Preme para voltar á portada
Filed under

fotografía

 

Noia: organizan o certame fotográfico "Imaxes con Fondo" para concienciar sobre a globalización negativa

  • O premio para a categoría da mocidade é dunha cámara ou 450€ en produtos de comercio xusto
  • O premio para adultos é dunha viaxe a Cabo Verde en 2013 para facer unha reportaxe fotográfica solidaria
  • Prazo: ata o 15 de outubro deste ano

Media_httpfarm3static_yjncr

Noia, 8 de maio de 2012. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que é socio a Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Noia, organiza o concurso “Imaxes con Fondo”.

A finalidade de dito concurso é crear conciencia social sobre os efectos perversos da globalización. Creando unha cidadanía global responsable que denuncie as corrupcións, as inxustizas, a insolidariedade e os abusos que obstaculizan o desenvolvemento humano tanto no norte coma no sur.

Trátase de reflexionar sobre cales son as prácticas na nosa sociedade que repercuten negativamente no engrosamento das desigualdades entre os países do norto e do sur,  observando no noso entorno exemplos destas prácticas.

Para participar existen dúas categorías:

A categoría xuvenil (fai referencia a solidariedade) vai dos 13 a os 17 anos, ambos inclusive. As/os concursantes deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade, entendido como un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e as persoas.

A categoría adultos/as (fai referencia á globalización) vai dos 18 anos en adiante: As/os concursantes deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta, de cara a denunciar as iniquidades entre o norte e o sur que obstaculizan o desenvolvemento humano.

Premios:

Haberá só un premio por categoría:

- Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 + Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio xusto, valorado todo en 450€.

- Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a un dos proxectos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Cabo Verde, co obxectivo e compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2013 e terá entre 15 días e un mes de duración. Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías individuais, ou ben ata tres series compostas de tres fotografías cada unha.

Descrición nun tweet como máximo

Para participar no concurso fotográfico “Imaxes con Fondo” poderán presentarse ata tres fotografías que deberán ser realizadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp e deberá ocupar 5MB como máximo. Pero, o máis importante é a breve descrición de cada obra (tweet), de 140 caracteres e en galego, na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto, facendo unha reflexión sobre o significado da imaxe.

Aquelas persoas interesadas poderán facer entrega das súas obras e demais documentos requiridos ata o 15 de outubro de 2012 no seguinte enderezo electrónico: imaxesconfondo@yahoo.es . Para máis información poden escribir un correo electrónico a dito enderezo ou chamar ao 698 156 127.

Para a elaboración das bases do concurso contouse co apoio de diferentes colectivos vinculados ao mundo da fotografía: Asociación de reporteiros solidarios (AGARESO), Asociación Provincial de Fotógrafos de Pontevedra, Asociación Provincial de Fotógrafos de Lugo, Agrupación Fotográfica Galega, Asociación Fotográfica ‘Os Negativos’ e a Asociación Fotográfica Galega ‘Phosgalicia’.

Máis información en http://www.fondogalego.org/web/ 

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   certame   fotografía   solidaridade  

Fotografía: Ámbar convoca o certame "Vivindo na comunidade 2012"

(download)

Presentación do concurso de Fotografía “Vivindo na comunidade” 2012

 

Directivos da Asociación AMBAR presentaron, no Centro de Recursos da Barbanza, o concurso de Fotografía “Vivindo na comunidade” 2012.

A temática do concurso versa sobre as persoas con diversidade funcional vivindo na comunidade.

O obxectivo do concurso é que as fotografías presentadas axuden a fortalecer a percepción de como as persoas con diversidade funcional viven e como están a participar dentro das súas comunidades, nos seus barrios, pobos, aldeas, nos mesmos contextos que os demais cidadáns. Deberán amosar como viven as persoas con diversidade funcional, xunto coas súas familias, amigos, compañeiros, veciños, etc. para así poder comprender os retos e os éxitos que atopan estas persoas en España.

Na roda de prensa, na que estiveron presentes a presidenta, Milagros Rey, o vicepresidente, José Antonio Chouza, e a vogal Luisa Rodríguez, fixéronse públicas as bases do concurso, así como os patrocinadores do mesmo, ós que agradeceron a súa colaboración nesta iniciativa.

Bases:

Click here to download:
bases.pdf (95 KB)
(download)

Click here to download:
cartel.pdf (173 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   certame   fotografía   Ámbar  

Noia: convocan unha nova edición do concurso de fotos "Se eu podo, ti tamén"

Click here to download:
Octavilla V Concuros Fotos.pdf (1.04 MB)
(download)

 

Noia, 10 de febreiro de 2012. Con motivo da celebración o vindeiro día 8 de marzo, “Día Internacional das Mulleres”,  a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Noia, a través do Centro de Información á Muller (CIM) convoca o V CONCURSO FOTOGRÁFICO    “SE EU PODO, TI TAMÉN“. 

RESUMO DAS BASES

-TEMÁTICA DAS FOTOGRAFÍAS

   As fotografías deberán tratar sobre a corresponsabilidade de homes e mulleres no espazo público, privado e/ou doméstico. Nelas poderán aparecer tanto persoas do sexo masculino como feminino, ou calquera outra imaxe que reflicta o espírito do concurso.

   O xurado resérvase o dereito de aceptación das obras segundo se axeiten ou non á temática requerida.

   As fotografías presentadas deberán ser inéditas, e non se aceptarán as que foran seleccionadas noutro concurso ou certame. As imaxes deberán ser orixinais, non se admitirá ningunha fotografía con dereitos de propiedade intelectual que non pertenzan integramente e sen excepción ao propio participante.

Gañadores do ano pasado:

Premios_se_eu_podo

- PARTICIPANTES

   Poderán  participar no concurso todas aquelas persoas afeccionadas interesadas que o desexen.

-PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS

   A participación no concurso é gratuíta e realizarase mediante a presentación dun sobre dirixido ao Centro de Información á Muller do Concello de Noia (CIM), edificio de Servizos Sociais, ubicado na Rúa do Curro, nº 4, coa inscrición: V CONCURSO FOTOGRÁFICO “SE EU PODO TI TAMÉN”.

   Únicamente se admitirá un máximo de catro fotografías por participante.

   Dentro do sobre deberán estar presentes tres  elementos:

  •  
    1. A fotografía presentada a concurso.
    2. Un CD ou DVD que conteña a fotografía que se presenta.
    3. Instancia na que aparezan os seguintes datos do participante: nome e apelidos, número do documento de identidade, dirección e datos de contacto (teléfono e/ou correo electrónico) e título da fotografía.

-REQUISITOS TÉCNICOS

   A medida máxima das fotografías será  de 50x 70 cm e presentaranse en cartón pluma.

   As imaxes presentadas en CD ou DVD deberán estar en formato JPG ou JPEG, cunha resolución  superior a   2048 X1536 píxeles.

   A técnica usada será libre, en branco e negro ou cor, e cos retoques que o autor/a estime necesarios para transmitir o obxectivo do concurso.

- PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS

   O prazo de recepción das fotografías estará aberto ata as 14:00 horas do 5 de marzo de 2012.

- PREMIOS

   Concederanse tres premios ás tres mellores fotografías:

    1º premio dotado cunha cantidade de……………  300 €.

    2º premio dotado cunha cantidade de……………. 200 €

    3º premio dotado cunha cantidade de……………  100 €

   *O contido completo das bases poderase consultar nos taboleiros de anuncios do Concello de Noia e no edificio onde se ubica o CIM



Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   certame   fotografía  

Boiro: organizan un roteiro fotográfico por Bealo o vindeiro sábado 11 de febreiro

Ruta-bealo

Antes, en Certo:

 






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Bealo   Boiro   Olláparo   fotografía   roteiros  

Ribeira: xa se pode ollar "Paraísos non tan lonxanos" no auditorio, ata o 25 de febreiro

  • É unha escolla de 22 imaxes subacuáticas sobre especies que habitan na Ría de Arousa

(download)

Ribeira, 25 de xaneiro de 2012- O auditorio acolleu na noite de onte o acto de apertura da exposición “Paraísos non tan lonxanos”: unha colección composta por 22 fotografías de vivas cores nas que se amosan asombrosas imaxes dalgunhas das especies que esconde a ría de Arousa. 

A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, foi a encargada de inaugurar oficialmente a exposición en compañía de Jacinto Pérez, presidente do Grupo de Estudos do Medio Mariño (GEMM), a entidade organizadora da mostra. 

Jacinto Pérez explicou que as imaxes foron tomadas en diferentes puntos do medio mariño do municipio, como a illa de Rúa, a praia de Coroso, a praia da Catía ou a illa de Sálvora. Nas abraiantes instantáneas, impresas sobre lenzo, que se poden admirar, aparecen especies como medusas, cabaliños de mar, babosas, polbos, escachos, sanmartiños,  esponxas ou anémonas xoias. “E isto só é unha pequenísima parte do que temos na ría”, afirmou o presidente do GEMM. 

Elvira Pisos agradeceu a colaboración desinteresada do CEMM e convidou á veciñanza a que non deixe de visitar no Auditorio esta mostra, coa que se pretende difundir a beleza das nosas costas e sensibilizar acerca da preservación da súa flora e fauna. A exposición estará aberta ata o próximo 25 de febreiro, de luns a venres entre as 10 e as 14 horas. 

Antes da conclusión do acto, Jacinto Pérez explicou aos asistentes as características de cada unha das 22 fotografías.




 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   exposición   fotografía  

Ribeira: "Paraísos non tan lonxanos", fotografía submarina ata o 25 de febreiro no auditorio


Ribeira, 20 de xaneiro de 2012- A Concellaría de Cultura e Festexos anuncia que o martes vindeiro, 24 de xaneiro, será inaugurada no Auditorio Municipal a exposición Paraísos non tan lonxanos. Un percorrido submarino a través da fotografía, organizada polo Grupo de Estudios do Medio Mariño (GEMM).  

A exposición componse de 22 fotografías realizadas por diversos membros deste grupo, nas súas incursións por augas das rías galegas. Nelas recóllense asombrosas imaxes das especies que habitan nas nosas costas: medusas, cabaliños de mar, moluscos, esponxas, anémonas xoias... coas que se pretende, por unha parte difundir a beleza dos fondos mariños e, pola outra, concienciar á cidadanía da necesidade de conservación das especies, algunhas delas en perigo de extinción.  

A exposición estará  aberta ata o próximo 25 de febreiro. 

O acto inaugural, que terá lugar ás 20 horas, estará presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contará coa intervención de Jacinto Pérez, presidente do Grupo de Estudos do Medio Mariño.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   exposición   fotografía  

Boiro: ata o 22 de febreiro, "Encontros", do fotógrafo Candiño, do colectivo Olláparo, no centro social

Boiro_expofoto


Rock por Paula: o 21 de xaneiro na discoteca Tonos

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Olláparo   exposición   fotografía  

Ribeira: presentado "Sempre Riveira", un libro con 200 imaxes que percorre o municipio

(download)
Ribeira, 2 de decembro de 2011. O Salón de Sesións acubillou na noite de onte un agarimoso acto de presentación do libro “Sempre Riveira”, nova publicación da editorial Teófilo Comunicación que o próximo mércores, día 7 de decembro, chegará ás librerías de toda Galicia.  

O alcalde Manuel Ruiz Rivas e o editor José Luis Teófilo Piñeiro foron os encargados de describir este volume no que se recollen preto de 200 fotografías da xeografía de Ribeira tomadas por Alberto Peiteavel. Pero antes houbo tempo para a música a través da actuación de Rosa Leiro acompañada ao piano por Juan Carlos Cambas, interpretando primeiramente os temas “Honra-la vida” e “Alma viaxeira".

Media_httpfarm7static_jgbiu

A continuación tomou a palabra José Luis Teófilo manifestou que “Sempre Riveira” é un libro que fai un percorrido fotográfico e panorámico do municipio polas distintas horas do día, dende as oito da mañá ata as dez da noite, e “no que se poden contemplar ademais os distintos cores que ten esta fermosa vila mariñeira”. Teófilo Piñeiro referiuse tamén ás súas orixes ligadas á ría de Arousa (a súa nai era de Vilaxoán) e o seu contacto con Ribeira. 

Despois de que Rosa Leiro agasallara ao público cun novo tema (“Sostesme ti”) Manuel Ruiz manifestou que este libro “fai honor á beleza natural que ten o noso concello” e destacou o colorido que ten a cidade nas imaxes tomadas por Alberto Peiteavel. “Creo que vivimos un lugar privilexiado e temos que agradecer a aqueles que queiran que o coñeza toda Galicia a xentileza de publicar un libro tan fermoso”, manifestou. 

O acto finalizou cunha nova intervención musical: “Negra sombra”.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   fotografía   presentación libro  

A Pobra: o Fotoclub Sálvora expón na casa da cultura dende o 16 de decembro

  • Estará colgada ata mediados de xaneiro de 2012

Expo_fotoclub_salvora

A Pobra do Caramiñal, 13 de Nadal de 2011. Este venres, 16 de decembro, ás 20:30 horas, na casa de Raquel Soler, na Pobra do Caramiñal, terá lugar a inauguración da mostra de fotos "Retrospectiva", organizada polo Fotoclub Sálvora.

Estará exposta ata mediados de xaneiro no seguinte horario:

Luns...........................................De 9.00 a 14.00

De Martes a Venres................De 9.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00

Fins de semana e Festivos....De12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00

Entre os que colgan están os flickeiros e facebookeiros -incluso hai algún blogueiro, como o de Fotos de Rianxo, Reboiras- Xoan Antón Castro Barreiro, Oscar Iglesias Gago, José Prado, José Becerra, Óscar Reboiras Loureiro, Juanma Abelleira Ronquete e Jose Fernandez Souto.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   exposición   fotografía  

Ribeira: a luguesa Paulova colga "Tremenda Fauna" dende o sábado 3 de decembro en O Faiado

  • A inauguración é o sábado 3 de decembro ás sete da tarde en O Faiado, na rúa de Galicia 82

Flyer

 

Ribeira, 29 de novembro de 2011. A artista luguesa Paulova (1983) presenta a súa exposición "Tremenda Fauna" en O Faiado (tenda-galería) a partires deste vindeiro sábado, 3 de decembro.


Na mostra, Paulova presenta pezas moi particulares coa intención de conectar o popular e recoñecible polo espectador mediante o emprego de estratexias kitsch. A artista di que é preciso "tender unha ponte de entendemento entre o público desligado da chamada elite e a arte contemporánea".

A serie "Lacón cañí" é de fotografías, a escultura emprégase en "Christmas Vellocino" e a pintura é a arte escollida para a serie "Labores marcianas".

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   escultura   exposición   fotografía   pintura  

Ribeira: presentan un libro de fotografías sobre a cidade o xoves 1 de decembro

  • Compila un percorrido panorámico polos diferentes espazos da capital do Barbanza
  • O volume "Sempre Riveira" contará na presentación co apoio do alcalde, Manuel Ruíz Rivas, que acompañará ao editor José Luis Teófilo

Portada_sempre_riveira

 

Ribeira, 25 de novembro de 2011.- Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións, presentará a súa última publicación “Sempre Riveira” nun acto que terá lugar o vindeiro xoves, día 1 de decembro, no salón de sesións do Concello as 20.00 horas, e que contará coa presencia do alcalde, Manuel Ruíz Rivas e do editor José Luis Teófilo. 

O libro mostra, a través de preto de 200 coidadas instantáneas, un orixinal itinerario polos espazos urbanos e tamén naturais que forman parte do cotián tanto de quen reside como daqueles que se achegan a coñecer Ribeira. Pretenden deitar unha mirada distinta -captada polo obxectivo da cámara de Alberte Peiteavel- que ofrece toda unha escolma de excelencias que "son un orgullo para os ribeirenses e un reclamo para o turismo", asegura o editor. 

“Sempre Riveira” convida ao lector a gozar dun xeito diferente dunha puxante vila que ao longo dos anos coñeceu un notable troco no seu desenvolvemento urbanístico, mudando sobre todo o aspecto da súa fachada marítima, e que continúa a medrar, impulsada polo esforzo de tódolos ribeirenses, nos eidos económico, social, cultural e turístico. 

Un contido que, desde o percorrido panorámico dos lugares máis emblemáticos da “moi nobre, moi leal e moi humanitaria cidade”, perpetúase a través do sublime instante que supón ancorar a realidade dun entorno ao espazo e ao tempo. Unha proposta para que quen disfrute deste libro pase, nun acto máis pausado, do ollar ao contemplar. 

Pode que tamén lle interese:

Ribeira: a Polifónica, en Santiago este sábado 26 no Grelo de Ouro

O xogo é un dos dereitos do neno
Día da Infancia: acto o 9 de decembro no auditorio


Charla: o 10 de decembro, sobre Cunqueiro e Novoneyra no Ateneo



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   fotografía   presentación libro  

A Pobra: "Paraísos non tan lonxanos", fotografía submarina dende o xoves 10 de novembro na casa de cultura

Parasos

 

Click here to download:
fita.pdf (322 KB)
(download)

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   casa da cultura   exposición   fotografía