Preme para voltar á portada
Filed under

Muros

 

Muros: danse de baixa do Bng dúas ducias de militantes. Os concelleiros quedan coa acta

Media_httpfarm6static_qyypx

María Xosé Alfonso era ata agora a responsable do Bng local

Muros, 20 de abril de 2012. Segundo informou hoxe a ata agora responsable local do Bng, María Xosé Alfonso, "uns 24 militantes do BNG de Muros decidiron solicitar a súa saída do BNG despois dunha profunda e longa reflexión. Sinalan que xa viñan tendo dende hai tempo profundas discrepancias co funcionamento e discurso do BNG, ao que se lle sumou o descontento xerado polos últimos acontecementos relacionados cunha posible moción de censura no concello de Muros".

    Así as cousas, parte destas 24 persoas están vinculadas a Máis Galiza "e non descartan integrarse no novo proxecto común nacionalista que se está xestando, sempre e cando éste non sexa un BNG bis, se centre nos problemas reais da sociedade, e garanta un maior achegamento á sociedade e polo tanto ás súas bases cun discurso claro e cun funcionamento máis participativo e democrático", explica a edil nacionalista.

    Entre estas 24 baixas están os tres edís nacionalistas encabezados por María Xosé Alfonso que acordaron manter as súas actas de concelleiros "porque por enriba de todo está o compromiso acadado cos seus votantes de traballar para Muros co programa que foi elaborado conxuntamente coa cidadanía muradá", argumentou.

Relacionadas:


Política: o Bng rexeita que se faga fillos predilectos a tres alcaldes franquistas


Política: Lola Caramés, responsable comarcal de +Galiza


Manuel González: entrevista a un membro da executiva de +Galiza

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   +Galiza   Muros  

Noia: a Cruz Vermella local organiza un curso de primeiros auxilios en nenos e bebés

Media_httpfarm6static_xvrbp

  • Será en Muros, na escola San Xosé, en horario de 9 a 14 horas e cun prezo de 50 euros
  • Celébrase os días 28 de abril e 5 de maio (sábados)
  • Está dirixido á poboación en xeral, e máis en concreto a pais, nais, tutoras e tutores
  • Instruirase aos asistentes na prevención de accidentes, aplicación de técnicas axeitadas de autoprotección e soporte aos primeiros auxilios, así como resolución de situacións de urxencia vital para bebés e cativos
  • En Noia, tamén o 12 de maio, na Chaínza, todo o día (9-14 e 16-21 horas)
  • Máis información e inscricións: teléfono 981 825 405

Nota de prensa en castelán

Click here to download:
NdP Curso bebés.doc (443 KB)
(download)

Antes, en Certo:

Cursos Cruz Vermella: entre marzo e maio, sobre temas sanitarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Cruz Vermella   Muros   Noia   cursos  

Muros: o Psoe lamenta a parálise da Xunta para dotar ao municipio de novo edificio xudicial

  • O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage interpelou ao goberno galego, na sesión ordinaria da comisión 1ª do Parlamento, para reivindicar diante da Xunta de Galicia a execución dun edificio destinado a albergar as dependencias do xuzgado de primeira instancia do partido xudicial de Muros. Os socialistas recordan que na actualidade ocupa un espacio dentro da casa consistorial muradana

 

Media_httpfarm8static_zpgoe

  • Lage Tuñas recordou que “o goberno socialista de Pérez Touriño redactou o proxecto e adxudicouno. Cando chegou Feijóo á presidencia da Xunta, o seu goberno anulou a adxudicación e tivo que indemnizar á empresa afectada”

 

Muros, 23 de marzo de 2012. O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, advertiu que a Xunta de Galicia “non ten intención” de construír o novo edificio para o xulgado de Muros, que fora deseñado, orzamentado e adxudicado na pasada lexislatura. Así o dixo no debate dunha pregunta oral o pasado mércores que presentou na Comisión Institucional do Parlamento sobre a paralización desta obra.

Recordou que “esta demanda vén de vello e foi atendida na pasada lexislatura cun goberno socialista na Xunta de Galicia”. Dixo que “sempre entendimos que a sede xudicial de Muros ubicada dentro da casa do Concello estaba alí de forma temporal e que o propio era dotar ao Partido Xudicial cun edificio propio onde se ubicaría o xulgado de primeira instancia, entre outros servizos”.

O responsable socialista criticou que o Goberno galego teña paralizado esta construción dende a chegada de Feijóo á presidencia da Xunta, hai tres anos, porque malia “vangloriarse dun suposto investimento sen precedentes en infraestruturas xudiciais e alardean de compromiso coa mellora de servizos xudiciais, o que sabemos é que non consideran unha prioridade ao xulgado de Muros e a proba está aquí”.

Lembrou que na pasada lexislatura, baixo goberno socialista, foron dados “pasos ben relevantes” para executar este proxecto, pero que a chegada do PP á Xunta supuxo tres anos de parálise desta iniciativa.

Lage Tuñas recordou que “o goberno socialista de Pérez Touriño redactou o proxecto e adxudicouno. Cando chegou Feijóo á presidencia da Xunta, o seu goberno anulou a adxudicación e tivo que indemnizar á empresa afectada.  Despois de tres anos o que pedimos é un compromiso firme para que se dote a Muros cun edificio propio para o Partido Xudicial. E cabe recordar que o concello xa cedeu unha parcela e existe un proxecto redactado, agora só falta a vontade da Xunta de materializalo”.

Na súa nota de prensa, o Psoe non se pronuncia sobre as recentes noticias de diálogo entre Bng e PP para desaloxar a Caridade González da alcaldía.

(download)


 

Antes, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   PSOE   política  

Política: Lola Caramés, responsable comarcal de + Galiza na comarca de Muros e Noia

Media_httpfarm8static_kfsmm

Lola Caramés (imaxe de arquivo) cando era concelleira de Cultura en Noia co Bng

Noia, 19 de marzo de 2012. Onte, domingo 18 de marzo, tivo lugar a primeira reunión entre a militancia de Máis Galiza na comarca de Muros- Noia. Nela escolleron aos responsables locais, xunto coas responsabilidades comarcais, ademáis de definir o rumbo da organización da comarca.

Rumbo a curto prazo

Segundo explicaron en nota de prensa, ao longo deste mes de marzo irán contituindo publicamente as localidades dos concellos de Porto do Son, Noia, Outes, Mazaricos e Muros.Ademais, iniciarase unha rolda de contactos con todas aquelas persoas que queiran unirse ao proxecto que representan. "Temos moito traballo por facer e moito camiño por andar, pero hoxe todos mostramos un especial entusiasmo polo novo proxecto", aseguran.

Responsabilidades comarcais

Foron elixidos por unanimidade os referentes comarcais que guiarán o novo partido da comarca: Lola Caramés como responsable comarcal e Manolo Seijas como vicerresponsable. Ambos estaban antes no Bng de Noia.  

Contouse ademais coa presenza de Manuel Gónzalez, membro da executiva de +G, que foi o encargado de guiar a xuntanza.

Relacionada:




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   +Galiza   Muros   Noia   política  

Muros: o Bng cuestiona a credibilidade da alcaldesa e o novo asesor xurídico do Concello

Rolda_prensa_contestacin_deman
Parte do Bng de Muros


Muros, 14 de marzo de 2012. Segundo explican hoxe en nota de prensa dende o Bng de Muros, "o escrito que presenta a alcaldesa socialista Caridad González ante o xulgado do contencioso-administrativo nº 3 dos da Coruña, por medio do asesor xurídico que contratou para o concello é unha mostra máis da nula credibilidade que merece".


Para os nacionalistas muradanos, "este escrito é a oposición á demanda que a nacionalista María Xosé Alfonso lle ten interposto á alcaldesa por ter sido expulsada do pleno celebrado o 7 de xullo de 2011 no que, grazas a esta expulsión, o grupo socialista tivo a maioría suficiente para aprobar as súas retribucións como equipo de goberno municipal. Non hai máis que ler este escrito e ler a acta do citado pleno para ver as claras contradicións nas que incurre a alcaldesa no seu afán de xustificar o inxustificable.Na acta dese pleno celebrado o 7 de xullo de 2011, acta aprobada posteriormente polo grupo socialista, pódese comprobar con só leela como a alcaldesa Caridad González expulsa á concelleira nacionalista María Xosé Alfonso durante o debate do 5º punto da orde do día, sen ningunha advertencia previa e estando a concelleira no uso do seu turno de palabra.  Pois ben, por medio da oposición á demanda, Caridad González di ter expulsado á citada concelleira porque ésta non estaba no seu turno de intervención, porque a estaba insultando e ameazando a súa integridade física e que fora advertida dúas veces. Pero o curioso do tema é que ao mesmo tempo di que non comezara o pleno, algo totalmente contradictorio coa afirmación de que fora advertida dúas veces".

 

"Isto non é máis que outra proba da maneira de actuar da alcaldesa de Muros, para xustificar un claro abuso de poder expulsando a un membro da corporación para quedarse coa maioría suficiente e sacar adiante as súas retribucións agora míntelle descaradamente ao xulgado", aseguran os do Bng.

 

Case 3.000 euros ao mes por traballar dous días á semana

 

Os nacionalistas de Muros tamén cuestionan o soldo e a idoneidade do novo asesor xurídico: "Vemos tamén cal é o estilo do novo asesor xurídico contratado pola alcaldesa pola frioleira de case 3000 €/mes por acudir ao concello dous días á semana:  pode estar contenta e tranquila a cidadanía de Muros con este “asesor”?", pregúntanse.

 

Escritos mencionados:

(download)

Click here to download:
Borrador pleno 07.07.2011.ppt (19.21 MB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   PSOE   bng   polémica  

Muros: o Bng rexeita que se nomeen alcaldes franquistas como fillos predilectos do municipio

  • A proposta parte da alcaldesa socialista Caridad González, que tamén quere facer fillo predilecto ao recentemente falecido Domingos Dosil, alcalde nacionalista na lexislatura pasada

Img072


Muros, 8 de marzo de 2012. Ante a proposta do BNG de proclamar fillo predilecto de Muros a Domingos Dosil a alcaldesa do PSOE Caridad González presentou unha proposta alternativa e por urxencia para nomear fillos predilectos a tres alcaldes de Muros da época franquista.

O pasado venres reuniuse a comisión de honras na que tanto o BNG como a alcaldesa explicaron as razóns que os levaron a presentar as súas propostas.
O BNG espuxo como razóns para proclamar fillo predilecto de Muros a Domingos Dosil non só a súa etapa como alcalde senón tamén toda a súa vida adicada á loita polos dereitos do colectivo dos discapacitados, loita que acadou grandes logros que benefician a todo o colectivo, ás súas familias e por extensión á toda a sociedade.
Pola súa banda a alcaldesa xustificou a súa proposta dicindo que, unha vez proclamado Domingos Dosil, estes tres alcaldes son os únicos que quedan sen ser proclamados fillos predilectos.
A proposta do BNG foi votada favorablemente polos tres grupos, mentras que a proposta da alcaldía recibiu o voto en contra do BNG. Os nacionalistas votaron en contra, e xa anuncian que tamén o farán así no pleno que ten que tomar a decisión definitiva,  por considerar que esta proposta da alcaldesa "unicamente pretende diluir e minimizar o papel de Domingos Dosil na nosa sociedade", explican dende a formación frentista.

"A xustificación da alcaldesa non se sostén por haber na historia de Muros máis alcaldes que os tres propostos pola alcaldesa, tanto na dictadura como en periodos anteriores. En calquera caso, se a alcaldesa quere propoñer que todos os alcaldes de Muros sexan proclamados fillos predilectos terá que facer un estudo en detalle dos alcaldes que houbo en Muros e decidir ata onde se vai remontar na historia", conclúen os nacionalistas muradanos.



Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   bng   polémica  

Muros: o Bng non está disposto a participar nunha "homenaxe ao franquismo"

  • A alcaldesa socialista quere nomear fillos predilectos da vila ao recentemente finado Domingos Dosil, nacionalista, xunto con outros tres alcaldes da época da ditadura
  • A proposta ten que ser aprobada polos dous tercios da corporación para saír adiante, polo que dependerá do PSOE e PP

Media_httpfarm6static_lqnqh

Caridad González non é a primeira vez que as ten tesas cos do Bng pola memoria histórica. Véxase esta información

Muros, 14 de febreiro de 2012. O proceso só está iniciado, agora hai que constituir unha comisión que emitirá ditame e se este é favorable a proposta irá a pleno onde terá que recibir os votos favorables dos dous tercios da corporación como mínimo.

"Os nacionalistas non imos consentir tratar conxuntamente aos catro alcaldes, pois consideramos que a proposta feita pola alcaldesa socialista Caridad González para declarar fillos predilectos da vila de Muros aos alcaldes da vila durante a etapa franquista está totalmente fóra de lugar e ten como único propósito diluir e empañar a figura de Domigos Dosil", explican hoxe en nota de prensa dende a formación recentemente escindida. O Bng de Muros votará en contra da proposta da alcaldía tanto no seo da comisión como no pleno posterior se ha lugar.

Que se pronuncie a "familia socialista"

Os nacionalistas de Muros cuestiónanse: "Se a intención da alcaldesa é proclamar fillos predilectos da vila a todos os alcaldes de Muros, por que se limita aos tres da época franquista se anteriormente houbo outros alcaldes? Está claro que isto non é máis que unha homenaxe ao réxime franquista feito por unha alcaldesa socialista, algo que probablemente vulnera a lei da memoria histórica e sobre o que a “familia socialista” debería pronunciarse".

Tamén, en Certo:

Antes, en QPC:

Muros estrémecese polo pasamento de Domingo Dosil
6 Febreiro 2012 - 13:42 | Un Comentario
Domingo Dosil

Non só a súa labor á fronte do Concello, se non que os seus moitos anos como activista social e fundador da COGAMI, fixeron de Domingo Dosil unha personaxe que pasará a historia da comarca de Muros. Tan só un ano despois de deixar o seu posto como alcalde, e tras unha insperada enfermidade, o [...]



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   memoria histórica   polémica  

Muros: nas obras do Camiño Real de Esteiro investíronse 81.000 euros

  • A delegada territorial da Xunta na Coruña asinou coa alcaldesa do municipio as actas de conformidade para a concesión das axudas destinadas a obras de saneamento

Camio_real_muros

Muros, 7 de febreiro de 2012.- A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e a alcaldesa de Muros, Caridad González, asinaron esta mañá o documento de conformidade para a concesión da subvención para acometer diversos traballos para a recuperación do camiño real na parroquia de Esteiro, ao seu paso polo río Maior. O Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financiou integramente esta actuación cunha achega de 80.782 euros correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental.

Acompañada polo concelleiro de Obras, Manuel Bartolomé, e un técnico municipal, a máxima representante do Executivo autonómico na provincia supervisou o resultado das actuacións levadas a cabo con estes fondos. O proxecto consistiu na recuperación medioambiental do camiño real e das ribeiras no seu encontro co río, na restauración dos antigos pasais que unen as marxes, na pavimentación do camiño no tramo de Reboredo e na construción dun paso peonil na zona inundable para comunicar os pasales coa zona seca. Ademais, mellorouse a sinalización.

A actuación permitiu paliar o estado de degradación no que se encontraban algúns puntos desta área, onde mesmo se chegara a producir un vertedoiro incontrolado. Tamén se mellorou a comunicación no entorno, co fin de darlle uso a esta antiga calzada de orixe romana. Apostouse, en definitiva, por poñer en valor un espazo ata o de agora contaminado e abandonado a través da recuperación da calidade paisaxística e medioambiental.

A delegada aproveitou a súa estancia no municipio para manter un encontro de traballo coa rexedora para analizar os proxectos que desenvolve o Goberno autonómico no municipio e as necesidades actuais. Nesta reunión, González trasladoulle as demandas da localidade, ante as que Do Campo expresou o seu compromiso de estudalas e de traballar intensamente para atendelas no menor prazo de tempo posible.

Pode que tamén lle interese:

Muros: quentan en febreiro para o Castelo Rock (QPC)

Muros: pasamento de Domingos Dosil. D.E.P.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   patrimonio  

Muros: presentan o libro "A praza é nosa", sobre o 15M en Galicia, este sábado 4

Media_httpfarm6static_qgced

O acto terá lugar no Museo do Mar


Muros, 1 de febreiro de 2012. A presentación do libro "A praza é nosa. Quen constrúe a democracia?" terá lugar este sábado 4 de febreiro no Museo do Mar (antiga fábrica de Sel) ás 17.30 h. Intervirán Antón Lado no seu papel de editor, Carlos Neira, como autor, Manolo M. Barreiro e Xaime Subiela.
Click here to download:
folla_novidades_prensa_02.pdf (412 KB)
(download)
Click here to download:
cartaz_a_praza_e.pdf (527 KB)
(download)

Muros: quentan febreiro para o Castelo Rock (QPC)



 

O mesmo día:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   presentación libro  

Mar: despois dun ano de poñelas á forza, a Xunta crea unha comisión de seguimento das gaiolas de salmón de Muros

  • Hai representantes das confrarías de Noia, Portosín, Porto do Son e Muros

Rosa_quintana_comisin_seguimen


Noia-Muros, 31 de xaneiro de 2012.- A Consellería do Medio Rural e do Mar constituíu esta tarde a comisión de seguimento das gaiolas de salmón da Ría de Muros-Noia, "coa finalidade de establecer os mecanismos necesarios para que o sector poida facer un seguimento preciso do funcionamento destas estruturas instaladas no polígono Muros C". Esta comisión quedou constituída despois dunha xuntanza co sector bateeiro que posúe bateas nesta ría, cos representantes das confrarías de Muros, Noia, Portosín e Porto do Son e cos representantes da empresa concesionaria das bateas experimentais, North West Food.

Media_httpfarm8static_toxam

As gaiolas da polémica están enfronte á praia de San Francisco, en Muros

Esta mesa de traballo entre a administración e o sector constitúese unha vez que as confrarías aceptaron formar parte dela, algo que rexeitaron nun primeiro momento. Ademais de avaliar o impacto das gaiolas, este grupo de seguimento ten como misión estudar o resultado deste proxecto experimental así como propor novas probas e análise de ser o caso.

A Xunta ocúpase de destacar que "para o desenvolvemento deste proxecto experimental a Consellería do Medio Rural e do Mar actuou con transparencia ante o sector en todo momento e que este proxecto conta con informes favorables do Clúster de Acuicultura e da Universidade de Vigo que valoraron positivamente o desenvolvemento deste cultivo experimental na ría de Muros-Noia". Unha afirmación bastante cuestionable, logo das informacións obtidas por mariñeiros da zona sobre salmóns mortos fóra das gaiolas que disque sirven de alimento a granxas de visóns e sobre o emprego dun barco de Salvamento Marítimo para osixenar as gaiolas para evitar que os peixes alí criados non morresen. Xa para colocalas, a Xunta tivo que facer uso da forza, pois o sector mariñeiro apoñíase coas súas embarcacións aos barcos que as traían, aló por marzo de 2011.

En Certo vimos informando sobre este controvertido asunto medioambiental dende que comezou. Pode ler todas as informacións aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   Rosa Quintana   Ría de Muros e Noia   acuicultura   gaiolas de salmón  

Muros: o luns 24 de outubro, acto público comarcal da precampaña do Bng

GUILLERME AFIRMA EN MUROS QUE O CAMBIO QUE PROMETE O PP XA O EXPERIMENTOU EN GALIZA “E FOI UN CAMBIO CLARAMENTE PARA PEOR”      

O cabeza de lista por A Coruña,  Francisco Jorquera, salientou o labor desenvolvido polo BNG na defensa dos intereses de Galiza e tamén de Muros, acadando melloras nos Orzamentos estatais 

Muros, 24 de outubro de  2011. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, afirmou esta tarde nun mitin en Muros que o cambio que o PP promete xa o experimentou no noso país e “foi un cambio claramente para peor”.

Así, o portavoz nacional afirmou que “o cambio do PP en Galiza consistiu en colocar o País na vangarda da destrución de emprego no Estado. Oito de cada novos 100 parados no Estado son galegos". 

Guillerme interveu esta tarde na Casa da Cultura nun mitin no que tamén participou a portavoz municipal, María Xosé Afonso; o cabeza de lista do BNG ao Congreso pola Coruña, Francisco Jorquera, e a candidata número 5, Rosana Pérez.   

Seguindo coa avaliación do labor do PP en Galiza, Guillerme lembrou que "en 2009 este País tiña tres entidades financeiras propias. Hoxe ningunha". 
 
Tamén no ano 2009, tal e como lembrou Guillerme “este País tiña unha débeda de 3.000 millóns de euros. Hoxe ten unha débeda de 6.900 e lideramos a inflación estatal”.

Por outra banda, Guillerme tamén se referiu á outra gran forza política do Estado: "o PSOE promete que con Rubalcaba Si. Eu dígovos que con Rubalcaba tampouco. É corresponsábel das políticas de recortes do PSOE durante estes anos"

Tal e como enfatizou o portavoz nacional do BNG "a solución á crise non pasa por políticas aínda máis de dereitas. A solución é  galega e é de esquerdas e chámase BNG".

“Somos a equipa da casa”, afirmou, “a única forza política que vai poñer a Galiza na axenda do Congreso dos Deputados”.

Francisco Jorquera salienta as melloras logradas polo BNG en Madrid para Muros

Pola súa parte, o cabeza de lista do BNG ao Congreso por A Coruña, Francisco Jorquera, apelou a votar ao BNG aos asistentes ao mitin en Muros e subliñou que o 20-N “elixides aos vosos representantes por A Coruña” e lembrou que o BNG foi a forza política que levou os problemas de Galiza ao Congreso dos Deputados.  

Jorquera fixo un chamamento a votar ao BNG “porque non é tempo de alternancias senón de alternativas, é tempo doutras políticas e dun cambio real”.

Jorquera lembrou que “o 20-N non se elixe entre Rajoy e Rubalcaba para Presidentes do Goberno, elixides aos vosos representantes por A Coruña e tedes que pensar nos que vos representen de verdade”. E engadiu que “pese a que algúns presumen de galegos e aspiren a ser Presidentes, seguen ausentándose cando se fala de Galiza”, en clara mención a Rajoy durante o debate de Política Xeral.

Jorquera salientou o traballo do BNG no Congreso onde sempre “defendemos os intereses do noso pais e tamén os de Muros ”, en alusión ás melloras conseguidas nas negociacións dos Orzamentos Xerais do Estado. Neste sentido, puxo de manifesto a necesidade de reforzar ao BNG para aumentar a súa forza e poder “defender mellor os problemas do noso territorio nas Cortes do Estado”.

Reivindicou un cambio de políticas como as que propón o BNG “completamente distintas ás do PP e PSOE”. Así, explicou que o BNG pón por diante as políticas destinadas á cidadanía e “non ao servizo da banca, e destacou a posición contraria dos nacionalistas galegos aos recortes sociais que están a practicar PP e PSOE que “sempre prexudican ás maiorías sociais”.     

Jorquera sinalou que os recortes “non se deben facer en educación, nen en sanidade nen en servizos sociais, piares do Estado do Benestar” e explicou que hai outros ámbitos onde meter a tesoira: gasto militar, eliminación das deputacións, redución de Ministerios, e outros ámbitos onde actuar como loitar contra a fraude fiscal ou reformar a fiscalidade. 

Antes, en Certo:

Click here to download:
cartaz acto público muros.pdf (217 KB)
(download)

Muros, 21 de outubro de 2011. O vindeiro luns, 24 de outubro, vaise celebrar un acto público comarcal do BNG no concello de Muros. No mesmo participarán os candidatos do BNG, Mª Xosé Alfonso, Rosana Pérez, Francisco Jorquera e o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.
É un acto enmarcado dentro da campaña ás eleccións xerais do próximo 20 de novembro.

E un día antes, en Rianxo:

ACTO PÚBLICO DO BNG EN RIANXO CON FRANCISCO JORQUERA, ROSANA PÉREZ E ADOLFO MUIÑOS  

O mitin tivo lugar ás 19.30 horas no Cuartel Vello de Rianxo  


JORQUERA LEMBRA QUE O 20-N “ESCOLLEDES AOS VOSOS REPRESENTANTES POR A CORUÑA” E SALIENTA QUE “O BNG É A FORZA ÚTIL PARA DEFENDER OS INTERESES DO NOSO TERRITORIO”    

O cabeza de lista por A Coruña afirmou que “debedes pensar nos que vos representan de verdade” e subliña que o BNG foi a forza política que levou a Galiza ao Congreso  

Rianxo, 23 Outubro 2011. O cabeza de lista do BNG ao Congreso por A Coruña, Francisco Jorquera, fixo un chamamento a votar ao BNG apelando aos presentes no mitin de Rianxo a reflexionar sobrfe cal é a forza útil para Galiza. Ademáis lembrou que o 20-N “escolledes aos vosos representantes por A Coruña, pensade que o BNG é a forza útil para defender os intereses do noso territorio”.

O candidato do BNG explicou que “somos a alternativa útil para defender a Galiza no Estado e tamén somos a forza máis útil para facer realidade un cambio de políticas, un cambio real de esquerdas”. Jorquera engadiu que “somo a equipa da casa” e aclarou que o 20-N non se elixe entre Rajoy e Rubalcaba para Presidente do Goberno, elexides aos vosos representantes por A Coruña e tedes que pensar nos que vos representen de verdade”.

O BNG pensa en políticas para a xente e non ao servizo da banca

Afirmou que Galiza existe no Parlamento do Estado “porque o BNG foi a forza política que a levou ao Congreso”. E puxo de manifesto que “pese a que algúns presumen de galegos e aspiren a ser Presidentes, seguen ausentándose cando se fala de Galiza”.  Repasou o labor do BNG no Congreso onde sempre “defendemos os intereses do noso pais e tamén os de comarcas como O Barbanza”, en alusión ás melloras conseguidas nas negociacións dos Orzamentos Xerais do Estado. Subliñou que con dous deputados e un senador “conseguimos incrementar os investimentos en moita maior proporción que outros grupos”.

Por iso, salientou a importanza de reforzar ao BNG para que “podamos garantir que Galiza teña presenza na política estatal”. Manifestou que “somos a alternativa útil nestas eleccións, tanto para Galiza como para reivindicar un cambio de políticas fronte ás propostas de PP e PSOE”.    Destacou a necesidade de pór as políticas económicas ao servizo da cidadanía e non ao servizo da banca. Recalcou que o BNG está en contra das políticas de recurtes sociais que afectan ás maiorías sociais, non serven para reactivar a economía e crear emprego. 

Así explicou que o BNG aposta por potenciar o investimento público produtivo, reducir a estrutura administrativa eliminando institucións caducas como as deputacións e Ministerios cuxas competencias estáns transferidas ás CC.AA. Tamén defendeu a redución do gasto militar, unha reforma fiscal que grave máis ás rendas máis altas e a loita contra a fraude fiscal, cuestión na que o Estado español está á cabeza. Por último, explicou a proposta do BNG para que exista unha banca pública galega ao servizo das economías da maioría, dos autónomos e pequenas empresas.

Jorquera fixo un chamamento a votar ao BNG “porque non é tempo de alternancias ssenón de alternativas, é tempo doutras políticas e dun cambio real”.  



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Eleccións 20N   Francisco Jorquera   Muros   Rianxo   bng  

Música:"Broncodilatador", novo traballo da esperanza negra da música muradá, Terbutalina

(download)
Barbanza-Noia (e arredores), 5 de setembro de 2011. Terbutalina, a esperanza negra da música muradá, presenta o seu novo traballo Broncodilatador. Despois do seu  disco de presentación "Live in Catoira"(2011), sacan un EP chamado Que-de-leite! que recolle tres temas do LP Broncodilatador, que será posto a navegar o próximo 8 de setembro en formato dixital para libre descarga, para que os amigos de Teddy Bautista non gañen un euro máis.

Os 15 temas do Broncodilatador son unha mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formación nos concertos que teñen ofrecido o longo da xeografía galega, nos que mesturan velocidade, diversión e empanada.

Bailen, hostia! Bailen!

Click here to download:
INFO BRONCODILATADOR.pdf (159 KB)
(download)

Click here to download:
DOSSIER TERBUTALINA.pdf (391 KB)
(download)

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   grupos   música