Rianxo: o ceip Castelao recolleu hoxe un premio da Consellería de Educación pola mostra "Valentín Paz-Andrade, galego de corazón"
- Xesús Vázquez Abad entregou hoxe os premios do concurso no que escolares deseñaron unha exposición multidisciplinar arredor da figura deste autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012
- A exposición vaise imprimir e ser repartida en máis de 1.600 puntos de Galicia e todo o mundo
Web do colexio Castelao: http://centros.edu.xunta.es/ceiprodriguezcastelao
Rianxo, 16 de maio de 2012.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou hoxe a figura de Valentín Paz-Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012, como un exemplo para as xeracións futuras. Así o expresou na entrega do premio ao CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo), polo traballo presentado ao certame escolar para a elaboración dunha exposición multidisciplinar arredor da figura do homenaxeado. Unha serie de carteis nos que, tal e como explicou o conselleiro “conseguistes sintetizar en imaxes e palabras a inmensa obra de Valentín Paz-Andrade; un autor, e cito un dos vosos carteis, ‘polifacético e incansable cun único obxectivo: servir a Galicia’”.
Ademais de ‘Valentín Paz-Andrade, galego de corazón’, do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao - que acadou o premio na modalidade dos centros de educación infantil e primaria- neste certame resultou galardoada – na modalidade para os centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e FP- ‘Colleita do 1989’, do IES Xoán Montes (Lugo), ao que o conselleiro entregou o premio o pasado luns.
Rianxo: no Ceip Castelao tamén protestan polos recortes. fotosderianxo.com/2012/04/16/edu… Vía Fotos de Rianxo
— Certo (@Certo) April 17, 2012
Vázquez Abad explicou que felicitou a todo o profesorado e a todo o alumnado do CEIP polo seu traballo. “É un pracer ver como a colaboración entre docentes e estudantes de distintas aulas e niveis dá uns resultados tan positivos: uns carteis alegres coma a festa que celebramos, cheos de luz e cunha unidade que reflicte a perfecta coordinación e o traballo en equipo que estes materiais teñen detrás”, dixo.
“Semente dunha Galicia próspera”
Respecto do exemplo de Paz-Andrade, o conselleiro salientou o seu “traballo constante a prol de Galicia e da súa lingua”, que “debe animarvos a vós, rapaces e rapazas do CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao, a formarvos para serdes no futuro, coma el, semente dunha Galicia cada vez máis próspera e tamén a esforzarvos sempre, dende hoxe e para sempre, por dignificar a lingua galega e abrirlle todas as portas do mañá”. “Paz-Andrade, ademais, comprendeu ben que o progreso material e económico da nosa comunidade non sería posible sen o paralelo progreso da súa cultura e da súa lingua propia”, engadiu.
“Vendo o voso traballo, rapaces e rapazas, estou seguro de que seredes capaces de aproveitar as oportunidades de aprender e de medrar nestes e noutros aspectos do saber que vos brinda o profesorado do CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao, a quen aproveito para agradecer o seu labor e entrega”, rematou.
Traballo pluridisciplinar
A través destes traballos, as alumnas e alumnos presentan a obra e a época do autor homenaxeado desde unha perspectiva pluridisciplinar, implicando a varios departamentos do centro educativo na tarefa. Así, a Consellería, impulsora do certame, contribúe a fomentar a colaboración interdepartamental nos colexios e institutos, así como a implicación activa do profesorado e o alumnado.
O certame, organizado no marco de actividades desenvolvidas pola Consellería na lembranza de Paz-Andrade este ano no que se lle dedica o 17 de maio, constitúe unha oportunidade para convidar ao estudantado a que reflexione sobre a situación sociolingüística da nosa lingua propia na época concreta do autor. Procúrase, ao tempo, a dignificación e normalización do galego, así como enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega. De feito, as exposicións gañadoras imprímense para seren distribuídas en máis de 1.600 puntos de Galicia e o exterior, tales como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros.
Rianxo: do 1 ao 3 de xuño, I Curso de Frauta a cargo de André Cebrián post.ly/7J2HN
— Certo (@Certo) May 16, 2012
#17vitaminas youtube.com/watch?v=GvKmrF… Dende Nebra, Porto do Son, danlle vitaminas ao galego @vitaminasgalego Un vídeo precioso con fotos do cole
— Certo (@Certo) May 16, 2012
Antes, en Certo:

Fotografía: "Retrospectiva", do Foto Club Sálvora, do 4 ao 23 de maio

Serán "Mar de Rianxo": o sábado 26 de maio. Anótense!

Andaina por Forcarei: o sábado 26 de maio

Cultura: o rianxeiro Castelao pecha o "Ceo das Letras" 2012




















Comentarios [0]