Preme para voltar á portada
Filed under

Nadal

 

Ribeira: o Liceo Marítimo tivo asemblea xeral o domingo 15 de xaneiro

Actualización 16 de enero:

"Este pasado domingo 15 se celebró la ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA de la entidad del LICEO MARÍTIMO DE RIBEIRA. Da comienzo la Asamblea con un minuto de silencio por todos los socios fallecidos y sus familias. A continuación se muestra el agradecimiento público a D. Manuel Ayaso, pintor de Aguiño, por la donación de varios de sus cuadros; a D. José Ramón Oujo, Bazar de Oujo, por la donación de varios regalos para diferentes charlas coloquio; a D. Ramiro Carregal, de Frinsa, por la donación económica para afrontar diversos talleres de salúd y a D. José Antonio Ojea, de depuradora Ojea de Palmeira, por la donación de mejillones para varios actos públicos. 

 El estado de cuentas presentado muestra un superávit para la entidad recreativo cultural. La Sociedad cuenta con unos 260 socios al corriente de pago al día de hoy. Para la elección de presidente no se presentaron candidaturas a no ser la del actual, quedando por lo tanto, por aclamación, D. José Gude Pizjuan que lleva unos ocho años en el cargo", informó José Manuel Pena.

Antes anunciamos:

Media_httpfarm3static_jeebq

Ribeira, 10 de xaneiro de 2012. A Xunta Directiva do Liceo convoca asemblea xeral ordinaria o 15 de xaneiro, este domingo:

11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda convocatoria

Orde do día:
 
 1º- Lectura da Acta da Asemblea anterior e a súa aprobación, se procede.
 2º- Memoria de xestión durante o ano 2.011 e informe económico.
 3º- Informes do Presidente e da Xunta Directiva.
 4º- Elección de Presidente/a, por periodo de 2 anos. Pódese escoller ao actual se non se presenta alternativa. Son escollibles todos os socios maiores de idade e con antigüidade igual ou superior a un ano.
 5º- Rogos e preguntas.

      Ao remate da Asemblea, a Xunta Directiva convidará aos asistentes a uns pinchos e un viño do país. 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Liceo   Nadal   Ribeira  

Ribeira: fotos e clasificación da Carreira Popular de Nadal

Click here to download:
Clasificacion Final Carreira Coroso.xlsx (40 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal   Ribeira   atletismo   carreiras  

Dodro: os cativos recibiron a Papá Noel e participaron en obradoiros de Nadal

(download)
Dodro, 28 de Nadal de 2011. Os nenos/as de Dodro disfrutaron ao longo da tarde do día 23 de títeres e xogos para recibir despois a visita de Papá Noel.

Os máis pequenos aproveitaron para facerlle as súas peticións e Papá Noel recibiu a cambio moitos bicos e agarimos. 

No que atinxe aos obradoiros infantís de nadal que se están a realizar por primeira vez en Dodro, a tenenta de alcalde, Marisol Boga, afirma que "teñen unha grande aceptación entre a veciñanza, xa que acoden  máis de 30 nenos/as do Concello onde pasan unhas tardes divertidas con cinema, manualidades,  globoflexia, maquillaxe, xogos e outras actividades".  

Actividades este venres 30 de decembro

O día 30, este venres, a partir das 18h na Paxareira os nenos/as de Dodro disfrutarán da súa Festa de Fin de Ano particular que se celebra por primeira vez para eles no Concello. O día 2 de xaneiro ás 18 horas, tamén na Paxareira, disfrutarán de varios contacontos para recibir despois a visita do Carteiro Real que recollerá as cartas para os Reis Magos que chegarán a Dodro o 5 de xaneiro ás 5 da tarde na primeira Cabalgata de Reis que celebrará o Concello.

Relacionadas:


Programación de Nadal: vexa aquí todas as actividades


Concurso: I Concurso de Pasteis e doces o 5 de xaneiro


Un xoguete, unha ilusión: novo programa solidario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2011   Dodro   Nadal  

Noia: a Banda de Lousame ofrece un concerto no Liceo este martes 27

Liceo_concerto_nadal_2011
Click here to download:
Concerto Nadal 27 decembro.pdf (55 KB)
(download)

Pode que tamén lle interese:


Campamentos: para nen@s entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro de 2012


Programación cultural completa de Nadal: do Concello e do Liceo de Noia

 

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Liceo   Lousame   Nadal   Noia   concerto  

Ribeira: Amicos celebrou o seu tradicional xantar de Nadal

Ribeira, 22 de Nadal de 2011. O centro de Amicos acubillou hoxe o tradicional xantar de Nadal. Estivo facéndolles compaña o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; o anterior alcalde, José Luís Torres Colomer -agora senador- e o edil de Servizos Sociais, Vicente Mariño. Tamén chegou por alí Pai Noel, que entregou agasallos a todos os integrantes de Amicos. Dende esta asociación aproveitan para desexarlle a todo o mundo un Bo Nadal e Feliz Aninovo.

Comida_nadal_007
Comida_nadal_008
Comida_nadal_014
Comida_nadal_016

Pode que tamén lle interese:


Carreira popular de Nadal: será o sábado 7 de xaneiro


Abastos: este Nadal, vote por Miss ou Mr. Praceir@!


Vídeoclip: Entrelíneas grava este Nadal o primeiro


Cultura: programación completa de Nadal



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Amicos   Nadal   Ribeira  

Ribeira: o sábado 7 de xaneiro, Carreira Popular de Nadal

Media_httpwwwriveirae_dpgbx


Ribeira, 22 de Nadal de 2011. O Concello de Ribeira a través da Concelleria de Deportes organiza, xunto co Club Santa Uxía Atletismo, o sábado 7 de Xaneiro de 2012 a CARREIRA POPULAR DO NADAL

REGULAMENTO

1. Poderán participar todos os rapaces das seguintes categorías (homes e mulleres )

CATEGORÍAS PREVISTAS

PITUFOS: Os menores de 7 anos

BENXAMÍN: Os que cumpren durante o ano 9 e 8 anos

ALEVÍN: Os que cumpren durante o ano 11 e 10 anos

INFANTIL: Os que cumpren durante o ano 13 e 12 anos

CADETE: Os que cumpren durante o ano 15 e 14 anos


2. Realizarase una clasificación individual e outra por equipos.

Para realizar a clasificación por equipos sumaranse os postos obtidos
polos 3 primeiros rapaces na clasificación xeral da carreira na qu se
participa. Resultará gañador o equipo que menos puntos teña (en caso
de empate, clasificarase en primeiro lugar o equipo no cal o seu
terceiro corredor quedase diante)

3. As inscricións realizaranse na páxina web do concello
www.riveira.es e deberán reflectir os seguintes datos: nome e
apelidos, data de nacemento, colexio ou club.

4. Os dorsais poderanse retirar na SECRETARIA DE COMPETICIÓN ata 15
minutos antes da primeira proba. Pasado este periodo non se admitirá a
participación do atleta.

5. Distancias e horarios.

PITUFOS

16:30

80metros

BENXAMIN

16:45

760 m ( 1 volta c1 )

ALEVIN

17:00

1210m (c1+c2)

INFANTIL

17:30

1970 m (2voltas c1 +1 c2)

CADETE

17:45

3040 m (4 voltas c1)

Máis información: Club Santa Uxia Atletismo
C/Amor Ruibal 15960 Ribeira, A Coruña
Tlf: 661.359.532

Relacionada:


Torneo: Flor de Toxo organiza un en xaneiro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal   Ribeira   atletismo   carreiras  

Boiro: a Ong Contacto e a asociación cultural Borobó entregan xoguetes o xoves 22

Media_httpfarm7static_uicjh

Boiro, 20 de Nadal de 2011. A asociación cultural Borobó xunto coa ONGD Contacto farán entrega dos xoguetes doados polos asistentes ao concerto solidario “Xoguetes X Música” organizado por estas entidades o pasado venres 9 de decembro. O acto terá lugar o vindeiro xoves 22 de decembro na sede de Contacto (os antigos xulgados de Boiro), ás 20:00 horas.

A asociación cultural Borobó aproveita para desexar a todo o mundo unhas Felices Festas e un Próspero Ano 2012.

Pode que tamén lle interese:


Primeira novela gráfica: do boirense Martín Romero


Cultura: nova expo ata o 15 de xaneiro


Viaxe á neve: de A.C. Borobó, do 13 ao 15 de xaneiro


Atletismo: resultados carreira Memorial Pepe Buceta

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   ConTacto   Nadal   solidaridade  

Ribeira: o Concello paga o xantar de Nadal a uns 150 pobres este domingo

    Será no restaurante La Cascada do Camping Ría de Arosa 2 este domingo 25

Ribeira, 20 de decembro de 2011- Entre 140 e 150 veciños e veciñas sen recursos deste municipio terán a oportunidade de poder compartir a tradicional comida de Nadal do 25 de decembro. Así o explicou hoxe o concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño de Bricio, que indicou que esta acción está dirixida a aquelas persoas en extrema soidade, que se atopan en risco de exclusión social ou nunha posición de precariedade económica. 

Á Mariño de Bricio acompañábao María Francisca Vidal, xefa de servizo do Departamento de Servizos Sociais, e Anxo Rodríguez, xerente do restaurante La Cascada do Camping Ría de Arosa 2, que é a entidade que tivo a iniciativa de realizar esta comida que recibiu a colaboración o Concello (a través de Servizos Sociais e Drogodependencias), Cáritas, Cruz Bermella, Eloraj e Frinsa. 

Vicente Mariño agradeceu a La Cascada que tivese a idea de organizar este evento dados os tempos de crise que se están dar e manifestou que dende a Concello se está a colaborar en distintos apartados, como a confección do menú ou a axuda de membros de Protección Civil. Informou de que todos aqueles que se encontren nalgunha das condicións descritas anteriormente e que queiran tomar parte na comida de Nadal poden obter os correspondentes tiquets nas dependencias de Servizos Sociais, situadas na praza 8 de marzo. Haberá servizo de autobús que partirá da estación de Santa Uxía. 

Ademais do menú  (formado por entremeses, langostinos, carne asada, doces e bebidas varias, a ambientado coas tradicionais panxoliñas) os comensais recibirán un lote de conservas por cortesía da empresa Frinsa. Por outra parte, no caso de que non se empregase toda a comida dispoñible durante o xantar, a parte excedente será repartida tamén entre os usuarios. Os nenos e nenas tamén recibirán xoguetes. 

Anxo Rodríguez explicou que a iniciativa xurdiu polas difíciles circunstancias socioeconómicas que se están a dar na comarca e no municipio e agradeceu ao Concello o ben que se recibiu a idea. 

Pola súa parte, María Francisca Vidal afirmou que dende os Servizos Sociais se está  a dar a máxima difusión posible á iniciativa para que ninguén que o necesite se quede sen a posibilidade de asistir a esta comida.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal   Ribeira   solidaridade  

Noia: o Liceo programa un concerto de Nadal o venres 23 e o baile de Nadal o 25 coa orquestra París de Noia

Click here to download:
Baile nadal 2011.pdf (104 KB)
(download)
Cartel-nadal
Cartel-nadal-02

Click here to download:
NAVIDAD NUESTRA.pdf (106 KB)
(download)
Felicitación de Nadal do Liceo de Noia



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Liceo   Nadal   Noia  

Lousame: o Concello organiza o Belén de Cumes o vindeiro sábado 17 de decembro

  • O traxecto deste ano é de Tállara a Guiende
  • O belén colócase nun antigo muíño. Ao remate, chocolate con rosca para os participantes

Media_httpmw2googleco_iyucg

Imaxe en Panoramio de Andrés Villar do belén de Cumes de 2005

Lousame, 12 de decembro de 2011. Este vindeiro sábado, 17 de Nadal, o concello de Lousame organiza o Belén de Cumes. Faise unha ruta de seis quilómetros desde Tállara a Guiende, onde se colocan as figuras do belén (este ano nun muiño dos máis antigos da zona) e cántanse unhas panxoliñas. Ao remate tómase unha chocolatada con rosca para todos. Este ano como novidade estrearase unha ruta que se compón de 18 quilómetros e que vai de Tállara ao Iroite e volta. 

O vindeiro sábado, entón, pódese escoller entre a andaina longa e a curta aínda que os primeiros catro quilómetros son comúns nas dúas. Para maior información consulta a web do concello pola semana, en http://concellodelousame.com

Antes, en Certo:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lousame   Nadal   andaina  

Dodro: programación de Nadal

Click here to download:
Díptico Nadal.pdf (1.28 MB)
(download)
Dodro, 8 de decembro de 2011. O Concello de Dodro a través das distintas concellerías fai pública a programación de Nadal para este ano, cargada de actividades para todas as idades. 

A programación comeza o día 10 de decembro co fallo da XXIV edición do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón.

O xurado reunirase ás 12h da maña na Casa da Cultura do Concello, coordinado por Helena Villar. O xurado  presidido polo alcalde de Dodro Valentin Alfonsín Somoza, está composto ademais pola secretaria, a concelleira de cultura Cristina Codesido e por Carlos Negro Romero, Román Raña Lama, Rosa Enríquez Noya e Luis Valle Regueiro, este último o gañador do ano pasado da edición XXIII  do Premio. O fallo do xurado darase a coñecer ó público e ós medios ese mesmo día. Despois do fallo farase unha ofrenda floral onde repousan os restos de Eusebio Lorenzo Baleiron no cementerio de San Xulián de Laiño en Dodro.

O domingo 18 de decembro ás 17 h nun acto público farase a entrega do premio no CPI  Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, coa actuación de Campo de Estrelas. 

 

Dentro da programación de Nadal a Concellería de Deportes organiza o día 17 de decembro a III Xornada Benéfica Deportiva cun campionato de fútbol 2 x 2 dirixido a todas as idades, circuito pechado para bicicletas e campionato de portería hinchable. Nesta xornada recolleranse alimentos non perecedeiros que serán distribuídos entre as familias con menos recursos do concello. 

Os días 19, 20 e 21 de decembro esta mesma concellería organiza o I Mundialito de Fútbol Sala por aldeas do Concello de Dodro. Terá lugar no pavillón municipal de Dodro e haberá dúas categorías. A inscrición debe realizarse no departamento de deportes. 

Click here to download:
Cartel Teatro Merlo Branco.pdf (318 KB)
(download)
As concellerías de Cultura e Xuventude e Familia organizan conxuntamente Teatro para todas as idades para o día 22 de decembro ás 20 h no salón da Paxareira. A obra representada por Os Tolitates titulase “O merlo branco”, é a historia dun pequeno merlo que busca saber quen é. 

Os máis pequenos son os que disfrutarán dunha amplia e variada programación de actividades e obradoiros este Nadal organizadas conxuntamente polas concellerías de Servizos Sociais e Igualdade e a de Xuventude e Familia.

Para a conciliación da vida laboral e familiar haberá Obradoiros infantís nas vacacións de Nadal. Serán na Casa da Cultura do Concello de 16h a 19h do 26 ó 29 de decembro e o 3 e 4 de xaneiro. Dentro das actividades programadas haberá dous días Cine, Globoflexia, Xogos e adornos, Nadal musical e carta ós Reis Magos. 

O día 23 de decembro Papa Noel recibirá a todos os nenos/as de Dodro, onde ademais haberá títeres e xogos infantís.

O día 30 de decembro gran Festa de Fin de Ano para os nenos/as do Concello. Haberá contacontos o “Trasno Ito”, manualidades, xogos e baile hasta fartar.

E o día 2 de xaneiro o Carteiro Real visitará Dodro para recoller as cartas para os Reis Magos ós mais cativos.  Haberá títeres “Ilri, axudante de Papa Noel”, xogos e animación. 

Celébrase o  I Concurso de Pasteis, Doces e Biscoitos que será o día 5 de xaneiro na praza do concello. Todos os que queiran participar poderán inscribirse no teléfono  981 802 466 antes do 4 de xaneiro. Haberá tres primeiros premios. 

A programación de Nadal rematará coa CABALGATA DE REIS que se celebrará por primeira vez no Concello de Dodro en colaboración con Asociacións do concello e diversas empresas. Sairá do Polideportivo Municipal e rematará na praza do concello, na que estará instalada unha carpa onde os Reis Magos serán recibidos polo alcalde e farán a ofrenda o neno Jesús. A continuación  recibirán as peticións de todos os nenos/as ós que entregarán un agasallo e golosinas. Todos os asistentes disfrutarán dun chocolate con churros e haberá servizo de autobuses que percorrerá todo o municipio.

Antes, en Certo:


  Cabalgata de Reis: colaboración de asociacións de veciños


Concurso: I Concurso de Pasteis e doces o 5 de xaneiro


Un xoguete, unha ilusión: novo programa solidario

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   Nadal   programación cultural  

Ribeira: Ámbar, Amicos e A Creba colaboraron na decoración de Nadal das rúas

 

Ribeira, 8 de decembro de 2011.- As tres asociacións de persoas con diversidade funcional radicadas no municipio de Ribeira –Ambar, Amicos e A Creba- quixeron implicarse activamente na decoración nadaleña da cidade capital da Barbanza, e tanto é así que ao longo da mañá de onte, e despois de que na noite pasada tivera lugar o acendido oficial da iluminación de Nadal, membros pertencentes a estes tres colectivos, coa asistencia de Protección Civil, estiveron a adornar boa parte do centro urbano de Santa Uxía. 

A_creba

Concretamente, a Asociación  Ámbar ocúpase de adornar o tramo comprendido entre a rúa Ramón y Cajal (o chamado callejón de Sinda) e a praza de Compostela. O colectivo de Amicos faino dende a rúa Santa Uxía ata a praza de España (pasando pola rúa Galicia); mentres que A Creba tomou cargo da decoración da fachada do Malecón. 

Ambar

Anxos, flores, estrelas, paquetes de regalo e moitas outras figuras nadaleñas deseñadas en material reciclado, madeira, fieltro, barro ou cestería  contribúen a engalanar aínda máis a cidade con motivo destas festivas datas entre o relixioso e o pagano, entre o consumismo máis activo e o ocio dos máis pequenos. 

Amicos

Antes, en Certo:

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Creba   Amicos   Nadal   Ribeira   Ámbar