Ribeira: o obradoiro de inglés para maiores acolle a 40 ribeirenses
- Haberá dous grupos de vinte e comezarán o luns vindeiro
Ribeira, 25 de febreiro de 2012. O Concello vai ofrecer dentro do Programa de Dinamización dos Nosos Maiores, dependente da Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social, un novo obradoiro de iniciación ao inglés que comezará a ser ofrecido a partir do luns da vindeira semana.
Na acción participarán 40 maiores de Ribeira distribuídos en dous grupos de 20 persoas cada un. Cunha hora de duración, as clases desenvolveranse todos os luns, de 10 a 11 e de 11.15 a 12.15 horas (segundo o grupo que sexa) nas aulas da Casa do Mar de Ribeira. O taller finalizará a finais de maio.
Esta nova iniciativa será impartida por persoas do Voluntariado Social e pretende que servir para que os maiores do concello poidan adquirir unhas nocións básicas sobre o idioma máis implantado nas relacións internacionais.
Ribeira: orde do día do pleno do luns 27 de febreiro post.ly/5aGPA Ribeira: crónica e fotos oficiais da VII Gala do Deporte post.ly/5a9Vh Ribeira: van duplicar a superficie da escola infantil ao tempo da súa reforma post.ly/5a8Oh













Comentarios [0]