Preme para voltar á portada
Filed under

Porto do Son

Porto do Son: prometen gardería de 41 prazas para finais do ano que vén na antiga Casa do Mar

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe, nunha visita ao concello a posta en marcha desta nova infraestrutura pola que levan agardando no veciño Concello de Noia catro anos
  • Mato só concede garderías a municipios onde goberna o PP nestas bisbarras (Ribeira e A Pobra teñen comprometida cadansúa)
  • A reforma da casa do mar conta cun orzamento de 410.000 euros e o que se pretende é que o centro de 0-3 anos se emprace na planta baixa con acceso independente ao club de xubilados que permanecería no primeiro andar

Media_httpfarm8static_adaxh

O edificio "multiusos" onde se pretende poñer a gardería e que pasaría a ser edificio interxeneracional, pois estará pegado ao club de xubilados

Porto do Son, 15 de maio de 2012.- A primeira "escola pública para nenos e nenas de 0-3 anos" de Porto do Son porase en marcha antes de que remate 2013, segundo anunciou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no transcurso dunha visita que desenvolveu a este concello. Avanzou que a Xunta ten previsto rehabilitar a Casa do Mar para dotar a esta localidade do seu desta infraestrutura social que contará con 41 prazas públicas distribuídas en tres unidades. Esta reforma ten un orzamento de 410.000 euros.

En concreto, a titular de Benestar explicou que a actuación prevista, que conta cun informe de viabilidade positivo da Secretaria Xeral Técnica da Consellería, propón que a escola ocupe a planta baixa da Casa do Mar, que se ubica no centro do núcleo urbano. As novas instalacións contarían cun acceso independente, mentres que o club de xubilados permanecería no primeiro andar e disporía dun novo acceso.

Xa en plena precampaña das autonómicas, e coa polémica xurdida tralas últimas privatizacións de garderías en varios concellos de Galicia, a conselleira destacou que con esta actuación "demóstrase que o Goberno galego segue a apostar pola construción de escolas infantís, xa que son un recurso esencial para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Trátase dun dos ámbitos sobre os que estamos a incidir para facer fronte ao problema demográfico, tal e como se recolle no Plan para a Dinamización Demográfica de Galicia, que entregamos xa no Parlamento”, apuntou Mato.

A responsable de Benestar explicou, ademais, que o Goberno galego incrementou as prazas públicas de 0-3 anos na provincia da Coruña nun 61 por cento con respecto a 2009, é dicir, puxo en marcha máis de 1.100 prazas en tres anos. En toda Galicia, este aumento é do 44 por cento, polo que desde 2009 puxéronse en funcionamento máis de 2.400 prazas na Comunidade autónoma, sempre segundo as extrapolacións da Xunta actual.

Para concluír, Mato garantiu que a Xunta "seguirá a traballar nesta liña de actuación co obxectivo de mellorar o benestar das familias galegas. E imos continuar facéndoo sempre da man do diálogo e a colaboración cos concellos”, destacou.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Galiña Azul   Porto do Son   precampaña  

Media_httpfarm8static_fpxgg

Porto do Son: inaugurada unha mostra sobre o cómic galego e universal que se pode ver ata o 30 de abril

Actualizado 17 de abril:

Media_httpfarm6static_sxzdx

Media_httpfarm6static_abdah

Imaxes da inauguración que tivo lugar onte

Antes, en Certo, anunciamos:

O luns 16 de abril inauguran unha mostra sobre o cómic galego e universal

Media_httpfarm6static_xkged

Porto do Son, 10 de abril de 2012. Dentro das actividades de promoción da  lectura no Mes do Libro, a Biblioteca do IES de Porto do Son, integrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e coordinada polas profesoras Rut Losada Soto e Sonia Ces García, organiza a exposición "A historia do cómic galego e universal". Vai ser inaugurada o luns 16 de abril ás 19:00 hrs. na Casa da Cultura do Concello de Porto do Son. Poderá ser visitada ata o 30 deste mesmo mes.

Media_httpfarm7static_svphc

Traseira da Casa de cultura de Porto do Son

Nesta exposición amósanse os traballos dirixidos polo profesor Alfonso Pérez Moreno e realizados polo alumnado de 3º de ESO de Lingua Galega e Educación Plástica e Visual durante o  curso 2009-2010 -que actualmente cursan Bacharelato-, así como unha exposición sobre a Banda Deseñada Galega cedida por El Patito Editorial. Naquel momento, conscientes do descoñecemento deste xénero e das súas posibilidades pedagóxicas, o equipo decidiu afondar neste eido para o cal realizou unha importante adquisición de fondos, que os interesados na visita poderán coñecer. Este foi un dos primeiros traballos coordinados dende a biblioteca do instituto centrados no que está a ser o principal obxectivo da mesma: a interdisciplinariedade como criterio pedagóxico.

A iniciativa pretende manifestar a necesitade de entender a educación como un proceso global que atinxe non só  toda a comunidade educativa -profesorado, alumnado, pais e nais- senón tamén á sociedade en xeral. Enviarase aos centros da zona unha guía didáctica coa que poder afondar na información de xeito dinámico.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   banda deseñada   biblioteca   mostra  

Porto do Son: un venres nada relixioso o 6 de abril co concerto de oito grupos no parque de Portosín

Cartel_concerto_portosn

Porto do Son, 27 de marzo de 2012. Non todo van ser procesións e actos relixiosos na Semana Santa. O Venres Santo vai ser pouco piadoso en Portosín, se tomamos ao pé da letra o nome dos grupos que van tocar no concerto que comeza no parque de Portosín a partires das sete da tarde:

The Fe Kaos (Ribeira-Pobra)
Las Colillas Aquí (Compostela)
Curva á Eskerda (Porto do Son)
Comando Robalisa (Portosín)
Neo-Kaoss (Saqonia-Madrid)
Colloada Salvaxe (Sarria)
La Puta de Oros y los Alucinantes de Copas (Lugo)
Tertubalina (Esteiro, gastropunk de Muros).

Organiza a consellería de Cultura e Festexos do Concello de Porto do Son.

Antes, en Certo:

PXOM: publicado na web municipal

Semana Santa en Porto do Son 2012: programación prevista

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   Portosín   concerto  

Porto do Son: a XII edición da Confraternidade de Maiores, con misa e xantar, será o 1 de maio

Porto_do_son_confraternidade_1

Pode que tamén lle interese:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   vellez  

Porto do Son: os comuneiros de San Pedro de Muro chaman ao "revolto" este sábado 17

Porto do Son, 13 de marzo de 2012. A Comunidade de Montes da parroquia de San Pedro de Muro convida a todo o mundo a unha xornada de degustación singular cun curioso menú: Revolto de bosque á Galega. Bo proveito!

Aclaración:

O vindeiro sábado, 17 de marzo de 2012, celébrase unha xornada de repoboación no monte veciñal da parroquia de San Pedro de Muro (Porto do Son), na parcela denominada Monte Pereiro (aproximadamente unhas dúas hectáreas de terreo). A actividade está aberta a toda aquela persoa que queira participar dun día en contacto coa natureza. "Quizais caian uns piniscos pero que ninguén se alarme que nunca choveu que non escampara, ademais as árbores van quedar agradecidas", explican.Para que ninguén se estravíe pola parroquia van quedar ás 10:00 horas xunto á igrexa de San Pedro de Muro. A parcela atópase a uns 200 metros en dirección Rial.

Material preciso para desenvolver a actividade:

- calzado de monte, zapatóns ou botas
- roupa cómoda
- guantes
- apeiros de labranza, como legoñas ou cavadores
- unhas poucas de ansias
Máis info:
http://sanpedro.blogaliza.org/              cmsampedro@yahoo.es       

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   San Pedro de Muro   repoboación  

Porto do Son: dispoñible na web municipal o Plan Xeral de Ordenación Municipal recentemente aprobado

Media_httpwwwportodos_tednc

Teñen que ir á web do Concello e manterse dentro dela (coas súas fiestras emerxentes). Doutro xeito, non funciona.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PXOM   Porto do Son  

Porto do Son: apréndenlles aos veciños a usar as máquinas dos parques biosaudables

Actualizado 14 de febreiro de 2012:

Parque_biosaudable_portosin
Demostración en Portosín, en foto tomada ás 12:22

Antes, en Certo:

20120210_124007

Porto do Son, 10 de febreiro de 2012. Hoxe levouse a cabo a iniciativa “Orientación do uso do Parque Biosaudable”  onde os veciños e veciñas de Porto do Son puideron observar unha demostración sobre o uso das máquinas que están expostas nos parques biosaudables.

O vindeiro martes, 14 de febreiro, San Valentín, levarase a cabo a iniciativa nos outros dous parques biosaudables do Concello, en Xuño e Portosín.

En Xuño será ás 10:00 horas e en Portosín ás 12:00 horas. No caso de Xuño, se o tempo non permitise a clase, aprazarase para outro día, segundo informou a concellería de Deportes.   

Pode que tamén lle interese:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   charla informativa  

Porto do Son: programa do Entroido 2012

Porto_do_son_entroido1
Porto_do_son_entroido1-2
Porto_do_son_entroido3
Porto_do_son_entroido2

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Entroido   Porto do Son  

Porto do Son: os escolares do obradoiro de cinema do instituto difunden o lugar de Tarrío e o Río Maior na Rede

(Actualizado o 7 de febreiro)

Estas imaxes e sons do mozo gaiteiro en contraluz cos fieitos non teñen prezo... Velaquí a información do vídeo:
A rede das augas e a rede dos sons. O Río Maior desde as fontes, os afluentes, os escorros ata a morre na Praia do Dique. O son da auga e a música que interpreta Eliot, que leva dentro a música nosa, coma un río. Unha cámara de fotos de 200 euros, e un trípode de 20, sen paraventos. Desculpade o audio. Non se pode máis co que temos.

Antes, dixemos:

Pode parecer unha aldea como outra calquera pero non: cada aldea galega é un mundo. Cada unha está configurada dun xeito distinto: cos seus bimbios, os bugallos dos seus carballos, as súas corredoiras coas silveiras nos arredores, os seus regatos pequenos e grandes, as súas fontes monumentais ao pé de muros inzados de hedriñas... Cada aldea nosa é segundo a miremos. Velaquí a visión, xa dispoñible para todo o mundo na Rede, dos alumnos de audiovisual de SonCine, o obradoiro de cinema do instituto de Porto do Son. Un xeito exemplar de aprender a empregar a linguaxe audiovisual e fixar na pantalla o patrimonio etnográfrico e natural do lugar onde tiveron a sorte de nacer.

Pode que tamén lle interese comprobar como viron estes outros lugares:

Antes, en Certo:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine   cinema   cultura galega  

Porto do Son: presentan este sábado 4 de febreiro "Mulleres na guerrilla antifranquista galega", de Aurora Marco

Aurora_marco_libro
Porto do Son, 31 de xaneiro de 2012. Segundo informou hoxe o novo coordinador de Barbantia e ex alcalde de Porto do Son, Pastor Rodríguez. este vindeiro sábado, 4 de febreiro, terá lugar na casa de cultura de Xuño a presentación do libro da profesora Aurora Marco titulado "Mulleres na guerrilla antifranquista galega". Nesta actividade tamén se acubilla a proxección do documental relacionado con esta investigación, "As Silenciadas", do director Pablo Ces.

O acto terá lugar este sábado, 4 de febreiro, ás 20:00 h. na Casa de Cultura de Xuño.

Click here to download:
Invitación_Aurora_Marco.pdf (325 KB)
(download)

Memoria histórica recuperada

Diploma-gram
"Mulleres na guerrilla antifranquista galega" foi presentado en Santiago o pasado 14 de decembro de 2011 e en xaneiro continuarán as presentacións por diferentes lugares. As silenciadas, documental do que nos fixemos eco en Certo o pasado 30 de marzo, foi galardoado co premio ao mellor documental na categoría “Memoria i Justícia Universal”, no Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet.

Click here to download:
CAPA Mulleres na guerrilla.pdf (1.2 MB)
(download)
Máis información sobre a autora e as súas diferentes obras en www.auroramarco.com

Antes, en Certo:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Aurora Marco   Barbantia   Porto do Son   documental   presentación libro  

Ribeira: as andainas do ciclo "Ponte a andar" voltan este domingo 29 cun roteiro á Fervenza da Madanela en Porto do Son

395922_2724897920082_118615056
A fervenza da Madanela é un dos saltos de auga menos coñecido da bisbarra, polo difícil acceso

Ribeira, 26 de xaneiro de 2012. O ciclo de andainas "Ponte a Andar" está organizado conxuntamente pola Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira, programando distintas rutas cunhas características determinadas:

  1. Terán lugar o domingo pola mañá, con horario de saida ás 10:00 h. e chegada aproximada as 12:00 h.
  2. A inscrición é libre e gratuita, non fai falla anotarse en ningún sitio, ainda que se agradece que notifique a asistencia pois dende a organización temos que facer certas previsións.
  3. As distancias estarán entre os 10 e os 12 km. en función das particularidades do terreno polo que discurra a ruta.
  4. Están dirixidas a tódolos públicos e non se precisa dunha forma física excepcional, pero sí unha boa disposición a camiñar (o ritmo de camiñata será de 4-5 km./h).
    Ponte-a-andar-2012

Os únicos requisitos que se piden son:

  1. Puntualidade na hora da saida, e no lugar que se indica en cada ruta.
  2. Roupa e calzado cómodo e apto para o tipo de actividade que se vai levar a cabo.
  3. Algo de beber para o camiño, ou un recipiente no que poder portar líquido.
  4. E, por suposto, atende-las intruccións dos monitores en cada ruta.
  5. Os nenos e menores de 16 anos deben ir acompañados dos pais ou tutores que se facerán responsables deles e lle notificarán ós monitores quén é o adulto que os tutela.
  6. Non se permiten animais de compañía.

Rutas programadas e vindeiras datas:

Domingo 29 de xaneiro , 10.00 h.: Fervenza da Madalena: Campo de futbol de Caamaño (na carretera de Ribeira-Noia, ó pasar Xuño -logo da ponte- hai un indicador a man dereita que tamén indica Casa da Cultura) - Monte do Castro - Monte Esperoi - Monte Grallade - Xufres - Fervenza da Madalena - Capela de San Pedro de Ribasieira (e regreso ó punto de partida). A saída terá lugar dende o Campo de futbol de Caamaño (Porto do Son) a ruta discurre toda por pistas de terra cun perfil asumible na súa maioría, ainda que nos atopamos con algunha rampa pronunciada pero curta e ben transitable, polo que se califica coma de "dificultade media ".

Media_httpfarm3static_ydexh

Domingo 26 de febreiro , 10.00 h.: Calzada Romana de Vitres - Saida dos Chans das Cañizadas (na pista de asfalto da Curota, donde remata o asfalto)- alto da Portela - castelo de Vitres - Mosquete - monte de Piñeiro - alto da Portela - chans das Cañizadas. Ruta moi asumible no seu primeiro tramo (4 km.) ata chegar á calzada romana de Vitres, no que nos atopamos con algunha dificultade técnica na baixada, e a subida polo monte de Piñeiro dende Mosquete require unha condición física axeitada para facer frente a 2 km. largos de subida, ainda que a dificultade técnica é baixa neste traxeito convén ir prevenido sabendo o que nos imos atopar; por isto calificámola coma de "dificultade media".

Media_httpfarm7static_xacfc

Domingo 25 de marzo , 10.00 h.: Subida a Forcados - Saida do miradoiro de Valle Inclán - San Amedio - Os Forcados - Alto da Curota - miradoiro de Valle Inclán: a subida a Forcados pola cara norte é un dos sendeiros máis duros (ou quizais o que mais) que nos podemos atopar na serra do Barbanza, tanto técnicamente -xa que temos moita pedra solta- coma físicamente, pois ten unha inclinación moi elevada. Compénsase a dificultade cas vistas, e ca sensación de superar un desafio ó alcance de moi poucos. O resto da andaina é moi asumible pois as forzas hai que gastalas na "parede" de pouco máis dun kilómetro de longo que nos vai levar ó alto dos forcados. Recomendamos levar bastóns e insistimos máis ca nunca nun calzado apropiado. Sobra dicir que esta andaina está calificada coma de "dificultade ALTA".

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   Ribeira   andaina   cofradía da Dorna   fervenza