Preme para voltar á portada
Filed under

Nazareno

 

A Pobra: cartel e programa do Nazareno 2011, do venres 16 ao luns 19 de setembro

A Pobra: había que ler isto

Media_httpwwwdesdepobracomnazarenonazareno202009inundaciones20nazareno20200913jpg_ajlyezeyscdnosf

Incertidumes que temos:
1.- Canta xente leu este cartel?
2.- Quen nos di que non o puxeron despois de que aparcaron os coches?
3.- A sinal está clara, prohibido aparcar: ademais de ter o coche inundado, debería poñérselles unha multa aos donos dos vehículos?
4.- Alguén malintencionado arrincou este cartel e non o viron os afectados?
5.- Alguén de Galicia Bilingüe protestou porque o cartel só está en galego?
6.- Portos de Galicia, que ten que ver nisto?
7.- Alguén lle pediu ao Nazareno que non subise a marea ata que recuperase o coche?
8.- Pensou algún concesionario da zona en vender coches híbridos, que naveguen pola ría, camiñen polo monte e circulen pola estrada?

Resposten vostedes, que a nós danos a risa...

 

Pode que tamén lles interese:

a) Esta foto do Nazareno de Suso Marañas, aquí

b) Esta foto da inundación de Dani Gestoso, aquí

c) Esta foto da suba da marea e inundación de coches de DesdePobra.com, aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Nazareno   coches   desdepobra.com   fotografía   inundación