Preme para voltar á portada
Filed under

Nadal cultural

 

Ribeira: remataron tres obradoiros do Nadal Cultural

O escultor ribeirense Jontxu Argibay deu un curso de modelado en 3D en Nadal Xogo

Ribeira, 5 de xaneiro de 2012. A mañá de hoxe viviu dous actos cos que o Concello procedeu á clausura de tres obradoiros dirixidos á conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións de Nadal. 

(download)
O primeiro deles tivo lugar na Aula Multimedia de Ribeira: local no que se deron cita o tenente de alcalde Juan Luis Martínez, a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e o axente TIC Abel Alonso, para entregar os correspondentes diplomas e algún agasallo de ambiente navideño aos nenos participantes (27 en total) no obradoiro InforNadal, dedicado á introdución nas novas tecnoloxías.  

Unha hora máis tarde, sería o salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Ribeira o escenario elixido para acoller un pequeno acto festivo co que se puxo fin aos obradoiros Nadal Concilia e Nadal Xogo.  

Antes da entrega de diplomas (que correu a cargo da tenente de alcalde Dolores Elorduy e a edil Elvira Pisos) os tres grupos de nenos asistentes (dous de Nadal Concilia e un de Nadal Xogo) deleitaron ao público de pais e nais con outras tantas panxoliñas.  Cada un dous tres grupos tivo 30 participantes.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Jontxu Argibay   Nadal cultural   Ribeira   obradoiros  

Noia: o Liceo programa tenis de mesa o mércores 28, concerto o venres 30 e bailes o 31 e 1 de xaneiro

Noia, 27 de Nadal de 2011. A Sociedade Liceo de Noia ten previsto realizar estas actividades dende o mércores 28 de decembro ata o 1 de xaneiro de 2012.

Click here to download:
tenis mesa 2011.pdf (145 KB)
(download)

  • 28 de decembro: I TORNEO DE TENIS MESA "LICEO DE NOIA"

 

Click here to download:
Música Tradicional 30 decembro 2011.pdf (158 KB)
(download)

  • 30 de decembro: ás 21:00h Concerto de música tradicional cos grupos "Arnela" de carral e "A Subela" do Liceo de Noia

 

Click here to download:
BAILES FIN DE ANO E ANINOVO 2011-2012.pdf (262 KB)
(download)

  • 31 de decembro-1 de xaneiro: ás 01:30h Baile de Fin de Ano coa Orquestra Abanico
  • 1 de xaneiro:ás 23:00h Baile de AniNovo coa Orquestra Capitol

       Aproveitan tamén dende a Xunta Directiva da Sociedade Liceo de Noia para desexar o mellor para o ano 2012.


 

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Liceo   Nadal cultural   Noia   actividades  

Ribeira: programación de Nadal completa. Engadida a deportiva!

Cartel_de_nadal
Ribeira, 16 de Nadal de 2011. Esta mañá presentouse a programación do Nadal Cultural do Concello de Ribeira.


Estase ultimando a celebración dunha serie de actividades na rúa promovidas pola Deputación Provincial, a Asociación de Empresarios de Ribeira e o propio Concello, co fin de dinamizar o comercio de proximidade nestas datas festivas. Ao seu debido tempo informarase ao respecto.

 

Nadal_2
Nadal_1
Na presentación estivo o técnico de Cultura, Unai González, e a concelleira encargada do ramo, Elvira Pisos.

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

ACTIVIDADES NADAL 2011-2012: 

CAMPIONATOS LOCAIS

Trofeo Unicef de fútbol sala en categorías base

Os días 2 e 3 de xaneiro no Complexo deportivo A Fieiteira.

Categorías: prebenxamín(05-04), benjamín(03-02), alevín(01-00) e infantil(99-98). 

Torneo de xadrez de Reis

O martes 3 de xaneiro na Casa da xuventude de Riveira

Categorías: Destinado ás categorías prebenxamín(06-05-04), benjamín(03-02), alevín(01-00) e infantil(99-96). 

3 X 3 de baloncesto

O venres 30 de decembro (e 31 se fose necesario) no Polideportivo Sta Uxía (Coroso)

Categorías: Absoluta masculina e categorías base tanto masculinas como femininas. 

3 X 3 de Fútbol  

O 6 e o 7 de xaneiro(pendente de confirmación)na pista deportiva da Casa da Xuventude.

Categorías: Xuvenil, senior e veteráns. 

II Ruta Nadal de BTT

Será o domingo 9 de xaneiro pola mañá. Terá un percorrido, catalogado de nivel medio, duns 30 km. aproximadamente, con saída e chegada no polideportivo de Sta Uxía.

Destinado a xente a partir de 16 anos. 

 

Puenting

O día 31 de decembro pola tarde na Ponte de Ceilán (estrada Noia – Outes). Está destinado a maiores de idade 

ASISTENCIA A ESPECTÁCULOS DEPORTIVOS

Master Galego de Tenis

Días 6,7 e 8 de xaneiro nos Polideportivos Santa Uxía e Fieiteira.

Destinado: A todo o público en xeral que teña ganas de ver bo tenis.

Campionato que se disputa todos os anos por estas datas nas que participan os 16 mellores tenistas galegos na categoría absoluta masculina e feminina 

Partido fútbol “Deportivo da Coruña – Xerez”

Sábado 7 de xaneiro ás 18 horas no Estadio municipal de Riazor (A Coruña).

Idades: Destinado a xóvenes de entre 12 e 17 anos 

Para obter máis información sobre as actividades pódese ver a páxina web do concello(www.riveira.es), ir a Casa da Xuventude ou ao Auditorio Municipal (9818356 50).

 

Pode que tamén lle interese:

Biblioteca: abre os sábados en Nadal (ata o 7X)

350 rapaces con "Panos brancos contra a droga"



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal cultural   Ribeira  

Noia: este venres 23, xornada solidaria no Museo do Mar cos pais do STAND

Media_httpfarm7static_klkzn

Noia, 22 de Nadal de 2011. Mañá venres, 23 de decembro, de 17:30 a 21:30 horas, vaise celebrar, no Museo do Mar de Noia (sito na rúa Malecón de Cardarso), unha xornada solidaria coa Asociación de Pais do STAND. Esta xornada enmárcase dentro do Programa Cultural para o Nadal 2011 do Concello de Noia.

Nesta xornada os nenos e nenas do STAND exporán calendarios e outro tipo de  traballos feitos por eles mesmos. Estará amenizada esta xornada por varios grupos musicais da vila e na mesma participarán tamén o concelleiro de Cultura, Javier Rodríguez Vieites e a concelleira de Servizos Sociais Igualdade e Benestar, Sofía Caamaño Lado (ás 18:00h. farán unha intervención pública).

Pode que tamén lle interese:


Programación cultural completa de Nadal: do Concello e do Liceo de Noia


Liceo de Noia: concerto de Nadal o 23 e baile o 25

Turismo e cultura: o maior embaixador da vila é Javier Sierra, quen escribiu e presentou "El ángel perdido"


Campamentos: para nen@s entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro de 2012



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal cultural   Noia   STAND  

Rianxo: Programación Nadal Cultural 2011

Media_httpfarm8static_frfeg

 

  • FESTIVAL DE NADAL: Pandereteiras Aleivosía de Fogo Fatuo e Coral do Liceo Marítimo Rianxeiro
    • DÍA: xoves 22 de decembro
    • HORA: 20.00 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo
  • CONCERTO DE NADAL a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo
    • DÍA: venres 23 de decembro 
    • HORA: 21.00 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo
  • ENSAIO ABERTO da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares
  •  
    • DÍA: xoves 29 de decembo
    • HORA: 21:00 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo
  • Fallo do xurado e acto de entrega de premios do XXXVII CERTAME NACIONAL GALEGO DE NARRACIÓNS BREVES. PREMIO MODESTO R. FIGUEIREDO DO ANO 2011, organizado pola Fundación Pedrón de Ouro coa colaboración do Concello de Rianxo.
  •  
    • DÍA: venres 30 de decembro
    • HORA: 20:00 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo
  • PRESENTACIÓN DO LIBRO "ANACAONA, EL FIN DE UNA RAZA" DE RAMÓN CARREDANO.
  •  
    • DÍA: mércores 4 de xaneiro
    • HORA: 20:30 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo
Media_httpfarm2static_buhsv

  • VISITA DO APALPADOR E DOS PAXES REAIS E CABALGATA DAS SSMM OS REISES MAGOS DE ORIENTE

Aproveitamos para informare que os vindeiros días 3 e 4 de xaneiro chegará a visita do Apalpador -tamén lle chaman Pandigueiro noutras bisbarras- e dos Paxes Reais, que estarán por todo o Concello para que os nenos e nenas poidan entregárllelas súas peticións. A tarde do martes 3 visitarán as parroquias de Taragoña, Araño e Asados, e a tarde do mércores 4 as parroquias de Isorna, Leiro e Rianxo. Poderán así ir templando nervios e preparándose para recibir as Súas Maxestades Os Reises Magos de Oriente, que chegarán a Rianxo o vindeiro 5 de xaneiro para realizar a súa ofrenda ante o Belén Vivinte e saudar ós nenos e nenas rianxeiros.

 

Para  máis información poden consultar a web do concello www.rianxo.com
Tamén lle pode interesar:
Media_httpfarm8static_pagyh


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal cultural   Rianxo  

Rianxo: pandereteiras "Aleivosía" de Fogo Fatuo e Coral do Liceo Marítimo Rianxeiro celebran o festival de Nadal este xoves 22

Rianxo_festival_nadal_22

 

  • FESTIVAL DE NADAL: Pandereteiras Aleivosía de Fogo Fatuo e Coral do Liceo Marítimo Rianxeiro

    • DÍA: xoves 22 de decembro
    • HORA: 20.00 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal cultural   Rianxo   programación cultural  

Boiro: O Faiado 2 acolle este xoves 22 unha charla sobre escultura e a inauguración dunha mostra de tallas en madeira

Dous avisiños antes de ler a información:

Facebook: Certo ten páxina ao superar os 5.000 amigos. En http://www.facebook.com/xornalcerto

Vitaminas para o galego: Certo colabora para que sobrevivan os medios na única lingua propia de Galicia

Click here to download:
invitacion exposicion tallas.pdf (27 KB)
(download)
O Faiado 2 está a felicitar o Nadal este ano con esta tarxeta:

Postal_nadal_2012



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Nadal cultural   O Faiado 2   charla informativa   exposición  

Ribeira: do 19 ao 21 de Nadal, concertos dos alumnos do conservatorio profesional

Click here to download:
Cartel Concertos Nadal 2011 .pdf (309 KB)
(download)

Ribeira, 16 de Nadal de 2011. O Conservatorio Profesional de Música de Ribeira, dependente da Concellería de Educación do Concello de Ribeira, organiza para a semana un programa de concertos co que se pon fin ao primeiro trimestre de curso 2011/2012. 

O luns 19 de decembro os alumnos e profesores  do departamento de Piano ofrecerán unha audición no salón de actos do Conservatorio Local a partir das 19.00 horas con motivo do 200 aniversario do nacemento do compositor e pianista húngaro Franz Liszt. 

O martes día 20, ás 19 horas, alumnos do conservatorio ofrecerán un concerto na Residencia do Maior de Riveira. O concerto será ofrecido  por distintas agrupacións instrumentais, as cales interpretarán obras de Mozart, Carulli, Diabelli, Diego Bouzón e tamén música tradicional do Nadal. 

O mércores día 21, ás 19.30 horas, no salón de actos do Conservatorio desenrolarase o tradicional Concerto de Nadal protagonizado unha vez máis polos estudantes do centro.  Música de  Saint Saens, Bing Crosby, Scott Joplin, Apocalyptica  e as tradicionais panxoliñas soarán para poñer punto final a este  primeiro trimestre no Conservatorio Municipal. 

Unha vez rematado o concerto os profesores entregarán aos alumnos as cualificacións obtidas nesta primeira avaliación.

Pode que tamén lle interese:


Cultura: programación completa de Nadal


Solidaridade: o festival da Gandaina, o 23, tamén pro Paula de Boiro


Campaña: 350 rapaces con "Panos brancos contra a droga"


Biblioteca: abre os sábados en Nadal (ata o 7X)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal cultural   Ribeira   concerto   conservatorio  

Rianxo: o Festival de Nadal da Escola de Música é este domingo 18

  • Tamén este domingo se celebra o VI FESTIVAL DE CORAIS DE AROUSA E ULLA

Cartaz_nadal_2011

Rianxo, 15 de decembro de 2011. Dende a Escola de Música de Rianxo comprácense en convidar a todo o mundo ao Festival de Nadal, onde os/as nenos/as da escola amosarán as destrezas adquiridas nas clases de práctica instrumental e música e movemento.
  • FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
    • DÍA: domingo 18 de decembro
    • HORA: 12 do mediodía
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

E pola tarde: VI FESTIVAL DE CORAIS DE AROUSA E ULLA

ORGANIZA: Centro Cultural "Simón Varela" de Asados

DÍA e HORA: domingo 18 de decembro - 18.00 horas

LUGAR: Patio do CEIP "Ana Mª Diéguez" de Asados

PARTICIPAN:

- Coral Polifónica Padronesa

- Coral Baldomar de Boiro

- Coral Polifónica do Liceo Marítimo Rianxeiro

- Coral Abraira do CC Simón Varela de Asados

O mesmo día, en Rianxo:

E no veciño Concello de Dodro:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal cultural   Rianxo   concerto   escola de música  

Ribeira: o 23 de decembro, festival de danza e música de A Gandaina e do 26 ao 28, Torneo Unicef

  • No festival, que será no auditorio, haberá un sorteo benéfico a prol de Paula, a nena de Boiro con agnesia sacra que está a ser tratada en Alemania
  • Empresas de Palmeira doaron máis de vinte obsequios para poder facer esta rifa solidaria
  • Para inscribirse no Torneo de Unicef hai de prazo ata o xoves 22

(download)

Ribeira, 15 de decembro de 2011.- O Concello aliouse coa Asociación A Gandaina de Palmeira para coorganizar un ano máis o Festival de Danza e Música Tradicional que este colectivo celebra nas datas de Nadal. Sen embargo, esta edición presenta unha salientable novidade, que consiste en que o desenvolvemento do festival acollerá unha rifa solidaria a beneficio da pequena nena boirense Paula.

O presidente de A Gandaina, Juan José Fernández, e a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, ofreceron algúns detalles da celebración do acto. O espectáculo terá lugar o venres 23 de decembro, ás 20.30 horas e, como ven sendo habitual, a entrada é totalmente gratuíta. Participarán en torno a uns 25 nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. 

Idea dos rapaces da asociación

Juancho Fernández manifestou que foron os propios rapaces da asociación os que tiveron a idea de que este evento servise para contribuír a apoiar a Paula. A raíz desta iniciativa, a directiva de A Gandaina púxose en contacto con distintas empresas de Palmeira a fin de recabar a súa colaboración, de tal xeito que cos obsequios que estas altruistamente puideran doar, o colectivo tivese ocasión de organizar unha cifra solidaria no transcurso do festival. 

Ata agora xa recibiron unha vintena de obsequios: entre eles,  distintos vales de compra en establecementos comerciais, un mes de clases gratuítas de informática, dúas ceas en restaurantes, rvizos de perruquería, unha cesta de Nadal, agasallos de floristería e ferretería, etc...

Elvira Pisos lembrou que o Concello xa colaborou noutras iniciativas en beneficio da pequena Paula, como a rifa solidaria da sexta Xuntanza do Maior ou a función teatral promovida pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño para recadar fondos a prol de Paula, que contou co apoio do ente local. “O Concello seguirá traballando en colaboración con entidades ou outras institucións para pór en marcha novas actividades que poidan contribuír a recadar fondos para axuda a Paula”, concluíu.

Torneo Unicef

Ribeira, 15 de decembro de 2011.- O Polideportivo Municipal de A Fieiteira vai ser escenario durante os días 26, 27 e 28 de decembro da quinta edición do Trofeo Unicef de Fútbol Sala Base, destinado ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

Esta acción está  organizada pola ong Unicef coa colaboración do Concello de Ribeira. A inscrición é gratuíta e pódese realizar ata o día 22 de decembro no Auditorio Municipal (teléfono 981 835 650 e e-mail deportes@riveira.com).

O sorteo dos cruces terá  lugar o propio 22 de decembro, ás 13 horas no Auditorio Municipal.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal cultural   Pro Paula   Ribeira   festivais  

Noia: este sábado 17, IV Festival Benéfico de Panxoliñas de Manos Unidas

Media_httpfarm8static_gdchy

Noia, 14 de Nadal de 2011. O vindeiro sábado 17 de decembro a partir das 17:30 horas da tarde terá lugar o IV FESTIVAL DE PANXOLIÑAS organizado pola ONGD MANOS UNIDAS, no que participarán varios grupos da comarca co obxectivo de recadar fondos para levar adiante o proxecto de desenvolvemento deste ano.

Será na igrexa de San Martiño.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal cultural   Noia   festivais  

Dodro: o Concello organiza obradoiros para nenos por Nadal

  • O 22 de decembro haberá teatro na Paxareira

Dodro_obradoiros_nadal
Dodro_merlo_branco

Pode que tamén lle interese:

Dodro: entregan a Isaac Xubín o premio de poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón" este domingo 18 ás 17:00h

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   Nadal cultural   programación cultural