Preme para voltar á portada
Filed under

IES Leliadoura

 

Ribeira: organizan desfile de traxe galego no instituto Leliadoura este martes 15

Cartel_traxe_leliadoura
Ribeira, 14 de maio de 2012. O IES Leliadoura organiza mañá, martes 15, ás 12 da mañá, un desfile para pór remate á exposición sobre o traxe galego inaugurada o pasado día 3 de maio. 

Nesta exposición, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, puidéronse ver todo unha variedade de traxes galegos, tanto en maniquís como tamén en fotos, ata facer un percorrido polas distintas variedades comarcais de Galicia e tamén polas distintas épocas históricas comprendidas entre comezos do século XX e o XXI. Ademais esta exposición complementábase con bonecas representando distintas escenas da vida cotiá galega, desde procesións relixiosas ata celebracións como a do "Felipe", tipica do entroido ribeirense. Hai que sinalar que dita exposición é posible grazas á colaboración desinteresada de Concha "A Requena", quen cedeu os traxes e bonecas que se poden ver ata o martes.

O desfile dos traxes, que lucirán tanto profesores e alumnos do centro coma invitados, será acompañado pola actuación musical dun grupo de gaitas, tambores e pandeiretas formado tamén por alumnos e profesores do noso centro, contando coa colaboración do grupo Pinche.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Leliadoura   Ribeira   cultura galega  

Ribeira: o Leliadoura realizou unha viaxe cultural a París

 

(download)

Ribeira, 10 de maio de 2012. Un ano máis os departamentos de Lingua Francesa do IES Leliadoura e IES Fontexería organizaron unha viaxe de tipo cultural entre o 20 e 25 de abril. En total viaxaron 45 alumnos de 3º e 4ºESO e 1º de Bacharelato, acompañados por 4 profesoras.

Cadrou na loita Sarkozy-Hollande

Esta viaxe permitíu ao alumnado impregnarse da cultura francesa e dos seus costumes, coincidindo ademais coas eleccións presidenciais do país. O alumnado puido poñer en práctica as nocións de lingua francesa que veñen adquirindo en clase dende fai varios anos e tomar conciencia da importancia da adquisición das linguas estranxeiras para a súa formación. 

Nesta viaxe visitaron dous dos museos máis importantes da cidade, o museo do Louvre e museo de Orsay e varios dos monumentos máis emblemáticos da cidade das luces: o arco de Triunfo, opalacio de Versalles, a catedral de Notre Dame... 

Tamén tiveron tempo para o ocio pasando un día enteiro en Disneyland Paris coincidindo co vinte aniversario do parque.



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Francia   IES Leliadoura   Ribeira   viaxe  

Ribeira: o instituto Leliadoura acolleu o concerto didáctico "Música e circunstancias"

Cimg4314


Ribeira, 9 de maio de 2012. Dentro das actividades da Semana Cultural no IES Leliadoura, onte celebrouse un Concerto didáctico baixo o título de "Música e circunstancias" a cargo do grupo formado por Serafín Marcos á guitarra, Lucía Bustabad ao piano e Dalibor Sebestik ao violoncelo.

Ao concerto asistiron tódolos alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO, un total de 190. Durante esa hora os alumnos e alumnas do centro escoitaron obras relacionadas coas distintas circunstancias da vida.

Empezaron coa morte: marcha fúnebre de Chopin. Logo volveron aos inicios da vida escoitando unha nana de Brahms e seguiron coa marcha nupcial de Wagner.O seguinte paso foi escoitar pezas relacionadas coa danza (un vals, unha tarantella, unha murciana...) ou coa descrición (o cucú, o círculo, o reloxio, o silencio do bosque...). O remate púxoo a música de cine, dende Cinema Paradiso de Morricone, á Pantera Rosa de Mancini ou a Schubert e a banda sonora de Barry Lindon.


iesleliadoura.com





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Leliadoura   Letras Galegas   Ribeira   actividades  

Ribeira: "O Principiño arredor do mundo" recolle exemplares da Fundación Carlos Casares no Leliadoura ata o 14 maio

  • O centro programa toda unha batería de actividades neste mes das Letras Galegas

Gedc10162
Poden ver máis imaxes da exposición aquí


Ribeira, 7 de maio de 2012. Xa está montada na Biblioteca do IES Leliadoura a exposición "O Principiño arredor do mundo", unha colección de principiños de Carlos Casares que evidencia a paixón do escritor polo libro de Saint-Exupéry, que el mesmo traduciu ao noso idioma en 1972. A partir daquel momento foi mercando calquera edición que atopara nas súas viaxes polo mundo.

A exposición, propiedade da Fundación Carlos Casares, estará dispoñible ata o día 14 de maio.Arredor desta obra , os departamentos de Linguas e e Educación Plástica desenvolven diversas actividades, entre as que destacan a exposición de traballos de alumnos de educación infantil e secundaria, prevista para a segunda quincena de maio na Sala de Usos Múltiples, pequenas dramatizacións, curtas de animación, presentacións interactivas e outras actividades.

Semana Cultural 2012
Media_httpfarm5static_iibkk

Dende o xoves 2 e ata o venres 18 de maio a comunidade educativa do Leliadoura poderá disfrutar dunha ampla variedade de actividades coordinadas pola vicedirección do centro segundo as propostas dos diversos departamentos didácticos.

Poden consultar a programación das actividades a levar a cabo, das cales se irá informando puntualmente, a medida que vaian tendo lugar, no blog do centro: http://iesleliadoura.blogspot.com.es

O xoves día 3 inaugurouse na sala de Usos Múltiples unha exposición sobre o traxe galego organizada polo departamento de historia en colaboración con Concha “A Requena”, que foi a persoa que durante moitos anos creou os traxes que imos poder ver agora no IES Leliadoura. Asemade hai fotos e representacións con bonecos que permiten coñecer tradicións e costumes do pobo galego.

Esta exposición vaise poder visitar en horario lectivo dende o xoves 3 ata o luns 14. Como remate o martes 15 terá lugar no ximnasio do centro un desfile cos traxes expostos.

Click here to download:
Dossier Principiños.pdf (2.08 MB)
(download)







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Leliadoura   Ribeira   exposición  

Ribeira: o instituto Leliadoura desprazouse ata Londres

(download)
Ribeira, 25 de abril de 2012. Trinta e dous alumnos do IES Leliadoura estiveron 5 días en Londres, como parte das actividades da sección bilingüe

Na capital británica puideron mellorar os seus coñecementos e manexo da lingua inglesa. Ademais de percorrer as principais rúas londinenses, os estudantes visitaron os máis coñecidos monumentos e museos. Entre outros visitaron Westminster, a Torre de LondresBuckinghamPicadilly Circus e os mercados de Portobello e Camden. 

Tamén foron ao Museo Británico, ao de Ciencias e ao de Historia Natural.  Entre outras visitas máis lúdicas hai que salientar a do London Dungeon, onde puideron coñecer a historia do Londres máis terrorífico (o gran incendio, a peste, Jack o destripador...) e o London Eye (coas súas vistas panorámicas da cidade).

Como punto final, antes de emprender viaxe de regreso asistiron ao musical "We wil rock you".






 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Leliadoura   Ribeira   viaxe  

Ribeira: o instituto Leliadoura, escollido para elaborar o Informe PISA 2012 que avalía aos estudantes españois

  • Alumnas e alumnos terán as probas entre o 10 de abril e o 21 de maio (alá van as vacacións de Semana Santa)
Media_httpfarm3static_bbfdy

Alumnado do Leliadoura nunha saída ás Illas Cíes o curso pasado

Ribeira, 22 de marzo de 2012. Segundo informa no seu blog o mesmo instituto, este ano o IES Leliadoura foi seleccionado para formar parte da mostra do estudo PISA 2012. As datas de celebración das probas será entre o 10 de abril e o 21 de maio.

O Programa Internacional de Avaliación de Alumnos (PISA) é un estudo internacional de avaliación educativa coordinado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Na edición deste ano 2012 participan case 70 países.

Este programa avalía de xeito regular os resultados educativos dos alumnos e alumnas de 15 anos en lectura, matemáticas e ciencias. O obxectivo é obter de maneira sistemática e continua datos sobre o rendemento académico do alumnado que proporcionarán un perfil de coñecementos, destrezas e competencias dos estudantes de cada país, xunto con outras informacións de contexto demográfico e socioeconómico.

Máis información:





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   IES Leliadoura   Ribeira  

Ribeira: a ANPA do IES Leliadoura presiona á empresa de transporte Ferrín para que mellore o seu servizo

Media_httpfarm4static_pcnwo

As liñas problemáticas son as de Aguiño (na imaxe) e Carreira
Ribeira, 24 de xaneiro de 2012. No instituto Leliadoura, unha semana despois da entrada en vigor das novas medidas de apertura e peche de portas do centro que afectan especialmente á hora de chegada dos autobuses de transporte escolar das liñas de Aguiño e Carreira (con máis de 100 alumnos/as), e tras comprobar que estes autobuses seguen chegando á mesma hora de sempre (8:35) e deixan ao alumnado fora do recinto aínda que a porta estea pechada, a ANPA do IES Leliadoura comezou a distribución entre as familias do alumnado da seguinte carta, dirixida á empresa de transporte Ferrín, que transcribimos a continuación:


En Ribeira a 20 de xaneiro de 2012

Á ATENCIÓN DA EMPRESA DE TRANSPORTE DO GRUPO FERRÍN:

Moi Sres. meus:
Como pai/nai dun alumno/a do IES Leliadoura quero trasladarlles o meu malestar para co servizo de transporte escolar que a súa empresa presta no centro educativo no que estuda o meu/miña fillo/a, sobre todo desde o pasado día 16 de xaneiro.
Os motivos deste descontento son que os rapaces usuarios das liñas de Aguiño e Aguiño-Carreira teñen que esperar fóra do recinto educativo, xa que os autobuses déixanos alí ás 8:35, cando o horario de apertura do centro para o alumnado da ESO é ás 8:50, tal e como se nos comunicou pola dirección do centro o pasado mes de decembro (notificación na que tamén nos dicían que dito horario lles fora comunicado á súa empresa e á Consellería de Educación). Ademais o alumnado destas liñas ten que coller o autobús ás 8:00 da mañá, unha hora antes do inicio das clases, cando residen en moitos casos a tan só 15 minutos de distancia do instituto.
Esta situación vense repetindo desde fai tempo porque eses autobuses fan logo outros servizos escolares. Non poderían alternar estes servizos para que non fosen sempre os nosos fillos os prexudicados?  
A maiores, moitas veces os rapaces teñen que ir de pé, co perigo que iso supón para súa seguridade. Cumpre isto as normas de tráfico, especialmente as referidas a transporte escolar?

Seguro que vostedes, igual ca nós, queren ter o mellor servizo de transporte posible, polo que lles reclamamos que tomen en consideración as seguintes propostas:
  • Retrasar a hora de chegada ao IES Leliadoura dos autobuses das liñas citadas ata as 8:50.
  • Mirar de alternar os servizos que vostedes prestan para que non sempre teñan que ser os nosos fillos os que collan os buses ás 8:00 da mañá.
  • Non levar rapaces de pé en vehículos que non están preparados para elo.

Esperando que teñan en conta as nosas peticións para a satisfacción de todos, atentamente

Asdo.: ....................................................................................

 Máis info: iesleliadoura.com







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Leliadoura   Ribeira  

Ribeira: teatro en inglés no auditorio este mércores 18

  • A cargo da compañía Firewalk Theatre, nunha actividade do IES Leliadoura

Media_httpwwwfirewalk_jhfmg

Imaxe de http://www.firewalktheatre.com

Ribeira, 17 de xaneiro de 2012. O departamento de Inglés e a Sección Bilingüe do IES LELIADOURA organizan mañá mércores 18 a partires das 11:00 no Auditorio municipal a actuación do grupo de teatro en inglés Firewalk Theatre, coa representación da obra musical “Aquarius”.

Dita actividade vai dirixida ao alumndo de 3º e 4º de ESO, de Bacharelato e do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, ata un total de 220 alumnos.

Continuan así as actividades encadradas no programa deste departamento e da Sección Bilingüe, e que terán continuidade coa viaxe a Londres que farán 40 alumnos dos cursos de Sección Bilingüe no mes de abril. Hai que salientar que o Leliadoura é o único de secundaria en Ribeira con 3 seccións bilingües, ademais de ser o primeiro en traer a esta cidade unha representación deste tipo.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Leliadoura   Ribeira   inglés   teatro  

Ribeira: a comunidade educativa do IES Leliadoura maniféstase este martes 20 en defensa do Ensino Público

Ribeira, 19 de Nadal de 2011. Mañá martes, día 20 de decembro de 2011, de 11:15 a 11:45 horas, terá lugar unha manifestación arredor do IES Leliadoura pola defensa do Ensino Público.

Trátase dunha medida acordada por unanimidade polo Consello Escolar do centro, que no seu momento xa informou ao Subdelegado do Goberno da provincia de A Coruña para solicitar o devandito permiso.

Media_httpwwweduxunta_lqfgq

Non cubren prazas

O obxecto da concentración é a defensa da Educación Pública e demandar da Consellería de Educación que se cubra a praza do profesor/a de Pedagoxía Terapéutica, e o profesorado necesario (2 como mínimo) para cubrir a atencións ao alumnado con dificultades (apoio), gardas de rede (mantemento de ordenadores), gardas custodias de transporte, biblioteca, desdobres para atención do alumnado nos laboratorios de Física e Química e Bioloxía, ...

Como medida de seguridade establecerase un servizo de orde, convenientemente identificado, integrado por persoas do Instituto.

Web do instituto: iesleliadoura.com


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   IES Leliadoura   Ribeira   manifestación  

Ribeira: a ANPA do IES Leliadoura programa unha excursión a patinar e visitar a Domus na Coruña este sábado 17

Media_httpfarm3static_wvgeb

Ribeira, 14 de Nadal de 2011. A ANPA do IES Leliadoura organiza para o sábado 17 de decembro unha excursión á cidade de A Coruña. A convocatoria está dirixida principalmente ao alumnado e nais e pais do IES Leliadoura pero aberta tamén á participación de calquera outra persoa, e está subvencionada polo Concello de Ribeira.

Itinerario da excursión:

PREZO SOCIOS: 10 €

PREZO NON SOCIOS: 13 €

Inscricións no teléfono 677733467  ou no correo-e: anpaleliadoura@gmail.com

Algunhas recomendacións:

  • Levar luvas e roupa axeitada para a pista de patinaxe.
  • Levar roupa de reposto.
  • Levar comida para o picnic do Domus.
  • Calzado e paraugas axeitado á climatoloxía.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Leliadoura   Ribeira   anpa   viaxe  

Ribeira: o IES Leliadoura estreou blog para informar á comunidade educativa


Imaxe da charla con Teresa Moure contra a violencia de xénero

Ribeira, 2 de decembro de 2011. No IES Leliadoura estrearon blog nestes días, un sitio web dende onde pretenden informar á comunidade educativa e á sociedade en xeral e onde se poderá seguir toda a actualidade relacionada co instituto. 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Leliadoura   Ribeira   blog   novas tecnoloxías  

Ribeira: xuntanza no IES Leliadoura entre profesorado e pais para abordar como afectan os recurtes

Media_httpfarm7static_bhgvc

Ribeira, 28 de outubro de 2011. O pasado mércores, 26 de outubro, tivo lugar unha xuntanza no IES Leliadoura, convocada por profesorado do centro, que congregou arredor de 150 persoas entre profesores, pais e nais, para informar e debater sobre as carencias e problemas deste curso 2011-2012 (máis alumnado e máis grupos, profesorado que non medra na mesma proporción, recorte no profesorado de apoio,etc.), por causa dos recortes levados á cabo pola Consellería de Educación e as novas funcións impostas ao profesorado (gardas de transporte), medidas que, en xeral, diminúen a atención individualizada ao alumnado, limitan o tempo do profesorado para a organización de actividades, apertura da biblioteca, prácticas de laboratorio, etc. e, en definitiva, reducen a calidade do ensino público.

Na reunión, coa intervención de profesorado, pais e nais, tratáronse estes temas, informouse das consecuencias que terán estas medidas, afectando principalmente ao alumnado, o máis prexudicado, e decidíronse posibles medidas de protesta e vías de actuación conxunta.


SECCIÓNS BILINGÜES

No que atinxe á formación que ofrece este centro, por segundo curso consecutivo o IES Leliadoura é o único instituto do Concello que conta con 3 seccións bilingües nas ensinanzas secundarias. Hai que lembrar que as mesmas véñense desenvolvendo en 3º e 4º de ESO na materia de Ciencias Sociais – Xeografía e Historia, e en 1º de Bacharelato na materia de Historia do Mundo Contemporáneo.

Son polo tanto os departamentos de Xeografía e Historia e Inglés os que veñen colaborando, co apoio do resto do claustro, para levar adiante esta iniciativa. Logo dos comezos da andaina no curso pasado, o profesorado implicado non dúbida en cualificar o programa como un éxito, xa que se pasou de ter 48 alumnos matriculados en bilingüe o anterior curso a un total de 67 este ano, é dicir un 43 % máis de alumnado, e con previsións de seguir aumentando o próximo curso, xa que foron varios os alumnos que aínda non participando agora, xa se mostraron interesados na iniciativa.

Dentro do programa son moitas as actividades programadas. Entre elas podemos cabe salientar: proxección de películas en Versión Orixinal, con subtítulos en inglés, realización de traballos en soporte informático, actividades interactivas colgadas na rede, audios e vídeos en lingua inglesa... pero sen dúbida as máis atraentes son a viaxe a Londres a finais do mes de marzo (con visitas aos principais museos e lugares da capital británica e excursións dun día a Oxford) e a presenza no centro dun auxiliar de conversa. Este curso o auxiliar provén dos Estados Unidos, en concreto do estado de Arizona, e axudará ao alumnado na mellora do manexo oral en inglés, pero tamén na aprendizaxe de contidos sobre a cultura e historia do seu país e na realización de traballos en soporte audiovisual. Outra das actividades do alumnado é a de intercambio de correspondencia cun centro educativo de New York.

ACTIVIDADES DO SAMAÍN E MAGOSTO

Media_httpfarm5static_jbucf

A Vicedirección do IES Leliadoura e mailo equipo da Biblioteca tamén aproveitan para informar das
actividades previstas neste centro educativo para a celebración do Samaín e mailo magosto. Estas actividades veñen desenvolvéndose desde a semana pasada, pero terán o seu cumio a vindeira semana, unha vez que retornen ás clases trala celebración do Día do Ensino e a festividade do 1 de novembro.

A semana pasada houbo unha convocatoria bastante novidosa: o certame de SMS de medo, no cal os alumnos podían enviar ao correo electrónico da biblioteca do centro unha mensaxe curta relacionada co terror destes días (do Samaín, non da crise ou da morte de Gadaffi). Pero será entre o 2 e o 4 de novembro cando teña lugar o conxunto central das actividades.

Cine de medo
O día 2 comeza o ciclo de “Cine de medo” coa proxección da película “Pesadelo antes do Nadal” para o alumnado de 1º de ESO. Ese mesmo día os alumnos de 2º de ESO verán a longametraxe de animación “Os mundos de Coraline”. O ciclo de proxección continuará o xoves 3 coas clásicos “O mociñoFrankestein”, dirixida por Mel Brooks e “Arsénico por compaixón” de Frank Capra, para 3º e 4º de ESO respectivamente.

Finalmente, o venres día 4 darase remate coa asistencia dos alumnos de 1º de Bacharelato a “O sexto sentido” e de 2º curso a “Psicose”. Todas as películas proxectaranse na biblioteca e na aula de audiovisuais.

Xogos populares, magosto e chocolate
Pero non todo se vai reducir ao cine. O mércores pola tarde terá lugar unha competición de xogos populares, como carreiras de sacos, tiro da corda, rá, chave, carreira de aros, etc. Antes de acabar entregaranse os premios aos gañadores do concurso “SMS de medo”. Para rematar a tarde todo o alumnado de ESO e Bacharelato poderá degustar as castañas do magosto e acompañalas dun bo chocolate quente.

Antes, en Certo:


Pleno do 31 de outubro: orde do día


Banco de tempo: reunión o 4 de novembro para novas propostas

 
Charla: quen mexe nos niños de Barbanza? O 4N



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   IES Leliadoura   Ribeira   actividades