Preme para voltar á portada
Filed under

Museo Valle Inclán

 

A Pobra: veciños de Vigo visitaron o museo de Valle-Inclán esta mañá

(download)
A Pobra do Caramiñal, 24 de marzo de 2012. Da zona de Vigo chegou na mañá de hoxe un grupo de veciños para coñecer as terras da Pobra do Caramiñal. Tratábase de 45 persoas amantes da arte que incluíron na súa visita o paso polas instalacións do Museo Valle-Inclán, onde chegaron dispostos a coñecer o emblemático edificio que pertenceu á familia do escritor ó que hoxe está destinado á divulgación da figura do xenio e a súa obra.

Media_httpfarm4static_aopgn

Non remataron aquí a súa visita, posto que, decididos a pasar boa parte da xornada na vila pobrense e disfrutar nela dunha boa comida, reservaron o tempo suficiente para poder achegarse a outros lugares destacados da localidade como a Igrexa de Santiago do Deán (sede do Divino Nazareno),  o entorno dos pazos do Couto e Aguiar,  e un dos monumentos megalíticos mellor conservados de Galicia, o dolmen de Axeitos, moi cercano á figura de Valle-Inclán porque é ao seu pai a quen lle debemos o seu descubrimento e que hoxe estea catalogado como tal. Sen deixar pasar, por suposto, a oportunidade de subir ó miradoiro da Curota e disfrutar das súas vistas sobre a ría de Arousa.

Pode que tamén lle interese:

 


Cultura: inaugurada a VIII Semana Cultural do instituto


Viaxe: a Camariñas, Muxía e Muros o 7 de abril


Solidaridade: I Carreira Solidaria, por Paula, o 7 de abril


Turismo de ida e volta: uns a Madrid e outros dende alí


Política: está o PP ninguneando a este municipio? O alcalde resposta ao Psoe no seu blog



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán   dolmen   turismo  

A Pobra do Caramiñal: os madrileños teñen predilección por Valle-Inclán

(download)
A Pobra do Caramiñal, 15 de marzo de 2012. O bo tempo e o adianto da primavera -disque- animan ás primeiras visitas procedentes de Madrid a achegarse ata a vila da Pobra do Caramiñal e incluír no seu percorrido unha reserva para unha visita guiada polas dependencias do Museo Valle-Inclán.

Nesta ocasión, e semella que os madrileños teñen fervor polo inventor do esperpento, foi un grupo de 45 veciños o que  incluíu como parte do programa das súas vacacións por Galicia unha visita polas terras barbanzanas ligadas a Ramón María del Valle-Inclán para a xornada do xoves 15 de marzo. Cara as 17:30 h. chegaron á esplanada do porto da Pobra para dirixirse ata a Torre de Bermúdez, onde a técnica do museo, Begoña Olveira, os recibíu e os conducíu durante o percorrido polas distintas salas. Ademais non deixaron pasar a ocasión de facer un retrato de grupo ante a entrada principal co que poder recordar o seu paso por este nobre edificio.

Ao remate do seu paseo polo Museo continuaron coñecendo os lugares máis emblemáticos da vila pobrense, entre os que non podía faltar unha suba ao alto do monte Curota para disfrutar da inmensidade das súas vistas sobre a ría de Arousa.




 

Antes, en Certo:


  Museo Valle-Inclán: máis visitas en 2011 que en 2010

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán  

A Pobra do Caramiñal: febreiro tamén é boa época para visitar o Museo Valle-Inclán

A Pobra do Caramiñal, 13 de febreiro de 2012. O frío poderá ser siberiano pero non arredra, neste mes de febreiro, ás primeiras visitas do ano que xa se deixan sentir nas instalacións do Museo Valle-Inclán. O pasado sábado 11 de febreiro, un grupo de 35  asturianos incluíron como parte do seu itinerario por terras galegas un percorrido polos dominios pobrenses e unha visita ao Museo Valle-Inclán, onde se deixaron guiar a través das súas salas pola técnica do centro, Begoña Olveira, coa fin de coñecer un pouco máis sobre o escritor.

A súa visita continuou logo polas rúas máis céntricas da Pobra para coñecer os lugares máis emblemáticos da vila, dende o seu patrimonio eclesiástico ata o civil.

(download)

Pode que tamén lle interese:


Entroido 2012: programación prevista


Viaxe dende A Pobra: a Madrid, do 22 ao 25 de marzo. Anótate!

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán  

A Pobra: escolares de Salceda de Caselas visitaron o Museo Valle-Inclán

A Pobra, 3 de febreiro de 2012. Por terceiro ano consecutivo pasaron os alumnos do IES de Salceda de Caselas pola Pobra do Caramiñal na xornada de onte, xoves 2 de febreiro, Día da Candeloria, cumprindo así co que xa empeza a ser unha visita tradicional deste centro educativo.

Un grupo de 55 persoas, entre alumnos e mestres, comezaron a súa visita achegándose ás instalacións do Museo Valle-Inclán, onde foron guiados a través das súas dependencias pola técnica do centro, Begoña Olveira, e onde, unha vez máis quixeron colaborar coa posta en escea dalgúns textos saídos da pluma de don Ramón, entre os que non podían faltar fragmentos de “Sonata de otoño”.

O percorrido continuou fóra da Torre de Bermúdez cun paseo guiado ó longo dos lugares máis ligados ó escritor dentro da vila pobrense, pasando por Villa Eugenia, a farmacia de Tato, e a Casa Grande de Aguiar, onde de xeito complementario, estes rapaces pudieron coñecer parte da historia do entorno do Castelo, o antigo barrio xudeu, a igrexa de Santiago do Deán, e dos pazos. Tamén aquí, ó pé dos muros que pechan Aguiar e O Couto, puxeron novamente en escena a lectura de fragmentos dalgunhas obras de Valle-Inclán.

Media_httpfarm4static_hkeug

Logo de comer, este grupo de Salceda completou o seu paseo subindo ó miradoiro da Curota e achegándose ata o entorno do dolmen de Axeitos.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán  

A Pobra: Pero Tobaruela presenta "Poñente" no auditorio do Museo Valle-Inclán este venres 25

Cartel-_tobaruela-1

 

A Pobra, 23 de novembro de 2011. Pere Tobaruela, escritor e xeógrafo de orixe catalán afincado desde hai uns anos nas terras galegas de Rois, achégase novamente ó público pobrense para presentar outro título da súa creación: “Poñente”, editado por Edicións Xerais neste ano 2011.

Nesta nova obra Tobaruela lévanos a vivir dous momentos distintos da nosa historia recente que se atopan no tempo a través de dúas personaxes tan diferentes como Carme e Josep. Carme é unha profesora dos tempos actuais que, animada por Sarela, decide iniciar unha investigación sobre os industriais cataláns que no século XIX se achegaron ás costas galegas e deron comezo ó asentamento das industrias de salgadura que hoxe en día son tan importantes para a economía de Galicia. Por outra banda, Josep é un daqueles pioneiros cataláns que emigraron cara as terras galegas e colaboraron co crecemento deste xeito de economía na beiramar galega.

A presentación desta novela terá lugar o vindeiro venres día 25 de novembro ás 20:00 horas no auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   #ACunqueiro   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán   Pere Tobaruela   presentación libro  

A Pobra: magosto este luns 31 para despedir o mes adicado a Valle-Inclán

Cartel_magosto

 

A Pobra, 30 de outubro de 2011. Para pechar o mes de outubro, no que tiveron lugar as xornadas de homenaxe a Valle Inclán, a Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán ten a ben convidar a todos os veciños da Pobra a participar dunha festa magosto que se vai celebrar este luns día 31 a partir das 20:00 h. na praza Maura e rúa Unión, acontecemento que ademais pecha a sucesión de actos de homenaxe a Valle-Inclán que neste ano 2011 ven de celebrar a XIII edición.

No evento, no que colaboran os hosteleiros da zona, o concello e dúas empresas particulares, poderemos gozar da degustación de castañas asadas regadas pola tradicional queimada acompañados en todo momento polo dúo de gaitas “Malvasía” de Ribeira, encargados de ambientar a zona con música tradicional. Serán os membros da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán, presidida por Paola García Paz, os que se encargarán de facer o reparto de castañas e queimada entre os que se acheguen a disfrutar do acontecemento.

Pode que tamén lle interese:

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán   magosto  

A Pobra: a homenaxe floral a Valle é este domingo 30 de outubro no Cantón da Leña


Imaxe da homenaxe do ano pasado, á que tamén asistiu o conselleiro de Cultura, Roberto Varela

A Pobra, 28 de outubro de 2011. No 75 aniversario do pasamento de Valle-Inclán e dentro da XIII edición das Xornadas de Homenaxe ao escritor, ten lugar unha vez máis unha homenaxe á súa persoa na praza do Cantón da Leña o domingo día 30 de outubro ás 12:30 h.

Previamente á homenaxe haberá unha recepción das autoridades convidadas no concello. O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, estará acompañado nesta ocasión polo Conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, o presidente da Fundación Valle-Inclán, Xerardo Fernández Albor, o Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro Durán, o Director Xeral do Libro, Francisco López Rodríguez, , o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida, e como representante da familia do escritor, o seu neto Joaquín del Valle-Inclán. Ademais estarán presentes algúns dos integrantes da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán e a súa presidenta, Paola García Paz.

Para amenizar o acto contarase coa música do Grupo de Gaitas “Xiada” e o Grupo de Pandereteiras “Luminaria” da Pobra do Caramiñal.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán   homenaxe  

A Pobra do Caramiñal: María Monsonís e Teo Cardalda interpretan no Teatro Elma este venres 28 "Claves Líricas" en homenaxe a Valle

Media_httpfarm6static_gfbmt

Teo Cardalda, ao móbil, vive agora na Mariña luguesa, logo de exiliarse de Vigo

A Pobra do Caramiñal, 25 de outubro de 2011.- O Salón Teatro de Santiago acolle mañá mércores 26 ás 21.00 horas o primeiro dos tres concertos que compoñen o ciclo Claves Líricas, no que Teo Cardalda e María Monsonís poñen música a 10 poemas de Valle-Inclán, en conmemoración do 75 aniversario do seu pasamento. A entrada para asistir ao espectáculo é gratuíta previa recollida de localidades no despacho de billetes.

Claves Líricas é unha serie de tres concertos que terán lugar nas tres localidades galegas máis vinculadas á vida de Valle-Inclán como son, ademais de Santiago de Compostela, Vilanova de Arousa (xoves 27 no Salón de Actos da Confraría de Pescadores) e A Pobra do Caramiñal (venres 28 no Teatro Elma). O contido dos recitais é un adianto musical da obra teatral que, sobre a figura de Valle Inclán como poeta, prepara Teo Cardalda xunto á directora de escena británica Tamzin Towsend, o dramaturgo Ignacio García May e o actor galego Luis Zahera. O espectáculo, que se chamará Los Siete Pecados de Valle-Inclán, estrearase en Galicia en febreiro de 2012.

A web Cómplices.es segue operativa. Dalí procede esta imaxe:

Complices

Banda de catro músicos
Durante os vindeiros tres días, e como parte do programa de actividades deseñado pola Consellería de Cultura e Turismo para recordar ao autor de Luces de Bohemia con motivo do 75 cabodano da súa morte, preséntanse en concerto parte dos textos musicados coa interpretación a cargo dunha pequena banda de catro músicos, da que forman parte Teo Cardalda (voz, piano e guitarra, percusión e programacións), María Monsonís (voz e percusión), Salva López (baixo e piano) e Yago Moncar (batería, teclados e percusión).

O programa dos concertos presenta un total de dez poemas musicados, en concreto, os titulados Rosa hiperbólica, Los pobres de Dios, Rosa gnóstica, Cantiga de vellas, Rosa vespertina, No digas de dolor, La rosa del reloj, Georgica, Rosa del caminante e Son de muiñeira, nunha escolma realizada por María Monsonís e publicada no libro tamén denominado Claves Líricas.

Cartel_concerto_teo

Esta iniciativa poético-musical de María Monsonís e Teo Cardalda (integrantes do dúo Cómplices) supón un punto e á parte na carreira dun dos grupos máis exitosos da música pop española dos 90. O texto entrelazado entre os poemas, tamén escrito por Cardalda, constitúe unha pequena pero intensa viaxe a través da personalidade rica, ambigua e fascinante do poeta como actor de se mesmo, bohemio, modernista e representante dunha das mellores épocas da poesía española dos séculos XIX e XX.

Outras actividades noutros lugares:

O catedrático da USC e membro da Real Academia Española , Darío Villanueva, será o encargado de abrir hoxe o congreso “Valle-Inclán e as artes”. Unha cita organizada pola Universidade de Santiago co apoio doutras entidades para afondar na relación que o creador pontevedrés tivo en todas as disciplinas creativas. Durante tres días afondarase na súa relación coa música (Carlos Villanueva e Dru Dougherty), coa pintura simbolista (Carmen López Fernández) ou os seus leigados manuscritos (MargaritaSantos Zas, Javier Serrano y Amparo de Juan), así como a análise dalgunha das súas obras. Como acto de colofón a este congreso, que se desenvolve ata o venres en Santiago, o Museo de Pontevedra acollerá a inauguración da exposición Retratos de Valle-Inclán.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán   xornadas  

A Pobra: presentado o libro do noiés Ramón Carredano "Anacaona. El fin de una raza", no auditorio do Museo Valle-Inclán

(download)
A Pobra, 23 de outubro de 2011. Como parte do calendario de actos da celebración da XIII edición de Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, o venres 21 de outubro ás 20:30 h., tivo lugar a presentación da novela de corte histórico “Anacaona. El fin de una raza”, do veciño noiés Ramón Carredano Cobas. Para este acto de presentación no auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra, déronse cita acompañando ó escritor, o historiador e veciño pobrense, Carlos Mosteiro, a concelleira de cultura, Encarna González Montemuíño, e a presidenta da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán, Paola García Paz.

Foi a concelleira de cultura a encargada de abrir o acto dando a benvida a tódolos veciños que se achegaron ó auditorio e presentando á monologuista Isabel Beiras, que meténdose na pel de Anacaona explicou ós presentes o sufrido polo seu pobo cando se sucederon os acontecementos que sobreviñeron ó momento en que Cristóbal Colón arribou ás terras americanas no ano 1492.

O historiador Carlos Mosteiro, amigo de Carredano, encargouse de presentar ó propio escritor e maila súa obra e de ler ó público algúns dos párrafos ó seu xuízo máis destacados da novela, e con elo deu paso ó autor, que logo de falar do proceso seguido na elaboración da obra, entrou nun debate co público e con Mosteiro sobre a mesma.

Pechou o acto a presidenta da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán agradecendo a presenza de todos e convidando ós veciños ós actos que aínda restan na conmemoración desta edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.

Relacionadas:


Xornadas Valle-Inclán: programa, imaxes da presentación e da exposición


Valle-Inclán: a revista Cuadrante adícalle un monográfico

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán   presentación libro  

A Pobra: veciños de Madrid, entre os visitantes máis asiduos ao Museo de Valle-Inclán

(download)
A Pobra, 7 de outubro de 2011. Nun ano especialmente relevante en canto a número de grupos orixinarios da comunidade madrileña e en plena celebración dunha nova edición das xornadas de homenaxe a Valle-Inclán, que coinciden este ano co 75 aniversario do deceso  do escritor, un novo colectivo de 35 persoas, chegado desde as terras madrileñas, con representantes de tres universidades de Madrid, programou como un dos destinos entre as visitas da viaxe que están a realizar, as instalacións do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

Alí foron recibidos pola técnica Begoña Olveira Sanisidro, encargada de conducilos polas distintas salas do emblemático edificio e explicarlles o seu contido, onde tamén fixeron unha fotografía de recordo.

Previamente viñan de facer outra das visitas obrigadas na Pobra do Caramiña, o miradoiro do monte de A Curota, onde tamén disfrutaron das vistas sobre a plenitude da ría de Arousa.

Antes, en Certo:


Xornadas Valle-Inclán: imaxes da presentación e da exposición


Turismo: o Museo de Valle recibe un grupo de Palencia

Turismo: visitantes de Carral no Museo Valle Inclán


Valle Inclán: primeiro acto de homenaxe polo 75 cabodano


Documental: "Este que veis aquí", sobre Valle. Rodouse na vila



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán   turismo  

A Pobra: palentinos de visita no Museo Valle-Inclán

(download)
A Pobra, 22 de setembro de 2011. Un grupo de 67 veciños chegados desde Villa Alcázar de Sirga, na provincia de Palencia, achegáronse esta mañá ata as instalaciós do Museo Valle-Inclán, onde, unha vez máis, foron recibidos pola técnica Begoña Olveira Sanisidro, encargada de guialos polas distintas dependencias e contidos da casa-homenaxe ao creador do esperpento.

Trátase dun grupo namorado das terras galegas que, dúas veces no ano se lles resulta posible, fan un percorrido por Galicia, e que escolleron desta volta as terras barbanzanas, tan ligadas á figura e a literatura de Valle-Inclán, polas que moitos deles sinten verdadeira admiración.

Ante as portas do Museo quixeron plasmar a lembranza do seu paso pola Pobra do Caramiñal a través dunha fotografía de grupo, logo da cal pasearon polas rúas máis céntricas da vila antes de encamiñarse cara ao cumio da Curota.

Relacionada:


Museo Valle-Inclán: dende o 20 de setembro, horario de inverno



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán   turismo  

A Pobra: o Museo Valle-Inclán comeza o horario de inverno

Media_httpfarm6static_hpdan

Dende o 20 de setembro, os horarios do museo que recolle un resumo da vida e obra do escritor Ramón María del Valle-Inclán son:

DE MARTES A VENRES:
 
- MAÑÁS: DE 11:00 A 13:00 H.
- TARDES: DE 17:00 A 19:00 H.

SÁBADOS: -  MAÑÁS DE 10:00 A 13: 00 H.

                       - TARDES: DE 17:00 A 19:00 H.
 

- LUNS E FESTIVOS: PECHADO



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán