Preme para voltar á portada
Filed under

Mar Pesca

 

Boiro: organizan exposición e mesa redonda o mércores 8 sobre os oficios do mar ao longo do tempo

Boiro_o_faiado

Boiro, 1 de febreiro de 2012. Na asociación O Faiado 2 non paran de difundir a cultura galega, sexa do tipo que sexa. Desta volta tócalle á cultura marítima. O vindeiro mércores, 8 de febreiro, terá lugar unha mesa redonda sobre os oficios do mar ao longo do tempo e a continuación procederase a inaugurar unha exposición con este interesante asunto.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mar Pesca   O Faiado 2   exposición   mesa redonda  

Mar: Medio Rural ponse a venda antes da ferida e agora anuncia máis diálogo polos recurtes ás confrarías para faenar nas Illas Atlánticas

Fotos tomadas do FB de Xosé Luís Groveiro (Bng Ribeira)
  • Mariñeiros afectados, dende Aguiño ata Baiona, manifestáronse hoxe en Vigo, daí a réplica do departamento de Juárez
  • Nas vindeiras semanas seguirán a manter xuntanzas coas confrarías, a próxima está pechada para xoves, día 20
  • O borrador do PRUX, di a Xunta, "é un documento dinámico e integrador para avanzar no achegamento de posturas e lograr acordos sobre a base do respecto á actividade económica e o mantemento do ecosistema"

Ribeira, 15 de outubro do 2011.- A Consellería do Medio Rural acaba de anunciar nun comunicado que "reitera o diálogo, que mantén e seguirá sostendo, como fórmula para concordar os intereses das confrarías en harmonía coa conservación do medio no Parque Nacional das Illas Atlánticas".

A propia lei de declaración do Parque Nacional (Lei 15/2002) fixa como obxectivos, entre outros, os de protexer a integridade de ecosistemas ligados a zonas costeiras e á plataforma continental, así como promover e apoiar no interior do Parque as actividades compatibles coa protección do medio natural. Esta norma tamén determina que o Plan Reitor de Uso e Xestión (Prux) das Illas Atlánticas é un instrumento que é necesario dispoñer por normativa legal. Neste punto, hai que lembrar que a súa elaboración leva moitos anos de retraso.

Sobre este piar, ao longo deste último ano e medio, a Consellería do Medio Rural formulou, o borrador do Prux, que non é unha norma pesqueira, senón un instrumento de planificación que compatibiliza os usos pesqueiros e marisqueiros tradicionais coa preservación do medio natural e a biodiversidade, tal e como obriga a lei neste espazo protexido.

Non se prohíbe nada? Entón protestan por pracer?

Cómpre sinalar, di Medio Rural, "que non se prohibe ningunha das artes de pesca reguladas no Decreto de Artes de Galicia, nin se prohibe a extracción de ningunha especie pesqueira de interese comercial. En canto ao marisqueo, non se restrinxe en absoluto, unicamente debe cumprirse coa lexislación pesqueira. Non se restrinxe o marisqueo a flote con vara, nin o marisqueo de recursos específicos (nin a extracción de percebe, nin a de navalla, nin a de ourizo)".

Obxectivo integrador, disque


Con esta perspectiva, desde o departamento que dirixe Samuel Juárez sublíñase que o borrador non pretende perturbar a actividade pesqueira e marisqueira tradicional, senón harmonizalas coa conservación do Parque. Neste liña, esbózase o Prux, un documento dinámico e aberto, en fase de participación pública, cun obxectivo claramente integrador, para avanzar no achegamento de posturas e lograr acordos sobre a base do respecto á actividade económica da pesca e o mantemento do ecosistema.

Baixo este enfoque, a Consellería do Medio Rural segue a considerar como fundamental o diálogo, como mecanismo para abondar nos obxectivos que persegue o proxecto e poder entender as propostas dos interesados, coa finalidade de atopar puntos de encontro e solucións. Nesta liña de traballo conxunto, o departamento de Samuel Juárez lembra que nas vindeiras semanas seguirá mantendo xuntanzas coas confrarías para seguir estudando o proxecto. O próximo encontro está pechado para o día 20, na Consellería.

Antes, en Certo, anunciamos:

Mobilizacións para faenar en Sálvora: este sábado 15, de Aguiño a Vigo


Pesca: nada que facer en Sálvora e arredores



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Illas Atlánticas   Mar Pesca   Sálvora  

Ribeira: convocan mobilizacións dende Aguiño este sábado 15 de outubro contra o plan que impide faenar arredor de Sálvora

Ribeira, 10 de outubro de 2011. O 15 de outubro vai unha xornada de mobilizacións a nivel mundial. Mentres en España a nivel xeral búscase mellorar a democracia e en Estados Unidos loitar contra a especulación financieira que está a facer aínda máis desequilibrado o mundo, en Galicia, dende o sector do mar, van protestar polo recente plan rector de uso e xestión (Prux) que impedirá faenar -ou case- arredor do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A convocatoria está prevista para o sábado 15 ás 11 da mañá diante da sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas (rúa Eduardo Cabello sen número, en Bouzas, Vigo). Os convocantes, colectivos e asociacións relacionadas co mar e coa pesca de toda Galicia, buscan a defensa da pesca e dos postos de traballo de todos os que viven destas actividades na Ría de Arousa, Pontevedra, Vigo e "especialmente en Aguiño", segundo informaron dende a Asociación Francisco Lorenzo desta localidade ribeirense.

Haberá autobuses de balde para asistir dende Aguiño. Os interesados só teñen que anotarse na confraría de pescadores de Carreira e Aguiño ata este venres 14 de outubro. Máis información no 981 84 01 51.

Antes, en Certo:


Pesca: nada que facer en Sálvora e arredores

Outras leas nas que se mete a Consellería de Mar:


Pode que tamén lle interese:


Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Vexa a programación



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mar Pesca   mobilizacións  

Pesca: o Bng acusa a Mar de prohibir toda actividade pesqueira e marisqueira no Parque Nacional das Illas Atlánticas

  • En Ribeira inclúe os arredores da illa de Sálvora
  • O deputado de BNG engadiu  que mentres a Xunta permite “un campamento ilegal” na Illa de Ons, quer impedir o asentamento dos seus veciños

Media_httpfarm6static_csldm

Ribeira, 5 de outubro de 2011. O portavoz de pesca do BNG, Bieito Lobeira formulou onte unha pregunta en Comisión sobre a prohibición do exercicio da pesca e o marisqueo no ámbito denominado “Parque Nacional das Illas Atlánticas”. Na súa intervención, o nacionalista acusou á Consellería do Mar de manter “un dobre raseiro” por amosarse en contra dos asentamentos humanos na Illa de Ons e o tempo manter un “campamento xuvenil ilegal”.

O nacionalista afirmou que existen zonas nas que se prohibe a actividade pesqueira e marisqueira e noutras restrinxe as condicións de usos o que –na súa opinión- “non ten ningún sentido” xa que a propia consellaría do Mar ten establecido “ cupos de captura, topes e  vedas de especies reguladas”.

Trala resposta do Director de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón que afirmou a inexistencia de calquera prohibición para desenvolver a actividade pesqueira e marisqueira, o deputado do BNG afirmou que “o Partido popular considera o parque  como temático e incompatible coa pesca e o marisqueo” e reiterou que esta actividade desenvolvese na zona “desde hai séculos” e ten demostrado que poden convivir “a conservación da natureza coa actividade pesqueira e marisqueira”.

O deputado do BNG apelou tamén á conservación de miles de postos de traballo e a un caladoiro que representa o 60% da actividade que desenvolve a flota de baixura das Rías Baixas e acusou de “mentir” a García Borregón por afirmar que na actualidade non existen ningunha restrición na zona para a activade pesqueira e marisqueira. 

Antes, en Certo:


Sálvora: o alcalde pide que se deixe faenar como antes


Sálvora: 15 fondeos e 125 persoas



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Illas Atlánticas   Mar Pesca   Sálvora   bng  

Mar: o Psoe considera que a regulación dos pérmex do 15 de xullo é "un atentado á dignidade das mulleres traballadoras de Galicia"

  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira dixo que “tódolos seus artigo desprenden un arrecendo paternalista e discriminatorio descoñecido na lexislación española e autonómica dende fai moito tempo” 
  • A Xunta, pola contra, defende que esa normativa "promove a igualdade ao conceder permisos ás mariscadoras para coidar fillos e familiares"

Media_httpfarm4static_aqxaa

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interviu hoxe na Comisión 8ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre a Orde do 15 de xullo de 2011, pola que se regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé.

Soneira afirma que esta Orde “é un dos maiores atentados á dignidade das mulleres traballadoras”. Dixo que “tódolos seus artigos desprenden un arrecendo paternalista e discriminatorio descoñecido na lexislación española e autonómica dende fai moito tempo”.

A parlamentaria explica que nos seus 19 artigos e 8 disposicións hai "todo un compendio de prácticas que agochan o machismo solapado e o caciquismo como un criterio fundamental e determinante para o acceso ao pérmex". Advirte que a discriminación en función do modo en que se exerce o marisqueo, o clientelismo máis rancio e a intromisión da administración no goberno das confrarías e agrupacións de mariscadoras, e destas na asunción de trámites que deberan ser propios da Administración pública. 

Ademais asevera que esta Orde establece un baremo, para acceder ao pérmex, que, na situación económica e socio-laboral na que nos atopamos, lonxe de fomentar o acceso ao emprego das persoas en función de necesidades obxectivas, segue a fomentar o amíguesmo e o clientelismo como forma de acceder a un posto de traballo.


Click here to download:
pregunta violencia.PDF (109 KB)
(download)

A réplica da Xunta ás acusacións socialistas:

Mar promove a igualdade na orde que regula os pérmex ao conceder permisos ás mariscadoras para coidar fillos e familiares

O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños lembrou que a normativa incorpora as conclusións do último Encontro de Mariscadoras celebrado o pasado ano e recolle vellas demandas do colectivo

A Xunta persegue retomar a actividade marisqueira normal, crear emprego e frear o furtivismo co sistema de reinstalación de molusco procedente de zonas clasificadas como C

A Consellería do Mar está a traballar para tratar de manter e incrementar os postos de traballo da frota que faena no Cantábrico-Noroeste, como pasou o ano pasado

A Xunta apoiará todos os proxectos de produción de semente de bivalvo “sempre que sexan sostibles e viables nos eidos social, económico e medioambiental”

Santiago, 22 de setembro de 2011.- A nova orde que regula os permisos de explotación para o marisqueo a pé prevé a posibilidade de que as mariscadoras pidan permisos de ata tres años polo nacemento dun fillo ou por adopción ou acollida, así como dun ano para o coidado de familiares. O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández, dixo hoxe na comisión 8ª de pesca e marisqueo que isto pon de manifesto “que a Consellería é sensible aos problemas da sociedade actual e do sector marisqueiro a pé e persegue mellorar as condicións das mulleres que se ven inmersas en situacións que poden limitar o exercizo da súa actividade profesional”.

Fernández Asensio lembrou que a normativa ademais favorecerá ás vítimas de violencia de xénero que se vexan na necesidade de abandonar a súa actividade laboral para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral. Tal e como amosa o documento, a suspensión temporal poderá acordarse nestes casos por un período dun ano en función da sentenza xudicial e ata un máximo de 18 meses.

O director xeral subliñou que este documento recolle “as peticións do sector para a súa mellor organización” e que foi froito do diálogo en diferentes comisións de traballo e no VI Encontro de Mariscadoras celebrado en febreiro de 2010. Precisamente, unha das demandas do sector de a pé foi a renovación anual dos títulos administrativos habilitante, argumentando que o atraso desta renovación poderían darse casos de falta de implicación nas tarefas complementarias á propia actividade extractiva, tales como limpezas, traslados ou vixilancia..

O responsable de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños explicou ademais que esta diferenza con respecto ao marisqueo a flote ten sentido porque “está vinculado a una persoa física, a diferenza de o de a flote, que está ligado a unha embarcación, que é quen ten esta arte ou modalidade no seu pérmex”.

Reinstalación de moluscos procedentes de zonas C
Pola súa banda, a directora do Intecmar, Covadonga Salgado, insistiu en que a reinstalación de marisco procedente de zonas C permitirá recuperar a actividade normal e, polo tanto, normalizar os ingresos de todos os mariscadores que traballan nas 15 confrarías de toda Galicia que contan con bancos marisqueiros localizados en zonas catalogadas como C. “Galicia contará cunha zona de reinstalación por provincia”, asegurou e lembrou que este procedemento permite depurar naturalmente o molusco procedente destas áreas.

A directora do Intecmar subliñou que a Consellería persegue, con esta fórmula, “crear emprego e frear o furtivismo, xa que a rexeneración destas zonas dará cabida a novos mariscadores”. Cabe lembrar que esta fórmula permitirá poñer no mercado máis de 450 toneladas de marisco de calidade e garantía hixiénico-sanitaria e xerará arredor de 6 millóns de euros nas lonxas e para os mariscadores galegos.

Salgado informou ademais das garantías sobre este proceso de reinstalación xa que as mermas por mortalidade superior ao 10% serán aboadas, aínda que destacou que os resultados achegados polas mostras efectuadas amosaron que non se chega a ese porcentaxe. Asemade, subliñou que o produto sometido a esta reinstalación estará a disposición dos mariscadores en breve espazo de tempo e non supón ningún custe para os mariscadores galegos.

167 postos de traballo novos no 2010
Por outra banda, o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, informou do incremento de 167 tripulantes o ano pasado nos buques con porto base en Galicia que faenan no caladoiro do Cantábrico-Noroeste. Maneiro explicou que 1.050 tripulantes se deron de alta no Instituto Social da Marina durante o ano pasado, fronte aos 883 que se deron de baixa. Son os resultados da enquisa Ocupesca, elaborada pola Consellería sobre a poboación ocupada na frota galega que realizou a súa actividade en augas interiores de Galicia e no caladoiro nacional Cantábrico-Noroeste durante o ano pasado.
O responsable de Competitividade e Innovación salientou tamén que a maioría dos traballadores por conta allea, que son 5.841 persoas, gozan de contrato indefinido -un 61,7 %- fronte ao 33,85 que teñen contrato temporal. O director xeral asegurou que a Consellería do Mar “está a traballar intensamente para tratar de manter e incrementar os postos de traballo neste sector estratéxico para Galicia neste ano, a pesar das complicadas circunstancias ás que se enfronta o sector tralos recortes dos TACs e cotas establecidos pola UE para o presente ano 2011”.

Apoio á produción de semente de bivalvos
Por último, o director xeral fico fincapé en que a Consellería vai continuar apoiando decididamente todos aqueles proxectos empresariais da pesca, o marisqueo e a acuicultura, sempre e cando sexan sostibles e viables nos eidos social, económico e medioambiental, como é o caso de produción de semente de bivalvos. O director xeral subliñou que “se fará, como vén facendo dende o comezo da lexislatura, cun rigor extremo tanto na autorización de novas instalacións de produción coma no financiamento con fondos públicos deste tipo de instalacións”. Maneiro recalcou que se trata de actividades económicas e como tales deben desenvolverse con criterios “de eficiencia e eficacia económica e por suposto de rendibilidade”.

Maneiro sostivo que a achega de sementes de calidade é un dos factores clave no desenvolvemento sostible do noso sector marisqueiro e acuicultor e unha condición imprescindible para que este sector poida ser considerado plenamente coma unha actividade máis da acuicultura e poder así beneficiarse das axudas que a UE destina a este sector. “Neste senso calquera actividade que vai neste camiño contará co apoio da Xunta”, asegurou.

Na actualidade, en Galicia existen 16 autorizacións para a semente de bivalvos das cales 13 son de titularidade privada e 3 de titularidade pública. Todas están autorizadas para ameixa babosa, fina e xaponesa e algunhas a maiores poden cultivar outras especies como a ostra plana. A semente prodúcese para o seu posterior engorde nas concesións marisqueiras.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mar Pesca   PSOE   Xunta de Galicia   polémica  

Mar: o Psoe pide a dimisión de Maneiro Cadillo pola desidia coa sementeira de bivalvos

  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira dixo que o Goberno de Feijoo “non é capaz de solucionar os problemas de contaminación, donde hai investidos mais de 7 millóns de euros”, como sucede en Ribeira
  • Soneira pediulle a Maneiro Cadillo que desminta as acusacións  dos parquistas de Carril nas que aseguran que son discriminados por razóns politicas, reclamoulle que as denuncie por vía xudicial “ou senón ten que dimitir, porque quen cala outorga”
  • A parlamentaria afirma que  “no IGAPE parece que non vive ninguén”

Media_httpfarm4static_bcwla

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interviu hoxe na Comisión 8ª do Parlamento para reclamar á Xunta explicacións sobre a avaliación que fai das necesidades de semente de moluscos bivalvos para os distintos parques e concesións marisqueiras galegas.

A portavoz de Pesca lembra ademais que o Grupo Parlamentario Socialista reclamou , o pasado 8 de setembro mediante unha proposición “recuperar e poñer en activo as instalacións acuícolas destinadas á producción de semente de bivalvos, que como consecuencia da crise ou por causas alleas á súa propia actividade están paradas ou abandonadas”. Pero lamentou que a proposta foi rexeitada polo Partido Popular. 

Dixo que o Goberno de Feijoo “non é capaz de solucionar os problemas de contaminación, donde hai investidos mais de 7 millóns de euros”, como sucede en Ribeira. E advirte que a administración autonómica non pode dar a calada por resposta. E insiste nas súas criticas: “no IGAPE parece que non vive ninguén”. 

Soneira explica que os bivalvos son unha das principais producións das nosas rías, tanto polo volume de produción como polo número de postos de traballo que xeran, e pola importancia económica que teñen sobre a economía de milleiros de familias. 

Sinala que a evolución dos bancos marisqueiros é especialmente importante nas concesións en parques, como pode ser o caso de Carril, onde os titulares invisten gran cantidade de recursos económicos e técnicos que lles permiten acadar niveis de productividade moi por riba das medias. 

A parlamentaria asegura que esta puxanza productiva e as extraordinarias condicións naturais das nosas rías vense diante dun auténtico colo de botella, debido a gran dependencia que o sector marisqueiro ten da semente de bivalvos, con que repoboar os bancos marisqueiros, procedentes do exterior. Non obstante, téñense posto en marcha iniciativas interesantes en Galicia que tentan dar respostas a esta necesidade evidente. 

Así as cousas asegura que algunhas iniciativas postas en marcha non parece que dean respostas axeitadas ás necesidades que o sector marisqueiro demanda. Afirma que hai, tamén, iniciativas privadas que, con gran esforzo e dificultades de todo tipo, tentan buscar resposta a unha necesidade evidente e que ao mesmo tempo pode significar a resposta galega  á producción de semente de bivalvos en cantidade e calidade que nos permitan non só cubrir as nosas necesidades, senón tamén gañar mercados internacionais. 

Dimisión de Maneiro Cadillo 

Subliña ademais que os parquistas de Carril teñen acometido proxectos interesantes neste sentido e mesmo teñen constituído proxectos empresariais, onde se xogan o seu patrimonio persoal en moitos casos, para procurarse semente de calidade para si mesmos e para outros que o precisen.

Na súa intervención tamén lembrou as denuncias feitas polos parquistas de Carril nas que asegura que son discriminados por razóns políticas. Xa que aseguran que hai un agravio comparativo fronte a Pescanova. Neste punto pediulle a Maneiro Cadillo que se desminta estas acusacións  ou ben as denuncie vía xudicial “ou senón ten que dimitir, porque quen cala outorga”, espetou Soneira. E proseguiu “seguro que lembra algunha reunión nun Hotel de Carril”, para tratar estes e outros asuntos 

Problemas de viabilidade 

A parlamentaria dixo que este, e outros proxectos, precisan tamén de apoio institucional e teñen recibido recursos para a posta en marcha dos seus emprendementos. Pero denuncia que “desgraciadamente, algúns deles están atopándose con serios problemas de viabilidade pola desidia e a falla de compromiso da Xunta de Galicia con este nicho de actividade económica e mesmo parecera que a Consellaría do Mar, ve estas iniciativas como un problema e non como unha oportunidade de emprego e de negocio para un sector estratéxico da nosa economía”, concluíu.


Click here to download:
pregunta bivalvos.PDF (146 KB)
(download)

Antes, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mar Pesca   Marisol Soneira   PSOE   Xunta de Galicia  

Ribeira: xornada de difusión do traballo do Grupo de Acción Costeira 5 este xoves 22 de setembro

Media_httpfarm6static_acriq

Imaxe de arquivo dunha acción publicitaria do GAC 4 (Muros e Noia)

Ribeira, 21 de setembro de 2011.- A Casa do Mar vai acubillar este xoves, día 22 de setembro, dende as 16.30 ata as 20 horas unha Xornada de Difusión dos Grupos de Acción Costeira, GAC Nº 5. 

Este grupo está  composto polos concellos de Boiro, Cambados, O Grove, Illa de Arousa, Meaño, A Pobra do Caramiñal, Ribadumia, Rianxo, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. 

A do xoves será unha xornada de difusión e dinamización do traballo realizado pola agrupación, así como sobre as posibilidades que se están a brindar cara o desenvolvemento e promoción de iniciativas tanto produtivas como non produtivas. 

O programa terá este cronograma: 

16.30 h Presentación 

  •  

    17 h  Relación dos Proxectos realizados e a estratexia de grupo”, por Rosa María Carballo Martínez, xerente do GAC Ría de Arousa 

  •  

    17.30 h “Mar Galaica” Pesca/Turismo, por Manuela Oviedo Hermida, xerente do GAC Muros-Noia e Sebastían Valverde Comesaña, técnico do proxecto “Mar Galaica”. 

  •  

    18 h Presentación Consellería do Mar 

  •  

    18.30 h Proxectos Promotore 2011

  •  

    Divulgación do sector pesqueiro – Rianxo divulga, por María Josefa Calto Tarrío, da confraría Virxe do Carme de Rianxo

  •  

    Organización de feiras gastronómicas de calidade, por José María Arnaiz de las Revillas Martínez, de IN9 Eventos S.L.

  •  

    Diversificación de actividades arredor da cetárea, por Rubén Brión Domínguez e Francisco Freire González, de Relento S.L. 

  •  

    19 h Menú degustación

    Pode que tamén lle interese:

 


  Cursos de danza: abre o prazo ata o 30 de setembro

Marcha ciclista: o sábado 1 de outubro, de Santiago a Fisterra


Escolas Deportivas: haberá once. Anótate ata o 30 de setembro!


Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Só 55 prazas!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mar Pesca   Ribeira   turismo  

Mar: rexeitan unha iniciativa para recuperar a produción galega de semente de bivalvos, cuxo maior proxecto estaría en Ribeira

  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira lembra que Galicia é “a primeira rexión marisqueira europea en canto á producción de bivalvos extraídos de bancos naturais”
  • Subliñou que en Galicia hai 100 millóns de m2 adicados a bancos marisqueiros, donde se producen 7 millóns de quilos de ameixas e berberechos, e donde máis de 5000 persoas viven deste sector
  • Preguntou por que a Xunta ten paralizado o maior proxecto de producción de semente de bivalvos en Ribeira?  E insistiu: “será para favorecer os intereses da empresa na que traballou o Señor Maneiro Cadillo?”

Ribeira, 8 de setembro de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interviu hoxe na Comisión 8ª do Parlamento para reclamar á Xunta “recuperar e poñer en activo” as instalacións acuícolas destinadas á producción de semente de bivalvos que “como consecuencia da crise ou por causas alleas á súa propia actividade están paradas ou abandonadas”. A proposta foi rexeitada polo PP.

A portavoz de Pesca subliñou que en Galicia hai 100 millóns de m2 adicados a bancos marisqueiros, donde se producen 7 millóns de quilos de ameixas e berberechos, e donde mais de 5000 persoas viven deste sector. E lembra que Galicia é “a primeira rexión marisqueira europea en canto á producción de bivalvos extraídos de bancos naturais” . 

Nese senso a parlamentaria socialista lamentou “o bochornoso esperpento” deste verán sobre as previsións da Xunta para reinstalar e depurar no porto de Morás (Xove), marisco de zonas que superan os niveis de contaminación. Cualificou esta actuación como “unha mala película con moito luceiro e efectos especiais, cun guión de Maneiro Cadillo (Director Xeral de Competividade e Innovación) e baixo a dirección da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, que semellaban ao filme “Paseando a Miss Daissy porque aquí paseouse a Miss Batea”, ironizou. Sobre este asunto a deputada criticou o “silencio absoluto” do Partido Popular.

Preguntou: por que a Xunta ten paralizado o maior proxecto de producción de semente de bivalvos en Ribeira? E insistiu en se “será para favorecer os intereses da empresa na que traballou o Señor Maneiro Cadillo?”.

Goletazo

Na súa intervención tamén fixo alusión a s irregularidades detectadas por Portos no proceso da compra das tres lanchas que substituíron á famosa “Goleta” de Feijóo, adxudicada polo anterior presidente de Portos de Galicia e secretario xeral de Organización do PP coruñés, Álvarez-Campana. Dixo que con esta nova revelación constátase o fracaso dos proxectos de recuperación de embarcacións impulsados pola Xunta.

Soneira reclama na iniciativa rexistrada que realizar os estudos necesarios que nos permitan coñecer as  nosas necesidades de semente de bivalvos a curto, medio e longo prazo. Estes estudos terán que estar elaborados antes de que remate o presente ano e as súas conclusións serán remitidas o Parlamento e ao sector. 

Liñas de apoio e subvencións  

Tamén solicita incentivos e liñas de apoio, axudas e subvencións específicas, a proxectos que teñan por finalidade a investigación, producción e cultivo de semente de bivalvos, priorizando as iniciativas promovidas por colectivos, empresas e organismos do propio sector productivo e dos equipos de investigación vinculados ás universidades e dos centros de investigación dependentes da Administración.   

Soneira demanda ademais establecer un programa específico que promova a creación de minicriadoiros, polo menos, en cada unha das rías galegas, dependentes das agrupacións de mariscadores, e coa capacidade suficiente para auto abastecerse de semente de bivalvos con destino ás súas propias concesións e que permitan, potencialmente, vender os excedentes. A Xunta de Galicia asinará convenios para o mantemento económico dos proxectos e a viabilidade técnica.  

Solicita que a Xunta de Galicia incremente os controis e vixilancia para impedir a chegada aos nosos bancos marisqueiros de especies non autorizadas, ou en malas condicións sanitarias ou biolóxicas. 

E por ultimo reclama establecer liñas de subvención e axuda, con carácter de urxencia, que se destinen a recuperar e poñer en activo instalacións acuícolas, que hoxe quedan abandonadas e incluso en estado ruinoso, para destinalas á producción de semente de especies de interese marisqueiro,  ou de proxectos  de investigación relacionados coa mesma finalidade. 

O Goberno de Feijóo descoñece esta actividade 

A portavoz de Pesca advirte que as “carencias” no esforzo da Xunta de cara ao I+D+i destas produccións “que involucran no seu contorno a un número importante de actividades que xeran actividade económica e emprego moi cualificado”. Apunta que o Goberno galego “parece descoñecer que cada euro investido no desenvolvemento desta actividade ten retornos económicos, laborais e científicos que poden supor unha revolución para o futuro da acuicultura”.

(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mar Pesca   Marisol Soneira   Ribeira   nota de prensa  

Mar: piden explicacións á Consellería polo "alarmante e escandaloso" aumento do furtivismo en Galicia

  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, quere coñecer, entre outros asuntos, cantos recursos adica a Xunta de Galicia á persecución, detección e prevención do furtivismo e cantos deles van diretamente ás confrarías e ás agrupacións de mariscadores


Media_httpfarm4static_ipqky

Barbanza-Noia, 31 de agosto de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, anunciou hoxe que rexistrou unha inactiva na Cámara Autonómica na que reclama explicacións á Conselleira Mar polo “alarmante e escandaloso aumento do furtivismo en Galicia”. 

Soneira lembra que o furtivismo é un vello problema que ten moitas casuísticas que, englobadas todas baixo esa denominación, abrangue situacións que van dende persoas en situación de exclusión social que non ven outra saída que o saqueo das concesións marisqueiras, ate o profesional do mar que, por vulnerar algunha disposición da normativa aplicable a súa actividade, sofre a correspondente sanción.  

A portavoz de Pesca dixo que a Consellería do Mar asignouse o louvable obxectivo de erradicar o furtivismo das nosas costas e rías pero advirte que “os resultados obtidos non parece que teñan acadado o éxito anunciado”. Replica que ao longo de mais de dous anos de exercicio do goberno o único resultado que nos amosa a Xunta de Galicia son datos estatísticos -algúns deles mais que cuestionables- sobre o número de artes aprehendidas ou o número de denuncias feitas polos servizos de inspección pesqueira.  

A parlamentaria socialista dixo que “o problema de fondo non só non ten remitido senón que parece estar fóra de control xa que os datos feitos públicos ao longo deste verán son moi preocupantes en canto ao número de episodios e en canto a gravidade dos mesmos nalgún caso”. 

Por todo esto Soneira reclama coñecer, e con iso tamén os cidadáns aos que representa o seu partido, o seguinte:

1.ª) Como valora a Xunta de Galicia a evolución do fenómeno do furtivismo, nas nosas costas e rías, no período de Goberno en que Dna. Rosa Quintana está o fronte dos intereses pesqueiros e marisqueiros de Galicia? 

2.ª) Da experiencia adquirida durante o período, cantos dos expedientes incoados foron a profesionais do mar e cantos a persoas alleas á actividade pesqueira ou marisqueira? 

3.ª) Das denuncias feitas, cantas foron por accións que precisaban dunha embarcación e cantas onde non era necesario? 

4.ª) Cantas denuncias se teñen feito a pescadores deportivos por infracción en materia de pesca? cantas a establecementos depuradores, comercializadores ou de hostalaría? 

5.ª) Cantos recursos dedica a Xunta de Galicia á persecución, detección e prevención do furtivismo? cantos deles van directamente ás confrarías e ás agrupacións de mariscadores? 

6.ª) Como valora a Sra. conselleira os resultados acadados polo seu departamento na resolución deste problema endémico?

Click here to download:
69055-poc-datos furtivismo.pdf (133 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mar Pesca   Marisol Soneira   política  

Pesca: os socialistas preguntan quen dirixe a Consellería do Mar

  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira cualificou o proceso da reinstalación de “rocambolesco e esperpéntico”, e asegura  “que parece o produto dun mal guión de película de clase B, onde queda patente que a política de pesca e acuicultura deséñase e imponse dende despachos e estamentos alleos ao Consello da Xunta”
  • “En San Caetano só hai improvisación, ocorrencias e supeditación dos intereses colectivos ás presións políticas partidarias e aos intereses particulares que cobran por esta vía os apoios prestados”, asegurou

Media_httpfarm6static_cacip

Soneira quere saber quen move os fíos de Rosa Quintana

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira preguntouse hoxe quen dirixe, realmente, as políticas de pesca do Goberno Galego, logo do cambio de posición da Conselleira con respecto a reinstalación de bivalvos procedentes de zonas “C” en Morás (Xove). Por iso anuncia unha nova batería de iniciativas parlamentarias.

Cualificou o proceso da reinstalación de “rocambolesco e esperpéntico”, e asegura  “que parece o produto dun mal guión de película de clase B, onde queda patente que  a política de pesca e acuicultura deséñase e imponse dende despachos e estamentos ALLEOS o Consello da Xunta”. 

Sinala que “en San Caetano só hai improvisación, ocorrencias e supeditación dos intereses colectivos ás presións políticas partidarias e aos intereses particulares que cobran por esta vía os apoios prestados”.

Soneira afirma que  se os informes e estudos, dos que presume a Conselleira Rosa Quintana existen, son certos e non ocasionan danos nin no Medio Ambiente natural nin as instalacións acuícolas alí existentes, por qué cede as presións políticas e empresariais e decide trasladar o problema a outro lugar?, preguntou.

A portavoz de Pesca dixo que si son certos os temores manifestados pola empresa acuícola en cuestión, e polos colectivos da Mariña, advirte “que a Consellería do Mar non dispón deses estudos que di poseer ou reflicten unha realidade moi distinta a oficial”, replicou. 

E insistiu nas súas criticas “onde está o lugar de toma de decisións sobre políticas pesqueiras e marisqueiras de Galicia, en San Caetano ou en despachos alleos ao mesmo?”. 

Que débedas ten Feijóo? 

Tamén enviou unha mensaxe ao Presidente Feijóo, xa que quere saber “que débedas ten con algún grupo empresarial galego para que desautorice publicamente a Conselleira Rosa Quintana forzándoa a cambiar de posición neste asunto tan delicado, por canto afecta a milleiros de postos de traballo e a credibilidade dos nosos mariscos”.

Antes, en Certo:

O Psoe esixe a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana, por incompetente

  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira advirte que a esperpéntica situación que se esta vivindo na planta de Xove “é unha boa mostra do caos que reina na Conselleira do Mar”
  • “Salvando as diferenzas estamos vivindo a mesma situación patética da xestión do Goberno Fraga co Prestige”, asegura Soneira, quen lembra que naquela ocasión “paseamos un petroleiro por todo o Atlántico, e neste caso paseamos unha batea por toda a Mariña luguesa”
  • Preguntouse quen Goberna os intereses pesqueiros de Galicia
  •  Lembrou que onte mesmo o PSdeG-PSOE denunciou publicamente “que o 40% da ameixa fina que se trasladou o novo asentamento de Xove morre nos primeiros cinco días”


Rosa Quintana na pasada Festa do Percebe de Aguiño

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira esixiu hoxe a dimisión da Conselleira do Mar, pola incompetencia na xestión das políticas de pesca e marisqueo que esta levando adiante a Xunta de Feijoo, e tamén pola falla de liderazgo e de peso político na aposta por un deseño dunha política pesqueira e marisqueira acordes coa realidade socio-produtiva de Galicia. 

Soneira advirte que a esperpéntica situación que se esta vivindo na planta de Xove “é unha boa mostra do caos que reina na Conselleira do Mar”, espetou.

A portavoz de Pesca replica que “salvando as diferenzas estamos vivindo a mesma situación patética da xestión do Goberno Fraga co Prestige”, lembra que naquela ocasión “paseamos un petroleiro por todo o Atlántico, e neste caso paseamos unha batea por toda a mariña luguesa”, insistiu.

Afirmou que “a día de hoxe non sabemos quen goberna os intereses pesqueiros de Galicia” e preguntouse, si é a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, ou Pescanova, as confrarías, o Presidente Feijóo” e ironizou “ou un ente non identificado”, quen esta diante da política pesqueira da nosa Comunidade. Denuncia tamén que a día de hoxe “a Xunta aínda non explicou, quen, cando, onde, porque e en base a que estudios se tomou a decisión de fixar a reinstalación de moluscos en Moras (Xove)”, proclamou. 

Sinala ademais que tampouco deron explicacións sobre os índices de mortandade na zona de reinstalación de especies como a ameixa fina. Neste punto lembrou que onte mesmo o PSdeG-PSOE denunciou publicamente “que o 40% da ameixa fina que se trasladou o novo asentamento de Xove morre nos primeiros cinco días”. 

Por iso insistiu nas súas criticas “non sabemos se a enseada de Moras é o lugar idóneo para instalar estas especies”. E emprazou ao executivo autonómico a amosar os custes “deste dislate, e desta improvisación e das ocorrencias da Conselleira, Rosa  Quintana e o seu equipo”. 

E concluíu “por todo isto seria bo que Feijoo puxera ao fronte dos intereses pesqueiros e marisqueiros de Galicia a persoas acordes coa importancia que ten este sector para a estratexia económica de Galicia, porque senón el será o responsable único de toda esta desfeita”.

Outras leas nas que se mete Rosa Quintana:


Gaiolas de salmón: manifestación espontánea na Ría contra elas


Gaiolas de salmón na Ría: o Bng tamén se opón no Parlamento



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mar Pesca   PSOE   dimisión   política  

Ribeira: reclaman a solución das verteduras do polígono do Couso, que matan semente de bivalvos

  • Marisol Soneira presenta unha serie de iniciativas parlamentarias para solucionar os prexuízos das verteduras ás empresas acuícolas

Media_httpfarm5static_nsbtu

Zona de Punta Couso

Ribeira, 8 de xullo de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, reclamou á Xunta que solucione os problemas de verteduras das empresas do Polígono do Couso que están a destruír a semente de bivalvos e a produción das empresas acuícolas afincadas nesa costa. Así o fixo a través dunha serie de iniciativas que serán debatidas no Parlamento de Galicia. 

Soneira sinala que as carencias medioambientais do polígono provocan que as empresas vertan directamente ao mar con “consecuencias tan importantes para algunhas das actividades que alí se desenvolven”. Esta situación, sinala, “mesmo ten levado ao peche de algún dos proxectos mais innovadores e interesantes para o sector marisqueiro, como é a produción de semente de bivalvos para os bancos marisqueiros”. 

As verteduras, engade, tamén prexudican aos bancos naturais próximos ao encrave, “con incidencia moi forte como é o caso de Aguiño, ou a presenza de empresas acuícolas na zona que dependen da calidade das augas para sobrevivir”. 

Parquistas de Carril 

A parlamentaria socialista sinala que esta contaminación afecta especialmente ao proxecto empresarial de produción de semente de bivalvos posto en marcha no Concello de Ribeira polos parquistas de Carril e que se atopa coa “desidia e falla de compromiso da Xunta” que provoca “serios problemas de viabilidade” tanto pola falla de apoio financeiro como polo desleixo diante da contaminación. 

Sinala que estas iniciativas “tentan responder a unha necesidade evidente e tamén poden significar a resposta galega á produción de semente de bivalvos en calidade e cantidade” suficientes para o mercado interior e pala exportación. Estas experiencias contrastan coas “promocionadas e financiadas pola administración que, a pesar da propaganda oficial, non parece que dean respostas axeitadas ás demandas do sector”. 

Por este motivo pregunta á Xunta polas súas avaliacións das necesidades de semente de bivalvos nos parques e concesións marisqueiras, así como a súa valoración e as medidas de apoio postas en marcha para o proxecto empresarial posto en marcha polos parquistas de Carril.

(download)

(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mar Pesca   PSOE   Ribeira   política  

Mar: o Psoe denuncia que a Xunta despilfarrou 3 millóns de euros en publicidade mentres suprime o seguro colectivo

  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira envioulle unha mensaxe á Conselleira para que non se fíen dos que aplauden as súas políticas, xa que advertiu que hai algún representante do sector nos que os Tribunais de Xustiza sinalan que foron elixidos de maneira ilegal, e mesmo a sentencia acusa a Consellería do Mar de non cumprir a lei
  • Denunciou quere a Xunta quere facer lanchóns para a extracción de áridos, despois de rexeitar a defenestrada idea de facer unha Goleta de 2 millóns de euros.
Media_httpfarm5static_jjhmf

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, interviu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar explicacións sobre as consecuencias da supresión do seguro colectivo de accidentes no mar e as actuacións previstas pola Consellería do Mar ao respecto. Alí denunciou que a Xunta deixa desprotexidas a 30.000 persoas e, co aforrado, quere facer lanchóns para a extracción de áridos, despois de rexeitar a defenestrada idea de facer unha Goleta de 2 millóns de euros. Ademais lembrou a peregrina proposta do Presidente de Portos de Galicia, en campaña electoral, na que asegurou que ía construír un Porto en Cereixo (Vimianzo), Soneira dixo que “desde a época dos fenicios non subiu barco algún por aquela parroquia”.

Afirma que o suposto aforro da Xunta coa supresión deste seguro malgastouno a Consellería do Mar en campañas de publicidade, xa que denuncia que leva gastado mais de 3 millóns de euros en comprar vontades nos medios de comunicación. A deputada tamén fixo alusión aos resultados electorais “na Comarca da Costa da Morte foi o único sitio de Galicia onde o Partido Popular baixou en votos”.

Na súa intervención envioulle unha mensaxe á Conselleira para que non se fíen dos que aplauden as súas políticas, xa que advertiu que hai algún representante do sector  que os Tribunais de Xustiza sinalan que foron elixidos de xeito ilegal. E lembra que as sentencias “acusan a Consellería do Mar de non cumprir a lexislación”, espetou.

A deputada socialista lembrou que o Seguro Colectivo de Accidentes no Mar cubría aos  tripulantes galegos de calquera embarcación pesqueira, debidamente enrolados e con independencia do seu abandeiramento, así como os mariñeiros non galegos que cotizan no Réxime Especial do Mar da Seguridade Social, incluídos no TC2 dun buque pesqueiro con porto base en Galicia.

Dixo que o seguro comprendía as mais de 5000 mariscadores a pé, con autorización da Consellaría de Pesca, no desempeño lícito da súa actividade; traballadores de viveiros flotantes radicados na nosa Comunidade Autónoma; e persoal da Cruz Vermella de Galicia cando actuasen en tarefas de rescate e salvamento no mar nas nosas augas.

Decisión carente de lóxica

Asegura que o Goberno de Feijoo, nunha decisión carente de toda lóxica e dos máis mínimos principios de solidariedade para con un dos colectivos que, potencialmente, desempeña unha das profesións de máis alto nivel de risco, decidiu anulalo en aras a unha mal entendida austeridade. O argumento ofrecido pola Xunta sinalaba que, dada a obrigatoriedade de subscribir unha póliza de responsabilidade civil por parte dos armadores con porto base en Galicia, as tripulacións xa estaban cubertas diante de posibles accidentes. Incluso se chegou a afirmar que unha parte dunha póliza concreta, sería subvencionada pola Consellería do Mar.

Soneira advirte que a Xunta esquecíase de que non tódalas persoas que traballan no mar están enroladas en embarcacións con porto base en Galicia, ou que, incluso, algunhas delas nin sequera necesitan estar enroladas en ningunha embarcación para desempeñar o seu traballo no mar. E, sobre todo, a Xunta de Galicia esqueceuse dun colectivo importante de galegos que están enroladas en barcos abandeirados noutros países, que non están suxeitos á lexislación española nin galega.

Click here to download:
interpel seguro mar.PDF (104 KB)
(download)

Onte, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mar Pesca   PSOE   nota de prensa