Preme para voltar á portada
Filed under

Novas Xeracións

 

A Pobra: organizan un campionato de futbolín para axudar a Paula, a nena boirense en tratamento en Alemania

(download)
A Pobra, 5 de maio de 2012. Novas Xeracións do Partido Popular da Pobra do Carmiñal, en colaboración co bar Gelys organizaron un campionato de futbolín para recadar fondos para axudar a Paula, a nena de Boiro nada con agnesia sacra que se está a tratar en Alemania.

 

Antes do campionato tivo lugar un sorteo de lotes de cociña coa intención, mediante previa venta de rifas durante o mes de abril, de obter tamén fondos para esta causa. No campionato participaron 11 equipos de todas as idades e resultaron gañadores do torneo o equipo “The Killer”. En segundo lugar quedou o equipo “Maños Team”.

 

Eloy Sobrido, presidente das Novas Xeracións, asi como os seus compañeiros quixeron agradecer en primeiro lugar a colaboración do bar Gelys, e en segundo lugar a todos os participantes que fixeron posible a actividade. O colectivo tamén afirmou que durante a tempada estival esperan realizar máis actividades de tipo social, de ocio e deportivas.

Antes, en Certo:

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Novas Xeracións   Pro Paula   solidaridade  

A Pobra do Caramiñal: Novas Xeracións organizou un concurso de cartas de amor polo San Valentín

Sanvalentin1

 

A Pobra, 14 de febreiro de 2012. Hoxe, Día dos Namorados, dase por rematado o primeiro certame literario de Cartas de San Valentín que organizou a asociación xuvenil do PP, Novas Xeracións, coa entrega de premios ás tres misivas gañadoras.

Presentáronse 30 cartas, das cales resultaron gañadoras, como primeira, a titulada "La distancia le ganó al amor", cuxo autor recibirá unha estancia dunha noite nunha casa de turismo rural para dúas persoas. A carta co título "Hay personas en tu vida" levou o segundo premio, cunha caixa de bombóns de agasallo xunto cunha botella de cava, e o terceiro posto foi para "Los latidos de mi corazón", que recibiu como galardón un arranxo floral. Non sabemos se por timidez, vergoña ou simple discreción, ningún dos gañadores quixo facer público o seu nome nin saír nas fotos da entrega de premios.

O presidente de Novas Xeracións da Pobra, Eloy Sobrido, amosouse "feliz por la acogida que obtuvo el concurso tanto entre los jóvenes de Puebla (sic) como de otros sitios del mapa español" e agradeceu a todos os que participaron nesta actividade a súa implicación. O colectivo xuvenil conservador di que non só poden facer actividades de carácter social e de ocio ou deportivas como ata agora, senón tamén de tipo lúdico cultural.

Sobrido rematou a entrega de premios coa mensaxe de que "seguiremos trabajando para promover actividades que enriquezcan valores saludables entre la juventud, y ayudando a los que más lo necesitan". Animan, asemade, a participar nas seguintes actividades, que NN.XX. organizará antes da tempada estival.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Novas Xeracións   certame   literatura  

A Pobra: Novas Xeracións colaborou na campaña de Cáritas "Ningún neno sen xoguete"


(download)
A Pobra, 29 de Nadal de 2011. Segundo informou onte Eloy Sobrido, presidente de Novas Xeracións do Partido Popular da Pobra, voltaron dende esta agrupación política xuvenil a renovar o seu compromiso con Cáritas e colaboraron por segundo ano consecutivo na campaña "Ningún neno sen xoguete", na cal recadaron un bo número de entretementos infantís novos e seminovos.

Os xoguetes foron entregados onte, Día dos Inocentes, á presidenta de Cáritas da Pobra, Turi, quen se amosou feliz polo apoio constante de Novas Xeracións a esta causa.

Pode que tamén lle interese:
 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Cáritas   Novas Xeracións   solidaridade  

A Pobra: Novas Xeracións levou a medio cento de mozos a Caldas de Reis a unha partida de paintball

(download)

A Pobra, 29 de xullo de 2011. Hoxe mesmo, ao longo do día, tivo lugar unha partida de paintball no Campo do Lobo, no concello pontevedrés de Caldas de Reis, na que participaron máis de medio cento de mozos da Pobra. A excursión estivo organizada por Novas Xeracións pobrenses.

Os mozos do PP, con Eloy Sobrido á cabeza como presidente, agradecen a todos os participantes a colaboración na actividade, e comprométense a repetila, xa que lles quedou moi bo sabor de boca. Con esta segunda actividade rematan as do mes de xullo, e agardan ao de setembro para organizar novas iniciativas, nas que contan con xuntar a tantos ou máis mozos como nestas.

Antes, en Certo:


Viaxe a Cerceda: organizada por NN.GG do PP o pasado 26 de xullo

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Novas Xeracións   viaxe  

Ribeira: Novas Xeracións organiza este sábado 30 unha campaña de afiliación

  • Contarán coa presenza de Javier Dorado, secretario de NN.GG a nivel nacional español

Javier_dorado

O vigués Javier Dorado é presidente de Novas Xeracións de Galicia

Ribeira, 29 de xullo de 2011. O mesmo día que se anuncian as eleccións xerais para o 20 de novembro deste mesmo ano, Novas Xeracións de Ribeira infórmanos de que este sábado 30 de xullo organizan unha campaña de afiliación a esta entidade xuvenil conservadora. Será na avenida do Malecón, entre o palco de pedra e Capitanía Marítima, entre as 12 do mediodía e as dúas da tarde.

O eslogan escollido para afiliar a mozos ás Novas Xeracións do PP é "Seguimos xerando ilusión". Estará nesta actividade partidista o presidente da xestora provincial de NN.GG. e destacados membros do Partido Popular de Ribeira, onde a dereita colleitou unha clara maioría absoluta nas últimas eleccións municipais do 22 de maio. Tamén estará o secretario xeral de Nuevas Generaciones de España, o galego Javier Dorado, nun acto onde, ademais de poderse afiliar in situ e obter a camiseta de Novas Xeracións, haberá animacións destinadas aos máis mozos. Non faltará o presidente da provincial da Coruña, que é de Noia, Ramón Santos.

Contarán cun stand no que se poderá ver un resumo do traballo desta entidade xuvenil, e onde se fará fincapé nas campañas para promocionar o comercio local e a movida da Centenaria.

Pode que lle interese:


Viaxe a Cerceda: organizada por NN.GG da Pobra o pasado 26 de xullo



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Novas Xeracións   Ribeira  

A Pobra: mozos de Novas Xeracións organizaron unha viaxe ao parque acuático de Cerceda

Aquacerceda

 

A Pobra, 28 de xullo de 2011. O pasado martes, 26 de xullo, Novas Xeracións do PP de A Pobra organizou unha viaxe para toda a mocidade do concello ao parque acuático de Cerceda. A actividade foi moi ben acollida e participaron medio cento de mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 22 anos.

O presidente de Novas Xeracións do PP pobrense, Eloy Sobrido García, congratúlase da "masiva participación que ha tenido esta primera actividad veraniega, que será la primera de muchas que se realizarán este verano".  Tamén aproveita para agradecer a todos os participantes a súa colaboración e anímaos a anotarse ás seguintes actividades de NN.GG., das que dará cumprida información.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Novas Xeracións   PP   viaxe  

Ribeira: a mocidade de Novas Xeracións apoiou ao alcaldable Ruiz cunha andaina

(download)

Ribeira, 3 de abril de 2011. Onte organizouse unha andaina popular por parte de Novas Xeracións de Ribeira para apoiar nesta precampaña -que está sendo moi rifada, pois non fan máis que convocar actos todos os candidatos como se xa fora campaña- ao alcaldable polo PP, Manuel Ruiz Rivas.

Na camiñata participaron arredor dun cento de persoas que, concentrados na praza de España, tiveron folgos para camiñar ata o parque de San Roque e dende alí ata o CIELGA, no Vilar, onde visualizaron un vídeo sobre o complexo dunar.

A actividade durou unhas tres horas e finalizou de novo na praza de España, onde os participantes puideron disfrutar dun tentempé para repoñer forzas.  Xa pola noite, esta mesma praza foi escenario dun concerto promovido por NNXX con actuación dos grupos locais Entrelíneas e Areavasta.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Novas Xeracións   PP   Ribeira   precampaña  

Ribeira: Novas Xeracións organiza un acto este sábado 2 para apoiar ao alcaldable do PP

Ccartel2_final

Ribeira, 1 de abril de 2011. Novas Xeracións  programa para a tarde e a noite deste  sábado, 2 de abril, unha dobre actividade coa que pretende "demostrar que a xuventude en Ribeira non carece de iniciativas dirixidas a facer valer o noso rico patrimonio medioambiental por unha parte e, por outra, salientar o bo momento que vive a música en Ribeira". Baixo o título de “A Xuventude con Manolo Ruiz”, os dous grandes atractivos do evento serán unha andaina popular ata o parque periurbano de San Roque e o CIELGA (centro de interpretación do parque natural de Corrubedo e lagoas), e un concerto no que actuarán dous grupos locais e algún artista invitado. 

“A Xuventude con Manolo Ruiz” comezará mañá ás 17 horas na Praza de España de Santa Uxía. A súa esplanada será o punto de partida dunha andaina na que poderán participar todas aquelas persoas que, independentemente da súa idade, teñan gañas de dar unha boa camiñata. A andaina descorrerá pola senda peonil que une á cidade co parque dende os xulgados e dende alí  ata o complexo dunar, onde se visitará o CIELGA no Vilar. 

As previsións de Novas Xeracións apuntan a que arredor das 20 horas estarán de volta na Praza de España, lugar onde todos os camiñantes poderán disfrutar dun refrixerio. Cómpre sinalar que na praza estará instalada unha zona de reciclaxe porque "tamén estamos comprometidos co medio ambiente e a sostibilidade dos recursos", aseguran na formación conservadora xuvenil. 

Xa pola noite, e tras recuperar forzas, a praza de España acollerá un concerto dende as 23.30 horas. Actuarán os grupos locais Areavasta e Entrelíneas, con cameos, como artistas invitados, de Javi Maneiro e Kuervo, dous compoñentes de Jabón Blue. Novas Xeracións quere dar así "o noso apoio incondicional aos Grupos Locais polo gran esforzo que supón a súa actividade e a calidade do seu traballo". 

Pero a actividade non rematará coa finalización dos concertos, senón que ao longo da noite seguirán promovendo a campaña “Quédate de marcha en Ribeira” polos distintos locais nocturnos da cidade. 

Ademais da participación de Manolo Ruiz, o acto contará entre outros coa participación da futura presidenta nacional de Nuevas Generaciones, Bea Jurado (será nomeada no vindeiro congreso nacional da formación os días 16 e 17 de abril en Zaragoza), e do presidente autonómico Javier Dorado. 

Máis información en: www.nuevasgeneracionesriveira.es



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Novas Xeracións   PP   Ribeira   precampaña  

A Pobra do Caramiñal: Novas Xeracións colaborou con Cáritas na Operación Quilo

(download)
A Pobra, 21 de marzo de 2011. A formación política Novas Xeracións da Pobra do Caramiñal acabou o día 19 de Marzo coa campaña solidaria "Operación Quilo" a favor de Cáritas, coa entrega dunha gran cantidade de produtos alimenticios para axudar ás familias pobrenses con máis necesidades.

Con esta iniciativa, Novas Xeracións da Pobra do Caramiñal "renova o seu compromiso co colectivo de Cáritas", explicou o presidente dos mozos populares, Eloy Sobrido García, quen, acompañado dos seus compañeiros, expresou o seu agradecemento "á xente que participou na campaña", Prometeu "seguir traballando polos que máis o necesitan" e, pola súa banda, "Turi", o presidente de Cáritas expresou o seu agradecemento aos de Novas Xeracións e convidou "ao resto de partidos políticos a que tomen exemplo".

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Novas Xeracións   precampaña  

Ribeira: Ruiz Rivas, alcaldable do PP, demostrou que está en forma nun acto de precampaña

Media_httpfarm6static_zpbdi

Ribeira, 5 de marzo de 2011. Persoas de todas as idades achegáronse esta tarde á praza de España de Santa Uxía para participar en "Riveira e Manolo Ruiz están en Forma", acto organizado por Novas Xeracións de Ribeira.

Media_httpfarm6static_dgqdu

Integrantes do PP e veciños facendo stepbody
Media_httpfarm6static_ncxea

Media_httpfarm6static_bqfdc

Media_httpfarm6static_hbwas

Futbolín humano, baloncesto, badminton, aerobic, stepbody... foron algúns dos deportes que se puideron practicar neste evento, que contou coa presenza do candidato á alcaldía polo Partido Popular, Manuel Ruiz, e doutros membros do PPdG e tamén de Novas Xeracións. Entre estes últimos, a do presidente autonómico de NNXX Javier Dorado e o secretario xeral Juan Francisco López.


Media_httpfarm6static_elcci

Relacionada:


Política: o PP organizou un obradoiro de ideas

Antes publicamos:

Actividade deportiva de precampaña do PP o sábado 5

Mañá dende as cinco da tarde na praza de España de Santa Uxía haberá tenis, baloncesto, futbolín, ximnasia ou dardos, ademais de inchables para os nenos

(download)

Ribeira, 5 de marzo de 2010.- Todos os veciños do municipio están convidados a participar mañá na praza de España, a partir das cinco da tarde, en “Riveira e Manolo Ruiz Están en Forma”: unha iniciativa promovida por Novas Xeracións de Riveira para fomentar o deporte na rúa e favorecer a adopción de hábitos saudables na sociedade.

O presidente do colectivo xuvenil, David Fernández Fernández, salientou hoxe que con esta acción búscase que todos os cidadáns do concello, con independencia da súa idade, “se poñan o chándal e se boten as rúas para disfrutar dunha vida cotiá máis activa e saudable practicando aqueles deportes que máis lles gusten”. Fernández Fernández engadiu que a de mañá "será unha excelente oportunidade de gozar dos novos e magníficos espazos públicos con que conta a cidade, entre os que a praza de España é un exemplo diáfano".

O responsable local de NNXX declarou, nun evidente ton político de precampaña, que Manuel Ruiz Rivas "personifica á perfección os valores que se queren transmitir con esta actividade, que se definen no eslogan “Actívate, Créate e Libérate”.  Manolo é un exemplo de que con esforzo e constancia se pode acadar calquera meta”, afirmou.

A praza de España estará dividida en varias seccións. Nunha delas haberá inchables para os máis pequenos, futbolín humano, pista de bádminton e zona de baloncesto. Noutro espazo será posible facer ximnasia en tres modalidades distintas: bodystep, spinning e aerobic. En tanto que unha terceira sección (“pensada para que os nosos maiores poidan lembrar vellos tempos) permitirá xogar aos dardos e ao futbolín.

Para reparar folgos, repartirase auga e froita nun posto no que tamén se poderá recoller a publicación que edita NNXX para informar das accións que desenvolve ao longo do ano a nivel local. Ademais do candidato á Alcaldía de Ribeira polo PP, está confirmada a asistencia do presidente e do secretario xeral de Novas Xeracións de Galicia, Javier Dorado e Juan Francisco López, así como os responsables da entidade conservadora en Noia e Lousame e A Pobra.

“Hoxe cociñamos nós”, no Día da Muller Traballadora

Por outra banda, David Fernández adiantou que o vindeiro martes 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, Novas Xeracións de Ribeira vai render homenaxe ás mulleres por medio da iniciativa “Hoxe cociñamos nós”.  Así, membros do colectivo situaranse ante a praza de Otero Goyanes (fronte á Igrexa de Santa Uxía) e cociñarán in situ varias tortillas coas que agasallar ás mulleres que por alí desexen achegarse. Esta iniciativa terá lugar a partir da unha do medio día.

O mesmo día, en Ribeira:


Música: AreaVasta da un concerto o 5 de marzo, con Desalojo

Antes publicamos:


Precampaña: acto aeróbico do PP o 5 de marzo




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Novas Xeracións   PP   Ribeira   política   precampaña  

Ribeira: a precampaña electoral ponse deportiva, cunha sesión de aerobic de Novas Xeracións e o alcaldable do PP

Click here to download:
Estamos en Forma DEFINITIVO.pdf (118 KB)
(download)

Ribeira, 22 de febreiro de 2011. “Manolo Ruíz e Ribeira están en forma”, é o título da acción preelectoral que Novas Xeracións e o candidato á alcaldía polo PP, Manuel Ruiz Rivas, organizan o sábado 5 de marzo ás cinco da tarde en Ribeira.

"Durante a xornada, realizaremos (entre outras actividades) aerobic, dirixido por profesionais que son moi coñecidos na nosa cidade. Novas Xeracións impulsa a realización de calquera deporte para unha vida saudable e equilibrada entre corpo e mente", explican en nota de prensa dende a organización xuvenil conservadora.
"A nosa cidade entende moito de deportes e son varios os mozos que destacan a gran nivel. Somos unha potencia no eido nacional, europeo e internacional en varias disciplinas, por iso, unha vez máis imos demostralo a pé de rúa”, proseguen. Invitan a todos os cidadáns, sen distinticións de idade, a que se sumen a esta xornada aeróbica.

"Os obxetivos da realización da actividade é promover o Deporte dunha maneira simple e cotidiá: Actívate, Créate e Libérate son os tres eixes que temos de referencia para crecer como cidade. Con Manolo Ruíz, os xóvenes, podemos ser máis fortes, con maiores “oportunidades”, con máis “liberdade” e con maior impulso da “creatividade” e das “ideas”. Somos unha cidade sen ideoloxías cerradas, temos a porta aberta a todo veciño ou persoa, e nestes intres somos exemplo para outros municipios, pola eficacia da política local do equipo capitaneado por Jose LuisTorres Colomer e mais a suma da boa xente que goza Ribeira. Contamos contigo, porque queremos que participes na creación da túa cidade. É de Todos. É para Todos", conclúen.

Relacionadas:


Política: a web do Plaza presenta aos catro alcaldables


Política: alcaldable polo PP, Ruiz Rivas



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Novas Xeracións   PP   Ribeira   política  

Ribeira: Novas Xeracións fixo entrega dos libros Infantis que doaron os ribeirenses para "Aldeas Infantiles"

Acto_de_entrega_de_los_libros

Na imaxe, Manuel Ruiz, Javier Dorado, Asier Casais, Angel Maneiro, Herminia Dios e David Fernández, no Pazo de Congresos de Santiago no acto de entrega
      
Ribeira, 14 de febreiro de 2011.Novas Xeracións de Ribeira fixo a entrega dos Libros que os veciños da Centenaria doaron a pasada semana como obxectivo solidario. "Cada vez que unha ONG pide colaboración, Novas Xeracións de Riveira está presente e agradece sinceramente aos numerosos cidadáns que aportaron ledicia para os nenos

máis necesitados. Gústanos saber que un libro vai traer un sorriso dun cativo, e iso é o principal para levar a sociedade a unha colaboración solidaria", explicaron dende esta formación política.

Dende Santiago, na convención do PPdeG da pasada fin de semana, "agradeceuse a Ribeira as súas multiples colaboracións e puxéronnos de exemplo en varias  intervencións: resaltou a do Presidente de Novas Xeracións de Galicia, Javier Dorado,
que animou a todos os municipios  a seguir con iniciativas que se promoven dende
os máis xóvenes da cidade de Riveira", dixeron os de Novas Xeracións, quen tamén salientaron que a organización vai facer varios actos nas próximas datas nesta cidade.

Por parte do equipo local agradecen aos que colaboran coas súas actividades e iniciativas, "querendo reflectir que estamos abertos a todos os mozos de Barbanza, sen ideoloxías pechadas e con obxetivos claros. As ideas fórmanse coa  participación de todos, somos un exemplo de cidade para Galicia, somos un exemplo de xóvenes para os demáis municipios", conclúen.

Antes anunciamos:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   22 de maio de 2011   Novas Xeracións   Ribeira   precampaña