Preme para voltar á portada
Filed under

New York

 

Arte: tres ribeirenses entre os nove artistas galegos que expoñen en New York ata o vindeiro domingo 18

  • Eugenia Santos, Jontxu Argibay e Gonzalo Sarasquete amosan as súas pezas no Centro Español-La Nacional

  • A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño colabora na organización da exposición colectiva “Encontros” coa que se pretende promover a divulgación da arte e da cultura galega nos Estados Unidos

  • Na mostra, que se amosa no Centro Español – La Nacional ata o 18 de decembro, participan ademais Iria Rodríguez, Verónica Pérez, Nacho Porto, Cuqui Piñeiro, Rosa Méndez, Suso Dobao e Marcos Escudero

Media_httpfarm8static_eianf

Fotos de Silvia Outeiral no seu Facebook
Media_httpfarm8static_dhldm

Ribeira, 14 de decembro de 2011. A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, promove a divulgación da arte e da artesanía galega nos Estados Unidos, a través do seu apoio á exposición colectiva “Encontros”, que estará aberta ao público no Centro Español – La Nacional, de Nova York, entre o 14 e o 18 de decembro, e na que participan un total de trece artistas galegos, nove deles profesionais acreditados coa carta de artesán que outorga a Xunta de Galicia.

 <p>Gonzalo Sarasquete - Sculptor from Artesania de Galicia on Vimeo.</p>

Os artistas galegos que conforman a exposición colectiva “Encontros” están especializados no traballo con diferentes materiais como a pedra, o bronce, o vidro ou a cerámica. Entre os participantes atópanse os obradoiros artesanais de Iria Rodríguez, Nacho Porto, Rosa Méndez, Suso Dobao e Marcos Escudero e os artesáns Verónica Pérez, Cuqui Piñeiro, Jontxu Argibay e Eugenia Santos, estes dous últimos de Ribeira. Ademais tamén participan os artistas Teresa Añón, Gonzalo Sarasquete (de Ribeira pero residenciado en Baleares), Manuel Teira e José Caamaño.

<p>Eugenia Santos sculptural jeweller from Artesania de Galicia on Vimeo.</p>

Ademais dunha excelente plataforma de promoción internacional para os artistas galegos e un punto de intercambio cultural no que se dean a coñecer as novas tendencias da creatividade galega, a mostra “Encontros” pretende funcionar tamén como unha canle de enlace con Galicia, que sirva para proxectar a imaxe da nosa comunidade autónoma no exterior, da nosa cultura e do noso turismo.

<p>Jontxu Argibay - Sculptor from Artesania de Galicia on Vimeo.</p>

Neste sentido, cómpre destacar que como complemento á exposición os visitantes poderán gozar de proxeccións en vídeo que lles permitirán coñecer o entorno de traballo dos artistas participantes. Así mesmo, estará á disposición dos asistentes un vídeo catálogo con entrevistas e explicacións dos artistas sobre a súa obra, que se poderá levar non só como recordo senón tamén como tarxeta de presentación e contacto que lles poderá abrir o camiño aos participantes galegos nos ámbitos máis diversos.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Eugenia Santos   Gonzalo Sarasquete   Jontxu Argibay   New York   Ribeira   exposición  

Ribeira: o alcalde, Manuel Ruiz Rivas, e o senador e ex-alcalde, José Luís Torres Colomer, en New York este sábado 15 de outubro

Photo

Coméntanos un veciño que se enterou desta viaxe pola web da Casa de Galicia de New York, que "coa que está caendo, o noso alcalde e ex alcalde van de visita á Gran Mazá a gastos pagos. Que utilidade ten esto? Aí os tedes, "se cubrirá gastos", á parte de que está mal escrito, aí si se gastan a plata".

E en Certo, xornal dorneiro por excelencia, dásenos por preguntar:

.- Por que non se informou desta viaxe e os seus obxectivos na web municipal ou aos medios de comunicación, como se fai co resto da actividade dos gobernantes de Ribeira?

.- Miraron ben Ruiz Rivas e Torres Colomer o día que escolleron para ir a New York? Quen os asesora? O community manager do PP, o que empurrou a "adeptos" a ceder contas de twitter e facebook ou o lumbreras ao que se lle ocorreu o de "pregúntale a Mariano"?

.- E todo isto, quen o paga? E se o paga alguén, pódese saber canto custa?

.- Non terá que ver coas vindeiras eleccións e irán facer apostolado a prol do PP, verdade? Darán un mitin nun lugar como o escollido por Feijóo e que denuncia Galicia Confidencial?

.-Esa frase "de todos conocidos en Casa Galicia", que significa? Que van moito por alí? Que veñen os emigrantes de Ribeira moito por aquí? Que hai unha relación significativa entre os dirixentes desa Casa Galicia e Rivas e Colomer?

A bo seguro que aos lectores de Certo se lle ocorren outras cuestións máis sagaces...

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Manuel Ruiz Rivas   New York   Ribeira   Torres Colomer   viaxe