Preme para voltar á portada
Filed under

Galicia

 

Música: convocan o V Concurso Galego de Composición para Bandas de Música e Sección Sinfónica

  • Data límite para presentar obras: 28 de setembro de 2012
  • O rianxeiro Antón Alcalde gañou varios anos a categoría para banda de música: recuncará?

V-concurso-composicion

Barbanza-Noia, 30 de marzo de 2012. A Xunta de Galicia a través de AGADIC e a Federación Galega de Bandas de Música Populares convocan o V Concurso Galego de Composición para Bandas de Música e Sección Sinfónica, sendo a data límite de presentación de obras o 28 de setembro de 2012.

O éxito acadado nestes catro anos pode verse nas obras premiadas para banda sinfónica:

  • O Soñ de Breogán de Juan Durán
  • Irmandiños de Juan Fernández Gúzman
  • Marea Negra de Antón Alcalde
  • A Pedra da Serpe de José L. Represas
  • A lenda da Santa Compaña de David Cuevas
  • O misterio do Castelo de Pambre de Víctor Enguídanos Royo
  • Na Galiza de Paulino Pereiro Martínez

ou para banda de música:

  • A Revolta Irmandiña de Raúl Martín Niñerola
  • Terra de Oestrimnios e Monte Medulio de Andrés Álvarez
  • Pórtico, Dolmen, Camiños da Fin da Terra e Noite de defuntos de Antón Alcalde
  • Auga levada de Juan M. Eiras
  • Espírito Galego de Santiago Quinto Serna
  • A Batalla de Elviña de Manuel A. López Pérez

O concurso consta de tres categorías ás que poder presentarse:

    * 1ª categoría: sección Sinfónica (a partir de 71 músicos)
    * 2ª categoría (até 70 músicos)
    * 3ª categoría (até 50 músicos)

Bases:

Click here to download:
Bandas_Bases_Concurso_2012-1.pdf (2.3 MB)
(download)

Máis info: http://fgbmp.net

Relacionada:

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Galicia   bandas   certame   música  

Política: Converxencia XXI preséntase ás eleccións en toda Galicia, tras acadar os avais necesarios

  • Vinte anos despois, Galicia volverá a contar cunha forza política propia e moderada nunhas eleccións ás Cortes Xerais, logo de presentados os avais ante as xuntas electorais provinciais  

(download)
Barbanza-Noia, 19 de outubro de 2011. Converxencia XXI acadou o aval da sociedade galega para presentarse ás eleccións ás Cortes Xerais do Estado do vindeiro 20 de novembro. Con tan só dous anos de vida, este partido galego que se di "de centro", conseguiu xuntar preto de 4.000 sinaturas entre as catro circunscripcións electorais galegas. 

Deste xeito Converxencia practicamente dobra o requisito esixido pola lei electoral, que se “reformou precisamente para bloquear a entrada de novos partidos e novas ideas”, lembra o seu secretario xeral Carlos Vázquez Padín. Segundo esta reforma electoral, os partidos políticos sen representación no Congreso e no Senado necesitan o 0,1% do censo electoral provincial en avais de cidadáns, debidamente asinados e cos seus datos completos.

Converxencia XXI, un partido que asegura financiarse "só coas cotas dos seus afiliados", fixo un grande esforzo material e humano despregando mesas, e visitando cidadáns porta por porta nas principais cidades e vilas de Galicia. "Grazas a este esforzo, Converxencia XXI foi o único partido sen representación parlamentaria que conseguiu as sinaturas necesarias nas catro províncias galegas", afirman en nota de prensa.

Antonio Pérez, coordinador electoral da formación, afirmou que ademais de recoller os avais, os afiliados de Converxencia XXI "recibiron tamén numerosos apoios de galegos e galegas que cren necesario o novo proxecto político que defende Converxencia XXI para Galicia". Así, o secretario xeral, Carlos Vázquez Padín, expresou o seu agradecemento aos cidadáns que asinaron os avais e aos que escoitaron a atenderon amablemente os afiliados da formación. “Vinte anos despois, os electores decidiron que Galicia merecía unha opción electoral, de centro galeguista, seria e dinámica”, sinalou Vázquez Padín.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Converxencia XXI   Eleccións 20N   Galicia   política  

Política: Converxencia XXI bótase ás rúas para recoller avais

P9240008

 

Barbanza-Noia, 29 de setembro de 2011. Durante os vindeiros 20 días, os homes e as mulleres de Converxencia XXI sairán ás rúas para conseguir avais que lles permitan participar nas eleccións xerais do 20N. 2.690 sinaturas, distribuídas por provincias, son as que necesitan as formacións políticas que non teñen representación no Congreso ou no Senado para presentarse ás eleccións.

A reforma da Lei Electoral (LOREG) aprobada hai uns meses co voto favorable do PP e PSOE, endurece os requisitos dos partidos para presentarse ás eleccións. A partir desta convocatoria, as formacións que non tiveron representación nas Cortes na convocatoria inmediatamente anterior teñen que conseguir unha cantidade de avais equivalente ao 1 por mil dos censados, nun escaso prazo de 20 días. Un requisito que, por suposto, non teñen que cumprir os mesmos partidos que aprobaron a devandita Lei, explican dende este partido que lidera o tudense Carlos Vázquez Padín.

Converxencia XXI lembra que o aval non compromete a nada, nen significa, en ningún caso, o voto. O aval vale unicamente para que a formación galeguista e centrista poida concorrer ás eleccións e dotar a Galicia dunha nova voz que se autocualifica como "forte e sensata".

En Certo descoñecemos que persoas hai na Barbanza ou Noia detrás desta formación.

Máis info:
www.converxencia.eu



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Converxencia XXI   Eleccións 20N   Galicia  

Internet: Quecarallo.net, un punto de encontro para os galegos na Rede

A escena internauta galega, convalecente ante o peche dalgunhas das súas webs máis importantes, volve rexurdir con novas iniciativas

Captura1
Barbanza-Noia, 28 de xaneiro de 2011. Quécarallo?! é un foro de ámbito galego que ten como obxectivo reunir á escena internauta galega, como plataforma complementaria ás redes sociais, ofrecendo unha canle de comunicación "de todos para todos" que permite organizar quedadas, concentrar información sobre concertos, eventos culturais e lugares de interese da comunidade galega, nun só lugar.

Captura3
Ademais serve tamén como punto de partida e apoio a futuros proxectos web da comunidade, sexan grandes ou pequenos, independentemente do idioma e calquera outra condición.

Quécarallo?! non conta con máis presuposto que o que achega a súa comunidade (ademais dun pequeno banner), e actualmente conta con máis de 900 usuarios rexistrados, e máis de 25000 mensaxes, con menos de 10 meses aberto ao público e sen investimento en publicidade.

Captura2
O sitio usa MyBB (código aberto) como sistema de xestión de contido, do que, grazas á comunidade, desenvolveu a primeira tradución ao galego dispoñible para o mesmo.

Web de referencia:

http://quecarallo.net

Antiga relacionada:

Internet: pechan dous referentes da Rede en lingua galega: Vieiros e Chuza!

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Galicia   internet  

Ecoloxía: o parque natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, en Ribeira, no panel 6 da exposición "Galicia, conservando a natureza"

A exposición é itinerante e pódese ver ata o domingo 30 de xaneiro no centro comercial Área Central de Santiago

Media_httpfarm4static_btihg

O parque natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é dos máis visitados de Galicia

Ribeira, 21 de xaneiro de 2011.- A Consellería do Medio Rural organiza a exposición “Galicia, conservando a natureza” para que a cidadanía sexa consciente do tesouro natural que temos e da necesidade de conservalo. Esta mañá tivo lugar o acto de inauguración da man do director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, acompañado polo xerente de Área Central, Juan Carlos Losada. As autoridades presentes recorreron os 22 paneis informativos que compoñen esta exposición e que permanecerán até o vindeiro domingo, 30 de xaneiro.

O panel número 6 está adicado ao parque natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, en Ribeira. Esta tarde, os nenos poderán gozar dun obradoiro educativo sobre pegadas e caretas de animais en Galicia, así como facer pegadas en escaiola e plastilina dalgúns animais da fauna galega, debuxar caretas dalgúns dos animais máis significativos e emblemáticos para os nenos máis pequenos e construír un puzzle de 32 pezas sobre dous ecosistemas de Galicia: a Montaña e a Costa.

Parques protexidos
Media_httpfarm4static_duwtn

A gran diversidade de medios naturais e multitude de microclimas favorecen unha ampla mostra de diferentes ecosistemas que son o resultado da evolución natural e da forma de aproveitar os recursos naturais.

Galicia pode estar orgullosa dos seis parques naturais que conforman a rede de espazos protexidos xunto co parque nacional. Na provincia da Coruña, atopámonos co Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, así como coas Fragas do Eume. En Ourense están a Serra da Enciña da Lastra, o Invernadeiro e a Baixa Limia-Serra do Xurés. Por último, o Monte Aloia está situado na provincia de Pontevedra, ao igual que o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Características da exposición

A exposición “Galicia, conservando a natureza”, está composta polos seguintes materiais:

  • 22 paneis de 200 cm. x 100 cm. impresos a 4 tintas sobre lona reforzada,montados sobre displays portátiles
  • Proxección “Os parques naturais de Galicia”
  • Idioma: edición en galego
  • Superficie mínima de montaxe: 50 m2
Relación de paneis:

Panel 1- Panel portada “Galicia, conservando a natureza”
Panel 2- Os espazos naturais axudan a conservar a biodiversidade
Panel 3 - A rede natura protexe os hábitats prioritarios para a conservación da natureza europea
Panel 4 - A rede natura protexe especies prioritarias na conservación da natureza europea
Panel 5 - Parque nacional das illas atlánticas.
Panel 6 - Parque natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Panel 7 - Parque natural das Fragas do Eume
Panel 8 - Parque natural do monte Aloia
Panel 9 - Parque natural da Baixa Limia - serra do Xurés
Panel 10 - Parque natural dos montes do Invernadeiro
Panel 11 - Parque natural da serra da Enciña da Lastra.
Panel 12 - Monumentos naturais.
Panel 13 - Complexo O Grove-Ons.
Panel 14 - Humidal protexido ría de Ribadeo.
Panel 15 - Humidal protexido lagoa e areal de Valdoviño
Panel 16 - Humidal protexido ría de Ortigueira-Ladrido.
Panel 17 - Rede Natura 2000: Espazos litorais.
Panel 18 - Rede Natura 2000: Ecosistemas fluviais.
Panel 19 - Rede Natura 2000: Lagoas, esteiros, brañas...
Panel 20 - Rede Natura 2000: Bosques
Panel 21 - Rede Natura 2000: Serras
Panel 22 - Zonas de Especial Protección para as Aves

(vía)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Corrubedo   Galicia   Ribeira   exposición   natureza  

Ribeira: as mellores raquetas de tenis de Galicia participan no máster desta fin de semana

Esta fin de semana, nos pavillóns polideportivos de Sirves e Artes

Mster_galego_de_tenis

Ribeira, 7 de xaneiro de 2011- Os pavillóns polideportivos de Sirves e Artes van ser escenario mañá e pasado mañá dunha nova edición do Máster Galego de Tenis, no que competirán os 16 mellores xogadores masculinos do ránking galego máis un convidado da organización. 

Este evento foi presentado hoxe na casa consistorial de Ribeira polo concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal Tomé, e por Blas Sobrido, secretario do Club de Tenis Punta Salera, de A Pobra, entidade colaboradora no campionato.

Como convidado da organización, participará Marcos García, de Lousame, recente vencedor do Máster Provincial. Outros participantes da zona son os ribeirenses Pablo Lijó, Marcos García e Alberto García, o boirense Pepe Ageitos e Óscar Vázquez, do Club de Tenis Punta Salera.

Media_httpfarm6static_hbjbp

Miguel Casal, vixente campión galego, leva varios anos ganando este máster. Na imaxe, en 2006

O gran favorito para levarse o torneo será, un ano máis, o vigués Miguel Casal, que ocupa o 38º posto de España e o primeiro de Galicia e é o vixente campión galego. 

Os partidos comezarán mañá no pavillón de Sirves a partir das 10 da mañá. O duelo máis interesante da primeira rolda terá a Pablo Lijó e a Cristian González como competidores. Ambos foron os finalistas que caeron ante Miguel Casal nas dúas últimas edicións do torneo. 

As semifinais terán lugar o domingo a partir das 11 da mañá, mentres que a final está prevista para as 17.30 horas. Estes partidos disputaranse no pavillón de Sirves. 

A organización confía en reunir a grande afluencia de público da última edición, na que para contemplar a final acudiron máis de 200 persoas.

Podería interesar:


Ruta de Bicicletas por Nadal: este domingo 9 de xaneiro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Galicia   Ribeira   tenis   torneo  

Cultura: Editorial Volta, unha nova aposta editorial galega

Volta_logo

Barbanza-Noia, 23 de decembro de 2010. Acaba de constituírse unha nova editorial galega, chamada Volta. Segundo os seus promotores, os ferroláns Pablo Portero e Fernando Fernández Rego, dous vellos coñecidos de Certo polas súas facetas cinematográfica e de analista musical respectivamente, "xurde coa idea principal de cubrir baleiros existentes no mundo editorial galego, dende a parte do mundo audiovisual sen poñernos límites ata o mundo da banda deseñada, a narrativa, música, o cinema, a fotografía e demais manifestacións artísticas".

Media_httpwwwvoltaevo_qaael

O seu primeiro lanzamento é o cómic O regreso do caralludo Sr. Mundo, unha historia composta polos debuxos de Alfonso Martínez e guionizado por Nathan Carter e Juan Junquera, do cal se pode ler a sinopse aquí.

“Atopámonos ante unha obra única dentro da banda deseñada galega. O primeiro que chama a atención é a coidada presentación, propia dunha edición conmemorativa, de coleccionista. Un acabado de luxo que responde á propia natureza do produto, un traballo xestado ao longo de moitos anos de traballo tanto de concepción, guión como de deseño artístico", explican.

O seguinte lanzamento da editorial será Composteland, un álbum fotográfico realizado en Santiago de Compostela durante 2009 e 2010 por Pablo Portero, con 150 imaxes a cor que retratan unha parte da cidade do Apóstol distinta á que sae nas postais. A continuación, tamén como lanzamento, sairá "Story", do mesmo autor, que se configura como novela, ensaio e libro acerca do guión e o mundo do guionista. En parte é unha homenaxe a un dos máis afamados mestres de guion, o californiano Robert McKee. Tamén está xa en periodo de lanzamento "Blues From a Gun: Secuencias Interiores", de Fernando F. Rego. Trátase dun percorrido  a través do relato e a poesía "sobre as rexións máis escuras e evocadoras da nosa mente", segundo sinala o seu autor.

Obxectivos de Volta Editorial

Segundo explican na súa web, Volta Editorial funciona como catalizadora da creación cultural: "somos creadores de obxectos culturais que desprenden un aroma artesanal, ese recendo que teñen as cousas feitas coas mans con plena dedicación e cariño. Somos editores, si, pero por riba de todo, somos autores".
Gústanlles os libros visuais "e as imaxes que poidan condensar mil palabras distintas, porque queremos que os nosos che gusten a ti, e non á maioría. Temos que confiar no creador, que é o artista, e que á súa vez deposita a súa confianza en nós, porque este é o noso traballo nesta empresa. Sacar á luz produtos culturais de calidade, respectando ao autor, que sexan rendibles para todos e que ademais se movan nunha esfera de inquietude, creatividade e paixón, relacionada co cine, a literatura, a música, o audiovisual, a fotografía e tantas e tantas paixóns compartidas".

Se es creador e cres que compartes estes obxectivos, os seus datos de contacto están na páxina web http://www.voltaevolta.com.
 
Se queres facer un agasallo por calquera motivo e cres que á agasallada lle interesan produtos culturais novidosos, o catálogo de Volta Editores está aquí.

Relacionadas:


Lingua galega: Agasallo.eu, cultura e xoguetes en galego

Media_http2bpblogspot_ohafa

Nova editorial: en xaneiro de 2010 naceu "Acha Escrava", en Noia. Máis



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Galicia   banda deseñada   cultura   fotografía   literatura  

Internet: pechan dous referentes da Rede en galego

Media_httpfarm5static_atsit

Dende hai meses, e por múltiples circunstancias, o mantemento de chuza fíxose cada vez máis complexo para min. Por iso decidín que era o momento de deixar este proxecto e ofrecer a súa xestión a determidadas asociacións e entidades que crin adecuadas para darlle continuidade.

Ninguén puido facerse cargo, polo que decidin que era o momento de poñerlle fin a chuza. E mañá é un día como calquera outro.

Chuza e, nomeadamente, outros medios históricos que desaparecen esta finde, deixan un oco importante niso que chamamos moitas veces rede galega. Pero os ocos están para enchelos. Todo o que queda a partir de agora é mellorar.

Moitas grazas por todos estes anos de colaboración.

Preguntas:

* Porque non me ofreciche chuza! a min? Eu queria seguir co proxecto!!
Ben, o traspaso dunha web é algo máis complexo que pasar un contrasinal. Cando decidín que a miña etapa de administrador de chuza remataba, escollín varias organizacións e entidades que consideraba adecuadas para a continuidade e centreime nesas. Pero sempre podes coller o código fonte de chuza ou, case mellor, do menéame orixinal e montar a túa propia rede.

* Como vai ser o peche?
Será o 25 de xullo ás 23:59. Apagarase o servidor web. Non haberá arquivo online. No futuro considerarase publicar unha copia da base de datos despois de eliminarlle os datos personais dos usuarios.

O outro xa pechou hoxe, 24 de xullo. Http://vieiros.com

Sentímolo. :(
Agardamos que foran semente -sabémolo de seguro- de moitos outros proxectos en galego para Internet. Poderiamos dicir algo sentimental, en plan epitafio de Cunqueiro (mil privameras máis) pero non estamos de humor, e estas cousas non se celebran. Simplemente doen.

Poderiamos dicir todas as horas que pasamos de risas e sorpresas no Chuza!, onde moitos comentarios non tiñan prezo. Pero non estamos para festas.

Poderiamos falar dos concursos de Vieiros, dende os eróticos ata outros ben chorras, ou da súa xenial escolma de blogs -a de tempiño que nos aforraban para ir á chicha do blogomillo- mais non temos bo corpo.

Podiamos falar dos motivos destes peches, pero para iso xa haberá analistas e comentaristas (como Walter). Nós, simplemente, sentímolo. :(

Máis información para os interesados, aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Galicia   internet   medios de comunicación  

Faranji: no capítulo XXI, a evolución relixiosa e cultural en Etiopía, por Xurxo Ayán

Media_httpfarm5static_tjrtd

(...) "Seca as mans cheas de suor contra a camiseta, adornada cunha efixie do Che Guevara. Miles de cubanos morreron pola Revolución en terra africana. Só a partir de 1989 comezou a poboación da illa a coñecer os listados dunha sangría nefasta. Os camposantos están cheos de heroes".
"Dende que cheguei a Etiopía, un se vai acostumando á vida da rúa, ao colorido da xente, á presenza da muller en tódolos eidos da vida cotiá, á variedade de estilos e maneiras de vestir, á fermosura das rapazas, independentemente da raza, da cor da pel ou da cultura á que pertenzan. A ocultación da muller foi algo novedoso para min. O profesor, Cerdedo e Laclau xa estiveran por terras de Exipto e de Sudán e non lles collía de novas"
O capítulo completo en http://certo.es/index.php?page=sheikh_khoyele_al-hassan



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Etiopía   Faranji   Galicia   Xurxo Ayán  

Faranji: Etiopía, terra de misión como antes o foi Galicia

Media_httpfarm5static_hnfjo

Xurxo Ayán segue a debullar as coincidencias no devir histórico entre este país africano e Galicia. O capítulo de hoxe en http://certo.es/index.php?page=terra_de_mision



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Etiopía   Faranji   Galicia   Xurxo Ayán  

Fotografía: estas son as catro imaxes gañadoras do concurso de fotografía turística "Galicia, como a ves?"

Mellor fotografía de costa:

Praia

"Las huellas del mar: Areal do Ézaro"

Enviada por  Ana Belén Rello Fernández de Santiago de Compostela

Mellor fotografía de entorno urbano

Praza_da_lea

"Praza da leña, Pontevedra"

Enviada por : Manuel Bóo Valiño de Vigo

Mellor fotografía do interior de Galicia

Castelo

"Castelo de Doiras, Lugo "

Enviada por: Antonio Ramón Martín Sotelo de A coruña

Mellor fotografía do  patrimonio cultural galego

Porta_outono

"Puerta al Otoño"Santa Cristina de Ribas de Sil, Ourense

Enviada por: María Jesús Villamar Riobó

Santiago, 19 de xuño de 2010. Os galegos Ana Belén Rello, Antonio Ramón Martín, María Jesús Villamar e Manuel Bóo resultaron gañadores do concurso de fotografía turística Galicia... como a ves?, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo a través de Turgalicia.

Un total de 248 participantes de distintos puntos de España achegaron máis de 800 imaxes de Galicia, que serán utilizadas nunha campaña de difusión dos valores turísticos galegos. Os premiados poderán gozar dunha estancia dunha semana no establecemento turístico da Comunidade galega que desexen, en réxime de media pensión.

Este concurso convocouse durante a primeira quincena do mes de xuño co obxectivo de incentivar a creatividade e a participación cidadá na promoción turística galega. A través da páxina www.galiciacomolaves.com, todos aqueles interesados en participar nesta proposta puideron enviar as súas fotografías en formato dixital.

Categorías

Os premios do concurso Galicia... como a ves? dividíronse en catro categorías. Ana Belén Rello foi a gañadora do premio á mellor fotografía da costa, coa obra titulada Las huellas del mar; Antonio Ramón Martín gañou o galardón á fotografía de interior con Ancares; o premio á mellor imaxe de contorna urbana foi para Manuel Bóo con Praza da leña; e no apartado de patrimonio cultural o premio foi para María Jesús Villamar, grazas a unha imaxe que leva por título Puerta de otoño e que ten por motivo o Mosteiro de Santa Cristina, na Ribeira Sacra.

O xurado deste certame foi presidido por Carmen Pita, directora-xerente de Turgalicia, e estivo formado pola concelleira de Urbanismo e Vivenda do Concello de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón; o presidente da Confederación de Hostelería de Galicia (CEHOSGA), Héctor Cañete; o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Barxas, quen delegou en Pilar Corredoira, técnica en arte da Consellería de Cultura e Turismo; e o fotógrafo profesional, Carlos Rodríguez.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Galicia   certame   fotografía   premio   turismo  

Dodro: sarillos político-ideolóxicos en Galicia por unha homenaxe a Moncho Reboiras

Media_httpfarm5static_cjdip

Dodro, 11 de maio de 2010 (mañá). A noticia cóntana en Galicia Confidencial, medio co que colaboramos: http://galiciaconfidencial.com/nova/5833.html

A Comisión "35 aniversario" conta que "No pasado ano 2009, o Ministerio de Xustiza recoñeceu oficialmente a Moncho Reboiras como vítima da ditadura e que sufriu persecución e violencia ate lle daren morte e outorgoulle un recoñecemento persoal que supón a súa rehabilitación institucional.

Amigos, familiares e compañeiros, desde unha opción non partidaria e non excluínte, decidimos constituír a Comisión Moncho Reboiras 35 aniversario, para levar adiante os actos da HOMENAXE POPULAR que se celebrará o próximo 12 de Agosto en Imo, que incluirá a colocación dunha placa homenaxe do escultor Acisclo Manzano na súa tumba, e distintas mostras de solidariedade baixo o lema “Moncho patrimonio de todos os galegos e galegas de ben”.

Os que se queiran apuntar a esta homenaxe teñen a web http://www.monchoreboiras.es

Reboiras, cartel da imaxe, é un lugar de Dodro, pero Moncho Reboiras naceu cerquiña, en Imo.

Read the rest of this post »



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   Galicia   homenaxe   política