Ribeira: o venres 18 de maio presentan no Ateneo Valle-Inclán o libro de Emilio Alonso "Vigo a 80"
- É o libro máis vendido en Galicia dende novembro do ano pasado
Ribeira, 15 de maio de 2012. Este vindeiro venres 18 de maio, ás 20:30 horas, no Ateneo Valle Inclán de Ribeira (Bar Plaza), terá lugar a presentación do libro de Emilio Alonso Pimentel, "Vigo, a 80 revolucións por minuto", da editorial Xerais. Número 1 en ventas en Galicia, dende o pasado mes de novembro.
Interveñen no acto o historiador e musicólogo, ata hai nada colaborador de Certo, Javier Ferreirós; Juancho Rivas, Javier Crugeiras e o propio autor, Emilio Alonso.A obra trátase dun percorrido musical e cultural pola chamada Movida Viguesa dos anos oitenta, que tanto aportou ao movemento cultural desa década no conxunto do Estado Español, onde a máxima expresión se viviu no que se denominaba Movida Madrileña. Anos que reflectiron un cambio no sentir cultural da sociedade española daquela, logo de varias décadas de obscurantismo. Se che gusta a música que se fixo en Vigo nos anos oitenta: Siniestro Total, Golpes Bajos, Aerolíneas Federales, Semen Up, Os Resentidos, e outros, non te podes perder esta presentación.O mesmo día, en Ribeira:
PORTAS ABERTAS NO MUSEO DO GRAVADO DE ARTES
Con motivo da conmemoración do Día Internacional dos Museos, este venres 18 de maio o Museo do Gravado de Artes celebrará unha xornada de portas abertas con visitas guiadas.
Os visitantes poderán disfrutar das exposicións temporais , así como dos fondos da fundación (non visitables normalmente) e de pranchas de cada unha das técnicas de gravado.Cabe lembrar que o horario de visitas é de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas.Para mais información: 981871342 ou fundartes@terra.es.


























Comentarios [0]