Preme para voltar á portada
Filed under

Letras Galegas

 

A Pobra do Caramiñal: acto das Letras Galegas este sábado 19 na praza do Emigrante

  • Organízao Galiza Nova da Barbanza. Comeza ás nove da noite


Voares de Esperanza, discurso de Agustín Fernández Paz, será lido por moz@s de Barbanza

A Pobra, 18 de maio de 2012. Galiza Nova da Barbanza organiza un acto cultural co gallo das Letras Galegas que terá lugar mañá, sábado 19 de maio, ás 21:00 horas na Praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal.

O acto dará comezo ás 21:00 e consistirá na lectura do manifesto feito por Agustín Fernández Paz a cargo dos e das integrantes de Galiza Nova. Despois disto tamén se lerán algúns fragmentos de obras do autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade.

Todo isto estará amenizado por música. Galiza Nova quere convidar á xente da comarca para que poidan saber algo máis do autor homenaxeado así como tamén poder desfrutar dun acto cultural organizado por xente moza implicada coa cultura e idioma do País.

O alcalde, de inauguración

Tamén mañá sábado 19 de maio, ás 18 horas, terá lugar a Inauguración da rehabilitación dos muíños da Ponte Barbanza. Polo visto, este acto está dentro dos programados polas Letras Galegas (así o di a web do concello), aínda que non anuncian nin unha triste muiñeira.

O acto estará presidido polo alcalde da Pobra, Isaac Maceiras e o deputado provincial Santiago Freire, en representación da Deputación Provincial da Coruña, entidade que concedeu a subvención gracias á cal se puido levar a cabo este traballo de rehabilitación.

Os actos comezarán coa bendición das instalacións polo cura párroco de San Isidoro de Posmarcos, Marcelino Somoza. A continuación, previo descubrimento de placa, haberá  intervencións das autoridades alí presentes e logo visita ás instalacións. A festa rematará cunha sesión de animación para os máis cativos e unha chocolatada para todos. 







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Galiza Nova   Letras Galegas   Valentín Paz Andrade  

A Pobra do Caramiñal: acto das Letras Galegas este sábado 19 na praza do Emigrante

  • Organízao Galiza Nova da Barbanza. Comeza ás nove da noite


Voares de Esperanza, discurso de Agustín Fernández Paz, será lido por moz@s de Barbanza

A Pobra, 18 de maio de 2012. Galiza Nova da Barbanza organiza un acto cultural co gallo das Letras Galegas que terá lugar mañá, sábado 19 de maio, ás 21:00 horas na Praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal.

O acto dará comezo ás 21:00 e consistirá na lectura do manifesto feito por Agustín Fernández Paz a cargo dos e das integrantes de Galiza Nova. Despois disto tamén se lerán algúns fragmentos de obras do autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade.

Todo isto estará amenizado por música. Galiza Nova quere convidar á xente da comarca para que poidan saber algo máis do autor homenaxeado así como tamén poder desfrutar dun acto cultural organizado por xente moza implicada coa cultura e idioma do País.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Galiza Nova   Letras Galegas   Valentín Paz Andrade  

Ribeira: entregados os premios literarios das Letras Galegas

  • Máis de 200 traballos presentados nesta vixésima edición
  • Nenas e nenos de Primaria recolleron os seus premios no auditorio
  • Case 300 rapaces asistiron ao espectáculo "Peter Punk e o neno imperdible"

Ribeira, 15 de maio de 2012.- O Auditorio Municipal foi escenario da tradicional entrega de premios do Certame Literario que, con motivo da conmemoración do día das Letras Galegas e dentro do Maio Cultural, organizou o Concello, despois de que case 300 rapaces disfrutaran do divertidísimo espectáculo que ofreceu “Peter Punk e o neno imperdible”.

Para asistir a esta dobre función, o salón de actos estivo outra semana máis absolutamente abarrotado por nenos e nenas que nesta ocasión procedían de Educación Primaria dos colexios Frións, Aguiño, A Milagrosa de Oleiros e Galaxia, ademais dos centros das asociacións Ambar e Amicos.

Certame_literario_-_desenvolvemento_do_acto
Este ano, participaron no XX Certame Literario os catro colexios anteditos máis o CEIP de Palmeira, centro que non asistiu ao acto do Auditorio (os premios colleitados seranlle entregados ao colexio). En total, presentáronse 221 traballos por parte de 190 participantes, que aspiraban a algunha das tres categorías convocadas: prosa, verso e banda deseñada.

Certame_literario_-_foto_dos_premiados
Os gañadores deste ano foran os seguintes:

Modalidade:  PROSA                     Categoría:   (A)     7  a  10 anos

 

         TÍTULO                                     SEUDONIMO                                AUTOR                                            COLEXIO

“Un muro Misterioso”

Iloa

INÉS LÓPEZ ASOREY

CEIP PALMEIRA

“¡Qué difícil é ser rato!”

Cedofi

CELIA DOMÍNGUEZ FIGUEIRA

CEIP PALMEIRA

“A bruxa e o can”

Rosas

PALOMA RIVERA CALLÓN

Colexio GALAXIA

 

           

Modalidade:  PROSA                     Categoría:   (B)     10 a 13 anos

 

   “O amor a un pai”

Filla dos Mares

LAURA MARTÍNEZ AYASO

Colexio A MILAGROSA

“Dentro de 3.000 anos”

Delmu

DELIA MUÑIZ PIÑEIRO

CEIP PALMEIRA

“A radio”

Grundig

ALEJANDRO ÁLVAREZ VIDAL

Colexio GALAXIA

 

 

 

Modalidade:  POESÍA                              Categoría:   (A)     7  a  10 anos

 

  “Conto Vello”

Cuentista

ALBA BRETAL OLVEIRA

Colexio A MILAGROSA

“O ursiño mimoso”

Casagón

CATALINA SANTIAGO GONÇALVES

CEIP PALMEIRA

“Gústame traballar”

Steve

PABLO PÉREZ MONTAOS

CEIP AGUIÑO

                           

Modalidade:  POESÍA                            Categoría:   (B)     10 a 13 anos

 

                     “Os libros”

Contos

SERGIO VILA MARTÍNEZ

Colexio A MILAGROSA

“A bicicleta”

Irore

IRIA RODRÍGUEZ REGADES

CEIP PALMEIRA

“O amor”

A panteira

SILVIA B. PIÑEIRO MARTÍNEZ

Colexio GALAXIA

 

 

Modalidade:  COMIC                              Categoría:   (A)     7  a  10 anos

 

“¡Halloween, qué medo!”

Josaca

JOSÉ SANLÉS CADAVAL

CEIP PALMEIRA 

 

“Un mar cheo de sorpresas”

Lupi

SARA MUÑIZ FUNGUEIRIÑO

Colexio GALAXIA

 

“O animal perdido”

La doña animal

VERA XOANA RIVAS SAN JOSÉ

CEIP PLURILINGÜE DE FRIÓNS

 

Modalidade:  COMIC                              Categoría:   (B)     10  a  13 anos

 

     “Un home que se volveu puro”

Turbonécora

FERNANDO CAMEÁN MARTÍS

Colexio A MILAGROSA

“Regreso ao futuro”

Futurama

ERIKA IGLESIAS MARTINEZ

Colexio GALAXIA

“Susto no cementerio”

Febua

ALBA FERNÁNDEZ BUSTELO

CEIP PALMEIRA

 

Ademais, o xurado considerou oportuno por unanimidade outorgar un premio especial aos seguintes participantes, destacando o seu esforzo e dedicación:

 

Martina Osorio González                            PROSA B  A pluma máxica e “O castelo sen dono

CEIP PALMEIRA                                          POESÍAB  “O mar”, “O ceo” e “O meu patín             

(Seis traballos presentados)                            COMIC B   “O castelo sen dono Andrea vai á tenda

 

Alejandro Santos Vizcaya                            PROSA B  O lobo vermellopotamia e “O vendedor do mes

CEIP PALMEIRA                                          POESÍAB  “O campión

(Catro traballos presentados)                            COMIC B   “Xoán e Ana casánse

 

AULA DE SEXTO DE PRIMARIA                                          PROSA B (23 traballos)

CEIP DE AGUIÑO                                                                       POESÍA B (15 traballos)

(57 traballos presentados de 23 alumnos/as)               COMIC B (19 traballos)

Rematada a entrega de premios que presentou o traballador de Cultura Unai González, a tenente de alcalde Dolores Elorduy dirixiuse aos rapaces para felicitalos pola súa participación activa neste Certame Literario e animalos a que sigan escribindo como un camiño que redundará nunha mellor formación como seres humanos. Tamén participaron na entrega os edís Elvira Pisos e Maricarmen Vizcaya, que foron as presidentas do xurado encargado de dirimir os galardoados.

https://twitter.com/#!/amesanl/status/202362371107328000






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Letras Galegas   Ribeira   certame  

Rianxo: programación para a Semana das Letras

Rianxo_recital
Venres 18 de maio

ANIMACIÓN Á LECTURA NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

No marco do Programa Letras Vivas da Rede de Bibliotecas de Galicia van desenvolverse na Biblioteca Pública Municipal dúas propostas diferentes:
 

  • RECITAL DIDÁCTICO. TODAS AS NOSAS LETRAS. ELVIRA RIVEIRO TOBÍO venres 18 de maio, 20.30 h, dirixido ao público adulto

Elvira Riveiro realizará un percorrido lírico de 1963 a 2012, conmemorando os 50 anos do Día das Letras Galegas a través de diferentes poetas homenaxeados/as.

Sábado 19 maio 2012

O próximo sábado día 19 de maio, ás 12.30 h, terá lugar no Salón de Plenos da casa do concello un Acto Institucional con motivo das Letras Galegas en homenaxe a VALENTÍN PAZ ANDRADE, coa participación de Xosé Luís Axeitos e Alfonso Paz Andrade.

GALEGO DE CINE: proxección de curtas de animación e obradoiro de dinamización

Dentro do programa de Dinamización Lingüística falaRedes chega a Rianxo o sábado 19 de maio pola tarde, na Praza Castelao, a proposta Galego de Cine que desenvolverá dúas actividades:
- Proxección de curtas de animación en galego
- Obradoiro de dinamización

  • PROXECCIÓN DE CURTAS EN GALEGO

Na Praza Castelao, dende  as 18.00 h, aproximadamente, ata as 20.00 h, os nenos e nenas poderán visionar curtas de animación en galego nunha caravana.

  •  OBRADOIRO DE DINAMIZACIÓN

Actividade destinada a 20 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Baséase na visión e no traballo con diferentes contidos audiovisuais en galego a traves dos cales chegarán a construír o seu propio conto. Tamén se fará un vídeo maratón que lles permitirá gravar o contos inventado durante o desenvolvemento da actividade.

As prazas son limitadas e a inscrición realizarase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo ata o 18 de maio.

Para máis información poden consultar o seguinte enlace.

Rianxo_rosalia

  • TEATRO DE AUTOR. COÑECE A ROSALÍA DE CASTRO sábado 19 de maio, 12.00 h, dirixido ao público familiar

Unha actriz profesional no papel da nosa escritora fará que os participantes coñezan unha Rosalía que ri, que xoga, que soña, que canta a Galicia. Unha Rosalía que nos leva a un mundo cheo de palabras, de poemas e risas mediante diferentes xogos de creación literaria. Un xeito divertido e moi participativo de achegar a nosa literatura aos máis novos.

Relacionada:

Cultura: Rianxo, Noia e Rois teñen cita para "Coñeces a Valentín?" esta semana

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Letras Galegas   Valentín Paz Andrade  

Noia: música, flores e sellos na Semana das Letras Galegas

  • Tamén cadran esta semana varias actividades deportivas moi interesantes: o I Duatlón "Concello de Noia", este sábado 19, e o V Trofeo Feminino das Nacións de Baloncesto, do venres 18 ao domingo 20

Media_httpnovasdenoia_siaov

Noia, 14 de maio de 2012. A concellería de cultura de Noia anunciou os actos programados co gallo do Día das Letras Galegas:
 

Día 16 de maio, mércores

Media_httpnovasdenoia_rhxpi

Concerto de Música popular galega, a cargo da Coral Polifónica de Noia.
20:30 h. Igrexa de Santa María “A Nova”

Media_httpfarm6static_vzjtb

Serafín Marcos tamén fixo a homenaxe o ano pasado. Ante o busto de M. Mariño

Día 17 de maio, xoves
12:30 h. Ofrenda floral ante os bustos de Antón Avilés de Taramancos e María Mariño.

Serafín Marcos, logo de escenificar e recitar poemas á guitarra, terá lembranzas para Valentín Paz Andrade.


Media_httpfarm6static_dfdbz

O ano pasado a mostra filatélica fora sobre Domingo Fontán no Coliseo, agora en obras

Do 17 ao 20 de maio

Exposición de Filatelia na Casa da Cultura “A. Avilés de Taramancos” de Noia.

Na Sociedade Liceo de Noia, o 17 de maio:

Carteles-letras-galegas-201_1
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, a Sociedade Liceo ten programados os seguintes actos neste día 17 de maio:

Actuación da Agrupación de Cámara "As Lens"
Charla sobre Paz Andrade a cargo de D. Domingo Barreiro
Fallo e entrega do premio do VIII Certame de Relatos "Liceo de Noia"

Concerto das Corais Polifónicas:
- "O Peirao" de O Freixo
- C. P. da Sociedade Liceo de Noia

O Obradoiro de Baloncesto, o venres 18 de maio no Liceo:


Este venres no Salón de Actos do Liceo de Noia, ás 20:00h, contarán coa presencia de xogadores do CAB Obradoiro de Santiago de Compostela: Corbacho e algún outro que está por confirmar, e que conseguiron entre todos eles manter unha tempada máis o equipo na Liga Endesa de Baloncesto, e así poder disfrutar na nosa Comunidade dunha das mellores Ligas de basket do mundo.

Estarán a disposición dos que queiran para respostar a preguntas, asinar autógrafos e facerse as típicas fotos de recordo.








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2012   Letras Galegas   Noia   programación cultural  

Cultura: a xira "Coñeces a Valentín?" de Serafín Marcos recala en Noia, Rianxo e Rois esta semana

Cartel_valentinserafin

Barbanza-Noia, 14 de maio de 2012. O actor e músico Serafín Marcos continúa coa súa xira para dar a coñecer ao homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Estas son as datas desta semana, en que se celebra o acto principal, o xoves 17 de maio.

Luns 14, ás 11 h. e ás 12 h., no CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso da Barquiña: "Coñeces a Valentín?".

Martes 15, ás 10 e ás 11 h. no Auditorio de Rianxo: "Coñeces a Valentín?".

Mércores 16, ás 11,20 h. no IES Felix Muriel de Rianxo: "Coñeces a Valentín?".

Xoves 17, ás 12,30 na alameda de Noia: Intervencións poéticas nas ofrendas florais a Antón Avilés e María Mariño.

Venres 18, ás 12 no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis: "Coñeces a Valentín?".

Antes, en Certo:





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2012   Letras Galegas   Serafín Marcos   Valentín Paz Andrade  

Ribeira: Serafín Marcos divertiu aos escolares namentres aprendían a vida de Paz Andrade

  • O curioso performer noiés está a estrear o seu novo espectáculo "Coñeces a Valentín?"

Serafn_marcos

 

Ribeira, 11 de maio de 2012.- Como estaba previsto, o Auditorio Municipal rexistrou un cheo total durante o espectáculo que o artista Serafín Marcos ofreceu sobre a figura de Valentín Paz-Andrade, dentro da programación do Maio Cultural 2012 confeccionada polo Concello en homenaxe ao autor tributado este ano no día das Letras Galegas.

No salón de actos do edificio, déronse cita case 300 alumnos e profesores de primeiro e segundo ciclo de Secundaria dos colexios A Milagrosa de Oleiros, Sagrado Corazón de Castiñeiras e Galaxia, ademais de usuarios da Asociación Ámbar.

O espectáculo, que levaba o título de “Coñeces a Valentín”, realizou unha aproximación aos aspectos máis formais, aos máis tráxicos e as curiosidades da vida de Paz-Andrade, dende un punto de vista participativo e tremendamente divertido, espertando as gargalladas dos rapaces en multitude de ocasións.

Contacontos na biblioteca o sábado

Cabe recordar que, tamén dentro do Maio Cultural, mañá terá lugar a a segunda das actividades incluídas nos ‘Sábados de Libro na Biblioteca’: unha sesión de contacontos infantil a cargo de Marisa Irimia (Foz, 1969) titulada “Kontos de akí e akolá”.

A actividade, que está pensada para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, desenvolverase dende as 11.30 ás 12.30 horas e será de balde ata encher o aforo.

Antes, en Certo:

Serafín Marcos presenta o seu novo espectáculo "Coñeces a Valentín?"






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Letras Galegas   Ribeira   Serafín Marcos   Valentín Paz Andrade  

Ribeira: este venres 11, "Coñeces a Valentín?", no auditorio para escolares, con Serafín Marcos

Media_httpfarm8static_oxdqi

Serafín Marcos estivo tamén no concerto de "Música e circunstancias"

Ribeira, 10 de maio de 2012.- No marco da programación do Maio Cultural 2012, mañá venres ás 11 horas terá lugar un espectáculo sobre a figura de Valentín Paz-Andrade -o homenaxeado deste ano no día das Letras Galegas- a cargo do artista polifacético Serafín Marcos. 

Con tal motivo, alumnos de primeiro e segundo ciclo de Secundaria dos colexios A Milagrosa de Oleiros, Sagrado Corazón de Castiñeiras e Galaxia, ademais de usuarios da Asociación Ambar, encherán por completo o salón de actos de 279 prazas do Auditorio Municipal para asistir ao evento.

Baixo o lema “Coñeces a Valentín”, Serafín Marcos propón un espectáculo que flúe a partir das testemuñas dos máis achegados e expón dun xeito ameno e participativo os aspectos máis formais, os máis tráxidos e as curiosidades da vida de Paz-Andrade.

Relacionada:
Coñeces a Valentín? Novo espectáculo de Serafín Marcos






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Letras Galegas   Ribeira   Serafín Marcos   Valentín Paz Andrade  

Ribeira: o instituto Leliadoura acolleu o concerto didáctico "Música e circunstancias"

Cimg4314


Ribeira, 9 de maio de 2012. Dentro das actividades da Semana Cultural no IES Leliadoura, onte celebrouse un Concerto didáctico baixo o título de "Música e circunstancias" a cargo do grupo formado por Serafín Marcos á guitarra, Lucía Bustabad ao piano e Dalibor Sebestik ao violoncelo.

Ao concerto asistiron tódolos alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO, un total de 190. Durante esa hora os alumnos e alumnas do centro escoitaron obras relacionadas coas distintas circunstancias da vida.

Empezaron coa morte: marcha fúnebre de Chopin. Logo volveron aos inicios da vida escoitando unha nana de Brahms e seguiron coa marcha nupcial de Wagner.O seguinte paso foi escoitar pezas relacionadas coa danza (un vals, unha tarantella, unha murciana...) ou coa descrición (o cucú, o círculo, o reloxio, o silencio do bosque...). O remate púxoo a música de cine, dende Cinema Paradiso de Morricone, á Pantera Rosa de Mancini ou a Schubert e a banda sonora de Barry Lindon.


iesleliadoura.com





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Leliadoura   Letras Galegas   Ribeira   actividades  

Dodro: programación cultural de maio, co gallo das Letras Galegas

Media_httpfarm6static_qcjmj

Imaxe da homenaxe na tumba de Baleirón, o poeta que pon a Dodro no mapa galego da poesía

Dodro, 7 de maio de 2012. Con motivo da celebración das Letras Galegas, a Concellería de Cultura do Concello de Dodro que dirixe Cristina Codesido, organiza varias actividades dentro do propio concello.

A primeira actividade, Polafía, terá lugar o vindeiro 16 de maio ás once da mañá no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Trátase dunha xornada interxeracional, entre vellos e rapaces. O obxectivo principal é fomentar as relacións entre as persoas de distintos grupos de idade co ánimo de enriquecer os vínculos e o coñecemento mutuo. No acto en cuestión participarán alumnos da E.S.O, un total de cincuenta e cinco rapaces e rapazas, e os vellos pertencen aos talleres de memoria que se están a realizar no Concello de Dodro.

Xa que dita actividade se basea en contidos literarios e musicais co fin de amosar o patrimonio oral, literario e musical galego, os alumnos e alumnas de 4º da E.S.O citarán poemas e cantigas e os maiores, pola súabanda , recitarán coplas.

A reunión entre os mozos e os maiores, finalizará cunha rolda de preguntas por parte do alumnado ós maiores de Dodro.

Presentación do libro gañador do "Eusebio Lorenzo" de poesía, o mércores 16 de maio

Outro acto, enmarcado dentro da celebración das Letras Galegas, será a presentación do libro gañador da edición número XXIV do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. A obra é "Con Gume de folla húmida”, de Isaac Xubín. Dito premio honra a memoria do ilustre poeta Eusebio Lorenzo Baleirón e ademais contribúe á promoción da poesía galega.

A presentación terá lugar o día 16 de maio ás doce do mediodía, cun prólogo a xeito de percorrido pola vida de Eusebio Lorenzo Baleirón. Posteriormente, será a presentación do libro gañador ao alumnado da E.S.O do CPI. Á presentación acudirán membros da familia de Eusebio ademais do alcalde de Dodro xunto con membros da corporación municipal.

Galego de cine, o 24

Media_httpwwwsantiago_eelei

O día 24 de maio está programada a actividade Galego de Cine do programa “FalaRedes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A actividade terá lugar na esplanada do polideportivo municipal ás 17 horas. Instalarase unha caravana reconvertida en cine itinerante.

Trátase dunha experiencia audiovisual "no cinema máis pequeno do mundo". Poderán participar os rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Os participantes disfrutarán dun visionado de curtas de animación en galego. Posteriormente, intervirán nunha serie de actos converténdose en estrelas da gran pantalla a través da composición dunha historia nun video-matón que estará accesible mediante Internet. Aqueles nenos interesados en participar, deberán inscribirse na Casa da Cultura de Dodro, a partir do 9 de maio ata o 21, ambos días incluídos. A actividade é gratuita.

O horario de apertura da Casa da Cultura é de 9.00 a 14.00 horas, en horario de mañá e de 16.00 a 19.00 horas, en horario de tarde.








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   Letras Galegas   programación cultural  

Cultura: Serafín Marcos presenta o seu novo espectáculo "Coñeces a Valentín?", sobre o homenaxeado nas Letras Galegas

  • O martes 8 e o venres 11 de maio estará en Ribeira

Click here to download:
Coñeces a Valentín -.pdf (757 KB)
(download)

Datas de representación na primeira quincena de maio:

Venres 4: IES Sofía Casanova en Ferrol ás 10,30 e 11,30 h.

Martes 8: IES Leliadoura de Ribeira, pola mañán en horario sen determinar, Concerto Didáctico "Música e Circunstancias": Lucía Bustabad (piano), Dalibor Sebestík (violoncello) e Serafín Marcos (guitarra)

Mércores 9: IES Poeta Añón de Serra de Outes ás 10,30

Venres 11: Auditorio de Ribeira ás 11 horas

                            

    



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Letras Galegas   Serafín Marcos   Valentín Paz Andrade  

Boiro: a II Romaría das Letras no Barbanza será o xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas

  • O escritor ribeirense Antonio Piñeiro estará asinando exemplares da súa novela "As fiandeiras"

Boiro_ii_romara_das_letras
Boiro_ii_romara_das_letras_pro
Transcorrerá entre a Rúa Peonil e o Pazo de Goiáns

Boiro, 14 de maio de 2012. Este xoves, 17 de maio, no marco dos actos culturais da II Romería das Letras no Barbanza, e do día das Letras Galegas, Antonio Piñeiro estará asinando exemplares da novela As Fiandeiras, Premio de novela García Barros, nos stands que estarán instalados dentro dos espazos para exposicións, no Pazo de Goiáns (Lampón, Boiro).

O autor da obra, recentemente publicada por Galaxia, departirá tamén sobre esta historia que recolle o episodio emancipador dunhas mozas da Galiza interior e rural do século XIX; nuns actos que lles valerán a persecución dos poderes dominantes, pero que non borrarán da memoria da máis nova delas, unha nena aínda, nin tales feitos nin o motivo que os inspirou.

Unha fábula que bebe nas fontes da mitoloxía clásica, ambientada no clima romántico das revoltas cantonais da Gloriosa, contada nunha linguaxe de ton lírico que lle otorgou o recoñecemento unánime do xurado do García Barros.

Antes, en Certo:

Velaquí unha serie de imaxes da primeira Romaría das Letras:
ow/

Click here to download:
II Romaría das Letras no Barbanza.pdf (3.9 MB)
(download)



 

  

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbantia   Boiro   Letras Galegas   romarías