Preme para voltar á portada
Filed under

memoria histórica

 

Muros: o Bng non está disposto a participar nunha "homenaxe ao franquismo"

  • A alcaldesa socialista quere nomear fillos predilectos da vila ao recentemente finado Domingos Dosil, nacionalista, xunto con outros tres alcaldes da época da ditadura
  • A proposta ten que ser aprobada polos dous tercios da corporación para saír adiante, polo que dependerá do PSOE e PP

Media_httpfarm6static_lqnqh

Caridad González non é a primeira vez que as ten tesas cos do Bng pola memoria histórica. Véxase esta información

Muros, 14 de febreiro de 2012. O proceso só está iniciado, agora hai que constituir unha comisión que emitirá ditame e se este é favorable a proposta irá a pleno onde terá que recibir os votos favorables dos dous tercios da corporación como mínimo.

"Os nacionalistas non imos consentir tratar conxuntamente aos catro alcaldes, pois consideramos que a proposta feita pola alcaldesa socialista Caridad González para declarar fillos predilectos da vila de Muros aos alcaldes da vila durante a etapa franquista está totalmente fóra de lugar e ten como único propósito diluir e empañar a figura de Domigos Dosil", explican hoxe en nota de prensa dende a formación recentemente escindida. O Bng de Muros votará en contra da proposta da alcaldía tanto no seo da comisión como no pleno posterior se ha lugar.

Que se pronuncie a "familia socialista"

Os nacionalistas de Muros cuestiónanse: "Se a intención da alcaldesa é proclamar fillos predilectos da vila a todos os alcaldes de Muros, por que se limita aos tres da época franquista se anteriormente houbo outros alcaldes? Está claro que isto non é máis que unha homenaxe ao réxime franquista feito por unha alcaldesa socialista, algo que probablemente vulnera a lei da memoria histórica e sobre o que a “familia socialista” debería pronunciarse".

Tamén, en Certo:

Antes, en QPC:

Muros estrémecese polo pasamento de Domingo Dosil
6 Febreiro 2012 - 13:42 | Un Comentario
Domingo Dosil

Non só a súa labor á fronte do Concello, se non que os seus moitos anos como activista social e fundador da COGAMI, fixeron de Domingo Dosil unha personaxe que pasará a historia da comarca de Muros. Tan só un ano despois de deixar o seu posto como alcalde, e tras unha insperada enfermidade, o [...]



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   memoria histórica   polémica  

Ribeira: organizan este venres 10 un coloquio sobre Memoria Histórica

Mem

Ribeira, 9 de febreiro de 2012. A próxima actividade da asociación Pedra de Pidre terá lugar mañá, venres 10 de febreiro, como se indica no cartaz desta información.

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Pedra de Pidre   Ribeira   coloquio   memoria histórica  

Memoria histórica: o Psoe denuncia que Galicia é das poucas comunidade que incumpre a Lei ao negarse a Xunta a colaborar para ubicar falecidos

  • Lage Tuñas denunciou hoxe no Parlamento que a Xunta vulnera de xeito flagrante a Lei 52/2007 da Memoria Histórica ao negarse a cooperar co Goberno de España na axuda aos familiares que descoñecen onde están soterrados os seus seres queridos
  • Desvelouse que a Xunta de Galicia se negou a participar no convenio marco do Goberno de España coas CC.AA e coa FEMP para o deseño do Mapa integrado dos lugares de inhumación, facilitando así que familias e particulares poidan localizar os restos mortais dos seus seres queridos
  • "Non pode ser que no noso país sigan existindo rúas con nomes de asasinos e fascistas ao mesmo tempo que a Xunta se nega a colaborar coas familias para a localización e recuperación dos restos mortais de moitas persoas que foron asasinadas e tiradas á cuneta por parte do réxime franquista”, argumentou o deputado José Manuel Lage.

 
Media_httpfarm3static_nacyh

Aínda que a propaganda franquista e postfranquista di que Galicia foi un lugar con poucos represaliados, houbo de todo, ata campos de concentración

Santiago. 9 de decembro de 2011. O Portavoz da área Institucional do Grupo Socialista; José Manuel Lage interesouse hoxe na Comisión 1ª do Parlamento polo grao de cumprimento da lei 52/2007 de recuperación da memoria histórica por parte da Administracción pública galega.

O Director Xeral de Relacións Institucionais da Xunta respondeu á iniciativa socialista descalificando a pregunta e culpando ao Partido Socialista de reabrir vellas feridas, ademais de explicar que “hai que ocuparse de cousas máis importantes”.

Lage Tuñas denunciou que “a administracción galega é unha das poucas comunidades que incumple a lei 52/2007 da memoria histórica ao negarse a cooperar co goberno de España na axuda aos familiares que descoñecen onde están enterrados os seus seres queridos”.

O deputado do PSdeG dixo que lle constaba que “a Xunta negouse a asinar o convenio marco do ministerio da presidencia coas cc.aa e coa femp para a localización de persoas desaparecidas e asasinadas polo réxime franquista”

Lage_tuas-pleno_do_parlamento-
José Manuel Lage explicou que o artigo 12.2 da lei di textualmente: “Las Administraciones públicas elaborarán y pondrán a disposición de todos los interesados, dentro de su respectivo ámbito territorial, mapas en los que consten los terrenos en que se localicen los restos de las personas a que se refiere el artículo anterior, incluyendo toda la información complementaria disponible sobre los mismos.”

O deputado socialista recordou que o convenio marco de colaboración para o cumprimento efectivo do artigo 12.2 da lei foi asinado por unha parte moi importante de comunidades autónomas co Goberno de España, entre outras as de Castilla-La Mancha, Aragón, País Vasco, Canarias, Andalucía, Extremadura ou a Cidade Autónoma de Melilla.

O Mapa Integrado dos Lugares de Inhumación é un documento unificado que integra a información de tódalas administraccións públicas, e que contén a localización xeográfica, características e outros datos relevantes dos lugares de inhumación.

É unha iniciativa do Goberno de España para dar cumprimento efectivo á lei 52/2007, a través da colaboración de tódalas administraccións públicas tal e como recollen os artigos 11 e 12.2 da citada norma. “Galicia negouse a colaborar, e agora vemos como o goberno por medio dun director xeral di que hai cousas máis importantes das que preocuparse” sinala o deputado do PSdeG.

Lage Tuñas dixo que “só pedimos que se lles facilite ás familias e particulares que poidan localizar os restos mortais dos seus seres queridos. E só estamos pedindo que a Xunta cumpra a lei e colabore.”

Engadiu que “non pode ser que no noso país sigan existindo rúas con nomes de asesinos e fascistas ao mesmo tempo que a Xunta se nega a colaborar coas familias para a localización e recuperación dos restos mortais de moitas persoas que foron asesinadas e tiradas á cuneta por parte do réxime franquista” explicou o deputado José Manuel Lage.

Os socialistas galegos demandan que a administracción galega cumpra a lei e retire toda a simboloxía fascista, predemocrática e franquista de tódolos edificios públicos.

Lage Tuñas sinala que “non hai outro país en Europa onde se produza un esperpento tan grande coma éste, non é de recibo que se lle poñan trabas ás familias dos asasinados polo réxime franquista, que só queren saber onde teñen enterrrados aos seus familiares”.

Click here to download:
68598 poc lage memoria hca.PDF (35 KB)
(download)

Relacionado:

O pequeniño do Incio, por Xurxo Ayán

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PSOE   memoria histórica   política  

Porto do Son: este mércores 12, homenaxe aos mártires de Cans, en Nebra, no 95 aniversario daquela atrocidade

Cans_2011_12

Vídeo elaborado por Paco do Martelo, un dos promotores deste acto de memoria histórica, onde se explica o que aconteceu, uns feitos tan graves que mesmo Castelao se fixera eco deles anos despois:


O primeiro coa lenda "Na lembranza dos mortos de Nebra 1916-2001", foi erixido por iniciativa popular co gallo do 85 cabodano. O segundo este ano polo Concello, a iniciativa do seu alcalde, D. Manuel Tomé Piñeiro.

In memoriam: Francisca Carou, Ramona Suárez, Antonio Sobrado, Generosa Vidal e Rosa Cadórniga.

Na mañá do xoves 12 de outubro de 1916, os veciños do resto das aldeas da parroquia de Nebra concentráronse nesta, nun número aproximado duns trescentos, co gallo de loitar contra imposición dun novo tributo municipal, que segundo entendían, as autoridades habían creado por haber malversados fondos e así, podían saldala débeda contraida coa Deputación.
O recadador asinado para tal cometido chegaba para proceder ao embargo polo impago dun veciño desta aldea, atopándose acompañado duns cincuenta gardas civís.
Uns intercambios de palabras, principalmente coas mulleres que ían por diante da manifestación, pasouse o ruído dos mausser e igualmente aos primeiro laios.
Unha segunda descarga, tinxe a ponte de vermello con cinco veciños mortos en riba da ponte.
Sirvan estes monolitos na súa lembranza.

Máis información:
http://pacodomartelo.blogspot.com

Pode que tamén lle interese:


Arqueoloxía:  "El legado celta" preséntase o 14 e 15 de outubro

 


Exposición no Centro de Interpretación de Baroña: Pepe Agra ata o 30


Castro de Baroña: xa sae no DOG que é BIC



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Cans   Nebra   Paco do Martelo   Porto do Son   memoria histórica  

Ribeira: o acto de homenaxe á Galiza Mártir lembrou a indecencia de que o fascista Millán Astray recupere o título de fillo adoptivo da Coruña

  • Sobre o mesmo asunto, o ribeirense presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, tamén ten unha pregunta para o alcalde do PP que máis cobra de Galicia, o coruñés Carlos Negreira, que poden ler aquí
(download)
Ribeira, 22 de agosto de 2011. O pasado sábado 20 de agosto tivo lugar en Ribeira un acto de homenaxe á Galiza Mártir. O acto escomenzou cunha introdución do presidente de Altofalante, Xosé Antonio Vázquez Cobas, que dixo:

"Para Altofalante esta conmemoración non é un acto tristeiro, ben o contrario, lembrar a xentes que foron leais, patriotas, libres... mantendo o seu facho acendido cremos que nos fai máis libres ó telos na memoria xunta nós porque así están máis vivos. 

Cando homenaxeamos a Alexandre Bóveda personificamos nel a todos os mártires galegos. Este ano a homenaxe centrámola máis nidiamente  en todas as xentes que morreron por Galiza polo progreso e polo futuro. Cando redactei a nota para a prensa puxen: Houbo nesta Galiza 14.000 represaliados, 5.651 executados, 4.560 extraxudicialmente ( paseados e torturados). Todos eles documentados e contrastados polas tres Universidades Galegas no estudo “As Vítimas e os Nomes” e faltan moitos máis... O mellor de nós. Estas xentes, demócratas, amantes da liberdade, galeguistas, socialistas, nacionalistas, anarquistas, sindicalistas, republicanos, etc. son parte da nosa historia. 

Como lin estes días : A importancia da memoria radica en subsanar o esquecemento imposto, sobre o que está edificado o noso presente. Non se pode permitir que se continúe privando os galegos e ás galegas de coñecer unha parte fundamental da historia do noso país, quizais polo temor a que a verdade nos faga cuestionar un estado que montou o seu progreso sobre unha terra con tantos cadáveres.

“A verdade corrómpese tanto coa mentira como co silencio”....   

O dia 17 foi o 75 cabodano de Alexandre Bóveda. Nin unha soa mención deste goberno que temos na xunta para un home a quen tanto debe o noso país. O mesmo fixo co 125 aniversario de Castelao. 

Por certo, retirou as escasas axudas e non colabora na recuperación da memoria e pola contra subvenciona as touradas (con centos de milleiros de euros) e restitúe a Millán Astray como fillo predilecto da cidade da Coruña.

Xa queda retratado !!"

A continuación, diversos socios de Altofalante leron o poema de Luís Pimentel Cunetas, escrito en 1937 na Galiza. Léronse tamén as verbas de Castelao sobre os mártires galegos escritas en Alba de Groria. Rematáronse as lecturas co poema Lembranza de Alexandre Bóveda de Manuel María. O acto finalizou coa ofrenda floral feita Marivén Sampedro e Silvia Varela, vicepresidente e tesoureira da asociación cultural Altofalante respectivamente. Ao longo do acto escoitáronse diversas pezas de música galega actual.

Pode que tamén lle interese:
Media_httpfarm7static_ssdha

Memoria histórica: lembran en Outes o 75 aniversario do asasinato de Luís Barrena


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Altofalante   Ribeira   memoria histórica  

Cinema: comeza a gravación do documental "Desde dentro do corazón/o mar"

Dscf8158
Barbanza/Noia, 22 de agosto de 2011. O FAIADO DA MEMORIA e a productora audiovisual NOVA COMUNICACIÓN acaban de comenzar a gravación do documental, subvencionado polo Agadic, Desde dentro do corazón/o mar.

Este traballo relata a vida e a relación co mar da xente de Vilagarcía. Distintas historias, co nexo común do mar, vanse entrelazando co día a día de dúas persona, irmáns elas e que levan mais de cincoenta anos traballando xuntos nos viveiros de Carril: Manuel e Verino Diz, os Nachos.


Dscf8141

Un dos temas principais, e que se está a gravar estes días, é o naufraxio do Cabo Razo, feito que tivo lugar a noite do 4 ao 5 de agosto de 1958 e que conmocionou a toda a bisbarra. Por un lado pola cantidade de mortos que houbo naquel accidente, 13, e por outro as circunstancias nos que aconteceu, o que levantou unha forte rumoroloxía no Salnés e Barbanza. O traballo está levando aos seus autores a desplazarse por varios puntos de Galicia e de España en percura de testemuñas vivas daquel suceso. O documental está dirixido por Antonio Caeiro e producido pola productora santiaguesa NOVA COMUNICACIÓN.

Dscf8212

O teatro de Rianxo, en Ourense

O Faiado da Memoria tamén estará presente no festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará entre o 14 e 23 de outubro deste ano, dentro da PANORAMA GALICIA 2011, co documental Esta noite, velada que mostra a historia do grupo de teatro aficionado Airiños de Asados, Rianxo.


Dscf8219
 

Pódese facer un seguimento da marcha da gravación no perfil de facebook.


Non deixen de visitar o blog
:
damemoria.com

Pode que tamén lle interese:

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   cinema   documentais   memoria histórica  

Outes: o domingo 21 de agosto tivo lugar a homenaxe a Luis Barrena, deputado republicano asasinado hai 75 anos

Luis_barrena

75 ANIVERSARIO DE LA MUERTE DEL DIPUTADO POR MELILLA LUIS BARRENA.

JOSÉ MARQUÉS LÓPEZ Y CARLOS ESQUEMBRI HINOJO. 

      Este 21 de agosto se cumplen setenta y cinco años de la muerte del diputado por Melilla Luis Barrena.  Barrena fue ejecutado por los franquistas en Outes (La Coruña). Es por eso que la Asociación Cívico – Cultural Terra de Outes celebrará un acto de homenaje en su honor en el lugar de su ejecución: una cuneta a las afueras de dicha localidad.

    Luis Barrena y Alonso de Ojeda nació  en Sigüenza (Guadalajara) en 1895. Estudió derecho en Madrid llegando a convertirse en un abogado de prestigio. Se inició en política en el Partido Liberal y fue elegido concejal del Ayuntamiento de Madrid en las elecciones de abril de 1931. Opuesto a la deriva derechista de este partido lo abandonó para acabar militando en la Unión Republica de Diego Martínez Barrio, donde llegó a formar parte de la ejecutiva nacional.

   El comité directivo nacional del Frente Popular lo propuso como  candidato a diputado por Melilla de cara a las elecciones de febrero de 1936. A pesar de algunas reticencias iniciales, el Frente Popular de Melilla lo confirmó como candidato alcanzando una holgada victoria sobre la candidatura de centro- derecha encabezada por Carlos Echeguren.

   Su labor como diputado fue breve pero estuvo centrada en conseguir fondos para Melilla con los que financiar obras públicas que paliaran el  desempleo de la ciudad. Entre estas estaban: la repoblación foresta, la traída de aguas desde Trara, el dique sur, nuevas escuelas y edificios para  Telefónica y Correos. La guerra impidió que estos proyectos se materializaran en su momento.

  La sublevación militar le sorprendió de viaje con su familia a Muros, localidad coruñesa en la que veraneaba. Con todo, intentó, junto con los también diputados republicanos José Miñones y García Ramos, entrevistarse con el general Enrique Salcedo, gobernador militar de La Coruña, para animarle a permanecer leal al Gobierno y ofrecerle su apoyo pero los subordinados de Salcedo impidieron la entrevista. Ante el deterioro de la situación, Barrena se refugió en Muros. Allí, en la noche del 21 de agosto de 1936, un grupo de falangistas lo sacó de su casa con la excusa de tener que prestar declaración. Su cadáver, con dos tiros en la cabeza, apareció a la mañana siguiente en la cuneta a las afueras de la cercana población de Outes donde se celebrará el homenaje en su honor.

  Para finalizar, recordar que los tres primeros diputados por Melilla: Antonio Acuña Carballar, Carlos Echeguren Ocio y Luis Barrena fueron víctimas de la violencia política desatada en la Guerra Civil. El socialista Antonio Acuña, primer diputado por Melilla, fue detenido y fusilado por los franquistas en Córdoba en los primeros días de la guerra, mientras que Carlos Echeguren, diputado desde noviembre de 1933 a febrero de 1936, fue víctima de la represión izquierdista en Madrid. Ninguno de los tres tiene una calle o una simple placa que los recuerde en nuestra ciudad.   

Antes, en Certo, anunciamos:

Outes, 16 de agosto de 2011. O vindeiro domingo, 21 de agosto, ás 12:30 da mañá, xunto ao monumento ás vítimas do franquismo en O Freixo-Outes, a asociación cultural "Terra de Outes" organiza un acto de homenaxe ao deputado republicano Luis Barrena, co gallo do 75 cabodano do seu asasinato.

Polo de agora non confirmaron asistencia, pero segundo nos explica Xoán X. Mariño, presidente da asociación organizadora, "cursóuselle invitación a este acto á filla do deputado, Marisol Barrena; a Xoán Carlos Garrido, de Iniciativa Galega pola Memoria Histórica; a Francisco Jorquera, deputado no Congreso dos Deputados en representación do Bng e ao socialista José Bono, presidente do Congreso dos Deputados.

Pode que tamén lle interese:


Día da Galiza Mártir en Ribeira: crónica e fotos





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Outes   memoria histórica  

Política: secuestran e pechan a Asociación "O Faiado da Memoria" de Vilagarcía

Media_httpwwwblogotec_xdtvg

Arousa Norte, 5 de abril de 2011. Aínda que non informamos sobre Vilagarcía de Arousa, polo seu interese, e porque escribimos no seu día do interesante labor que desenvolve esta asociación para recuperar a memoria visual, histórica e paisaxística da Ría de Arousa, procedemos a publicar íntegra a carta que nos remiten:


Estimados Amigos y Amigas,

La alcaldía de Vilagarcía de Arousa, del PSOE, secuestra y clausura la sede de la asociación cultural O Faiado da Memoria que estaba cedido por la concelleria de Cultura (BNG) en el Auditorio de Vilagarcía.

Aprovechando la hora de comer de hoy martes un funcionario del ayuntamiento cambió la cerradura imposibilitando la entrada en el mismo y dando orden a la persona que iba a trabajar en la oficina de que no podía sacar nada del auditorio. Mal lo podía hacer ya que ni siquiera podía entrar.

Esta acción se enmarca dentro de las venganzas que vienen realizando la alcaldía y alguna concejala del PSOE contra las personas de esta asociación que formaron y forman parte de la Comisión Ciudadana para la Defensa del Patrimonio que provocó, por la defenso de los ataques realizados por la concejalía de Urbanismo contra elementos patrimoniales, lo cual llevó a la dimisión del anterior concejal de gestión del territorio y a la puesta en piqueta de su sucesora.

Esta es información para que ustedes estén informados sobre estos sucesos de corte fascista.

Un saludo.

Web de referencia:


Se os feitos son como contan, vaia dende o equipo de Certo toda a nosa solidariedade. No seu día entrevistamos a un dos responsables de O Faiado da Memoria, Antón Caeiro, profesor e documentalista autodidacta, autor de "Esta noite, velada", sobre o grupo de teatro de Rianxo "Airiños".

  Vexa aquí a entrevista



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Vilagarcía de Arousa   asociacionismo   denuncia   memoria histórica   política  

Castelao: a asociación Aturuxo! de Boiro fixo unha homenaxe floral nocturna ante o seu busto

Media_httpagalgzorgbl_dbdwo

Todas as imaxes no blogue de Aturuxo!

Antes publicamos:

Rianxo: o acto de homenaxe do Bng a Castelao polo seu cabodano convírtese de novo nun mitin preelectoral

Actualización 7 de xaneiro. 16:00 horas. Nota do Bng

O ano pasado fora un mitin de Anxo Quintana ante as eleccións do 1 de marzo, que poden aínda ler aquí. Desta volta, a proximidade do 22 de maio, data das eleccións municipais, convertiu de novo a homenaxe ao rianxeiro máis universal nun discurso cargado de mensaxes políticas e apenas ningunha lembranza para o fillo do pescador Manuel Rodríguez Dios e da ama de casa Joaquina Castelao Genme. Daniel Rodríguez Castelao non foi só político: era médico, escritor, debuxante e pintor. Como de cote, poñémoslles a nota íntegra do Bng: 

Guillerme Vázquez, líder dos nacionalistas galegos, asegura que "o éxito do Bng nas municipais é a chave do fracaso do PP"

Media_httpfarm6static_vqytm

 
O portavoz nacional apela á conciencia dos deputados e senadores do PP e PSOE e pregúntase “se poden durmir tranquilos apoiando medidas antisociais como a reforma das pensións”

Rianxo, 7 de xaneiro de 2011. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou esta mañá en Rianxo no acto en homenaxe a Castelao en Rianxo, no ano en que se cumpren 125 anos do seu nacemento. Neste acto, o líder nacionalista lembrou que en maio deste ano se celebran eleccións municipais e asegurou que o BNG “é a garantía fronte ao PP, o éxito do BNG é a chave o fracaso do PP” e por iso convidou a todos e todas a participar na campaña electoral que se aproxima.

Foi nun acto na Casa da Cultura de Rianxo no que estiveron presentes cargos orgánicos e institucionais do BNG. Ante unha sala chea, o portavoz nacional advertiu de que os populares “pretenden levar aos concellos o fracaso da Xunta” e criticou as “ilexítimas mocións de censura” presentadas polo PP e a súa intención de “incluír tránsfugas nas súas listas”.

O número un do nacionalismo galego apostou por convertir os concellos en elementos de dinamización da economía da man de goberno do BNG que demostrarán tamén a súa preocupación pola lingua e a cultura propias.

Media_httpfarm6static_piexm

Medidas antisociais

Guillerme apelou “á conciencia dos deputados e senadores do PP e PSOE” e perguntouse “como poderán durmir tranquilos apoiando as medidas antisociais que está a levar adiante o goberno galego e estatal”.

O número do Bloque criticou duramente a política “de dereitas” que se está a levar adiante, tanto dende o goberno galego, coma dende o estatal e acusou a Núñez Feijóo de demostrar “tanta impotencia como incompetencia”.

“Se non poden facer nada para loitar contra a crise”, continou o portavoz nacional, “para que están no goberno?”, ao tempo que ironizou co “tan cacarexado efecto Xacobeo”, porque, tal e como indicou, “aos santos pódenselle pedir moitas cousas, pero non que agoche a incapacidade dun goberno”.

Guillerme lembrou que “o señor Núñez Feijóo comprometérase a resolver a crise en 45 días  e o resultado é un incremento do paro, cun cifra de 14.000 desempregados máis en novembro e decembro, 4.500 empresas pecharon nos anos 2009 e 2010 e rexistráronse 100.000 afiliados menos na Seguridade Social, estas cifras son a evidencia do fracaso do goberno do PP”.

Media_httpfarm6static_jgfum

Chamamento á mobilización

Tal e como afirmou o portavoz nacional, “malia as dificultades hai esperanza”, polo que fixo un chamamento á mobilización social para lle plantar cara a esta situación e animou a participar nas mobilizacións convocadas polo sindicalismo nacionalista.

O portavoz nacional reivindicou a figura de Castelao e o seu ideario nun momento en que “nos atopamos ante retos difíceis, pero vencíbeis” e por iso indicou que “hoxe aquí selamos e reafirmamos o noso compromiso con Galiza, cos intereses da maioría social”.

“O FMI e a Comisión Europea dictaron a política económica a seguir e os gobernos limítanse a aplicala. Fabrican o ambiente social que leva aos cidadáns e cidadás a aceptar como inevitábeis os recurtes como fórmula única para garantir os beneficios dos amos do universo”, criticou Guillerme Vázquez.

Neste sentido, o portavoz nacional cargou contra medidas postas en marcha polo goberno do Estado, como a reforma das pensións “ou a privatización de todo o que queda por privatizar” e indicou que, contra o que afirman “hai outras vías porque é posíbel aumentar ingresos pola vía da reforma fiscal, é posíbel controlar a fraude, é posíbel rematar cos paraísos fiscais e que a banca pública favoreza o crédito aos empresarios”.

Así, apuntou á  “redución do gasto militar, por exemplo, retirando as tropas de Afganistán, que lle pregunten á xente que prefire: que diminúan as pensións ou o gasto militar”, ao tempo que suxeriu a eliminación das Deputacións, como outro camiño para aforrar cartos públicos.

Actualización 7 de xaneiro. 15:00 horas

Rianxo_ofrenda_castelao
Imaxe partillada por Xabier Pérez Igrexas no seu Facebook da ofrenda floral de hoxe.

Relacionado:

Castelao: así falaba e se movía o rianxeiro máis universal

Podería interesar:

Manuel Antonio, no "Ceo das Letras" en Santiago

Antes anunciamos:

Castelao_2011

A noticia no blog do Bng rianxeiro:

"Como é xa tradición, o 7 de xaneiro o BNG celebra en Rianxo o cabodano de Castelao. Este ano ademais van 125 anos do seu nacemento. Unha ocasión especial para reafirmarnos na posta en valor do seu legado político e a vixencia e vitalidade do seu pensamento.

Como era previsíbel, diante dos intentos do grupo parlamentar do BNG de declarar o 2011 Ano Castelao, topou coa empresa de Derrubos Núñez Feijoó para evitar e destruír todo o que arrecenda a galego e galeguismo. Non importa, gozaremos outros e outras de Rianxo!

Actos previstos Día 7 de xaneiro

11,30h.- Acto público (Casa da Cultura-Cuartel Vello).
Interveñen:
- Adolfo Muíños. Responsábel local do BNG.
- Guillerme Vázquez. Portavoz Nacional do BNG.

12,00h.- Ofrenda floral (Monumento a Castelao no Paseo da Ribeira). Interpretación do hino galego.

14, 30 h. Xantar de confraternidade organizado para as 14.30 h no Restaurante Brisas do Mar en Tanxil cun prezo de 20€. (Reservas antes do xoves no 654.697.768".

Relacionada:


Aturuxo!: actos do cabodano de Castelao, 7 de xaneiro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2011   Adolfo Muíños   Castelao   Guillerme Vázquez   Rianxo   bng   cabodano   homenaxe   memoria histórica   política  

Outes: Cen loureiros lembran ás vítimas do xenocidio franquista en Outes

Media_httpfarm6static_nrzbf

Integrantes da asociación cultural "Terra de Outes" fan un descanso na prantación para a foto.
De esquerda a dereita: Xesús Mato, tesoureiro de Terra de Outes , Xosé M. Vázquez (Xastre), director da revista que publica esta Asociación; Ramón Blanco, co legón ao ombreiro, escritor e secretario da mesma e Enrique Vidal (Kiko), socio de Terra de Outes que nesta ocasión asumíu a responsabilidade de dirixir os traballos de plantación.

Outes, 3 de xaneiro de 2011. A Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes na mañá do domingo 2 de xaneiro prantou 100 árbores de loureiro no xardín que rodea ao Monumento ás víctimas do franquismo da ría de Muros-Noia, que esta Asociación erguíu hai xa tres anos no lugar do Freixo (Outes), onde caera abatido polas balas falanxistas o deputado republicano Luis Barrena.

 

"Para darlle a dignidade que se merece a memoria de todas aquelas persoas que sacrificaron a súa vida non só para defender a legalidade republicana, senón tamén un mundo mellor e máis xusto, foi polo que se procedeu a construir un pasillo de loureiros en torno ao citado monumento", explicou Xoán X. Mariño, presidente da asociación cultural Terra de Outes.

Prantacin_de_loureiros
Nos próximos meses vai ser pavimentado tamén este sendeiro de loureiros polos membros desta Asociación para que cando se cumpra o 75 aniversario do dramático acontecemento, a acto que alí se realice, se leve a cabo nun terreo adecentado, ao amparo destas nobres árbores, que noutrora serviron para coroar a heroes de guerra e hoxe son magníficos cortaventos en moitas partes de Galicia nas que aínda coidan hortas e pomares.

 

Quen era Luís Barrena? Infórmese aquí

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Outes   Terra de Outes   asociacionismo   memoria histórica  

Porto do Son: case un cento de imaxes da Guerra Civil, dos Irmáns Maio, no Centro de Interpretación de Baroña

A exposición, de carácter itinerante, está organizada pola Deputación da Coruña e acaba de estar en Boiro

Media_httpwwwfotograf_chjaa

Porto do Son, 9 de novembro de 2010. Preto dun centenar de imaxes, na súa maioría inéditas, sobre a Guerra Civil española, realizadas polos fotógrafos integrados no colectivo Irmáns Maio exhíbense dende hoxe, martes 9 de novembro, no Centro de Interpretación de Baroña.

“Irmáns Maio. A Guerra Civil Española” é unha iniciativa da Deputación da Coruña, que conta coa colaboración do Ministerio de Cultura e que está a percorrer diversos municipios da provincia. A mostra está conformada por preto de cen fotografías da Guerra Civil captadas, coas súas cámaras Leika, polos cinco representantes dos colectivo Irmáns Maio, que durante máis de sete décadas permaneceron nos arquivos da Biblioteca Nacional. Son imaxes, en branco e negro, dos combatentes da 43 División, dos presos republicanos no cárcere de Carabanchel, das trincheiras do Ebro, da fronte de Guadalaxara e de Madrid, e outras que reflicten a realidade social dun país en guerra que foron recuperadas para ser expostas en distintos concellos da provincia.

Quenes eran os "Irmáns Maio"? Mire na Wikipedia

Esta mostra estivo no Festival Olladas de 2008, do que teñen un vídeo en Youtube:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   exposición   fotografía antiga   memoria histórica  

A Pobra: o venres 22 reinaugúrase a praza do Laureado Benigno Dávila Pérez na Angustia

Media_http2bpblogspot_eqfrd

Tripulación do Numancia, barco de guerra onde ía o pobrense Benigno Dávila en 1909

A Pobra do Caramiñal, 18 de outubro de 2010. Este venres 22 de outubro, ás seis da tarde, terá lugar a inauguración da remodelación da praza adicada ao heroe de guerra Benigno Dávila Pérez, laureado no seu día coa Cruz de San Fernando, máximo galardón militar de entón que aparellaba pensión de 100 pesetas mensuais.

Na inauguración, ademais das autoridades locais co alcalde Isaac Maceiras en cabeza, estará o subdelegado do Goberno, José Manuel Pose Mesura, e o almirante xefe do Arsenal militar de Ferrol, Santiago Bolívar. Amenizará coa súa música a Banda Militar do Tercio Norte.

Quen era Benigno Dávila Pérez?

Fillo de Serafín Dávila e Modesta Pérez, nado en A Pobra do Caramiñal (parroquia de Postmarcos) o 1 de xullo de 1888. Comezou a súa carreira na Marina aos 16 anos e aos 21 acadou a máis alta condecoración, a Cruz Laureada de San Fernando, a raíz duns feitos de 1909 cando prestaba servizo como Cabo de Mar no cruceiro "Reina Regente" e o "Numancia". A medalla supoñía unha pensión de cen pesetas mensuais, unha cantidade que daquela era unha fortuna.

Que feitos protagonizou para ser condecorado?

Benigno Dávila, en compaña do mariñeiro de primeira Melchor Uso, conseguiu nas proximidades de Alhucemas que, ao romperse o cabo que arrastraba un bote cargado de víveres, este non chegara a mans inimigas (combatía España daquela aos marroquinos, tamén chamados mouros, na campaña de Melilla de 1909). Segundo conta a prensa da época (xornal "La Correspondencia de España"), aquel 4 de setembro, "arroxáronse á auga en medio dunha chuvia de balas inimigas, impedindo, tras grandes esforzos, que o bote chegara á costa inimiga arrastrado pola corrente". A medalla foi entregada en San Fernando (Cádiz) ao final dun acto de xura de bandeira por parte dun novo reemprazo dos buques "Numancia" (onde prestaba servizo tamén o pobrense) e "Princesa de Asturias". Mais Benigno Dávila non puido asistir, por estar embarcado xa noutro barco, o "Nautilus" (e non era o do capitán Nemo de Xullo Verne).

Carreira de Benigno Dávila:

Como aprendiz de mariñeiro estivo en 1906 no gardacostas "Numancia". En 1908, no acorazado "Pelayo", no torpedeiro "Terror" e no gardacostas "Numancia". En 1909, na corbeta "Nautilus" e no cruceiro "Reina Regente". En 1910, no "Reina Regente" e na corbeta "Villa de Bilbao", así como no torpedeiro "Halcón".

Entre os ascensos que obtivo, foi pasando de aprendiz a mariñeiro de 2ª, de 1ª, de primeira a preferente e logo cabo de mar en 1908. Contramaestre no torpedeiro número un do "Halcón".

Na súa valoración académica (Instrucción elemental), asinada polo marqués de Magaz, como Cabo de Mar, atopamos:

Doctrina cristiana : Aprobada.
Lectura : Distinguido.
Aritmética : Distinguido.
Xeometria : Distinguido.
Xeografía : Aprobado.
Instrución militar : Distinguido.
Regras de disciplina militar : Distinguido.
Exercicios de carabina : Distinguido.
Coñecementos militares e artilleiros: Aprobado.
Exercicios de cañón, revólver e sable : Aprobado.
Instrución marítima : Distinguido.

Disciplina : Bo.
Conduta : Moi bo.
Aplicación : Moi bo.
Aproveitamento : Moi bo.
Aptitud profesional : Moi bo.

Clasificación definitiva : Distinguido.

Casou con Emilia Gómez Nuñez.

Fonte: “España en sus héroes”. Madrid 1969 pág. 334. (vía)

Benigno Dávila faleceu en Ferrol (entón El Ferrol del Caudillo) aos 68 anos de idade, no ano 1956.

Cando se lle adicou a praza que leva o seu nome?

Copia literal Acta Plenaria del 14 de mayo de 1986:

“ 4º.-PROPUESTAS VARIAS DE LA ALCALDIA SOBRE NOMBRES DE CALLES Y PLAZAS: Se da lectura a las siguientes propuestas:1ª.- “Entre los laureados de España, ostenta la gran Cruz Militar Orden de San Fernando, el pueblense D. BENIGNO DAVILA PEREZ, hijo de Serafín Davila y Modesta Pérez, naturales de Conchido, de este término municipal.

Este preciado galardón le fue concedido el día 4 de septiembre de 1909 y la narración de los hechos que dieron lugar a ello, son los siguientes:

El 4 de septiembre de 1909 el cabo D. BENIGNO DAVILA PEREZ, perteneciente a la dotación de “La Numancia”, patroneaba en las inmediaciones de Alhucemas, un bote a vapor que remolcaba a otro de víveres. Al producirse una avería en el primero, que impidió el remolque por haberse enredado el chicote en la hélice, impidiendo el movimiento de la máquina, emprezaron a irse las dos embarcaciones a la costa rifeña, arrolladas por la mar, corriendo gran peligro. Para evitarlo, el cabo davila Pérez, pidió autorización al Oficial que dirigía la operación y se lanzó al agua, seguido del marinero D. Melchor Uso Márquez, consiguiendo entre los dos zafar el chicote y dejar libre la hélice, efectuándolo todo bajo el nutrido fuego del enemigo y con gran riesgo de sus vidas.

La gran cruz laureada de San Fernando, es la máxima recompensa Militar y el que se debe suponer un motivo de orgullo y satisfacción para todos sus vecinos, entendiendo esta Alcaldía que debe dejarse constancia de ello para conocimiento general, tanto de las generaciones actuales como de las venideras.

Por lo expuesto esta Alcaldía, a la consideración del Ayuntamiento Pleno propone la adopción del siguiente acuerdo:

Que teniendo en cuenta que el referido vecino era natural de la parroquia de Postmarcos, que la actual Plaza de Angustia se denomine “PLAZA DEL CABALLERO LAUREADO BENIGNO DAVILA PEREZ” y que el descubrimiento de la placa correspondiente se efectúe coincidiendo con un acto de relieve oficial.

Puebla del Caramiñal, 14 de mayo de 1986 El alcalde, firmado

En uso de la palabra el Sr. Ouviña manifiesta que se halla de acuerdo con la propuesta de la Alcaldía, si bien quisiera preguntar porque se esperó tantos años a tomar esta decisión.Más bien a él le parece que se trata de un acto electoralista.

La Presidencia responde al referido concejal y aún cuando no le extrañan sus manifestaciones, debe decirle que no se trata de ningún acto electoralista y que si no se ha adoptado anteriormente este acuerdo, es algo que tenía que preguntarle a a las personas que le antecedieron en el cargo de Alcalde, que la Presidencia, desde que está desempeñado tal cargo, no había tenido conocimiento hasta hace poco tiempo en que se ha editado por la Excma. Diputación un libro con los laureados gallegos del siglo XX, por lo que se le ha ocurrido formular la propuesta que les ha sido leída, por enetender que se debía honrar el recuerdo de un gallego y sobre todo puéblense, distinguido con la máxima Orden Militar que es la gran Cruz Laureada de San Fernando.

Sometida a votación la propuesta, es aprobada por unanimidad de los asistentes”.

 

Click here to download:
INVITACION Praza Angustia.doc (4.13 MB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Historia   memoria histórica   obras