Preme para voltar á portada
Filed under

Lingua galega

 

A Pobra do Caramiñal: o Concello, gobernado polo PP, posiciónase a prol do castelán con Galicia Bilingüe, denuncia o Psoe

Vosotros
Páxina onde sae a publicidade dos concellos. Na outra páxina "Puebla" repetidas veces

A Pobra do Caramiñal, 19 de maio de 2012. A asociación sen ánimo de lucro “Galicia Bilingüe”, que se autodefine como “apartidista e independiente” vén de presentar recentemente en Vigo unha revista de vintecinco páxinas á que denominan “Vosotros” (dispoñible en dúas versións, unha en castelán e outra en castelán e galego na páxina www.galiciabilingue.es) na cal o Concello da Pobra comparte co de Ribeira –ambos gobernados polo PP- unha páxina completa a toda cor anunciando a súa marca turística en castelán, segundo vén de denunciar a portavoz do Psoe da Pobra, Teresa García Guillán.

"En ambas versións, castelán e “bilingüe”, o Concello da Pobra anúnciase institucionalmente en castelán, posicionándose dentro desa suposta liberdade de elección do idioma que di defender “Galicia Bilingüe” a favor do castelán, utilizando o medio de expresión desa asociación como plataforma para a definición da preferencia política do Sr. Maceiras", sinala a concelleira socialista pobrense.

A revista, que debe ser o vehículo de expresión do que o colectivo que a edita entende por "pluralismo lingüístico", repite na súa curta estensión o topónimo castelanizado “PUEBLA DEL CARAMIÑAL” -ou abreviado como “PUEBLA” ou “LA PUEBLA”- en máis dunha ducia de ocasións, "sen que ao Sr. Maceiras lle trema o pulso á hora de asociar a imaxe da vila co perfil editorial da publicación, a pesar da utilización impropia e reiterada do nome do concello, sen amosar respecto algún polos graves sucesos producidos nos anos oitenta e noventa en torno ao emprego ilegal do topónimo histórico castelanizado", apunta Guillán en nota de prensa.

Unha parodia da revista "Nós"

"Os Socialistas da Pobra consideramos desafortunado que o Concello da Pobra vincule a súa imaxe turística cunha revista de marcado corte ideolóxico -cuxo nome é unha parodia do da revista "Nós", referente do galeguismo-, no que constitúe unha clara vontade política do PP de sufragar correntes de opinión afíns con miras pre-electorais, asumindo gastos de difícil xustificación nun contexto de desmantelamento sistemático dos servizos públicos, e lamentamos o uso partidista do idioma como manobra de distracción sobre os duros recortes nos niveis máis esenciais dos dereitos básicos, abrindo sen pudor vellas feridas tocante ao topónimo do Concello con manifesto desprezo da paz social conseguida arredor do topónimo oficial, que como Alcalde debera defender", remata a nota dos socialistas pobrenses. Hai que lembrar que tanto Ribeira como A Pobra do Caramiñal son concellos que tiveron que ir a plan de axuste para lles pagar a proveedores. En concreto o da Pobra é o municipio máis endebedado por número de habitantes de toda Barbanza.

Pode que tamén lle interese:



 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Lingua galega   PSOE   polémica  

Lingua galega: a defensa dos medios de comunicación no idioma de Galicia xa é universal

  • A campaña Vitaminas para o Galego promove a lectura dun manifesto a prol do idioma propio en cidades de todo o mundo e tamén en diversos institutos de Galicia.
Media_httpwwwquepasan_ufhli

En Carballo celebrouse o segundo festival "Vitaminas para o Galego". Toda a información en Que pasa na costa

Barbanza e Noia, 18 de maio de 2012. Os 29 medios de comunicación que forman parte de Vitaminas para o Galego conmemoraron este pasado Día das Letras con "Vitaminas 17", unha actividade expansiva que tivo lugar en numerosos institutos do país e diversas cidades de todo o mundo, para facer fincapé na necesidade de defender e manter os medios en galego. O obxectivo é prestixiar o idioma e garantir a súa transmisión interxeracional.

Na web vitaminasparaogalego.gl pódese consultar o manifesto redactado por esta plataforma, traducido a diversos idiomas, entre eles, o inglés, francés, alemán ou chinés, e que foi lido en diversos países do mundo como Irlanda, Francia, Arxentina ou USA.  Tamén estudantes e profesores de escolas e institutos de Galicia de distintos concellos deste país participaron nesta iniciativa coa lectura deste manifesto que aposta por apoiar os medios en galego.

As distintas iniciativas foron gravadas en vídeo e poden ser consultadas en http://bit.ly/17vitaminas

Lapis para escribir en galego

Por outra banda, Vitaminas para o Galego tamén puxo en marcha o proxecto “Lapis para escribir en galego”, dentro da campaña “Vitaminas 17”. Segundo o responsábel dun dos medios organizadores, Henrique San Fiz de Radiofusión, “os lapis pretenden ser unha chiscadela de humor e ironía para propiciar a reflexión arredor da utilización da nosa lingua”. 

Os Concellos que repartiron os lapis para escribir en galego foron Carnota, Vimianzo, Zas, Corcubión, San Sadurniño, Lugo, Carballo, Pontevedra, Vilaboa, Silleda, O Barco de Valdeorras, Arzúa e Monforte de Lemos.

A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Tempos Novos, Galicia Confidencial, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta. Colaboran ademais Xornal da Barbanza e Noia Certo, O Sil.info, Crónica 3, Radio Nordés, Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca, Surf GZ, Cardenos de Comunicación e Análise, Lalín e Comarca, Hermes e Atenea , Disquecool, De Luns a Venres, Cabozo.com, Vencello, Cartafol, A nova Peneira, Programa radio Plástico Elástico, Cerne, Terra de Melide, gzvideos, gzmusica, Kubus e Gaceta de Fene.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   #17vitaminas   Lingua galega   Vitaminas para o galego   dinamización lingüística   medios de comunicación  

Cultura galega: o ribeirense Carlos Callón recibirá o Premio de Artigos Normalizadores o 16 de maio nun novo festival de "Vitaminas para o galego"

Media_httpfarm7static_zzfwd

Carlos Callón recollerá o seu premio (e van...) en Carballo

Barbanza-Noia, 9 de maio de 2012. A iniciativa "Vitaminas 17"  presentouse esta mañá en Lugo e rematará o dia 16 co festival “Vitaminas para o galego”, organizado polo Concello de Carballo e que presentará a actriz e escritora Paula Carballeira contando coa actuación de María Xosé Silvar “Ses”. Neste acto de afirmación do galego tamén se realizará a entrega do Premio de Artigos Normalizadores, que este ano recaeu no ribeirense Carlos Callón, investigador, escritor e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Un representante de Vitaminas para o galego e máis o alcalde de Carballo Evencio Ferrero, darán leitura no acto ao Manifesto.

 

Lapis para escribir en galego

Vitaminas_lugo
Na imaxe, Alfonso Ribeira, Antón Bao e Henrique Sanfiz

Alumnos e alumnas dos colexios e Institutos de Lugo recibirán nos vindeiros días “Lapis para escribir en galego”, dentro da campaña “Vitaminas 17” que este mediodia se presentou na Casa do Concello de Lugo. O tenente de alcalde e concelleiro de Cultura Antón Bao subliñou a importancia de promover o idioma galego como “elemento de cultura, comunicación, tolerancia e respeito”. Segundo Henrique Sanfiz (Radiofusión), “os lapis pretenden ser unha chiscadela de humor e ironía para propiciar a reflexión arredor da utilización da nosa lingua”. Alfonso Ribeiro (do único xornal diario impreso en galego, De luns a venres) indicou que segundo os dados do EXM, o 40% dos seus leitores teñen como primeira lingua o castelán, o que demostra “que a utilización do idioma galego non é en absoluto un obstáculo para chegar a todo tipo de públicos”.

 

Segundo indicaron os organizadores, cos que colabora este xornal de Barbanza e Noia, “nestes momentos xa se sumaron á Vitaminas para o galego 29 medios de comunicación, o que é unha proba da receptividade da sociedade diante desta iniciativa”.

Vitaminas 17

Para conmemorar o Dia das Letras, o 17 de maio, os medios de comunicación de Vitaminas, organizan unha actividade expansiva “facendo fincapé na necesidade de medios en galego para prestixiar o idioma e garantir a súa transmisión interxeneracional”. Teñen elaborado un manifesto nese sentido que se pode consultar na web vitaminasparaogalego.gl e pretenden que o dia 16 de maio  se dea leitura ao manifesto en, ao menos, 17 escolas e institutos de Galicia, diante de 17 Casas dos Concellos, en 17 cidades de todo o mundo e que se traduza o manifesto ás 17 linguas máis faladas. Queren que todas esas leituras se graven en video e se envien ao enderezo manifesto@vitaminasparaogalego.gl.

Tamén haberá moita actividade nas redes sociais. En twitter, por exemplo, a etiqueta escollida para todas estas iniciativas é #vitaminas17



https://twitter.com/#!/CausaGaliza/status/200208930922708992

Antes, en Certo:

 

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carlos Callón   Lingua galega   Vitaminas para o galego   cultura galega   festivais  

A Pobra: o Concello pon unha centraliña en castelán, incumprindo a lexislación en materia lingüística

Media_httpfarm4static_lxbls

Pintada vista na Pobra en 2008. Ignoramos se continúa

A Pobra, 30 de abril de 2012. O Bng vén de presentar no Concello unha serie de preguntas para o seu debate e resposta no pleno do vindeiro mes de maio. Desta volta refírense ao incumprimento, por parte do Goberno Municipal, da lexislación vixente en materia lingüística. No escrito faise referencia "a outras épocas xa vividas no noso concello e que, moitos e moitas non queremos revivir pero a verdade é que, dende hai xa tempo, percibimos que o Goberno local do PP é cada vez máis laxo nesta cuestión. Non é a primeira vez, por exemplo, que o BNG pon de manifesto que se está a incumprir a normativa lingüística vixente e, polo tanto, a impedir á cidadanía e aos seus representantes nas distintas Administracións, o seu dereito a comunicarse coa Administración na súa lingua", aclaran os nacionalistas.

"Informes técnicos, contratos da administración local, discursos dos representantes públicos, publicidade, etc., só en español son exemplos que se veñen sucedendo e que agora teñen continuación coa centraliña telefónica instalada no Concello. Consideramos que, nestes tempos complexos para os galegos e galegas, para o desenvolvemento e total normalización da nosa lingua á que o PP pon cada vez máis impedimentos, non debemos obviar ningunha acción, por pequena que sexa, para reclamar o que nos pertence: Podermos vivir en galego na nosa propia Terra", rematan.

Escrito coas preguntas:
(download)
Antes, en Certo:

 









Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Lingua galega   bng   denuncia  

Educación: un 80% de participación na folga estudantil deste xoves 19 de abril, segundo os convocantes

  • As organizacións convocantes cifran en máis do 80% o seguimento da folga estudantil convocada hoxe no ensino medio para exixir a Feijóo que “pare nos seus ataques contra o galego” 
  • Destacan o paro como un “xesto de responsabilidade” do alumnado co futuro da nosa lingua propia e pídenlle ao presidente da Xunta que “escoite a contudente mensaxe” que hoxe lle enviaron “ducias de aulas baleiras” 
  • Sara Seco, responsábel nacional das Mocidades da Mesa: “A pesar de que a TVG nos censure e a Xunta queira facer como que non existimos, a de hoxe foi unha nova 'xornada histórica' en defensa do dereito a aprender e a estudar en galego”

Barbanza e Noia, 19 de abril de 2012.- As organizacións convocantes da folga estudantil de hoxe so o lema “Paremos os ataques contra o galego” consideran o paro “un éxito”, falan de “folga masiva” na práctica totalidade da xeografía do país e dan os “parabéns” a todo o alumnado que hoxe secundou a xornada reivindicativa demostrando “comprimiso e responsabilidade” co futuro da lingua propia de Galiza.

Segundo os datos que ao longo da mañá foron recollendo A Mesa pola Normalización Lingüística e a súa sección xuvenil, a Mocidade pola Normalización Lingüística; os Comités; a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes, é posíbel falar dun seguimento mesmo superior ao 80% entre o colectivo do alumnado chamado á folga: 2º ciclo da ESO, bacharelatos e ciclos formativos, tanto de grao medio como superior.

Cun apoio á convocatoria que mesmo en moitos centros chegou ao 100%, as organizacións convocantes salientan que esta estea a ser unha folga “secundada por igual” na práctica totalidade de Galiza, sen grandes diferenzas xeográficas. De feito, a repercusión foi desde primeira hora da mañá “moi significativa” en moitos institutos das sete cidades, especialmente en Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense ou Ferrol, porén tamén en moitas vilas pequenas e medianas.

As entidades convocantes da folga estudantil sinalan que esta tamén foi unha xornada reivindicativa secundada “sen grandes diferenzas” en función da etapa educativa, pois os datos falan dun seguimento “moi elevado” tanto no 2º ciclo da ESO como nos cursos de Bacharelato ou nos ciclos formativos. Cómpre sinalar que, na maioría dos casos, os datos achegados polos equipos directivos dos centros adoitan incluír no cómputo o alumnado do 1º ciclo da ESO, que non estaba chamado a secundar a folga.

A convocatoria de paro de hoxe, que tamén contou co apoio das organizacións xuvenís Galiza Nova, área de Mocidade de Esquerda Unida e Mocidade Nacionalista Galega (MNG), non incluíu no inicio concentracións ou outras accións reivindicativas na rúa. Porén, nalgúns casos organizáronse pequenos actos simbólicos “en defensa do dereito a aprender e a estudar en galego” nas entradas dalgúns institutos. Tal foi o caso en localidades tan dispares como Vigo ou A Fonsagrada.

Aínda que moitas das aulas dos centros de ensino medio de Galiza permaneceron desertas durante toda a mañá, as organizacións convocantes sinalan que redes sociais como twitter foron un auténtico ”fervedoiro” de mencións de apoio á convocatoria a través do uso do hashtag #19Aestudantespologalego, a inmensa maioría provenientes de estudantes en folga, mais tamén de persoas doutras idades que non quixeron perder a ocasión de solidarizarse co estudantado que hoxe se mobilizou masivamente.

Conxugar "escoitar"

A Mesa e as súas Mocidades, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes pídenlle a Alberto Núñez Feijóo e ao seu goberno que “conxuguen o verbo escoitar” e que “tomen nota da clara mensaxe” que hoxe lles foi trasladada “en forma de ducias de aulas baleiras”.

Onte publicamos:

  • A multitude de apoios recibidos e a boa acollida das asembleas e repartos informativos nos centros de ensino así o auguran
  • As organizacións convocantes da xornada reivindicativa no ensino medio medio chaman ao estudantado a “parar” mañá as aulas como mostra de “compromiso” e “responsabilidade” co futuro da lingua
  • Máis de 20.000 estudantes seguen os eventos relacionados coa folga creados en redes sociais como tuenti e seguen a aumentar as mencións ao #19Aestudantespologalego en twitter

 

(download)

Barbanza e Noia, 18 de abril de 2012.- A folga estudantil en defensa do galego que está chamado a secundar todo o alumnado de 2º ciclo de secundaria, bacharelatos e ciclos formativos de grao medio e superior de Galiza continúa a sumar apoios e adhesións a menos de 24 horas do seu inicio.

 

Se a pasada semana confirmaban o seu apoio á convocatoria a organización xuvenil Galiza Nova, a área de Mocidade de Esquerda Unida e a Mocidade Nacionalista Galega (MNG), cando faltan xa horas para a folga multiplícanse os apoios individuais e colectivos, de xuntas de delegadas/os do alumnado de centros de ensino medio de todas as comarcas galegas ou mesmo de asembleas organizadas polo propio estudantado en apoio ao paro.

 

As organizacións convocantes da xornada de folga que terá lugar esta quinta feira (xoves) 19 de abril: A Mesa pola Normalización Lingüística e a súa sección xuvenil, a Mocidade pola Normalización Lingüística; os Comités; a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes continuaron na mañá de hoxe a informar nos propios centros de ensino medio das razóns do paro reivindicativo por medio de repartos e asembleas informativas que, segundo explican, “están a ter, polo xeral, unha extraordinaria acollida” por parte do estudantado.

 

Hoxe mesmo realizáronse de novo repartos simultáneos nas portas de varios institutos nas sete principais cidades galegas, como xa acontera tamén a pasada terza feira (martes). Paralelamente, en moitos centros de secundaria e FP as xuntas de delegadas/os xa fixeron chegar a súa adhesión á convocatoria. “É, sen dúbida, un bo indicativo de que o paro vai ter un respaldo masivo na maioría dos centros e en todas as etapas chamadas a o secundar”,  explica Sara Seco, responsábel nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística.

 

Outro “bo térmometro” do impacto da convocatoria é, segundo indican as organizacións convocantes, o apoio “tremendo” que está a chegar á folga do día 19 a través das redes sociais; a primeira folga estudantil en defensa da lingua na que, de feito, se empregan estas “novas” ferramentas de difusión social.

Os apoios son especialmente numerosos en tuenti, rede social empregada moi maioritariamente pola xente nova, onde os distintos eventos sobre a folga suman xa máis de 20.000 apoios. Tamén se contan por centos os apoios recibidos a través de facebook e as mencións diarias á convocatoria a través de twitter, mediante o hashtag #19Aestudantespologalego, cuxo uso vai en aumento a medida que se achega o inicio da xornada reivindicativa de mañá.

As organizacións convocantes, así como as apoiantes, chaman a todo o estudantado de ensino medio a secundar a folga de mañá como un “xesto de compromiso e responsabilidade co futuro do galego”; compromiso e responsabilidade que, aseguran, “é o que lle falta ao goberno galego, ao conselleiro de Educación e Cultura e ao propio presidente Núñez Feijóo cando atacan a nosa lingua”.

“Chamamos á folga con independencia de cal sexa a lingua que se use no día a día”, indicou Sara Seco. “Do que se trata”, en opinión da dirixente das Mocidades da Mesa, “é reivindicar que siga a avanzar e non esmoreza unha lingua que é de todas e de todos nós”.



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Educación   Lingua galega   Normalización   folga  

Rianxo: repartirán por Barbanza pousavasos en galego deseñados por unha alumna do "Félix Muriel"

Pousavasos_claudia3c_4


Rianxo, 17 de abril de 2012. O pousavasos da imaxe que acompaña esta información foi feito por Claudia Rodríguez (3ºESO C do "Félix Muriel"). É un dos gañadores a nivel de todo o Barbanza nun certame que fixeron os equipos de dinamización lingüística dos centros de ensino. No instituto de Rianxo houbo todos estes deseños.

Nun inicio, editaranse 5.000 exemplares do pousavasos, anque están intentando finanzamento para 10.000 unidades. Mil exemplares serán repartidos en establecementos asociados a Arousa Norte (principalmente casas de turismo rural) e os 4000 restantes inda non está concretado o xeito de distribución nos locais de hostalería de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira.

De ser posible, os pousavasos poríanse en circulación nas cafeterías o 17 de maio, Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Valentín Paz Andrade.

Vía IFM, Revista Bico da Ría





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lingua galega   Rianxo   dinamización lingüística  

Ribeira: o venres 13 de abril, "Ferramentas na Rede", iniciativa para empregar a lingua galega coas novas tecnoloxías

  •  Aberto gratuitamente para público maior de 16 anos na aula multimedia

Imaxes da presentación do programa FalaRedes en Compostela

Ribeira, 12 de abril de 2012.- A Aula Multimedia vai ser escenario no día de mañá, venres 13 de abril, da iniciativa Ferramentas na Rede: un curso dirixido á posta en valor do uso das novas tecnoloxías para a mellora do uso de galego.

Esta acción terá lugar de 20.30 a 22.30 horas e os participantes obterán información sobre as aplicacións que hoxe en día están a disposición en Internet para a mellora en competencia lingüística e para dar a coñecer a posibilidade e beneficios das ferramentas (software, dicionarios, blogues, páxinas de interese...) existentes en galego.

“Ferramentas na rede” desenvólvese en colaboración co profesor colaborador da Xunta de Galicia que está a impartir formación de adultos para a obtención dos títulos CELGA; e vai dirixida fundamentalmente ao seu alumnado, aínda que está aberta gratuitamente ao público maior de 16 anos en xeral que desexe achegarse polas instalacións situadas na avenida do Malecón, baixo a sede da Confraría de Pescadores.

Proxección audiovisual

A sesión completarase coa proxección do capítulo piloto da serie televisiva, Mareas Vivas, na que o alumnado poderá comprobar diferentes rexistros lingüísticos do galego e variedades dialectais; co que complementan a súa formación en lingua oral de cara a aprobaren os exames CELGA.

A técnica do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, será a formadora nesta aula.


O documento do ano pasado:

Click here to download:
ferramentas_na_rede_web11.pdf (157 KB)
(download)
https://twitter.com/#!/Certo/status/190025592643665921




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lingua galega   Ribeira   dinamización lingüística  

Rianxo: o instituto "Félix Muriel" está a facer unha primavera de promoción do galego

  •  Contacontos e obradoiros de rap, break-dance e graffiti entre o alumnado para celebrar a nova estación
  • Ao remate das vacacións de Semana Santa haberá charlas con Barreiro Rivas e profesoras que falarán de fraudes fiscais famosos ou motores de hidróxeno 

 

(download)

Rianxo, 4 de abril de 2012. Comezou a primavera á vez que se pechaba o segundo trimestre e o Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) do IES "Félix Muriel" quixo celebralo con algunhas actividades que organizou en colaboración con outros departamentos do centro.

O mércores 27 de marzo o alumnado de 4º ESO e mais o alumnado da materia de portugués dos diferentes cursos asistiron a unha sesión de contacontos do portugués Carlos Marques organizado en colaboración co departamento de Lingua Galega, ao que pertence o profesorado da materia de Lingua Portuguesa do centro. Aproveitando a xira que o actor fixo por Galicia (en diferentes Escolas oficiais de idiomas e mais no IES de Valga) pedíuselle que se achegase ao centro para servirlle de práctica ao alumnado de portugués e mais mostrarlle ao resto dos discentes como é posible comprender con relativa facilidade a lingua irmá e veciña.

Aid en acción, para un spot da TVG

O xoves 28 o alumnado de 3º ESO dividiuse segundo os seus gustos entre tres obradoiros e unha charla. O primeiro dos obradoiros que programou o EDLG foi o de rap coa moza viguesa Aid que rapea en galego e que lles ensinou a facer rimas ao alumnado. Os outros dous, que se desenvolveron de forma simultánea, foron os de graffiti e break-dance. Todos eles organizáronse en colaboración cos tres departamentos implicados: música, plástica e educación física.  As case dúas horas que duraron os obradoiros foron moi produtivas xa que, despois dunha breve explicación teórica, os mozos e mozas que participaban nos diferentes obradoiros puideron facer as súas prácticas: rimas, bailes e pintadas nos muros do centro.

O alumnado que non estaba interesado en ningún dos obradoiros acudiu a unha charla do xornalista que traballa na TVG Luis Menéndez, que lles falou das series Terras de Acolá (baseada nos países da lusofonía) e Terras de Merlín (centrada nos países celtas). Ademais de presentarlles uns vídeos co resumo das series, explicoulles detalles de como se gravaron e curiosidades dos diferentes países. Os rapaces e rapazas tamén tiveron oportunidade de facer preguntas sobre diferentes cuestións de interese e á volta das vacacións han poder ver a exposición sobre Terras de Acolá que queda no centro durante tres semanas.

Á volta de Semana Santa, o politólogo Barreiro Rivas

Despois da Semana Santa continúa a primavera de promoción do galego  con diferentes actividades que van desde un ciclo de charlas que se desenvolverán durante os meses de abril e maio ata a gravación de diferentes vídeos. Dentro do ciclo de charlas  “O galego vale para todos os ámbitos” acudirán ao centro: o politólogo Barreiro Rivas coa charla “A democracia como cultura: o reto político das novas xeracións”, a profesora de dereito Begoña Villaverde para falar de fraudes fiscais famosos; a profesora da Universidade da Coruña, Socorro Castro, quen presentará os motores de hidróxeno ou un representante da empresa Imaxín que explicará como funciona unha empresa empregando o galego con normalidade no seu día a día.

Ademais das competencias pasivas que desenvolverán coas charlas, tamén desenvolverán outras competencias activas a través da participación no proxecto do EDLG, Rianxo 2112, galardoado cun dos cinco premios de innovación da Consellería de Educación. Desde principios de curso xa están a gravar vídeos e a elaborar presentacións sobre diferentes aspectos do concello: patrimonio, actividades empresariais, aspectos culturais, etc.

 

Tamén en Rianxo:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Félix Muriel   Lingua galega   Rianxo  

Ribeira: o luns 26 de marzo comezan os cursos de galego (CELGA), con máis de 60 inscritos

Media_httpfarm8static_hfunc

 

Ribeira, 24 de marzo de 2012.- A participación de Ribeira na Rede de Dinamización Lingüística desde o ano 2011, implica a mellora no intercambio de experiencias dinamizadoras e de formación en lingua galega; neste marco inícianse os cursos gratuítos para a obtención da titulación CELGA que se impartirán no concello de Ribeira neste ano 2012.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, promove a formación de persoas maiores de 16 anos que queiran obter a titulación dos Certificados en Lingua Galega.

A formación do alumnado, durante un curso de 70 horas, está dirixida a mellorar a súa competencia lingüística, de xeito que ao remataren este período de estudo, estean capacitados para superar as probas coas que acreditar os coñecementos en lingua galega.

Os cursos gratuítos impartiranse en horario de 20.30 h a 22.30 h de luns a xoves, desde o día 26 de marzo ata o 31 de maio no CEIP Plurilingüe O Grupo de Ribeira, que cede o uso de tres aulas, fóra do seu horario lectivo, para esta actividade de formación proposta desde o Concello.

Data de comezo: o luns, 26 de marzo de 2012.

Duración: 70 horas.

Horario: 20.30 a 22.30 h de luns a xoves.

Lugar: Colexio O Grupo, r/ Miguel Rodríguez Bautista, nº 22 (ao carón do Edificio da Policía Nacional)

Pode que tamén lle interese:

 






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lingua galega  

Ribeira: Carlos Callón, premiado por "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos"

  • O seu libro gaña o premio Redelibros ao mellor título de non ficción de 2011 
  • O autor de Ribeira agradece o recoñecemento que lle achega a rede social galega sobre o libro, que reúne a escritores, críticos, editores, libreiros e lectores 

Como_defenderes_os_teus_dereit

 

Ribeira, 23 de Nadal de 2011.- Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, unha obra que o seu autor cualifica como un “manual práctico para podermos vivir en galego”, acaba de obter o recoñecemento ao mellor libro de non ficción en lingua galega do ano 2011. O ribeirán Carlos Callón agradece a distinción e sinala que para el “é unha honra compartir podio no recoñecemento de Redelibros con nomes como o de Agustín Fernández Paz”, que foi distinguido na categoría de mellor libro de ficción por parte da rede social galega sobre o libro, que reúne a escritores, críticos, editores, libreiros e lectores. 

En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Callón propón que “protagonicemos no noso día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, porque os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións”. Como exemplo, anima por exemplo a “practicar un consumo responsábel co galego, dándolle prioridade a produtos ou servizos que contemplen o noso idioma, algo que podemos ter moi en conta por exemplo nestes tempos do Nadal”. 

A primeira parte do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos é unha “Guía rápida de conduta para vivirmos en galego”, na cal se presentan propostas “concretas e realizábeis para pequenas situacións da vida diaria en que se dificulta vivir no noso idioma”. A segunda parte da obra fai un repaso polos problemas que se pode encontrar unha persoa que quixer optar polo galego en diferentes ámbitos, desde a administración até as notarías, pasando polos servizos bancarios ou as empresas de telefonía móbil. Por último, a terceira grande parte do libro propón ese recomendado “consumo responsábel co galego”, no cal se escollan os produtos ou servizos non só pola súa calidade ou prezo, senón “tamén polo impacto que teñan na nosa lingua e cultura ou pola actitude cara ás mesmas por parte das empresas que os ofrezan ou os elaboren”.  

Para o presidente da Mesa é importante “lembrar que nin a desaparición nin a recuperación dunha lingua son nunca procesos espontáneos: podemos intervir e rectificar a situación actual”. “Non o esquezamos: cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posíbeis”, conclúe Callón, quen agarda que “o recoñecemento realizado por Redelibros axude á difusión dos consellos e propostas que nesas páxinas se conteñen”. 

Ademais de obter o recoñecemento por Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, Carlos Callón tamén ficou de finalista con Amigos e sodomitas, título con que gañou o Premio Vicente Risco de Ensaio 2011.

Antes, en Certo:

Carlos Manuel Callón presentou o seu libro "Amigos e sodomitas"



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carlos Callón   Lingua galega   Ribeira   premio  

Medios: apoia aos xornais na lingua propia de Galicia

Barbanza e Noia, 22 de Nadal de 2011. No mesmo día en que celebramos o centenario do nacemento de quen deixou como epitafio "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis", os medios que apoiamos a iniciativa "Vitaminas para o galego" comezamos cunha nova etapa: o micromecenazgo dos seareiros.

A campaña “Vitaminas para o galego”, foi presentada por 10 medios do país, entre eles Certo, a semana pasada en Arzúa e pretende  buscar o compromiso dos lectores, o compromiso da cidadanía galega para asegurar a nosa supervivencia.

Este xoves 22 de decembro comezou a busca de micromecenas a través da plataforma catalana Verkami. As primeiras horas foron dun auténtico e sorprendente éxito xa que se atoparon en pouco máis de 3 horas, 8 micromecenas. O proxecto permanecerá en vigor durante 40 dias, ata finais do mes de xaneiro.

Vitaminas_medios

Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia, é un dos medios que apoian esta campaña xunto cos xornais comarcais QPC (Que pasa na Costa),  da Costa da Morte, Osil.info de Valdeorras e Crónica3 da Mariña Lucense, namentres organizan portais dixitais Galicia Confidencial, Praza Pública e Val Miñor.info, a rede de emisoras municipais Radiofusión e os semanarios Tempos Novos e Novas da Galiza. A campaña segue aberta a que se engadan máis medios, destes que empregamos maioritariamente a lingua propia de Galicia.

 

Que facer? Infórmate en

OLLO!! XA HAI PÁXINA DE SEAREIROS DE CERTO NO FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!! Alí iremos informando máis polo miúdo desta campaña.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lingua galega   Vitaminas para o galego   campañas   medios de comunicación   sensibilización  

Dodro: activistas, escritores e políticos critican en twitter o feche do Servizo de Normalización Lingüística

A noticia na web da Mesa Pola Normalización Lingüística, aquí

  noaourense RT @nelvidalbarral: Felicito a @alorenzo64 e @SXPL polos 3SNL q conseguiron pechar desde a constitución da súa Rede de Dinamización Lgca (Ames, Dodro e O Barco)
Fri, 18 Nov 2011 22:39:27  
  mamosteiro RT @nelvidalbarral: Felicito a @alorenzo64 e @SXPL polos 3SNL q conseguiron pechar desde a constitución da súa Rede de Dinamización Lgca (Ames, Dodro e O Barco)
Fri, 18 Nov 2011 20:06:15 
  calveiro RT @nelvidalbarral: Felicito a @alorenzo64 e @SXPL polos 3SNL q conseguiron pechar desde a constitución da súa Rede de Dinamización Lgca (Ames, Dodro e O Barco)
Fri, 18 Nov 2011 20:04:34 
  carloscallon RT @pbalbores: Dende a constitución da Rede de Normalización Lingüística caeron 3 servizos: O Barco, Dodro e Ames, cantos caerán nos vindeiros 30 días?
Fri, 18 Nov 2011 19:23:19 
  pepzzong RT @nelvidalbarral: Felicito a @alorenzo64 e @SXPL polos 3SNL q conseguiron pechar desde a constitución da súa Rede de Dinamización Lgca (Ames, Dodro e O Barco)
Fri, 18 Nov 2011 17:41:37 
  dvribeira RT @nelvidalbarral: Felicito a @alorenzo64 e @SXPL polos 3SNL q conseguiron pechar desde a constitución da súa Rede de Dinamización Lgca (Ames, Dodro e O Barco)
Fri, 18 Nov 2011 17:31:38 
  mediapinta RT @nelvidalbarral: Felicito a @alorenzo64 e @SXPL polos 3SNL q conseguiron pechar desde a constitución da súa Rede de Dinamización Lgca (Ames, Dodro e O Barco)
Fri, 18 Nov 2011 17:28:34 
  francovicetto RT @nelvidalbarral: Felicito a @alorenzo64 e @SXPL polos 3SNL q conseguiron pechar desde a constitución da súa Rede de Dinamización Lgca (Ames, Dodro e O Barco)
Fri, 18 Nov 2011 17:13:44 
  TatiMancebo RT @xico_de_nelhe: Outro SNL que fecha: o de Dodro. Cal será o seguinte? #redededestrucionlingüistica
Fri, 18 Nov 2011 17:02:27 
  iriseira RT @pbalbores: Dende a constitución da Rede de Normalización Lingüística caeron 3 servizos: O Barco, Dodro e Ames, cantos caerán nos vindeiros 30 días?
Fri, 18 Nov 2011 16:55:52 from HootSuite reply view
  eche_o_que_hai RT @nelvidalbarral: Felicito a @alorenzo64 e @SXPL polos 3SNL q conseguiron pechar desde a constitución da súa Rede de Dinamización Lgca (Ames, Dodro e O Barco)
Fri, 18 Nov 2011 16:46:54 
  eche_o_que_hai RT @pbalbores: Dende a constitución da Rede de Normalización Lingüística caeron 3 servizos: O Barco, Dodro e Ames, cantos caerán nos vindeiros 30 días?
Fri, 18 Nov 2011 16:44:58 
  nelvidalbarral Felicito a @alorenzo64 e @SXPL polos 3SNL q conseguiron pechar desde a constitución da súa Rede de Dinamización Lgca (Ames, Dodro e O Barco)
Fri, 18 Nov 2011 16:44:16 

 

  pbalbores Dende a constitución da Rede de Normalización Lingüística caeron 3 servizos: O Barco, Dodro e Ames, cantos caerán nos vindeiros 30 días?
Fri, 18 Nov 2011 16:38:42 
  miguelpenas RT @carloscallon: Despois de Ames, outro concello da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta fecha o SNL: Dodro http://t.co/nwHdfNd2
Fri, 18 Nov 2011 16:18:35 
  calveiro RT @xico_de_nelhe: Outro SNL que fecha: o de Dodro. Cal será o seguinte? #redededestrucionlingüistica
Fri, 18 Nov 2011 16:00:42 
  carloscallon RT @xico_de_nelhe: Outro SNL que fecha: o de Dodro. Cal será o seguinte? #redededestrucionlingüistica
Fri, 18 Nov 2011 15:59:51 
  xico_de_nelhe Outro SNL que fecha: o de Dodro. Cal será o seguinte? #redededestrucionlingüistica
Fri, 18 Nov 2011 15:58:38 
  galegaenmadrid RT @Onosolar: Xa están aquí!! Despois de Ames, outro concello da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta fecha o SNL: Dodro http://t.co/hLs2Hi6R
Fri, 18 Nov 2011 15:31:37 
  Onosolar Xa están aquí!! Despois de Ames, outro concello da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta fecha o SNL: Dodro http://t.co/hLs2Hi6R
Fri, 18 Nov 2011 15:26:49 
  donicela22 RT @carloscallon: Despois de Ames, outro concello da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta fecha o SNL: Dodro http://t.co/nwHdfNd2
Fri, 18 Nov 2011 15:08:51 from Facebook reply view
  MSusavila RT @carloscallon: Despois de Ames, outro concello da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta fecha o SNL: Dodro http://t.co/nwHdfNd2
Fri, 18 Nov 2011 14:48:45 
  xico_de_nelhe RT @carloscallon: Despois de Ames, outro concello da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta fecha o SNL: Dodro http://t.co/nwHdfNd2
Fri, 18 Nov 2011 14:45:49 
  carloscallon Despois de Ames, outro concello da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta fecha o SNL: Dodro http://t.co/nwHdfNd2
Fri, 18 Nov 2011 14:38:22 

O ano pasado, case por estas datas, publicamos:

Media_httpfarm6static_jgdft

O Servizo de Normalización Lingüística de Dodro contribúe a publicitar un catálogo de agasallos en lingua galega



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   Lingua galega   recortes