Preme para voltar á portada
Filed under

moción

 

A Pobra: o Psoe presenta unha moción para que o goberno deixe de violar e recortar o dereito fundamental á atención sanitaria

Click here to download:
Moción restitución atención sanitaria.docx (50 KB)
(download)

Será tratada no pleno da Pobra do Caramiñal o vindeiro xoves, 26 de xaneiro





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   moción   saúde  

A Pobra: o Psoe presenta unha moción para que se arranxen os desperfectos do centro de saúde

  • Será tratada na vindeira sesión plenaria

Click here to download:
Moción deficiencias centro de saúde.docx (45 KB)
(download)

 

Pode que tamén lle interese:


Novo centro de saúde: alegacións do Bng pobrense



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   moción  

Barbanza: o Psoe da Pobra inclúe unha moción para o vindeiro pleno na que se solicita arranxar o vial a Catoira

Media_httpfarm8static_bvmfa

Texto íntegro da moción:

Mª Teresa García  Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o cambio de trazado da estrada EP-8001 entre Catoira e o enlace da autopista do Atlántico (AP-9). 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 

Diferentes accidentes de tráfico se producen decotío neste tramo dependente da deputación de Pontevedra que conecta a comarca do Barbanza coa autoestrada AP-9 e a zona sur de Galicia.

Este tramo presenta diferentes problemas de seguridade que esixe unha actuación de mellora decidida e urxente para eliminar a súa perigosidade.

Temos coñecemento que a Deputación de Pontevedra vai facer uns arranxos de urxencia pero insuficientes para a fluidez e seguridade das comunicacións entre o Barbanza e o sur da nosa Comunidade Autónoma. 

É este un vial de interese prioritario para os particulares e para os transportes comerciais que a empregan, que representan un 15% dos usuarios. 

As patronais que integran a Federación de Empresarios do Barbanza (FEB) veñen demandando dende fai anos actuacións ao respecto. Pola súa banda, as patronais de Arousa Norte  mantiveron recentemente unha xuntanza na que acordaron solicitar á Xunta de Galicia (e en apoio desa demanda aos concellos da comarca) para que sexa transferida á Xunta e inclúa a obra entre os seus proxectos de interese prioritario.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte  

ACORDO 

Instar a que a Xunta de Galicia, (ou ben asumindo esta as competencias), para que en colaboración ca Deputación de Pontevedra, cambien o trazado da estrada EP-8001.  

A Pobra do Caramiñal, 02 de novembro de 2011.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Barbanza   Catoira   moción   tráfico  

A Pobra: o Psoe insta nunha moción a que se acondicionen as pistas do Castelo e outras melloras deportivas

Pistas_do_castelo
Sta

Estado deficiente das instalacións que piden os socialistas que se amañen

Texto íntegro da moción:

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o mantemento e conservación das pistas de deportivas en todo o municipio. 
 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 
 

O deporte  está presente nas máis diversas facetas da vida cotián. Asegurar o desenrolo deportivo dos cidadáns implica necesariamente fomentar a práctica deportiva a través dunha maior oferta e de novos equipamentos deportivos. 

O Concello, como entidade sobre a que descansa gran parte de todo o deporte que se realiza na localidade, e que é da súa competencia, ten a obriga e a necesidade de que unha vez construídas as instalacións deportivas encargarse do seu mantemento e conservación. Resaltar a importancia de manter en perfectas condicións todo o patrimonio deportivo para, de esta forma, protexer a inversión pública realizada e prolongar a vida útil de estas o longo dos anos, garantindo unha utilización segura e confortable. O seu alto grado de utilización, estar permanentemente sometidas as inclemencias do tempo, e tamén, aínda que lamentable, o mal uso que con frecuencia se ven sometidas, non exento de vandalismo, fan que requiran un tratamento e unha dedicación constantes, preferentemente preventiva, pero tamén correctivo de reparación e reposición. 

É unha constante o abandono que sofren tódalas pistas deportivas do municipio, consecuencia de iso é que moitos mozos deste concello van a practicar deporte ó veciño concello de Boiro.  

-As pistas do Castelo teñen dúas canastras cos aros soltos, oxidados, a punto de caer, igual que o resto da estructura e apartadas nunha esquina. Dúas porterías de balonmán ou fútbol que carecen de redes e sen estar ancoradas o chan. A rede perimetral está esnaquizada por todos lados. 

-A pista deportiva de Santa Cruz ten unha portería e canastra soldada, que pon en risco a integridade física dos xogadores de baloncesto. Non existe un peche que impida que os balóns vaian fora do recinto. 

-A pista do Camiño Ancho ten unha canastra sen aro, dúas porterías sen redes e sen fixación e a rede perimetral dun lado a punto de caer. 

-No polideportivo de Venecia, os pais dos deportistas, veñen reclamando desde fai anos fundas acolchadas para protexer a base das canastras, xa que se reduciría o número de lesións. 

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes  
 

ACORDOS

1º.- Que se acondicionen e facilite a practica deportiva nas pistas do Castelo, Santa Cruz, Camiño Ancho e polideportivo de Venecia con canastras regulamentarias e ancoradas ó chan e porterías cas debidas medidas de seguridade ademais de reparar ou repoñer as redes perimetrais das mesmas. 

2º- Dotar de fundas acolchadas as bases das canastras no polideportivo de Venecia. 

3º.- Difundir e promover actividades en tódalas pistas deportivas do Concello.

Pode que tamén lle interese:


Pleno: no do 24N, obras da Baiuca


Servizos Sociais: ata o 30N para anotarse á "Vida Saudable"


Rescate: dunha cadela a punto da morte por inanición


Política: o Psoe denuncia recortes brutais do PP en axuda a domicilio


Exposición: "Paraísos non tan lonxanos"



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   moción  

A Pobra: o Psoe denuncia os drásticos recortes en axuda a domicilio

  • Presentan unha moción para que non desapareza o Plan Concertado de prestación de Servizos Sociais 
  • 30.000 euros menos para axuda a domicilio e outros programas este ano

Media_httpfarm7static_fdagl

A Pobra do Caramiñal, 16 de novembro de 2011.- A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Teresa García, denunciou hoxe que o PP "quere  facer desaparecer paulatinamente o Plan Concertado para a prestación de Servizos Sociais a través dos concellos". 

García  criticou que mentres a conselleira de Benestar promete que “non haberá  recortes e en ningún caso afectarán á asistencia domiciliaria”  e mesmo comprometía o pago por adiantado, a realidade é que no ano 2010 este Concello obtivo unha subvención polo Plan Concertado por valor de 99.169,96 e para este ano 2011 se abonarán 69.715,95, notificándose a resolución o día 25 outubro cando o servizo xa está prestado. Se no ano 2010 a axuda a domicilio foi subvencionada por 27.139 euros, este ano 2011 percibirase unicamente na Pobra 3.567 euros e 0 euros para programas.

Acusou ao PP de “deixar de lado, abandonados” a centos de persoas dependentes en “situación tráxica” que precisan da axuda pública e apelou á súa “conciencia” e á “obriga legal, moral, constitucional e estatutaria” para prestar estas axudas.  

Lamentou que a resposta da Xunta teña sido facer desaparecer programas de axuda a persoas con exclusión social, mentres reducen os programas de axuda no fogar.

Sen Plan concertado non poderían existir os servizos públicos sociais que existen na actualidade, explican os socialistas. "Os recortes que se teñen experimentado están a asfixiar aos concellos, e, o máis importante, a persoas que precisan deste plan para vivir  nunhas mínimas condicións de benestar", remata Teresa García.

Click here to download:
Moción Plan concertado.docx (44 KB)
(download)

Relacionada:


Axuda a domicilio en Noia: o pleno, incluso o PP, rexeitan os recurtes

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   moción   recortes  

Noia: os grupos do goberno tripartito votan xunto co PP contra o recurte de 22.000 a 3.000 euros de axuda a domicilio

  • A redución da partida supón a baixada de máis de 18.000 euros

Media_httpfarm4static_iicwg

Noia, 30 de outubro de 2011. O grupo de goberno de Noia, formado polo tripartito Psoe, Bng e N.O.I.A introduciu por vía de urxencia no transcurso do pleno ordinario celebrado na tarde do venres 28 de outubro unha moción para que non se reduza de xeito tan drástico (de 22.000 euros do ano pasado a pouco máis de 3.000 desta volta) a contía destinada a axuda a domicilio. A pesar de que o PP discrepou inicialmente do seu tratamento pola vía de urxencia pretendendo que se adiara o seu debate ao pleno ordinario correspondente ao mes de novembro, finalmente tamén votou a favor do contido da mesma.

A moción íntegra:

Os grupos municipais do PSdeG-PSOE, do BNG e de Noieses Independentes Agrupados formulan, ao abeiro do establecido no artigo 21.2 do Regulamento Orgánico do Concello de Noia, a seguinte

M O C I Ó N

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais é un instrumento fundamental de cooperación entre os Concellos, a Xunta de Galiza e a Administración do Estado, por medio do cal se cofinancian os servizos sociais municipais e permiten garantir as prestacións básicas e a atención aos veciños e veciñas. O Plan Concertado cobre os custes seguintes:

  •  
    • Persoal dos servizos sociais.
    • Gastos de mantemento dos servizos sociais comunitarios.
    • A prestación do servizo de Axuda no Fogar, incluíndo a prestación do servizo de Axuda no Fogar para persoas valoradas como dependentes e a prestación básica.
    • A xestión e realización dos programas básicos de prevención, inserción, cooperación e fomento da solidariedade e outros destinados a intervencións comunitarias.
    • Investimentos: adquisición, construción, reforma, ampliación, mellora ou acondicionamento de equipamentos de servizos sociais.

Nestes días están a chegar aos concellos as resolucións deste Plan, cun recorte drástico e inxustificado nas achegas da Xunta de Galiza relativas aos gastos anteriores englobados no Plan Concertado de Prestacións Sociais Básicas, no Programa de Servizos Sociais Comunitarios e no Plan de Desenvolvemento Xitano.

Xusto cando, por efecto da crise económica, maior é a necesidade de recursos e prestacións sociais para atender ás persoas que con máis dureza están a sufrir as súas consecuencias, o PP, na Xunta de Galiza vén de suprimir e recortar as achegas que desenvolven servizos sociais básicos.

No caso do noso Concello, a minoración do financiamento do Plan Concertado, cuantifícase en 29.963,03 euros, sendo o capítulo máis afectado o relativo a “axuda no fogar-prestación básica” que perde 18.198,70 euros, sendo que o pasado ano recibíronse 22.128,85 € e este ano 3.930,15 euros.

Este recorte ao Plan Concertado obriga aos concellos a facer fronte ás necesidades e programas contraídos este ano 2011 con fondos propios, o que vai afectar aos servizos sociais municipais, e ao que hai que engadir outra grave problemática: o retraio no pagamento das partidas asignadas e comprometidas. Hai que destacar que no mes de outubro os concellos aínda non recibiron da Xunta de Galiza as subvencións do Plan Concertado, cando os concellos veñen realizando o gasto desde o mes de xaneiro.

A Xunta de Galiza e o Parlamento galego, alén da incerteza do que vai pasar en 2012 e anos seguintes, deben resolver este tema de inmediato para asegurar e garantir os recursos necesarios para que os concellos sigan ofrecendo á sociedade os servizos e prestacións sociais que demanda e precisa, especialmente diante da crise económica e social que atravesamos.

Por todo isto, propoñémoslle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

  1. Instar á Xunta de Galiza á restitución inmediata dos créditos eliminados para o financiamento do Plan Concertado do ano 2011, que significou o recorte de 2,4 millóns de euros, que permitirá  continuar cos programas englobados no citado plan de servizos sociais e de prestación básicas e atención ás familias e colectivos con problemas.
  2. Instar á Xunta de Galiza a que nos Orzamentos do ano 2012:
    • Garanta como mínimo as cantidades consignadas no 2009 para o Plan Concertado e o Programa de Servizos Sociais Comunitarios.
    • Atender así mesmo á execución do Plan Especial de Atención á Comunidade Xitana e o Programa de Atención a Persoas sen Fogar, polo gran incremento sufrido.
    • Restabelecer e incrementar os fondos destinados aos concellos para apoio ás familias.
  3. Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado o mantemento das cantidades que a Administración do Estado tiña destinadas o pasado ano 2010 ao cofinanciamento dos plans e programas sociais, minorados polo acordo do Consello de Ministros no mes de febreiro pasado.

Pode que tamén lle interese:


Exposición de escultura: Fran Lareo no Liceo ata o 30 de novembro


Concerto: este domingo 30, a Banda de Lousame na Igrexa de SAn Martiño

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   moción   pleno  

Boiro: o Psoe presenta unha moción sobre as obras feitas no peirao de Cabo de Cruz para que Portos cumpra o prometido

Media_httpfarm4static_dydvl

Media_httpfarm7static_ehgtt

Pode que tamén lle interese:

 


Programación cultural outubro: algunhas das actividades previstas


Homenaxe: a Ónega, Frinsa e Los Chiky´s o 26 de novembro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   PSOE   moción  

Noia: moción de urxencia pola desfeita do xacemento de Taramancos

  • Reclámanlle á Xunta información sobre o atopado e o que se está a facer
  • Piden unha liña de subvencións para poder facer estudos arqueolóxicos, etnográficos e históricos nos concellos con patrimonio antigo
  • Tamén lle piden á Xunta que se manteña informados a todos os Concellos galegos onde se realizan escavacións
  • A moción foi aprobada. Cando se votou xa estaba fóra do salón de sesións o grupo municipal do Partido Popular, que decidiu abandonar o mesmo pola marcha do debate, e polos reproches que o Alcalde lle fixo ao seu portavoz municipal, Antonio Pérez Insua.

Media_httpfarm7static_myefn


Chegarase a salvar este xacemento? Ou veremos de novo política de feitos consumados como pasou en Punta Langosteira?

Noia, 30 de setembro de 2011. Hoxe levouse ao pleno de Noia unha moción para intentar parar a desfeita do castro de Taramancos Vello. Como é habitual en Certo, e logo das informacións que ofrecemos estas semanas pasadas, reproducimos a moción íntegra:

URXENCIA

Ante o coñecemento pola prensa nestes dias que durante a escavación en Taramancos se procedeu a retirar parte dos elementos edificatorios sen ter coñecemento oficial desta actuación, faise preciso presentar unha moción urxente para reclamar información antes de que se retiren todos os restos.

MOCIÓN

Nas últimas datas  a prensa local recolle a polémica suscitada pola actuación da Xunta no relativo ao xacemento arqueolóxico aparecido en Taramancos. Da inspección visual do lugar, así como das declaracións feitas por representantes da Xunta de Galicia aos medios de comunicación dedúcese que se retiraron parte dos elementos construtivos, en concreto a cimentación dunha edificacion circular na
parte inferior do xacemento e un muro na parte superior.

O Concello de Noia só ten coñecemento oficial de que se vai facer unha escavación neste lugar e que posteriormente se comunicou a ampliación temporal do prazo de escavación, sen que se nos aporte máis información oficial ningunha ao respecto. Ante a interese público creado polas novas difundidas na prensa  de que se trata de asentamentos de restos de distintos periodos que abarcan desde a Idade
de Bronce ata o século IV, o Concello de Noia de xeito oficial diríxese á Xunta para solicitar a posible conservación dos restos  aparecidos, e mostrámonos parte no expediente.

A única contestación obtida é por parte da Consellería de Medio Ambiente. O conselleiro de Medio Ambiente durante a súa visita á obra indica que é un procedemento habitual, que en Galicia pasa porque hai moitos (castros), e logo por carta indícasenos que o tema está en Patrimonio, e que se está seguindo o trámite.

A pesar de que a Xunta dispón de informes previos desde Maio, en ningún momento se lle informa ao concello de Noia de ningún resultado, nin de ningún informe dunha escavación importante que se está
realizando dentro do termo municipal noiés. Ademais, o Concello de Noia non ten coñecemento de que en ningún momento se analizara a posible conservación dos restos.

Esta actuación, carente de transparencia e da máis mínima e necesaria colaboración interadministrativa é unha mostra máis da falla de sensibilidade do goberno autonómico presidido por Feijóo cara ao noso
Patrimonio, a nosa Historia e a nosa Cultura.

O Concello de Noia, dentro dos limitados recursos económicos, está a facer un enorme esforzo para a conservación do Patrimonio, tentando, na medida das nosas escasas posibilidades, facer estudios previos de investigación, etnográfica e histórica antes de realizar o proxecto e a obra, destinando para iso importantes recursos económicos ou ben conseguíndoos de outras administracións máis preocupadas polo patrimonio que o goberno Popular de Feijóo na Xunta de Galicia. Como exemplos de actuación son a intervención de rehabilitación nos Muiños da Pedrachan, onde a Conselleria de Vivenda dirixida naquel intre por Teresa Táboas, non só financiou o proxecto e a obra senón que tamén asumiu o custe da investigacion arqueolóxica, etnográfica e histórica do lugar e das súas xentes. E de igual xeito na intervención no lugar da Chainza, onde o Ministerio de Cultura tamen custeou os mesmos estudos para o proxecto: "Fabricas da Chaynça" e que non só vai permitir conservar unha fábrica de curtidos do século XVII e a recuperación dunha ponte medieval senón que vai posibilitar ter un mellor coñecemento da nosa historia e das nosas xentes.

Dada a enorme importancia que este xacemento ten para o coñecemento da nosa historia, o noso patrimonio cultural e a importancia económica que ten un xacemento sobre todo de cara ao turismo, o grupo de goberno propón que o pleno da corporación de Noia

ACORDE

1. Solicitar que desde a administración autonómica se informe periodicamente aos concellos onde se realizan intervencións arqueolóxicas por parte da Xunta de Galicia da marcha dos traballos.

2. Solicitar que de xeito inmediato a Xunta de Galicia comunique ao concello de Noia a información e o expediente íntegro relativos á escavación de Taramancos.

3. Solicitar que a Xunta de Galicia informe ao Concello de Noia dos estudos feitos para a conservación dos restos aparecidos no xacemento de Taramancos.

4. Solicitar que a Xunta de Galicia informe ao Concello de Noia se durante a execución das obras se derrubou parte dos restos arqueoloxicos antes de comezar a escavación, en concreto se se afectou
aos posibles elementos defensivos da zona inferior da escavación, onde apareceron as cimentacións das edificacións circulares.

5. Solicitar que a Xunta de Galicia cre unha liña de subvencións para concellos e particulares para financiar estudos e proxectos arqueolóxicos e para estudos etnográficos e históricos.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   castro de Taramancos   moción  

A Pobra: o Psoe solicita no pleno que se arranxe a antiga escola do Camiño Ancho

(download)

(download)

Pode que tamén lle interese:

Nazareno 2011: cartel e programa das festas, do 16 ao 19 de setembro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   moción  

Outes: o Bng solicita que se mellore a estrada que comunica a C-550 coa praia de Broña

(download)

Outes, 24 de agosto de 2011. O BNG de Outes solicitará  no vindeiro pleno de mañá, 25 de agosto, a mellora da estrada que comunica a Comarcal 550 coa Praia de Broña así como diversas melloras de acondicionamento neste areal. Dito vial, dis os nacionalistas outienses, "rexistra unha importante afluencia de tráfico sobre todo nos meses de verán polo que se fai necesario unha actuación de mellora tanto no seu trazado como no seu firme. En particular, é imprescindíbel que se proceda canto antes a anchear a ponte sobre o río Bendimón, ao seu paso polo Requeixiño, onde non poden pasar dous coches ao mesmo tempo o que da lugar a frecuentes atascos e molestias tanto para condutores como para viandantes". 

Click here to download:
moción Broña.pdf (49 KB)
(download)

Antes, en Certo:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Outes   bng   moción  

A Pobra: o Psoe pide nunha moción unha promesa do alcalde do ano 1997, un local para os grupos da oposición

Recorte de prensa aportado polo Psoe pobrense e moción completa para o vindeiro pleno.

Isaac_solicitando_local

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando a habilitación na Casa Consistorial de despachos para os grupos municipais.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 

O artigo 79.1 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia (LALGA), dispón de forma concordante co artigo 27 do ROF e do artigo 10 do Regulamento Orgánico Municipal, que sempre que sexa posible, os diversos grupos políticos disporán, na sede da Entidade Local, dun despacho ou local para reunirse de maneira independente e recibir visitas dos cidadáns, dotado dunha infraestrutura mínima de medios materiais. Na actualidade, na Casa Consistorial da Pobra ningún grupo dispón de despacho ou local no que poder realizar as actividades anteriormente sinaladas.

O pazo onde está a sede do Concello da Pobra, pese á súa fermosura e valor histórico, ten unhas dimensións que non permitían até fai pouco a habilitación de despachos para os grupos municipais, dada a ocupación de todos os espazos por oficinas e despachos de tramitación administrativa ocupados por persoal ao servizo do Concello.

A día de hoxe, a superficie útil da Casa do Concello aumentou considerablemente debido ás ampliacións da sede municipal, así como o traslado de certos servizos a outros inmobles de titularidade municipal, motivo polo que xa non existiría impedimento á dotación de despachos para os grupos municipais.

Esta dotación que se solicita vai dirixida, nomeadamente, aos grupos que exercemos labores de oposición, dado que o Grupo Municipal Popular xa dispón das dependencias municipais na súa dobre calidade como grupo político e grupo de goberno.

Tal é así, que o Concello se negou a recibir as invitacións a un acto convocado para o 14 de xullo pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca do Barbanza dirixidas aos concelleiros do PSdeG-PSOE e do BNG, pero si recolleron as invitacións dirixidas as concelleiros do PP (sendo, segundo nos manifestou a Plataforma, o único concello do Barbanza que actuou deste modo), polo que a falta de disposición de despachos está a xerar un agravio comparativo entre os distintos grupos, cando as dependencias municipais son públicas e deben estar á disposición das distintas sensibilidades políticas da cidadanía, e non só ás do grupo de goberno, en virtude do principio de neutralidade institucional.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO

Que se acorde dotar aos grupos municipais da oposición dun despacho ou local na sede do Concello da Pobra do Caramiñal, dotado dunha infraestrutura mínima de medios materiais, en cumprimento do disposto no artigo 79.1 da LALGA, do artigo 27 do ROF, e do artigo 10 do Regulamento Orgánico municipal, en relación co artigo 23 da Constitución Española.

 

A Pobra do Caramiñal, 18 de xullo de 2011.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   moción  

A Pobra: o Bng insiste cunha moción no desleixo a que ten sometido o goberno local á maioría dos centros de ensino

Media_httpwwweduxunta_mkqyk

O Bng presentou esta moción á prensa fronte ao colexio Salustiano Rey

A Pobra, 27 de xullo de 2011. O Bng da Pobra volta este xoves, 28 de xullo, a meter en pleno unha moción na que se solicita que o goberno local lle preste máis atención ás condicións en que se atopan os centros de ensino deste concello.


O texto íntegro da moción é o que segue:

Rosana Pérez Fernández, concelleira e portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego nese Concello, presenta, para a súa inclusión e debate na vindeira sesión plenaria ordinaria do mes de xullo, a seguinte MOCIÓN, relativa á falla de atención ao ensino público e ás deficiencias no mantemento dos centros do noso concello. 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: 

      Ao longo dos últimos anos, foron moitas as ocasións nas que o BNG denunciou públicamente e diante do Goberno Municipal  a falla de atención á que, por parte do mesmo, está sometido o ensino público en xeral no noso concello  e, en particular, as múltiples deficiencias no mantemento dos centros que, en moitos casos, levan anos sin subsanar. 

      Moi lonxe queda xa aquela promesa do Partido Popular da Pobra de poñer en funcionamento o Consello Escolar Municipal (CEM), órgano que daría cabida ao debate e propostas de solución de todos os problemas do ensino no concello e á participación activa e real de toda a comunidade educativa, cuestión que é máis que evidente que nunca interesou en absoluto ao Goberno local. 

      Moito máis recente, deste mesmo curso, é a política de recortes que está a levar o Partido Popular na Xunta de Galiza a respecto dos servizos públicos fundamentais e que, neste caso, afecta á calidade da educación e á formación do profesorado. O Centro de Formación e Recursos (CFR), ubicado dende hai anos no Colexio Fernández Varela vén de pechar as súas portas por mandato expreso da Consellería de Educación. Unha vez máis, as máis altas autoridades educativas veñen de incumprir as súas promesas relativas á mellora do ensino e, mentres se comprometeran a suplir o peche do CFR con cursos para o profesorado nesta comarca, publican o Plan de Formación 2011-12 onde figuran cero cursos na mesma. 

      Tema aparte, de vital importancia para o desenvolvemento normal e diario das actividades docentes e extra-escolares e de grande preocupación para o conxunto da comunidade educativa é a desidia municipal e o incumprimento sistemático das súas competencias respecto do mantemento habitual dos centros de infantil e primaria. 

     As condicións inexplicábeis nas que se atopa o saneamento do Pilar Maestú e Salustiano Rey Eiras son tan vellas como as promesas e os incumprimentos do Executivo local de solucionalas. O abandono dos patios e contornas dos centros escolares é tamén un clásico  do Goberno Municipal: Peches perimetrais deteriorados, falla de asfaltados, accesos aos centros en condicións lamentábeis, falla de limpeza, exceso de maleza, problemas de tráfico, aparcamento, etc., etc., etc. A todo isto temos aínda que engadir a escaseza de marquesiñas en moitos lugares onde as nenas e nenos agardan o transporte escolar. 

     Por todo o exposto, esta concelleira, en representación do Grupo Municipal do BNG, propón ao Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes 

     ACORDOS: 

     O Goberno Municipal: 

     1.- Constituirá e porá en funcionamento o Consello Escolar Municipal para que poda estar operativo nos primeiros meses do vindeiro curso 2011-12. 

     2.- Demandará da Consellería de Educación a reprogramación dos cursos para o profesorado, de xeito que, no 2011-2012, se podan desenvolver tamén na nosa comarca. 

     3.- Levará a cabo, sin máis dilación, a conexión ao alcantarillado municipal dos colexios Pilar Maestú, Salustiano Rey Eiras e tamén do IES da Pobra. 

     4.- Exercerá as súas competencias e velará polo estricto mantemento dos centros de infantil e primaria do noso concello, atendendo con prioridade e executando dilixentemente todas aquelas demandas das comunidades educativas e das direccións relativas ao mesmo, nomeadamente as referidas a seguridade, limpeza e adecentamento do interior e exterior dos edificios escolares. 

     A Pobra do Caramiñal, 18 de xullo de 2011.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   bng   moción   política