Preme para voltar á portada
Filed under

lendas

 

Literatura: convocan un certame de contos para mozos ata 19 anos para darlle pulo a lendas da Barbanza

  • O prazo para presentarse comeza o 1 de febreiro e remata o 5 de marzo

Media_httpwwwarousano_ezhxe

Barbanza, 31 de xaneiro de 2012. Veñen de convocar o I Certame Infantil e Xuvenil Relatos  ”Letras na brétema”, co fin de promover a creación literaria e darlle pulo ás lendas de Barbanza entre os máis mozos. A teima dos relatos serán os mitos e lendas galegas, que poden ser reais ou ficticias pero deberán estar baseadas en feitos, personaxes populares ou tradicionais, ambientados -personaxes e lendas- na bisbarra da Barbanza.

Bases:

Click here to download:
i_concurso_infantil_e_xuvenil_de-relatos.pdf (18 KB)
(download)
https://twitter.com/#!/Certo/status/164298044311994368



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   certame   lendas   literatura  

Noia: a vila, protagonista dunha nova novela sobre o mito bíblico do diluvio universal

Media_httpfarm6static_pftwy

Escudo no Concello que representa a arca de Noé coa pomba que atopou terra

Noia, 12 de xaneiro de 2011. O xornalista e escritor Javier Sierra, célebre por colaborar dende sempre en revistas sobre ovnis e fenómenos paranormais, adica a súa nova novela "El ángel perdido" ao mito bíblico referido ao diluvio universal. Como saberán todos os que leran algunha vez o primeiro capítulo do libro da Xénese, esta lenda estivo protagonizada por Noé -que foi parido cando seu pai, Lamelec, tiña 182 anos, un mozote aínda, pois morreu aos 777-. Noé debeu tardar en atopar traballo e asentarse, pois tivo aos seus fillos moito máis tarde que seu pai, aos 500 anos de idade (Sem, Cam e Jafet).

Media_httpfarm6static_obfca

Escudo de Noia nunha das vidrieiras do Concello

Como explica no seu twitter, Javier Sierra di que a súa novela "revela por qué el escudo de Noia (La Coruña) muestra el Arca de Noé atracando en la cima de un monte". Calquera de Noia ou afeccionado aos misterios coñece a lenda. Se non a coñecen, na I Jornada del Misterio del Barbanza, que foi pagada con cartos públicos en febreiro do ano pasado, explicárona. Referímonos a aquel episodio aquí.

Media_httpfarm6static_yjjld

Resaca de Noé, polo artista italiano Jacopo Chimenti da Empoli (Florencia, 1551-1640)

Segundo relata no tráiler da súa obra, que está en lanzamento, Javier Sierra percorreu todo o mundo para escribir esta novela. Imaxinamos que tamén se achegaría por Noia, aínda que no tráiler fala da Costa da Morte e de Santiago, cidade ésta do Apóstol que fai de capa do seu libro. Aínda que a moitos lles gustaría que a Arca de Noé -aquel piloto bíblico con problemas coa bebida- estivese soterrada na Barquiña, de Noia, a maioría de expertos, entre eles Javier Sierra, coincide en que está no monte Ararat e cada pouco descubren algo que podería selo. A última noticia da que tivemos coñecemento retranqueámola un pouco aquí. Dos xornalistas xa non dicimos nada -somos parte afectada- pero teñan tamén coidado cos arqueólogos, que cada pouco se descubre a algún que soterra cousas para logo dicir que as atopou el.

Algún medio xa vaticina que este libro, El Ángel Perdido, vai ser un dos bestsellers de 2011. O anterior do mesmo xornalista, La cena secreta, chegou a rivalizar con El Código Da Vinci. O autor xa ten pechadas presentacións en 30 cidades. Será Noia unha delas? Contarémosllo en febreiro.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   lendas   libros   misterio   pseudociencia  

Lingua galega: a Coordinadora de Normalización do Barbanza potencia a figura do Apalpador neste Nadal

Cendlb_apalpador_pegatinas

Barbanza, 20 de decembro de 2010. Da man da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza un gran número de centros educativos da comarca están traballando a figura do Apalpador este Nadal.
Como educadores/as consideran importante recuperar as tradicións galegas e transmitirllas ó alumnado polo que estos días son numerosas as actividades que se están realizando: Carteis, autocolantes, visitas do Apalpador, Karaokes con cancións adicadas a súa figura, actividades no ordenador …Tamén pediron colaboración ás familias para que lle abran as portas das casas .

Quen é o Apalpador?


O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón durante todo o ano para escorrentar o frío do inverno. No seu tempo libre o Apalpador fai xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón,… respectuosos co medio ambiente.
O estudo do textos literarios onde aparece reflectida a súa presenza fala de que lle tocaba a barriguiña ós nenos e nenas para ver se a tiñan chea e lle deixaba unhas castañas para a fame. Afortunadamente esta necesidade xa está cuberta nos nenos e nenas do Barbanza, polo que se lle pide que a noite do 31 de decembro deixe froitos da sorte e xoguetes feitos a man.

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza escolleu dous autocolanes para agasallar aos rapaces dos colexios da zona. Un deles é o habitual calendario, neste caso do 2011, pero coa frase reivindicativa no medio que reza "Non cales a boca". O outro, coa figura do Apalpador con deseño baseado na obra de Leandro Lama, ten como obxectivo potenciar o coñecemento desta tradición entre os nenos cando chegan as datas de Nadal, hoxe case esquecida.

Non_cales_boca
Pertencen á Coordinadora de Barbanza os seguintes centros:

Rianxo: IES Félix Muriel, CEIP A.D.R. Castelao, CEP Brea Segade-Taragoña, CEIP Ana María Diéguez- Asados-Rianxo,CRA de Rianxo .
A Pobra: IES A Pobra, CEP Pilar Maestu-Cadreche,CEP Salustiano Rey Eiras, EEI da Angustia-Campo da Angustia-Posmarcos.
Ribeira:IES Coroso-Ribeira,IES Nº1,IES Leliadoura,CEIP de Artes,CEIP de Frións,CEIP Aguiño,CEIP O Grupo,CEP Carreira,CEIP Olveira,CPR Galaxia.

Quen é o Apalpador ou Pandegueiro? Olla aquí ou aquí

Vía Paraugas da Lingua

Relacionada:


Premio Altofalante 2010: para a CGENDL



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Apalpador   Barbanza   Coordinadora   Lingua galega   activismo   lendas