Preme para voltar á portada
Filed under

pleno

 

A Pobra: o Psoe tacha o plan de axuste, cun crédito de máis de millón e medio de euros, como "chapuza nacional"

  • Foi un pleno extraordinario tenso, cun alcalde máis anoxado do habitual

Media_httpfarm8static_bmhjh

Orde do día do tratado onte

A Pobra, 16 de maio de 2012. O Concello viviu onte un pleno extraordinario no que o asunto estrela era o controvertido "plan de axuste" para que A Pobra, como sucede noutros municipios, se poña ao día cos proveedores aos que leva sen pagar tempo esquencido.

No primeiro punto, o Bng votou a favor xunto co PP, argumentando que deste xeito, co crédito de máis de millón e medio euros cobrarán os proveedores do Concello.

No segundo punto o PP quedouse só. O Bng e o Psoe abstivéronse e botáronlle en cara ao equipo de goberno o desleixo do actual centro de saúde, un abandono que xa foi motivo de constantes mocións da oposición.

No terceiro punto houbo problemas coa numeración de dúas sentenzas. O xulgado dicía que promocións Lombiña (en Cabío) tiña protección de 200 metros dende a liña de Costas e que despois lla clasificaran como correspondera pero sempre en solo rústico. Tivo que ser a voceira socialista a que advertira na comisión informativa que lle estaban baixando a cen metros.

Versión socialista sobre o plan de axuste

Segundo a voceira socialista, Teresa García Guillán, "a proposta de endebedamento para concertar unha operación de crédito a longo prazo por importe de 1.564.000 € pódese calificar de chapuza nacional. Chafallada do Goberno do Estado e do Goberno local do PP".

Segundo esta concelleira, é "unha chapuza do Goberno Central porque nos obriga a adoptar un acordo de endebedamento sen coñecer o importe definitivo da operación e  antes de pronunciarnos sobre esta operación queremos saber como mínimo:

  1.     Que entidade financiera prestará os fondos 
  2.     A que ue tipo de interés se vai a formalizar a operación
  3.     Cal vai ser o importe definitivo desta operación de endebedamento


Sen poder precisar o exposto anteriormente non nos pidan que aceptemos a súa proposta: se o fixéramos estaríamos aceptando unha das  operacións crediticias máis chapuceiras da historia financieira".

Ademais, engade que é unha chapuza do Goberno Local "polo descontrol permanente do gasto, pola súa nefasta e nula xestión económica.

Chegamos a este Plan de Axuste:

a) Pola incapacidade deste goberno municipal para trazar un plan económico. Nestes momentos o Concello da Pobra segue sen presentar a liquidación do orzamento do 2011 e sen presentar os prespostos de 2012, incumprindo o establecido no Texto  Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais (TRLFL).

b) Pola débeda viva a longo prazo de 3 millóns de euros e a débeda de 1 millón e medio de euros en facturas.

c) Pola nula capacidade do concello para poder atender ao pago. Debemos saber que o Remanente de Tesorería, ou capacidade real de pago, ten un déficit de  – 1.545.000€, cando debía ser cero ou ter signo positivo.

d) Pola mala xestión de recadación con máis de 850 mil euros de dubidoso cobro

e) Pola mala xestión ou nula capacidade de axuste entre taxas e servicios que conleva un déficit de preto de cen mil euros/ano no servicio de recollida do lixo.

E agora a solución que nos presenta o goberno para afrontar este desgoberno económico é:

    Incremento no imposto do IBI, ou imposto da contribución, en urbana, pasando de 0,40%  a 0,49%.

    É por riba, estes novos tipos serán aplicados sobre os novos valores catastrais da nova ponencia de valores aprobados no pasado ano e que xa se aplicarán neste exercicio 2012.

    Estamos a falar dun ingreso a maiores para o concello no próximo ano de 365.000/€, que necesariamente terán que saír dos veciños".

Suba de impostos para o concello máis endebedado de Barbanza segundo número de habitantes

    A edil socialista indica que "tamén se contempla un novo aumento da taxa por recollida do lixo. Un primeiro incremento aprobado no 2011 farase efectivo neste mesmo ano, supoñendo para o 2013 unha suba de máis de 80 mil euros.   Vai haber un aumento das cotas no imposto de vehículos e liquidación sobre imposto do ICIO con revisión das licencias de obras concedidas nos últimos anos. Máis de 100 mil euros nos recibos que para o ano terán que pagar a maiores os veciños da Pobra por estes conceptos".

Guillán sinala que sste é un resumo  das receitas que o goberno do PP na Pobra ten para intentar sanear a súa desfeita económica:  Reforzo na eficacia da recadación executiva e voluntaria, e potenciación e inspección tributaria.
 
"Medidas que esquecen totalmente a situación de crise  económica que se está  a vivir. Medidas obrigadas por un Plan de Axuste imposto polo Goberno Central para corrixir o déficit público alcanzado pola ineficacia do Goberno municipal do PP.  Temos o triste récord de ser o concello do Barbanza en proporción ao número de habitantes máis endebedado, polo tanto me sinto obrigada a dicir que NON a esta proposta", remata a portavoz do Psoe da Pobra.

Nota de Certo: Non teñen a versión do equipo de goberno? Pregúntenlle á súa xefa de prensa sobre unha verba: censura. Non teñen a versión do Bng? Aínda non a mandou.

Pode que tamén lle interese:


Presentación de libro na Pobra: o venres 25 de maio, Dark Butterfly

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   pleno  

Dodro: o Psoe solicita que se lle informe ao xeito sobre o consorcio "Terras de Iria"

Media_httpfarm8static_jsccs

Dodro tamén organiza con Padrón e Rois o da Xira Galega de Karts. Para que consorcios se unha fusión sería o ideal e lóxico?

Dodro, 14 de maio de 2012. O grupo municipal socialista de Dodro vén de presentar unha moción para o vindeiro pleno municipal relativa ao Consorcio Terras de Iria que están creando conxuntamente os concellos de Dodro, Rois e Padrón. Nela, o PSOE pide fixar un calendario de reunións nas que o grupo de goberno informe aos grupos da oposición dos trámites que se están seguindo e dos servizos que se queren mancomunar no citado Consorcio cuxa constitución, no seu día, avalaron co seu voto favorable no pleno.

Este grupo da oposición xa levou unha moción similar ao pasado pleno ordinario de marzo, a cal foi denegada polos votos en contra do PP, alegando que aínda se estaban elaborando os estatutos e que non había máis avances. Agora, o PSOE de Dodro cre que xa non se está nese punto, posto que, segundo as últimas información publicadas, estes tres concellos manteñen contactos coa Deputación e a Xunta para mancomunar o servizo de Protección Civil. Esta información coincide no tempo coa promoción dun campionato de pádel co nome de Terras de Iria (mesmo nome que o do consorcio) e organizado polos tres concellos en cuestión. Neste caso, o PSOE confía en que sexa aprobada a moción. "O contrario será considerado como negar á oposición a información e a participación no Consorcio Terras de Iria", rematan.

Tamén, en Dodro:


Letras Galegas: actos o 16 (libro) e o 24 (cine)


Kart: do 17 ao 20 de maio





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   PSOE   consorcio de servizos locais   moción   pleno  

A Pobra: orde do día do pleno extraordinario do 15 de maio

Media_httpfarm8static_cegiy

Non o ve ben? Entón prema aquí

Sorprenden as présas do equipo de goberno do PP, comandado por Isaac Maceiras, para dispor dun terreo -segundo punto- para a construción dun centro de saúde cando a Xunta de Galicia, do tamén popular Núñez Feijóo, non dispón de partida orzamentaria e cando o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, tamén do PP, acaba de recortar 10.000 millóns en Sanidade e Educacións, uns cartos que lle virán moi ben para amañar a desfeita en Bankia do seu amigo e ex alto cargo do PP Rodrigo Rato. Dá a sensación, por todo isto e polas recentes inauguracións nestas bisbarras, de que se achegan eleccións anticipadas en Galicia.


Antes, en Certo:



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   pleno   política  

Ribeira: o pleno rexeita que se elimine a demarcación xudicial e pasen a levarse os asuntos xudiciais en Noia

  • De levarse a efecto o proposto polo Consello Xeral do Poder Xudicial, o partido xudicial de Ribeira desaparecería, xunto cos de Corcubión e Muros, pasando a Noia
  • Houbo un erro nos políticos de Ribeira: pensaron que quedaba Corcubión, e segundo a Lei de Planta de 1988, non pode haber máis de certos quilómetros entre os territorios afectados, co que Noia sería o punto intermedio para estes partidos xudiciais. Engadimos nota do Concello de Corcubión que nos pasaron do diario dixital irmán da Costa da Morte "Que Pasa na Costa"
  • O que se busca é reagrupar xulgados e que, no canto de atender ás 50.000 persoas adscritas ata agora en teoría, atendan ao dobre. Dos 431 partidos de toda España pasaríase a 199

Ribeira, 3 de maio de 2012. Non contentos con que o actual ministro de Xustiza, o popular Alberto Ruiz Gallardón, nos faga repagar a xustiza -ata agora universal e gratuita e protexida como dereito na Constitución-, o Consello Xeral do Poder Xudicial quere desfacer -disque con criterios de eficiencia, manida escusa deste novo goberno para aplicar recortes a todo o que lle parece- os actuais partidos xudiciais. A súa proposta é refundilos noutros máis amplos. Iso, para provincias ou territorios como Madrid sería factible, pero nunha zona como Galicia, onde a dispersión é unha "marca" do territorio, é unha auténtica tolemia e faría que os cidadáns viran aínda máis complicado acceder ao dereito fundamental da tutela xudicial efectiva, recollido na Constitución.

En Ribeira goberna o PP con maioría absoluta, pero ao equipo de goberno dirixido por Ruiz Rivas non lle doen prendas para defender aos veciños e, conxuntamente cos outros partidos, acordaron pronunciarse contra esta desfeita.

Declaración institucional lida onte no pleno:

Tendo coñecemento este Concello da proposta que o Consello Xeral do Poder Xudicial pretende debater en data de 3 de maio de 2.012 en aras a establecer una nova demarcación xudicial desaparecendo os partidos xudiciais de Noia, Muros, Corcubión e Riveira e crear un partido xudicial único integrado polos catro, e cunha sede única, sendo a ubicación proposta Corcubión,

Considerando que para o partido xudicial de Ribeira, o cal aglutina a meirande parte do partido xudicial, cunha poboación de case sesenta mil habitantes (Ribeira, Pobra e Boiro), e coa maior carga de traballo de todos eles, suporía uns gravísimos prexuízos non so por perder a ubicación física do xulgado senón tamén por ter que desprazarse a outra localidade coa que existen unhas deficientes comunicacións por estrada.

Por todo o anteriormente dito, os Grupos Municipais que compoñen a Corporación Municipal de Ribeira acordan:

Primeiro.- Que o Concello de Ribeira rexeite a nova demarcación xudicial a debater polo Consello Xeral do Poder Xudicial en data de 3 de maio de 2012, desaparecendo os partidos xudiciais de Noia, Muros, Corcubión e Ribeira e crear un partido xudicial único integrado polos catro, e cunha sede única, sendo a ubicación proposta Corcubión.

Segundo.- Solicitar do Ministerio de Xustiza que manteña a actual configuración do partido xudicial de Ribeira.

Terceiro.- Que pola Secretaría do Concello se emita certificado do presente acordo aos efectos da súa remisión ao organismo correspondente.

Nota de Certo:

Aclárannos dende Noia que non é Corcubión o lugar escollido. Vexan aquí o documento de Comisións Obreiras sobre o novo mapa:

Click here to download:
Reducción_de_partidos_judiciales_CGPJ_19-4-2012.pdf (168 KB)
(download)

Ollo: as novas cabeceiras de partidos xudiciais non están nin concretadas nin definidas na proposta do CGPJ, pois van decidilas as Comunidades Autónomas. Será quen Feijóo de aguantar este envite?

Esta proposta do mapa anterior de redución de partidos xudiciais será debatida no Pleno do CGPJ de hoxe, que a vai concretar. Posteriormente, en caso de ser aprobada, será remitida aos TSJ para informe e ao Ministerio de Justicia, que é o competente para a aprobación das modificacións da Lei de Planta e Demarcación. Ou sexa, a última palabra tena o ministro de Xustiza, Gallardón.

Nota do Concello de Corcubión:

"Ante as noticias publicadas recentemente na prensa e os rumores existentes no ámbito xudicial relativos á reestruturación dos partidos xudiciais que suporía supostamente a desaparición do de Corcubión, o equipo de goberno  municipal quere deixar patente o seu rotundo e decidido rexeitamento á perda deste servizo para Corcubión e todo o territorio do seu partido xuducial.

Ademais dos moitos postos de traballo directos e indirectos que xeran os xulgados en todo o ámbito do partido xudicial, esta perda suporía un recorte máis de servizos aos cidadáns ao alonxar a administración da xustiza. Iso suporía limitar a posibilidade de acceder a este servizo fundamental, sobre todo aos cidadáns que posúen menos recursos.

É triste ter que recordar, para non perder o norte neste tempo de confusión, desconcerto e improvisación, que as administracións son peza fundamental na prestación de servizos aos cidadáns nun estado moderno e democrático. E o poder xudicial, xunto co executivo e lexislativo, son piares fundamentais dun estado social e de dereito, como recolle a constitucións española.

En contra do que se podería supor pola constante redución de postos de traballo nas administracións públicas nos últimos tempos, o noso país dispón dun ratio de traballadores da administración por habitante inferior á media doutros, como os paises nórdicos, que presentan economías saneadas e uns índices de benestar social modélicos no planeta.

Se é preciso recortar gasto que se faga naquilo realmente innecesario ou improdutivo, mais en ningún caso desmantelando servizos básicos. A administración non pode ser a que pague os pratos rotos da actual situación económica. Un estado de dereito non existe sen unha administración de xustiza moderna, áxil e democrática.

Por iso presentaremos no próximo pleno municipal unha moción en defensa de manter o estatus de Corcubión como capital de partido xudicial, solicitando á Xunta de Galicia e á Deputación Provincial que defendan, en toda situación e ante calquera instancia, este servizo básico e necesario da nosa bisbarra".

Razóns que dá o Consejo General del Poder Judicial para esta reforma:

Click here to download:
Principios_nueva_demarcación_judicial.pdf (40 KB)
(download)






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   pleno   recortes   xustiza  

Ribeira: orde do día do pleno deste mércores 2 de maio

  • Tomarán posesión como edís os novos concelleiros do Bng, logo da desbandada producida este ano

Click here to download:
Pleno.doc (67 KB)
(download)

 

Outros temas que se van tratar foron abordados por Certo nestas novas:


Saneamento: Xarás precisa de depuración propia, sostén o Bng


Concello: vehículo social, microcréditos e remate de obras en Cervantes

Pode que tamén lle interese:





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   pleno  

Outes: Máis Galiza leva as súas primeiras mocións ao pleno deste venres 26

Media_httpfarm4static_jijgj

 

Outes, 25 de abril -San Marcos- de 2012. Xosé Ramón Riomao e José Manuel Ramos, membros da Agrupación Local de +Galiza Outes, formalizarán no pleno que se celebrará o vindeiro xoves día 26 ás 20:00 horas no Concello de Outes,  a súa baixa como membros do grupo municipal do BNG. Van conservar a acta de concelleiros e, aseguran en nota de prensa, "seguiremos defendendo como até o de agora os intereses de Outes e dos seus veciños".

Presentan ademais cinco mocións, que defenderán xa como concelleiros non adscritos.

A primeira trata de darlle publicidade ás normas e regulamentos aprobados no Concello e solicítase a súa recopilación e posta a disposición dos veciños na páxina web municipal.

Na segunda piden a suspensión da oposición de dúas prazas de técnicos de xestión de administración xeral, dado que se queren reducir gastos, o capítulo de persoal acapara un 41,90% do presuposto, e non parece unha decisión acaída na situación económica actual.

Na terceira instan ó goberno local a que cumpla coa obriga legal da elaboración do inventario de bens municipais.

No  cuarto lugar debatirase unha proposta destes concelleiros para convertir a antiga escola de Braño (Freixo) nunha vivenda-albergue para ofertar como complemento as actividades do Centro Náutico e Escola de Vela do Freixo.

A quinta é unha petición que veñen facendo ano tras ano, a limpeza, sinalización e dotación duns servizos mínimos ás praias do concello. No apartado de rogos e preguntas, farán chegar ó equipo de goberno a problemática que xurdeu na cobranza do recibo da taxa de saneamento.

Páxina web municipal de Outes: http://www.outes.es

 

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   +Galiza   Outes   pleno  

Noia: orde do día do pleno do venres 30 de marzo e servizos mínimos do 29M

Media_httpfarm5static_iyimh

Pleno do 30 de marzo:

1 .- Aprobación da acta da sesión de data 24/02/2012.

2 .- Dación de conta das resolucións da número 470/2012 á número 876/2012 e actas da Xunta de Goberno Local de datas 14/02/2012, 21/02/2012, 28/02/2012, 06/03/2012, 13/03/2012 e 20/03/2012.

3.- Dación de conta dos informes de Intervención Municipal sobre a estabilidade orzamentaria dos meses de febreiro e marzo de 2012.

4.- Dación de conta do informe de Intervención sobre relación certificada do artigo 3 do Real Decreto-Lei 4/2012, de 24 de febreiro, polo que se determinan as obrigas de información e os procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiamento para o pago dos provedores das entidades locais.

5.- Modificación número 7 da Ordenanza número 25, Reguladora da taxa pola prestación do servizo da piscina municipal.

6.- Modificación número 7 da Ordenanza número 31, Reguladora do prezo público pola prestación de servizos nas instalacións deportivas da piscina municipal.

7.- Ordenanza número 39, Reguladora da taxa por aproveitamento especial do dominio público municipal a través da instalación de postos durante a Feira Medieval con acceso directo desde a vía pública.

8.- Aprobación do crédito extraordinario número 1/2012.

9.- Aprobación do Regulamento da Feira Medieval do Concello de Noia.

10.- Solicitude de compatibilidade de don Ramón Fernández Couso.

11.- Rogos e Preguntas.

Servizos mínimos aprobados para a Folga Xeral do 29M

Na área de secretaría un funcionario a efectos de fe pública e outro no Rexistro Xeral do Concello de Noia.

Na área de seguridade, garántese o 100 % dos efectivos da policía local e protección civil que estean incluídos na programación dese día.

Na área de obras e servizos que estean operativos un oficial de augas e saneamento, un peón ou un oficial de obras, un peón do servizo de limpeza e o enterrador municipal.

Na área de servizos sociais, garantir o 100 % de auxiliares de axuda no fogar e un auxiliar administrativo.

Na área de sanidade o director da Unidade Preventivo Asistencial de Drogodependencia (UPAD).




 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   folga   pleno  

Ribeira: orde do día do pleno deste luns 26 de marzo

Media_httpfarm3static_fcice

Click here to download:
Pleno Marzo.doc (66 KB)
(download)

 


Un dos temas a tratar serán as renuncias dos edís do Bng que comentamos en:


Política: o Bng de Ribeira, de mudanza total





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   pleno  

Ribeira: orde do día do pleno do luns 27 de febreiro

Click here to download:
Pleno Febreiro.doc (67 KB)
(download)





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   pleno  

Ribeira: orde do día do pleno do luns 30 de xaneiro

 

ORDE DO DÍA DO PLENO ORDINARIO DO CONCELLO DE RIVEIRA, QUE CELEBRARÁ O DEVANDITO ÓRGANO O LUNS DÍA 30 DE XANEIRO, ÁS 20 HORAS, EN PRIMEIRA CONVOCATORIA, OU DE NON HABER “QUORUM” SUFICIENTE EN SEGUNDA CONVOCATORIA 48 HORAS DESPOIS: 

I.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR (PLENO EXTRAORDINARIO 29 DE DECEMBRO DO 2011).

II.- DACIÓN DE CONTA DOS DECRETOS DA ALCALDÍA ATA O 25/01/2012.

III.- APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL.

IV.- BONIFICACIÓN I.C.I.O. Á COMUNIDADE DE MONTES DE OLEIROS.

V.- RATIFICACIÓN DA PROVIDENCIA DA ALCALDÍA POLA QUE SE INICIA EXPTE DE CESIÓN DO USO DOS LOCAIS A UGT, CC.OO. ONDE SE ENCONTRABA O DEPARTAMENTO DE SS.SS. DO CONCELLO DE RIVEIRA SEGUNDO O PROCEDEMENTO ESTABLECIDO NO ARTIGO 110 DO REGULAMENTO DE BENS DAS ENTIDADES LOCAIS.

VI.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO XOSÉ LUIS GROVEIRO GONZÁLEZ (VOCEIRO DO GRUPO M. BNG), EN RELACIÓN CA ADOPCIÓN DE MEDIDAS PARA A MELLORA DA XESTIÓN MARÍTIMA DO PORTO DE RIVEIRA. 

VII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA ENCARNA ROMERO GONZÁLEZ (GRUPO M. SOCIALISTA), EN RELACIÓN Á ORDE DE 5 DE SETEMBRO DE 2011.

VIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA ROSA GARCÍA POSE (VOCEIRA DO GRUPO MIXTO), INTERESANDO MELLORAS NO PASEO MARÍTIMO DE COROSO. 

IX.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA Mª CARMEN LAMPÓN AGRELO (GRUPO M. BNG), EN RELACIÓN COA SITUACIÓN DO CAMPO DA TASCA.  

X.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO ANDRÉS FARIÑA CADENAS (VOCEIRO DO GRUPO M. SOCIALISTA), EN RELACIÓN AO PLAN CONXUNTO DE EXPLOTACIÓN DA NAVALLA.   

XI.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO XOSÉ LUIS GROVEIRO GONZÁLEZ (VOCEIRO DO GRUPO M. BNG), EN RELACIÓN CA ADOPCIÓN DE MEDIDAS PARA A MELLORA DO TRANSPORTE ESCOLAR E AOS MAIORES EN RIVEIRA.  

XII.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO FRANCISCO MAREQUE LEON (GRUPO M. SOCIALISTA), INTERESANDO A ADHESIÓN Á ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE CIDADES EDUCADORAS.  

XIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA ANXELES GONZÁLEZ CRUXEIRAS (GRUPO M. BNG), EN RELACIÓN Á SUBA DO IBI DECIDIDA POLO GOBERNO DO ESTADO. 

XIV.- MOCIÓNS QUE REGULAMENTARIAMENTE SE PRESENTEN Ó ABEIRO DO ARTIGO 70 DO REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL.

XV.- ROGOS E PREGUNTAS QUE REGULAMENTARIAMENTE SE PRESENTEN. 

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   pleno  

A Pobra: o Bng leva de novo a pleno preguntas sobre verteduras industriais

Media_httpfarm4static_awkye

As denuncias da oposición pobrense sobre verteduras son continuas

A Pobra do Caramiñal, 25 de xaneiro de 2012. O Bloque Nacionalista Galego rexistrou esta mañá varias preguntas sobre verteduras industriais neste municipio para que sexan respostadas en pleno este xoves, 26 de xaneiro.

Son as seguintes:


Rosana Pérez Fernández, concelleira e portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego nese Concello presenta, para a súa resposta na vindeira sesión plenaria ordinaria, as seguintes 

PREGUNTAS: 

      A mediados do pasado mes de decembro tivo lugar –por enésima vez nos últimos anos-  un gravísimo verquido industrial que practicamente provocou o colapso da EDAR municipal e que estivo a piques de causar un novo atentado ecolóxico e económico no noso concello. 

      A pesar da normativa municipal, das incontábeis denuncias do BNG e de moitas e moitos veciños particulares, e dos innumerábeis informes de distintos organismos, o Goberno Municipal, continúa, despois de 12 anos, consentindo o incumprimento sistemático da lei e, o que é peor, que o noso medio ambiente e distintos e importantes sectores económicos se vexan afectados por este tipo de prácticas unha e outra vez. 

      Nesta última ocasión, e como en todas as anteriores, non houbo, que se saiba, ningunha consecuencia para os infractores. Como xa ben sendo costume, o Goberno local limítase a advertir propagandísticamente todas as acción que vai levar a cabo e que, finalmente, nunca efectúa. O anuncio, por parte desa Alcaldía nos últimos días, dunha ampliación da EDAR lévanos, inevitabelmente, a concluír que sigue sin querer exercer as súas competencias e poñer punto final a este despropósito. Máis ben ao contrario, o que se pretende, de novo, é investir cartos de todas e de todos para seguir beneficiando a unhas empresas e a uns empresarios moi determinados que, parece, son os que marcan a “folla de ruta” do Goberno Municipal a costa do conxunto da cidadanía. 

            Á vista do exposto, 

      1.- ¿Qué actuación concretas levou a cabo o Goberno Municipal despois dos gravísimos verquidos industriais producidos no mes de decembro para dar cos causantes dos mesmos?. ¿Abriuse, dende o Concello, o pertinente expediente informativo e/ou sancionador?.

      2.- En aplicación do Regulamento Municipal de verquidos, ¿exactamente qué medidas se van a tomar en contra dos infractores?.

      3.- ¿Cal foi o custo para as arcas municipais e/ou para a empresa concesionaria?.

      4.- ¿Cais e de que tipo foron os danos ocasionados na EDAR municipal e/ou noutras infraestruturas (rede saneamento, etc.) a raíz do verquido mencionado?.

      5.- ¿Por qué razón a Comisión para o control de verquidos, enmarcada dentro do Plan de Vixiancia Ambiental de Verquidos Industriais, posto en marcha pola Xunta de Galiza no 2009, só se reúne, única e exclusivamente, cando se producen verquidos industriais de importantes dimensións?. ¿A que conclusións chegou respecto do verquido do mes de decembro?


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   bng   pleno  

Ribeira: orde do día do pleno extraordinario deste xoves 29 de decembro

Click here to download:
Pleno Extraordinario Decembro.doc (66 KB)
(download)

Media_httpfarm4static_parqc

Pode que tamén lle interese:

Arte: fallado o III Premio Atlante. Moitas noiesas premiadas!

Ribeira: que se agocha no monte da Jarita para que teñan que escalalo dous valentes? (páx. 4 de LVJ)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   pleno