- A versión do equipo de goberno é ben outra
Dodro, 5 de maio de 2012. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro, manifestan en nota de prensa, "o noso abraio e, sobre todo o noso malestar ante unha mentira máis do Alcalde Sr. Alfonsín Somoza. Según publica o venres 4 de maio de 2012 algún medio de comunicación escrito, o goberno do PP de Dodro extingue o contrato da asesora económica pola incorporación da Secretaria-Interventora “titular” despois dun largo período de baixa. Dende o grupo municipal do PSOE só podemos dicir que é MENTIRA".
Incompetencia da secretaria titularSegundo explican os socialistas dodrenses, "a data de incorporación da Secretaria titular no concello foi o día 9 de febreiro de2012. Como este grupo municipal dixo no Pleno Extraordinario convocado única e exclusivamente para a “creación dun posto de traballo eventual no cadro de persoal municipal”, é unha casualidade que coincidan as datas da Providencia da Alcaldía solicitando o asesor e a incorporación da Secretaria titular. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro temos claro o motivo (e así o manifestamos no citado Pleno): a incompetencia da citada Secretaria Titular para desempeñar o seu posto de traballo fai necesaria a contratación dunha asesora". Enchufes do alcaldePor outra banda, afirman dende o Psoe que "a persoa de confianza posta “a dedo” por Alfonsín incorpórase a traballar o luns 19 de febreiro de 2012, tres días despois da celebración do Pleno e dez días despois da incorporación da Secretaria titular. Outro dato a ter en conta e que desmonta totalmente o argumento do Sr. Alfonsín é que o informe de Secretaría-Intervención onde se avala a modificación do cadro de persoal para a creación dunha praza, está asinado por Dona Mercedes Fondevila Jaraiz, Secretaria titular do concello de Dodro, daquela, esta persoa, NON ESTABA DE BAIXA. Agora, ¿Qué pasa, que Dodro xa non precisa do asesoramento económico que tanta falla facía hai tres meses? Pois si que lle saiu caro a Dodro o citado asesoramento. Ou será que xa hai outra persoa “enchufada “ polo propio Alfonsín para o sitio???". Hemeroteca de adornoRematan os socialistas sinalando que "o Sr. Alfonsín debe pensar que a xente de Dodro e, sobre todo a oposición socialista, non ten memoria e non lembramos o que ocorreu no pasado Pleno Extraordinario do 16 de febreiro de 2012, onde nos dicía que a contratación da asesora como unha solución para Dodro, e mais agora que o Ministerio de Hacienda valora desfavorablemente o Plan de Axuste presentado polo concello e elaborado por esa “asesora”. Sobre todo, o que máis nos sorprende é que haxa medios de comunicación escritos que, a pesares de estar presentes no Pleno do 16 de febreiro, a pesares de contar no seu poder coa documentación e as intervencións deste grupo municipal Socialista, teñan a osadía de publicar este tipo de novas, e dar por boa a información dun grupo político sen preocuparse, nin tan sequera de consultar a súa propia hemeroteca e saber que o que están dicindo é verdade ou e ABSOLUTAMENTE FALSO".
Versión do goberno do PP:
Segundo a nota de prensa remitida polo equipo de goberno do PP, "con motivo da incorporación da secretaria-interventora titular da praza no Concello de Dodro o pasado febreiro tras un largo período de baixa, este Concello creou unha praza de persoal eventual de asesoramento xurídico-económico que ata a data de hoxe foi desempeñada pola habilitada que desempeñou provisionalmente a secretaría. Esta persoa contratada para asesoramento ocupouse da confección do Plan de Saneamento do Concello, da liquidación e conta do ano 2010, dos presupostos do 2012 e da liquidación do ano 2011, entre outros. Por entender que os motivos estruturais que xustificaban esta contratación se cumpriron na súa parte máis esencial, e coincidindo coa oferta realizada á nosa asesora por outro concello para ocupar unha intervención, decideuse por fin á relación laboral existente".
Plan de axuste: non están dacordo e bótanlle a culpa aos de antes
Por outra banda, a Secretaría General de Coordinación Autonómica y Local del Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas valorou desfavorablemente o Plan de Axuste do Concello de Dodro. Entre os motivos alegados cítase que “Las previsiones de ingresos corrientes que contiene no son consistentes con la evolución de los ingresos efectivamente obtenidos por la respectiva entidad local en los ejercicios 2009 a 2011”, así como el “período medio de pago a proveedores es superior al legalmente establecido”.
"O equipo de goberno considera que as motivacións alegadas carecen de fundamento se temos en conta as medidas adoptadas por este equipo de goberno en materia de incremento dos ingresos correntes (subida do IBI, taxa do lixo, Impostos municipais e outras taxas), á vez que se consignaron exclusivamente aquelas previsións que se consideraban realmente sostibles, evitando así unhas previsións infladas como viña ocurrindo en exercicios anteriores. E proba de elo, é que as previsións de ingresos consignados para o ano 2012 e seguintes, pese ás mencionadas medidas de incremento adoptadas, vense reducidas nuns 300.000 € aproximadamente respeto do 2011. De todo esto podemos deducir que todo esto é a consecuencia da irresponsable xestión do goberno anterior", sinalan.
Ante a decepcionante noticia, o equipo de goberno iniciou actuacións encamiñadas á posible modificación do sentido negativo do informe.
En tanto non se obteña unha resposta definitiva non nos queda outra opción máis que esperar ao que o Ministerio finalmente determine.
Comentarios [0]