Preme para voltar á portada
Filed under

internet

 

Solidariedade: a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas acode ás microachegas en Internet ante os recortes en subvencións

Fegerec_maraton


Barbanza-Noia, 28 de marzo de 2012. Segundo explica a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC), "coa crise e os recortes actuais, as ONG estamos sufrindo moito e as persoas ás que atendemos, moito máis, producíndose un deterioro na súa calidade de vida engadido á falta de saúde".

Esta asociación de asociacións organiza a próxima maratón Coruña 42 -que se celebra o domingo 15 de abril- e quere xuntar o espírito deportivo e sacrificio que esixe unha maratón, coa solidariedade e as ganas de loitar que cada un dos afectados por unha enfermidade rara e/ou crónica ten. Ultimamente están surxindo moitos proxectos de crowdfundingé dicir, financiación colectiva ou micromecenado. Trátase, a través de microdoacións de moita xente, conseguir apoiar un proxecto moito maior. Neste caso o proxecto sería FEGEREC a través da capacidade de mobilización doutras entidades, como poderían ser os medios de comunicación.

Hai moitas páxinas para xestionar este tipo de iniciativas. FEGEREC deuse de alta en www.migranodearena.org, onde xestionan os donativos recibidos.  A idea que teñen é, aproveitando a maratón, "1 kilómetro, 100 euros" por ver de conseguir 4.200 euros, que foi aproximadamente o recorte total en subvencións que tiveron este ano.

A ligazón da páxina onde poder realizar os donativos é esta: http://www.migranodearena.org/fegerecfederacion-galega-de-enfermidades-raras-e-cronicas1

"É unha idea un tanto utópica, posto que queda menos dun mes ata a maratón e aínda así temos postas moitas esperanzas nesta idea, sería un grande éxito conseguilo e precisariamos da axuda dos medios de comunicación para dala a coñecer á poboación en xeral", explícannos dende FEGEREC.

Dende Certo non podemos facer caso omiso a unha iniciativa deste tipo e solicitamos, dentro da medida que as nosas lectoras e lectores poidan, que colaboren con esta causa, non só facendo microachegas na páxina indicada, senón espallando a iniciativa nos seus perfís nas redes sociais (Cabozo, Facebook, Twitter, Pinterest ou calquera outra) ou, no caso de que tiveran, nos seus blogs ou páxinas web. En Certo participamos nunha iniciativa de crowdfunding chamada "Vitaminas para o galego", na que con axuda doutros medios de comunicación en galego pretendemos sensibilizar á poboación sobre a necesidade de promocionar o idioma propio de Galicia con medios impresos, dixitais e audiovisuais en galego.

"O obxectivo é darlle a maior difusión posible en internet, por ver de chegar a moita xente que se solidarice coa causa, e parécenos que sería un aliciente extra para os corredores saber que o seu esforzo vai ser seguido por todos os nosos socios con moito entusiasmo", finalizan dende FEGEREC. 

Hai creado un evento no Facebook con este motivo, para que os que teñan perfil na rede de Zuckerberg fagan por partillalo: https://www.facebook.com/events/403000436395261/

Que é Fegerec

FEGEREC é unha entidade sen ánimo de lucro destinada a mellorar a situación socio-sanitaria das persoas afectadas por unha enfermidade rara e/ou crónica na Comunidade Autónoma de Galicia. Está formada por 7 asociacións de ámbito galego e unha coruñesa (lupus, esclerose lateral amiotrófica, ataxia, fibrosis quística, linfedema, retinose pigmentaria, Arnold-Chiari e esclerose múltiple), algunhas delas membros de  COGAMI. A súa sede está en Coruña, onde prestan servizos, ademais de en Pontedeume, Narón, Lugo, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo, con idea de continuar dando asistencia proximamente en Sada e Ourense. En total, FEGEREC ten arredor de 1300 socios afectados.


FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMIDADES RARAS E CRÓNICAS-FEGEREC 

Pza. Esteban Lareo, Bloque 17, Sótano  

15008 A Coruña  

Tfno: 981 234 651  

fegerec@cofc.es

fegerec.blogspot.com

twitter.com/FEGEREC

Facebook FEGEREC

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   FEGEREC   internet   solidaridade  

Internet galega: o proxecto de xestión cultural Tinta de Lura presenta a súa web para facer visible a sociedade civil galega creativa

Tinta_de_lura

Barbanza-Noia, 22 de xullo de 2011. Desde a súa primeira aparición pública, durante a pasada edición do Achegarte na cidade da Coruña, o proxecto de xestión cultural Tinta de Lura leva percorridos xa varios centos de quilómetros para amosar os seus produtos e explicar o seu proxecto en canto encontro cultural se celebra en Galicia nestas datas.

Agora preséntanse tamén na rede, no enderezo www.tintadelura.com, sitio no que se diferencia por unha banda a tenda en liña e por outra o espazo de dinamización cultural.

Deste último espazo, os promotores salientan primeiro o apartado dedicado aos escritores e escritoras que colaboran con eles no que de momento é o seu produto estrela, as camisolas literarias, unhas prendas que ademais de deseños locen como lenda os versos de poetas galegos de todos os tempos. Tinta de Lura recorda que un dos obxectivos dese produto é axudar á visibilización da literatura galega, polo que a ideaba ficaba incompleta mentres non aparecese na rede o espazo que lle dedican a eses autores colaboradores no que elaboran un breve perfil da súa obra e achegan todo tipo de información que axude a difundir as súas creacións.

Tinta_de_lura_entrevista_ses

Oportunidades para creadoras e creadores

Ademais deste espazo, destaca tamén a axenda cultural, destinada a promover fundamentalmente a oferta cultural proveniente do asociacionismo e de todo tipo de pequenas entidades, como salas ou mesmo bares, iniciativas que loitan duro para ofrecer boas programacións ao público e oportunidades para os creadores e creadoras. Desde este sector lévase a cabo un enorme esforzo cuxos resultados polo xeral merecen transcender os ámbitos locais aos que decote se ven restrinxidos. Neste espazo, serán as propias entidades quen inclúan as diferentes actividades na propia axenda. O único que deberán facer para isto é contactar co equipo de Tinta de Lura que lles entregará unhas breves instrucións para subir a información na páxina. Desde Tinta de Lura cren que visibilizar toda esa actividade, sobre a que polo xeral se deita unha visión moi fragmentaria, pode axudar tamén a resituar a impresión sobre unha sociedade civil galega moito máis creativa e dinámica do que ás veces pode parecer.

Precisamente con ese enfoque nace a primeira categoría do blog, que é o terceiro pé  deste espazo de dinamización cultural. Baixo o lema de Xira da Lura Moinante, os membros da iniciativa irán dando novas cada fin de semana das actividades que visitan, co que pretenden que no remate do verán ter completado un bo tapiz das iniciativas que sobre todo neste tempo se estenden pola xeografía galega.

Este blog inaugúrase ademais cunha entrevista á cantante é compositora Sés, en vésperas da aparición do seu primeiro disco.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   cultura galega   internet  

Ribeira: un curso de novas tecnoloxías para maiores reduciu un chisco a fenda dixital

(download)

Ribeira, 30 de xuño de 2011. Corenta maiores de Ribeira estiveron a participar dende o pasado 13 de xuño nun Obradoiro de Alfabetización Dixital (Iniciación á Internet) incardinado dentro do Programa de Dinamización e Promoción Social dos Maiores que organizan os Servizos Sociais.

Para proceder á  clausura da iniciativa, déronse cita na Aula Multimedia de Santa Uxía (lugar onde se celebraron os cursos) os concelleiros delegados de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo, Vicente Mariño, e de Enerxía e Novas Tecnoloxías, Emilio Pérez; así como o axente TIC que se encargou de impartir as clases, Abel Alonso.

Os tres intervintes dirixíronse aos maiores congregados co desexo de que esta iniciativa lles resultara útil e informaron de que o Concello está traballando xa en ver de levar estes cursos de alfabetización dixital ás parroquias, para contribuír a diminuír a fenda dixital que existe, por unha banda, entre diversas franxas de idade, e pola outra, entre o rural e o entorno urbano. O acto rematou coa entrega dos diplomas acreditativos aos participantes.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Maiores en Ruta   Ribeira   cursos   internet   novas tecnoloxías  

Ribeira: o Concello abrirá a súa rede wifi de balde nas inmediacións da casa consistorial

Os usuarios só se poderán conectar dúas horas diarias. Está actualmente en período de probas

Media_httpfarm3static_avjer

En Ribeira hai varios locais de hostalería que ofrecen wifi gratis

Ribeira, 25 de maio de 2011.- Co obxecto de promover e facilitar o acceso da cidadanía do municipio ás novas tecnoloxías, o Concello de Ribeira informa da próxima instalación de WIFI gratuíta na praza do Concello e os seus arredores. 

Actualmente este sinal está en período de probas e os técnicos  están traballando para implantar a rede definitivamente nas vindeiras semanas. A este respecto, estanse a dar os pasos necesarios para establecer un protocolo de actuación en virtude do cal cada veciño que así o demande poida obter unha clave e un nome de usuario, dous datos imprescindibles para conectarse a Internet vía WIFI municipal.

256 kilobytes por segundo

A conexión que se ofrecerá axústase ás recomendacións realizadas pola CMT (Comisión do Mercado de Telecomunicacións) en relación aos servizos gratuítos de Internet, de tal xeito que os usuarios poderán obter un acceso básico de 256 kbps (kilobytes por segundo), o que permite realizar funcións tan cotiás como acceder ao correo electrónico ou ler un xornal electrónico. 

Os usuarios poderán conectarse por un tempo máximo de dúas horas ao día, que non teñen por que consumirse en tempo corrido (pódense repartir en distintos accesos ao longo do día) nin están supeditadas a ningunha franxa horaria. Para a posta en marcha deste servizo cóntase coa colaboración da empresa Dúo Comunicaciones.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello   internet   wifi  

Noia: o Concello pide colaboración cidadá na web municipal, que comezou a funcionar en probas

Media_httpfarm6static_whcbo

Noia, 20 de maio de 2011. Xa funciona a web municipal do Concello de Noia case a pleno rendemento. Antes só estaba activo o "Perfil do contratante" pero agora está toda a interfaz en marcha. O alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, pediu a través de Facebook colaboración cidadá para corrixila, mellorala e completala. Unha petición que tamén realiza dende a propia web, no apartado "Saúda do alcalde":

"Agradeceremos todas as suxerencias que se fagan para completala, pois unha web, igual que a realidade, é sempre algo en permanente mellora e construción. Buscaremos dende o Concello ser o máis interactivos posibles e dar resposta ás necesidades informativas da veciñanza e de todos aqueles que nos escollan como destino da súa viaxe. Temos ante nós un novo e apaixoante reto: modernizar a administración municipal e conseguir unha democracia máis participativa e directa. Iso só será posible coa túa colaboración, a cal agradezo dende agora", explica.

E a colaboración, coa instantaneidade que ofrece Facebook, non se fixo agardar. Aos poucos segundos chegou a primeira crítica -constructiva iso si- sobre a web: "Muy buen diseño. Cero en usabilidad". Dende A Subela xa pediron que se complete o listado de asociacións: "Non está mal, quizáis poderiades engadir en cultura asociacións que hai en Noia, coma o Liceo, Mar de Noia, Amas de casa". Un usuario de Iphone advirte: "Miraa nun ipod/iphone/ipad. Vaise todo ó c***llo", ao que o alcalde resposta: "Ben, ben diso se trata de rebentala, e detectar todos os erros. Nunha semana a versión definitiva".
Á lista de recomendacións para mellorala súmanse todas estas: mellorar os menús, engadir unha sección de anuncios onde se dea conta de actos, actividades, cursos e demais; corrixir a ligazón dos trámites para descargalos; facer unha sección con noieses destacados; incluír algunha farmacia que falta e poñer as de garda e colgar todas as ordenanzas para non ter que ir ao Concello a pedilas. Para ser o primeiro día en funcionamento, non está nada mal. Outra cousa non sabemos, pero apatía aos internautas noieses non se lles pode achacar.

Web de referencia
http://www.noia.es


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   actividade Concello   internet   webs  

Noia: o venres 20 de maio, seminario sobre Tuenti para familias

Tuenti_para_familias

Noia, 11 de maio de 2011. "Se hacen charlas previniendo los peligros de Internet pero no algo tan específico como esto. Hay que dar información específica de como funciona", explica David Saavedra Pino, trabajador social y recientemente vicepresidente de la asociación adouspuntocero de profesionales de Social Media, quien va a impartir esta charla.

"Las familias muchas veces desconocen cómo funcionan de verdad las redes sociales, qué potencialidades tienen pero también que riesgos entrañan, dejan que los jóvenes naveguen libremente por la red y con tiempo de conexión ilimitado sin darles una serie de consejos básicos. Por eso, enseñar a las familias el funcionamiento de estas herramientas es fundamental", continúa. David Saavedra cree que las redes sociales son canales de comunicación "y como tales han abierto unas posibilidades hasta ahora impensables. Tienen infinitas posibilidades de desarrollar nuevas herramientas y formas de comunicación. Pero también hay que tener en cuenta que hay que familiarizarse con unos conceptos con los que antes no estábamos familiarizados como son: la identidad digital, lo que se dice en la red de nosotros y la reputación digital, nuestra imagen en la red. Muchos adolescentes suben fotos a la red sin ser conscientes de que el día de mañana pueden ocupar un cargo importante en una empresa y esas fotos pueden "ser usadas en su contra" además cuando tienes más de 1.000 fotos subidas son incontrolables. Por otro lado, también en las redes sociales se etiquetan fotos y se ponen comentarios no adecuados contra otras personas y eso es un mal uso de las redes sociales". 

Otros riesgos que se pueden dar, continúa el experto David Saavedra, son la geolocalización y el uso de internet y el acceso a redes sociales desde el móvil. "Esto da la posibilidad de sacar una foto y subirla inmediatamente. También se debería ser consciente de ese uso", señala. Pero no todo tiene que ser negativo o arriesgado: "Las redes sociales bien utilizadas dan a conocer a talentos ocultos en el campo de la música, el diseño gráfico, etc... que antes hubiera sido más difícil encontrar", asegura. 

Ermitaños digitales

Saavedra Pino explica que se viene hablando de los "ermitaños digitales", aquellas personas que encuentran todo en la red: música, amistades, películas, series, etc... con lo cual ya no tienen la necesidad imperiosa de tener relaciones presenciales o off-line. "En cambio con las redes sociales lo que se pretende es que "desvirtualicemos" aquellas personas que conocemos en la red a través de eventos de networking o de encuentro social. Por lo tanto, los jóvenes tienen que ser conscientes que la red da la posibilidad de darse a conocer pero luego tienen que trabajar su red de contactos cara a cara", finaliza.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   charla informativa   internet   xornadas  

Ribeira: presentado "O Terceiro I", proxecto interxeneracional de intervención socioeducativa na Rede

Media_httpfarm6static_jatjt

Ribeira, 29 de abril de 2011.- Pensada para xente de todas as idades pero especialmente concibido para que os colectivos non familiarizados con Internet (como maiores ou inmigrantes) poidan sacar rendemento das súas vantaxes buscando a mellora da calidade de vida, a Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia vén de sacar a luz pública “O Terceiro I”. Trátase dun proxecto interxeneracional de intervención socioeducativa comunitaria a través da Rede que foi presentado hoxe na Aula Multimedia, ante medio cento de persoas e potenciais usuarias.

A concelleira Esther Patiño, a xefa de servizo dos Servizos Sociais Francisca Vidal e o coordinador do proxecto, Santiago Páramo, explicaron polo miúdo o obxectivo e contidos da web www.oterceiroi.com. En palabras da edil, esta páxina “pretende servir de canle e ferramenta que axude á cohesión social e á construción do coñecemento compartido sobre a nosa contorna e do noso pasado e presente”. 

Dende Servizos Sociais quérese procurar unha ampla participación en especial das persoas pertencentes a colectivos ou grupos de idade aínda pouco familiarizados co uso das novas tecnoloxías, especialmente os maiores, buscando así unha maior motivación e implicación na súa aprendizaxe e no seu uso, dadas as posibilidades que presenta para a mellora da calidade de vida en distintos ámbitos (información e formación, relacións sociais, lecer...).

Mediante microvídeos, fotos comentadas, gravacións en audio, xogos on line, reproducións de documentos antigos, etc... se irá enriquecendo un banco de coñecementos, propostas e creación aportados polos ribeirenses, que serán os auténticos protagonistas da web.
 

Media_httpfarm6static_hoiuz

Deseño da web

“O Terceiro I” está dividido nos seguintes apartados: “Inicio” (informa das novidades da web), “Nós” (persoas que están fóra por traballo ou lecer contarannos as súas experiencias nese lugar e se recollerán semblanzas de persoas finadas que foran socialmente coñecidas), “Ideas” (actividades para a mellora da calidade de vida protagonizadas polos propios veciños), “Inspiracións” (aportacións no ámbito da creación literaria, escénica, musical, plástica), “Instantes” (para a construción da memoria local: fotos antigas, testemuñas gravadas...), “Iniciativas” (divulgación de actividades de participación interxerenacional, intercultural, igualdade de xénero...), “Participa” (un espazo para orientar ao usuario sobre como pode participar na aportación de contidos”.

Ademais, no lateral da web hai catro subapartados que subdividen as propostas de Ideas: “Obradoiro da memoria” (actividades e xogos de ximnasia mental”, “Movida” (actividades para manter en forma o corpo), “Sabor a ti” (actividades gastronómicas, afeccións saudables...), “Estando contigo” (actividades para a educación emocional.

Antes, en Certo:

Media_httpfarm6static_gkzoo

Ribeira, 28 de abril de 2011.  A Aula Multimedia será escenario mañá venres 29 de abril, ás 12 do mediodía, da presentación do proxecto interxeracional de intervención socieducativa comunitaria a través de Internet, “O terceiro í” (www.oterceiroi.com) promovido e coordinado polo Departamento de Servizos Sociais da Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia.

O acto contará coa participación de Esther Patiño, concelleira de Acción Social; Francisca Vidal, xefa de servizo do Departamento de Servizos Sociais; e Santiago Páramo, coordinador do proxecto.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   iniciativas   internet  

Porto do Son: os independentes de Porto do Son xa teñen web

P4257135

Porto do Son, 26 de abril de 2011. O Candidato a Alcaldía do AVS (Asociación Veciñal de Porto do Son), Javier Quiñoy Taboada, presentou páxina web da súa candidatura cara os vindeiros comicios electorais do 22 maio de 2011.

Con esta ferramenta TIC, o Partido AVS "busca unha nova canle de comunicación coa veciñanza sonense co gallo de escoitar e valorar o que consideran prioritario para este concello", aseguran dende esa formación política. Na páxina web encontraranse catro apartados e tamén un enlace á rede social Facebook. A páxina está en galego e castelán.

Nesta páxina atopase un teléfono de contacto e un correo electrónico info@avsportodoson.org onde os veciños sonenses e internautas en especial, poden plantexar, presentar ou suxerir propostas que consideren importantes para a súa parroquia ou en xeral para o Concello.

Web de referencia:
www.avsportodoson.org


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   22 de maio de 2011   Porto do Son   internet   precampaña  

Noia: o luns 2 de maio e o mércores 4, xornadas sobre traballo en rede e redes sociais profesionais

Media_httpfarm6static_wasvm

Será na aula da Rede Cemit, de Noia

Noia, 26 de abril de 2011. O luns 2  e o mércores 4 de maio celebraranse na aula Multimedia CeMIT de Noia unhas xornadas sobre o networking e as redes sociais profesionais, impartidas por David Saavedra Pino e Juan José Romero Crusat.

Finalidade:

Coñecer a potencialidade do NETWORKING e das REDES SOCIALES PROFESIONALES na búsqueda de emprego.

Programa:

  • ¿Que é O NETWORKING?
  • ¿Como facer NETWORKING?
  • A importancia da tarxeta de visita.
  • O “discurso do ascensor”
  • Uso das redes sociais.
  • A identidade dixital. Monitorización da identidade 2.0.
  • Donde buscar traballo nas redes sociais.
  • A teoría dos 6 grados de separación.
  • Xestión da rede de contactos.
  • Redes sociais profesionais: XING, LINKEDIN, VIADEO,…
  • Creación dun perfil profesional.
  • Xestión do perfil profesional: datos de contacto.
  • Xestión do perfil profesional: datos académicos e laborais.
  • Xestión do perfil profesional: Busco e ofrezco.
  • Participación nos grupos e foros de trabajo.
  • Define a túa estrategia o NETWORKING PLAN.

Ponentes:

  • David Saavedra Pino. Co-moderador do Grupo de Traballo Social de XING. Community Manager Profesional. Membro da Asociación de Responsables de Comunidades on-line.
  • Juan José Romero Crusat. Profesor de habilidades directivas en Social Business School e Director de Marketing en Identia Coaching&Formación. Autor do blog www.silosenovendo.com

Duración:

  • 2 horas.

Días:

  • 2 e 4 de maio de 2011. Horario: 16:30 a 18:30 h.

Información e inscripcións:

Vía



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   internet   xornadas  

Ribeira: o alcaldable do PP quere implantar Wimax de balde para conectarse á Rede dende as prazas da cidade

Wifi_zone

A lexislación e o tribunal de defensa da competencia non o permiten na maior parte de España, polas reticencias das operadoras de telefonía. Na imaxe, wifi privada nunha praza de Ribeira

Ribeira, 25 de marzo de 2011. O candidato á alcaldía polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, quérese comprometer publicamente a instaurar unha rede WIMAX de uso gratuíto nas prazas e espazos públicos do municipio. Así o manifestou en resposta a unha das suxestións recibidas durante o Taller de Ideas que o candidato desenvolveu fai uns días en Santa Uxía.

“Fixen as indagacións oportunas e sei que o actual equipo de Goberno do Concello está dando pasos neste sentido, pero se ao finalizar a lexislatura non é unha realidade, eu me comprometo a poñer en marcha este servizo nos primeiros meses do meu mandato”, expresou.

O sistema WIMAX (acrónimo de Worldwide Interoperability for Microwave Access) proporciona entre outras vantaxes a de poder conectarse a Internet sen necesidade de cables a través de distintos dispositivos: portátiles, PDAs, teléfonos móbiles... Esta tecnoloxía, máis avanzada e segura que o tradicional WIFI, é capaz de soportar centos de usuarios cun gran ancho de banda.

Zonas de sombra

Asemade, a instalación  do sistema WIMAX permitiría acceder á Rede aos internautas de certos lugares que agora mesmo teñen dificultades para conectarse por estar en “zonas de sombra”, como é o caso de certos puntos de Oleiros.

 “Quero que todos os meus veciños estean en igualdade de condicións á hora de disfrutar das vantaxes da Sociedade da Información”, declarou Ruiz Rivas, quen salientou os beneficios de que se poden aproveitar os usuarios, como, por exemplo, o de facer xestións coas Administracións sen ter que desprazarse fisicamente á sede oportuna.

O candidato popular matizou que a posta en práctica deste servizo levará aparelladas as correspondentes medidas de seguridade que eviten un uso delictivo ou fraudulento da rede. Por último, Manuel Ruiz agradeceu á cidadanía as numerosas e interesantes propostas que está a recibir, tanto durante o Taller de Ideas e os seus encontros veciñais nas parroquias como a través da Rede.

Problemas en toda España

A actual lexislación restrictiva en España, con regulamentos aplicados pola Comisión de Telecomunicacións (CMT) non permite unha wimax axeitada. A que se pode poñer sería de moi pouca potencia e limitadísimo ancho de banda, para ver o correo electrónico, ler xornais dixitais e pouco máis. Estamos a falar de velocidades entre 3,7 mbps e 5 mbps como máximo a repartir entre todos os usuarios, cando hoxe un usuario de adsl básico acada os 6 mbps só para el, sen partillalo con ninguén. Hai experiencias como a que propón o candidato á alcaldía polo PP en moitos concellos, e cada unha delas tivo problemas cos Tribunais da Competencia (as operadoras, loxicamente, rexeitan que se dea de balde, ou perden o seu negocio).



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Manuel Ruiz Rivas   PP   Ribeira   internet   precampaña  

Porto do Son: o alcaldable do PP lanza unha web para a precampaña e campaña electoral

Trátase de http://www.manueltomepineiro.org

Namentres, o blog do candidato segue sen actualizar dende o 27 de decembro de 2010.

Media_httpfarm5static_lafaf

Manuel Tomé, no momento de deixar a alcaldía, desprazado por moción de censura de Bng e Psoe. Corría o 18 de novembro de 2009




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PP   Porto do Son   blog   internet   política   precampaña   webs  

Ribeira: o Concello abre contas nos principais servizos sociais de Internet para achegar información axiña á veciñanza

Dende hoxe xa é posible agregarse ás contas do Concello en facebook, tuenti, twitter, youtube e flickr. Tamén se habilita un programa chamado "Entérate!" de alertas por correo electrónico

(download)

Ribeira, 3 de marzo de 2011.- Co propósito de  chegar de maneira máis eficaz, cómoda e rápida á veciñanza de Ribeira, o Concello acaba de dar inicio no día de hoxe a un novo proxecto no que se fai uso das novas tecnoloxías e redes sociais para ofrecer información das actividades culturais, festivas e xuvenís organizadas por esta Administración. Trátase do programa ENTÉRATE!, que foi presentado hoxe polos concelleiros de Cultura e Festexos e de Xuventude e Turismo, Luciano Fernández e Vicente García. 

Un dos aspectos máis atractivos deste novo servizo reside na posibilidade, xa dende hoxe mesmo, de agregar como amigo ao Concello nas redes sociais  das redes sociais facebook, tuenti, twitter, ademais dos enlaces de servizos para publicación de fotos e vídeos youtube e flickr.  

Por outra parte, os interesados poderán ter a posibilidade de recibir no seu e-mail as novas do Concello en tempo real, simplemente inscribíndose nun apartado destinado ao efecto na páxina www.riveira.es (un banner de ENTÉRATE!). Para iso hai que rexistrarse no formulario poñendo o nome, email e localidade ou parroquia. Cada vez que haxa unha novidade os inscritos recibirán un correo coa información respectiva. 

Luciano Fernández informou de que o Concello vai enviar 10.000 cartas nas que se recolle toda a información necesaria para aproveitarse dos beneficios deste novo servizo.

Podes engancharte aos diversos perfís premendo nos logotipos:

Facebook Tuenti Twitter You Tube Flickr


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello   internet