Preme para voltar á portada
Filed under

patrimonio

 

Noia: o Concello asinou convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo para manter a Oficina de Rehabilitación

(download)

Noia, 24 de abril -Festas e Feiras do San Marcos- de 2012. O concelleiro delegado da área do Plan Especial do Casco Histórico e Patrimonio do Concello de Noia, Bieito González Domínguez, participou na mañá de hoxe, en representación do ente municipal, na sinatura do convenio co Instituto Galego da Vivenda e Solo para a tramitación de expedientes de rehabilitación e financiamento dos gastos de mantemento das oficinas municipais de rehabilitación, así como dos portelos únicos de información e xestión do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012, e doutras actuacións vencelladas ás políticas de vivenda.

Mediante a sinatura do citado convenio, o Concello de Noia vai percibir durante o presente ano 2012 a cantidade de 50.749,85 euros.

As tarefas que desenvolve a Oficina de Rehabilitación Municipal van desde a propia de aplicación da normativa correspondente ao Plan Especial de Protección do Casco Antigo, ata a de información, asesoramento e tramitación de diversos plans como o do programa ALUGA, programa RENOVE do Plan de Vivenda 2009-2012 así como o programa de axudas da administración galega destinadas ao remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución no ámbito rural.

O gasto previsto polo Concello de Noia para o mantemento da Oficina de Rehabilitación durante o presente ano 2012 ascende á cantidade de 84.583,08 euros do que a cantidade a percibir do IGVS mediante o asinamento do presente convenio, representa o 60% do custe do citado servizo.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   convenios   patrimonio   rehabilitación  

A Pobra: denuncian o desleixo en que se atopa o patrimonio, en concreto o castro da Croa de Postmarcos

Media_httpfarm4static_chsxk

Cartel de Arousa Norte onde se alude ao castro esquecido polo equipo de goberno

A Pobra do Caramiñal, 18 de abril de 2012.   Un grupo de amigos e veciños da Pobra do Caramiñal denuncian "o abandono do patrimonio arqueolóxico no noso Concello, e sobre todo, a pasividade que durante todo este tempo o goberno do PP mostrou pola recuperación e posta en valor dos importantes vestixios arqueolóxicos cos que conta a Pobra do Caramiñal".

"Calquera achado do noso pasado é importante -explican-: o castro da Croa de Postmarcos, salvo, algunha que outra referencia feita sobre el por Xerardo Agrafoxo, no seu libro Arqueoloxía do Barbanza, ou algún artigo do estudoso barbanzá, Domingo Regueira, quen tamén constata a súa existencia, non hai nada. Ata o día de hoxe, ningunha institución nin ningún organismo se interesou por tomar medidas de protección no seu entorno, e evitar o seu progresivo deterioro. O castro da Croa parece vivir unha existencia máis virtual ca real: algúns pensarán, existirá? Dende logo, o goberno local tampouco deu mostras de interesarse por este importantísimo xacemento castrexo, localizado no mesmo cerne da parroquia de San Isidro de Postmarcos".
 

    Segundo explican na nota, "o castro da Croa, a primeira vista, é un asentamento que chama poderosamente á atención pola súa configuración portentosa, cunha estrutura arquitectónica que nos fai lembrar de inmediato un asentamento militar inexpugnable. Posiblemente, e sen dúbida, esteamos a falar duns dos legados arqueolóxicos máis excepcionais do Barbanza". E proseguen: "Queremos denunciar este abandono, e tamén lembrarlle ao goberno da Pobra do Caramiñal, que logo de trece anos gobernando, seguimos sen unha carta arqueolóxica que nos permita poder protexer o noso patrimonio histórico. Pensamos que a mellor arma para abrirse camiño no futuro é protexer o pasado. Facemos un chamamento ás institucións, sobre todo a Patrimonio, para que interveña o máis axiña posible sobre este importante xacemento castrexo, herdanaza e libro do noso pasado". Asinan Manuel Teira e un grupo de amigos.

Denuncias na Rede sen demasiado caso

Do desleixo do patrimonio en A Pobra do Caramiñal e da continua cementación de toda a costa virxe que queda fala o profesor Manuel Gago no seu blog Capítulo 0 dende hai anos -e denuncia tamén, todo hai que dicilo, o pasotismo dos veciños-:

Proxecto de paseo ameaza praias virxes na Pobra

Media_httpwwwmanuelga_cowsc

Desfeita no castro de Punta Ostreira, na Pobra

Un guerreiro en Punta Ostreira

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   denuncia   desleixo   patrimonio  

Muros: nas obras do Camiño Real de Esteiro investíronse 81.000 euros

  • A delegada territorial da Xunta na Coruña asinou coa alcaldesa do municipio as actas de conformidade para a concesión das axudas destinadas a obras de saneamento

Camio_real_muros

Muros, 7 de febreiro de 2012.- A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e a alcaldesa de Muros, Caridad González, asinaron esta mañá o documento de conformidade para a concesión da subvención para acometer diversos traballos para a recuperación do camiño real na parroquia de Esteiro, ao seu paso polo río Maior. O Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financiou integramente esta actuación cunha achega de 80.782 euros correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental.

Acompañada polo concelleiro de Obras, Manuel Bartolomé, e un técnico municipal, a máxima representante do Executivo autonómico na provincia supervisou o resultado das actuacións levadas a cabo con estes fondos. O proxecto consistiu na recuperación medioambiental do camiño real e das ribeiras no seu encontro co río, na restauración dos antigos pasais que unen as marxes, na pavimentación do camiño no tramo de Reboredo e na construción dun paso peonil na zona inundable para comunicar os pasales coa zona seca. Ademais, mellorouse a sinalización.

A actuación permitiu paliar o estado de degradación no que se encontraban algúns puntos desta área, onde mesmo se chegara a producir un vertedoiro incontrolado. Tamén se mellorou a comunicación no entorno, co fin de darlle uso a esta antiga calzada de orixe romana. Apostouse, en definitiva, por poñer en valor un espazo ata o de agora contaminado e abandonado a través da recuperación da calidade paisaxística e medioambiental.

A delegada aproveitou a súa estancia no municipio para manter un encontro de traballo coa rexedora para analizar os proxectos que desenvolve o Goberno autonómico no municipio e as necesidades actuais. Nesta reunión, González trasladoulle as demandas da localidade, ante as que Do Campo expresou o seu compromiso de estudalas e de traballar intensamente para atendelas no menor prazo de tempo posible.

Pode que tamén lle interese:

Muros: quentan en febreiro para o Castelo Rock (QPC)

Muros: pasamento de Domingos Dosil. D.E.P.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   patrimonio  

Outes: o sábado 11 de febreiro inaugúrase o Muíño Grabiel, de máis de dous séculos e medio

Placa_muio

Outes, 6 de febreiro de 2012. O vindeiror sábado 11 de febreiro, ás 12 da mañá, a asociación Terra de Outes vai levar a cabo a inauguración do Muíño Grabiel, cuxa restauración levou a cabo coa axuda da Deputación da Coruña.


No acto, que terá lugar no Río de Outes, onde está ubicado o muíño, intervirán Manuel Ruíz, deputado provincial, Carlos L. Crespo, alcalde de Outes e Xoán X. Mariño, presidente da sobredita asociación.

Na imaxe que acompaña esta información vese o remate dos traballos de rehabilitación e aparecen nela membros da asociación Terra de Outes: Xesús Mato, Xoán Mariño (ambos á esquerda da foto) e Xosé Manuel Vázquez (dereita), xunto con Rafael Fontenlos (2º pola dereita), responsable dos traballos de rehabilitación do muíño e Manuel Vidal (abaixo), veciño de quen partíu a iniciativa de recuperación deste elemento patrimonial con máis de 250 anos de antiguidade.

Empanadas feitas coa fariña moída no mesmo Grabiel

Para celebrar o acontecemento, a ACC Terra de Outes convida aos asistentes a saborear as empanadas elaboradas coa fariña deste muíño, cuxa degustación estará animada por un grupo de cantareiras de Outes.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Outes   Terra de Outes   muíños   patrimonio  

Noia: remitidos á Consellería de Infraestruturas os expedientes das obras de rehabilitación da zona vella para a súa cualificación provisional

Media_httpfarm3static_jeugf

  • Destaca a intervención que se vai facer no Pazo do Forno do Rato, que é Ben de Interese Cultural

Noia, 20 de xaneiro de 2012. A concellería de Casco Histórico e Patrimonio de Noia vén de remitir á Xunta de Galicia os acordos adoptados pola Comisión de Valoración Municipal no relativo aos expedientes da 9º fase da “Área de Rehabilitación”.

Os acordos que se adoptaron en dúas sesións distintas da Comisión de Valoración celebradas durante o presente mes de xaneiro, abranguen un total de seis intervencións, e entre elas destaca a que se fará no Pazo do Forno do Rato, único inmoble civil que conta coa condición de BIC dentro do perímetro do casco vello de Noia.

Catro das intervencións que se propoñen son rehabilitacións integrais de inmobles que contan con algún grado de protección, e as dúas restantes trátase de actuacións menores, igualmente en edificacións protexidas.

A contía das intervencións que se remitiron para a consecución da cualificación provisional, ascende a un total de 69.599,51 euros, a repartir entre as mesmas en función dos parámetros establecidos pola ordenanza reguladora.

No que se refire á  obra de urbanización no espazo público, vinculada á presente fase, serán obras de renovación de beirarrúas e soleiras interiores dos soportais da rúa do Curro.


Adxudicación para saneamento entre Boa e Taramancos
Media_httpfarm7static_zedan

Taramancos é unha aldea noiesa que aínda conserva o encanto da arquitectura tradicional

Por outra banda, o Concello de Noia informou hoxe da adxudicación á empresa Proyecon Galicia S.A a obra denominada: "Conexión do saneamento de Boa e Taramancos á rede xeral de saneamento municipal (Noia)" na cantidade de 177.450,76 €.

O Concello descartou a seis empresas en baixa temeraria por documentación insuficiente ou por presentar salarios por debaixo de convenio laboral.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   patrimonio   rehabilitación   urbanismo  

Dodro: o Concello restaura patrimonio tradicional en Teaio e Reboiras

Lavadoiro_de_reboiras_en_dodro
Limpou e acondicionou o lavadoiro de Reboiras
Cruceiro_de_teaio_en_dodro
adecentou os arredores do cruceiro de Teaio
Dodro_marquesina_pexegueiro
e, xa fóra do patrimonio, instalou unha marquesina en Pexegueiro.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   obras   patrimonio  

Boiro: O Faiado 2 percorreu varios asentamentos de cabanas na Serra do Barbanza no seu III Roteiro

Media_httpfarm7static_wdcqo


Boiro, 10 de outubro de 2011. O sábado 8 de outubro tivo lugar o III Roteiro "Os vellos camiños do Barbanza", organizado pola asociación cultural etnográfica "O Faiado 2". Xuntáronse unhas 30 persoas e, dos 45 asentamentos de cabanas que hai na Serra do Barbanza, visitaron O Asentamento da Trema, perto da Portela subindo ata a mámoa da Casarota do Fusiño. Seguiron polo río Barbanza ata preto do Asentamento de Outeiros Hinchados, onde ollaron unas pedras con gravados. Logo camiñaron ao Asentamento de As Cabanas situado á beira do cañón do río Barbanza. Por último pararon en “Chan de Folgoso” onde hai restos de cabanas e de antigos curros, segundo informou a presidenta desta asociación, a inesgotable María Luísa López.

Media_httpfarm7static_ecfyi

Pode que tamén lle interese:


Programación cultural de Boiro en outubro: algunhas das actividades previstas


Homenaxe: a Ónega, Frinsa e Los Chiky´s o 26 de novembro

Antes, en Certo:


O Faiado 2: O 27 de agosto foron pola calzada do Ordenario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   O Faiado 2   patrimonio   roteiros  

Noia: subvención da Consellería de Economía para dotar de mobiliario urbano "con identidade propia" o casco histórico

  • Dentro do proxecto, elaborado polo Concello, chamado Remocicar II, cun orzamento de 100.400 euros. Economía paga o 70% do montante e o Concello o 30%
  • A concelleira de Comercio, Mónica González Eiras, di que este investimento "permitirá mellorar a imaxe do Casco Histórico e potenciar a zona comercial. Imos consensuar cos empresarios o programa a través da Mesa Local de Comercio"
  • Preténdese crear unha liña de mobiliario propia para o casco vello noiés, que o diferencie do resto de Galicia

Media_httpfarm3static_eegff

Noia, 7 de setembro de 2011. A Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia vén de conceder unha subvención para equipamentos comerciais no Casco Histórico de Noia a través da convocatoria do programa de subvencións para a modernización de equipamentos comerciais: Ágora Recomercia 2011 para zona peonís comerciais. 

O proxecto realizado polo concello e denominado Remocicar II ten un orzamento de 100.400 euros e servirá para instalar mobiliario (bancos, bolardos, papeleiras, puntos de información ao consumidor, xardineiras), sinaléctica, iluminación de baixo consumo e outros elementos. A finalidade é crear unha liña de mobiliario propia para o Casco Histórico de Noia, e que permita homoxeneizar os distintos compoñentes do mobiliario público.

Media_httpfarm3static_hsnxp

Un dos elementos afectados será a sinaléctica. Na imaxe, a sinalización de Pedrachán, proxecto premiado varias veces

A subvención da Dirección Xeral de Comercio cobre o 70% do orzamento de 100.400 euros, aportando o resto o Concello de Noia, e está  dividida en dúas anualidades, unha para o 2011 de 56.224,00 euros e para o 2012:  44.176,00 euros. 

A concelleira de Comercio Mónica González Eiras considera "moi importante este investimento xa que permitirá mellorar a imaxe do Casco Histórico e por tanto potenciar a zona comercial. Para eso consensuaremos coa Asociación de Empresarios Noia Histórica a implementación do programa a través de Mesa Local de Comercio. Debemos seguir traballando na mellora do noso casco histórico, para iso son esenciais este tipo de medidas que complementan outras liñas moi importantes como as de rehabilitación de vivendas no casco histórico que se levan desde a concellería de Urbanismo de Bieito González, para a mellora global do Casco Histórico que é un dos principais atractivos da nosa vila, ademais de concentrar boa parte da actividade comercial da mesma". 

Mobiliario identitario noiés

Media_httpfarm6static_ccvee

Noia conta con patrimonio e lendas abondo para fixar unha imaxe distinta do resto de Galicia

González Eiras destaca que unha das singularidades do proxecto é que os equipamentos comerciais que se instalarán serán deseñados especificamente para o casco histórico noiés, "fuxindo de elementos estándar que existen noutras vilas. Preténdese un mobiliario identitario propio do noso casco histórico; un casco histórico como o noiés precisa de elementos específicos diferenciados doutras zonas ou vilas para o que se creará unha liña identitaria exclusiva. Ademais tentaráse na medida do posible que os elementos sexan elaborados por artesáns da nosa vila". 

Media_httpfarm5static_epkfb

En cidades como A Coruña, parte do mobiliario leva o escudo da cidade

Na actualidade existe unha mestura de elementos de distintos estilos e marcas, e en moitos casos en mal estado, ou en número insuficiente, o que dá  unha imaxe deteriorada dos equipamentos públicos, "por iso neste programa preténdese crear unha liña homoxénea e coherente para todo o Casco Histórico, que vala para mellorar o servizo de cara aos veciños e dea unha excelente imaxe de cara a clientes e visitantes", remachou a concelleira.

Pode que tamén lle interese:

Urbanismo:  "fóra de ordenación", para arranxar as desfeitas do "ti vai facendo"


Rehabilitación: comeza a novena fase, con 22 actuacións


Arqueoloxía: Capítulo 0 adícalle unha entrada a Taramancos Vello


Ponte da Chaínza: están a destapala. Dous metros de altura no arco!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   patrimonio   subvencións  

Turismo: últimos días para anotarse ao Curso de lnterpretación do Patrimonio sobre Ecoturismo

Click here to download:
programa_curso_ecoturismo.pdf (43 KB)
(download)

Vía www.ambientarte.es



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   cursos   patrimonio   turismo  

Rianxo: o Bng organiza un roteiro arqueolóxico para reivindicar a inclusión de parte do patrimonio como Ben de Interese Cultural

Click here to download:
cartazsaidaarqueoloxica.pdf (164 KB)
(download)
Será este sábado 16 de abril, con saída do instituto ás dez da mañá

Media_httpfarm3static_iieon

Rianxo está inzado de petróglifos. Na imaxe, os do Alto do Pelotiño

 

Click here to download:
mocionbic.pdf (160 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   bng   patrimonio   roteiros  

Dodro: o Concello colgou na súa web recursos sobre o patrimonio local e o libro de Toponimia de Baleirón

Media_httpfarm4static_gbibv

Dodro, 31 de marzo de 2011. Como xa anunciáramos co gallo dos actos da Primavera Cultural, o Concello de Dodro vén de colgar na súa web o resumo das charlas sobre Patrimonio local que deu a arqueóloga Beatriz Pereiras e tamén o libro sobre Toponimia escrito por Manuel Lorenzo Baleirón e partillado baixo licenza Creative Commons.

Media_httpfarm4static_dcfve

Para acceder e consultar os principais monumentos de interese de Dodro, ten que ir a esta ligazón.

Para baixarse o libro (son 7 megas en pdf), ten que premer aquí

Antes publicamos:


Primavera cultural: charlas arqueolóxicas e presentacións de libros


Arqueoloxía: o Concello aposta por recuperar patrimonio



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   patrimonio  

Ribeira: desenterrado o petróglifo da Pedra de Santiago que desaparecera baixo os cascallos da depuradora de Corrubedo

Actualización 2 de marzo de 2011:

A denuncia feita polo PSOE de Ribeira relativa á desaparición dun petróglifo non catalogado, na zona das obras de construción dunha depuradora, resultou certa. O petróglifo, adscrito popularmente á Idade Media, está ubicado na coñecida como "Pedra de Santiago", un punto de especial relevancia no folclore vinculado ao asolagamento da mítica cidade de Valverde, na Lagoa de Carregal. Segundo informa o Concello, un concelleiro achegouse ao lugar e, en compaña dos obreiros que arranxan a depuradora, voltaron desentullar o petróglifo, que estaba debaixo dos cascallos.

Agardamos que este anaco do patrimonio pétreo ribeirense sexa no futuro ben sinalizado e incluído nos roteiros turísticos e monumentais que o Concello ten posto en marcha.

Antes publicamos:

Denuncian a desaparición dun petróglifo debaixo das obras da depuradora de Corrubedo

Obras-zona-petroglifo
Ribeira, 28 de febreiro de 2011. O grupo municipal socialista presentou unha pregunta ante o Concello ao constatar que desapareceu debaixo dos restos das obras da depuradora o chamado "petróglifo da Pedra de Santiago".

Pregunta íntegra:

Sr. Alcalde/Presidente:
O Grupo Municipal do PSDG-PSOE de Ribeira, no transcurso dun seguemento rutinario das obras de instalación da Depuradora de Corrubedo, ven de comprobar a existencia dos feitos que de seguido se indican.

Unha comisión do PSDG-PSOE de Ribeira desprazouse na mañá de onte, domingo, 27 de febreiro de 2011, á parroquia de Corrubedo para, entre outros asuntos veciñais, comprobar a marcha das obras da Depuradora e canalizacións, nos terreos aledaños á Praia do Prado, á Punta do Prado e Pozo Salgueiro. Durante as comprobacións notaron que HABÍA DESAPARECIDO DA SÚA UBICACIÓN O GRUPO DE PETROGLIFOS DENOMINADO “DA PEDRA DE SANTIAGO”, e que xusto enriba dese punto estaban a operar maquinarias pesadas de excavación, presentando o lugar concreto signos ben visibles de remoción, trituración de rochas de gran volume e amoramento de escombro rochoso cercano. Dito grupo de petroglifos consistía nunha forma de espada, un serpentiforme e dúas formas en cazoleta ou media lúa (calificadas como de orixe medieval); e figuran, aparte de en varias fontes documentais e traballos de índole etnográfica, na propia páxina web do Concello de Ribeira; sendo considerados por este grupo municipal como elementos de indubidable valor patrimonial, histórico, cultural e turístico.


Este grupo municipal constatou igualmente que hai aínda poucas datas o mencionado petroglifo seguía no seu sitio con normalidade. En vista de tales feitos este grupo municipal, ademáis de solicitar ao goberno de Ribeira unha indagación sobre os mesmos, formula as seguintes preguntas:


¿SABE O GOBERNO DE RIBEIRA O QUE SUCEDEU CO GRUPO DE PETROGLIFOS DE CORRUBEDO DENOMINADO “DA PEDRA DE SANTIAGO”?
¿FÍXOSE O ESTUDO PREVIO SOBRE O TRAZADO DAS OBRAS QUE NO LUGAR CITADO SE ESTÁN A DESENVOLVER, DE CARA A PRESERVAR OS BENS  COÑECIDOS E/OU SE CONSIDERASEN PRESERVABLES?

Click here to download:
datos-na-web-do-concello.pdf (79 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   desleixo   patrimonio   petróglifos