ADEGA apoia a convocatoria desta manifestación (Ribeira, praza do Concello ás 18:30) para reclamarlle á Xunta que poña fin aos masacres legais e ilegais de lobos, lubicáns e cans nos montes do Barbanza. "Acode para reclamar á Xunta que pare os masacres e traballe para garantir a supervivencia do lobo galego en troques de seguir cedendo a xestión desta xoia da nosa fauna ao "lobby" dos escopeteiros. NIN MASACRES DE ELEFANTES NIN DE LOBOS! STOP AO EXTERMINIO LEGAL", explican dende esta asociación ecoloxista galega.
Ribeira, 19 de abril de 2012. A Confederación Intersindical Galega convoca á veciñanza á tradicional manifestación do 1 de maio, Día do Traballo, que sairá da Praza do Peixe ás doce do mediodía.
"Neste ano no que as reformas do Partido Popular Lonxe de “modernizar” o Estado, como afirma o Goberno de Rajoy, están levando a Galiza directamente ao século XIX desvestindo aos traballadores de dereitos, criminalizando as reivindicacións socias e empobrecendo terriblemente o país temos que saír masivamente á rúa e deixar claro que as maiorías absolutas non dan patente de corso para que o PP destrúa os dereitos conseguidos tras tantos anos de loita laboral e social", explican dende a CIG. "Non podemos nen debemos parar contra esta barbarie. Ademáis, estánse a producir recortes nos servizos públicos esenciais, castigando deste xeito ás clases con menos recursos (recortes no Ensino, na Sanidade, "requetecopago" das receitas, etc.) Desde a CIG temos que volver a dar-lle unha grande resposta nas rúas. Temos que exercer a nosa dignidade tantas veces como sexa necesario con respostas masivas. Os traballadores/as non temos a culpa da crise que provocou a especulación do capital", conclúen.
En Barbanza, a CIG foi a única forza que celebrou manifestacións nos últimos 10 anos con motivo desta data. "Nesta ocasión temos moitos máis motivos para acudir", sinalan. Ao remate haberá aperitivos de confraternidade e música da terra.
Hubo un tiempo en que el IBEX estaba a 16.000 puntos y España iba a dominar el mundo. Está ahora por debajo de 7.000.
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, explicou os motivos que levaron á central a convocar manifestacións propias o día da folga
Ribeira, 26 de marzo de 2012. "Dende o primeiro momento en que na CIG decidimos promover a convocatoria de folga xeral en Galiza paro o día 29 de marzo, insistimos en que era importante que houbese unha resposta o máis ampla posíbel da clase traballadora galega, e mesmo das outras nacións do Estado, contra esta reforma laboral tan brutal, e nese sentido manifestamos a nosa disposición a pornos de acordo na data coas outras centrais sindicais, coas nacionalistas por suposto, pero tamén coas españolistas (CCOO-UGT), se finalmente tamén elas decidían convocar a folga. Despois de darlle moitas voltas, agardando a que o Goberno español lles abrise a porta a unha negociación da reforma, como iso non foi posíbel, estas dúas centrais sindicais decidiron convocar a folga xeral no Estado para o propio día 29 de marzo, o cal desde a CIG o valoramos como altamente positivo", explicaron dende a Confederación Intersindical Galega (CIG) esta mañá.
O sindicato ofreceu sete puntos para explicar as razóns de "facer ou non manifestacións conxuntas" o propio día da folga xeral, que son os que seguen:
1º.- A unidade sindical non depende de ir xuntos ou non ese día na manifestación, nin o éxito da folga tampouco, de feito xa temos a experiencia da folga xeral do 29 de setembro de 2010, no que tamén fixemos manifestacións por separado o propio día e cunha participación de xente realmente importante, das maiores de todo o Estado.
2º.- A unidade sindical contra a reforma imos ter que construíla no día a día, empresa a empresa, convenio a convenio, para evitar que a mesma se aplique e aí imos ver ata onde o sindicalismo españolista, CCOO e UGT, están dispostos a enfrontarse a patronal e a facer corpo coa CIG. Isto foi o que lle propuxemos como CIG, aos secretarios xerais de CCOO e UGT en Galiza, sen que lle conseguísemos sacar compromiso algún, fora de declaracións de boas intencións.
3º.- Hoxe xa temos diferenza a hora de enfrontar esta reforma, eles levan esperando semanas para que o Goberno os chame a negociar a reforma, para dulcificala e intentar facela vendíbel socialmente, ao igual que fixeron coa reforma das pensións, pois ese é o seu modelo sindical e sen ese xogo do diálogo social aparente o seu modelo sindical perde sentido. O noso posicionamento chamando á folga xeral é o de esixir a retirada da reforma, pois é evidente que nin esta nin outra reforma van crear emprego, o único que busca este goberno, ao igual que o anterior coas reformas que fixo, é facilitar o despedimento, desregular o mercado laboral e debilitar e desorganizar á clase traballadora.
4º.- Cómpre non esquecer que estas dúas centrais sindicais veñen, e van seguir si lles deixan, facendo unha política permanente de pactos co poder político e económico, mesmo aquí en Galiza coa Xunta do PP, pactos e acordos que están contribuíndo a recortar dereitos, a rebaixar salarios, a aumentar a idade de xubilación, a abaratar o despedimento, a incrementar os beneficios das empresas vía subvencións con fondos públicos, a flexibilizar as condicións de traballo nas empresas ou a centralizar e burocratizar a negociación colectiva e a desmobilizar á clase traballadora, facilitándolle así ao capital a saída á crise económica.
5º.- Na CIG levamos anos enfrontados a este modelo sindical entreguista e de colaboración co poder, facéndolle ver a clase traballadora galega que nós representamos un modelo sindical distinto, tanto desde o punto de vista de defensa dos intereses de clase como de defensa dos nosos intereses e dereitos como parte que somos da nación galega. Isto foi entendido, e está sendo entendido, por un número cada vez maior de traballadores e traballadoras galegas, e así se pon de manifesto na participación nas nosas mobilizacións e tamén no feito de ser a primeira central sindical de Galiza en afiliación, con 75.000 afiliados/as. Pero todo isto conseguímolo a base de moito sacrificio, de dar a cara nas empresas por parte dos nosos afiliados e dos nosos delegados e delegadas, de arriscarse mesmo a ser despedidos nos procesos electorais, sufrindo o silenciamento e a manipulación de moitos medios de comunicación, mentres outros, gozaban de todo tipo de facilidades e apoio por parte das administracións públicas e da patronal, sen ruborizarse e sen preocuparse pola CIG.
6º.- Se avaliamos mesmo o que está a ocorrer coa convocatoria de folga xeral, os representantes destas dúas centrais sindicais, de momento, só están facendo a convocatoria da folga a través dos medios de comunicación e en algunha gran empresa, quen realmente está a traballar de forma masiva a convocatoria nos centros de traballo e na rúa, ao igual que sucedeu na folga do 29 de setembro de 2010, somos nós a CIG.
7º.- Non parece pois oportuno que unha vez conseguido o importante, que todos convoquemos a folga xeral o mesmo día, vaimos máis alá aparecendo todos xuntos nunha mesma manifestación, dando imaxe dunha unidade sindical que non é real, na que a CIG imos quedar integrados na imaxe e obxectivos destas dúas centrais sindicais, que van querer quitar rédito sindical, xestionando e utilizando o resultado da folga e das manifestacións para as súas negociacións co Goberno. De feito, as direccións estatais de CCOO e UGT, en ningún momento se dirixiron as outras centrais sindicais máis representativas no Estado, caso da CIG, ELA ou LAB, para falar da contestación á reforma laboral, da convocatoria da folga, de cal ía ser a reivindicación a facer (se retira ou negociación da reforma), de que facer contra a reforma despois da folga xeral, etc. Nós, como central sindical, non podemos aceptar este tipo de actitudes, por unha cuestión de respecto e de dignidade.
8º.- Por último, a unidade sindical, a loita contra a reforma laboral e por outro modelo produtivo e económico, ten que darse nos centros de traballo, nos convenios colectivos, aí e onde imos comprobar ata que punto é posíbel pórse de acordo con estas dúas centrais sindicais a hora de pactar alternativas e enfrontarse á patronal, esa é a verdadeira unidade que lle interesa á clase traballadora e que ata agora, en xeral, non existiu, pois temos prácticas sindicais e visións de como enfrontármonos á crise económica moi diferentes. En calquera caso, o importante nestes momentos, é conseguir que a folga xeral sexa un éxito, que ese día as rúas sexan un clamor popular contra esta reforma laboral e para esixir dos gobernos outras políticas económicas e laborais favorábeis aos intereses da maioría social. Como sempre, nese traballo os da CIG imos estar á cabeza da contestación social, coas nosas propias mensaxes e alternativas, orgullosos do que somos, sen confusións nin ambigüidades.
Horarios das manifestacións que terán lugar nas diferentes cidades e vilas galegas no día da folga xeral, 29 de marzo. A mobilización central será en Vigo e nela participará o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.
Ribeira: ás 12.45 horas na Praza do Peixe
Vigo: ás 12.00 horas dende o cruce da Doblada
Lugo: ás 12.30 horas dende o parque de FRIGSA
A Coruña: ás 12.00 horas dende a Praza de Vigo
Vilagarcía: ás 12.00 horas dende a Casa do Mar
Compostela: ás 12.30 horas dende a Praza Roxa
Cee: ás 12.00 horas diante do Concello
Pontevedra: ás 12.00 horas dende a Praza da Ferrería
Foz: ás 19.00 horas na Casa do Concello
Ferrol: ás 13.00 horas dende a Avenida de Esteiro (local da CIG)
Xinzo de Limia: ás 11.30 horas na Praza do Concello
Ourense: ás 12.00 horas desde o pavillón dos Remedios
Pilar Farjas é a conselleira de Sanidade do goberno actual da Xunta
Barbanza, 20 de Nadal de 2011. Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública queren facer chegar ao Parlamento de Galicia o rexeitamento aos recortes e privatizacións dos servizos sanitarios que está levando a cabo o goberno da Xunta de Galicia, algunha de cuxas medidas pretender pór en marcha a través dos Orzamentos da CCAA do ano 2012. Por este motivo a Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha concentraciónmañá, dia 21 de decembro, ás 5 da tarde diante do Parlamento de Galicia, aos representantes das Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e as organizacións que a integran coincidindo co debate da Lei de Acompañamentodos orzamentos sanitarios para o próximo ano, diante do Parlamento de Galicia (para a que se solicitou autorización legal). Na concentración a Plataforma fará entrega aos parlamentarios dunha bolsa de supervivencia que deberan levar aqueles enfermos que sexan hospitalizados nos centros públicos, se sae adiante a estratexia do presidente Núñez Feijóo de facer pagar os servizos de comida, limpeza, hixiene, etc. Chamamento aos veciñosAínda que á mesma están convocados representes das Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública e das organizacións que integran SOS Sanidade Pública, fan estensivo o chamamento a todos os cidadáns que queiran a que se engadan á mesma, dado que os recortes e privatizacións afectarán gravemente a todos os galegos/as e aos residentes nesta autonomía con lingua propia.
Ribeira, 19 de Nadal de 2011. Mañá martes, día 20 de decembro de 2011, de 11:15 a 11:45 horas, terá lugar unha manifestación arredor do IES Leliadoura pola defensa do Ensino Público.Trátase dunha medida acordada por unanimidade polo Consello Escolar do centro, que no seu momento xa informou ao Subdelegado do Goberno da provincia de A Coruña para solicitar o devandito permiso.
Non cubren prazasO obxecto da concentración é a defensa da Educación Pública e demandar da Consellería de Educación que se cubra a praza do profesor/a de Pedagoxía Terapéutica, e o profesorado necesario (2 como mínimo) para cubrir a atencións ao alumnado con dificultades (apoio), gardas de rede (mantemento de ordenadores), gardas custodias de transporte, biblioteca, desdobres para atención do alumnado nos laboratorios de Física e Química e Bioloxía, ...Como medida de seguridade establecerase un servizo de orde, convenientemente identificado, integrado por persoas do Instituto.
Ribeira, 4 de abril de 2011. Hoxe concentráronse na porta do Hospital da Barbanza os integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca da Barbanza. Segundo explicaron, queren "evitar a intención da Consellería de Sanidade de privatizar o Servicio de Diálise do centro, e adxudicarlle a súa xestión a unha Fundación totalmente privada. Se esto ocorre, os doentes-usuarios deste servizo serán atendidos en condicións inferiores ás prestadas na actualidade cun servicio dependente o 100% do Servicio Galego de Saúde".
Dende a Plataforma, que está integrada por diversas asociacións plurales da comarca da Barbanza, Sindicatos e Partidos Políticos, teñen pensado realizar máis mobilizacións para acadar os seus obxetivos, sendo o fundamental a loita frente a privatización.
Sinaturas a prol dos celadores no Sergas este martes 5
O Comité de Empresa do Hospital da Barbanza presentará, mañá 5 de Abril ás 11 horas no Rexistro Xeral do Sergas, as reclamacións recollidas entre a poboación do Barbanza para reclamar a dotación de Celadores para este centro hospitalario xa que, xunto a Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, son os únicos centros do Sergas que non contan con esta categoría polo que as funcións de este colectivo as asumen o resto de profesionais do Hospital.
Dende o Comité se fai o chamamento ao Sergas para que non discrimine aos usuarios desta comarca xa que o Hospital do Barbanza non ten a mesma dotación de categorías que o resto dos Hospitais da rede Sergas.
LAGE TUÑAS: “ O PP ESTÁ ENSAIANDO NO HOSPITAL DO BARBANZA A PRIVATIZACIÓN E EXTERNALIZACIÓN DOS SERVIZOS DOS HOSPITAIS COMARCAIS ” -O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe á localidade de Ribeira par participar concentración diante do hospital para defender a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza pero “sin privatizalo”. -”O Partido Popular está preparando a privatización do servizo de diálise, e non imos a quedar calados." asegurou José Manuel Lage. -”Vese con claridade que o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar polos servizos públicos” explicaba José Manuel Lage.Ribeira, 4 de abril de 2011. O portavoz de Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage participou hoxe na concentracion de protesta contra a posible privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza.Lage Tuñas dixo hoxe que “o PP está ensaiando no hospital do Barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais ”. A concentración de protesta foi organizada polo comité de empresa do hospital do Barbanza e pola plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza. O deputado socialista leva xa presentadas varias iniciativas parlamentarias en defensa da calidade asistencial do hospital do Barbanza e da mellora dos recursos económicos e de persoal neste centro hospitalario.O Comité de Empresa do Hospital do Barbanza daba conta fai días da visita de técnicos dunha entidade privada para coñecer o funcionamento actual do servizo de diálise do complexo hospitalario asentado en Ribeira (A Coruña) co obxecto de facerse cargo da xestión do citado servizo.O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe á localidade de Ribeira par participar concentración diante do hospital para defender a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza pero “sin privatizalo”.“Posto que foron os propios responsables do SERGAS os que deron crédito á posibilidade de que unha fundación privada se faga cargo dun servizo público do hospital, os socialistas galegos aquí estamos para defender o servizo público sanitario e a ampliación do mesmo para evitar que os cidadáns da comarca teña que desprazarse ao hospital a Santiago” explicou hoxe José Manuel Lage, deputado socialista no parlamento de Galicia.O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe á localidade de Ribeira par participar concentración diante do hospital para defender a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza pero “sin privatizalo”.”O Partido Popular está preparando a privatización do servizo de diálise, e non imos a quedar calados." asegurou José Manuel Lage ao tempo que engadiu que “ vese con claridade que o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar polos servizos públicos”
Barbanza-Noia, 4 de abril de 2011. A Coordinadora Galega pola Paz organiza este xoves, 7 de abril, unha concentración en Santiago baixo o lema "Pola paz, non á guerra", con moitivo da intervención do noso país na guerra en Libia. Comeza ás oito e media do serán. Estarán, entre outros persoeiros, Uxía Senlle, e lerán un texto de Antón Reixa (director de cinema, ex Resentidos).
Organiza:
Seminario Galego de Educación para a Paz FUNDACION CULTURA DE PAZ www.sgep.org Tfno: 981-554053 Rúa do Valiño 13-1º 15703- SANTIAGO DE COMPOSTELAManifesto:
Pola paz, non á guerra
As persoas que hoxe respondemos á chamada da Coordinadora Galega pola Paz, o facemos para manifestar publicamente a nosa oposición á guerra, ás guerras como maneira de resolver os conflitos.
A guerra, o belicismo, a cultura da violencia, o terror, non significan a continuación da política por outros medios, como dicía Carl von Clausewitz, senón o fracaso da política, o fracaso da diplomacia, o fracaso da palabra, o fracaso da humanidade.
As guerras son sempre xustas para aqueles que as inician. Os agresores, sexan quen sexan, énchense de razóns para xustificar as súas accións militares. Todas as guerras buscaron sempre a compracencia da cidadanía, a súa parálise, a inacción, cando non a súa complicidade. Sen a complicidade ou a parálise da poboación, sen a silencio dos pobos, o delito de silencio, as guerras non son posibles.
En todas as guerras a primeira vítima é sempre a verdade. As mentiras están na orixe dos conflitos armados. E os bandos enfrontados menten, menten máis que falan, menten cando non din a verdade, ou cando a contan a medias. A propaganda e a manipulación anulan á información. E a mentira trunfa.
A intervención militar occidental en Libia está chea de cinismo, de hipocresía e de mentiras. Ninguén nega que a Resolución 1973 do Consello de Seguridade sexa legal. Ou que a decisión de apoiar a intervención do Parlamento Español non sexa maioritaria, coas honrosas excepcións do BNG e de IU. Son legais. Sen embargo, a súa lexitimidade, a súa xustiza, non están tan claras. Como tampouco o están os intereses secretos e non confesados dos intervintes.
Non podemos ser xuíces e parte nos conflitos armados. Non debemos esquecer que o Consello de Seguridade está formado polos estados que son os principais vendedores de armas do mundo. Tamén por aqueles que teñen enormes intereses económicos e xeoestratéxicos en Libia, particularmente Francia, Italia e o Reino Unido. Libia é, ademais, o segundo provedor de petróleo e gas do Estado Español. A participación española na guerra costa ás arcas do estado, a todas e a cada un de nós, 1 millón de euros ó día. Como podemos ver, neste caso, o déficit está ben xustificado, as guerras non contan, son un gran negocio, para algúns, para os mercadores da morte.
Os mesmos que, ata hai un mes, vendíanlle armamento convencional sen límites a Gadafi, os mesmos que o paseaban polas cancilerías e o presentaban como un actor principal no Mediterráneo, son agora os que aborrecen do ditador e o cualifican de asasino do seu propio pobo, merecedor polo tanto de detención e xuízo no Tribunal Penal Internacional, corte aínda non recoñecida, por certo, polos EE.UU.
Gadafi non é precisamente un modelo de gobernante democrático. Desde logo non o é máis que Mubarak en Exipto ou Ben Ali en Túnez. Como tampouco o son moitos gobernantes da rexión, algúns deles aliados da Coalición de Voluntarios. Como tampouco o é Mohamed VI de Marrocos, os príncipes dos estados do Golfo ou Arabia Saudita, por citar só a algúns.
¿Como non imos compartir o dereito a protexer á poboación civil?. Claro que si, mais en todo o mundo, non só en Libia e só dun bando. Para impoñer o dereito de protección non é necesario atacar militarmente a un estado soberano. Para impoñer a exclusión aérea non é necesario converterse no brazo armado dunha das partes no conflito, armala e asesorala, calada ou abertamente.
En Barheim, onde por certo existe unha base USA, tropas de Arabia Saudita interviron militarmente con extrema dureza non para protexer á poboación civil, senón para asegurar ó réxime monárquico que actuaba contra do seu propio pobo. Curiosa forma de impoñer o dereito de protección precisamente contra da poboación civil. En Gaza, por exemplo, os bombardeos do goberno sionista de Israel, contra da poboación civil son constantes e reiterados, vulnerando tódalas resolucións de Nacións Unidas, diante da total pasividade da comunidade internacional. ¡Canto cinismo, canta hipocresía!.
Non, así non se protexe. Non, así non se resolven os conflitos. Non, así non garantimos a paz e a seguridade.
Son moitas as mentiras. Son moitas as medias verdades no caso da guerra en Libia. ¿Quen pode crer o repentino entusiasmo de Sarkosy, Cameron ou Berlusconi polos dereitos humanos, a poboación civil libia ou a axuda humanitaria?. O cheiro a petróleo é abafante…
Todos sabemos que non se esgotaron as medidas de presión económica e diplomática previas. Tampouco se buscou o dereito de protección sobre a base da interposición de forzas da ONU para procurar un alto o fogo real e multilateral. Nin se propiciaron acordos políticos sobre a base da democracia representativa. O penoso papel do Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-Moon, neste conflito, evidencia o seu sometemento absoluto ós poderosos e á industria do petróleo e do armamento.
Rematar canto antes os ataques aéreos, interpoñer de inmediato forzas de vixianza de paz das Nacións Unidas, retomar o papel da diplomacia, garantir un tránsito pacífico sobre a base do diálogo entre as partes, deberan ser os obxectivos da comunidade internacional.
Non podemos seguir lexitimando a guerra e a violencia. Nin tampouco a partición do Estado Libio, nin a apropiación das súas riquezas petrolíferas e gasísticas por parte de Occidente, nin a tutelaxe política da súa cidadanía.
As persoas que hoxe estamos aquí, convocadas pola Coordinadora Galega pola Paz, reiteramos que a democracia non se impón con bombas e misís, que as matanzas non se evitan provocando novas masacres. Que o dereito de protección non pode materializarse sobre a base da xeralización da guerra e da violencia.
Sobran as razóns. Estamos cargados de argumentos para seguir a berrar, unha e outra vez:
O PP rexeita unha iniciativa socialista para restituír as axudas de 557€ ás mariscadoras. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira dixo que Feijóo "condena á miseria a un grupo de mulleres despois dunha vida chea de traballo no mar".
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar a Xunta, mediante unha moción, que con caracter de urxencia se restitúan as axudas de 557 euros ás mariscadoras que, cumpridos os 65 anos, necesitan seguir cotizando ao Réxime Especial do Mar, para complementar o período mínimo que dá dereito a unha pensión contributiva da Seguridade Social. A proposta foi rexeitada polo PP. A portavoz de Pesca enviou unha mensaxe de apoio as mariscadoras que se manifestaban hoxe as portas do Parlamento para reivindicar os seus dereitos, e amosou a solidariedade do PSdeG con todo o colectivo. Soneira dixo que a política de Feijoo condena á miseria a un grupo de mulleres despois dunha vida chea de traballo no mar. Lembra que a Xunta retirou una axuda mensual de 557 euros para as mariscadoras que foi aprobada na pasada lexislatura.“Quen é mais igual Señora Conselleira –preguntou dende a Tribuna da Cámara- as mariscadoras de mais de 65 anos que non teñen dereito a esta axuda, ou os medios de comunicación que cobraron da súa Consellería perto de 3 millóns de euros na organización de campañas informativas?”, espetou. E insistiu “ quen é mais igual ou os seus amigos da Confraria de Cambados?”, replicou. Explicou que a normativa vixente establece, como norma xeral, o cese da actividade no mesmo día en que, as mariscadoras, cumpran os 65 anos de idade. Nese momento dáselles de baixa no correspondente censo e, en consecuencia, non se lle revalida o Permex que lles autorizaría a seguir faenando. As persoas que se atopan nesta situación deberán solicitar a correspondente pensión de xubilación da Seguridade Social. Soneira replica que se trata dun colectivo moi pequeno, composto por mulleres que non teñen máis fonte de ingresos que os procedentes desta actividade e que, de non xerar as cotizacións necesarias para ter dereito a percibir unha pensión contributiva da Seguridade Social, están abocadas a sobrevivir cunha pensión non contributiva ou compartir a pensión do seu marido nos casos en que estean casadas.Neste punto a parlamentaria socialista loubou o traballo impulsado na pasada lexislatura neste asunto. Explicou que daquela quedou patente a indefensión e desprotección económica na que se atopaban centos de mariscadoras que superaban os 65 anos de idade e que non podían recibir ningún tipo de retribución pública alternativa pola vía das prestacións da Seguridade Social. Por iso se publicou a Orde de 8 de agosto 2007 (DOG 155 do venres 10 de agosto de 2007) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para que as mariscadoras a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización o réxime especial dos traballadores do mar co obxecto de conseguir pensión de xubilación. Nese mesmo ano publicouse a Orde do 30 de novembro onde se convocaban as axudas para o seguinte exercicio económico.
Detección de biotoxinas
Por outra parte a portavoz de Pesca tamén interveu anteriormente, trala comparecencia da Conselleira do Mar na que explicou que a Xunta vai recorrer o regulamento comunitario no método de análise de biotoxinas en moluscos. A deputada do PSdeG Marisol Soneira lembrou que o Goberno Central xa vai recorrer o novo método, e preguntou polo percorrido que terá esta iniciativa da Conselleira do Mar. Ademais rexeitou oporse a un método que asumen os países máis desenvolvidos de Europa para a análise das biotoxinas, tras coñecer que o Consello Regulador do Mexillón de Galicia defende a tese contraria á Xunta.
O BNG RECLAMA QUE O GOBERNO ADOPTE MEDIDAS “URXENTES” PARA DEFENDER A FROTA PESQUEIRA GALEGA E OS POSTOS DE TRABALLO
Ribeira, 26 de Febreiro, 2011. A primeira mobilización contra a reducción de capturas imposta pola Unión Europea á flota pesqueira galega rexistrou hoxe a celebración dunha gran mobilización social na localidade de Ribeira na que participou activamente unha representación de deputados, cargos institucionais, candidatos/as ás alcaldías e militantes do Bloque Nacionalista galego.
Os deputados do BNG, Ana Pontón e Bieito Lobeira e as candidatas ás alcaldías de Riberia e A Pobra, Dominga Brión e Rosana Pérez manifestaron o seu apoio ao sector pesqueiro galego e denunciaron “a indolencia” do Goberno do PP dirixido por Alberto Núñez Feijoo ante a decisión da Unión Europea de reducir as capturas á frota pesqueira galega.
Neste sentido, a candidata á alcaldía de Ribeira, Dominga Brión afirmou que é preciso que a “Xunta de Galiza adopte medidas urxentes para frear unha decisión que deixa a nosa frota sen futuro” e convidou á cidadanía galega a participar e apoiar a mobilización social contra decisións negativas e contrarias ao desenvolvemento económico de Galiza.
Pola súa parte, o deputado e portavoz de pesca do BNG, Bieito Lobeira reclamou que o Goberno galego e o Goberno central se posicionen dunha “maneira contundente” contra as medidas impostas pola Unión Europea que –ao seu xuízo- “só están destinadas a reducir a capacidade da nosa frota e a destrucción do sector da pesca galega”.
Lobeira reclamou o incremento das cotas pesqueiras para Galiza e reiterou que non existe “ningún estudo científico” que confirme “escaseza de peixe” e por tanto, -dixo- estas medidas responden a decisión políticas e económicas.
O parlamentario nacionalista avanzou que o BNG seguirá rexistrando iniciativas no Parlamento galego e no Congreso en defensa da flota pesqueira.
Cartel da concentración
Actualización 24 de febreiro:
O Sálvora coa pesca
Todo o clube lucirá crespóns brancos como sinal de unión cos mariñeiros
"O vindeiro sábado 26 de febreiro o Sálvora C.F. vaise a unir á manifestación contra o recorte a cota do lirio, polo gran prexuízo que vai a supoñer para a nosa cidade", explican dende este colectivo deportivo no seu blog.
Todas as categorías do Sálvora levarán nos seus partidos lazos blancos para manifestar o rexeitamento a este recorte nas capturas realizado pola Unión Europea. Ademais, ás 11:15 horas, antes da celebración dos partidos da categoría benxamín os rapaces do Sálvora C.F, que van xogar a continuación os seus partidos no Campo Municipal de A Fieiteira, sairán ao campo cunha pancarta onde se porá de manifesto o rexeitamento a esta medida.
Actualización 23 de febreiro:
O Bng reuniuse co sector pesqueiro ribeirense afectado polo recorte de cotas do lirio
Ana Miranda, representante do BNG no Parlamento Europeo, acudíu este martes 22 de febreiro á xuntanza que o BNG mantivo cos representantes do sector pesqueiro afectado polo recorte de cotas do lirio. Á reunión tamén acudiron a Responsábel Comarcal da Barbanza, Dores Torrado, e a voceira municipal e candidata á alcaldía de Ribeira, Dominga Brión.
Ana Miranda presentou sendas iniciativas, diante da Comisión Europea e do Consello de Ministros para que modifique a proposta de recorte, realizando un tratamento xusto desta especie que non foi avaliada correctamente no caladoiro galego.
Os ministros de Pesca da Unión Europea adoptaron medidas sobre as condicións de pesca da nosa frota, nunha recente reunión para fixar os topes autorizados de captura e cotas para as diversas especies neste ano de 2011. Estas medidas poden conducir á inviabilidade e ao desmantelamento dunha parte moi importante do sector pesqueiro galego.
Os acordos foron tomados co voto favorábel do Goberno español que contou, en representación de Galicia e outras partes do Estado, coa Comunidade Autónoma de Extremadura. "Unha vez máis, Galicia, potencia pesqueira en Europa, sen voz, sen voto nin veto para facer valer os seus intereses nos foros nos que se toman as decisións que nos afectan. E se este ano tocoulle a Extremadura a nosa representación, o ano pasado foi Castilla-León e o anterior Castilla-La Mancha, e sempre con consecuencias devastadoras para Galicia", explican os nacionalistas.
As cotas de captura de especies de maior interese para a frota pesqueira galega reciben, sen apoio dun estudo científico ou de razóns explícitas e fundamentadas, uns recortes absolutamente brutais. É o caso do lirio cunha redución do 93% a respecto do ano 2010, con 824 toneladas a repartir entre os 93 buques que compoñen o que queda da frota de arrastre litoral. Non estabelece diferenzas entre o Norte de Europa e o Sur, esquecendo de xeito intencionado que a inmensa maioría das capturas son realizadas por frotas do norte de Europa e destinadas a fariña de peixe.
No caso do Gran Sol, as reducións afectan ao rapante, á cigala e á rabada; e nas nosas augas ao xurelo e á xarda. E, en relación coa pescada, o incremento obtido é insuficiente, tendo en conta tanto a abundancia no noso litoral, a necesidade da nosa frota pesqueira, tanto de baixura como de arrastre litoral, e a vixencia do “Plano de recuperación da pescada”. Con isto vai ser difícil manter a viabilidade deste sector produtivo este ano de non adoptar medidas urxentes en defensa da frota galega. É posíbel que numerosos barcos pesqueiros teñan que amarrar ou optar polo seu despezamento, aparellando a perda de postos de traballo no mar e indirectos en terra, ademais da degradación das condicións de traballo.
Por outra parte, o Bng sostén que "o Goberno galego incumpriu o acordo unánime do Parlamento de Galicia de setembro pasado, a iniciativa do BNG, relativo á posta en marcha de medidas urxentes para garantir a viabilidade da frota pesqueira galega, diante das restricións e prohibicións de capturas impostas pola Unión Europea. E tamén son decepcionantes as avaliacións do Goberno do Estado e o papel xogado polos seus representantes na reunión de ministros de Pesca da Unión Europea. Resulta difícil comprender tanta capacidade de encaixe de decisións negativas para con Galiza e a asunción de tanta discriminación, procedan de Madrid ou de Bruxelas, que son a mellor proba da inacción que practica sen complexos o actual goberno do Partido Popular".
Ribeira, 19 de febreiro de 2011. A Casa Consistorial acolleu no mediodía de hoxe unha reunión presidida polo alcalde José Luis Torres Colomer, para abordar a preocupante redución da cuota do lirio ou bacaladilla nun 93% para o caladoiro do Cantábrico e Noroeste.
Esta xuntanza contou coa participación dos voceiros dos catro partidos políticos con representación municipal en Riveira (PP, BNG, PSOE e IPdR), a Asociación de Empresarios de Ribeira, a Asociación de Amas de Casa de Ribeira e o propio sector, representado nela pola Cooperativa do Mar Santa Eugenia, a Asociación de Armadores de Arrastre de Ribeira, a Cofradía de Pescadores de Ribeira e a Asociación de Compradores e Exportadores de Ribeira.
Tras unha hora de reunión, os presentes acordaron celebrar unha mobilización en Ribeira o vindeiro sábado, día 26 de febreiro, ás 12 do mediodía, ao entender que non se ve unha solución clara a curto prazo para este problema, o que redunda nun gran prexuízo para toda Galicia e moi especialmente para o porto de Santa Uxía. O obxectivo da mobilización será demandar ás autoridades competentes que os buques poidan seguir pescando esta especie e que se revise a cuota de 824 toneladas por non verlle á mesma sentido ningún.
Tanto os participantes na xuntanza de hoxe como outros representantes de colectivos que tamén poidan estar afectados van celebrar este luns día 21, ás 13 horas, unha nova reunión para planificar a estratexia a seguir e os traballos a desenvolver de cara a esa mobilización, na que se pretende que se sume non só todo o pobo de Riveira senón todos aqueles que en Galicia se vexan prexudicados polo tema do lirio.
A Pobra do Caramiñal, 18 de novembro de 2010. O Partido Socialista local anima a todos os pobrenses e barbanzanos a acudir á manifestación a prol da Sanidade Pública que terá lugar este domingo 21 de novembro en Santiago de Compostela. Segundo a agrupación socialista local, "os continuos recortes e o camiño á privatización á que nos conduce este goberno son unha boa razón para acudir este domingo a esta mobilización pola defensa da sanidade pública".
A nota íntegra:
"Todos somos coñecedores, e tamén sufridores, dende a chegada do PP ó Goberno da Xunta que a súa política caracterizouse por un ataque sistemático ós servizos públicos da nosa comunidade.
En sanidade non só se recortaron por primeira vez os orzamentos senón que se pecharon os quirófanos pola tarde, se incrementou a lista de espera, recortouse persoal dos centros, volveron os contratos vasoira, e para rematar están a hipotecar o futuro da sanidade pública galega ca privatización da construción e xestión dos hospitais de Vigo e Pontevedra, así como dos novos centros de Saúde.
Consideramos un fracaso a política da Consellería de Sanidade que fai que mes a mes sexan máis os galegos que esperan por unha intervención e unha consulta. Tras un ano a lista de espera incrementouse mais significativamente nas especialidades que teñen mais patoloxías malignas e de gravidade, tales como as especialidades de neurociruxía, ciruxía maxilo facial, xinecoloxía. E non se mellorou nada en ciruxía cardíaca nin en cirurxía xeral.
Maquillaxe de datos
Por outra banda a Consellería maquillou os datos incrementando a lista de espera non estructural, a que non se publica, polo que cada mes máis pacientes están na lista de espera non estructural.
Os pacientes que son derivados ós centros concertados son retirados da lista de espera o mesmo día que aceptan a súa intervención aínda que tarden 2-5 meses en ser intervidos neses centros. Esta é outras fórmulas estadísticas son as que están a manexar dende a Consellería para maquillar os resultados na xestión das listas de espera.
En estes momentos mais de 120.000 galegos están esperando por unha proba diagnóstica sen que o Goberno do Sr. Feijoo faga nada para solucionar este problema. Mais de 92.000 están recoñecidos na páxina Web oficial da Consellería e son moitos os centros e axendas de probas que están pechadas. Isto o poden comprobar día a día centos de galegos e galegas que se acercan os mostradores dos centros hospitalarios con unha solicitude de proba diagnóstica e obteñen como única resposta que entregan a solicitude e que xa se lles avisará por teléfono sobre o día o lugar e a hora na que esa proba será realizada, salvo os pacientes neoplásicos coñecidos que se lles da cita directa no mostrador.
As consecuencias desta política sanitaria afecta de xeito importante a:
Abandono do Plan de Saúde Mental, do Plan de Drogodependencias e da atención sociosanitaria.
Anuncio do peche dos servicios de radioloxía de urxencias nos hospitais comarcais para concentralos nun so centro, apartando aos pacientes dos especialistas, limitando a realización de ecografías e substituíndoas por TACs, máis caros e que someten a radiación innecesaria ao paciente, así como a imposibilidade da realización de radioloxía intervencionista.
Déficit de persoal especializado en xinecoloxía no hospital do Barbanza, polo que a falta de xinecólogos esperamos non teña consecuencias dramáticas para as mulleres.
Están a recorrer a colaboración público - privada para a construción de novos centros de saúde o que lle proporcionará unha importante baza electoral de cara ás próximas eleccións pero os sobrecustes van pagalos as futuras xeracións.
Tanto deterioro proporcionaralle a xustificación para introducir o copago, acabar coa universalidade da oferta sanitaria pública e privatizar boa parte do sistema.
Por todo iso recomendamos asistir á MANIFESTACIÓN contra a privatización e a defensa da sanidade pública do próximo domingo día 21, as 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela".
Noia, 17 de novembro de 2010. O BNG de Muros e Noia, por medio das deputadas Ana Luísa Bouza e Ana Belén Pontón, vén de presentar unha pregunta parlamentaria onde se interesa polo estado dos servizos de atención sanitaria que lle afectan á poboación da comarca.
Na presentación da iniciativa a deputada Ana Luísa Bouza e o responsable comarcal, Manuel González, indicaron que a Consellería de Sanidade "non prevé ningunha acción específica de mellora dos centros de atención primaria existentes nos seis concellos da comarca, nin tampouco no Punto de Atención Continuada (PAC)". Do mesmo xeito, denunciaron a paralización por parte do actual goberno do Plan de Mellora de Atención Primaria que lanzara o anterior goberno e que tiña como obxectivo incrementar os medios humanos e materiais nos centros de atención primaria e dese xeito evitar o desvío de casos aos centros de atención especializada. Tamén lamentaron o incremento nas listas de agarda no Centro Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) tanto para atención especializada como para operacións cirúrxicas. "Non podemos esquecer que os veciños de todos os concellos da comarca, agás Porto do Son que depende do hospital da Barbanza, se ven afectados polo empeoramento nos servizos do CHUS", indicou Manuel González. Así, a media de espera para cirurxia situase neste centro nos 96 días, 11 máis que en 2009 sendo especialmente grave nalgúns casos como en Pediatría (136,5 días) ou en Traumatoloxía (100,3 días). A agarda media para a atención especializada sitúase tamén nos 96 días.
Centro de saúde de Noia
Chaman á mobilización contra "política privatizadora do PP"
Ana Luísa Bouza indicou que a presente situación "é motivada polas políticas privatizadoras e a nula capacidade de xestión do goberno do Sr. Feijoo, que se preocupa máis en facer propaganda que en solventar os problemas cidadáns".
Finalmente, os representantes do BNG instaron á poboación da comarca a manifestarse este domingo 21 en Santiago de Compostela en defensa da Sanidade Pública e contra o que eles denominan "a política privatizadora do Goberno do PP".
Os traballadores e o comité de empresa, anoxados co alcalde de Ames, o socialista Carlos Fernández, "quen lonxe de disipar as dúbidas sobre o seu futuro sementou aínda máis indignación ao anunciar que non se compromete nin co plan de viabilidade presentado pola Mancomunidade do Barbanza nin coa planta de tratamento de residuos sólidos urbanos (RSU). En xogo están 150 postos de traballo". Saíron ás seis da mañá para facer unha marcha de protesta ata Compostela.
Lousame, 19 de outubro de 2010. A marcha, que coincidía cunha xornada de folga que foi secundada polo 100% do cadro de persoal, entrou en Compostela a mediodía e percorreu as rúas da cidade para rematar cunha concentración diante da consellaría de medioambiente. Alí e de forma simbólica, os traballadores depositaron paquetes de plásticos, papeis e outros materiais reciclados coa lenda “Isto é o que facemos nós”. Ao seu carón, dentro dun bidón, depositaron todo tipo de materiais que queimaron ante un cartel no que se lía “Isto é o que facedes vós”.Esta mobilización convócase logo de que os representantes dos traballadores mantiveran reunións cos grupos parlamentarios (agás o PP), coa Mancomunidade -que se comprometeu a presentar diante da empresa un plan para saldar a débeda acumulada, a 31 de decembro de 2012- e coa Dirección Xeral de Calidade e Desenvolvemento Industrial.
Porén as dúbidas mantéñense ao estar pendentes de solventar os problemas con ECOEMBES, unha sociedade sen ánimo de lucro constituída por fabricantes de envases que pagan un cánon anual destinado á recuperación dos envases que producen.
O financiamento da pranta, a diferencia dos contratos “típicos” de concesionario público, poderíase entender como semipúblico con respecto aos ingresos, xa que se factura en torno dun 60% á Mancomunidade e un 40% a recuperadores (ECOEMBES, ECOVIDRIO, etc.). O 40% que se factura aos recuperadores depende do mercado e dos convenios autonómicos (de feito, o máis importante deles, o de ECOEMBES, estase a negociar entre dito organismo e a Xunta; ECOEMBES intenta levalo á baixa).
ECOEMBES decidiu unilateralmente non recoller un 70% do film (envase lixeiro) recuperado na planta argumentando que esta é a porcentaxe de film non adherida ao seu sistema. Unha decisión que supón un grave problema para a viabilidade da planta, xa que se financia nun 40% através dos recuperadores, e deste xeito perde uns 650.000 € anuais, e ao mesmo tempo xera un problema medioambiental ao acumularse este material na planta sen saída.
Con esta mobilización esixíanlle á Xunta a súa implicación, para que a través da Consellaría de Facenda se implique e garanta que a aquel concello que non pague se lle retirarán as cantidades adebedadas á Mancomunidade para facer fronte aos pagos. Alén diso, demandan que desde a Consellaría de Medio Ambiente se solvente o problema con ECOEMBES e se vele pola viabilidade do modelo de tratamento de RSU do Barbanza, sobre todo cando é o que mellor funciona no noso país.
Cómpre lembrar que o pasado 29 de xullo Fomento de Construcións e Contratas, FCC, empresa que xestiona desde o seu inicio a pranta de tratamento de RSU de Lousame presentaba a solicitude de resolución do contrato actualmente en vigor por impago da Mancomunidade. A débeda recoñecida por impago do cánon mensual ascende na actualidade aproximadamente a 2.700.000 €. Os concellos máis endebedados son os de Ames, Carnota e Noia, aínda que hai concellos que están ao día no pago.
Alén disto, aínda está sen resolver definitivamente o conflito existente co polvorín situado nas inmediacións da planta que por sentenza do TSXG obriga ao derrube da mesma. Todo un cúmulo de circunstancias que poñen en perigo o futuro e a viabilidade da Planta de Lousame. posible.
Mancomunidade do Barbanza
A Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza está integrada polos concellos de Pontecesures, Ames, Lousame, Brión, Noia, Muros, Porto do Son, Carnota e Rois, cunha poboación global de 85000 habitantes. En 2003 decidiu establecer un sistema de recollida e tratamento dos Residuos Sólidos Urbanos destes concellos, de xeito autónomo e diferenciado. O lixo recollido é tratado na Planta de Servia (concello de Lousame), cun sistema de tratamento húmido-seco, con separación de catro fraccións de residuos : fracción inorgánica (inclúe os envases), fracción orgánica (para a elaboración de compost), papel-cartón e vidro.
Desde ese ano, a planta de Lousame funciona con total normalidade, acadando uns excelentes resultados como modelo de xestión de RSU, e cuns niveis de reciclaxe que a sitúan á cabeza do estado español como a mellor planta de reciclaxe. A propia Xunta recoñece o éxito do proxecto do Barbanza, coa planta de reciclaxe e compostaxe de Lousame, que acada unha valorización material total (VTM) do 66,2%, fronte ao 34,1% de Nostián e ao 8,1% de SOGAMA.
Igualmente, o modelo de Lousame sigue todos os criterios medioambientais establecidos na Unión Europea, fronte a enorme problemática que representa o modelo de SOGAMA.
Para Paulo Rubido, secretario nacional de CIG-Servizos, o problema estaría solucionado se a administración xestionara directamente a planta “asumindo o seu carácter de servizo público, no canto de outorgarlle a concesión a unha empresa privada, que ten como único obxectivo é obter beneficios”.
Vía GalizaCig Galería con máis imaxes da marcha (CC) aquí
Comentarios [0]