Preme para voltar á portada
Filed under

música clásica

 

Ribeira: concerto de piano a catro mans este venres 27 de abril no Conservatorio

  • A cargo do dúo ourensán Dedosd2

Ribeira, 24 de abril de 2012.- O Conservatorio Profesional de Música vai dar cabida este venres, día 27 de abril, a partir das 18.30 horas, a un concerto de piano a catro mans ofrecido polo dúo Dedosd2, que deleitará aos asistentes con creacións de Mozart, Dvórak e Barber. A entrada é libre e gratuíta.

Dedosd2 está composto polos pianistas Marta Blanco Pascual e Xoán Iglesias Losada. O Concerto constará do seguinte programa:

I.- Sonata en Do mayor KV 521  de Wolfgang Amadeus Mozart: Allegro, Andante e Allegretto

II.- Leyendas op. 59 de Antonin Dvórak: nº1, en Re menor: Allegretto non troppo, quasi Andantino; nº3, en Sol menor: Allegro giusto; e nº4, en Do mayor: Molto maestoso

III.- Suite de ballet: Souvenirs op. 28 de Samuel Barber: Waltz, Schottische, Pas de deux, Two-Step, Hesitation-Tango e Galop.

Currículos

Marta Blanco Pascual naceu en Ourense no ano 1984. Ingresou no Conservatorio Profesional de Música da súa cidade natal, onde recibiu clases de Xoán Iglesias Losada e rematou os estudos de Grao Medio coas máximas cualificacións. Finalizou o Grao Superior no Conservatorio de Música de Vigo da man de Josefa Estarque Vila, onde obtivo Matrícula de Honra, por unanimidade do tribunal,  no proxecto final de carreira. Acto seguido rematou a súa formación en Barcelona coa catedrática María Jesús Crespo.

Entre os premios que ten logrado ao longo da súa carreira figuran diferentes concursos nacionais e internacionais: Real Club Náutico de Vigo (2003, 1º Premio Categoría Xuvenil), ASGAIM (2006, 1º Premio Categoría Senior), segundo premio no  XI Concurso Peninsular celebrado en 2008  nos salóns do Real Club Náutico de Vigo e Teatro García Barbón; resultou semifinalista no Concurso Internacional de piano “Ciutat de Carlet” (Valencia, 2010) e foi seleccionada para participar no I Premio Internacional Pianístico de Paterna ( Valencia, 2011).

Xoán M. Iglesias Losada naceu en Seixalbo (Ourense) no ano 1974. Iniciouse no mundo da música da man do seu pai e posteriormente comezou os seus estudios de piano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, onde foi alumno de Carlos Iglesias Borrajo. Rematou a súa formación académica no Conservatorio Superior de Música de Vigo onde recibiu clases de Josefa Estarque Vila.  Actualmente continúa a súa formación con Mª Jesús Crespo coa que realizou entre 2008 e 2010 o Curso de Formación Continuada para instrumentos de música clásica e contemporánea na Escola Superior de Música de Cataluña. Desde o ano 2000 é profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, centro do que, actualmente, é director.

Funda en 1992 o Coro de Cámara Harmonia Auriensis e dirixe a Coral Ansuíña de Baños de Molgas e, entre os anos 1995 e 2003,  a Coral Agromadas de Seixalbo coa que consegue distintos premios e un grande éxito de crítica e de público. Durante a temporada 2002-2003 forma parte do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixido por Joan Company. Interesado pola composición de música coral participa nos anos 1997 e 1999 na primeira e segunda edicións do Concurso de Composición Coral Galega “Cidade de Vigo”, nas que consegue o 2º (Todas as noites, 1997) e 1º (Sentimentos amorosos, 1999) premios respectivamente.

Tamén, o 27 de abril:

Presentación no Ateneo Valle-Inclán: o 27 de abril, "Héroes de polvo", de B. Manjón







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   concerto   música clásica  

Rianxo: concerto das mulleres da Orquestra Sinfónica de Galicia co gallo das Letras Galegas este 17 de maio

Rianxo_osg_letras_galegas

Rianxo, 16 de maio de 2011. Este martes 17, Día das Letras Galegas, terá lugar o concerto da Orquestra de Mulleres da Orquestra Sinfónica de Galicia, ás 20:00 horas no Auditorio de Rianxo.

A Orquestra de Mulleres da OSG interpretará obras de Corelli, Mozart, Rossini e Félix Mendelssohn, co programa que se adxunta na imaxe.

Pode que tamén lle interese:


Maio cultural: programa do 14 ao 29 de maio


Letras Galegas: o instituto adícalle dúas semanas a Lois Pereiro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Letras Galegas   Rianxo   concerto   música clásica  

Noia: o Festival Mozart 2011 inclúe un concerto este domingo 15 de maio cun quinteto de solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia

Media_httpfarm4static_tzysb

O concerto será en Santa María a Nova ás oito da tarde

Noia, 12 de maio de 2011. Este venres 13 de maio, no salón de Plenos da Casa do Concello, terá lugar a presentación do Festival Mozart 2011, por parte do concelleiro de Cultura, José Manuel González Canabal, xunto a Franco Orsini, adxunto á dirección de producción deste festival.
O concerto, inserido dentro da programación que o Festival ten por varias sedes en Coruña, terá lugar en Noia o domingo, día 15 de maio, ás 20:00 horas na igrexa de Santa María "A Nova". A entrada ao concerto será  gratuíta.

Programa previsto:

FESTIVAL EXPRESO
domingo, 15 maio 2011
NOIA

Franz Danzi

Quinteto nº 2 en mi menor, op. 67
Quinteto nº 3 en mi bemol maior, op. 67

Quinteto nº 1 en la maior, op. 68
Quinteto nº 3 en re maior, op. 68

QUINTETO DE SOLISTAS DA Orquestra Sinfónica de Galicia
Claudia Walker, frauta
Casey Hill, óboe
Juan Antonio Ferrer, clarinete
Steve Harriswangler, fagot
David Busnell, trompa

Páxina web de referencia:

http://festivalmozart.com/



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   concerto   música clásica  

Rianxo: presentan o cancioneiro de Marcial Valladares "Ayes de mi país" este venres 29

Ayes_de_mi_pais

Rianxo, 28 de outubro de 2010. A asociación cultural Barbantia, en colaboración co Concello de Rianxo, presenta este venres 29 "Ayes de mi país. O cancioneiro de Marcial Valladares", de José Luís do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartim, nun acto que terá lugar ás 20:30 horas no auditorio de Rianxo.

Agárdase a presenza dos coordinadores desta publicación, así como o editor, Javier Jurado; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; e mais a concelleira de cultura de Rianxo, Mari Carme Figueira.

Media_httpfarm5static_hlgef

A presentación será no auditorio de Rianxo
José Luís do Pico Orjais é músico tradicional, bibliófilo e mestre. En Certo recomendamos cada pouco artigos do seu excelente blog: http://ilhadeorjais.blogspot.com.

Isabel Rei Sanmartim é tamén música (especialidade guitarra) e profesora. Integrante da Academia da Lingua Portuguesa. Todo o seu curriculum aquí

Media_httpfarm5static_ieaeg

Ugía Pedreira tivo que ver coa xestación desta obra. Explícao ben Susi Rial no xornal dixital independente de Arousa, "Na Illa", aquí

Se queres mercar "Ayes de mi pais", telo na lonxa virtual Toupa.net, aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   música clásica   presentación libro  

Rianxo: o sábado 24, concerto no auditorio co cuarteto de guitarras "Los 4 elementos"

Media_httpwwwviastell_cbgmy

> O século XX: a música popular
_

LOS 4 ELEMENTOS cuarteto de guitarras
Esteban Fragas
Marcos Rivera
Bruno Bonamis
Iago Reigosa

Ruta do Mar de Arousa - Río Ulla
RIANXO
Auditorio Municipal
sábado 24 de xullo de 2010
21:30

> Prezos:
_

ENTRADA LIBRE até completar o aforo do local.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   Xacobeo   concerto   música clásica  

Boiro: este venres 23, concerto do Vía Stellae na casa da cultura "Ramón López"

Media_httpwwwviastell_jmved

> Serenatas para cordas: Tchaikovski e Elgar
_

CAMERATA QUIODI
PLAMEN VELEV director

Ruta do Mar de Arousa - Río Ulla
BOIRO
Casa da Cultura
venres 23 de xullo de 2010
22:00

> Prezos:
_

ENTRADA LIBRE até completar o aforo do local



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Xacobeo   concerto   música clásica  

Rianxo: o auditorio acolle ao Quinteto Cimarrón o venres 25 de xuño dentro do Festival Mozart

Media_httpfarm3static_xgeub

Rianxo, 15 de xuño de 2010. O próximo venres 25 de xuño ás 20:30 h no Auditorio de Rianxo terá lugar o concerto 20 Cordas Lixeiras a cargo do Quinteto Cimarrón dentro da programación do Festival Mozart da Coruña.

No concerto interpretaranse obras de Sosa, Cervantes, Lecuona, Cana, Urfé, Carrillo, Roig, López, Almeida e Valdés a cargo do Quinteto Cimarrón que está composto por:

  1. Eduardo Coma Vega, violín
  2. Lázaro W. Gonzáles P., violín
  3. Raymond Arteaga, viola
  4. Luis E. Caballero, violonchelo
  5. Óscar Rodríguez Calvo, contrabaixo.

A web do Festival Mozart é http://festivalmozart.com

E o Quinteto Cimarrón sona así de ben:




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   auditorio   música clásica  

Rianxo: o domingo 7 de marzo, DKD Dúo ofrece un concerto de música de cámara

Dkd_duo_2010_copia

A Escola de Música de Rianxo organiza o primeiro os concertos do Ciclo de Música de Cámara 2010, que terá lugar o vindeiro domingo 7 de marzo ás 19:30, no Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión haberá oportunidade de escoitar a DKD Dúo, formado por Iago Hermo (Piano) e Antón Alcalde (Percusións).

Media_httpfarm3static_cmden

Saben quen é Antón Alcalde? Falamos del aquí




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   concerto   escola de música   música clásica