Preme para voltar á portada
Filed under

mercados e feiras

 

Ribeira: barallan a posibilidade de que todos os praceiros actuais vaian na mesma planta do futuro mercado

 

Reunion_praceiros_novo_mercado

Ribeira, 16 de abril de 2012.- O salón de plenos do Consistorio deu cabida esta mañá a unha reunión técnica co obxectivo de presentar por parte do Executivo local o proxecto do Novo Mercado de Ribeira aos praceiros e praceiras da cidade. Asistiron unha vintena destes operadores, que escoitaron de boca do alcalde Manuel Ruiz Rivas e do concelleiro de Consumo Vicente Mariño de Bricio os detalles da nova infraestrutura, cuxa construción está programada para iniciarse en agosto.

En resposta a unha suxestión plantexada polas 6 froiterías e carnicerías ata hai pouco instaladas na primeira planta do que era a praza de abastos, o Concello comprometeuse a estudar a posibilidade de que todos os profesionais que operan actualmente no Mercado Provisional poidan situarse no mesmo andar: concretamente, na planta baixa, espazo que está destinado a albergar entre outros 28 postos de mariscos e peixe fresco.

Plan de comercialización

O alcalde manifestou que polo que a el respecta non ve impedimento a esta posibilidade, pero que o que definirá a distribución concreta do inmoble vai ser un plan de comercialización que ten intención de encargar o Executivo. Este traballo terá o obxectivo de acadar a mellor fórmula posible cara un óptimo funcionamento do inmoble en todo o seu conxunto, xa que hai que ter en conta que entre a planta baixa e o primeiro andar se dará cabida a un total de 49 postos de venta de mariscos e pescados, conxelados, froitas, verduras, carnes e outros produtos complementarios como restauración, quiosco de prensa...; a segunda planta aloxará produtos non perecedoiros, mentres que a terceira planta e a terraza superior do edificio acollerán un restaurante.

Así, Ruiz Rivas considerou fundamental que unhas plantas se axuden a outras no reto de que o Novo Mercado sexa un referente económico do municipio e un dinamizador do entorno.

Outra das cuestións abordadas na reunión de hoxe foi o do Mercado Provisional aberto o pasado 3 de abril que, ao parecer dos praceiros, está tendo un funcionamento moi positivo, rexistrándose un sensible incremento de ventas con respecta a antiga praza.

Antes, en Certo:


Mercado: abre o provisional. É tempo dun novo faraónico?



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   mercados e feiras  

Ribeira: aberto o mercado provisional

  •  En agosto comezará a construción dun vangardista mercado que custará 3,5 millóns de euros e asemellarase a un barco de cristal
  • Xa hai opinións sobre a inoportunidade de adicar fondos europeos a estas obras fastuosas en plena crise namentres se fan recortes no cerne do estado do benestar
    (download)

 Ribeira, 4 de abril de 2012.- Despois de 40 anos, o mercado municipal de Ribeira xa é historia. O alcalde Manuel Ruiz e a directora xeral de Comercio protagonizaron este martes 3 de abril a primeira hora da mañá un acto simbólico co que se pretendeu ilustrar o inicio de derrubo deste inmoble, retirando coa asistencia dun operario de Oviga o letreiro do mercado que dende antano preside a fachada dianteira da edificación.

 

A continuación chegou o turno de inaugurar oficialmente o mercado provisional situado a escasos metros, na confluencia da rúa Canarias coa rúa Galicia. Esta vez, Ruiz Rivas e Castro Domínguez estiveron acompañados da praceira máis antiga á hora destapar o cartel anunciador co que se dá a benvida aos potenciais consumidores. Sen maior demora abríronse as portas da instalación temporal, onde xa estaban preparados nos seus respectivos postos e engalanados cos seus novos uniformes regulamentarios os vendedores e vendedoras que, unha vez bendita a carpa polo párroco Cesáreo Canabal, atenderon xa aos primeiros clientes.

 

Nava Castro, Manuel Ruiz, o alcalde de Cambados Luis Aragunde, membros da Corporación Municipal, Magdalena Bringas en calidade de presidenta da principal asociación de consumidores e usuarios do municipio (Amas de Casa), medios de comunicación, técnicos municipais e moitos veciños percorreron nestes primeiros momentos o interior da carpa de 450 metros cadrados na que unha vintena de operadores atenderán ao público, como mínimo, durante o próximo ano e medio.

 

Pero os actos de hoxe non remataban aí, senón que as autoridades desprazáronse ata o salón de sesións da Casa Consistorial para presentar o proxecto do novo mercado. Cun orzamento de 3,5 millóns de euros, está previsto licitar a actuación de inmediato, de tal xeito que no mes de agosto se poda comezar a construción física do inmoble, cuxa data de finalización é decembro de 2013. Manuel Ruiz destacou o interese recibido das empresas máis importantes de España en postularse para acometer esta obra, o que da idea da envergadura e ambición dun proxecto “que vai marcar un antes e un despois na estética do que ten que ser a nosa fachada marítima”.

 

Sobre os detalles do mesmo, cómpre resaltar que a estrutura do inmoble simula “un barco de cristal”, en palabras do seu arquitecto Celso López Martín. A instalación estará distribuída en planta soto (para labores de carga e descarga, cámaras frigoríficas, vestiarios, etc...), planta baixa (área de pescados e mariscos), planta primeira (para outros produtos perecedoiros como carnes, froitas, verduras, etc...), segunda (produtos non perecedoiros) e terceira (restaurante). Enriba de todo haberá unha terraza que prestará servizo ao local de hostalería. A edificación estará preparada para conectar chegado o caso cun aparcamento subterráneo: un proxecto este último que está en estudo de viabilidade.

 

Peixes serigrafiados

Unha das características que máis chamará a atención do futuro e vangardista mercado será a súa fachada de cristal inclinada, que en función da hora do día irá cambiando os tonos e sensacións e estará serigrafiada precisamente con tramas do que é o seu produto estrela: o peixe.

 

Manuel Ruiz afirmou que para chegar ata aquí houbo detrás o traballo de moita xente e resaltou en primeiro lugar o labor da anterior Corporación Municipal, que ideou o proxecto Riveira Atlántica que permitiu conseguir os fondos europeos Feder. Tamén salientou o traballo desenvolvido por persoal municipal, o dos arquitectos Ángel Cid (redactor do proxecto de derrubo) e Celso López Martín (redactor dos proxectos da carpa e do novo mercado), así como da empresa Oviga, encargada tanto da demolición do mercado como do traballo contrarreloxo de acondicionar a carpa que alberga o mercado provisional.


 

Mal momento para obras faraónicas


 

Xa chegaron a esta redacción as primeiras opinións sobre o novo mercado, relativas sobre todo ao enorme orzamento que supón nestes momentos de crise económica. Namentres hai uns anos ninguén daba un chío contra este tipo de obras, e todos os alcaldes galegos competían a ver "quen a tiña máis grande" (a obra pública), agora non están as cousas para fachendear coa que está caendo neste país. Mariano Rajoy, que por fin chegou á presidencia deste país hai escasos cen días, xa advertiu aos seus alcaldes -Ruiz Rivas é un deles- de que "non é tempo para autopistas ou estadios", mais os fondos europeos, como é este caso, seguen apalabrados para estas obras, pode que, senón innecesarias, si prescindibles polo de agora. "Se poden aguantar as nucleares 10 anos máis co perigosas que son, o mercado tamén podía aguantalos", explicaron varios ribeirenses críticos co xeito de planear as obras nesta cidade. O mesmo comentan da futura lonxa: "van facela xusto cando nos están a sacar cotas por todos lados: pensan vender alí o da acuicultura?", din algúns mariñeiros, que cren que habería que reorientar este tipo de gastos neste tempo.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   mercados e feiras  

Ribeira: adxudicadas a adquisición da carpa provisional do novo mercado e o derrube do vello

  • A carpa vai ser colocada en febreiro na Praza de España e o traslado dos praceiros sería en marzo, en datas aproximadas
  • O Concello tamén informou da reunión sobre Educación no Eixo Atlántico que vai ter lugar mañá, 25 de xaneiro, e do peche, por derradeira ocasión, da rúa Cristóbal Colón dende hoxe martes 24

Reunin_praceiros


Ribeira, 22 de xaneiro de 2012.- O salón de sesións da Casa Consistorial de Riveira acolleu onte unha reunión entre o concelleiro de Consumo, Vicente Mariño de Bricio, e os vendedores que operan na praza de abastos, para poñer en coñecemento dos mesmos diferentes aspectos relacionados co seu próximo traslado temporal a unha carpa e proceder coa construción do novo mercado municipal.

A este respecto, Mariño de Bricio informou aos praceiros de que xa foi adxudicada con carácter provisional tanto a adquisición da carpa (está prevista a súa instalación en febreiro) como o derrubo do mercado actual. Así e logo, salvo causa imprevista, manteríase mediados de marzo como data para o traslado dos praceiros, unha vez se proceda coa instalación da carpa e o acondicionamento do seu interior.

Suxiren a constitución en asociación

Outro dos puntos máis relevantes da reunión foi a proposta realizada polo edil de Consumo aos operarios do mercado para que se constitúan nunha asociación, ao entender que este sería o órgano máis adecuado para servir de interlocutor entre os praceiros coas administracións, outras entidades públicas e privadas e a sociedade en xeral. 

Vicente Mariño estivo acompañado dun técnico municipal especialista neste tipo de cuestións (Mario Vidal, da Área de Xuventude), quen lles explicou as vantaxes do asociacionismo e os trámites necesarios para constituírse en asociación. A proposta foi moi ben acollida polos praceiros presentes e non se descarta que en pouco tempo quede formalizada a súa creación. 

Outros aspectos nos que se incidiu durante a xuntanza tiveron que ver coa sinalética da carpa (tanto dentro como nas súas inmediacións), o uso de dispositivos para a compra con tarxeta ou o emprego de uniforme polos vendedores. A este último respecto incluso se chegou a presentar unha proposta de uniforme que recibiu o visto bo dos vendedores.

Peche da rúa Cristóbal Colón para asfaltado

 
O Concello informa de que, unha vez transcorrida a fin de semana, a partir de hoxe, martes 25, pola mañá, queda de novo pechada ao tráfico rodado a rúa Cristóbal Colón co obxecto de estender a segunda capa de aglomerado asfáltico.

Con este labor porase fin ás obras de renovación de servizos e pavimentación plantexadas para esta vía, situada nas inmediacións da igrexa parroquial de Santa Uxía.

Comisión de Educación do Eixo Atlántico

Media_httpfarm4static_ckzya

Un dos municipios que participa é Monforte de Lemos

A casa consistorial será escenario no día da mañá, mércores, dunha reunión da Comisión Delegada de Educación do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

Con tal motivo desprazaranse ata Ribeira unha vintena de representantes de distintos concellos que forman parte desta entidade, concibida para afianzar as relacións de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal. Entre os municipios que confirmaron a súa presenza, figuran A Coruña, Carballo, Monforte, Ribeira, Santiago, Sarria, Vigo, Vilagarcía, Barcelos, Guimaraes, Viana do Castelo, Vila Real, Vila Nova de Famalicao e Matosinhos. O secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, tamén estará presente no encontro xunto con Rita Fidalgo, responsable de Programas e Cooperación.

A comisión será  recibida no salón de plenos da Casa do Concello polo alcalde ás  10.30 horas para, acto seguido, trasladarse á sede do Círculo Mercantil, no que se desenvolverá o encontro para tratar asuntos relacionados coa próxima organización da terceira Mostra Musical do Eixo Atlántico en Vilagarcía.

Despois da reunión farán unha breve visita turística polos lugares máis salientables do municipio.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello   mercados e feiras  

Ribeira: 26 postos en menos de 500 metros cadrados na carpa provisional do mercado

  • A carpa, cuxo custe ascenderá a 90.000 euros, permanecerá namentres se constrúe o novo mercado
  • Prevese o 9 de xaneiro como peche da praza de abastos actual, para deixar pasar as complicadas festas do Nadal

(download)
Ribeira, 21 de novembro de 2011.- O Salón de Sesións da Casa Consistorial acolleu hoxe unha reunión convocada polo Executivo na que Manuel Ruiz e o concelleiro de Consumo, Vicente Mariño, lles explicaron aos responsables dos puntos de venta da praza de abastos as características do lugar no que traballarán mentres se proceda á construción do novo mercado municipal e a demolición previa do edificio actual. 

O devandito lugar está situado a escasos 30 metros da praza de abastos, nun solar ubicado a carón da rúa Canarias e da praza de España e lindando cun aparcadoiro público. Na parcela habilitarase unha carpa pneumática de 461 metros cadrados en cuxo interior distribuiranse 26 postos: 16 de pescados e mariscos, 4 de carnicería, 3 de conxelados (un deles tamén ten embutidos) e 3 froiterías.  

A carpa contará ademais con aseos (masculino, feminino e para minusválidos), un almacén de 27 metros cadrados e un distribuidor de 10 metros cadrados, entre outros espazos. 

90.000 euros de investimento

O custo derivado da carpa máis as obras de acondicionamento ascenderá a 90.000 euros. 

Durante o encontro acordouse que a distribución dos postos se fará por sorteo. 

Tendo en conta a importancia comercial das festas de Nadal para os vendedores da praza, estableceuse como data máis probable para o peche da mesma o luns día 9 de xaneiro, unha vez transcorridas esas celebracións.  

Ademais, o alcalde informoulles aos comerciantes que acudiron á cita de que, pechada a praza de abastos e durante un prazo aproximado de 10 días, se requirirá o cese da actividade de venta para proceder co traslado ata a carpa das cámaras frigoríficas e outros materiais.

Antes, en Certo:


Sindicatos: vanse para as antigas oficinas de Servizos Sociais


Rocapellón, Deán Grande e mercado: novidades sobre estas zonas

Pode que tamén lle interese:


Obradoiro: dores neuropáticas e fibromialxia. O mércores 23 de novembro

O xogo é un dos dereitos do neno
Día da Infancia: acto o 9 de decembro no auditorio



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   mercados e feiras  

Ribeira: entregaron diplomas aos comercios e negocios de hostalería implicados na Feira Mariñeira

  • O alcalde prometeu unha "Semana do Mar" o vindeiro ano para promocionar produtos pesqueiros

Feira_marieira_-_saln_de_pleno
Ribeira, 1 de setembro de 2011.– O Salón de Plenos da Casa Consistorial acolleu esta mañá unha entrega de diplomas aos 21 locais hostaleiros e 6 establecementos comerciais que estiveron implicados no desenvolvemento da Quinta Feira Artesanal e Mariñeira: no primeiro caso a través da ruta de tapeo mariñeiro e cócteles do evento e, no segundo, no concurso de escaparates decorados con motivos mariñeiros. Ademais, o acto serviu para desvelar o nome do establecemento gañador deste último certame (promovido xunto coa Asociación de Empresarios de Ribeira) que resultou Electrodomésticos Sampedro. 

Feira_marieira_-_foto_de_grupo

O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, foi o encargado de entregar os diplomas a cada un dos participantes, así como unha placa conmemorativa no caso do concurso de escaparates. Durante a súa intervención, o rexedor riveirense manifestou que o salto de calidade que experimentou este ano a feira mariñeira derivou exclusivamente da implicación de todos os establecementos que se quixeron sumar ao evento e expresou o seu desexo de que sirvan de punta de lanza para que outros negocios se involucren o ano que ven. 

Manuel Ruiz aproveitou o seu discurso para pedir a colaboración de todos os presentes na Semana do Mar que está organizando o Concello para o ano que ven, e que entre outros obxectivos busca poñer en valor aqueles produtos pesqueiros e marisqueiros que agora non teñen tan fácil saída comercial como outros que están máis promocionados.  

No transcurso do acto, Ruiz Rivas estivo acompañado na mesa presidencial dos concelleiros municipais de Cultura e de Comercio, Elvira Pisos e Anxo Orellán, respectivamente; así como do secretario da Asociación de Empresarios de Riveira, José Antonio Nespereira. 

Ademais de Electrodomésticos Sampedro os establecementos que tomaron parte no concurso de escaparates foron Alalba, D´Nacar, Xoguetes Toy Sur, Pastelería Fina, Rincón del Chocolate, e Teresa Arreglos de Confección. 

En canto aos establecementos hostaleiros: A Caseira, A Cuba, Aimar, As Fillas de Bande, A Taberna do Riaso, Botter, Brétema, Capitán Morgan, Carballoso, Ceos, Coliseo, Golfox, Kukua, La Brasa, Leiro, Noite Meiga, O Parque de Atrás, O Paseo de Coroso, Pepe`s e Plaza.

Relacionada:


Feira Mariñeira: Imaxes

Pode que tamén lle interese:


Cursos de danza: abre o prazo ata o 30 de setembro


Sálvora C.F.: este sábado 3 presentan as categorías inferiores


Novo posto para o alcalde: no Consello de Portos de Galicia


Festas de Santa Uxía: o luns 12 de setembro, concurso de baile


Andaina popular: o sábado 3 de setembro

 


Caricaturas de Pepe Núñez: ata o 15 de outubro no auditorio



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   hostalería   mercados e feiras   turismo  

Ribeira: comezou a quinta Feira Artesanal e Mariñeira

(download)
Ribeira, 19 de agosto de 2011. A Feira Artesanal e Mariñeira iniciou esta tarde a súa quinta andaina cun animado e xenuíno pregón inaugural no que o grupo árabe-andaluz Al-Folk encargouse de poñerlle cor e orixinalidade ao acto, acompañado do grupo de gaitas A Gandaina de Palmeira. Co corte da cinta inaugural polo alcalde deuse o pistoletazo de saída a tres días repletos de ducias de actividades de sabor mariñeiro e un cento de postos expositivos de variada temática.. 

Hai stands procedentes de lugares como Francia, Portugal, Marrocos, Arxentina, Brasil, Cuba, India e de boa parte de España como Andalucía, Valencia, Cataluña, Asturias, Estremadura, A Rioxa, Castela A Mancha, etc... distribuídos polo Malecón, a praza do concello e zonas peonís como as rúas Santa Uxía ou Galicia. 

Entre as novidades da feira cabe destacar un concurso de escaparatismo de temática artesanal e mariñeira (participarán sete establecementos), unha ruta de tapeo mariñeiro (os bares e cafeterías inscritos poñen a disposición dos clientes tapas realizadas con produtos do mar) e unha ruta de cócteles da feira (que ofrece a posibilidade de degustar un cóctel propio e único en cada establecemento participante, todos eles con nomes mariñeiros: dorna, galerna, rompente mariña... e así ata 20 cócteles). 

En canto aos elencos que se encargarán de animar as rúas durante a feira, cabe destacar entre eles Confusión de Toledo (con ogros xigantes, figuras...), Al-Folk (formación musical arábigo-andaluz), o grupo de gaitas A Gandaina de Palmeira, Bom-Bom (teatro ambulante, encantadores de serpes...), Tuttis Catraputtis (grupo de música tradicional portuguesa), Cenáculo Teatro (circo e animación de rúa), Pista Activa (acrobacias, clown, malabares...), A Roda (circo) e Atraspies Circo (espectáculo circense). 

A praza Pablo Neruda acollerá un rincón infantil con obradoiros de reciclaxe, pintura ou pinta caras; catapulta e tirachinas, xogos de época, tira monos, obradoiro de barro e alfarería, conta contos, batea medieval, bandeiras mariñeiras, xogo da pesca e un longo etcétera. 

Moitos establecementos organizan outras actividades paralelas como concertos, exposicións, menús mariñeiros, conxuros de queimadas... que lle conferirán máis sabor á celebración.  

Programa completo:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   mercados e feiras  

Ribeira: pasan Servizos Sociais ao edificio Mirador de Padín para ir preparando as obras do novo mercado

  • O traslado permitirá que os locais da rúa Correos sexan ocupados por sindicatos ou extensión agraria alomenos temporalmente 
  • Os praceiros van ser reubicados nunha carpa provisional este mesmo ano ao pé do inmoble
  • As previsións apuntan a que a obra será adxudicada no primeiro semestre de 2012

Media_httpfarm3static_jddld

O Concello tamén está a loitar por mellorar o mercadillo dos sábados no peirao

Ribeira, 19 de agosto de 2011. – O Concello informa de que en breve se van iniciar labores de traslado do Departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller (CIM) dende as instalacións actuais na rúa Correos de Santa Uxía ás novas dependencias que se situarán na praza de 8 de marzo (no edificio Miradoiro de Padín). Así, a intención do Executivo Local é que a principios de setembro estea culminada a mudanza do mobiliario para a continuación acometer o traslado dos traballadores. 

Este cambio de dependencias reviste gran importancia ao significar un transcendente paso na execución do proxecto do novo mercado municipal. Isto é así porque, como consecuencia do traslado do CIM  e dos Servizos Sociais, os locais situados na rúa Correos quedan expeditos para o seu uso polos sindicatos ou polos servizos de extensión agraria, cuxas sedes actuais están localizadas como é sabido no actual inmoble da praza de abastos. Esta ocupación tería en principio carácter temporal, pero non se descarta que sexa definitiva dependendo de como cristalicen as xestións que está realizando ao respecto o Goberno Local. 

Demolición

Así e logo, de resultas de todo o explicado seguen en pé os prazos estimados inicialmente polo novo Goberno e, salvo contratempo, este mesmo ano terá lugar o traslado provisional dos praceiros e praceiras que operan no mercado a unha nova ubicación. Por outra banda, se non da tempo a proceder no presente exercicio coa demolición física do edificio, alomenos si se iniciará o expediente de derrubo. 

En canto ao lugar no que se emprazarán provisionalmente os vendedores, o Concello anuncia que será nunha carpa instalada nas inmediacións deste inmoble, cunhas dimensións de 15x30 metros (450 metros cadrados). 

Ribeira Atlántica

Con respecto ao novo mercado propiamente dito (unha actuación adscrita ao programa con financiamento europeo Ribeira Atlántica), cómpre informar que xa foi iniciado o expediente de contratación do proxecto técnico e que a previsión do Executivo é adxudicar a súa construción no primeiro semestre de 2012. Está previsto que o edificio quede totalmente rematado antes de finalizar o 2013. 

O presuposto global da actuación ascende a 4.980.860,61 euros: cifra na que se inclúe a construción do mercado, o traslado provisional das praceiras e praceiros a outra ubicación e a urbanización do entorno comercial das Carolinas. Non se inclúe o aparcamento subterráneo do Malecón (outro proxecto ligado ao novo mercado) por preverse que este teña lugar baixo sistema concesional.

Antes, en Certo:


Fondos Europeos: cinco millóns para 11 actuaciones. Entre elas, Ribeira Atlántica

Pode que tamén lle interese:


Feira Artesanal e Mariñeira: do 19 ao 21. Programa



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   mercados e feiras  

Ribeira: do venres 19 ao domingo 21 de agosto, V edición da Feira Artesanal e Mariñeira

  • Agárdanse un cento de postos e paradas
  • A feira estará amenizada por actividades que van dende o circo á pirotecnia, pasando por xogos infantís, teatro e música


Fágase unha idea desta feira vendo as imaxes do ano pasado

Ribeira, 17 de agosto de 2011.- Un cento de postos e paradas participarán os vindeiros días 19, 20 e 21 de agosto na quinta edición da Feira Artesanal e Mariñeira de Riveira na que ademais da parte expositiva daranse cita todo tipo actividades de rúa, música tradicional galega e portuguesa, teatro e circo ambulante, contacontos, zancudos, xigantes e cabezudos, xogos infantís, pirotecnia, e outras accións que encherán o acontecemento de divertimento e animación. 

Os concelleiros de Comercio e Turismo, Anxo Orellán, e de Cultura, Elvira Pisos, foron os encargados de explicar polo miúdo o programa desta feira e destacaron a gran implicación recibida por parte de comerciantes e hostaleiros nesta convocatoria. Tamén interviron na presentación os técnicos municipais Unai González e Chiki Durán. 

Feira_marieira_2

Sobre a parte expositiva, Elvira Pisos destacou que este ano houbo o dobre de solicitudes que postos se concederon, pois a organización preferiu priorizar “a calidade e diversidade de postos e produtos a ofrecer antes que a cantidade”. Estes stands proceden de lugares como Francia, Portugal, Marrocos, Arxentina, Brasil, Cuba, India e de boa parte de España como Andalucía, Valencia, Cataluña, Asturias, Estremadura, A Rioxa, Castela A Mancha, etc... o que vén  consolidar esta feira como referente en Galicia e en España.  

En canto ao lugar de celebración, nesta edición cambia o itinerario e primarase a zona do Malecón en canto a área expositiva, pois é intención do Concello seguir abrindo o evento ao mar para resaltar a súa temática. Non obstante, tamén se emprazará en zonas peonís como a rúa de Santa Uxía e haberá actividades no entorno da Igrexa parroquial, nas prazas do Concello, Pablo Neruda, de Vigo ou de Ourense, etc... ademais do propio Malecón. 

Concurso de escaparatismo

Segundo referiu Anxo Orellán, esta feira vai supoñer un impulso ao turismo e ao comercio da cidade, e para este fin cóntase coa colaboración da Asociación de Empresarios e do Centro Comercial Aberto Viamare. Unha das novidades desta edición será un concurso de escaparatismo de temática artesanal e mariñeira na que participarán sete establecementos. 

Rutas de tapeo mariñeiro e de cócteis

Outra das novas iniciativas promovidas foi a de involucrar a hostalería local a través de dúas actividades: unha ruta de tapeo mariñeiro (os bares e cafeterías inscritos porán a disposición dos clientes tapas realizadas con produtos do mar) e unha ruta de cócteis da feira (que ofrece a posibilidade de degustar un cóctel propio e único en cada establecemento participante, todos eles con nomes mariñeiros: dorna, galerna, rompente mariña... e así ata 20 variedades). 

Moitos establecementos organizarán ademais actividades paralelas como concertos, exposicións, menús mariñeiros, conxuros de queimadas.... Ademais, algúns establecementos comerciais participarán na parte expositiva da feira ou ben abrirán os seus locais a fin de semana para aproveitarse do tirón de visitantes que se prevé recibir. 

Feira_marieira_1

En canto aos elencos que se encargarán de animar as rúas durante a feira, cabe destacar entre eles Confusión de Toledo (con ogros xigantes, figuras...), Al-Folk (formación musical arábigo-andaluz), o grupo de gaitas A Gandaina de Palmeira, Bom-Bom (teatro ambulante, encantadores de serpes...), Tuttis Catraputtis (grupo de música tradicional portuguesa), Cenáculo Teatro (circo e animación de rúa), Pista Activa (acrobacias, clown, malabares...), A Roda (circo) e Atraspies Circo (espectáculo circense). 

A organización quixo destacar tamén a implicación de distintas asociacións do municipio, como as Amas de Casa ou “Riveira escríbese con v” e convidar á xente que acuda a feira a vestirse de época para darlle máis sabor mariñeiro á feira.

Programa detallado:

Click here to download:
Programa da Feira Artesanal e Mariñeira.pdf (1.62 MB)
(download)

Pode que tamén lle interese:


Homenaxe: este sábado 20 de agosto, á Galiza Mártir



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   mercados e feiras  

Porto do Son: o 27 e 28 de agosto, Feira Mariñeira, festa gastronómica en Portosín

Ribeira: o Concello cualifica de "moi bo" o inicio do novo mercadillo de Palmeira

  • A praza de abastos tamén se beneficiou da iniciativa municipal  

(download)
Ribeira, 5 de agosto de 2011. – O mercadillo de Palmeira iniciou hoxe a súa andaina "con moi bo pé", segundo o Concello ribeirense, xa que foron numerosos os veciños e visitantes que se congregaron na rúa da Canle e vías adxacentes atraídos polos 70 postos con que conta a iniciativa neste primeiro día.  

Calzados, téxtil, legumes, churros, repostería, hortalizas, froitas ou marroquinería foron algúns dos xéneros que se puideron comprar no mercado ambulante, que se desenvolverá todos os venres. A isto hai que engadir que a praza de abastos ao pé rexistrou tamén unha notable actividade comercial, que é ao fin e ao cabo un dos principais obxectivos con que o Concello decidiu acometer esta acción. 

Aparcamento na Horta do Cura

Para facilitar o acceso de posibles usuarios ao mercado, o Concello habilitou unha área de aparcamento gratuíto no entorno da zona coñecida como Horta do Cura que tamén presentou bastante movemento. 

Cabe recordar que hai más de 40 demandantes de puntos de venta en lista de espera aos que a Concellería de Consumo que dirixe Vicente Mariño de Bricio procurará atopar espazo nas próximas semanas ampliando o mercado.


Horario da biblioteca: o habitual dende luns que vén

Por outra banda, o Concello informa que a Biblioteca Pública Municipal regresa por decisión dos usuarios ao seu horario habitual, de tal xeito que estará aberta de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, de luns a venres. 

Este novo horario farase efectivo a partir do vindeiro luns 8 de agosto.

Pode que tamén lle interese:


Ribeira: as Festas do Verán, ata o domingo 7. Programa completo

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Palmeira   Ribeira   mercados e feiras  

Ribeira: Palmeira abre este venres un mercadillo con 70 postos

  • O concelleiro De Bricio estivo na parroquia para coordinar a distribución de espazos 
  • Vaise ampliar canto antes, pois hai unha lista de agarda de 40 comerciantes

Media_httpfarm7static_rfhgr

Ribeira, 4 de agosto de 2011. – Seguindo as previsións, mañá venres día 5 de agosto abrirá o novo mercadillo de Palmeira e serán setenta os postos que pola mañá, en horario de 9 a 14 horas, estarán distribuídos na rúa da canle, a explanada de aparcamento da praza de abastos e outras zonas adxacentes ao mercado municipal da parroquia. 

Para coordinar a distribución dos postos personouse na mañá de hoxe na zona en cuestión o concelleiro responsable da área de Consumo, Vicente Mariño de Bricio, en presenza da maior parte dos comerciantes que mañá participarán no mercado ambulante. Entre os xéneros que os veciños e visitantes poderán mercar, hai desde téxtil, calzados ou marroquinería ata froitas, hortalizas, legumes, churros ou repostería. 

O edil municipal lembrou que esta acción nace en resposta á demanda dos propios empresarios da parroquia de Palmeira e, en especial, dos que traballan na actual praza de abastos, co obxectivo de dinamizar a actividade comercial da localidade. 

Mariño de Bricio informou de que hai máis de 40 demandantes de postos en lista de espera, razón pola cal xa se están estudando novas zonas de ampliación da iniciativa. Algo que se pretende executar nas vindeiras semanas.

Antes, en Certo:

  • Agardan que o primeiro sexa xa o venres 5 de agosto
  • Irá no exterior da praza de abastos de Palmeira

(download)

Ribeira, 29 de xullo de 2010.- Palmeira contará a partir do vindeiro venres cun mercadillo ambulante. Así o anunciou hoxe o concelleiro que ten as competencias de Consumo, Vicente García de Bricio, no lugar onde se emprazará a iniciativa, concretamente na zona exterior da praza de abastos da parroquia. 

Mariño de Bricio, que estivo acompañado dos concelleiros naturais de Palmeira Mª Carmen Vizcaya Sampedro e Emilio Pérez Outeiral, xustificou esta acción como unha medida para dinamizar a actividade comercial da parroquia, que nace a instancias precisamente dos propios comerciantes do pobo e moi especialmente dos que operan no mercado de abastos. “Fai máis ou menos un mes, os comerciantes de Palmeira subliñáronme a necesidade de reactivar o seu movemento comercial –afirmou- e o Concello púxose inmediatamente mans a obra para buscar a forma de facelo”. 

O mercadillo terá lugar todos os venres pola mañá e a intención do concelleiro de Mercados e que se inicie xa o próximo 5 de agosto. O Executivo calcula que haberá uns 50 postos, cifra que podería irse aumentando en función da demanda. Terán cabida os xéneros e materias propias de calquera mercadillo convencional: froitas, flores, téxtil, etc... 

Tramitación

O Concello xa dispón dunha lista de interesados en participar e mañá entregaráselle aos responsables de todos os postos do mercado de Riveira unha circular informativa desta nova acción. A este respecto, Vicente Mariño recordou que aqueles que xa dispoñan dalgún posto no mercado de Riveira unicamente deberán abonar a preceptiva taxa pola ocupación do solo, pero non a derivada de expedir o carné de vendedor, que xa teñen. 

Mariño de Bricio fixo un chamamento a aqueles comerciantes que queiran formar parte do mercadillo para que acudan á Casa Consistorial a partir do próximo luns a efectos de realizar as tramitacións oportunas para poder tomar posesión dos postos.  

Por outra parte, manifestou a súa esperanza de que como é intención do Concello, esta iniciativa sirva para revitalizar a actividade comercial en Palmeira e para que a praza da abastos vexa aumentadas as súas vendas. 

Así mesmo, animou aos veciños de Palmeira, do municipio e dos concellos limítrofes, así como aos visitantes que recalan nesta zona na época estival, a que acudan a este novo mercadillo para que sexa un éxito.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Palmeira   Ribeira   mercados e feiras   praza de abastos  

Noia: este xoves 21 de xullo, rastro de antigüidades no paseo de Felipe de Castro e alameda

Media_httpfarm7static_comfd

Pode que tamén lle interese:


Exposición: Chere, no Liceo ata finais de xullo


III Xornadas de Cultura Urbana: o 22, 23 e 29 de xullo


Rúas Vivas: ésta é a programación de 2011


Galería fotográfica: algunhas imaxes da Feira Medieval 2011



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   mercados e feiras