Preme para voltar á portada
Filed under

portos

 

Ribeira: o porto rexistrou en outubro a descarga de 1.769 toneladas de descarga de peixe fresco


Ribeira, 4 de decembro de 2011.- A actividade de tráficos nos portos de titularidade autonómica de Galicia rexistrou durante o mes de outubro un incremento interanual tanto en movemento de mercadorías como en descarga de pesca fresca. Durante este periodo, o tráfico de mercancías medrou un 8,3% respecto a outubro de 2010, mentres que a descarga de peixe fresco subiu un 6,1% en relación co mesmo periodo do ano anterior.

Os 122 peiraos que xestiona a Xunta, a través de Portos de Galicia, moveron en outubro 126.314 toneladas de mercadorías fronte ás 116.595 do mesmo mes en 2010 e 9 toneladas de peixe fresco, fronte as 8,5 do ano anterior. Con esta cifra, os portos de titularidade autonómica rexistran máis do 50% de descargas de peixe do total da comunidade autónoma, que se situou en 15.000 toneladas. Así o reflicte o informe de xestión que mensualmente elabora o ente público que preside José Juan Durán.

Por áreas xeográficas, a zona de maior actividade de pesca fresca foi a costa cantábrica, onde se rexistraron 4.344 toneladas, fronte ás 3.898 rexistradas na costa da provincia da Coruña e as 855 da pontevedresa. No que respecta á análise da actividade de cada porto na descarga de peixe fresco, o máis activo foi o de Burela, con 2.360 toneladas, o que supón un incremento do 13% respecto ao pasado ano. Tras el sitúase o de Ribeira, con 1.769 toneladas, e Celeiro, con 1.716.

En canto ao tráfico total de mercadorías por portos, o máis destacado foi o de Ribadeo, no que se moveron 52.141 toneladas, un 40% máis que en 2010, seguido de Cariño, con 36.924 toneladas, fronte ás 32.559 do ano pasado.

Pode que tamén lle interese:

O xogo é un dos dereitos do neno
Día da Infancia: acto o 9 de decembro no auditorio


Charla: o 10 de decembro, sobre Cunqueiro e Novoneyra no Ateneo


  Exposición "Tremenda Fauna": dende o sábado 3 en O Faiado



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   portos  

Rianxo: arranxos no edificio de Servizos Náuticos para ampliar instalacións do club de piragüismo

Media_httpfarm5static_ebear

Rianxo, 28 de abril de 2011.- Portos de Galicia comezará nos próximos días a execución das obras de mellora do edificio de servizos náuticos de Rianxo, que ocupa o club de piragüismo deste municipio coruñés. En concreto, a actuación consistirá na ampliación das instalacións, a través dunha nave anexa; a ampliación das instalacións do ximnasio; melloras para a zona de vestiarios e o interior da nave, así como a remodelación do seu exterior. O orzamento desta obra é de 52.411 euros e Portos de Galicia prevé un prazo de execución aproximado de dous meses.

No que respecta á ampliación das instalacións, a nova nave anexa empregarase como almacén de piraguas, ubicado no costado oeste da actual edificación. O ximnasio do clube ampliarase nuns 50 metros cuadrados, de xeito simétrico ao existente. Na zona de vestiarios executaranse melloras como o repicado do pavimento de baldosa existente e o solado de baldosa de gres, alicatado, reforzo da instalación eléctrica, e instalación de novas portas de acceso, tanto aos vestiarios, como aos aseos.

En canto ao interior da nave, tamén verá renovado o solado, con baldosa de gres; colocarase unha porta metálica de peche da zona de instalacións; reforzarase o suministro eléctrico con seis nova luminarias, e instalarase un novo termo eléctrico, entre outras reparacións. Finalmente, no exterior da nave, impermabilizaranse a cuberta e a fachada e acondicionaranse vidros e remates.

Antes, en Certo:


Gasoliñeira do mar: seis meses perdidos



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PP   Rianxo   portos   precampaña  

Noia: a Xunta segue ignorando á vila como Porto Xacobeo na súa programación cultural

Media_httpfarm5static_egxdh

Noia posúe o maior depósito de laudas gremiais de Europa, na igrexa de Santa María a Nova

Noia, 14 de outubro de 2010. Como xa advertíramos o mes pasado, a Xunta de Galicia segue a ignorar á vila de Noia logo de, presuntamente, declarala Porto Xacobeo. A nota de prensa de hoxe sobre a programación no porto de Cee así o desvela, de novo:

Santiago, 14 de outubro de 2010.- Portos de Galicia, comezará mañá venres día 15 o programa de actividades denominado Cee, Porto Xacobeo, cunha exposición sobre o Camiño Xacobeo Fisterra-Muxía que estará aberta entre os días 16 e o 22 deste mes, na Casa do Concello, incluído dentro dos actos programados para o Ano Santo 2010.
O obxectivo deste programa é o de achegar o porto de Cee aos cidadáns, a través de varias actividades. Tamén mañá venres día 15 terá lugar unha conferencia sobre o Camiño Xacobeo Fisterra-Muxía impartida por Antón Pombo Rodríguez, doutor en historia, escritor e xornalista, participante no equipo que investigou e puxo en valor a ruta a Fisterra e Muxía. Para o sábado día 16, ás 21:00 horas haberá un concerto na Igrexa de Santa María da Xunqueira, a cargo do violonchelista, Thomas Piel.

(...)

En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira".

Outra vez omiten Noia. Logo de todos os esforzos dos empresarios da vila e mesmo dos políticos -incluso o alcalde chegara a peregrinar a Compostela baixo o lema Portus Apostoli e na Feira Medieval escolleuse como subtítulo do cartel o latinaxo "Portus Apostoli in Ani Santi Iacobi MMX"- Noia segue sen ter unha programación cultural de seu baixo esta denominación.

Antes publicamos:

Media_httpfarm5static_pefhj

Lauda do peregrino en Santa María a Nova

Noia, 23 de setembro de 2010. A última nota de prensa da Xunta de Galicia sobre actividades dos Portos Xacobeos, unha iniciativa totalmente improvisada e inconexa que aparece e desaparece da programación cultural da Xunta como por arte de maxia, volve ignorar a Noia como Porto Xacobeo.

Logo de todos os esforzos dos empresarios da vila e mesmo dos políticos -incluso o alcalde chegara a peregrinar a Compostela baixo o lema Portus Apostoli e na Feira Medieval escolleuse como subtítulo do cartel o latinaxo "Portus Apostoli in Ani Santi Iacobi MMX"- Noia segue sen ter unha programación cultural de seu baixo esta denominación.

Media_httpfarm5static_grjed

Ponte de Betanzos, que tamén é Porto Xacobeo

O anuncio da programación do Porto Xacobeo de Betanzos de hoxe recolle un apartado que di así:

"Portos Xacobeos

Esta aportación ao fenómeno Xacobeo supón unha gran oportunidade para dar a coñecer por primeira vez a vinculación dos portos cos diferentes Camiños, nunha aposta por favorecer o coñecemento das nosas instalacións portuarias. Tamén se aproveita a oportunidade que nos ofrece este ano Santo para achegar a realidade sociocultural dos municipios galegos tanto aos seus habitantes coma aos seus visitantes.

En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira".

Como se pode observar, Noia non aparece (sería o porto 16), a pesares do anuncio da mesma Xunta de Galicia o 12 de xuño, no que recoñecían, logo de que así llo fixeran ver varios historiadores e das protestas do empresariado, que "a súa vinculación coa ruta marítima xacobea así o demostra, pois segundo contan as crónicas, foi un dos portos máis importantes de Galicia".

Agás unha exposición con trece cadros de artistas contemporáneos (Iacobus Gallaecia) que recalou na vila, a Xunta non programou nada máis nesta vila da súa amplísima oferta cultural deste ano 2010. Por haber, nin houbo feira do libro (e este ano é o Ano do Libro e da Lectura en Galicia, tamén segundo a Xunta). Para máis, unha actividade que está consolidada e medrando cada ano en número de espectadores como é o Certame de Curtas "Vila de Noia",  tampouco a apoian ou a inclúen en "Xacobeo Filme", mentres que a outras localidades que aínda van polas primeiras edicións, si que as patrocinan.

Antes publicamos:

Portus Apostoli: Noia, por fin nomeada Porto Xacobeo


Porto de Compostela
: a canción de Los Tamara que non escoitaron na Xunta

Protesta: o 21 de maio, marcha nocturna reivindicando o Portus Apostoli

Porto Xacobeo: o Psoe pide ese estatus para Noia no Parlamento 

Cinema: Xacobeo Filme patrocina 11 festivais. Noia, fóra de novo

Historia: 8 de xuño de 1147, arriban 200 naves dende Inglaterra



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Xacobeo   cultura   portos  

Noia: o Bng presenta no Parlamento galego unha iniciativa na que se insta a que se rexenere a Ría

A deputada do BNG Ana Pontón solicita que a Xunta inste ao Goberno central para que retire o proxecto de demolición da canle de acceso a Noia e pola contra se rexenere a ría 

Media_httpsphotosakfb_gikgd

Ana Pontón

Noia, 5 de xullo de 2010. A deputada nacionalista Ana Pontón rexistrou unha iniciativa no Parlamento galego, na que reclama que a Xunta realice as xestión oportunas co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño para que se arquive o expediente referencia G-6 Galiza, referido á renuncia de terreos adscritos á Comunidade Autónoma de Galiza co que se pretende a reversión da titularidade do Porto de Noia. Estivo en Noia co portavoz do Bng Bieito González presentando esta iniciativa.

Pontón tamén solicita a retirada do proxecto de demolición da canle de acceso a Noia e que no seu lugar se redacte un “verdadeiro proxecto de rexeneración” co obxecto de investir as cantidades que xa estaban previstas.

A deputada do BNG explica que este porto foi historicamente receptor de numerosos peregrinos que chegaban por mar para continuar despois ata Santiago de Compostela, sendo ademais, “un dos portos comerciais más importantes de Galiza, xunto ao de Pontevedra”. Co paso do tempo, afirma Pontón, o progresivo depósito de lama no fondo da ría, fixo que o porto fora perdendo pouco a pouco o seu calado. Neste sentido, a deputada do BNG considera que “é preciso levar adiante as actuacións necesarias para garantir a rexeneración da ría e recuperar o ámbito portuario  deste espazo”.

Iniciativa completa:

Click here to download:
Porto_de_Noia.pdf (150 KB)
(download)
Antes publicamos:

O Bng eleva ao Congreso dos Deputados unha posible reversión de titularidade ao Estado do porto noiés

Media_httpfarm5static_igfil

Canle de entrada para os barcos ao porto do Marqués de Monroi

Noia, 2 de xullo de 2010. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou onte unha iniciativa parlamentaria na Cámara para solicitar explicacións ao Goberno por tratar de recuperar a competencia sobre o espazo portuario de Noia, que foi transferido á Xunta baseándose no Real Decreto 3217/1982, de traspaso de funcións e servizos á Comunidades Autónoma de Galiza en materia de portos.  

Explica Jorquera que o Ministerio de Medio Ambiente comezou a tramitación para solicitar a reversión das competencias da Xunta sobre o denominado sistema portuario de Noia. “Segundo parece, a intención do Ministerio é a de realizar unha actuación no interior da Ría de Noia para derrubar a escolleira de acceso ao Porto do Marqués, o que imposibilitaría que se rematase no futuro a obra portuaria, convertindo  en irreversíbel o alonxamento de Noia do mar”.

Media_httpfarm3static_qpggu

Auténtico “ataque ás competencias autonómicas”  

Lembra o deputado do BNG que a conclusión desta obra é unha “vella demanda de diversas forzas políticas e sociais do municipio xa que a proximidade de Noia a Santiago, a importanza do seu casco histórico, a beleza da súa Ría, permitirían desenvolver plenamente as súas potencialidades no eido da náutica deportiva e de recreo”. E precisamente, recalca, a reversión poría fin a todas estas posibilidades. Sen esquecer que o cambio de marco xurídico ocasionaría problemas desde o punto de vista urbanístico. Ademáis, os artigos da Lei de Costas nos que o Ministerio se ampara son “só de aplicación aos portos de nova construción e non a un porto histórico como é o caso”.  

Pero o máis grave, sinala o deputado nacionalista, “é que as pretensións do Ministerio son un auténtico ataque ás competencias autonómicas. Resulta inadmisíbel que o Goberno pretenda recuperar un porto que se excluíu por Decreto da consideración de Porto de Interese Xeral”.

(download)

Noutros capítulos desta polémica:

O Psoe carga contra o PP e o Bng polo saneamento da Ría

Ría de Noia: máis leña ao lume político, agora en redes sociais

Hai plan ou non para sanear a Ría? Xunta e Bng contradícense



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Congreso dos Deputados   Noia   Parlamento de Galicia   bng   escollera   nota de prensa   portos  

Barbanza: Portos de Galicia colabora coa fundación "Ruta Xacobea do Mar de Arousa", que inclúe entre outros concellos a Rianxo, A Pobra e Ribeira

Media_httpwwwportosde_acvip

Javier Sánchez-Agustino con José Manuel Álvarez-Campana

Portos de Galicia incluirá a esta fundación nas actividades dos Portos Xacobeos. Entre outras iniciativas, editarán unha revista

Ribeira, 13 de maio de 2010.- Portos de Galicia incluirá á Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e río Ulla dentro das actividades dos Portos Xacobeos programados para este ano, segundo manifestou o presidente do ente público nunha reunión de traballo mantida onte co presidente da Fundación Ruta Xacobea, Javier Sánchez-Agustino.

O obxectivo é o de participar nas conferencias que se levarán a cabo nos portos pertencentes á Ría de Arousa incluídos dentro das devanditas actividades como son, Rianxo, Vilanova de Arousa, Cambados, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, así como a participación nunha revista editada pola Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e río Ulla.

Esta aportación da Consellería do Mar ao fenómeno Xacobeo supón, segundo Portos, "unha gran oportunidade para dar a coñecer por primeira vez a vinculación dos portos cos diferentes Camiños, nunha aposta por favorecer o coñecemento das nosas instalacións portuarias. Tamén se aproveita a oportunidade que nos ofrece este ano Santo para achegar a realidade sociocultural dos municipios galegos tanto aos seus habitantes coma aos seus visitantes".
 
En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Fundación Ruta Xacobea
Media_httpeniacinform_xqdbw

A Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, que conmemora a traslación dos restos do Apóstolo Santiago desde Jaffa (Palestina) ata Galicia, fundouse a instancia de José Luis Sánchez-Agustino López na Asemblea provincial de Turismo no ano 1963. En 1965 ten lugar o  primeiro remonte do río Ulla.
Entre os obxectivos da devandita asociación figuran os de manter viva a tradición xacobea na Ría de Arousa, xa que logo, por esa ría, segundo conta a tradición, produciuse a denominada “traslatio” do corpo do Apóstolo Santiago ata Galicia no século I.
A fundación leva a cabo una intensa labor de promoción cultural, económica e turística dos 22 concellos que forman o Patronato, entre elas, convocatorias de premios xornalísticos, fotográficos, de debuxo infantil, a guía turística mancomunada denominada AROUSA, que recolle as excelencias históricas, culturais, turísticas e gastronómicas destas bisbarras.

Na pasada etapa (en papel) de Certo falámoslles da Traslatio, á que se adicou un libro, que por certo, deixou sen pagar en gran parte o goberno bipartito anterior -o Xacobeo levábao Cultura, consellería do Bng-, segundo nos contaron os editores. Vexan a ligazón (con entrevista a Juan Manuel de Prada incluída) aquí

Relacionadas:

Noia: o 21 de maio, marcha nocturna reivindicando o Portus Apostoli

Música: en xullo, concertos xacobeos en Barbanza

Disque Noia non é "porto xacobeo"



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Arousa Norte   Portos de Galicia   Xacobeo   portos  

Noia: organizan unha andaina nocturna reivindicativa o 21 de maio para reclamar que a vila sexa porto xacobeo

Media_httpfarm4static_ccnsj

Dende que se instaurou o Xacobeo, en 1993, para aproveitar o tirón dos Anos Santos Noia sempre foi ignorada. Na imaxe, ruta do Mar da Arousa, con viacrucis incluido.

Noia, 11 de maio de 2010. O colectivo noiés que reclama o nomeamento de Noia como "Portus Apostoli" (Porto do Apóstol) organiza o vindeiro venres 21 de maio unha camiñata reivindicativa que partirá ás once da noite dende a Casa do Concello ata a praza do Obradoiro, pasando pola capela de Santa Rita (avogada das causas imposibles, como saben).
Segundo explican no grupo de Facebook, os camiñantes que se anoten irán en todo momento acompañados de Protección Civil e unha ambulancia. A inscrición custa dous euros, nos que se inclúen avituallamento e transporte de volta a Noia ao remate, así como unha camiseta co lema "Portus Apostoli" e a Cruz de Santiago que lle serve de logotipo.

Os interesados poden anotarse ata o día 20 (incluído). Os menores de idade deben ir acompañados dun adulto que se responsabilice deles. Os lugares para inscribirse son as oficinas de Noia Histórica e na Asociación de Actividades Empresariais de Noia.

Media_httpsphotosakfb_bxaxm

Razóns da reivindicación

Entre as múltiples actividades culturais que se programaron este Ano Santo por parte da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia están os "Portos Xacobeos". Como xa explicamos en Certo no seu día, nomeouse porto xacobeo ao chou, máis que por razóns históricas ou minimamente lóxicas. Que Ribeira, que non debeu ver pasar un peregrino nunca, a non ser que fora moi despistado, se considere porto xacobeo e Noia, lugar natural de paso hacia Fisterra dende Santiago e entrada ata o século XVI de boa parte das embarcacións galegas que comerciaban co Mediterráneo, cando a ría era máis navegable, clama ao ceo.

 

Media_httpfarm5static_eiqaj

Laudas gremiais no exterior de Santa María a Nova

As pegadas do roteiro xacobeo por Noia son numerosas, a saber:

  1. Hai unha lauda chamada do Peregrino, no almacén de laudas gremiais máis importante de Europa, en Santa María a Nova.
  2. No pórtico da igrexa de San Martiño está a imaxe do Apóstol coa súa correspondente "venera" (vieira)
  3. Houbo polo menos dous hospitais de peregrinos, os chamados Sancti Spíritus de Afora e Sancti Spíritus de AdentroNo libro de actas do concello de 1792 a 1843, consta entre as obrigas do hospital de "Afora" a de acoller os peregrinos que ían ou regresaban de Compostela, como explica o intelectual Clodio González, quen tamén apunta que o roteiro era pasando por A Torriña, A Rasa, San Paio, San Xusto de Toxosoutos, Cedofeito, Fontefría, O Martelo, O Codeso, Agrafoxo, O Castro, Urdilde, A Pedreira, Os Ánxeles, A Amaía (Bertamiráns), Vilestrexe, Roxos,  A Barcia, ponte dos Chouchiños sobre o Sar e Compostela. Xusto por onde vai a estrada que se comezou en 1852. Segundo este escritor, o porto de Noia foi o máis importante de Galicia xunto co de Pontevedra ata o século XVI. Nomes de navegantes coma o de Sebastián Ocampo (noiés que acompañou a Cristóbal Colón na súa segunda viaxe ás Indias e que foi o primeiro europeo en decatarse de que Cuba era unha illa) así o acreditan.
  4. Nunha charla sobre este asunto dos roteiros xacobeos, Pedro García Vidal referiuse á carta foral de 1168 na que o nove de abril o rei de León -e de Galicia, aínda que se oculte- Fernando II autoriza ao arcebispo de Santiago a fundación da vila e restauración do Portus Apostoli. Baixo o reinado deste rei construíuse o Pórtico da Gloria e o camiño de Santiago comezaba a despuntar.
  5. O historiador Xerardo Agrafoxo, tamén de Noia, explicou a chegada documentada de embarcacións cheas de peregrinos dende Inglaterra, e tamén falou de manuscritos de peregrinos que se conservan no mosteiro de Toxosoutos, agora en Lousame, por onde discorría a ruta xacobea que unía Noia e Santiago.
Club de lectura

Outra das iniciativas para recuperar a situación de Noia nos roteiros xacobeos é a formación dun club de lectura chamado "Noia, porto de Compostela" que xa organizou unha charla na que disertou o arquitecto Xerardo Estévez, que fora alcalde de Santiago e un dos grandes impulsores da recuperación do casco vello compostelano, modelo en Europa.

Relacionada:

A canción de Los Tamara que semella non escoitaron abondo na Xunta



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Santiago de Compostela   Xacobeo   andaina   portos  

Mar: o Bng pide tres millóns de euros máis nos orzamentos para portos na Barbanza

Media_httpfarm4staticflickrcom361834477087231f2ec21813jpg_qocegfufcjckydg

O surtidor de combustible en Rianxo é unha vella demanda

Click here to download:
2-12-09(EMENDAS BARBANZA).doc (100 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   marítima   nota de prensa   portos