xuventude: Flor de Toxo protesta


Viaxe á neve: "Flor de Toxo" organiza un a León



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Flor de Toxo   Ribeira   cursos  

Ribeira: a Casa da Xuventude sofre outra inundación e "Flor de Toxo" reclama que se arranxe ou se habilite alternativa

Media_httpfarm3static_dgrwj

Casa da Xuventude ribeirense. Imaxe de setembro de 2009

Ribeira, 4 de xaneiro de 2011. "O día 3 de xaneiro do presente ano, a Casa da Xuventude de Ribeira sufriu unha nova inundación debido aos defectos na construción do edificio, é por iso polo que nos vemos na obriga de reclamar o inmediato amaño e apertura do citado edificio", reivindica a asociación cultural ribeirense Flor de Toxo.

Para este colectivo, "non é tolerable que despois dun ano de ser inaugurada siga pechada ao público. O concello non pode excusarse eternamente na empresa construtora, no arquitecto, nas filtracións, nos actos vandálicos…  É certo e comprendemos que houbo unha serie de imprevistos que fixeron que se demorase esta obra, pero o concello mostra unha actitude de falta de interese e pasotismo polas infraestruturas e política xuvenil en xeral".

Flor de Toxo sinala que "a día de hoxe a mocidade deste municipio non dispón dun lugar onde reunirse, onde levar a cabo ideas, onde darlle forma a proxectos.  É unha vergoña que se inaugure un edificio e un ano despois siga sen funcionar, que se faga en febreiro de 2010 unha reunión con entidades do municipio e se nos prometese unha segunda reunión no prazo de 15 días e a día de hoxe seguimos agardando por ese segundo encontro. Hai que ter en conta que é  unha instalación que o goberno municipal se empeñou en facer ao seu xeito, sen ter en conta recomendacións de colectivos culturais e xuvenís ou grupos políticos da oposición, polo tanto agora deben roer co que hai".

Mobilizacións se continúa a desidia

"Se non vemos avances e segue a falta de interese pola Casa da Xuventude verémonos na obriga de convocar protestas e manifestacións para presionar ao goberno do concello. Aproveitamos a ocasión para reclamar que se debe crear un Consello Local da Xuventude, para que o concello saiba o que a mocidade quer e como o quer", rematan os integrantes de Flor de Toxo.

Máis información en Certo sobre a Casa da Xuventude, aquí e aquí

Relacionada:


Viaxe á neve: "Flor de Toxo" organiza un. Anótate! Prazo ata 10 de xaneiro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Flor de Toxo   Ribeira   casa da xuventude