Preme para voltar á portada
Filed under

Noia

 

Noia: Marisa Irimia narrará contos de tradición popular o venres 25 de maio para nenas e nenos

  • É necesario anotarse antes do 24 ante o limitado do aforo (40 prazas)
  • Terá lugar na casa da cultura

Click here to download:
CONTOS_DE_TRADICIÓN_POPULAR.doc (39 KB)
(download)
Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   contacontos  

Noia: curso sobre novas pautas das condutas adictivas, o 1 e 2 de xuño

  • Destinado a mediadores sociais, consta de tres seminarios
  • Impartido por un psicólogo clínico, unha pedagoga e un educador social

Media_httpfarm5static_pvdnx

O alcoholismo será unha das condutas abordadas

Noia, 16 de maio de 2012. Os seminarios teñen como finalidade tratar o fenómeno das drogodependencias e condutas adictivas dende varios enfoques: a familia, a perspectiva de xénero e o espazo de ocio.

Para iso no primer seminario (venres, 1 de xuño de 17:00 a 21:00 h.) vaise tratar a prevención do abuso de alcol dende a familia, xa que ésta é o referente próximo das persoas e é onde antes se detectan situacións de abuso. Este seminario será impartido por Niceto González, psicólogo clínico con 18 anos de experiencia no ámbito das adicciones tóxicas (alcoholismo e outras drogas) e non tóxicas.

No segundo seminario (sábado, 2 de xuño de 17:00 a 21:00 h.) tratarase das adiccións dende un enfoque de xénero, cómo afectan de maneira diferente a homes e mulleres, así como estratexias de afrontamento nas relacións afectivas onde interfieren o consumo de drogas. Esta parte será impartida por Pilar Lorenzo, pedagoga, responsable da área de saúde do Consello da Xuventude de Galicia.

No terceiro seminario (sábado, 2 de xuño de 16:00 a 20:00 h.), tratarase a reducción das conductas de risco na xuventude, onde se falará dos riscos que ten o consumo de drogas, así coma os diferentes tipos de prevención e que tipo de intervencións son máis efectivas no contexto de ocio e tempo libre, tamén se falará da xestión dos praceres e riscos. Esta parte será impartida por Xaquín Bouza, educador social, responsable do programa de prevención de drogodependencias de ASFEDRO.

Destinatarios

O curso irá destiñado a aquelas persoas tanto que teñan algunha titulación relacionada co eido social ou de xestión de ocio e tempo libre así coma aquelas persoas interesadas no abordaxe das drogodependencias.

Esta actividade ten lugar dentro do programa de formación sobre conductas adictivas do Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias do Concello de Noia. Terá lugar os días 1 de xuño de 17:00 a 21:00 h. e o 2 de xuño de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 h. Entregarase certificado de asistencia expedido pola Concellería de Benestar do Concello de Noia. As persoas interesadas pódense anotar no número de teléfono: 609.82.31.34 ou na dirección de enderezo electrónico: infodrogas@gmail.com





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   cursos   drogodependencias  

Noia: o I Duatlón "Concello de Noia" é este sábado 19 de maio

  • Por outra banda, o Espazo Xove informa aos que están a sacar o carné de conducir ou pensan facelo nun futuro que hai unha axuda de ata 200 euros da Xunta para moz@s entre 18 e 30 anos

 

Noia_duatlon-2012
Ollo cos horarios e os percorridos, sobre todo os automobilistas:

A  proba feminina comezará ás 16:00 horas, a proba popular ás 16:15 horas e a proba masculina ás 17:45 horas.

O primeiro sector consistirá en 5 quilómetros de carreira a pé 4 voltas nun circuíto urbano con saída nas inmediacións do campo de fútbol e transcorrerá na súa totalidade por tramo urbano, polas rúas próximas ao campo de fútbol. Os primeiros duatletas completarán este primeiro sector en aproximadamente 16 minutos; os últimos empregarán aproximadamente 30 minutos.

O último da proba popular chegará 7 minutos despois da última muller. O segundo sector, de 20 quilómetros de carreira en bicicleta, comezará ás 16:16 horas (proba feminina) e ás 18:01 horas (proba masculina). Serán 3 voltas saíndo da área de transición pola rúa Paraguai, xirando á dereita na rúa de Venezuela (tramo do enlace), rúa República Arxentina, subida por rúa Colombia, Lugar de Couto de Arriba, xiro á esquerda pola AC-4202, xiro á esquerda, novamente xiro á esquerda pola nova variante da AC-4201, xiro á esquerda na AC-4201, xiro á esquerda na AC-308, xiro á esquerda na AC-311 continuando pola rúa de San Bernardo, rúa Galicia, xiro á esquerda pola rúa Escultor Ferreiro (AC-1104), continuando ata á rúa República Arxentina onde se completa unha volta. Na terceira volta se dirixen cara á área de transición polo tramo de enlace. Proba feminina: As duatletas de cabeza completarán o percorrido aproximadamente ás 16:54 horas, e as de cola ás 17:17 horas. Proba masculina: Os duatletas de cabeza completarán o percorrido aproximadamente ás 18:32 horas e os de cola ás 18:45 horas.

 O último participante da proba popular chegará antes da última participante feminina.

 O terceiro sector, de 2,5 quilómetros. De carreira a pé, será de dúas voltas polo mesmo circuíto que no primeiro sector. Proba feminina: As primeiras rematarán a proba ás 17:03 horas, e as últimas ás 17:28 horas. Proba masculina: Os primeiros rematarán a proba ás 18:41 horas e os últimos ás 19:00 horas.

Espazo Xove: 200 euros se cumpres os requisitos


O Espazo Xove de Noia ofrece información a aquelas persoas interesadas sobre a axuda de 200 € para a obtención do carné de conducir publicada no DOG de hoxe 14 de maio de 2012, destinada a mozos/as e mozas entre 18 e 30 anos.

Nese DOG establécense as bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa convocatoria. Pódese obter unha axuda de 200 euros.


REQUISITOS

Ter entre 18 e 30 anos; residir en Galicia; ser titular do carné xove; estar en situación de desemprego (cunha antigüidade mínima de 6 meses); non ter, a unidade familiar, ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM.

Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de outubro de 2012 e, ademais, superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria.

As axudas concederánsevos a todos/as os que reunades os requisitos esixidos, seguindo a orde de presentación de solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible.

O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG e estará aberto ata o día 1 de setembro de 2012, salvo que antes se esgote o crédito dispoñible.



Cultura en Noia: programación da Semana das Letras Galegas


Certame de fotos: sobre o peor da globalización. Ata 15 de outubro

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   deportes  

Noia: o concelleiro de Urbanismo estivo hoxe na sinatura do acordo para a décima fase da área de rehabilitación da zona histórica

 

Noia, 14 de maio de 2012. O Concelleiro-delegado de Casco Histórico e Patrimonio, o nacionalista Bieito González, vén de participar na mañá de hoxe, no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela, en representación do Concello de Noia, na sinatura da 10ª fase da Área de Rehabilitación da Zona Histórica da Vila. No acto  participou a actual  Ministra de Fomento, Ana Pastor, xunto co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández.

O acordo da Comisión Bilateral asinado no día de hoxe abrangue as anualidades desde ano 2012 ate ano 2016, por un importe de total 653.700 euros, repartidos do seguinte xeito:

 

Anualidade

Mº de Fomento

IGVS

Concello

Particulares

Total

2012

14.850,00 €

0,00€

15.000,00 €

0,00 €

29.850,00 €

2013

54.450,00 €

19.800,00 €

15.000,00 €

19.800,00 €

109.050,00 €

2014

59.400,00 €

29.700,00 €

0,00 €

29.700,00 €

118.800,00 €

2015

99.000,00 €

49.500,00 €

0,00 €

49.500,00 €

198.000,00 €

2016

59.400,00 €

29.700,00 €

108.900,00 €

0,00 €

198.000,00 €

Total

287.100,00 €

128.700,00€

138.900,00 €

99.000,00 €

653.700,00 €

 

No relativo á participación de cada administración asinante do acordo, asi como as achegas dos particulares, en termos de porcentaxe, é a seguinte: a achega do Ministerio de Fomento representa o 43,92 %, a do IGVS é 19,69%, a do Concello acada o 21,25 %, sendo a dos particulares, como mínimo a do 15,14 %.

Media_httpfarm3static_hktuo

Para o presente ano 2012 contémplanse un total de 30 vivendas susceptibles de ser rehabilitadas, así como a intervención no espazo público que se centrará nas beirrarúas e soleiras interiores dos soportais do Curro, correspondentes aos números impares da citada rúa.


Cultura en Noia: programación da Semana das Letras Galegas





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   rehabilitación   zona vella  

Noia: música, flores e sellos na Semana das Letras Galegas

  • Tamén cadran esta semana varias actividades deportivas moi interesantes: o I Duatlón "Concello de Noia", este sábado 19, e o V Trofeo Feminino das Nacións de Baloncesto, do venres 18 ao domingo 20

Media_httpnovasdenoia_siaov

Noia, 14 de maio de 2012. A concellería de cultura de Noia anunciou os actos programados co gallo do Día das Letras Galegas:
 

Día 16 de maio, mércores

Media_httpnovasdenoia_rhxpi

Concerto de Música popular galega, a cargo da Coral Polifónica de Noia.
20:30 h. Igrexa de Santa María “A Nova”

Media_httpfarm6static_vzjtb

Serafín Marcos tamén fixo a homenaxe o ano pasado. Ante o busto de M. Mariño

Día 17 de maio, xoves
12:30 h. Ofrenda floral ante os bustos de Antón Avilés de Taramancos e María Mariño.

Serafín Marcos, logo de escenificar e recitar poemas á guitarra, terá lembranzas para Valentín Paz Andrade.


Media_httpfarm6static_dfdbz

O ano pasado a mostra filatélica fora sobre Domingo Fontán no Coliseo, agora en obras

Do 17 ao 20 de maio

Exposición de Filatelia na Casa da Cultura “A. Avilés de Taramancos” de Noia.

Na Sociedade Liceo de Noia, o 17 de maio:

Carteles-letras-galegas-201_1
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, a Sociedade Liceo ten programados os seguintes actos neste día 17 de maio:

Actuación da Agrupación de Cámara "As Lens"
Charla sobre Paz Andrade a cargo de D. Domingo Barreiro
Fallo e entrega do premio do VIII Certame de Relatos "Liceo de Noia"

Concerto das Corais Polifónicas:
- "O Peirao" de O Freixo
- C. P. da Sociedade Liceo de Noia

O Obradoiro de Baloncesto, o venres 18 de maio no Liceo:


Este venres no Salón de Actos do Liceo de Noia, ás 20:00h, contarán coa presencia de xogadores do CAB Obradoiro de Santiago de Compostela: Corbacho e algún outro que está por confirmar, e que conseguiron entre todos eles manter unha tempada máis o equipo na Liga Endesa de Baloncesto, e así poder disfrutar na nosa Comunidade dunha das mellores Ligas de basket do mundo.

Estarán a disposición dos que queiran para respostar a preguntas, asinar autógrafos e facerse as típicas fotos de recordo.








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2012   Letras Galegas   Noia   programación cultural  

Noia: este sábado 12 de maio comeza o novo ciclo de andainas, cunha adicada á Vía Romana

Andainas_noia

Media_httpfarm8static_utxme

O roteiro pasará pola Chaínza en dirección a Balbargos e voltará tamén por este barrio

Tamén, en Noia:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   andaina  

Noia: piden que non quede nin unha casa aillada en Taramancos pola variante de poboación

  • O PSdeG-Psoe consegue un acordo parlamentario no que se insta á Xunta a darlle unha solución aos veciños de Taramancos
  • Lage Tuñas demandou "solucións para que non quede ningunha vivenda aillada na aldea de Taramancos"

Media_httpfarm7static_wfiam

Taramancos é una aldea enxebre que debería estar protexida

Noia, 10 de maio de 2012. O deputado socialista José Manuel Lage Tuñas presentou hoxe na comisión 2ª do Parlamento (Pbras públicas, medio ambiente, infraestructuras) unha proposición non de lei co obxecto de abordar a problemática dos veciños de Taramancos-Noia e conseguir “garantizar o acceso rodado dende a aldea de Taramancos á praia de Testal”.

”Dende a Xunta modificaron o proxecto da variante deixando aos veciños do núcleo de Taramancos sen accesos e servizos básicos e era preciso que rectificaran. Non podíamos permitir que o goberno galego anulara as comunicacións terrestres de Taramancos coa praia de Testal sen darlles alternativas aos veciños", explica o parlamentario socialista.

Atención ás peticións dos veciños

Lage Tuñas demandou na comisión do Parlamento que se consensúe cos veciños a solución “para acadar un acceso axeitado para Taramancos, e por axeitado entendemos que, tanto se se trata dun paso superior ou inferior, a pendente sexa razoable para que poidan pasar tanto coches como camións sen perigo algún; e se é dando un rodeo, que este non sexa excesivo.”.

O deputado do PSdeG dixo que “a solución ten que incluir o acceso para a parte baixa da aldea de Taramancos, que non quede dúbida. Non pode quedar ningunha vivenda aillada ou sen servizo”.

Media_httpfarm8static_dzguk

Por onde pasa o viaduto de Taramancos hai un castro silenciado pola Xunta

Acordo

Lage Tuñas convidou ao Partido Popular a buscar un acordo “e atopar unha solución evitando que ningunha vivenda quede aillada no núcleo de Taramancos”. O deputado do PSdeG, ademais de contar co apoio do seu grupo, PSdeG-PSOE, tamén acadou o apoio do BNG para establecer unha negociación co PP na citada comisión parlamentaria. O deputado do PSdeG negociou un acordo co Partido Popular sobre a base da súa proposición non de lei e acadou un acordo que obtivo o respaldo dos tres grupos parlamentarios.

"O acordo impulsa a búsqueda dunha solución conxuntamente entre a Xunta e os veciños de Taramancos e estarei vixiante para que agora a Xunta cumpla o acordo do parlamento nun prazo razonable”, advertiu Lage Tuñas.

O TEXTO DO ACORDO parte da proposta do PSdeG-PSOE e foi votado polos tres grupos parlamentarios (PP, PSdeG-PSOE e BNG):

O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego a que (no desenvolvemento das obras da variante de Noia) busque unha solución consensuada cos veciños que posibilite que as vivendas dos veciños do núcleo de Taramancos (Noia) non queden ailladas e poidan seguir dispoñendo dunha vía de comunicación coa praia do Testal, e que compatibilice a mellora da mobilidade coa minimización do impacto sobre o patrimonio cultural.

(download)
https://twitter.com/#!/maxpradera/status/200574891454496769



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lage Tuñas   Noia   Parlamento de Galicia   Taramancos   variante  

Noia: organizan o certame fotográfico "Imaxes con Fondo" para concienciar sobre a globalización negativa

  • O premio para a categoría da mocidade é dunha cámara ou 450€ en produtos de comercio xusto
  • O premio para adultos é dunha viaxe a Cabo Verde en 2013 para facer unha reportaxe fotográfica solidaria
  • Prazo: ata o 15 de outubro deste ano

Media_httpfarm3static_yjncr

Noia, 8 de maio de 2012. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que é socio a Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Noia, organiza o concurso “Imaxes con Fondo”.

A finalidade de dito concurso é crear conciencia social sobre os efectos perversos da globalización. Creando unha cidadanía global responsable que denuncie as corrupcións, as inxustizas, a insolidariedade e os abusos que obstaculizan o desenvolvemento humano tanto no norte coma no sur.

Trátase de reflexionar sobre cales son as prácticas na nosa sociedade que repercuten negativamente no engrosamento das desigualdades entre os países do norto e do sur,  observando no noso entorno exemplos destas prácticas.

Para participar existen dúas categorías:

A categoría xuvenil (fai referencia a solidariedade) vai dos 13 a os 17 anos, ambos inclusive. As/os concursantes deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade, entendido como un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e as persoas.

A categoría adultos/as (fai referencia á globalización) vai dos 18 anos en adiante: As/os concursantes deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta, de cara a denunciar as iniquidades entre o norte e o sur que obstaculizan o desenvolvemento humano.

Premios:

Haberá só un premio por categoría:

- Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 + Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio xusto, valorado todo en 450€.

- Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a un dos proxectos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Cabo Verde, co obxectivo e compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2013 e terá entre 15 días e un mes de duración. Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías individuais, ou ben ata tres series compostas de tres fotografías cada unha.

Descrición nun tweet como máximo

Para participar no concurso fotográfico “Imaxes con Fondo” poderán presentarse ata tres fotografías que deberán ser realizadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp e deberá ocupar 5MB como máximo. Pero, o máis importante é a breve descrición de cada obra (tweet), de 140 caracteres e en galego, na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto, facendo unha reflexión sobre o significado da imaxe.

Aquelas persoas interesadas poderán facer entrega das súas obras e demais documentos requiridos ata o 15 de outubro de 2012 no seguinte enderezo electrónico: imaxesconfondo@yahoo.es . Para máis información poden escribir un correo electrónico a dito enderezo ou chamar ao 698 156 127.

Para a elaboración das bases do concurso contouse co apoio de diferentes colectivos vinculados ao mundo da fotografía: Asociación de reporteiros solidarios (AGARESO), Asociación Provincial de Fotógrafos de Pontevedra, Asociación Provincial de Fotógrafos de Lugo, Agrupación Fotográfica Galega, Asociación Fotográfica ‘Os Negativos’ e a Asociación Fotográfica Galega ‘Phosgalicia’.

Máis información en http://www.fondogalego.org/web/ 

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   certame   fotografía   solidaridade  

Noia: todos os grupos municipais apoian por unanimidade e por lóxica a nova demarcación xudicial ao considerar a vila como centro xeográfico

Media_httpfarm2static_aceyw

Os xulgados de Noia, con adobíos da Feira Medieval que se celebra na localidade

Noia, 4 de maio de 2012. Esta mañá celebrouse unha reunión extraordinaria urxente da Xunta de Voceiros para tratar a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre a nova demarcación xudicial. A reunión estivo presidida polo alcalde Rafael García Guerrero. Estiveron presentes tamén Antonio Pérez Ínsua, voceiro do PP; Bernabé Piñeiro Santos, voceiro do PSdeG-PSOE; Xosé Bieito González Domínguez, voceiro do BNG; e Mónica González Eiras, voceira do NOIA.

Os catro grupos municipais do Concello de Noia acordaron por unanimidade apoiar a proposta de Noia como cabeceira do novo Partido Xudicial recollido no informe do Consello Xeral do Poder Xudicial. Segundo se explica no xornal municipal do Concello de Noia, "os partidos políticos noieses non pretenden unha “guerra” de localismos con outras vilas, nin politizar o tema, pero coinciden en que en caso de reordenación de partidos xudiciais o centro xeográfico é Noia, e que polo tanto a cabeceira debe ser Noia".

Os voceiros dos grupos municipais consideran que a designación de Noia como cabeceira do novo Partido Xudicial sería "a solución menos prexudicial para todos os veciños e veciñas, xa que de todas as localizacións posibles é a que tería un menor desprazamento global por ser o centro xeográfico, ademais é o único punto que cumpre co criterio técnico de ter todos os núcleos de poboación a menos dunha hora de desprazamento ata a cabeceira".

Os grupos municipais no Concello de Noia do PP, do PSdeG-PSOE, BNG e NOIA manifestan "vontade de actuar unidos e colaborar nun tema de tanta importancia".

Onte publicamos:

Ribeira: iranse os xulgados para Noia?








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   polémica   xulgados  

Noia: este venres 4 de maio, charla-homenaxe a Rosalía na casa de cultura

Media_httpfarm5static_dzdai

Panteón de Rosalía en Santiago, en San Domingos de Bonaval

Noia, 3 de maio de 2012. Este venres, día 4 de maio, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Noia, Ana Blanco, vicepresidenta da Fundación Rosalía de Castro, impartirá unha charla- coloquio baixo o título "Nace a escritora" en homenaxe a Rosalía de Castro no 175 aniversario do seu nacemento.

A charla está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Noia.

Pode que tamén lle interese:

Cultura: programación prevista ata maio



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mes das Letras   Noia   Rosalía de Castro   casa da cultura   charla informativa  

Noia: Feijóo segue a quentar motores na precampaña cunha inauguración dun anaco da variante noiesa, que se vai adiar un ano

  • Púxose en servizo o novo vial de conexión do enlace de Sampaio da VAP Brión-Noia coa estrada AC-543 

Sampaio4
  • Nun discurso electoralista, cualificou a zona como "unha das máis importantes de Galicia" pero esquecéuselle referirse aos expropiados que levan sen cobrar dende 2010 ou á posible peaxe nas autovías galegas

Sampaio7
Fotos: Xunta de Galicia

Noia, 2 de maio de 2012.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe "o compromiso do Goberno galego coa vertebración da Ría Muros-Noia con Compostela, reflectido na apertura, o vindeiro ano -tiña que ser para este-, da Variante de Noia e nun investimento de 155 millóns de euros". “Estamos vertebrando unha das zonas máis importantes de Galicia e cumprindo o compromiso de devolverlle as vilas aos cidadáns e que as estradas non interrompan os cascos urbanos. E estamos posibilitando que en Galicia se poda vivir nun sitio e traballar noutro; estamos posibilitando aquel vello sono de que o 80% da poboación galega estea a menos de 10 minutos dunha vía de alta capacidade”, manifestou o presidente da Xunta nun acto eminentemente propagandístico e pre-electoral ao que asistiron os alcaldes da bisbarra e mesmo o xefe da oposición noiesa -do PP-.

Sampaio5

Durante a posta en servizo do novo vial de conexión do enlace de Sampaio da VAP Brión-Noia coa estrada AC-543, cun investimento de 1,7 millóns de euros; Feijóo salientou a aposta do Executivo autonómico pola Galicia “única e global” e afirmou que a nova infraestrutura supón achegar a Vía de Altas Prestacións Brión-Noia aos veciños da comarca e, sobre todo, de Noia e Lousame.

“En outubro de 2010, puxemos en servizo o treito Brión-Martelo do novo corredor; en xaneiro de 2011, inauguramos a ponte do Engano, en Outes; en febreiro de 2011, fixemos o propio en Lousame co treito Martelo-Noia, que conecta directamente a ría coa rede de estradas de altas prestacións da Xunta. E, hoxe é a cuarta data, na que poñemos a disposición unha conexión para poñer o corredor ao servizo de máis veciños”, lembrou Feijóo, logo de reafirmar que a próxima gran infraestrutura que o Goberno galego porá a disposición da Ría de Noia-Muros “será a conexión histórica e definitiva entre Porto do Son e Noia; será a Variante de Noia, que inauguraremos o próximo ano”.

Ao longo da súa intervención, o presidente do Executivo autonómico recordou o compromiso deste Goberno, durante esta lexislatura, de manter os servizos públicos esenciais e de que, en plena crise económica, a sanidade, a educación e os servizos sociais avanzaran a pesar da diminución drástica dos ingresos da Xunta e das transferencias do Estado á Comunidade. “Pero tamén nos comprometemos –engadiu- a finalizar os investimentos estratéxicos de Galicia; e 155 millóns de euros de investimento nesta ría é a expresión máis gráfica, máis concreta e máis explícita dun esforzo en materia de infraestruturas para finalizar os grandes compromisos que asumimos en época de bonanza e que teñen que estar financiados en época de dificultade”.

Eficiencias, disque

Así mesmo, Feijóo subliñou que estes investimentos supoñen tamén eficiencias económicas, sociais e ambientais para a comarca. “Eficiencias económicas, porque estamos reducindo o consumo de combustible de máis de 8.000 vehículos que percorren este corredor; eficiencias sociais, porque estamos afastando os tráficos de longo percorrido do centro das vilas; e eficiencias ambientais, porque estamos minimizando a emisión de CO2 á atmosfera. 7.600 vehículos diarios deixaron de cruzar polo medio de localidades como Urdilde, San Xusto ou Albariza; e son 5.000 os vehículos diarios que deixaron de pasar polo centro de Outes ao utilizar a variante”. Uns razonamentos máis que dubidosos, pois todos os que circulamos por este corredor, que ten unhas pendentes enormes, sabemos que o consumo de combustible increméntase considerablemente. En canto ás eficiencias sociais: non opinan o mesmo os donos de negocios de hostalería dos pobos polos que xa non se pasa. Agora nin para un café se para neles.

Posible peaxe por autovías nun futuro cercano: nin chío

Logo da ameaza do presidente do Goberno, o popular pontevedrés Mariano Rajoy, de que cada venres se ían tomar novas medidas de recortes -o que na neolingua popular se chaman axustes-, unha das medidas que máis sona é a de implantar unha peaxe, disque "branda", por circular por autovía. Por suposto, Feijóo en ningún momento aludiu a estas impopulares taxas, pois atópase en plena precampaña electoral, nin quixo falar dos expropiados por estas obras da variante que levan sen cobrar dende 2010.

Sampaio3
O conselleiro de Infraestruturas traballou na empresa que está a facer a variante noiesa

Tampouco fixo referencia, nin el nin o conselleiro de Infraestruturas, ao arraso para o Patrimonio que vai supoñer o viaduto sobre o castro de Taramancos nin a desfeita na paisaxe de toda esta zona, "unha das máis importantes de Galicia", ao entender -nas verbas pero non nos feitos- do presidente da Xunta da Galicia, Núñez Feijóo, que no seu programa electoral de 2009 prometera transparencia e boa xestión do patrimonio cultural do litoral e da paisaxe:

Programa_do_pp_sobre_patrimonio_e_paisaxe
Un presidente da Xunta que está a imitar nos malos modos coa prensa ao fuxido presidente español, Mariano Rajoy, pois non admite preguntas en moitas das súas comparecencias e nesta inauguración, segundo nos comentaron compañeiros da profesión, negouse a respostar preguntas logo de estar media hora aguantando o seu mitin.

Antes, en Certo:


Política: o alcalde fala do boicot da Consellería de Infraestruturas á vila

Política: Hernández e García Guerrero, novo desencontro 

 

Outras noticias en Certo sobre esta polémica variante, aquí




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   variante  

Noia: O Retruke engaiola a grandes e pequenos co ambiente lúdico do circo


Juanín, en plena carantoña

Noia, 28 de abril de 2012. Ata o domingo non van parar os espectáculos coas sorpresas e bo humor do novo circo. Noia está a vivir o post-San Marcos coa vila ateigada de rapazas e rapaces con "pintas" alternativas que seducen ao público en canto se poñen a amosar as súas habilidades, sexa con bolos, con diávolos ou co abano de múltiples voltas e reviravoltas desta troupe de artistas que conforman O Retruke.


Na xornada de onte, Juan, Juanín "Simplemente Juanín" abriu a sesión co seu espectáculo ás sete da tarde, na que congregou a numeroso público, ao que foi quentando pouco a pouco co seu humor, acenos estrafalarios e diversas acrobacias.

Tamén pola tarde se puideron ver diversos obradoiros nos que aplicados alumnos intentaban coller as nocións primarias desta difícil variedade artística.

Algún pequeno detalle do espectáculo de Juanín en vídeo:


Segue ata o domingo, polo que se se quere achegar, bótelle un ollo aos horarios:

Noia: ata o domingo 29, capital europea do circo. Olle toda a programación





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   San Marcos   circo