Preme para voltar á portada
Filed under

Outes

 

Outes: Máis Galiza leva as súas primeiras mocións ao pleno deste venres 26

Media_httpfarm4static_jijgj

 

Outes, 25 de abril -San Marcos- de 2012. Xosé Ramón Riomao e José Manuel Ramos, membros da Agrupación Local de +Galiza Outes, formalizarán no pleno que se celebrará o vindeiro xoves día 26 ás 20:00 horas no Concello de Outes,  a súa baixa como membros do grupo municipal do BNG. Van conservar a acta de concelleiros e, aseguran en nota de prensa, "seguiremos defendendo como até o de agora os intereses de Outes e dos seus veciños".

Presentan ademais cinco mocións, que defenderán xa como concelleiros non adscritos.

A primeira trata de darlle publicidade ás normas e regulamentos aprobados no Concello e solicítase a súa recopilación e posta a disposición dos veciños na páxina web municipal.

Na segunda piden a suspensión da oposición de dúas prazas de técnicos de xestión de administración xeral, dado que se queren reducir gastos, o capítulo de persoal acapara un 41,90% do presuposto, e non parece unha decisión acaída na situación económica actual.

Na terceira instan ó goberno local a que cumpla coa obriga legal da elaboración do inventario de bens municipais.

No  cuarto lugar debatirase unha proposta destes concelleiros para convertir a antiga escola de Braño (Freixo) nunha vivenda-albergue para ofertar como complemento as actividades do Centro Náutico e Escola de Vela do Freixo.

A quinta é unha petición que veñen facendo ano tras ano, a limpeza, sinalización e dotación duns servizos mínimos ás praias do concello. No apartado de rogos e preguntas, farán chegar ó equipo de goberno a problemática que xurdeu na cobranza do recibo da taxa de saneamento.

Páxina web municipal de Outes: http://www.outes.es

 

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   +Galiza   Outes   pleno  

Política: formalizouse o partido Máis Galiza en Outes, con Ramos Caamaño como responsable local

(download)
Xosé Manuel Ramos Caamaño


Outes, 17 de abril de 2012. O pasado sábado, 14 de abril, tivo lugar en Outes a primeira asemblea da Agrupación local de +Galiza para formalizar a constitución do grupo en Outes. Entre os asistentes estaban a maioría dos que xa o facían ata o de agora nas distintas reunións que o grupo nacionalista levaba a cabo con regularidade, xa que o conxunto das persoas que están a traballar segue a ser practicamente o mesmo, pero xa se puido ver algún rostro novo que se uniu á formación de cara a esta nova andaina.

Entre os puntos que se atopaban na orde do día estaban a elección do responsable local da agrupación así coma a do seu portavoz. Foi elixido por unanimidade dos asistentes Xosé Manuel Ramos Caamaño como responsable local e quedou como portavoz Xosé Ramón Riomao.

Dentro duns días a Agrupación Local de +Galiza presentarase diante dos veciños para expoñerlle as novidades da agrupación e os seus proxectos municipais nun acto de carácter participativo no que se lle dará voz á xente, escoitándoa e respondendo ás preguntas que se formulen.

Antes, en Outes:

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   +Galiza   Outes  

Literatura: prazo ata o 9 de abril para presentarse ao certame poético "Francisco Añón" de Outes

Media_httpfarm3static_ylnfr

Click here to download:
BASES_CERTAME_POESIA_2012.pdf (60 KB)
(download)

Pode que tamén lle interese:


Ano Añón: comeza coa entrega de premios do deseño do logotipo da efeméride

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   "Francisco Añón"   Outes   bases   poesía   premio  

Outes: o sábado 11 de febreiro inaugúrase o Muíño Grabiel, de máis de dous séculos e medio

Placa_muio

Outes, 6 de febreiro de 2012. O vindeiror sábado 11 de febreiro, ás 12 da mañá, a asociación Terra de Outes vai levar a cabo a inauguración do Muíño Grabiel, cuxa restauración levou a cabo coa axuda da Deputación da Coruña.


No acto, que terá lugar no Río de Outes, onde está ubicado o muíño, intervirán Manuel Ruíz, deputado provincial, Carlos L. Crespo, alcalde de Outes e Xoán X. Mariño, presidente da sobredita asociación.

Na imaxe que acompaña esta información vese o remate dos traballos de rehabilitación e aparecen nela membros da asociación Terra de Outes: Xesús Mato, Xoán Mariño (ambos á esquerda da foto) e Xosé Manuel Vázquez (dereita), xunto con Rafael Fontenlos (2º pola dereita), responsable dos traballos de rehabilitación do muíño e Manuel Vidal (abaixo), veciño de quen partíu a iniciativa de recuperación deste elemento patrimonial con máis de 250 anos de antiguidade.

Empanadas feitas coa fariña moída no mesmo Grabiel

Para celebrar o acontecemento, a ACC Terra de Outes convida aos asistentes a saborear as empanadas elaboradas coa fariña deste muíño, cuxa degustación estará animada por un grupo de cantareiras de Outes.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Outes   Terra de Outes   muíños   patrimonio  

Outes: Clara Caamaño, de sexto de Primaria, gañou o certame de deseño do logotipo do Ano de Añón

  • Francisco Añón Paz naceu hai 200 anos en Boel, Outes, un 9 de outubro
  • A alumna gañadora é escolar do colexio da Serra de Outes. Houbo un accésit, que recaeu en Nerea Cambeiro

Gaadora

Outes, 9 de xaneiro de 2012. O pasado sábado, 7 de xaneiro, no transcurso do festival musical que, organizado polo Concello de Outes, se celebrou na Casa da cultura da Serra, tivo lugar a entrega do premios á gañadora do certame convocado polo propio Concello para o deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa do Ano de Añón, con motivo da conmemoración neste ano 2012 do 200 aniversario do nacemento do poeta outense Francisco Añón.

O concurso, que estaba dirixido á poboación escolar de Outes, foi gañado por Clara Caamaño, alumna de 6º de Primaria do Colexio da Serra de Outes, a cal recibiu da man do Concelleiro de Cultura, Manuel García, o vale de 200 € canxeables por material escolar ou deportivo, con que estaba galardoado o premio.

No mesmo acto, tamén foi agasallada cun premio de 50 € a alumna do Colexio do Cruceiro de Roo Nerea Cambeiro, gañadora do único accesit concedido polo xurado, formado éste por representantes de todas as asociacións culturais, veciñais e musicais que van participar na celebración de charlas, recitais, concertos e outras actividades que van ter lugar ao longo do presente ano e culminarán no mes de outubro nun acto solemne coa presencia de autoridades municipais, da Xunta de Galicia e da Real Academia Galega.

Informou desta actividade Xoán X. Mariño, presidente da asociación cultural "Terra de Outes" e comisario designado polo Concello de Outes para a organización do Ano Añón.

Quen era e que fixo Francisco Añón Paz?

Consulte na Galipedia, aquí

 

Antes, en Certo:


Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Francisco Añón   Outes   Serra de Outes   certame  

Outes: "Terra de Outes" avoga por darlle á Cidade da Cultura o nome de Isaac Díaz Pardo

Media_httpfarm3static_hdyai


Outes, 7 de xaneiro de 2012. A Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes quere expresar "o seu pesar polo recente pasamento do  eminente polígrafo, pintor, editor e impulsor de Sargadelos D. Isaac Díaz Pardo e unirnos á petición diversas personalidades, institucións e agrupacións da vida política e cultural de Galicia para solicitar ao goberno galego o nome do xenial compostelán para a Cidade da Cultura, non só como a mellor homenaxe que se lle pode facer, senón como sinal de gratitude polo seu inmenso legado para o pobo galego."

Asina Xoán Mariño, Presidente da ACC Terra de Outes.

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Cidade da Cultura   Outes   Terra de Outes  

Outes: programan un maratón de fútbol sala do 6 ao 8 de xaneiro

Media_httpfarm3static_necxi

Outes, 9 de decembro de 2011. Xa están as inscricións abertas para o maratón de fútbol sala que se disputará os días 6,7 e 8 de xaneiro no polideportivo municipal do Cruceiro de Roo, no concello de Outes.

O prezo da inscrición será de 50 euros por equipo, que disputarán un mínimo de dous partidos na fase previa de grupos. Poderase efectuar a inscrición de forma electrónica solicitando información no correo electronico maratonoutes@gmail.com ou através da páxina web www.maratonoutes.es.tl.

Se o prefiren, o teléfono de contacto é o 616538589. Os premios serán en metálico: para o primeiro clasificado un premio de 450€ mais un trofeo e o segundo clasificado levará 250 €uros. 

Aseguran os organizadores: "Non se trata dun maratón calquera, xa que os beneficios vanse destinar a unha asociación do concello para realizar distintos actos culturais, deportivos ou de ocio. Dende a organización queremos agradecer a todas as empresas do concello que contribuíron a realización de dito campionato.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Outes   fútbol   maratón  

Outes: o magosto no Freixo é este venres 11 de novembro, baixo carpa

Image

Outes, 9 de novembro de 2011. Este venres día 11 de novembro a partir dás 22:00 celébrase o Magosto do Freixo. O lugar elixido será o campo de fútbol de Mosteiro.

 

PROGRAMACIÓN:

22:00 Castañas asadas con música propia do magosto (?).

1:00 Actuación da discoteca móbil “La Gramola”.

"Esperamos que acuda o maior número de xente, e por se chove temos carpa. A festa está asegurada", aseguran dende a organización.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Outes   magosto  

Outes: a Muiñada de "Terra de Outes" convocou a dramaturgos, performers e catedráticos arredor da figura de Cunqueiro

Acto_centro_social
Xoan_mario_e_quico_cadaval
Xoán X. Mariño e Quico Cadaval

Outes, 17 de outubro de 2011. A pasada semana celebrouse en Outes a V Muiñada, unhas xornadas de exaltación do patrimonio cultural que a Asociación "Terra de Outes" adicou ao escritor Álvaro Cunqueiro no seu centenario (naceu en 1911 en Mondoñedo, Lugo).

Presentacin_revista
O mércores 12, Quico Cadaval inagurou estas xornadas na Casa de Cultura de Outes, diante de máis de 50 persoas que asistiron tamén á inauguración dun novo xénero teatral: o conto-conferencia, que o xenial autor de Ribeira titulou "O teatro interior de Álvaro Cunqueiro", aderezado de todo tipo de historias, reais ou non, pero que ben puideron acontecer tal como se contaron, segundo nos explica Xoán X. Mariño, presidente da ACC "Terra de Outes".
V_muiada
Manuel G. Sendón, catedrático de Literatura Galega

No_nio_novo_do_vento

Serafín Marcos é maratonista ademais de performer e actor

O sábado 12, no Centro Social da Serra, o noiés Serafín Marcos fixo un performance sobre dous poemas do escritor mindoniense e, a continuación, o catedrático de Lingua e Literatura Galega, Manuel G. Sendón, deu unha charla a unhas 25 persoas sobre a poesía do citado escritor e, por último, Ramón Blanco, secretario da Asociación, presentou o novo número da revista "Terra de Outes", que inclúe un suplemento adicado a Cunqueiro que asinan o propio Ramón Blanco, Manuel G. Sendón, María Liñeira, lectora na Universidade de Oxford e Sara Gil e Laura López, estudantes de secundaria.

O 15 de outubro, namentres en Outes falaban de Cunqueiro, na terra deste:


Pode que tamén lle interese:

Media_httpfarm5static_utkgw

Rosalía sempre viva: Exposición itinerante, dende o 17 de outubro en Noia

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Outes   Terra de Outes   cultura galega   Álvaro Cunqueiro  

Outes: "Aquelar" organiza un roteiro de sendeirismo para promocionar o municipio este sábado 15

Cartel_outes

 

Outes, 13 de outubro de 2011. A asociación cultural “Aquelar” de Outes esta a organizar unha ruta de sendeirismo que terá lugar o vindeiro sábado día 15. O roteiro escollido será a que vai dende Albán (Rates) ata o merendoiro do Monte Tremuzo e que durará aproximadamente unhas 4 horas. A saída está programada para ás 10:00. 

O obxectivo desta andaina é promocionar as rutas de sendeirismo que ten o Concello e que "están sen explotar pola corporación municipal", aseguran dende esta novísima asociación. 

Tamén na reunión que tiveron a pasada semana acordouse un achegamento "a todas as asociacións do Concello coa fin de realizar actividades comúns para así garantir o éxito". Unha delas será o magosto, que aínda está pendente de programar. 

Animan a todo o mundo a que acuda a esta cita, a pasar un día de lecer polo Concello de Outes.


Dende Certo animámolos ese día a cambiar o mundo. Tamén aos de Outes.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Aquelar   Outes   roteiros  

Rianxo e Outes: 705.000 euros para reformar as casas do concello

  • A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Docampo, supervisou o resultado dos traballos acompañada polos alcaldes de ambos municipios
  • As subvencións destináronse á construción dun novo edificio administrativo para albergar oficinas municipais en Rianxo, e na rehabilitación e reorganización das dependencias da casa do concello de Outes
  • Do Campo aproveitou a visita a estes municipios para manter un encontro de traballo co rexedor de Outes, Carlos López Crespo, e coñecer de primeira man as necesidades do concello

Rianxo

Rianxo e Outes, 11 de outubro de 2011.- A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, asinou esta mañá os documentos de conformidade para a concesión das subvencións destinadas ás obras de reforma levadas a cabo nas casas consistoriais de Rianxo e Outes. Estas actuacións foron cofinanciadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Administracións Públicas. En total, o Goberno galego destinou 705.000 euros aos dous proxectos.

Do Campo desprazouse en primeiro lugar ao Concello de Rianxo, onde foi recibida polo alcalde, Adolfo Muíños. A máxima representante do Executivo autonómico supervisou o resultado da actuación, na que a Xunta investiu 255.000 euros, repartidos en catro anualidades. As obras consistiron na construción dun novo edificio administrativo para trasladar varias oficinas municipais debido a falta de espazo detectada na casa consistorial. Ambos inmobles conectáronse a través dun corredor interior, o que tamén permitiu mellorar as condicións de accesibilidade coa instalación dun ascensor.

A delegada territorial tamén se trasladou a Outes. Alí, o proxecto contemplou a renovación das instalacións respectando as antigas fachadas e recuperando un antigo semisoto, o que permitiu duplicar a capacidade do edificio.

A esta acción o Executivo autonómico dedicou 450.000 euros, co obxectivo de protexer o patrimonio arquitectónico da vila á vez que se satisfacían as necesidades do municipio en canto a espazo e modernización dos servizos.

Beln_docampo_e_alcalde_de_oute

Visita institucional

Media_httpfarm6static_ffhzp

Casa do Concello de Outes

A delegada aproveitou a súa estancia na localidade para manter un encontro de traballo co rexedor, Carlos López Crespo, e coñecer de primeira man as necesidades dos veciños. O alcalde trasladoulle as demandas do concello, mentres que Do Campo ofreceuse a estudialas e a traballar de maneira intensa para satisfacelas no menor prazo de tempo posible.

No transcurso da reunión, a máxima representante do Goberno galego na provincia destacou o compromiso da Xunta coa creación de emprego e lembrou que o Concello de Outes conta este ano cunha subvención de preto de 192.500 euros para a contratación de 18 persoas desempregadas para a realización de obras e servizos de interese social. A totalidade dos contratos son a xornada completa.

Trátase dos fondos achegados pola Consellería de Traballo e Benestar aos concellos a través do Plan de Cooperación, que este ano incrementou a partida para Outes en máis de 66.600 euros.

A desta mañá foi unha visita institucional enmarcada na rolda de contactos iniciada pola delegada da Xunta na Coruña dende que tomou posesión do seu cargo, momento no que se comprometeu a visitar os 94 municipios da provincia. Do Campo trasladoulle ao rexedor “todo o apoio, diálogo e cooperación do Goberno autonómico para traballar de xeito coordinado á hora de satisfacer as demandas dos veciños”.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Deputación   Outes   Rianxo  

Outes: o sábado 24 de setembro, I Festa da Mocidade no Freixo

Manolo

Outes, 19 de setembro de 2011. Este sábado día 24 de setembro vaise celebrar na pista polideportiva de Portosiavo, no Freixo, a I Festa da Mocidade. Contarán, explican os organizadores, coa participación do grupo músical MASTER e ademais, para animar a verbena, estará presente unha discoteca móbil que terá entretidos aos máis bailóns ata altas horas da madrugada.

HORARIOS:
O grupo Máster empezará a súa función a partir das 22:30 para logo dar paso á discoteca portátil até as 7:00 da madrugada. Nin que dicir ten que a organización convida a todo o mundo a acudir a esta cita festeira.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festa da Xuventude   Outes