Preme para voltar á portada
Filed under

Hospital da Barbanza

 

Sanidade: danlle a certificación UNE 179.003 de xestión de riscos para a seguridade do paciente ao Servizo de Diálise do Hospital da Barbanza

  • Di a Consellería de Sanidade que é o primeiro de España en obtela

Media_httpfarm5static_aibhh

O servizo de diálise intentou privatizarse, e non o fixeron porque se montou balbordo

Ribeira, 2 de febreiro, Día da Candeloria, de 2012. O Consello da Xunta de Galicia, reunido no día de hoxe, abordou un informe da Consellería de Sanidade en que se dá conta dun informe no cal se sinala que o Servizo de Diálise do Hospital da Barbanza foi o primeiro de España en obter a certificación coa norma UNE 179.003 de xestión de riscos para a seguridade do paciente. O obxectivo desta norma é establecer un sistema de xestión de riscos derivados da prestación dos servizos sanitarios co fin último de acadar unha asistencia máis segura para o paciente, evitando ou, se é caso, controlando eses riscos de xeito que non cheguen a producir dano aos pacientes.

O Servizo de Diálise do Hospital da Barbanza convértese así no primeiro que obtén a certificación conforme a norma indicada en todo o Sistema Nacional de Saúde, o que constitúe toda unha garantía para os pacientes que teñen asignado este hospital como centro de referencia.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Hospital da Barbanza   Ribeira   sanidade  

Ribeira: a Plataforma pola Sanidade Pública da Barbanza convoca concentración o xoves 27 de outubro contra os recortes

  • Alertan da posibilidade de peche do PAC da Pobra
  • En Porto do Son, nin PAC nin ambulancia pese á distancia co Hospital da Barbanza
  • O PP votou en contra da Unidade de Saúde Mental
  • Non hai unidade de paliativos para pacientes oncolóxicos
  • Pouca transparencia nas listas de agarda
  • Privatización de suministros en marcha
  • E o Hospital da Barbanza segue sen celadores, o único de Galicia xunto co de Cee

Ribeira_manifa_27

Ribeira, 26 de outubro de 2011. A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Barbanza convoca a toda a cidadanía á concentración que terá lugar o xoves 27 de outubro ás 20.00 horas na praza do concello de Ribeira.

Ese mesmo día a esa mesma hora SOS Sanidade Pública convoca manifestacións e concentracións en todas as cidades e comarcas de Galicia (Vigo, Pontevedra, Ourense, O Barco, Monforte, Lugo, Santiago, Ferrol, Coruña.....) NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA CONTRA OS RECORTES SANITARIOS.

"Ese día temos algo importante que celebrar: a Non privatización do servizo de diálise e apertura  do servizo martes, xoves e sábado, de xeito que todos os doentes da nosa comarca que necesitan ser dializados poden facelo no Hospital da Barbanza e poden deixar de viaxar 3 días a semana a Santiago, pero aínda nos queda moito polo que loitar", explican dende a Plataforma, asuntos como:
  1. · A posibilidade do peche do Pac da Pobra do Caramiñal está cada vez máis cerca. 
  2. En Porto do Son nin hai Pac nin ambulancia medicalizada a pesar da súa distancia ao hospital. 
  3. A unidade de saúde mental é un proxecto totalmente paralizado 
  4. Necesitamos unha unidade de paliativos e un hospital de día para recibir tratamentos oncolóxicos xa 
  5. Esiximos transparencia e consecución de tempos adecuados nas listas de espera
  6. A privatización dos servizos de suministros está en marcha
  7. Seguimos tendo un dos dous hospitais galegos que non teñen celadores na súa plantilla.
"Por todo iso seguiremos mobilizándonos e pedíndolle á cidadanía que participe con nós", finalizan os daPLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA COMARCA DA BARBANZA.

Click here to download:
concentracion3.pdf (404 KB)
(download)

Antes, anunciamos:

Ribeira, 19 de outubro de 2011. O próximo xoves 27 de outubro, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza empraza a todo o mundo a unha nova concentración. Nesta ocasión maniféstánse en contra dos recortes que está sufrindo a sanidade, "que están repercutindo na prestación que se ofrece ós usuarios, deteriorándoa cada vez máis", explican. "Non falles, vémonos as 8 da tarde na Praza do Concello de Ribeira, este xoves 27 de outubro", animan.

Máis información: http://plataformabarbanza.blogspot.com

 

Click here to download:
concentracion-cartel.pdf (399 KB)
(download)
Antes, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   Hospital da Barbanza   mobilizacións   plataforma   sanidade  

Ribeira: Achuchar organiza un curso de ximnasia este sábado 22 e outro de iniciación ao porteo o domingo 23

Media_httpfarm7static_jeazq

Ribeira, 18 de outubro de 2011. A asociación Achuchar, que fomenta a extensión da lactancia materna en Barbanza, organiza este sábado 22 de outubro un curso de ximnasia hipopresiva -cunha hora o domingo 23- que se impartirá no Hospital da Barbanza. Este tipo de ximnasia pretende tonificar e recuperar músculos que "sofren" co embarazo e o parto.
Para facer este curso hai que consultar prezo e anotarse chamando a Sonia ao  619 31 83 10. O horario sería, o sábado, de 17 a 20 horas e o domingo, de 11 a 12 da mañá.

Media_httpfarm5static_nobdf

 

Curso gratuito de iniciación ao porteo

Ademais, Achuchar convoca a quen estea interesado a facer este domingo, 23 de outubro, tamén no Hospital da Barbanza, ás 12 da mañá, un curso de iniciación ao porteo. Impárteno Noelia e Clara, da asociación "Teta e coliño".

Media_httpfarm3static_lcddx


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Achuchar   Hospital da Barbanza   Ribeira   cursos  

Sanidade: presentan 7223 sinaturas na Consellería pola Non Privatización do Servicio de Diálise do Hospital da Barbanza

(download)

Barbanza, 19 de maio de 2011. Hoxe, xoves, 19 de maio de 2011, unha representación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza presentou no Rexistro da Consellería de Sanidade, en San Lázaro, nos edificios administrativos da Xunta en Santiago, 7223 sinaturas de usuarios, profesionais e veciños de toda a comarca da Barbanza, para pedir á Consellería de Sanidade que se amplíe o servizo de diálise do Hospital Comarcal da Barbanza, pero utilizando medios públicos, sen recurrir a empresas privadas nin fundacións.

A Plataforma xa realizou varias mobilizacións na comarca, con manifestacións nas rúas de Ribeira, e en Boiro, contando con gran apoio dos veciños, e continuará coas mesmas ata que os responsables de Sanidade da Xunta se pronuncien nun sentido favorable ás súas peticións.

Nota da CIG (distingue sinaturas, de 7223 de veciños a 7.388 se inclúen a traballadores, doentes e familiares)

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza entrega máis de 7.000 sinaturas contra a privatización de diálise

O SERGAS está estudando que FRIAT, unha fundación privada, asuma a súa xestión. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza presentou esta mañá, no rexistro do SERGAS, en Santiago de Compostela, un total de 7.388 sinaturas en contra da privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza. A Plataforma denuncia que o SERGAS está estudando que pase a xestionalo FRIAT, unha fundación privada que xa xestiona o servizo no hospital de Verín.

Representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca do Barbanza entregaban esta mañá no rexistro da consellaría de Sanidade 7.223 sinaturas recollidas entre os veciños e veciñas da comarca; 109 de traballadores/as; 40 de familiares e 16 de doentes. Todas elas para manifestar o seu desacordo coa intención do SERGAS de privatizar o servizo de diálise do Hospital comarcal.

Malia tratarse dun acto absolutamente pacífico, a dirección do SERGAS impediu aos medios de comunicación facer fotografías ou gravar imaxes, non só no rexistro, senón mesmo dentro do recinto, unha práctica á que xa teñen habituados aos gráficos e que só se dá nesta consellaría.

O servizo de diálise do Hospital da Barbanza funciona durante 12 horas cada día os luns, mércores e venres e atende a 24 pacientes. Permanece pechado martes, xoves e sábados, cando actualmente hai uns 13-14 pacientes da zona que deben acudir todas as semanas a ser dializados a Santiago.

Para a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública esta situación evidencia que o servizo está infrautilizado e que contratando un nefrólogo, dúas enfermeiras e unha auxiliar de enfermería estaría resolto o problema.

Pero, no canto de optar por esta solución, a Plataforma soubo que a Consellería de Sanidade está estudando moi seriamente que FRIAT (Fundación Privada Renal Íñigo Álvarez de Toledo) asuma o servizo do Hospital de Barbanza luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado. De feito, persoal desta entidade xa estivo no hospital o mércores 23 de marzo estudando o servizo de diálise. E non só iso, a Fundación xa publicara o 11 de decembro de 2010 que ía a abrir un centro no Barbanza que mesmo está incluído nos seus orzamentos para este ano.

Prensenza dun nefrólogo

A Sociedade Española de Nefroloxía, integrada por especialistas en enfermidades e tratamento dos riles, recomenda que haxa un nefrólogo de presenza mentres os doentes están sendo dializados, unha enfermeira por cada 4-5 doentes, e unha auxiliar de enfermería por cada 8-10 doentes.

Segundo explica a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, estas recomendacións cúmprense sempre no servizo de diálise do Hospital da Barbanza. Porén, a FRIAT “traballa sen nefrólogo de presenza durante a diálise. Por exemplo, no Hospital de Verín, onde esta fundación realiza a diálise, a nefróloga acude unha vez cada 15 días, hai unha enfermeira por cada 6 pacientes e non hai auxiliar de enfermería” afirman.

Servizo de calidade

Lembran que o servizo de diálise do hospital de Barbanza foi o primeiro de toda Galicia en estar certificado en calidade coa norma ISO no 2004, renovándoa anualmente até a actualidade. Presentan, entre outros indicadores, uns dos índices de infección de catéter máis baixos de toda España.

Alén diso, é un servizo austero que en 12 horas de traballo fai 2 quendas de diálise, cando habitualmente en todos os hospitais serían 14 horas de traballo, aforrando así 2 horas de traballo e de salario cada día.

Segundo os cálculos da Plataforma, abrir as novas quendas nas mesmas condicións de calidade de atención “non é moito máis caro que abrir con FRIAT. É comprensible que sexa un pouco máis caro xa que non é o mesmo ter un nefrólogo durante a diálise, a que veña unha vez cada 15 días”.

Diante das súas demandas, desde a consellaría de Sanidade din que actualmente é imposible aumentar o persoal porque a caixa de cartos de persoal está baleira, “mentres que sacar cartos da caixa de colaboración con empresas privadas é posible porque nesa caixa sí que hai cartos. Nos sabemos que iso non é totalmente certo porque hai unha maneira legal de aumentar o persoal, que é facer contratos de acumulación de tarefas ata que haxa cartos na caixa de persoal”.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Hospital da Barbanza   mobilizacións   sanidade  

Boiro: a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Barbanza leu un manifesto o venres 13 de maio

Antes anunciamos:

(download)

Boiro, 9 de maio de 2011. O próximo venres, 13 de maio, ás 8 e media da tarde a Plataforma pro Sanidade Pública da Barbanza empraza a todo o mundo para unha nova manifestación no concello de Boiro, a saída é dende o Concello co lema "Non á privatización do Servizo de Diálise do Hospital da Barbanza".  Nesta ocasión contan tamén co apoio de Sos Sanidade Pública.

Na pasada manifestación que a Plataforma organizou en Ribeira acudiron máis de 2000 personas, marcándose así un antes e un despois na sociedade barbanzana, xa que todo o concello de Ribeira se mobilizou, acompañado por asociacións e veciños de toda a comarca da Barbanza e mesmo os integrantes da Plataforma de Ourense.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Hospital da Barbanza   mobilizacións   plataforma   sanidade  

Sanidade: non haberá polo momento celadores no Hospital da Barbanza

Así o recoñeceu a xerente do Sergas nunha resposta ao Bng. O candidato polo PP á alcaldía de Ribeira queda deste xeito cunha promesa desactivada xa ao inicio de campaña

Media_httpfarm4static_dbqnx

Ribeira, 6 de maio de 2011. A portavoz de sanidade do BNG, Ana Luísa Bouza constatou, trala intervención da xerente do SERGAS, Rocio Mosquera, e a través dunha pregunta formulada pola nacionalista que, a Consellaría de Sanidade “non cumprirá cos compromisos acadados no Parlamento galego” porque a aprobación “por unanimidade” da resolución  do BNG para a creación da figura de celadores nos hospitais comarcais respondeu a “un acto electoralista” do candidato do Partido popular á alcaldía de Ribeira e daquela, portavoz do PP no Parlamento, Manuel Ruíz Rivas.

A xerente do SERGAS, que estendeu a negativa de incorporar esta  categoría aos hospitais de Cee e  Salnés,  foi duramente criticada pola nacionalista que asegurou estar ante unha nova mostra de utilización das institucións para “intereses  partidarios do Partido Popular”.

Na  Comisión de Sanidade, celebrada onte no Parlamento galego, onde se debateu unha pregunta da deputada do BNG, Ana Luísa Bouza sobre as previsións do Goberno para dar cumprimento á resolución aprobada para  a creación da categoría de celador nos Hospitais do Barbanza, Salnés e Cee, afirmou que “o Bipartito fixo o esforzo para integrar os hospitais comarcais no SERGAS”, á diferenza do Partido popular ao que -dixo- gustaríalle seguir manténdoas como fundacións con traballadores en  precarias condicións laborais.

Trala resposta da  xerente do SERGAS, Bouza asegurou que os Hospitais comarcais teñen dereito a reclamar as mesmas funcións que o resto dos centros hospitalarios do SERGAS  e agora, vostede confirmamos  -dixo- que non se vai crear a figura de celador do Hospital do Barbanza a pesar de ser aprobada esta  medida no Parlamento galego.

A portavoz de sanidade do BNG afirmou que “é unha tomadura de pelo á cidadanía” aprobar unha resolución que, ademais da creación das prazas de celadores  incluía retomar a unidade de saúde mental e un programa específico de loita  contra  as  listas de espera no Hospital do Barbanza para logo -dixo- “non cumprir con este compromiso”, actuación que cualificou de  “deterioro democrático” que o PP quere introducir no Parlamento galego.

Bouza concluíu a súa intervención asegurando que debe ser o goberno o que  explique á cidadanía as verdadeiras razóns polas que impide a creación da figura de celadores nos hospitais do Barbanza, Salnés e Cee contradicindo unha votación “por unanimidade” no Parlamento galego en sentido contrario.

Relacionadas:

Hospital: ampla mobilización contra a privatización da diálise


Hospital: piden celadores e mándanlles policías



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Hospital da Barbanza   celadores   polémica   sanidade  

Sanidade: a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública continúa coas mobilizacións. A vindeira, o 13 de maio en Boiro

Media_httpfarm6static_fwjwx

Imaxe de arquivo de concentración diante do Hospital

Ribeira, 26 de abril de 2011. A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da comarca da Barbanza informa que na reunión mantida o pasado 18 de Abril:

  • Analizouse o resultado da manifestación do día 14 en Ribeira, en contra da privatización do servizo de diálise do Hospital da Barbanza, considerando un éxito a participación na mesma de máis de 2000 persoas.
  • Decidíronse  as  accións a realizar nas próximas semanas:
    • Solicitude dunha reunión coa Conselleira de Sanidade, dona Pilar Farjas, para mostrarlle a nosa preocupación pola posibilidade de transferir o servizo de diálise do Hospital da Barbanza a Fundación Privada Renal Iñigo Álvarez de Toledo.
    • Recollida de sinaturas entre os usuarios do hospital en contra da privatización do servizo de diálise.
    • Convocatoria dunha nova manifestación en Boiro, probablemente o venres 13 de Maio.
  • Asemade gostaríanos puntualizar con respecto a entrevista publicada na Voz de Galicia o domigo 24 de Abril ao Dr Otero, xefe de nefroloxía do Complexo Hospitalario de Ourense:
    • Chamanos a atención que en ningún momento se nomee a Fundación Renal Iñigo Álvarez de Toledo (FRIAT) falando en todo momento de empresa ou fundación de xeito xenérico, aínda  que os 3 centros dos que fala da provincia de Ourense estean xestionados por dita Fundacións, tal vez sexa para que ningún lector poda buscar en internet FRIAT e atopar que o Dr. Otero ademáis de xefe de nefroloxía do CHOU (cargo que se repite varias veces no artigo) forma parte do patronato de FRIAT como vocal por razón do seu cargo.
    • Parece que o Dr Otero non está ben informado porque dí textualmente “ Las unidades extrahospitalarias son las únicas que cuentan con acreditación Aenor y encuestas de satisfacción de los pacientes”, pois a unidade de diálise do Hospital da Barbanza conta coa acreditación de Aenor  e enquisas de satisfacción de usuarios dende o 2004 ata a actualidade.
    • Na entrevista parece que da a entender que no futuro todos os doentes van ser dializados no seu domicilio, e ninguén mellor que él sabe que os pacientes que poden ser dializados no seu domicilio teñen que cumplir uns requisitos médicos, unha planta de auga específica, coidadores que podan asumila…. de xeito que  só u grupo específico de doentes pode realizala.
    • Non sabemos as razóns polas que o Dr. Otero considera que non é necesario un nefrólogo de presenza durante as sesións de diálise, mentras que a Sociedade Española de Nefroloxía sí, pero do mesmo xeito que él se permite suxerir que as enfermeiras “no paraíso de diálise” non lles gostaría traballar noutra dependencia do hospital “con máis ocupación”, nos pensamos que o que fai está afirmación é o vocal de FRIAT máis que o xefe de servizo de nefroloxía.
    • Tampouco entendemos porque o SERGAS non pode negociar tan bos prezos para os funxibles como as empresas ou fundacións. Pero tal vez debería empezar a negociar mellor estos prezos en vez de privatizar servizos.
    • Non entendemos porque para atender aos pacientes que son dializados no Barco chega con que un nefrólogo de Ourense vaia 2 días a semana, mentras que no Santa María Nai, na cidade de Ourense, son atendidos polo nefrólogo de garda do CHOU todos os días ¿ Qué pasa que hai doentes de primeira e de segunda? ¿No Barco é suficiente un nefrólogo 2 días a semana? ¿ e en Ourense nefrólogo todos os días porque estamos na cidade?
    • Cando atribue a polémica xerada no Barbanza ao período político no que estamos, nos tamén nos preguntamos se o feito de que o 23 de marzo aparacese o persoal de FRIAT no servizo de diálise no Hospital da Barbanza ten algo que ver coa campaña electoral, pola nosa parte simplemente reaccionamos ante algo que, casualidade ou non, ocurreu o 23 de marzo, o que non podíamos facer era deixalo pasar porque estaban cerca as eleccións municipais. A segunda suxerencia de que a razón sexa o “ interés de algunos trabajadores de permanecer en el servicio de diálisis”, consideramos que un persoal que todos estos anos demostrou o seu compromiso cos doentes, a atención de calidade e o interés na mellora continua, non merece que se insinue que todos son intereses personais como se estar orgulloso do traballo ben feito fora unha vergoña máis que una honra. Tal vez a cuestión sexa que o  interés ou beneficio do vocal de FRIAT aumente a vez que aumentan  os  doentes dializados por esta Fundación.
    • Para rematar a afirmación “ El problema de la enfermedad renal crónica, desde el punto de vista de la Administración sanitaria, es su alto coste, tanto que no es sostenible….” fai botarnos a tremer, pensando que vai ser o seguinte non asumible, de esta afirmación utilizada para xustificar a privatización a utilizala para xustificar o copago hai un camiño corto.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Hospital da Barbanza   Ribeira   mobilizacións   privatización   sanidade  

Ribeira: ampla mobilización contra a privatización do servizo de Diálise do Hospital da Barbanza

Manifestacion_sanidade_ribeira
Manifestacion_sanidade_ribeira_1
Manifestacion_sanidade_ribeira_2
Manifestacion_sanidade_ribeira_3
Imaxes tomadas no Facebook do Bng

Nota de Cig Saúde:
Máis de 2000 persoas participaron na marcha convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

As rúas de Ribeira foron este xoves 14 de abril escenario dunha manifestación promovida pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública contra a privatización do servizo de diálise do hospital Público do Barbanza. Veciños de distintos puntos da comarca sumáronse á convocatoria logo de saberse que a consellaría de Sanidade está estudando que FRIAT, unha fundación privada, asuma a súa xestión. A Plataforma xa anunciou que continuarán as mobilizacións.

O servizo de diálise do Hospital da Barbanza funciona durante 12 horas cada día os luns, mércores e venres e atende a 24 pacientes. Permanece pechado martes, xoves e sábados, cando actualmente hai uns 13-14 pacientes da zona que deben acudir todas as semanas a ser dializados a Santiago.

Para a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública esta situación evidencia que o  servizo está infrautilizado e que contratando un nefrólogo, dúas enfermeiras e unha auxiliar de enfermería estaría resolto o problema.

Pero, no canto de optar por esta solución, a Plataforma soubo que a Consellería de Sanidade está estudando moi seriamente que FRIAT (Fundación Privada Renal Íñigo Álvarez de Toledo) asuma o servizo do Hospital de Barbanza luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado. De feito, persoal desta entidade xa estivo no hospital o mércores 23 de marzo estudando o servizo de diálise. E non só iso, a Fundación xa publicara o 11 de decembro de 2010 que ía a abrir un centro no Barbanza que mesmo está incluído nos seus orzamentos para este ano.

A Sociedade Española de Nefroloxía, integrada por especialistas en enfermidades e tratamento dos riles, recomenda que haxa un nefrólogo de presenza mentres os doentes están sendo dializados, unha enfermeira por cada 4-5 doentes, e unha auxiliar de enfermería por cada 8-10 doentes.

Segundo explica a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, estás recomendacións cúmprense sempre no servizo de diálise do Hospital da Barbanza. Porén, a FRIAT “traballa sen nefrólogo de presenza durante a diálise. Por exemplo, no Hospital de Verín, onde esta fundación realiza a diálise, a nefróloga acude unha vez cada 15 días, hai unha enfermeira por cada 6 pacientes e non hai auxiliar de enfermería” afirman.

Lembran que o servizo de diálise do hospital de Barbanza foi o primeiro de toda Galicia en estar certificado en calidade coa norma ISO no 2004, renovándoa anualmente até a actualidade. Presentan, entre outros indicadores, uns dos índices de infección de catéter máis baixos de toda España.

Alén diso, é un servizo austero que en 12 horas de traballo fai 2 quendas de diálise, cando habitualmente en todos os hospitais serían 14 horas de traballo, aforrando así 2 horas de traballo e de salario cada día.

Segundo os cálculos da Plataforma, abrir as novas quendas nas mesmas condicións de calidade de atención “non é moito máis caro que abrir con FRIAT. É comprensible que sexa un pouco máis caro xa que non é o mesmo ter un nefrólogo durante a diálise, a que veña unha vez cada 15 días”.

Diante das súas demandas, desde a consellaría de Sanidade din que actualmente é imposible aumentar o persoal porque a caixa de cartos de persoal está baleira, “mentres que sacar cartos da caixa de colaboración con empresas privadas é posible porque nesa caixa sí que hai cartos. Nos sabemos que iso non é totalmente certo porque hai unha maneira legal de aumentar o persoal, que é facer contratos de acumulación de tarefas ata que haxa cartos na caixa de persoal”.

A finais de marzo a CIG-Saúde remitiu, a través da súa secretaria nacional, María Xosé Abuín, unha carta dirixida á conselleira de Sanidade, solicitando que se paralice a decisión de privatizar este servizo. Solicitude que non recibiu resposta algunha.

Carta de CIG-Saúde á Pilar Farjas, conselleira de Sanidae.

A sanidade pública é un dos alicerces da nosa sociedade, a súa prestación a través do sistema público garante , entre outros, o principio de equidade e mantén o carácter de servizo público.

A política sanitaria que se está a levar a cabo pola Consellaría de Sanidade vai encamiñada en fomentar a privatización dos servizos públicos a través dos proxectos de colaboración pública privada, co único fin de aforrar custos (feito non demostrado) en detrimento da calidade.

A incorporación no SERGAS da colaboración pública privada estase a facer co maior escurantismo posíbel, mediante a política de feitos consumados. Esta colaboración no se axusta exclusivamente á posta en funcionamento das novas infraestruturas sanitarias, se non que inclúe un modelo mais ambicioso como a prestación de servizos clínicos mediante esta fórmula.

Como exemplo disto, temos  a intención da Consellaría de Sanidade de trasladar á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT) a prestación do servizo de diálises do hospital do Barbanza a esta Fundación.

O servizo de diálises ven funcionando neste hospital con altos  niveis de calidade, dando un servizo á poboación do Barbanza sen que esta se teña que desprazar a outro centro hospitalario. Motivado pola demanda que presenta o devandito servizo, desde a Dirección do centro tense presentado perante esa Consellaría un proxecto de ampliar a prestación do servizo a todos os días da semana, xa que agora só funciona 3 días.

Ante esta petición, motivada por criterios asistencias que permita garantir esta prestación sen  ocasionar desprazamentos ás/aos doentes, a resposta da Consellaría que vostede dirixe é privatizar o servizo.

Seguramente na comunicación pública que vostede emita xustificando esta decisión, basee os seus argumentos en facer máis con menos; pero omitindo o dato de que este modelo é máis barato porque as instalación e a tecnoloxía a cede o SERGAS.  

Desde  CIG-SAÚDE solicitamos se paralice a  decisión da Consellaría de privatizar o servizo de diálises do hospital do Barbanza mediante a cesión á Fundación FRIAT.  Así mesmo, solicitamos que se poña en marcha o proxecto de ampliar este servizo a todos os días da semana, garantindo a prestación e evitando desprazamentos fora desta comarca.

Parécenos lamentábel o retroceso que estamos a sufrir na sanidade pública.

 

Agardando teña en conta as nosas consideracións.

Compostela, 25 de marzo de 2011.

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

Antes, en Certo:
Media_httpfarm5static_carfa


Ribeira, 13 de abril de 2011. Este xoves día 14 de Abril de 2011 a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca da Barbanza, convoca a todos os usuarios, veciños, asociacións, plataformas e a tod@s aqueles que se queiran sumar a unha manifestación que sairá dende o Centro de Saúde de Ribeira as 7:30 da tarde para defender a sanidade Publica dentro da nosa comarca e evitar que se privatice o Servicio de Diálisis do Hospital Comarcal da Barbanza.

A ruta trazada é a seguinte:

  • Saída as 7.30 da tarde dende o Centro de Saúde de Ribeira, Punto A no mapa, situado na Avda do Malecón, cruzando esta calle ata o final subindo logo pola Rúa Canarias, chegando a Avda Miguel Rodriguez Bautista, dando a volta na rotonda da Rúa 9 de Agosto, e por último baixando pola rúa Rosalía de Castro ata chegar ó Concello, punto B no mapa.
  • Para os que veñan en autobús poden aparcar no recinto da Praia de Coroso, situado a 20 minutos andando do centro de saúde ou no recheo do muelle, situado a 2 minutos do centro de saúde se hai sitio.

"Únete a nós e participa na manifestación en defensa da Sanidade Pública da comarca da Barbanza. A Sanidade non é un negocio, non a privatización !!", conminan os organizadores.

Noutros blogs:

A secretaria xeral da Federación de Sanidade de Comisións Obreiras, Lola González, sostén que a Xunta xa decidiu completar o servizo de nefroloxía contratando á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo, en cuxo padroado figura o ex ministro de Sanidade do Partido Popular, José Manuel Romay Beccaría, e que traballa noutros centros públicos galegos.

Antes, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Hospital da Barbanza   mobilizacións   sanidade  

Sanidade: o Bng di que o goberno non responde sobre o futuro da diálise e o Psoe cre que terá que dar "marcha atrás neste intento"

Notas de Bng e Psoe (por rigorosa orde de chegada) sobre a privatización da diálise no Hospital da Barbanza:

O GOBERNO NON RESPONDE SOBRE O FUTURO DO SERVIZO DE DIÁLISE DO HOSPITAL DO BARBANZA  

 

A Xerente do SERGAS, Rocío Mosquera, negase a responder sobre o futuro do Hospital do Barbanza, en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do BNG, Ana Luísa Bouza 

Santiago de Compostela, 15  de abril de 2011. A portavoz de sanidade do BNG, Ana Luísa Bouza formulou hoxe, na Comisión 5 celebrada no Parlamento galego, unha pregunta ao Goberno sobre as previsións de continuidade do servizo de diálise no Hospital do Barbanza.

Pola súa parte, a Xerente do SERGAS, Rocio Mosqueira,  en resposta á nacionalista,  non desmentiu a información aparecida nos medios de comunicación en  decembro do 2010 pola que a través dun  acordo entre a Consellaría de Sanidade e a Fundación Renal Iñigo Álvarez de Toledo, esta Fundación sería encargada de prestar o  servizo de Hemodiálise  no Hospital do Barbanza, “en peores condicións, sen médico presencial e menos  enfermeiras e auxiliares” afirmou a parlamentaria do BNG.

Na súa intervención, Bouza asegurou que na actualidade, este servizo funciona tres días a semana, podendo mellorar a dotación para prestar un servizo máis adecuado á poboación que atende, “se houber intención política” pero a Consellaría de sanidade –dixo- caracterízase por utilizar “criterios economicistas”, fronte a unha prestación máis  adecuada.

As melloras ás que se referiu a deputada  pasaban pola contratación dun nefrólogo, dúas enfermeiras e un auxiliar para atender en mellores condicións aos 14 doentes que deben ser atendidos tres veces a semana en Santiago  e que cada vez  que acoden ao tratamento, deben facelo nunha ambulancia compartida que xunto  ao propio tratamento de diálise fan que perdan calidade de vida e demasiado tempo fora da casa.

Bouza fíxose eco das reivindicacións da cidadanía da comarca e dos propios profesionais que están a demandar a continuidade e ampliación deste servizo.

Neste sentido, a parlamentaria aludiu á manifestación celebrada onte en Ribeira para reclamar da Consellaría de Sanidade e do Goberno galego a ampliación do servizo de diálise  do Hospital do Barbanza para dar cobertura ás necesidades sanitarias dos pacientes dos distintos concellos desa comarca e que estas melloras se realicen con recursos públicos.


Psoe

O deputado socialista José Manuel Lage participou onte xunto a unha ampla representación do PSdeG-PSOE do Barbanza na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza

 

O PSdeG-PSOE CREE QUE “O GOBERNO GALEGO TERÁ QUE DAR MARCHA ATRÁS NO INTENTO DE PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DE DIÁLISE DO HOSPITAL DO BARBANZA”

 

LAGE TUÑAS: “A UNIDADE DE DIÁLISE DO BARBANZA PRECISA DUN NEFRÓLOGO/A PERMANENTE E DE MÁIS PERSOAL PARA QUE A CALIDADE ASISTENCIAL NON AFECTE AOS DOENTES, POR ISO PEDIMOS QUE SE AMPLÍE O SERVIZO PÚBLICO E QUE NON SE PRIVATICE”.

 

-OS SOCIALISTAS GALEGOS APOIARON Á PLATAFORMA DO BARBANZA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA NA MOBILIZACIÓN DE ONTE EN RIBEIRA

 

-“ O PP ESTÁ ENSAIANDO NO HOSPITAL DO BARBANZA A PRIVATIZACIÓN E EXTERNALIZACIÓN DOS SERVIZOS DOS HOSPITAIS COMARCAIS. OS CIDADÁNS DO BARBANZA SON CIDADÁNS DE PRIMEIRA E NON QUEREN SER CIDADÁNS DE SEGUNDA”

 

Ribeira, 15 de abril de 2011. O portavoz de Área Institucional do grupo parlamentario dos socialistas de galicia, José Manuel Lage participou onte na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza e fixoo xunto a unha ampla representación do PSdeG-PSOE dos concellos da comarca.

 

Lage Tuñas entende que “o goberno galego terá que dar marcha atrás no intento de privatización do servizo de diálise do Hospital do Barbanza”.

 

Os socialistas galegos xa levan presentadas 33 iniciativas parlamentarias para defender os servizos públicos do hospital do Barbanza.

José Manuel Lage afirma despois da mobilización social de onte que “hai unha gran sensibilidade social coa protección do dereito á sanidade e co servizo público sanitario”.

Lage Tuñas recorda que “a unidade de diálise precisa dun nefrólogo/a permanente e de máis persoal para que a calidade asistencial non afecte aos doentes, por iso pedimos que se amplíe o servizo público e que non se privatice”.

Engadiu que “no caso de que o goberno galego levara adiante a privatización do servizo de diálise deixarán aos doentes do Barbanza sin un nefrólogo/a permanente, servizo que si teñen os cidadáns que acuden ao CHUAC na coruña ou ao CHUS en Santiago, e polo tanto suporía unha merma na calidade asistencial que reciben os doentes”.

O deputado socialista recordou hoxe que “o PP pode estar ensaiando no hospital do Barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais. Os cidadáns do Barbanza son cidadáns de primeira e non queren ser cidadáns de segunda.”.

O deputado socialista José Manuel Lage manifestou tamén o seu desexo de que os cidadáns da comarca “non sexan discriminados e teñan os mesmos servizos que no resto de Galicia.”

“Queremos para os doentes do Barbanza o mesmo servizo e tratamento que os que acuden ao CHUS en santiago ou o CHUAC na coruña”, asegurou.

O parlamentario defendeu “a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza” ao tempo que explicaba que “a unidade de diálise está preparada para traballar en dous turnos diarios seis días á semana, ata o de agora só funciona tres días á semana, porque o goberno galego non dota con máis persoal ao hospital do Barbanza”.

“A posible privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza é un bo exemplo de como o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar pola administración pública.”

Antes, en Certo:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Hospital da Barbanza   PSOE   bng   nota de prensa   sanidade  

Sanidade: o Psoe denuncia que se se privatiza a diálise do Hospital non haberá nefrólogo permanente

Actualizado 9 de abril:

O vindeiro 14 de abril, xoves, haberá unha manifestación ás sete e media da tarde no Centro de Saúde de Ribeira. Reivindicarán que os pacientes de diálise que van a Santiago veñan para o Hospital da Barbanza pero nas condicións que teñen agora, non en inferiores.

"Loitemos para non ter un hospital de segunda, somos pacientes de primeira: saiamos á rúa e demostrésmosllo. Entre todos podemos", sinalan os convocantes.

Antes, en Certo:

O deputado socialista José Manuel Lage e máis os candidatos ás alcaldías de Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e a número 2 da candidatura socialista de Boiro mantiveron un encontro co comité de empresa do Hospital do Barbanza para facerlle entrega das iniciativas parlamentarias xa presentadas en defensa da mellora dos servizos públicos no Hospital do Barbanza.

Media_httpfarm4static_ogbje

Flickr de abstrato

Ribeira, 6 de abril de 2011O portavoz de Área Institucional do grupo parlamentario dos socialistas de galicia, José Manuel Lage participou hoxe xunto aos candidatos socialistas de Porto do Son, Ribeira, Boiro e a Pobra do Caramiñal nun encontro co comité de empresa do hospital do barbanza, co obxecto de facerlle chegar as iniciativas parlamentarias presentadas polos socialistas galegos na cámara autonómica para defender os servizos do hospital do barbanza.

José Manuel Lage denuncio hoxe que “se levan adiante a privatización do servizo de diálise deixarán aos doentes do barbanza sen un nefrólogo/a permanente, servizo que si teñen os cidadáns que acuden ao chuac na coruña ou ao chus en santiago”.

O deputado socialista recordou hoxe que “o pp está ensaiando no hospital do barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais ”.

Os socialistas galegos presentaron hoxe mesmo unha nova inciativa parlamentaria para forzar ao goberno galego a “explicar a entrega a unha entidade privada dun servizo público como é o de diálise” ao tempo que engaden que “será bó coñecer os intereses que está defendendo o goberno de Feijóo”.

O deputado socialista Lage Tuñas e máis os candidatos ás alcaldías de Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e a número 2 da candidatura socialista de Boiro, Natalia Laíño, manifestaron o seu desexo de que os cidadáns da comarca “non sexan discriminados e teñan os mesmos servizos que no resto de Galicia.”

Lage Tuñas afirmou “queremos para os doentes do Barbanza o mesmo servizo e tratamento que os que acuden ao CHUS en santiago ou o CHUAC na coruña”.

A Xunta prima intereses económicos privados, disque

“O goberno de Feijóo vai entregarlle a unha entidade privada un servizo público para que esta entidade se lucre cobrando polos servizos prestados, pero aproveitándose da tecnoloxía e recursos dos que xa dispón a unidade de diálise”.

“Detrás desta privatización hai intereses económicos que teñen nome e apelidos e están directamente relacionados co Partido Popular. Tempo haberá para ir coñecendo quen está detrás desta maniobra” dixo hoxe José Manuel Lage.

O parlamentario defendeu “a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza” ao tempo que explicaba que “a unidade de diálise está preparada para traballar en dous turnos diarios seis días á semana, ata o de agora só funciona tres días á semana, porque o goberno galego non dota con máis persoal ao hospital do Barbanza”.

“O PP está ensaiando no hospital do Barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais. Os cidadáns do Barbanza son cidadáns de primeira e non queren ser cidadáns de segunda.” asegurou Lage Tuñas.

“A posible privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza é un bo exemplo de como o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar pola administracción pública.”

Os dirixentes socialistas deron hoxe tamén o seu apoio á plataforma do Barbanza en defensa da sanidade pública e anunciaron que traballarán para “conseguir unha gran mobilización social o vindeiro 14 de abril”.

(download)

Onte mesmo:

Antes:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   Hospital da Barbanza   Lage Tuñas   política   sanidade  

Sanidade: o comité do Hospital da Barbanza entregou sinaturas para pedir celadores

O Psoe denuncia a utilización da Policía autonómica neste acto de entrega para amedrentar aos traballadores e conculcar libertades
Sinaturas_dotacin_celadores_5_

Ribeira, 5 de abril de 2011. O Comité de Empresa do Hospital da Barbanza presentou hoxe, ás 11 horas, no Rexistro Xeral do Sergas, os escritos recollidos entre a poboación do Barbanza para reclamar a dotación de celadores para este centro hospitalario xa que, xunto a Hospital Virxe da Xunqueira de Cee,  son os únicos centros do Sergas que non contan con esta categoría polo que as funcións de este colectivo asúmenas o resto de profesionais do Hospital.  Na entrega das sinaturas estiveron presentes a parlamentaria do BNG  Ana Luisa Bouza e o parlamentario do PSOE Lage Tuñas.

O Sergas montou un dispositivo policial na entrada do edificio e non deixaron aos medios de comunicación  recoller o momento de presentación  dos escritos no Rexistro Xeral do Sergas.

Dende o Comité faise chamamento ao Sergas para que non discrimine aos usuarios de esta comarca xa que o Hospital do Barbanza non ten a mesma dotación de categorías que o resto dos Hospitais da rede Sergas.

Entrega_sinaturas_5_de_abril_2
No blog do Bng de Ribeira:

En defensa da sanidade pública

Nota do Psoe:

Lage denuncia a utilización da Policía Autonómica por parte da Xunta para impedir a difusión das reivindicacións dos veciños do Barbanza que piden celadores para o Hospital Comarcal

Rexistra varias iniciativas no Parlamento para pedir explicacións ante "un feito grave, que conculca dereitos e que supón a utilización partidista da Policia Autonómica”

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2011. O portavoz da área institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage denunciou hoxe a utilización da Polícia Autonómica por parte do goberno de Núñez Feijóo, a partir dunha orde dada pola Consellería de Sanidade, para impedir a entrada no rexistro da consellería dos xornalistas dos medios de comunicación que cubrían a entrega de sinaturas pedindo a dotación de celadores para o Hospital do Barbanza.

Lage Tuñas acudía esta mañá ás dependencias da consellería de Sanidade xunto aos membros do Comité de Empresa do Hospital do Barbanza co obxecto de entregar máis de 2000 firmas para pedir que se dote ao hospital do Barbanza con celadores, “xa que é xunto ao hospital de Cee, os únicos que non dispoñen de celadores”.

“É un feito grave que conculca dereitos e o goberno galego terá que vir ao parlamento a explicar a utilización partidista da Policia Autonómica” asegura José Manuel Lage ao mesmo tempo que califica de “situación bochornosa” a presencia dun corpo policial diante dunha entrega de sinaturas de colectivos sociais da comarca do Barbanza.

“Estamos en democracia e Feijóo debería saber que a utilización da policia para coartar as liberdades está fóra do ordeamento xurídico. O Presidente da Xunta terá tempo de reflexionar sobre estes graves feitos para tomar as decisións oportunas” afirmou Lage Tuñas. Os socialistas galegos recordan que a convocatoria foi feita pública polo Comité de Empresa e recordan que no mesmo acto participaron dous deputados do parlamento de Galicia (José Manuel Lage Tuñas do PSdeG-PSOE e Ana Bouza do BNG)

Lage Tuñas relata como “cando nos dirixíamos á entrada da consellería na que se accede ao rexistro xeral, aparece un cordón policial da Unidade Adscrita da Policia Nacional en Galicia composto por seis policias que impide formalmente a entrada dos xornalistas que quería cubrir informativamente o momento no que se depositan as sinaturas no rexistro da Consellería por parte do Comité de Empresa do citado complexo hospitalario.”

“Preguntado un axente de policia da Unidade Adscrita da Policia Nacional en Galicia por quén lles dou a orde contesta que foi Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, aínda que non ten ningunha orde escrita e recoñece que só foi verbal”.

”É unha vergonza a utilización da policia para poñer atrancos á libre expresión dos cidadáns, á difusión das reivindicacións de máis de 2.000 persoas que reclaman celadores para un hospital público”, asegurou José Manuel Lage.

O Portavoz da Área institucional do Grupo Socialista xa rexistrou varias iniciativas parlamentarias para que o goberno aclare “quen deu a orde de enviar a unha unidade policial da Unidade Adscrita da Policia Nacional en Galicia á consellería de Sanidade o día 5 de abril de 2011 con motivo da entrega de máis de 2.000 sinaturas por parte do Comité de Empresa do Hospital do Barbanza.”

Onte mesmo publicamos:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Hospital da Barbanza   Lage Tuñas   Ribeira   Sergas   celadores  

Sanidade: a Plataforma en Defensa da Sanidade pública da Barbanza concentrouse hoxe diante do Hospital

Na concentración estivo o parlamentario outiense Lage Tuñas

(download)

Ribeira, 4 de abril de 2011. Hoxe concentráronse na porta do Hospital da Barbanza os integrantes da  Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca da Barbanza. Segundo explicaron, queren "evitar a intención da Consellería de Sanidade de privatizar o Servicio de Diálise do centro, e adxudicarlle a súa xestión a unha Fundación totalmente privada. Se esto ocorre, os doentes-usuarios deste servizo serán atendidos en condicións inferiores ás prestadas na actualidade cun servicio dependente o 100% do Servicio Galego de Saúde".

Dende a Plataforma, que  está integrada por diversas asociacións plurales da comarca da Barbanza, Sindicatos e Partidos Políticos, teñen pensado realizar máis mobilizacións para acadar os seus obxetivos, sendo o fundamental a loita frente a privatización.

Sinaturas a prol dos celadores no Sergas este martes 5

O Comité de Empresa do Hospital da Barbanza presentará, mañá 5 de Abril ás 11 horas no Rexistro Xeral do Sergas, as reclamacións recollidas entre a poboación do Barbanza para reclamar a dotación de Celadores para este centro hospitalario xa que, xunto a Hospital Virxe da Xunqueira de Cee,  son os únicos centros do Sergas que non contan con esta categoría polo que as funcións de este colectivo as asumen o resto de profesionais do Hospital.

Dende o Comité se fai o chamamento ao Sergas para que non discrimine aos usuarios desta comarca xa que o Hospital do Barbanza non ten a mesma dotación de categorías que o resto dos Hospitais da rede Sergas.

Máis información no weblog:

http://plataformabarbanza.blogspot.com


Nota do Psoe:

LAGE TUÑAS: “ O PP ESTÁ ENSAIANDO NO HOSPITAL DO BARBANZA A PRIVATIZACIÓN E EXTERNALIZACIÓN DOS SERVIZOS DOS HOSPITAIS COMARCAIS ”


-O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe á localidade de Ribeira par participar concentración diante do hospital para defender a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza pero “sin privatizalo”.


-”O Partido Popular está preparando a privatización do servizo de diálise, e non imos a quedar calados." asegurou José Manuel Lage.


-”Vese con claridade que o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar polos servizos públicos” explicaba José Manuel Lage.

Ribeira, 4 de abril de 2011. O portavoz de Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage participou hoxe na concentracion de protesta contra a posible privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza.

Lage Tuñas dixo hoxe que “o PP está ensaiando no hospital do Barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais ”. A concentración de protesta foi organizada polo comité de empresa do hospital do Barbanza e pola plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza. O deputado socialista leva xa presentadas varias iniciativas parlamentarias en defensa da calidade asistencial do hospital do Barbanza e da mellora dos recursos económicos e de persoal neste centro hospitalario.

O Comité de Empresa do Hospital do Barbanza daba conta fai días da visita de técnicos dunha entidade privada para coñecer o funcionamento actual do servizo de diálise do complexo hospitalario asentado en Ribeira (A Coruña) co obxecto de facerse cargo da xestión do citado servizo.

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe á localidade de Ribeira par participar concentración diante do hospital para defender a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza pero “sin privatizalo”.

“Posto que foron os propios responsables do SERGAS os que deron crédito á posibilidade de que unha fundación privada se faga cargo dun servizo público do hospital, os socialistas galegos aquí estamos para defender o servizo público sanitario e a ampliación do mesmo para evitar que os cidadáns da comarca teña que desprazarse ao hospital a Santiago” explicou hoxe José Manuel Lage, deputado socialista no parlamento de Galicia.

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe á localidade de Ribeira par participar concentración diante do hospital para defender a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza pero “sin privatizalo”.

”O Partido Popular está preparando a privatización do servizo de diálise, e non imos a quedar calados." asegurou José Manuel Lage ao tempo que engadiu que “ vese con claridade que o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar polos servizos públicos”



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Hospital da Barbanza   celadores   manifestación   sanidade