Literatura: a editora noiesa Acha Escrava lanza o novo poemario "Diáspora", da estradense María N. Soutelo
- A presentación en Noia será o vindeiro venres 9 de marzo
Noia, 22 de febreiro, enterro da sardiña, de 2012. A editorial rexentada polo poeta de Noia e membro do Colectivo Literario Sacou, Manuel L. Rodrigues, vén de dar a coñecer a saída a librarías do número 2 da súa colección de poesía. Acha Escrava porá á venda o poemario "Diáspora". Trátase da última obra da poeta estradense e residente en Vigo María N. Soutelo, a cal foi gañadora, na edición de 2007, con "Código poético", do XX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro.
A prologuista do libro é a tamén poeta Rosa Enríquez.
As tres primeiras presentacións do libro serán as seguintes:
- 27 de Febreiro ás 19:00: Santiago de Compostela, na Biblioteca Anxel Casal
- 5 de Marzo ás 20:00: A Estrada, no edificio MOME (Museo do Moble e a Madeira da Estrada)
- 9 de Marzo ás 20:00: Noia, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos
Quen é María N. Soutelo?
María N. Soutelo, nada en Pontevedra en 1982, é licenciada en Historia pola USC. Participou no proxecto literario "AugasVerso", folla voandeira de poesía do Concello de A Estrada, e na coletánea Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra (Edicións Fervenza, 2005). No ano 2008, veu a luz o seu primeiro poemario Código Poético (XX Premio de Poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón", Concello de Dodro ), da man da editorial Sotelo Blanco
Información sobre "Acha Escrava": http://achaescrava.blogspot.com
Noia: Cruz Vermella organiza varios cursos relacionados co sector sanitario post.ly/5n3lY
— Certo (@Certo) March 5, 2012
Noia: Cruz Vermella organiza varios cursos relacionados co sector sanitario post.ly/5n3lY
— Certo (@Certo) March 5, 2012
https://twitter.com/#!/Certo/status/175563367220649984
Se a obra de Rosalia de Castro fose divulgada no seu tempo, hoxe, no canto de marxistas-leninistas, seriamos marxistas-rosalistas #auuu
— Paco Rodríguez ☭★ (@pacoupg) February 24, 2012
Literatura: prazo ata o 9 de abril para presentarse ao certame poético "Francisco Añón" de Outes post.ly/5WOma













Comentarios [0]