Ribeira, 23 de abril de 2012.- O Auditorio Municipal acubillou a entrega de diplomas dos Cursos de Alfabetización Dixital que, este último trimestre, estiveron a ter lugar en seis parroquias do municipio (Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Olveira e Ribeira) e aos que asistiron un total de 123 veciños.
O acto de clausura, o pasado xoves 19, estivo presidido polo alcalde, Manuel Ruiz, e contou tamén coa participación do concelleiro de Enerxía e Novas Tecnoloxías, Emilio Pérez, e dos edís pertencentes a Olveira e Carreira, Elvira Pereira e Víctor Reiriz, respectivamente. O axente TIC Abel Alonso foi o encargado da presentación.
Durante a súa intervención, o alcalde subliñou as innumerables ferramentas e contidos que Internet pon a disposicións dos usuarios e mesmo destacou a idoneidade deste medio para facer algún tipo de xestión coa Administración Municipal e mesmo comunicarse co Executivo.
Nova aula multimedia
Ademais, recordou que no próximo verán entrará en servizo en Ribeira unha nova Aula Multimedia que, situada no inmoble que dá cabida á Escola Infantil, será máis ampla que a actual e estará moito mellor dotada tecnoloxicamente. Tamén salientou a intención do Executivo que o municipio conta cunha terceira aula que se sumará ás dúas xa existentes (en Santa Uxía e Aguiño) e que se vai emprazar na parroquia de Palmeira.
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, visitou acompañado do alcalde, Manuel Ruíz Rivas, o local na que se ubicará
Cabaleiro e Ruiz, esta mañá en Ribeira. Imaxe da Xunta
Investiranse 90.000 euros e disporá de material informático con 13 ordenadores e unha impresora láser, equipo profesional de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e plasma, sistemas de control para modificar o escenario, panel de conexión de prensa e, como mobiliario, 12 mesas e 24 cadeiras
Cabaleiro, co alcalde de Boiro na recente reapertura da aula Cemit daquel municipio
Ribeira, 14 de febreiro de 2012.- O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, visitou hoxe en Ribeira o local no que se ubicará a nova aula da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión tecnolóxica, CeMit, da localidade. A Xunta de Galicia investirá 90.000 euros neste centro que ocupará un espazo de 80 metros cadrados nos baixos da escola infantil da rúa Cubeliños e que estará aberto ao público no mes de xuño.
A nova instalación contará cun espazo duns 80 metros cadrados dos que a aula ocupará 75, e disporá dunha sala de telecomunicacións e un almacén. A aula estará acondicionada acusticamente e disporá de material informático con 13 ordenadores e unha impresora láser, equipo profesional de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e plasma, sistemas de control para modificar o escenario, panel de conexión de prensa e, como mobiliario, 12 mesas e 24 cadeiras.
Esta nova aula CeMit estará conectada á Rede Corporativa da Xunta de Galicia o que lle permitirá beneficiarse de todos los eventos formativos e divulgativos que se realicen en calquera dos 98 centros que integran a Rede. A nova aula de Ribeira participará, ademais, no programa de dinamización que a Xunta ofrecerá a partir do mes de marzo.
Aula desde 2002 na Confraría de Pescadores
O Concello de Ribeira conta cunha aula da Rede CeMit desde o ano 2002. Está situada na Confraría de Pescadores, conta cun axente de dinamización TIC e está dotada de 12 ordenadores conectados a internet a través da Rede corporativa da Xunta. Esta aula é unha das máis dinámicas da Rede xa que leva realizadas máis de 154 horas de alfabetización dixital desde que foi contratado o axente TIC, o ano pasado.
Ribeira: actualizarán o inventario municipal en Monte Couso para clarexar titularidades en dúbida post.ly/5Mu63
Ribeira, 23 de decembro de 2011- Un total de 116 veciños e veciñas do municipio estiveron a participar nestes trimestre nos cursos de alfabetización dixital impulsados polo Concello co fin de familiarizar no mundo das novas ferramentas da información aos cidadáns que así o desexasen.
Dúas destas accións formativas celebráronse na cidade riveirense (na Aula Multimedia) en quendas de mañá e de tarde; en tanto que outros dous cursos desenvolvéronse nas parroquias de Aguiño e Palmeira (na Aula Multimedia de Aguiño e na Sociedade Hijos de Palmeira, respectivamente).
A Aula Multimedia sita na cidade foi o escenario do acto de clausura, no que a tenente de alcalde Dolores Elorduy; o concelleiro de Enerxía e Novas Tecnoloxías, Emilio Pérez; e o axente TIC Abel Alonso, foron os encargados de entregar os correspondentes diplomas aos alumnos.
Á volta das vacacións de Nadal está previsto estender estes cursos de alfabetización dixital a outras parroquias para que os seus veciños teñan ocasión de mergullarse nas novas tecnoloxías.
Ofrecido sen custe -para o Concello, pero pagado polo contribuínte- pola Secretaría Xeral da Igualdade, mellorará a atención ás mulleres e ás vítimas de violencia de xénero estranxeiras
Entre as súas vantaxes está a doada comunicación verbal, que resulta determinante nos casos de consulta por situacións de violencia
Boiro, 20 de decembro de 2011.- Dezanove Centros de Información á Muller da provincia da Coruña van incorporar un servizo de teletradución para mellorar a atención das mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custe a Secretaría Xeral da Igualdade. Trátase dos CIMs de A Coruña, Arteixo, Culleredo, Santiago, Padrón, Teo, Mancomunidade de Ordes, Negreira, Ferrol, Ares, Cee, Muxía, Laracha, Outes, Zas, Boiro, Melide, Coirós e Curtis, que contarán cun novidoso sistema de teletradución a 51 idiomas.O servizo entrará en funcionamento a vindeira semana, ao abeiro dos convenios de colaboración entre Igualdade e os respectivos concellos asinados esta mañá na Delegación da Xunta de Galicia na Coruña, nun acto ao que asistiron a titular de Igualdade da Xunta, Susana López Abella; a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, e representantes dos concellos implicados na iniciativa.Tras acreditar a utilidade da teletradución aplicada ao Teléfono de Información á Muller durante un ano, Igualdade decidiu facela extensiva á rede de CIMs de Galicia, ás casas de acollida que asisten ás vítimas de violencia de xénero e ás entidades e ONGs que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido, ás que se comunicou o pasado mes de setembro a posibilidade de adherirse sen custe algún.En resposta a este ofrecemento da Administración autonómica, un total de 45 CIMs das catro provincias manifestaron ata o de agora o seu interese en adherirse ao sistema, que sigue aberto para os que no futuro desexen incorporarse. Unha comunicación verbal eficaz, determinante nos casos de violencia de xéneroAs novas características poboacionais derivadas da inmigración motivaron á Administración autonómica a mellorar as técnicas para unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua. A teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, e ten entre as principais vantanxes reducir o estrés producido pola barreira idiomática e facilitar unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por violencia de xénero.A través da plataforma de teletradución, estas mulleres terán a seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. O sistema permite ás usuarias comunicarse telefonicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atopen, ben sexa un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.Durante o seu primeiro ano de funcionamento no Teléfono de Información á Muller de Galicia os idiomas máis demandados foron o romanés, o chinés e o árabe.
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, asistiu ao acto xunto co alcalde do PP
A mellora consistiu na dotación de novo mobiliario, a renovación do equipamento informático, a instalación de equipamento audiovisual complementario e un sistema profesional de videoconferencia. Gastaron 33.000 euros do contribuínte
Preto de 400 persoas pasaron xa pola aula CEMIT de Boiro, que no ano 2011 acolleu 18 eventos relacionados coa alfabetización dixital e diversos cursos multimedia e audiovisuais que puideron ser seguidos a través de videoconferencia
Boiro, 20 de decembro de 2011.- O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, inaugurou esta mañá as obras de mellora que se desenvolveron na aula CeMIT de Boiro e nas que o Goberno galego investiu arredor de 33.000 euros.En concreto, leváronse a cabo actuacións de actualización desta aula –anterior ao ano 2005-, mediante a instalación de novo mobiliario (mesa do profesorado e cadeiras); da renovación do equipamento informático (con 12 novos PCs e pantallas); a instalación de equipamento audiovisual complementario do existente; así como a instalación dun sistema profesional de videoconferencia.Segundo resaltou Alfonso Cabaleiro na súa intervención, esta actuación enmárcase no programa de actualización de aulas existentes na rede CeMIT que a Secretaría Xeral de Medios está a desenvolver durante o ano 2011 co fin de adecualas aos estándares empregados nas aulas de nova creación.O secretario xeral de Medios lembrou, ademais, que a rede CeMIT constitúe un dos elementos fundamentais para facilitar o acceso ás novas tecnoloxías a todos os cidadáns en igualdade de condicións, unha rede, dixo, que na actualidade está presente en 92 concellos e conta con 98 aulas.Respecto á aula boirense, Alfonso Cabaleiro lembrou que preto de 400 persoas pasaron xa por esta aula formativa na que, ao longo de 2011, se impartiron un total de 18 eventos relacionados coa alfabetización dixital, así como diversos cursos multimedia e audiovisual que puideron ser seguidos a través de videoconferencia. En total, segundo destacou, impartíronse arredor de 290 horas formativas que acadaron unha ocupación de 107 días laborables. E iso, sen contar coa realización doutras actividades e xornadas realizadas por entidades externas ou o seu uso como aula aberta para darlle a posibilidade aos interesados de manexar o ordenador e efectuar consultas e trámites a través de internet.
Imaxe da charla con Teresa Moure contra a violencia de xéneroRibeira, 2 de decembro de 2011. No IES Leliadoura estrearon blog nestes días, un sitio web dende onde pretenden informar á comunidade educativa e á sociedade en xeral e onde se poderá seguir toda a actualidade relacionada co instituto.
Ribeira, 14 de outubro de 2011. Os primeiros participantes en Uxíanet 1.1 xa ocuparon os seus postos na Casa da Xuventude para tomar parte neste evento polo Concello de Riveira, se ben o groso dos asistentes a esta lan party acudirán máis ben polo serán, unha vez conclúan os horarios lectivos e laborais.
Os concelleiros municipais de Xuventude (Aroa Fernández Cadórniga) e Novas Tecnoloxías (Emilio Pérez Outeiral) quixeron visitar as instalacións para darlles a benvida aos primeiros chegados. Durante este acto, Fernández Cadórniga manifestou a súa satisfacción porque con este iniciativa se da o pistoletazo de saída á programación de eventos que dende a súa Área Municipal está previsto desenvolver no inmoble, en colaboración con outros departamentos como Cultura, Deportes ou Educación.
Segundo manifestou Gonzalo Llovo, responsable da empresa PHR Software Factory SL que ostenta a dirección técnica da lan party, espéranse a medio centenar de participantes chegados das catro provincias galegas, que terán a oportunidade de beneficiarse das posibilidades que ofrece unha conexión de case 200 megas de velocidade e disfrutar dun variado programa de actividades, no que se inclúen dende concursos de videoxogos (os gañadores serán agraciados con material tecnolóxico) ata accións tan curiosas como un lanzamentos de CDs.
Llovo lembrou que a programación de Uxíanet inclúe tamén actividades abertas ao público en xeral. Hoxe ás 20 horas haberá unha conferencia sobre o xogo on line Krynea (o único creado en Galicia ao 100%) que correrá a cargo dos seus deseñadores. O sábado haberá tres ponencias: unha sobre Airsoft impartida pola Asociación Mercenarios do Barbanza (18 horas), outra sobre a introdución á liña de comandos (20 horas) e unha última sobre mellora de equipos informáticos (21.30 horas). O domingo terá lugar unha conferencia sobre a evolución da documentación informática (17 horas).
A lan party estará aberta ata as 19 horas do domingo.
Horarios
Venres:
10:00 abren portas para os que máis madruguen 20:00 Charla dos creadores de Kryneawww.Krynea.com
22:30 Parada técnica para cear 23:00 Torneo de TrackMania
Sábado:
Dende as 11:00, eliminatorias do Pro Evolution 12:30 Torneo de Combat Flight Simulation 14:00 Parada para xantar, o que queira. Ofertas especiais de Telepizza 18:00 Presentacion da asociación Mercenarios del Barbanza Club de Airsoft
20:00 Presentación: Introdución á liña de comandos 21:30 Presentación: Mellora de equipos informáticos 23:00 Torneo COD MWF 24:00 Torneo Quake
Domingo:
Pola mañá: Continuación eliminatorias de Pro 16:00 Final do Pro, 2 xogadores en pantalla xigante 17:00 Presentación: Evolución da documentación informática 18:00 Entrega de premios
Ribeira, 12 de outubro de 2011.- Todo está practicamente a punto para a lan party Uxíanet 1.1. Medio cento de afeccionados ás novas tecnoloxías xa confirmaron a súa asistencia a esta segunda edición, que terá lugar durante esta fin de semana na Casa da Xuventude de Riveira. Tendo en conta que o máximo de capacidade da instalación é de 55 persoas, quedan dispoñibles moi poucas prazas, que a organización (formada polo Concello coa asistencia técnica da empresa PHR Software Factory SL) confía en encher totalmente coa venda de entradas en taquilla.
O evento desenvolverase ao longo case 60 horas ininterrompidas (dende as 10 horas do venres 14 de outubro ata as 19 horas do domingo 16) e contará cun nutrido de actividades complementarias.
Por exemplo, no apartado de charlas, que estarán abertas a todo o público e non unicamente aos inscritos na party, o venres ás 20 horas haberá unha conferencia sobre o xogo on line Krynea (o único creado en Galicia ao 100%) que correrá a cargo dos seus deseñadores. O sábado haberá tres ponencias: unha sobre Airsoft impartida pola Asociación Mercenarios do Barbanza (18 horas), outra sobre a introdución á liña de comandos (20 horas) e unha última sobre mellora de equipos informáticos (21.30 horas). O domingo terá lugar unha conferencia sobre a evolución da documentación informática (17 horas).
Doutra banda, ademais de compartir arquivos e coñecementos e xogar en rede, as persoas que esteab apuntadas a Uxianet terán a ocasión de competir en multitude de torneos planificados pola organización: entre eles, TrackManía, Pro Evolution Soccer, Combat Flight Simulation ou Quake, así como outros que serán unha sorpresa para os participantes.
Cabe recordar que os inscritos aproveitarán ao máximo o potencial da Casa da Xuventude ata o punto de poder durmir na parte do inmoble dedicado a albergue, con medio centenar de liteiras.
Ribeira, 16 de setembro de 2011.- A casa da Xuventude de Ribeira iniciará -e agardamos que non haxa marcha atrás, como outras veces- no mes de outubro a súa andadura pública, e vaino facer coa segunda edición da lan party Uxíanet 1.1, unha actividade na que os anotados poderán partillar arquivos a maior velocidade que á que lle deixan na súa casa as operadoras oligopólicas deste país e coñecementos sobre informática e novas tecnoloxías.
Para falar desta convocatoria, déronse cita a concelleira de Xuventude e Igualdade do Concello, Aroa Fernández; o técnico municipal Mario Vidal; e Adrián Lorenzo e Fernando Ferro no nome de PHP Software Factory, que se encarga da coordinación técnica da actividade.
Uxíanet 1.1 terá lugar durante case 60 horas ininterrompidas: dende as 10 horas do venres 14 de outubro ata en torno ás 18 ou 19 horas do domingo 16. Hai 55 prazas convocadas e os interesados poden facer a súa preinscrición na páxina web www.uxianet.com.
Esta festa informática está dividida en dúas áreas diferenciadas: por unha parte será intranet, é dicir, a zona na que as persoas anotadas disporán dunha alta velocidade de conexión para compartir arquivos ou xogar en rede a través dos seus ordenadores, entre moitas outras posibilidades; e por outra parte haberá un espazo de libre acceso denominado extranet no que terán lugar charlas sobre tecnoloxía e informática, unha exposición sobre a historia da informática, etc... O programa definitivo será dado a coñecer proximamente.
Con esta actividade vanse aproveitar "ao completo" as instalacións da Casa da Xuventude, ata o punto de que os participantes teñen a oportunidade de durmir no sector do inmoble dedicado a albergue (dispón de 50 liteiras).
O desenvolvemento da lan party Uxianet 1.1 marcará o inicio do funcionamento regular da Casa da Xuventude e, ao fío disto, e segundo informou Aroa Fernández, pronto se darán a coñecer outras actividades que se están ultimando co fin de dinamizar este espazo tan importante e aínda sen usar polos mozos e mozas do municipio, logo de varios anos de estar rematada.
La notificación electrónica permitirá al titular de una vivienda conocer su valor actualizado en el momento que desee, evitando molestos y costosos desplazamientos
Todos los titulares de inmuebles de A Pobra recibirán en los próximos días una clave personal con la que podrán acceder, a partir del 1 de septiembre, a la nueva valoración catastral disponible en internet
La notificación electrónica tiene la misma validez jurídica que la notificación tradicional por carta certificada
A Pobra, 26 de agosto de 2011. A Pobra do Caramiñal se incorpora al sistema de notificación electrónica de los nuevos valores catastrales de sus inmuebles, que serán efectivos a partir del próximo 1 de enero de 2012.
Esta incorporación significa que, a partir de hoy, día 26, los titulares de inmuebles de A Pobra do Caramiñal recibirán una carta de la Dirección Provincial del Catastro donde se incluye una clave concertada, personal, que les servirá para acceder a través de internet a los nuevos valores catastrales. Este acceso se podrá realizar a partir del 1 de septiembre. PROCEDIMIENTO DE ACCESO Una vez recibida la carta con su clave concertada personal, el procedimiento que el usuario debe seguir para conocer el valor catastral actualizado de su inmueble es simple y se resume en cuatro pasos: 1.-Acceso a la Sede Electrónica del Catastro desde cualquier ordenador conectado a Internet, tecleando: http://www.sedecatastro.gob.es/ 2.-Una vez en la Sede Electrónica del Catastro se selecciona el enlace ‘Notificaciones procedimientos de valoración colectiva 2011’. 3.-Al entrar en este enlace, se abrirá una pantalla en la que el usuario deberá introducir la clave concertada personal, que se incluye en la carta que le habrá remitido el Catastro. También puede obtenerse mediante otros sistemas de firma electrónica habitualmente reconocidos, incluido el DNI electrónico. 4.-Una vez identificado, el usuario podrá descargar toda la información que necesite, así como guardar el acuerdo de asignación del nuevo valor catastral establecido para el inmueble, una vez aceptado el acuse de recibo electrónico. Esta notificación tendrá el mismo valor jurídico que la notificación tradicional por carta certificada. APOYO A CIUDADANOS SIN ACCESO A INTERNET Los ciudadanos que no dispongan de acceso a Internet también podrán obtener la notificación electrónica dirigiéndose, preferentemente con la carta en la que se les notifica su clave concertada, a la Gerencia del Catastro o a los Puntos de Información Catastral, donde se les facilitará de forma gratuita tanto el acceso a la Sede Electrónica del Catastro, como la propia notificación y la certificación catastral descriptiva y gráfica. Asimismo, pueden obtener esta notificación en la oficina que ha instalado el Ayuntamiento de A Pobra do Caramiñal en la calle Gasset nº 28, y que está abierta al público desde las 9,00 hasta las 14,00 horas. Para poder obtener la notificación, los ciudadanos han de llevar la carta con la clave y su DNI. Además, los ciudadanos disponen de un canal de comunicación telefónica donde pueden obtener más información: Línea Directa del Catastro: 902 37 36 35
MAYOR COMODIDAD PARA EL VECINOEsta iniciativa, impulsada desde la Dirección General del Catastro, dependiente del Ministerio de Economía y Hacienda, supone un paso más en la implantación de la Administración Electrónica en los servicios catastrales. De este modo, se pretende que el sistema de notificación electrónica sea de uso preferente frente al tradicional reparto de notificaciones catastrales por correo certificado dado que, en ocasiones, le exige acudir personalmente a la oficina de Correos para recoger los envíos que realiza el Catastro. Asimismo, es más respetuoso con el medio ambiente, ya que reduce el consumo de papel y evita los desplazamientos necesarios para realizar este tipo de gestiones por el método de reparto tradicional. La medida supone, además, una relevante reducción de costes tanto para el Catastro como para las entidades locales en el ejercicio de su obligación legal de entrega individualizada de estas notificaciones.
Ribeira, 29 de xullo de 2011.- Técnicos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR), de MeteoGalicia e máis do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), fondearon hoxe fronte as costas de Ribeira, nas proximidades da Illa de Rúa, unha boia, capaz de medir e transmitir en tempo real datos meteorolóxicos e oceanográficos.
Esta boia vai equipada con sensores para medir variables oceanográficas como correntes, salinidade, temperatura do auga, pigmentos fotosintéticos, irradiancia, transmitancia ou pH, e meteorolóxicas, como humidade, velocidade e dirección dos ventos e temperatura ambiente.
Esta actuación forma parte do desenvolvemento do Proxecto Easyco (Collaborative European Atlantic Water Quality Forecasting System), no que participan entidades científicas de Francia, Reino Unido, Irlanda, España e Portugal, e que ten por obxectivo construír unha estrutura policéntrica de modelado Oceánico Operacional, para o conxunto do Espazo Atlántico, xunguindo as capacidades destes cinco países, de xeito que se poidan realizar previsións de hidrodinámica e bioxeoquímica a escala rexional e local.
En concreto, o proxecto estudará seis zonas rexionais –Mar Céltico, Golfo de Biscaia, Azores, Costa portuguesa, Galicia e Canal da Mancha- e oito zonas a escala local, entre as que se atopan as Rías Baixas e, especificamente, a Ría de Arousa.
Os resultados que se vaian acadando no desenvolvemento de Easyco constituirán ferramentas útiles para os xestores involucrados na meteoroloxía, o salvamento marítimo, a contaminación mariña accidental, a navegación, a pesca, o marisqueo, a acuicultura, as actividades portuarias, a xestión de augas residuais e o turismo costeiro.
Ademais do Intecmar, MeteoGalicia e Cetmar, participa tamén neste proxecto, por parte de España, “Puertos del Estado”. A participación francesa faise a través de “Mercator Ocean”, a Universidade de “Pau et dès Pays de l’Adour”, e máis do “Institut Français de Recherche pour L’exploration de la Mer (Ifremer). O Reino Unido está representado polo “Centre for Environment, Fisheries & Aquaculture Science (Cefas). Por Irlanda actúa o Irish Marine Institute. E por Portugal, a universidade dos Açores e máis o Instituto Superior Técnico de Lisboa (Maretec), que tamén se encarga da coordinación xeral.
A consolidación das infraestruturas xa operativas e máis das que se están a instalar, sitúan ao Espazo Atlántico, e particularmente a Galicia e Portugal, entre as primeiras rexións do mundo, no que atinxe á observación e modelización oceánica e, este mellor coñecemento do medio mariño nesta zona terá un impacto moi positivo para a seguridade marítima, a preservación do litoral costeiro e o aumento da calidade das augas, e polo tanto, para tódalas actividades produtivas que nelas se producen.
Ribeira, 30 de xuño de 2011. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, e os concelleiros de Enerxía e Novas Tecnoloxías, Emilio Pérez Outeiral; e de Cultura, Elvira Pisos Arnoso, estiveron onte á noite na Aula Multimedia de Ribeira para proceder á clausura do Curso de Alfabetización Dixital promovido coa Concellería de Cultura en colaboración con tres asociacións do Concello: a Asociación de Amas de Casa, o Club de Pensionistas e Xubilados de Aguiño e Carreira e a Asociación Francisco Lorenzo Mariño.
Recibiron os seus correspondentes diplomas un total de 58 asistentes (membros das asociacións citadas e tamén veciños en xeral) que estiveron asistindo a este curso dende principios de abril, ben na Aula Multimedia de Santa Uxía ou ben na Aula Multimedia de Aguiño.
O alcalde lembrou que o éxito desta iniciativa provén do traballo desenvolvido polo anterior Executivo, e destacou tanto a figura do anterior rexedor, José Luis Torres Colomer, como do antigo edil de Cultura, Luciano Fernández Martínez.
Pola súa parte, Elvira Pisos Arnoso destacou o papel das asociacións como referentes culturais que dende o Concello se debe alentar, promover, apoiar e difundir; en tanto que Emilio Pérez Outeiral avanzou que a intención do Goberno Local é estender esta mesma iniciativa ás parroquias.
Ribeira, 30 de xuño de 2011. Corenta maiores de Ribeira estiveron a participar dende o pasado 13 de xuño nun Obradoiro de Alfabetización Dixital (Iniciación á Internet) incardinado dentro do Programa de Dinamización e Promoción Social dos Maiores que organizan os Servizos Sociais.
Para proceder á clausura da iniciativa, déronse cita na Aula Multimedia de Santa Uxía (lugar onde se celebraron os cursos) os concelleiros delegados de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo, Vicente Mariño, e de Enerxía e Novas Tecnoloxías, Emilio Pérez; así como o axente TIC que se encargou de impartir as clases, Abel Alonso. Os tres intervintes dirixíronse aos maiores congregados co desexo de que esta iniciativa lles resultara útil e informaron de que o Concello está traballando xa en ver de levar estes cursos de alfabetización dixital ás parroquias, para contribuír a diminuír a fenda dixital que existe, por unha banda, entre diversas franxas de idade, e pola outra, entre o rural e o entorno urbano. O acto rematou coa entrega dos diplomas acreditativos aos participantes.
Comentarios [0]