Preme para voltar á portada
Filed under

Lousame

 

Lousame: a Semana da Xuventude programa actividades entre o 23 e o 27 de maio

  • Dúas charlas, un combate de airsoft nas inmediacións das minas de San Finx e unha multiactividade con quads, bicis e xantar

Cartel_semana_2012
Multiactividade



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lousame   programación cultural   xuventude  

Lousame: a Banda de Música organiza este sábado 12 a súa cea anual de socios e amigos

Cartel_cea_forno

 

Lousame, 7 de maio de 2012. O vindeiro sábado, 12 de maio, no Restaurante O Forno de Noia celébrase a cea anual de socios e amigos da Banda de Lousame. O prezo é de 25 € e haberá sorteo de diversos regalos ó remate.
Para anotarse hai que chamar aos números 676982604 / 652808122, no correo da banda banda@concellodelousame.com. Asistir a esta cea é un xeito de colaborar economicamente coa Banda de Lousame. A velada musical corre por conta dos anfitrións.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lousame   bandas  

Lousame: o Día Internacional da Muller Traballadora celébrase o domingo 11 de marzo

Lousame_11_marzo

Estará adicado ás traballadoras da saúde.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día da Muller Traballadora   Lousame  

Lousame: o Entroido celébrase este sábado 18 de febreiro

Lousame_entroido_2012

Lousame, 16 de febreiro de 2012. O Concello de Lousame organiza un Gran Festival de Entroido o vindeiro sábado 18 de 17.00 a 20.00 horas no Polideportivo Municipal. Haberá o tradicional concurso de disfraces, degustación de balde de orellas e filloas, obradoiro de caretas, maquillaxe e animación.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Entroido   Lousame  

Lousame: Ecoembes só pagará o 80% do plástico-film seleccionado na planta de tratamento de residuos en 2011 e 2012

  • Medio Ambiente propicia o acordo entre Ecoembes e a Mancomunidade da Serra do Barbanza para o tratamento de residuos na planta de Lousame
  • Ecoembes asumirá o custe de recuperación do 80% do plástico-film seleccionado na planta da Mancomunidade no relativo ao ano 2011, con efecto retroactivo, e 2012, o que suporá unha cantidade equivalente a 907 toneladas de residuos
  • Nos vindeiros 2 anos Ecoembes xestionará un máximo de 835 toneladas anuais de residuos e no 2015 un total de 784 toneladas de residuos

Media_httpfarm6static_aqfsy

Lousame, 2 de febreiro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas propicia, disque, o acordo entre a Mancomunidade da Serra do Barbanza e a entidade de xestión Ecoembes sobre a xestión dos residuos de envases que permitirá manter o tratamento de residuos da Planta de Tratamento de Lousame, contribuíndo así á normalización do seu funcionamento.

Esta solución adoptouse durante a reunión da Comisión de Seguimento do Convenio asinado pola Xunta e Ecoembes para o período 2011-2015. O acordo é o resultado dos contactos entre as partes mantidos no último ano a iniciativa da Xunta de Galicia co fin de alcanzar un consenso sobre os criterios a aplicar para o establecemento dos custes que o sistema integrado de xestión debe asumir no relativo ao tratamento de determinados residuos plásticos xestionados na planta, como son as bolsas de plástico comerciais dun só uso.

Desde o comezo do conflito, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas manifestou o seu apoio á Planta de tratamento de residuos de Lousame e valorou os resultados que está a alcanzar en liñas xerais o seu modelo de xestión. Neste sentido, considérase que a instalación da Mancomunidade Serra do Barbanza pode realizar unha importante contribución aos obxectivos de incremento da valorización e redución da eliminación en vertedoiro recollidos no Plan de Xestión de Residuos de Galicia 2010-2020, que sinala a necesidade de xestionar ‘in situ’ determinados residuos a través do tratamento en plantas locais ou comarcais.

Criterios para o próximo período
O novo acordo establece que Ecoembes asumirá o custe da recuperación do 80 por cento do plástico-film seleccionado na planta da Mancomunidade no relativo aos anos 2011, con efecto retroactivo, e 2012, o que supón unha cantidade equivalente de ata 907 toneladas.

Así mesmo, determínanse as cantidades máximas de plástico-film que se xestionarán con cargo aos orzamento de Ecoembes ata a fin do convenio: 835 toneladas anuais no período 2013-2014 e 784 toneladas no ano 2015. Esta redución é acorde coa diminución paulatina dun número de bolsas de plástico no mercado previsto nos vindeiros anos.

Para o establecemento destes criterios, tívose en conta o calendario fixado pola nova Lei estatal de residuos e solo para a redución das bolsas comerciais dun só uso de plástico no biodegradable, que en 2018 deberán estar completamente fóra do mercado.

Posición do alcalde de Noia




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lousame   planta de compostaxe  

Noia: a Banda de Lousame ofrece un concerto no Liceo este martes 27

Liceo_concerto_nadal_2011
Click here to download:
Concerto Nadal 27 decembro.pdf (55 KB)
(download)

Pode que tamén lle interese:


Campamentos: para nen@s entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro de 2012


Programación cultural completa de Nadal: do Concello e do Liceo de Noia

 

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Liceo   Lousame   Nadal   Noia   concerto  

Lousame: prosegue o conflicto con Ecoembes, que penaliza a Serra do Barbanza por reciclar moito

Media_httpfarm6static_ngvvx

Camións na planta de reciclaxe de Servia, en Lousame

Lousame, 16 de Nadal de 2011. O presidente de turno da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza, Rafael Gacía Guerrero, manifestou onte a confianza no apoio da Xunta no conflicto con Ecoembes.

Rafael García Guerrero considera que, durante o problema polo incumprimento de Ecoembes do convenio asinado coa Xunta, a consellería de Medio Ambiente "apoiou sempre aos concellos, e estamos seguros que colaborará ata o final coa Mancomunidade Serra do Barbanza para impedir o incumprimento de Ecoembes. Desde logo e ata o momento só podemos ter palabras de agradecemento cara á Consellería, tanto polo apoio manifestado neste tema, como pola colaboración económica nesta anualidade que xa é de 200.000 euros".

"Ninguén nos pode penalizar por reciclar moito"

Ademais, sinalou que desde a Mancomunidade "temos claro que o único responsable do problema xerado é Ecoembes, que só pretende reducir custes a conta da Mancomunidade. A sociedade Ecoembes ten demostrado un comportamento deplorable de cara á Mancomunidade, entrando nun regateo intolerable e que non será aceptado por este ente. Esiximos que paguen o que nos corresponde, xa que nós estamos a cumprir a nosa parte do convenio, e non imos consentir que ninguén nos penalice por reciclar moito".

Non aos despidos cando adebedan máis de medio millón de euros

O actual presidente de Serra do Barbanza agarda que a Xunta obrigue a Ecoembes a ir a unha arbitraxe "que deixara ás claras o incumprimento que está a facer Ecoembes.Desde logo non aceptaremos os consellos de Ecoembes de despedir xente e de reciclar menos, non estamos dispostos a aceptar tales recomendacións e menos que veñan daqueles que incumpren convenios asinados e que teñen unha débeda coa nosa concesión de máis de medio millón de euros", rematou García Guerrero.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lousame   Servia   conflicto   planta de compostaxe  

Lousame: o Concello organiza o Belén de Cumes o vindeiro sábado 17 de decembro

  • O traxecto deste ano é de Tállara a Guiende
  • O belén colócase nun antigo muíño. Ao remate, chocolate con rosca para os participantes

Media_httpmw2googleco_iyucg

Imaxe en Panoramio de Andrés Villar do belén de Cumes de 2005

Lousame, 12 de decembro de 2011. Este vindeiro sábado, 17 de Nadal, o concello de Lousame organiza o Belén de Cumes. Faise unha ruta de seis quilómetros desde Tállara a Guiende, onde se colocan as figuras do belén (este ano nun muiño dos máis antigos da zona) e cántanse unhas panxoliñas. Ao remate tómase unha chocolatada con rosca para todos. Este ano como novidade estrearase unha ruta que se compón de 18 quilómetros e que vai de Tállara ao Iroite e volta. 

O vindeiro sábado, entón, pódese escoller entre a andaina longa e a curta aínda que os primeiros catro quilómetros son comúns nas dúas. Para maior información consulta a web do concello pola semana, en http://concellodelousame.com

Antes, en Certo:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lousame   Nadal   andaina  

Lousame: a Xunta adicará 256.000 euros para un restaurante nun edificio das minas de San Finx

  • O restaurante vaino xestionar o Concello por un mínimo de cinco anos
  • A xestión destes restos industriais é cada vez máis errática e semella ter tanta improvisación como as actuacións da Consellería de Cultura na Cidade de Ídem

Media_httpfarm6static_nfsdm

Imaxe de febreiro deste ano, no remate do obradoiro de emprego de San Finx

Lousame, 7 de decembro de 2011. O Consello da Xunta aprobou hoxe a sinatura do convenio de colaboración polo que a Consellería de Cultura e Turismo investirá 256.000 euros no Concello de Lousame para a rehabilitación dunha edificación que se transformará nun café bar e restaurante nas Minas de San Finx. Este lugar é un espazo mineiro de características destacadas en Galicia grazas á excepcional conservación das instalacións e da maquinaria que alí se atopan.

Con esta nova oferta de restauración, asegura a Xunta, "xérase un atractivo complementario á visita ás Minas, ao tempo que é un negocio que dinamizará o espazo, creará postos de emprego e rendibilidade no contorno". Semella que a explotación de novo da mina, anunciada para o verán de 2009, en que contaban con sacar xa 50.000 toneladas de material (principalmente wolfram e estaño), quedou en nada.


As Minas de estaño e volframio de San Finx están inventariadas como Punto de Interese Xeolóxico, que segundo o IXME (Instituto Xeolóxico e Mineiro de España) convén preservar para a investigación e o seu uso turístico. A posta en marcha do restaurante será financiada con fondos FEDER, dentro do programa ‘Axuda á mellora dos servizos turísticos: recuperación arquitectónica de
inmobles para uso turístico’.

A Consellería de Cultura e Turismo realizará esta actuación nas Minas de San Finx "co obxectivo de potenciar o uso turístico deste espazo histórico que contribuirá a dinamizar este municipio". É importante recordar que este lugar é un espazo mineiro de características destacadas en Galicia grazas á excepcional conservación das instalacións e a maquinaria que alí se encontran. Pola súa banda, o Concello de Lousame encargarase da xestión, mantemento e conservación do café bar restaurante, e comprométese a garantir o seu funcionamento por un período mínimo de cinco anos.

As Minas de estaño e volframio de San Finx en Lousame están inventariadas como Punto de Interese Xeolóxico, que figura no inventario Nacional de Puntos de Interese Xeolóxico realizado polo IXME (Instituto Xeolóxico e Mineiro de España) en Galicia nos anos 1980-82. Posteriormente, en 1983 o IXME publicou o libro ‘Puntos de Interese Xeolóxico de Galicia’ onde incluíu as Minas de San Finx. O inventario do IXME é resultado dun proxecto no cal se quixo pór de manifesto aqueles lugares de interese científico, didáctico ou recreativo, que permiten recoñecer, estudar e interpretar a evolución xeolóxica dunha rexión. Trátase dos elementos máis relevantes da xeoloxía de cada rexión que convén preservar para a investigación, o ensino e, en determinados casos, para o seu uso turístico e recreativo.

O IXME está a realizar traballos, en coordinación con Concello de Lousame, para pór en valor elementos xeolóxicos e mineiros (afloramentos xeolóxicos, estruturas mineiras). Estes traballos realízanse no marco do proxecto europeo Atlanterra, que aglutina a nove socios das antigas rexións mineiras de vertente atlántica europea, que desexan conservar mellor o seu patrimonio mineiro co fin de crear novas formas de riqueza, promovendo a posta en valor dalgún dos centros mineiros históricos como foco de atracción turística e cultural. Esta singularidade é a que explica a necesidade da actuación proposta para incidir favorablemente no impacto turístico dunha zona de primeira orde no referido á rama da arqueoloxía industrial.

Motor económico de Lousame grazas á Segunda Guerra Mundial

A historia documentada das Minas de San Finx comeza cando o británico Sir Thomas Burbury chegou á area de Noia na década de 1880 e solicitou unha concesión mineira de estaño que máis tarde doaría ao seu sobriño Sir Henry Winter Burbury. Este xacemento chega a ser o motor económico de Lousame e de toda a comarca nas décadas centrais do século XX. A maior importancia das Minas de San Finx correspóndese coas anos 40 e 50 do século pasado cando comeza tamén a extracción do volframio, un mineral que había en gran cantidade e con moita pureza. A loita entre os nazis e os aliados por conseguir este mineral, que servía para reforzar o aceiro dos canóns e outro material bélico, fixo que o seu prezo subira moitísimo. Nos arredores da infraestrutura mineira, debido ao
gran número de xente que alí traballaba constrúese un poboado para o uso dos traballadores da empresa (o Cuartel Novo, o Cuartel Vello, as Casa Baratas, a Casa do Páramo, etc.). A partir da década dos 60 o prezo dos minerais foi decaendo e con el o progresivo abandono da explotación e dos edificios.

Máis información sobre estas minas: http://minasdesanfinx.es



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lousame   Minas de San Finx  

Lousame: a Banda de Música queda segunda no V Certame Galego de Bandas de Música e levou o premio do xurado á mellor interpretación

  • Era a primeira vez que participaba neste certame, que vai xa pola quinta edición

Banda_de_lousame

Actualización coa nota de César García Traba, director da Banda de Lousame:

Lousame, 29 de novembro de 2011. A Banda Municipal de Música de Lousame participou esta pasada fin de semana no V Certame Galego de Bandas de Música, organizado pola Federación de Bandas de Música de Galicia e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que tivo lugar no Auditorio de Galicia.

     A Banda de Lousame acadou o segundo premio na categoría terceira (para bandas de ata 50 músicos) por detras da Banda A Lira de Ribadavia, da que só a separaron 18 puntos (316 Ribadavia frente a 298 Lousame). A Banda de Louame conseguiu tamén o premio á mellor interpretación dunha obra de autoría ou temática galega, coa obra “O demo de Carboeiro” de Manuel Blanco Dosil.

     O certame tivo unha grande calidade nas bandas participantes e unha notable asistencia de público que encheu o Auditorio de Galicia. Destaca o público asistente de Lousame e Noia para apoiar á nosa banda que foi o que máis se deixou notar, o que máis apladeu e que o celebrou por todo o alto cando deron os resultados.

     A directiva da Banda de Lousame quere agradecer a tódalas persoas que nos apoiaron para conseguir este grande éxito, xa que era a primeira vez que participabamos nun evento deste tipo. Agradecemos tamén as numerosas mostras de felicitación recibidas nestes días que nos fan sentirnos moi queridos e con ánimos para seguir traballando na consecución de logros coma este.

Antes, en Certo:

Media_https103twitpic_fgdae

A competición levouse a cabo na sala Mozart do auditorio de Galicia

Lousame, 26 de novembro de 2011. Onte pola tarde celebrouse no Auditorio de Galicia a primeira xornada do V Certame Galego de Bandas de Música. O xurado, formado por Juan Durán, Pilar Vañó, Mercedes Padilla e Xosé Carlos Seráns Olveira entregou o primeiro premio, dotado con 1500€, á Banda de Música La Lira de Ribadavia, que interpretou a obra obrigada Monte Medulio de Andrés Álvarez e a obra de elección libre Cabaleiros de Santiago de José Luís Represas, conseguindo un total de 316 puntos. O xurado, que deliberou durante case unha hora, destacou a calidade sonora da banda gañadora.

A Banda Municipal de Música de Lousame acadou a segunda posición, con 298 puntos, e un premio de 1000€. O terceiro lugar recaeu na Agrupación Musical de Belesar, con 233 puntos, que levou un premio de 500€.

A Banda Municipal de Música de Lousame gañou o premio do xurado á mellor interpretación da obra de libre elección de autoría ou temática galega coa obra O Demo de Carboeiro de Manuel Blanco Dosil, cunha dotación económica de 600€.

Aposta pola temática galega

Nesta xornada hai que facer unha mención especial ó feito de que catro das bandas participantes elixiran como obra de libre elección unha de autoría ou temática galega, destacando a estrea da obra O Demo de Carboeiro de Manuel Blanco Dosil, interpretada pola Banda Municipal de Música de Lousame.

As redes sociais tamén foron protagonistas nesta xornada. A través do Facebook e do Twitter e do hashtag #vcertamegalego, os seguidores da Federación Galega de Bandas de Música Populares puideron seguir minuto a minuto o devir do certame. Mañá, as bandas pertencentes á sección segunda competirán por acadar un premio neste V Certame Galego de Bandas de Música. A cita será a partir das 18.00h no Auditorio de Galicia.

 

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lousame   bandas   premio  

Lousame: a Banda de Música participa no Certame Galego de Bandas o 25 de novembro

  • Animan aos veciños que o desexen a que os acompañen na viaxe
  • O bus sairá da praza do Concello e custará 4 euros ida e volta


Lousame, 14 de novembro de 2011. A Banda Municipal de Música de Lousame participa o día 25 de novembro no V Certame Galego de Bandas de Música, que terá lugar no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Este concurso, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, é o máis prestixioso en Galicia no ámbito das bandas de música.

Media_httpfarm5static_yfrgk

A Banda de Lousame compite por primeira vez neste certame facéndoo na sección terceira que agrupa ás bandas de ata 50 músicos. Xunto coas bandas de Arteixo, Lira de Ribadavia, Belesar e Airiños do Morrazo, a Banda de Lousame aspira a acadar algún dos premios que se darán ás mellores interpretacións.

Con motivo deste encontro o Concello de Lousame pon a disposición de tódolos veciños do concello e arredores un autobús que sairá da Praza do Concello ás 6 da tarde do día 25 para chegar ó comenzo do certame as 8 da tarde, xa que ademáis a Banda de Lousame actúa en primeiro lugar. Os interesados en acompañar á banda e darlle ánimos para acadar un premio deben inscribirse chamando á Casa da Cultura (teléfono: 981 825780). O custo da viaxe é de 4 €.

Programa completo do V Certame Galego de Bandas:

Click here to download:
Programa_VCertame.pdf (174 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lousame   bandas   certame   concerto  

Lousame: la Diputación oxigena las precarias cuentas del concello para ampliar la carretera entre Portobravo, A Silva y Tállara

  • Prometen que de 4,5 metros pasará a 14, con aceras e incluso un carril bici

Lousame, 18 de noviembre de 2011. Según informa hoy la Diputación, Diego Calvo, presidente de esta administración en Coruña y el alcalde de Lousame, José Santiago Freire, firmaron el acuerdo esta mañana en la sede de la Diputación Provincial

Diego Calvo, presidente de la Diputación de A Coruña, ha firmado esta mañana con el alcalde de Lousame, José Santiago Freire Abeijón, la modificación de un acuerdo de financiación de la institución provincial para la adquisición de terrenos por parte del Concello destinados a ampliar el vial que sirve de enlace entre las carreteras DP 4201 y  DP115, que a su vez une los núcleos de Portobravo, A Silva y Tállara.

La modificación firmada hoy permitirá al ente presidido por Calvo anticipar hasta el 60% del presupuesto estipulado para esta acción.

De esta manera, el ente provincial abonará un total de 48.000 euros, de un total de 80.000 euros, al concello para proporcionarle la liquidez necesaria para abonar los pagos a los propietarios de las 200 parcelas que tendrán que ser adquiridas para la obra. El convenio que se había firmado en diciembre del año 2010 estipulaba que esta subvención se concedería “a posteriori”.

José Santiago Freire Abeijón, alcalde de Lousame, recalcó la importancia de estas obras, ya que “el vial de enlace vertebra los dos núcleos más importantes del concello y permitirá, además, mejorar la circulación de Noia hacia Boiro”.

Las obras consisten en la ampliación del vial de enlace entre DP4201 y la DP1105, una carretera que actualmente tiene un ancho de 4,5 metros aproximadamente y que, con las obras previstas, alcanzaría 14 metros, que permitirán contar no solo con unos mejores viales, sino también con arcenes laterales, aceras y hasta un carril bici.

Pode que tamén lle interese:


Charlas e cine sobre saúde: ata o 1 de decembro na casa da cultura


Banda de música: o venres 25 de novembro, a Santiago ao Certame Galego



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Deputación   Lousame