Preme para voltar á portada
Filed under

O Faiado 2

 

Boiro: o sábado 26 de maio, roteiro a Sálvora, Jidoiro e Rúa en Ribeira

Boiro_roteiro_faiado_26

O V Roteiro “Entre o mar e a terra”, que organiza a asociación cultural e etnográfica "O Faiado 2" de Boiro  visitará a costa de Ribeira desde o mar, con visita a Sálvora, Jidoiro e Rúa. Explicacións con guía local e do Parque das Illas Atlánticas.

O día é o 26 de maio as 17:00 h con saída desde o porto de Aguiño.

É necesario confirmar a asistencia. Non poderá ir ninguén que non estea anotado (plazas limitadas). Formas de contacto no cartel que abre a información.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   O Faiado 2   Ribeira   roteiros  

Boiro: integrantes e amigos de O Faiado 2 fixeron o cuarto roteiro entre Boiro e Rianxo

Media_httpfarm9static_jrmat

Media_httpfarm8static_yaecf

Imaxes do roteiro realizado

 



Antes anunciámolo así:

 

Este sábado, 21 de abril, IV Roteiro de O Faiado 2, entre Boiro e Rianxo

Boiro_roteiro_faiado_21abril

Boiro, 16 de abril de 2012. O IV Roteiro "Entre o mar e a terra" da asociación cultural etnográfica "O Faiado 2" terá lugar este sábado 21 de abril.

A ruta prevista comeza no límite entre os concellos de Boiro e Rianxo: "incluiremos patrimonio etnográfico, arqueolóxico e industrial. Contaremos con guía local", explica a presidenta de O Faiado 2, Mª Luísa López Otero.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   O Faiado 2   roteiros  

Boiro: organizan exposición e mesa redonda o mércores 8 sobre os oficios do mar ao longo do tempo

Boiro_o_faiado

Boiro, 1 de febreiro de 2012. Na asociación O Faiado 2 non paran de difundir a cultura galega, sexa do tipo que sexa. Desta volta tócalle á cultura marítima. O vindeiro mércores, 8 de febreiro, terá lugar unha mesa redonda sobre os oficios do mar ao longo do tempo e a continuación procederase a inaugurar unha exposición con este interesante asunto.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mar Pesca   O Faiado 2   exposición   mesa redonda  

Boiro: a asociación cultural etnográfica O Faiado 2 abriu blog e páxina de seareiros en Facebook

O_faiado_tallas

Está en http://www.ofaiadodous.blogspot.com

E xa hai fotos e información sobre a exposición que se inaugurou o pasado xoves 22, adicada a tallas de madeira.

Tamén teñen páxina de seareiros en Facebook: http://www.facebook.com/pages/O-Faiado/184452611651801?ref=pb


OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS DE CERTO EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Facebook   O Faiado 2   novas tecnoloxías   webs  

Boiro: O Faiado 2 acolle este xoves 22 unha charla sobre escultura e a inauguración dunha mostra de tallas en madeira

Dous avisiños antes de ler a información:

Facebook: Certo ten páxina ao superar os 5.000 amigos. En http://www.facebook.com/xornalcerto

Vitaminas para o galego: Certo colabora para que sobrevivan os medios na única lingua propia de Galicia

Click here to download:
invitacion exposicion tallas.pdf (27 KB)
(download)
O Faiado 2 está a felicitar o Nadal este ano con esta tarxeta:

Postal_nadal_2012



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Nadal cultural   O Faiado 2   charla informativa   exposición  

Boiro: entregan os Premios Exxpopress 2011 a Gadisa, O Faiado-2 e Anselmo Millán

  • Á promoción turística, cultural e empresarial de Galicia
  • Na gala tamén foron homenaxeados o xornalista Fernando Ónega, a conserveira Frinsa e o grupo musical Los Chiky´s polo seu cincuentenario profesional
 
Premios1

Boiro, 27 de novembro de 2011. O grupo empresarial Gadisa, a Asociación Artesana e Etnográfica O Faiado-2 de Boiro e o presidente da Coalición de Sociedades Españolas en EEUU "Xacobeo USA", Anselmo Millán Castelo, recibiron na noite do sábado en Boiro os Premios Exxpopress-2011 á promoción turística, cultural e empresarial de Galicia, que concede o Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia.

O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, presidiu a primeira Gala Anual do Club, na que se rindeu tamén homenaxe ó xornalista Fernando Ónega López, á conserveira Frinsa de Ribeira e ó grupo musical Los Chiky´s de A Estrada ó cumplirse o cincuentenario das súas respectivas traxectorias profesionais. Os galardoados recibiron unha escultura de deseño exclusivo do artista Jontxu Argibay.
Premios3

Ó acto, que tivo lugar nos salóns do restaurante Chicolino de Boiro, asistiron máis dun cento de persoas, entre elas, o deputado provincial e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; o alcalde de Boiro, Juan José Dieste; o deputado autonómico José Manuel Lage; os presidentes das patronais de A Pobra, Boiro e Rianxo; patróns maiores, empresarios, concelleiros, xornalistas e representantes de diversas entidades e colectivos sectoriais.
Premios4

Os tres homenaxeados polo cincuentenario profesional foron nomeados tamén Socios de Honra do Club e recibiron a Insignia de Prata da entidade, ó igual que a Asociación de Empresarios Turísticos de Arousa-Norte. 
O Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia é unha entidade sociocultural, de ámbito autonómico (Galicia) e sin ánimo de lucro, creada e promovida por xornalistas de prensa, radio e televisión, pero aberta a toda a sociedade. Está apadriñada polo xornalista e presentador José María Iñigo e presidida polo xornalista Jesús Souto Rodríguez. Os obxectivos fundamentais do Club son a promoción cultural, turística e empresarial de Galicia e a organización de actividades relacionadas co xornalismo.

ANSELMO MILLÁN CASTELO
Anselmo Millán Castelo, nado en Pontevedra en 1946, pero palmeirense de adopción, emigrou a EEUU con 25 anos e afincouse en Harrison (New Jersey), donde pronto empezou a levar a cabo unha intensa actividade política, abandeirando a defensa dos dereitos e intereses da comunidade galega en EEUU e xogando un importante papel na política dese país.

Foi o primeiro concelleiro de fala hispana en Harrison, cargo que desempeñou durante unha década ó frente de diversas áreas de goberno. En 1996 foi o primeiro español designado como delegado estatal na convención nacional de Chicago para elexir ó candidato á presidencia dos EEUU.

En 1999 consigueu aglutinar a 14 centros españois de EEUU fundando a Coalición de Sociedades Españolas Xacobeo USA, na que están representadas tamén diversas administracións e institucións galegas e norteamericanas. Ese ano, por primeira vez na historia e gracias á iniciativa de Anselmo Millán, un congresista dirixeuse no Capitolio á sesión conxunta do Congreso e do Senado para proclamar e promocionar o acontecemento do Ano Santo Xacobeo en Galicia.

Tras unha breve etapa retirado da política activa, en novembro de 2010 voltou ser elexido concelleiro en Harrison, esta vez como responsable da área de Saúde e Servizos Humanos. Anselmo Millán Castelo é na actualidade unha das persoas máis influíntes da comunidade galega en EEUU, en cuxo nome exerce de excelente anfitrión.

Premios2

ASOCIACIÓN ARTESANA E ETNOGRÁFICA "O FAIADO-2"

Media_httpfarm7static_ozoaf

María Luísa López Otero, presidenta de O Faiado 2, agradece o premio

A Asociación Artesana e Etnográfica O Faiado-2 xerminou en febreiro de 1998 no taller de restauración O Faiado, en Boiro, da man dunha muller inquieta que pronto soubo contaxiar ó seu entorno a súa paixón por protexer, investigar e divulgar a herdanza cultural legada polos nosos ancestros: María Luisa López Otero.

Alí, entre vellas xoias etnográficas, empeza a coller xeito a idea de concienciar ás persoas da importancia do seu patrimonio, de cómo conservalo e de cómo difundilo.

Media_httpfarm8static_grxuv

María Luísa López Otero recolle o galardón

Aquela idea materializouse o 10 de abril de 2002 coa constitución da asociación O Faiado-2, que nacía co obxectivo de estimular, promover e apoiar a creación artesanal e artística a través do intercambio de experiencias e coñecementos e a conservación e promoción do patrimonio.

Dende entón, a súa prolífica traxectoria está repleta de actividade: xornadas etnográficas, roteiros, traballos de investigación, publicacións, conferencias, exposicións, cursos...


Foto de familia de O Faiado 2

Na actualidade, O Faiado-2 é unha das asociacións máis dinámicas e prolíficas no eido da cultura, non só do Concello de Boiro, senó da comarca do Barbanza.

GADISA

 

Gallega de Distribuciones de Alimentación SA (GADISA) é unha empresa galega líder de distribución no Noroeste Peninsular. Fundada en 1986 e con sede en Betanzos, acadou no ano do seu 25 aniversario unha rede de 200 supermercados Gadis en Galicia e Castela-León, ademáis de 10 centros Haley, 12 Cash&Carry IFA e 180 supermercados Claudio franquiciados.

GADISA concede unha gran importancia ó seu Programa de Responsabilidade Social Corporativa, que o ano pasado desenvolveu 981 iniciativas e que está basado en cinco áreas estratéxicas: recursos humanos; medio ambiente; apoio a entidades sociais, ONG´s e colectivos de desfavorecidos; colaboracións institucionais e mellora da calidade de vida da sociedade.

O seu compromiso de mecenazgo non é só cos grandes acontecementos sociais, culturais e deportivos, senón tamén cos colectivos e entidades máis modestas.

O spot publicitario “Maloserá”, da campaña “Vivamos como galegos” acadou un dos premios convocados pola Asociación Española de Anunciantes e foi distinguido como o mellor anuncio de televisión polo Consello Asesor da CRTVG e de RTVE en Galicia.

Pode que tamén lle interese:

Ribeira: Grelo de Ouro para o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Jontxu Argibay   O Faiado 2   premio  

Boiro: O Faiado 2 percorreu varios asentamentos de cabanas na Serra do Barbanza no seu III Roteiro

Media_httpfarm7static_wdcqo


Boiro, 10 de outubro de 2011. O sábado 8 de outubro tivo lugar o III Roteiro "Os vellos camiños do Barbanza", organizado pola asociación cultural etnográfica "O Faiado 2". Xuntáronse unhas 30 persoas e, dos 45 asentamentos de cabanas que hai na Serra do Barbanza, visitaron O Asentamento da Trema, perto da Portela subindo ata a mámoa da Casarota do Fusiño. Seguiron polo río Barbanza ata preto do Asentamento de Outeiros Hinchados, onde ollaron unas pedras con gravados. Logo camiñaron ao Asentamento de As Cabanas situado á beira do cañón do río Barbanza. Por último pararon en “Chan de Folgoso” onde hai restos de cabanas e de antigos curros, segundo informou a presidenta desta asociación, a inesgotable María Luísa López.

Media_httpfarm7static_ecfyi

Pode que tamén lle interese:


Programación cultural de Boiro en outubro: algunhas das actividades previstas


Homenaxe: a Ónega, Frinsa e Los Chiky´s o 26 de novembro

Antes, en Certo:


O Faiado 2: O 27 de agosto foron pola calzada do Ordenario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   O Faiado 2   patrimonio   roteiros  

Boiro: O Faiado 2 organiza un roteiro a antigos camiños de gando o sábado 8 de outubro

Roteiro_terceiro

Media_httpfarm6static_akyww

Ollo: sáese da Pobra do Caramiñal, enfronte dos Xardíns Valle-Inclán

Antes, O Faiado 2:


O Faiado 2: O 27 de agosto foron pola calzada do Ordenario

Pode que tamén lle interese:


Obradoiro de escultura: comeza en outubro. Vaite anotando!


Cursos: de alemán e tempo libre, en outubro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   O Faiado 2   roteiros  

Boiro: organizan un curso de escultura que impartirá o ribeirense Jontxu Argibay dende outubro

Boiro_curso_escultura

  • Organiza O Faiado 2
  • Ten un custo de 35 euros ao mes e da comezo en outubro
  • Todo este mes de setembro para preinscribirse. As clases serán mércores e venres, de 16:30 a 18:00 horas
  • Máis información en arteleira.blogspot.com

Media_http2bpblogspot_dhbjf

Argibay xa espuxera nos locais de O Faiado 2 o pasado mes de abril



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Jontxu Argibay   O Faiado 2   obradoiros  

Boiro: camiñantes guiados por O Faiado 2 percorreron a calzada do Ordenario

(download)

Boiro, 29 de agosto de 2011. O II Roteiro “Os vellos camiños do Barbanza” tivo lugar o pasado sábado 27 de agosto. Desta volta, por escolla dos participantes de novo, seguiron a “Calzada do Ordenario” en Pazos de Coroño. Os curiosos paseantes tiveron ocasión de visitar as bocas das minas de Moiráns, os gravados de Chan de Reis, o Castro de Loxo, os pasais do Río Coroño e algúns muíños. Segundo comentou a presidenta de O Faiado 2, María Luísa López Otero, "a previsión é que o próximo roteiro teña lugar en outubro". Deste xeito, a asociación cultural boirense continúa na súa infatigable labor de divulgar o patrimonio desta bisbarra e contribuír a que non esmorezan só no recordo dos vellos paisaxes e recunchos que antes, cando non había vehículos de motor, eran transitados ben a miúdo por persoas.

Pode que tamén lle interese:


Festas: o San Ramón de Bealo, do 30 de agosto ao 4 de setembro

Antes, en Certo:


Fotodenuncia: un burato periogoso en Cariño


Xuntanza Literia do Barbanza: foi o 24 de agosto



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   O Faiado 2   patrimonio galego   roteiros  

Boiro: o mércores 24 de agosto foi a quinta Xuntanza Literaria do Barbanza

98
Imaxe da xuntanza deste ano, por Antonio Parada

Antes, en Certo anunciamos:

Media_httpfarm7static_cdafa

Boiro, 11 de agosto de 2011. A quinta Xuntanza Literaria do Barbanza terá lugar o 24 de agosto as 20:00 horas. Primeiro farán a lectura de textos no Local do Centro Social de Boiro e a continuación os participantes trasladaranse ao local de O Faiado 2 para inaugurar a exposición de primeiras edicións de autores barbantinos.

Media_httpfarm5static_owiga

Antonio Piñeiro, editor e escritor multipremiado de Ribeira, adoita participar nestas Xuntanzas Literarias. Foto do ano pasado. Máis imaxes aquí

Se alguén quere participar coa lectura dun texto (máximo tres minutos) dun autor de Barbanza, ou ben un texto relacionado con Barbanza, debe chamar previamente aos números que aparecen no cartel, ou ben mandar un correo electrónico a ofaiadodous@gmail.com

Outras actividades que organiza O Faiado 2:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   O Faiado 2   xuntanza literaria  

Boiro: O Faiado 2 organiza novo roteiro por unha calzada do municipio o sábado 27 de agosto

Calzada_dde_pa_3
Boiro, 4 de agosto de 2011. Gustoulles o pasado roteiro do 30 de xullo pola Calzada de Pa? Parece que non foron moitos os valentes, segundo se ven nas estupendas imaxes que tomou Antonio Parada, socio de O Faiado 2. Divisamos entre eses valentes ao recente premio "García Barros" de novela, o ribeirense Antonio Piñeiro e, como non, á infatigable presidenta de O Faiado 2, María Luísa López Otero.

Calzada_dde_pa_4
Se lles van as camiñadas neste incerto mes de agosto -meteoroloxicamente falando-, teñen unha nova oportunidade o sábado 27. É un bo xeito de coñecer Boiro e a súa historia, de queimar calorías e tamén de facer novas amizades, ben máis carnais que as do Facebook. Por onde van ir? Escólleno vostedes cando saian! Por enriba, roteiros escollidos de xeito asembleario, como se fosen do 15M. Que máis poden pedir?


Boiro_roteiro_27_agosto

Pode que tamén lles interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   O Faiado 2   andaina