Preme para voltar á portada
Filed under

Padre Teixugo

 

Noia: galería fotográfica da quinta concentración de motos "Ría de Noia"

Polo Padre Teixugo, moteiro colaborador de Certo

Noia, 26 de agosto de 2011. Xa pasaron unhas semanas desde a celebración da Concentración moteira da medieval vila de Noia, e quero desde este púlpito agradecer aos compañeiros moteiros do Motoclube Ria de Noia o seu óptimo traballo, ademais do coidado que tiveron para tratarnos como Deuses na terra e, aínda enrriba, con prezos "anticrise"!!!!

Louvados sexades: por algo no primeiro dia xa se esgotaron as inscricións ao superar os 300 inscritos!!!! Eu tiven que conformarme con acudir o domingo á ruta por Serra de Outes, que incluía unha novedosa "pinchada" cos consumición a prezo reducido (ademais demos traballo aos hosteleiros do lugar) que fixo que enchéramos a localidade como podedes ollar nas fotos.

O entretemento ao cargo dun experimentado acróbata utilizando unha potente moto, seguido dun Smart para facer "trompeadas", foi todo un éxito, ademais coincideu cun sábado espléndido de sol... Atoparedes algunha foto "cunha extraña pasaxeira", pero non vos preocupedes que xa tramitei a excomunión daqueles que queren enganar aos sufridos motoristas, cabaleiros da estrada!!!!

Xúntovos unhas trinta fotos que no mosteiro imos publicar na web do noso motoclube virtual proximamente (cando as labores espirituais me deixen algún tempo libre para atender os meus hobbies).

Unha aperta... e a miña bendición apostólica

Se es un toliño polo motor, pode que tamén che interese:


Motos Antigas: o 10 e 11 de setembro, V Xuntanza Internacional



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Padre Teixugo   Ría de Muros e Noia   concentración de motos  

Boiro: outra visión da concentración moteira

Polo Padre Teixugo


A concentración que os amigos de Boiromotos celebraron os días 22, 23 e 24 de xullo contou con moita participación, pero, coma sempre acontece, non todos axudaron e se inscribiron para apoiar o evento. Mais para os que si o fixemos, puidemos gozar das delicias do catering contratado pola organización para calmar os famentos estómagos (gostoume moito o arroz salvaxe acompañado polo tinto de verán), tomar uns petiscos por cortesia da organización, desfrutar dunha ruta turística que pasou por Pobra, Oleiros, Noia e regreso a Boiro... e incluso puidemos tomar unha sesta no magnifico parque da Cachada (ver as fotos).

Eu realizei a inscrición coa moto do mosteiro (Honda XL125S do 1982)... pero estragouse a última hora e tiven que pedir prestada outra (do 2003), polo que non protestei cando non me deron o premio á moto mais antiga (levouno unha Yamaha do 1986), porque sería facer trampa e non daría exemplo. Pero a vindeira vez tentarei participar de novo coa reliquia, porque quedoume unha sana envexa!!!!

Aproveito para comunicar que os amigos do Harley Owners Club van visitar proximamente a nosa querida estrada C-550, e que xa se achega o tempo da concentración de Noia. Animovos a todos-as a participar, pero non sexades tacaños e inscribídevos, fariseos!!!!

Relacionada:

Pode que lle interese:

Media_httpfarm7static_mumuc

Do 12 ao 14 de agosto, concentración moteira "Ría de Noia". En Noia. Información en http://moterosriadenoia.com/



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Padre Teixugo   concentración   motoristas  

Opinión: o padre Teixugo aposta polo sentidiño como mellor ferramenta contra a crise

"Pero non vos dades conta que somos ovellas das multinacionais? De que vale falar en galego, presumir de morriña e de sentimento patrio se logo cando vas mercar a túa cervexa prefires a de fóra antes que a da túa Galicia? Ou cando mercas leite sen saber de onde "vén sendo": acaso estamos perdendo a nosa natureza que tantos séculos puido contra o invasor?".
O artigo enteiro en http://certo.es/index.php?page=ix_homilia



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Padre Teixugo   crise   opinión  

Ribeira: o I Encontro de Motos Vellas terá lugar o sábado 14 de agosto

Media_httpfarm4static_bpahq

Imaxe da ruta de motos antigas "Terras de Padrón"

Ribeira, 6 de xullo de 2010. Estase a preparar o "I Encontro de motos vellas en Ribeira" que se vai realizar o vindeiro sábado 14 de agosto. O encontro, segundo nos conta o Padre Teixugo, inclúe ruta turistica polas nosas estradas (non autoestrada) e, para aqueles que o queiran, un almorzo de irmandade (con preinscrición dos custes do almorzo) co que rematará o encontro.

Media_httpfarm5static_iaabe


"Recordade que procuramos un simple encontro de amigos, polo que cadaquen vai ser responsable do que faga: isto é a diferenza, que só teriades que pagar o almorzo se queredes desfrutar ao mediodía. Non haberá presentes, porque non hai publicidade, como moito vestiremos as camisetas do Concello para apañar publicidade para os que veñan de fóra. Ide con Deus, pero non esquezades: deixádevos ver polo noso primeiro encontro. Xa temos anotada unha Bultaco Metralla MK2 e unha Honda XL 125 S. Recordade pagar o seguroooo... ata breve!", explica Padre Teixugo, moteiro de pro do Mosteiro de Toxosoutos no Reino de Sitio-Distinto.

Relacionada:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Padre Teixugo   Ribeira   motoristas  

Motor: barbanzáns arrincan para a cita moteira de Pingüinos, en Valladolid

(download)
Imaxes da partida de varios moteiros ribeirenses a Pingüinos

"Nestes días de tanto frío, temos que recordar e louvar", di o Padre Teixugo, "a fazaña heroica dos cabaleiros motoristas da Barbanza, que este venres saen para defender a honra da nosa comarca na concentración invernal moteira máis importante do mundo: Pingüinos 2010 (ata 30.000 almas reunidas en tendas de campaña nun piñeiral ao sur de Valladolid con esta friaxe... da medo e moito respecto)".

O ano pasado, motoristas de diferentes países de Europa, xuntáronse para recordar aos compañeiros finados nas estradas, "porque o verdadeiro espírito do motorista é un espírito cristiano", asegura o Padre Teixugo, "que non entende de diferencias sociais, nen de diferentes poderes adquisitivos". Non importa o tipo de moto nin a profesión do piloto, porque todos eles só son moteiros, xente viaxeira que, na súa fraxilidade, gustan de viaxar sabendo que sempre poderán contar coa axuda de calquera outro moteiro: ese  é o espírito de cabaleiro cristiano que quere reconquistar a honorabilidade perdida nas estradas".

Un grupo de cabaleiros motards a cabalo das súas BMW modelo GS (Gelande und Sport = todo terreno) van saír desde Ribeira. Eles son ben coñecidos: un "Ferreteiro", un "Carteiro", un "Patrón de altura", e mais un "Mestre de artes marciais". Van percorrer os 504 quilómetros de distancia ata Puente Duero (Valladolid), agardando chegar antes de que sexa noite. "Prégolles que, tanto eles, coma os moitos outros motards da Barbanza (moitos deles de Boiro) envíen as fotos do evento para participar da súa ledicia a todolos lectores do Certo", di o Padre Teixugo.

"Que Deus os protexa na súa viaxe e poidan retornar para contarnos as súas experiencias na concentración. No nome do pai, do fillo, e mailo Espírito Santo, amén.
Irmáns motards, podedes ir en paz, boa viaxe e pregade na procesión das antorchas polos compañeiros finados nas estradas".

===========================================================

Menxaxe de benvida do Padre Pingüineiro aos cabaleiros motards achegados de todas partes:

Desde el Club Turismoto, a todos los que acudáis a Pingüinos 2010

Un año más el Club Turismoto se dispone a recibir a todos los auténticos motoristas que acuden a la cita invernal de PINGÜINOS.
Veintinueve son ya muchos años al pie del cañón, pero os aseguramos que la ilusión de las mujeres y hombres del Club Turismoto, y de todos los amigos y colaboradores, es la misma, si no mayor, que la de aquella primera cita del ya lejano invierno de 1.982, cuando podíamos saludaros personalmente a todos, y daros un abrazo de bienvenida cuando bajabais de vuestras motos, ¡qué motos!, para tomar el caldo o el carajillo calentito que os estaba esperando; como podéis ver, en estas últimas ediciones esto ya no es posible, pero nuestro recibimiento, nuestro abrazo de bienvenida va implícito en esa medalla conmemorativa que os entregamos al hacer la inscripción, esa medalla que representa todo un trofeo personal para cada uno de vosotros que tenéis el valor de desafiar todas las inclemencias del frío invierno para acudir a esta cita y pasar un fin de semana o unas horas rodeados del calor humano (y de las fogatas) de otros auténticos motoristas a los que mueve el mismo espíritu que a vosotros. Ese es nuestro deseo y el único motivo por el que año tras año, preparamos, con más ilusión si cabe, toda la infraestructura y las diversas actividades de esta "vuestra PINGÜINOS", vosotros sois los verdaderos protagonistas de la "fiesta", ¡BIENVENIDOS!

= = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = =

Irmáns, a concentración invernal "Pingüinos" celébrase desde fai 28 anos na segunda fin de semana de xaneiro nas terras de Valladolid.

Segundo nos sinala o padre Pingüin, xa chegaron os primeiros cabaleiros motards desde Italia e Francia!!!!
Por parte da comarca da Barbanza, temos coñecimento que a primeira BMW Gs do ferreteiro iniciou a sua viaxe as 9h. de hoxe (xunto fotografias). Vai na compaña doutro motard (o cerraxeiro R) que tivo problemas na súa montura... e que ista concentración recupera o espírito de compañeirismo e de axuda tan esquecido nestes tempos.

As 15h. de hoxe está previsto que tomen saída as seguintes BMW de Ribeira (carteiro, patrón e mestre de artes marciais) para xuntarse de camiño aos moitos motards boirenses e mailos outros que, desde todolos recunchos da comarca van partir don destino á concentración invernal internacional mais numerosa do mundo: PINGÚINOS.

Os motards van xuntarse ao carón das fogueiras (leña ofrecida pola organización), tomando un caldiño quente (chamado "caldo pingúinero") nun espíritu de compañerismo non habitual nestes tempos. E o punto máximo vai ser o sábado día 8, co chamado "Desfile de antorchas", no que as motos desfilan en procesión levando o pasaxeiro un fogo para recordar, a modo de homaxe, aos compañeiros finados nas estradas. Imos rezar para que todo corra bem e podan regresar para contarnos as súas historias e mostrarnos as súas fotos, ademais de recordar aos amigos finados nas estradas.

Amén.


PostData: para a vosa información, a páxina web da celebración e a seguinte: www.lapinguinos.com. Sería bonito que o motoclube de Boiro nos contase como lle foi, non credes? Recibide a miña bendición e ide con Deus, queridos fregueses. Tamén hai moita información en http://pinguinos.nortecastilla.es

Nota de Certo: non sabemos que farán os de MotoBoiro. Enterámonos pola súa web que van a Motauros, do 7 ao 10 de xaneiro en Tordesillas. Mirade


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Padre Teixugo   Pingüinos   Ribeira   motor