![]() |
Noia, 14 de maio de 2012. A concellería de cultura de Noia anunciou os actos programados co gallo do Día das Letras Galegas:
Día 16 de maio, mércores
Concerto de Música popular galega, a cargo da Coral Polifónica de Noia.
20:30 h. Igrexa de Santa María “A Nova”
Serafín Marcos tamén fixo a homenaxe o ano pasado. Ante o busto de M. Mariño
Día 17 de maio, xoves
12:30 h. Ofrenda floral ante os bustos de Antón Avilés de Taramancos e María Mariño.
Serafín Marcos, logo de escenificar e recitar poemas á guitarra, terá lembranzas para Valentín Paz Andrade.
A gala de fin de curso de patinaxe é este xoves 17, Día das Letras Galegas, no pavillón municipal wp.me/p1KBCH-a2 vía @novasdenoia
O ano pasado a mostra filatélica fora sobre Domingo Fontán no Coliseo, agora en obras
Do 17 ao 20 de maio
Exposición de Filatelia na Casa da Cultura “A. Avilés de Taramancos” de Noia.
Na Sociedade Liceo de Noia, o 17 de maio:
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, a Sociedade Liceo ten programados os seguintes actos neste día 17 de maio:
Actuación da Agrupación de Cámara "As Lens"
Charla sobre Paz Andrade a cargo de D. Domingo Barreiro
Fallo e entrega do premio do VIII Certame de Relatos "Liceo de Noia"
Concerto das Corais Polifónicas:
- "O Peirao" de O Freixo
- C. P. da Sociedade Liceo de Noia
O Obradoiro de Baloncesto, o venres 18 de maio no Liceo:
Noia: do 18 ao 20 de maio, V Trofeo Feminino das Nacións de baloncesto post.ly/7J03L
Este venres no Salón de Actos do Liceo de Noia, ás 20:00h, contarán coa presencia de xogadores do CAB Obradoiro de Santiago de Compostela: Corbacho e algún outro que está por confirmar, e que conseguiron entre todos eles manter unha tempada máis o equipo na Liga Endesa de Baloncesto, e así poder disfrutar na nosa Comunidade dunha das mellores Ligas de basket do mundo.
Estarán a disposición dos que queiran para respostar a preguntas, asinar autógrafos e facerse as típicas fotos de recordo.
Noia: o I Duatlón "Concello de Noia" é este sábado 19 de maio post.ly/7HWrr
O primeiro duatlón "Concello de Noia" é este sábado 19 de maio wp.me/p1KBCH-9W vía @novasdenoia
Cinema: o festival audiovisual Olloboi achégase ao medio cento de traballos recibidos e xa subidos á rede post.ly/7HNDC Cultura: a xira "Coñeces a Valentín?" de Serafín Marcos recala en Noia, Rianxo e Rois esta semana post.ly/7HMX5 SALIR A LA CALLE ES DESPRECIAR LAS URNAS, DONDE SE APOYARON UNAS MEDIDAS QUE LUEGO POR EL BIEN DE ESPAÑA SE CAMBIARON POR LAS CONTRARIAS
Comentarios [0]
Boiro, 10 de maio de 2012. Vén cargado, como ten que ser, este maio de actividades culturais, tamén en Boiro. Este sábado, 12 de maio, vanse realizar dous obradoiros en Boiro no local Leñaverde (Centro Social de Boiro). 1.- Obradoiro de hip-hop impartido por García MC, Dios Ke te Crew, consistente en:
Comentarios [0]
Imaxe da homenaxe na tumba de Baleirón, o poeta que pon a Dodro no mapa galego da poesía
Dodro, 7 de maio de 2012. Con motivo da celebración das Letras Galegas, a Concellería de Cultura do Concello de Dodro que dirixe Cristina Codesido, organiza varias actividades dentro do propio concello.
A primeira actividade, Polafía, terá lugar o vindeiro 16 de maio ás once da mañá no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Trátase dunha xornada interxeracional, entre vellos e rapaces. O obxectivo principal é fomentar as relacións entre as persoas de distintos grupos de idade co ánimo de enriquecer os vínculos e o coñecemento mutuo. No acto en cuestión participarán alumnos da E.S.O, un total de cincuenta e cinco rapaces e rapazas, e os vellos pertencen aos talleres de memoria que se están a realizar no Concello de Dodro.
Xa que dita actividade se basea en contidos literarios e musicais co fin de amosar o patrimonio oral, literario e musical galego, os alumnos e alumnas de 4º da E.S.O citarán poemas e cantigas e os maiores, pola súabanda , recitarán coplas.
A reunión entre os mozos e os maiores, finalizará cunha rolda de preguntas por parte do alumnado ós maiores de Dodro.
Presentación do libro gañador do "Eusebio Lorenzo" de poesía, o mércores 16 de maio
Outro acto, enmarcado dentro da celebración das Letras Galegas, será a presentación do libro gañador da edición número XXIV do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. A obra é "Con Gume de folla húmida”, de Isaac Xubín. Dito premio honra a memoria do ilustre poeta Eusebio Lorenzo Baleirón e ademais contribúe á promoción da poesía galega.
A presentación terá lugar o día 16 de maio ás doce do mediodía, cun prólogo a xeito de percorrido pola vida de Eusebio Lorenzo Baleirón. Posteriormente, será a presentación do libro gañador ao alumnado da E.S.O do CPI. Á presentación acudirán membros da familia de Eusebio ademais do alcalde de Dodro xunto con membros da corporación municipal.
Galego de cine, o 24
O día 24 de maio está programada a actividade Galego de Cine do programa “FalaRedes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A actividade terá lugar na esplanada do polideportivo municipal ás 17 horas. Instalarase unha caravana reconvertida en cine itinerante.
Trátase dunha experiencia audiovisual "no cinema máis pequeno do mundo". Poderán participar os rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Os participantes disfrutarán dun visionado de curtas de animación en galego. Posteriormente, intervirán nunha serie de actos converténdose en estrelas da gran pantalla a través da composición dunha historia nun video-matón que estará accesible mediante Internet. Aqueles nenos interesados en participar, deberán inscribirse na Casa da Cultura de Dodro, a partir do 9 de maio ata o 21, ambos días incluídos. A actividade é gratuita.
O horario de apertura da Casa da Cultura é de 9.00 a 14.00 horas, en horario de mañá e de 16.00 a 19.00 horas, en horario de tarde.
Dodro: o Bng critica ao alcalde por ser éste "o único concello da zona suspendido polo Ministerio" post.ly/7BE78 Rianxo: Carapaus, novo grupo de música tradicional, xa ten vídeoclip [pic] ff.im/W6Eoa Ribeira: aparcamentos ao límite no peirao. Imaxe de hai uns minutos. twitter.com/Certo/status/1… Lingua de Namorar. Concurso en liña para "moz@s" ata 35 anos. Chamarlle mozo a un de 35 é arriscado!iesleliadoura.blogspot.com/2012/05/lingua… #twitterengalego LOS 10.000 MILLONES DE EUROS QUE ESTABAN MALGASTANDO LOS VIEJOS Y LOS ESTUDIANTES HAY QUE DÁRSELOS A RATO, QUE SIEMPRE COME DE TUPPER.
Comentarios [0]
O espectáculo, do que vai adxunta toda a información no documento que abre esta información, terá lugar na Sociedade Liceo este vindeiro sábado 12 de maio a partires das 21:00 horas. Salón de Actos.
LOS 10.000 MILLONES DE EUROS QUE ESTABAN MALGASTANDO LOS VIEJOS Y LOS ESTUDIANTES HAY QUE DÁRSELOS A RATO, QUE SIEMPRE COME DE TUPPER.
— masaenfurecida (@masaenfurecida) May 7, 2012
RATO SERÍA UN BUEN DIRECTOR GENERAL DE LA CUEVA DE ALÍ BABÁ Y SUS CUARENTA ASESORES.
— masaenfurecida (@masaenfurecida) May 7, 2012
Almansa: Nos arqueólogos hai un desinterese xeneralizado pola divulgación.
— magago (@magago) May 7, 2012
Lousame: a Banda de Música organiza este sábado 12 a súa cea anual de socios e amigos post.ly/7B9tp
— Certo (@Certo) May 7, 2012
Comentarios [0]
Fotos da presentación do programa do Maio Cultural 2012, coas concelleiras de Cultura e Educación, Elvira Pisos e Maricarmen Vizcaya, acompañados polo técnico de Cultura Unai González e polo arquiveiro municipal Unai González.
Antes, en Certo:


Comentarios [0]
Rianxo, maio de 2012. As propostas culturais para os primeiros días de maio no auditorio de Rianxo son as seguintes:
O aforo é limitado e as entradas (máximo 2 por persoa) poderán recollerse unha hora antes do comezo de cada proposta.
Maio cultural completo:
Comentarios [0]
Ribeira, 18 de abril de 2012.- Mañá xoves, día 19 de abril, ás 20 horas, terá lugar no Conservatorio a segunda das xornadas dos Xoves Literarios que promove o Concello no marco da programación do Abril Mes dos Libros 2012. Nesta ocasión, será o escritor nado en Palmeira en 1957 Francisco Antonio Vidal Blanco o que imparta unha conferencia e trace un percorrido visual polos mitos de antano e a súa conexión cos festexos da actualidade.
Baseándose no seu libro “Dos Fastos aos Festexos”, publicado en 2009 en colaboración con Rosa B. Vizcaya, Francisco Antonio Vidal vai analizar na disertación de mañá as principais festas galegas seguindo a orde que marca o calendario. O autor pretenderá e amosar os paralelismos existentes entre as celebracións de hoxe e os fastos dos que xa falaban Ovidio e outros autores clásicos, demostrando así como son herdeiros dunha tradición de máis de dous mil anos.
Ritos de Ribeira
Tamén se aproximará a algúns dos ritos e celebracións propios do municipio de Ribeira, moitos perdidos xa ou en proceso de esquecemento, pero dalgún xeito tiveron unha clara influencia na maneira en que as persoas se relacionan co medio.
Francisco Antonio Vidal ten publicado oito novelas (a última delas, “As deusas do Calvario” en 2010) e diversos ensaios e obras de teatro. Entre os seus premios literarios cabe destacar o premio do Concello de Vilalba de novela nos anos 1992 e 1998, o Premio de Literatura Infantil Olisbos en 1993, o da Casa de Galicia de Baracaldo en 1997, o do Concello de Viveiro en 2003 ou o Terra de Melide en 2007.
Moita máis información sobre este autor na Galipedia
blog.iesleliadoura.com: Un minuto de silencio por Lucía iesleliadoura.blogspot.com/2012/04/un-min… Riberia: arranxan catro rúas de Corrubedo preto do peirao is.gd/Ef81LI Ribeira: recepción aos participantes do "Free Minds, Open Hearts", que veñen de sete países distintos is.gd/7aTNa4
Comentarios [0]
Ribeira, 13 de abril de 2012.- Case un cento de persoas (predominantemente mulleres pero tamén moitos varóns) quixeron acudir no serán de onte ao Conservatorio Municipal para presenciar a conferencia “Muller – literatura, binomio fantástico” coa que se deu inicio á actividade Xoves Literarios incardinada dentro do programa do Abril Mes dos Libros 2012 do Concello de Ribeira.
O acto contou coa introdución musical da profesora de piano do Conservatorio, Teresa Bretal Martínez, á continuación da cal a responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, foi a encargada de introducir esta iniciativa cultural e presentar á escritora que pronunciou a charla inaugural da mesma: Concha Blanco Blanco, nacida en Lires (Cee) en 1950.
O numeroso público congregado, entre o cal se atopaba a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya, escoitaron con atencións as palabras da autora ceense, quen fizo alusión ao papel das mulleres ao longo da historia da literatura.
A próxima actividade enmarcada nos Xoves Literarios (acción que forma parte así mesmo do programa Letras Vivas da Xunta de Galicia) terá lugar o día 19 de abril coa conferencia “Dos fastos aos festexos”, por Francisco Antonio Vidal, nacido en Palmeira en 1957.
Ribeira: o mércores 18 de abril inaugúrase "Arte Barbanza 1980", mostra que estará ata o 11 de maio is.gd/Ve35l4
— Certo (@Certo) April 13, 2012
Comentarios [0]
A programación dos Xoves Literarios enmarcadas dentro do Abril Mes dos Libros 2012 (acción coorganizada polas Concellerías de Cultura e Educación) dará inicio no día de mañá coa conferencia titulada “Muller – literatura, binomio fantástico”, impartida pola narradora, poetisa, ensaísta e dramaturga Concha Blanco, nacida en Lires (Cee) en 1950. A actividade terá lugar a partir das 20 horas no Conservatorio Municipal de Ribeira.
A charla trazará un percorrido polo papel da muller na Literatura, sen poder obviar o binomio muller - educación, e non só como autora (narradora, poeta, ensaísta ...) senón tamén como personaxe das historias. Como referencia para entender a realidade da muller na Literatura abordaranse autoras galegas de séculos atrás, que axudarán, ao analizar o seu labor, a valorar a importancia da herdanza que deixaron.
A profesora de piano do Conservatorio, Teresa Bretal Martínez, agasallará aos asistentes a este evento, de acceso libre e gratuíto, cunha serie de pezas de composición propia, antes de que Concha Blanco inicie a súa intervención.
Prolífica obra literaria
A polifacética e prolífica escritora, Concha Blanco Blanco, ten publicado máis de corenta obras literarias, ademais de guías didácticas e libros de texto. As súas últimas creacións son Do A ao Z con Castelao (2010, Editorial Everest), Os poderes máxicos de Aitema (2010, Editorial Galaxia), Repetimos. Acción! (2010, Edicións Fervenza) e Luces, bicos e cores. (2011, Edicións Embora).
Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios e distincións, entre os que cabe destacar, o 3º Premio da Agrupación Cultural O Facho (nos anos 1982 e 1983), finalista do Premio Barco de Vapor (1988), Premio Lecturas “Galix” (2002), Premio Novela por Entregas La Voz de Galicia (2007), Premio de Poesía “Arume” (2007) ou o Premio “Pura e Dora Vázquez” da Deputación de Ourense (2008).
Esta e as outras dúas charlas que conformarán os Xoves Literarias forman parte do programa Letras Vivas da Xunta de Galicia.
E o sábado 14:
Antes anunciamos:
Ribeira, 9 de abril de 2012.- O Concello presentou hoxe o seu mes máis literario cunha programación de actividades de promoción e divulgación do libro que fai un ano máis un especial fincapé na lingua galega e os autores que a cultivan. Para pormenorizar o programa do Abril Mes dos Libros, déronse cita no Auditorio Municipal as concelleiras de Cultura e Educación (Elvira Pisos e María do Carme Vizcaya), a encargada do Concello do servizo de normalización lingüística, Alicia Padín; e o arquiveiro municipal, José Antonio Otero.
Así, o propio 23 de abril, Día Internacional do Libro, terá lugar no Auditorio unha actuación de “A Tropa do Trapo” que, baixo o título de “A viaxe das palabras”, está dirixida ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria do municipio. Está previsto que os alumnos dos colexios Galaxia, Frións, Sagrado Corazón de Castiñeiras, Bayón e A Milagrosa de Oleiros cubran as 279 prazas existentes no salón de actos da instalación municipal, durante esta actuación de contaconcos que terá lugar ás 10.30 horas.
A Viaxe das Palabras é a historia dunha nena, Lucía, que descobre unha maleta vella do seu avó, a quen non chegou a coñecer. Os seus pais non lle deixan ver o que hai dentro, pero unha noite Lucía decide averiguar que segredos se gardan no seu interior.
Xoves Literarios
Outro apartado do Abril Mes dos Libros verá conformado polos Xoves Literarios. Grazas ao programa de animación á Lectura “Letras Vivas” da Xunta de Galicia, o Concello é quen de albergar esta iniciativa formada por un conxunto de conferencias dirixidas a acrecentar o contacto dos riveirenses coa literatura. Concretamente, estes Xoves Literarios, cuxa entrada é de balde, terán lugar os días 12, 19 e 26 de abril, a partir das 20 horas no Conservatorio Municipal:
Xoves, 12 de abril: “Muller-literatura”, por Concha Blanco. A profesora de piano do Conservatorio, Teresa Bretal, realizará unha presentación musical con pezas de composición propia antes de que a escritora Concha Blanco trace un percorrido polo papel do muller na literatura.
Xoves, 19 de abril: “Dos fastos aos festexos”, por Francisco Antonio Vidal Blanco, que examina os principais festexos actuais e amosa os seus paralelismos cos fastos dos que falan Ovidio e outros autores clásicos.
Xoves, 26 de abril: “O multifacetismo emprendedor de Paz-Andrade”, por Xesús Manuel Valcárcel. Con esta charla preténdese afondar na figura polifacética do homenexeado neste ano no Día das Letras Galegas, Valentín Paz-Andrade.
Ribeira: presentan o venres 27 de abril un libro da xornalista Beatriz Manjón post.ly/6dvfg
— Certo (@Certo) April 9, 2012
TítereHop
Finalmente, hai que resaltar a celebración de TítereHop: un evento adscrito ao programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística dirixida especificamente a adolescentes de 13 a 17 anos. A acción terá lugar o sábado 14 de abril no polideportivo do CEIP O Grupo e constará de dúas representacións (de 11 a 13 e de 17 a 19.30 horas).
O programa da actividade comprenderá un obradoiro de hip-hop impartido polo rapeiro García (integrante do grupo “Dios que te crew”), un obradoiro de expresión plástica a cargo de profesionais de “Viravolta Títeres” consistente na construción dun monicreque cantor e, finalmente, a posta en escena do con este monicreque do traballado no obradoiro de hip-hop: esta parte será captada cunha cámara de vídeo para ser colgada posteriormente na Rede vía youtube.
Os adolescentes interesados en participar nesta actividade gratuíta poden inscribirse enviando o formulario colgado na páxina web ao enderezo normalizacion@riveira.com.
Colaboración: "Parece un xudeu do Castelo!", por Domingo Regueira post.ly/6dW5k Ribeira: a consellería de Educación asegura que o ceip de Olveira funcionará xa con normalidade esta semana post.ly/6dQxc Sabías que as dunas de Corrubedo (vale, Olveira!) cubrirían a Catedral de Santiago se non fosen esquilmadas no XX? flic.kr/p/5EUMnY Modernizar las tradiciones: por un intre pensamos que JM Pena nos ía falar das procesións, pero non, era doutra cousa certo.es/index.php?page…
Comentarios [0]
Máis info:cabodecruz.org
centrosocialdecabo.blogspot.com/
www.boiro.org

Semana Santa: ludoteca para rapaces (6-11) do 2 ao 4 de abril

Sendeirismo: o 7 de abril, de Río Grande a Río Beluso

14 de abril: curso sobre independentismo galego en Aturuxo
Comentarios [0]
Boiro, 28 de marzo de 2012. Como cada venres, e ata xuño, na Pousada das Ánimas celebrarase unha nova actuación do certame Curota Sound. Este venres, 30 de marzo, ás 23 horas actuarán os grupos: Dr.Quack e Da Ría Mafia
O sábado 31 marzo ás 18 horas realizarase no Centro Social de Bealo a proxección das fotografías realizadas na ruta fotográfica pola parroquia de Bealo o pasado 11 de febreiro. Antes, en Certo:
Recital Leñaverde: este xoves 29 de marzo

Semana Santa: ludoteca para rapaces (6-11) do 2 ao 4 de abril

Sendeirismo: o 7 de abril, de Río Grande a Río Beluso

14 de abril: curso sobre independentismo galego en Aturuxo

Semana Santa 2012: programación relixiosa

Certame "Ramón Martínez López": prazo ata o venres 4 de maio
Comentarios [0]
Comentarios [0]